O lobo da xente de Vicente Risco Pensamento de Risco O autor do texto é Vicente Risco (Ourense, 1884− 1963). Para falar desta obra escrita por el, titulada O lobo da xente, primeiro é preciso falar dalgúns rasgos do noso autor. Risco é un representante da Xeración Nós, creadores da moderna prosa galega; é a súa figura máis representativa, o motor e ideólogo do grupo, xa que el foi o inspirador desa inadaptación básica dos seus compañeiros. Risco ten unha extraordinaria personalidade humana. É un pensador de grande agudeza intelectual, un anadaptado, un inconformista, un rebelde, un descontento co seu tempo; que busca na arte unha forma de evasión dese mundo. É un autor preferentemente didáctico, un filósofo. A súa ideoloxía, como nos demais membros do grupo Nós excepto Castelao, une o tradicionalismo e o progresismo ou liberalismo; considerando Galicia como unha sociedade da base campesiña e sen presencia de proletariado: creen que o mundo urbán vai romper a cultura típica galega. A súa biografía intelectual, o seu pensamento, divídese en tres etapas: − Etapa pregaleguista (antes do 1920), de cara á cultura española e europea, na que o seu individualismo dandy é máis notorio. A inquietude espiritual e a curiosidade intelectual do autor levárono a buscar a satisfacción das súas ansias culturais desprezando e infravalorando a propia cultura. Escribe en castelán e é un escritor divulgativo. É unha etapa neosófica, dos novos saberes: as ciencias ocultas, a teosofía e o orientalismo, o seu espiritualismo. En La Centuria (revista neosófica) afirmará que a cultura galega non existe. Hai algo que explica esta etapa: os autores da Xeración Nós son homes de fin de século: viven a crise finisecular (últimas perdas do imperio americano). A busca da cultura universal levoulle a realizar un descubrimento: a cultura universal é a suma de todas as culturas do mundo. Para ser cosmopolita hai que cultivar a propia cultura. − Etapa galeguista ou nacionalista, contradictoria coa anterior: Risco está agora comprometido en traballos colectivos de clara intencionalidade social. Publica toda a súa obra en galego. − Etapa nacional− católica, (de 1936 ata a súa morte) motivada por medo a represalias polo seu pasado galeguista, un problema de conciencia que considera un perigo para a civilización occidental e o catolicismo. Abandona a literatura galega a apoia o golpe de estado do xeneral Franco. Resume do argumento A obra de Vicente Risco titulada O lobo da xente está baseada nunha lenda galega do lobishome, como indica o subtítulo da narración. Esta obra publicouse no 1923, e é unha narración breve, con certos trazos de carácter etnográfico. O narrador, no comezo da narración, explica quen llo contou: unha persoa que viviu o relatado. Tras dunha pequena introducción sobre a procedencia da lenda, comeza a historia. Ánxel é un mozo dunha aldea. Namentras está apañando folla nun souto, achégase a el un home do lugar, que lle lembra do perigo do lobo da xente. 1 O lobo da xente ten atemorizado ó lugar, debido as desaparicións e feitos fóra do común que aconteceran no lugar, e as afirmacións de certas persoas de que viran un lobo, cada un deles describíndoo de diferente forma, pero todos coincidindo na maldade e horror da fera. Ánxel meteuse no sequeiro ó escurecer, por medo do lobo da xente. Mentres quentábase na lareira, sentíu fora a presencia do lobo da xente, que tentaba entrar no sequeiro. Ánxel agachouse, e o entrar no sequeiro o lobo da xente non se decatou da súa presencia e foi soltando a pelexa ata transformarse nunha fermosa rapaza. Cunha grande arducia, Ánxel botou ó lume a pelexa e quemouna, liberando a rapaza dunha fada que lle botaran. A rapaza conta porqué tiña esa fada: a súa nai botáralla porque tiveran un problema polo home co que casou a nai tras a morte do pai. A nai botoulle a fada e non lle deixou voltar á casa. A rapaza foi á casa dunha tía dela, pero decatouse que tiña unha cousa estraña dentro do corpo, e unha veciña díxolle que sería pola fada que lle botara a nai. Foise da casa da tía, transformouse en lobo e vagou polo lugar, ata que Ánxel, queimando a pelexa, liberouna da fada. O final o autor refire que os dous casáronse. Tempo no que transcurre O relato comeza na época do propio autor, que nos introduce o conto que vai narrar, para logo trasladarse ó pasado, a época na que se sitúa a lenda. O tempo do conto, segundo o autor narra xa na primeira páxina: ...non hai tanto tempo que pasou: haberá coma cincuenta ou sesenta anos. Tendo en conta que a obra e do ano 1923, pódese calcular que o tempo será, aproximadamente, entre os anos 1863 ou 1873, é dicir, na segunda metade do século XIX. O autor insiste, fala numerosas veces das diferencias dese otro tempo no que se sucedeu a historia, da xente, que era ben diferente, que cría no lobo da xente e en tantas outras cousas, como fadas, meigas... O conto ten o seu principio nunha tarde, cando Ánxel está no souto, e remata a narración da lenda a noite do mesmo día, aínda que termina cunha especie de epílogo dunha línea, facendo alusión ó que lles sucedeu despois ós protagonistas. Dentro do mesmo conto, cando se nos informa do que lle sucedeu a algunha xente co lobo da xente, vai a un tempo aínda anterior: Había un tempo,.... Tamén volta atrás no tempo para que a moza que resultou ser o lobo da xente fale sobre a historia da súa vida: dentro deste relato da vida da moza diferenciase tamén o tempo. Primeiro fala da súa infancia, de cando foi medrando, do día ca súa nai botoulle a fada e dos tres días seguintes, para rematar o relato da súa vida no día que o relata. Tempo físico O autor sitúa o tempo físico: O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan escuro, que era noite pouco despios de xantar. Ía in tempo coma de día de defuntos, e a tristura do mes das ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por toda a banda. Ademais adivinamos o tempo noutros detalles: o comenzo da historia, o protagonista saíu a apañar folla; describindo os soutos di É un silencio onde se oen caer as follas secas, como hai un mes se oían cae−los ourizos regañados...; fala de follas cobrizas e doradas, molladas no chan,...; fala das castañas;... 2 Todos estes datos lévannos a conculsión da que o tempo no que sucede a lenda que se narra e no outono. Cando Ánxel está no souto non chove, aínda que hai pouco tempo choveu. Vai frío e ceo está cuberto Lugar O autor xa comenza na primeira páxina da historia presentándonos o lugar onde desenrólase a obra, onde sucedeu a lenda que nos narra: Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives;.... Trives, preto do lugar da acción, é unha zona considerablemente ampla, preto de Manzaneda, na provincia galega de Ourense. O comenzar a contar o conto sitúano nun castañar, nun souto, preto do río da Cabalar. Estes lugares son terras húmidas, onde abundan os regatos: no texto fala sobre a flora das terras húmidas. O autor describe moi ben na obra a paisaxe do lugar. Aínda aparecen outros lugares nomeados no texto. Sobrado, lugar do que é nativo Ánxel, o protagonista, é unha aldea preto das zonas de Trives e Manzaneda, moi cerquiña doutro pobo chamado Encomenda. Tamén en A sona do lobo da xente collía astra Maceda por unha banda, e astra Quiroga e Valdeorras por outra, e aínda chegaba a Viana... aparecen outros nomes de lugares: Maceda, no oeste de Manzaneda; Valdeorras, ao este da provincia de Ourense e de Trives; Quiroga, pegadiña ao norte de Valdeorras; e Viana, Viana do Bolo, ao sur de Valdeorras. Cando Ánxel marcha do souto a acción trasládase ó sequeiro, que é un lugar de madeira onde se pon algunha cousa para secar. Tema O tema da obra pode ser simplemente unha lenda popular, a lenda do lobishome, o tema das fadas. Valoración persoal crítica O autor aproveita o tema, que narra unha lenda popular, para deixar entrever nalgúns parágrafos algunhas das súas ideas etnolóxicas sobre as xentes de Galicia. Dende o primeiro parágrafo fala de aquel tempo coma dun tempo no que as persoas era doutro xeito. No final dese primeiro parágrafo di: Mais entre aquel tempo e o noso hai moita máis distancia cá que eses sesenta anos representan: hai toda a que poñan a soberbia a a pseudo cultura. Explicacións como esta son típicas de Risco, das súas ideas sobre a Galicia do século XIX. Este parágrafo expón moi claramente unha das ideas de Risco: a penetración cultural allea históricamente desvirtou a imaxe xenuina de Galicia. Para o autor, a verdeira Galicia é a Galicia doutros tempos, a auténtica, a Galicia popular. Ve na Galicia popular, no rural, o lugar onde se atopa a típica cultura galega: Galicia é para el unha sociedade de base campesiña. Esta Galicia xunto coas súas crenzas relixiosas, tamén ten certas ideas paganas, como podería ser esta lenda. Este tipo de cousas son as cousas populares das aldeas, segundo afirma Risco, que a xente da época do autor non pode comprender porque sumiuse nesa nova Galicia, a Galicia do progreso. Nun parágrafo, pola metade do relato da lenda fala dos antigos, dicindo que crían que o lobo era cousa doutro mundo, que posiblemente tiña que ter algún misterio, máis a xente de agora esquenceuse diso. Aquí pódese ver algunha característica do pensamento de Risco. De novo expón unha diferencia da xente das cidades, da 3 xente da súa época, coa xente do rural, do campo, doutro tempo, das súas crenzas. Risco adicouse exemplarmente ao estudio da cultura popular galega. Na obra pareceume que aparecen abundantes descripcións dos personaxes, dos lugares e do lobo da xente, quizás algunhas veces demasiado extensas. Esto será, posiblemente, froito do ideario de Risco: para transmitirnos a idea dese mundo rural, desa Galicia típica, descríbenos a súa paisaxe e as súas xentes do campo. 4