Os maios # Los mayos

Anuncio
UNIDAD
DIDÁCTICA
Os Maios
• TITULO: Os Maios
• PRESENTACIÓN DA UNIDADE
1
2.1. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO
É un colexio público ubicado nas aforas da cidade. As familias que envían ó colexio os seus fillos son de clase
media.
O colexio está constituído por seis unidades de Educación Infantil, que acolle a nenos dende os tres ata os seis
anos. Tamén está constituído por doce unidades de Educación Primaria, que atenden ós nenos de seis a doce
anos de idade durante os tres ciclos.
É un edificio practicamente novo, ten dez anos, está ben coidado e é grande. Ten un patio cuberto con pista de
fútbol e baloncesto, e outro patio ó aire libre.
Ó estar situado ás aforas da cidade, dispoñemos de un comedor con capacidade suficiente para dar de comer a
todos os nenos o mesmo tempo, aínda que os separamos por ciclos/etapas.
2.2. OS NENOS
Esta unidade didáctica prográmase para nenos de 4/5 anos. Para unha semana do mes de maio. O grupo
natural da clase está constituído por un total de vintedous alumnos, quince nenos e sete nenas, que asisten con
regularidade a clase. O seu desenrolo madurativo xeral é normal, a participación nas actividades propostas é
positiva e o interese, que demostran polas invitacións da mestra, é bo. Non contamos con nenos que deban de
participar en programas de reforzo e o proceso de aprendizaxe estase desenrolando de maneira completamente
normal.
• OS OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA RELACIONADOS CO TEMA DA UNIDADE
DIDACTICA
• Descubrir, coñecer e controlar, progresivamente o propio corpo, formándose unha imaxe positiva de si
mesmos, valorando a súa identidade sexual, as súas capacidades e limitacións de acción e expresión, e
adquirindo hábitos básicos de saúde e benestar.
• Observar e exploralo entorno inmediato cunha actitude de curiosidade e coidado, identificando as
características e propiedades máis significativas dos elementos que o conforman e algunha das relacións
que se establecen entre eles.
3.1. OBXECTIVOS XERAIS DAS ÁREAS CURRICULARES
3.1.1. ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL
Coñecer as súas posibilidades e limitacións e actuar de acordo con elas.
Coñecer e utilizar as súas posibilidades motrices, sensitivas e expresivas, orientadas ás actividades que realiza
cotiamente.
Adquirila coordinación e o control do seu propio corpo para a realización das súas actividades cotiás e de
xogo e a expresión de sentimentos e emocións.
Utilizala coordinación viso manual para manexar obxectos.
Identificalos seus propios sentimentos, emociones e necesidades para podelos expresar e respectalos dos
demais.
Tomala iniciativa, planificación e secuenciala propia acción para resolver tarefas sinxelas.
2
Adecualo seu comportamento ás necesidades dos outros nenos ou dos adultos.
3.1.2. ÁREA DO MEDIO FÍSICO E SOCIAL
Participar nos grupos cos que se relaciona nas actividades, tomándoos en consideración.
Coñecer as normas e os modos de comportamento social dos grupos de que forma parte.
Orientarse e actuar nos espazos cotiás.
Valorala importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana, manifestando actitudes de
respecto e coidado.
Establecer relacións entre as características do medio e as formas de vida que nel se establecen.
Mostrar atención e curiosidade cara a comprensión do medio físico e social.
3.1.3. ÁREA DA COMUNICACIÓN E A REPRESENTACIÓN
Expresar sentimentos, desexos e ideas mediante o linguaxe oral.
Comprendelas intencións e mensaxes que lles comunican outros nenos ou adultos.
Interesarse pola linguaxe escrita.
Interpretar e producir imaxes como unha forma de comunicación e disfrute.
Interesarse e apreciar as produccións propias e dos seus compañeiros.
Utilizalas diferentes formas de representación e expresión para evocar situacións, accións, desexos e
sentimentos reais ou imaxinarias.
Utilizar técnicas e recursos das distintas formas de representación e expresión.
3.2. OBXECTIVOS DIDACTICOS
• Aprendela tradición cultural da súa comunidade.
• Escoitar, aprender e reproducir coplas.
• Utilizar diferentes elementos para a construcción dos Maios.
• Aprender a traballar en equipo.
• CONTENIDOS
4.1. CONCEPTOS
Os Maios:
♦ As estacións do ano.
♦ A tradición galega.
♦ Relacións espaciais: interior, exterior, arriba, abaixo.
♦ Cuantificadores: pouco, moito, cheo, valeiro.
♦ Coplas
♦ Flores: margaritas, chuchameles.
3
4.2. PROCEDEMENTOS
♦ Visualización de diapositivas sobre os Maios.
♦ Identificación das estacións do ano.
♦ Posta en común dos coñecementos previos dos alumnos sobre os Maios.
♦ Participación na realización dunha copla.
♦ Escoita e reproducción dunha copla.
♦ Realización dos distintos tipos de flores que vamos a aprender.
♦ Exploración, observación e coidado dos lugares nos que se encontran as flores, musgo,
carrabouxos, ...
♦ Recolecta no monte dos materiais necesarios para a realización do Maio: flores, carrabouxos,
musgo, follas, ...
♦ Recolecta de cada neno na súa cas de materiais útiles para os Maios: laranxas, ovos, ...
♦ Preparación do material para a realización do Maio.
♦ Realización do maio seguindo as instruccións do profesor/a.
♦ Reproducción da copla arredor do Maio.
4.3. ACTITUDES
♦ Valoración dos ambientes limpos e coidados.
♦ Interese e curiosidade pola identificación das distintas flores.
♦ Actitude de axuda a colaboración cos compañeiros.
♦ Interese pola recolecta de materiais e polas cousas novas que van a descubrir.
♦ Respecto e valoración pola tradición.
♦ Valoración da colaboración dos compañeiros.
♦ Respecto polos compañeiros.
• CRITERIOS METODOLÓGICOS
Se seguirán destacando y cuidando las rutinas de los niños.
Si algún niño quiere traer algún objeto relacionado con la unidad se le permitirá que lo traiga para
fomentar la participación.
Se le asignarán a los niños responsabilidades para favorecer su autogobierno.
Se potenciará el protagonismo de todos los niños, teniendo el cuenta las actitudes de cada niño.
Se les dará a los niños el tiempo necesario para la realización de las diferentes actividades,
respetando el ritmo de cada niño, y no permitiendo que ningún niño deje una actividad a medio hacer.
Se partirá de lo concreto a lo abstracto, utilizando la imitación, teniendo en cuenta el proceso
enseñanza−aprendizaje.
• AVALIACIÓN
Consideramos a avaliación coma unha actividade continua que non ten fin, cada momento da sesión
indúcenos á reflexión, á corrección dos errores, a introducción dos cambios que sexan necesarios. A
avaliación débenos introducir nun proceso de reflexión que non acaba, a mellor maneira de progresar
no camiño da calidade da ensinanza é reflexionar sobre a práctica para adecuala ás realidades que nos
esixen as circunstancias.
O proceso de avaliación é continuo e a observación é o instrumento utilizado. Esta técnica
permitiranos manter viva dinámica a acción educativa. As demandas dos nenos deben ser respectadas
4
porque unha resposta favorable permitiranos estimular a súa curiosidade e ter captado o seu interese.
A avaliación é unha actividade que debe realizarse polo conxunto de mestres que forman o Equipo
Docente da Etapa, por iso é bo que o rexistro destas observacións se faga en conxunto.
5
Descargar