D/Dª. , con D.N.I. Nº Funcionario/a ao servizo da Administración de Xustiza, pertencente ao corpo de e destino actual EXPOÑO. 1º.- Que actualmente, todos os acordos de prolongación de xornada dítanse coa esixencia de cumprir un horario de corenta horas semanais, independentemente do horario xeral de traballo en vigor (verán e inverno). A xornada xeral de traballo en Galicia é de 37,5 horas semanais, polo que se esa Dirección xeral esixe 40 horas en prolongación de xornada, é obvio que a prolongación de xornada consiste, por pura matemática, en media hora diaria de traballo a maiores. No caso do horario de verán, a xornada é de 32,5 horas semanais, polo que, o lóxico, e que os funcionarios/as en prolongación de xornada, cumprindo coa media hora diaria de traballo a maiores, tiveramos que acreditar unha xornada de 35 horas semanais. En vez diso, esíxesenos que acreditemos as mesmas 40 horas semanais, polo que, a xornada de traballo a maiores, pasa de 1/2 hora diaria a hora e media. E dicir, que en horario de verán, temos que triplicar o tempo a maiores da xornada para cobrar o mesmo. 2º.- A situación descrita resulta profundamente discriminatoria, xa que ademais de supoñer o triplo de aumento da xornada diaria para cobrar a mesma cantidade pola prolongación, súmase o feito de que en horario de verán, dispoñemos de unha hora e media menos de marxe horaria para cumprir coa xornada aumentada. Hai que ter en conta, tamén, que a maioría de acordos de prolongación distribúense de xeito rotatorio entre todos ou a meirande parte dos funcionarios destinados no órgano xudicial, polo que, por sinalar un exemplo, se daría a paradoxa de que un funcionario que prolongue xornada no mes de maio, teña que aumentar a súa xornada media hora, mentres que o seu compañeiro que lle corresponda a prolongación no mes de xullo, tería que aumentar o seu horario diario hora e media (con menos marxe) para cobrar o mesmo. 3º.-. Que os acordos de prolongación de xornada ditados, establecen como disposicións aplicables as seguintes: “Artículo 11 RD 1909/00.- Por la realización de funciones ajenas a las del propio destino El Ministerio de Justicia y las Comunidades Autónomas, a propuesta del Consejo General del Poder Judicial, podrán remunerar los cometidos adicionales que presten los funcionarios de los Cuerpos de Oficiales, Auxiliares y Agentes sin relevación de las funciones propias, determinando su cuantía y el período de percepción en atención a la naturaleza y duración del servicio, dentro de los créditos asignados por este concepto. Estos cometidos, que serán ajenos a los del puesto en el que se encuentren destinados, implicarán la realización de una mayor jornada a la establecida con carácter general en la medida en que se determine en la resolución administrativa por la que se establezcan. - Art. 500.5 LOPJ: “Cuando las peculiaridades de algunos servicios u órganos jurisdiccionales así lo aconsejen, podrán establecerse horarios especiales, que figurarán en las relaciones de puestos de trabajo y serán objeto del complemento retributivo que se determine.” Como se pode comprobar, a lexislación na que se basean os acordos de prolongación, non obriga, en ningún caso, a que a xornada esixida teña que ser de corenta horas semanais sempre, deixando liberdade para que a resolución administrativa estableza a medida da xornada a realizar, polo que entendemos que non hai motivo legal nin de outra clase para perpetuar a situación actual de discriminación entre os funcionarios que prolongan xornada en inverno e os que o fan en horario de verán. 4º.- Que para acabar coa citada discriminación, e manter a proporcionalidade debida entre o horario esixido como prolongación de xornada en inverno e verán, compre modificar a esixencia de xornada, de xeito que en horario de verán, os acordos recollan a obrigatoriedade de acreditar un mínimo de 35 horas semanais para cumprir coa prolongación. Por todo o exposto: SOLICITO Que nos acordos de prolongacións de xornada ditados durante a vixencia da xornada de verán, se recolla como horario esixido unha xornada semanal de 35 horas . En a de Fdo: DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA Rúa Madrid 2-2º, Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA dezaseis.