PAAU (MAIORES DE 25 ANOS) MARZO 2007 COMENTARIO DUN

Anuncio
PAAU (MAIORES DE 25 ANOS)
Obrigatoria: 01
MARZO 2007
COMENTARIO DUN TEMA XERAL DE ACTUALIDADE
Calquera persoa con dous dedos de fronte sabe que as medidas de "seguridade"
adoptadas a partir desta semana nos aeroportos son unha loucura. Nada é máis inseguro nin
humillante que cruzar un arco antimetais descalzo e suxeitando os pantalóns ante a mirada
irónica ou suspicaz dun grupo de uniformados. A seguridade a ese prezo é só prezo. O
problema é onde protestar, porque, se o entendemos ben, trátase dunha "directiva europea", é
dicir, non sabemos quen é exactamente o paranoico ao que se lle ocorreu. O interruptor da luz
manéxao un alemán e o tránsito aeroportuario un belga. Como ven, todo moi tranquilizador.
Afirmar que se trata dunha "directiva europea" é tanto como atribuír a decisión a Deus, o que
non está mal se pensamos que Deus sempre foi partidario, en todas as culturas, de fomentar o
medo, o susto, o castigo, o delirio de persecución.
Malia a aparencia de laicidade na que vivimos instalados, nunca fomos tan relixiosos.
Agora o noso Deus é Alá, posto que a el se atribúe en última instancia esta normativa que
caeu do ceo como a gota fría. Non o descubrín eu, senón un funcionario da T-4 madrileña co
que me animei a compartir a miña perplexidade. Pediume que non lle botase a culpa ao PSOE
nin ao PP nin a CiU, nin sequera ao tripartito. Díxome literalmente que a culpa era de Alá. De
modo que non queriamos Deus e temos dúas cuncas. Se de verdade fósemos laicos e
demócratas, ningún estado se atrevería a humillarnos con estas prácticas relixiosas.
De momento temos que atravesar o arco medio nus, coa tarxeta de embarque na boca e
facendo equilibrios coas bandexas nas que agrupamos obsesivamente os obxectos por
densidades. O dos 100 mililitros, créanme, carece de importancia. O problema será cando non
nos deixen pasar con toda a masa encefálica. Ou con cantidades de pensamento superiores ás
permitidas pola directiva europea ou por Alá. Aínda que quizais esas restricións entraran xa
en vigor sen que sexamos conscientes diso. Ningunha sociedade cun pensamento enteiro
tragaría esta imposición. O fundamentalismo relixioso gañou a guerra.
Juan José Millás (El País, 10 de novembro de 2006)
CUESTIÓNS:
1. SÍNTESE:
a) Poña un título ao texto (1 punto).
b) Resuma o contido do texto (1 punto).
2. ESTRUTURA:
Indique, mediante un esquema, a estrutura deste texto (2 puntos).
3. COMENTARIO CRÍTICO:
Redacte un comentario crítico acerca das ideas expostas neste texto. Valore a posición
do autor e expoña igualmente os seus propios puntos de vista (6 puntos).
PAAU (MAIORES DE 25 ANOS)
Obrigatoria: 01
MARZO 2007
COMENTARIO DUN TEMA XERAL DE ACTUALIDADE
Cualquier persona con dos dedos de frente sabe que las medidas de “seguridad”
adoptadas a partir de esta semana en los aeropuertos son una locura. Nada es más inseguro ni
humillante que cruzar un arco antimetales descalzo y sujetándote los pantalones ante la
mirada irónica o suspicaz de un grupo de uniformados. La seguridad a ese precio es sólo
precio. El problema es dónde protestar, porque, si lo hemos entendido bien, se trata de una
“directiva europea”, es decir, no sabemos quién es exactamente el paranoico al que se le ha
ocurrido. El interruptor de la luz lo maneja un alemán y el tránsito aeroportuario un belga.
Como ven, todo muy tranquilizador. Afirmar que se trata de una “directiva europea” es tanto
como atribuir la decisión a Dios, lo que no está mal si pensamos que Dios siempre ha sido
partidario, en todas las culturas, de fomentar el miedo, el susto, el castigo, el delirio de
persecución.
Pese a la apariencia de laicidad en la que vivimos instalados, nunca hemos sido tan
religiosos. Ahora nuestro Dios es Alá, puesto que a él se atribuye en última instancia esta
normativa que ha caído del cielo como la gota fría. No lo he descubierto yo, sino un
funcionario de la T-4 madrileña con el que me animé a compartir mi perplejidad. Me pidió
que no le echara la culpa al PSOE ni al PP ni a CiU, ni siquiera al tripartito. Me dijo
literalmente que la culpa era de Alá. De modo que no queríamos Dios y tenemos dos tazas. Si
de verdad fuéramos laicos y demócratas, ningún Estado se atrevería a humillarnos con estas
prácticas religiosas.
De momento tenemos que atravesar el arco medio desnudos, con la tarjeta de
embarque en la boca y haciendo equilibrios con las bandejas en las que hemos agrupado
obsesivamente los objetos por densidades. Lo de los 100 mililitros, créanme, carece de
importancia. El problema será cuando no nos dejen pasar con toda la masa encefálica. O con
cantidades de pensamiento superiores a las permitidas por la directiva europea o por Alá.
Aunque quizá esas restricciones hayan entrado ya en vigor sin que seamos conscientes de ello.
Ninguna sociedad con un pensamiento entero se habría tragado esta imposición. El
fundamentalismo religioso ha ganado la guerra.
Juan José Millás (El País, 10 de noviembre de 2006)
CUESTIONES:
1. SÍNTESIS:
a) Ponga un título al texto (1 punto).
b) Resuma el contenido del texto (1 punto).
2. ESTRUCTURA:
Indique, mediante un esquema, la estructura de este texto (2 puntos).
3. COMENTARIO CRÍTICO:
Redacte un comentario crítico acerca de las ideas expuestas en este texto. Valore la
posición del autor y exponga igualmente sus propios puntos de vista (6 puntos).
Descargar