Libro fiestas Sada 2016

Anuncio
S A D A
2
0
1
6
,
Sauda
do Alcalde
Chega o mes de Agosto e con él as festas, tempos
nos que resulta inevitable lembrar o pasado e recordar celebracións precedentes ata onde chega
a memoria. Sada cambiou co paso dos anos e sen
dúbida as súas festas tamén.
Hoxe en día téntase abrir o máximo posible o espazo de lecer a todas as
idades e gustos. É unha tarefa complicada e require de esforzo e enxeño pois
non é doado satisfacer a todo o mundo, pero dende logo a vontade de facelo
existe.
Dende o Concello de Sada ofrécese un calendario festivo amplo que vai moito máis alá da semana de festas. Empezou coas festas do Carme, continuou
coa Feira Modernista e déixanos para agosto concertos, orquestras, música
na rúa, festas gastronómicas e moitas outras actividades que confiamos sexan do agrado da nosa xente e das moitas persoas que nos visitan.
Aproveito a ocasión para felicitarlle as festas a toda a xente que escolle Sada
neste verán, sexan sadenses ou veñan doutras localidades. Coido que é unha
boa oportunidade para gozar do noso Concello, do seu litoral, da súa ría, da
súa gastronomía e da hospitalidade das súas xentes.
Gocemos das festas e gocemos de
Sada. Tentemos facelas mellor cada
ano coa intención de que nos sirvan
para coller forzas de cara aos retos
do futuro.
Felices festas!!
Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde de Sada
3
Indice
12 agosto.................................................... pax. 25
ROCK & ROLL - Now I am + Morgen + REINCIDENTES
13 agosto............................................ pax. 31 / pax. 37
II OPEN VOLEI PRAIA / XVII TORNEO DE PETANCA CIDADE DE SADA
Día en Familia / FURIOUS MONKEY HOUSE / Noite de Estrelas
14 agosto.................................................... pax. 43
VI MILLA DE SAN ROQUE / Encontro Folclórico / FESTIVAL FOLK
15 agosto “Santa María”..................................... pax. 47
Polifonía Coral / Pregón / AMIZADES / Concerto NACHA POP + Ruta 77
16 agosto “San Roque”....................................... pax. 51
FESTA DOS MAIORES / Concerto da Banda Municipal / Gallaecia Small Band
CONCERTO INDIE: The Trunks + Triángulo de Amor Bizarro + La Habitación Roja
17 agosto “San Mamede”.................................... pax. 55 / pax. 59
“II UrbanFeel” / Festa Infantil / IV Torneo de Fútbol “Festas de San Roque”
Orquestra NEW YORK
18 agosto ....................................................... pax. 65
GRAN SARDIÑADA / Gastrorock / Orquestra ACHÉ / FOGOS ARTIFICIAIS
20 e 21 agosto .......................................... pax. 69
MESTURA SHOPPING / IX Travesía a Nado e III Open de Bandeiras
XVI Torneo Xuvenil Raio Sadense / III XUNTANZA “Eres de Sada si”
As bandeiras utilizadas no deseno deste libro
corresponden o Codigo Internacional de Bandeiras.
Edita: Concello de Sada
Imprime: Gráficas Ocero. Portada e ilustraciones: Luis Galán
DEPÓSITO LEGAL: C 1425-2016
7
,
Sauda
do Concelleiro de Cultura
Queridos veciños e veciñas,
Hai exactamente un ano tiven a primeira oportunidade
de dirixirme a todos vos como Concelleiro de Cultura do
Concello de Sada e estes días, afrontando xa a segunda
etapa, non deixo de abraiarme do rápido que pasou todo.
É ben certo que son moitos os que nos visitan exclusivamente no mes de agosto e
que as festas destes días son as mais agardadas e relevantes de todo o ano, pero
non é menos certo que as celebracións sucédense constantemente ó longo dos
doce meses dun xeito vertixinoso. Tanto, que case poderíamos dicir que Sada está
permanentemente de festa.
Esa precisamente é a imaxe que queremos transmitir, a dun pobo acolledor, entusiasta e vitalista. Un pobo onde a gastronomía, o paseo, o deporte, a diversión e
o obrigado descanso conviven e danse a man. Un pobo, Sada, onde veñas cando
veñas sempre atoparás algo atractivo do que poder gozar.
Xuntos vivimos unha espectacular noite de San Xoán que algúns lembraremos
sempre para, tres semanas despois, homenaxear como se merecen ós nosos mariñeiros e á súa Virxe do Carme. Xuntos tamén fixemos crecer a Feira Modernista, na
que este ano destes todo un exemplo de participación e compromiso.
Fáltanos unha última gran cita para poñer o broche de ouro a este verán enchendo
as nosas rúas e gozando dunha programación atractiva e variada. Temos preparado con cariño moitos momentos festivos para que todo o mundo atope neles o seu
recordo inesquecible.
Buscámolo todos xuntos?
Felices festas!!
Marcos Villar López
Concelleiro de Cultura e Praias
11
,
Sauda
do Parroco
Hola queridos amigos,
Ya están aquí como cada año nuestras Fiestas
Patronales, celebraciones en las que honramos
a Santa María, San Roque y San Mamed.
Tres muestras de humanidad y valores que han perdurado en el tiempo a lo
largo de los siglos y que, en años como los que vivimos, están más vigentes
que nunca.
Ellos, que siempre han sido consecuentes con su proyecto de vida, son un
ejemplo de las cualidades que redundan en beneficio de la sociedad actual.
La convivencia, la tolerancia, la capacidad para salvar las diferencias y aceptar
puntos de vista diferentes de los propios, son valores que hemos heredado de
nuestros ancestros y que con cariño debemos transmitir a los que nos sucedan.
En estos días de festejos debemos acordarnos también de todos aquellos que
ya no están a nuestro lado pero cuyas vivencias permanecerán para siempre
en nuestro recuerdo. Sus seres queridos han de sentir también nuestro apoyo
pues sufren especialmente su ausencia en fechas tan señaladas.
Son días para disfrutar en familia y reforzar los lazos que nos unen. Celebremos unidos en armonía unas Fiestas Patronales que llenarán nuestras casas
de alegría y de convivencia pacífica con los que nos visitan, transmitiendo una
imagen acogedora de nuestra querida y bonita villa de Sada.
Un saludo
Joaquín Varela Lamela
Párroco de Sada
15
,
Sauda
da Pregoeira
Queridos veciños!
Vivín en Sada ata os 14 anos, no barrio
mariñeiro da Tenencia, no edificio da
Xefa. Quen me ía dicir que 25 anos
despois de marchar volvería para abrir estas festas compartindo protagonismo
co Alcalde, e que o Alcalde ía ser Beni, o meu veciño e amigo da infancia con quen
tantas horas de xogos compartín. E tamén con Marcos, o Concelleiro de Cultura,
de quen aínda conservo as nosas primeiras fotos xuntos na escola de Florita, cando tiñamos 4 anos e todos pensaban que eramos curmáns. Hoxe compartimos
non só as vivencias dunha infancia en común, senón sobre todo a ilusión por un
futuro esperanzador.
Eu que subín por primeira vez a un escenario na “Soci”, estou especialmente orgullosa de que me chamasen para darvos esta benvida por ser actriz. Aquí aprendín a dar berros ben dados para que se escoitasen ata no Martillo, a improvisar
calquera escusa convincente cando algún coñecido me vía saíndo do Curruncho,
a transformarme en personaxes distintos para cada un dos tres días do entroido,
a maquillarme para participar no enterro da sardiña e a cantar para a misa do
Carme que se celebra na lonxa cada mes de xullo. Pero se hoxe estou especialmente feliz, é porque estou comprobando que non todos os tempos pasados
foron mellores, porque temos un presente ilusionante para vivir xuntos e catro
días de festa por diante.
Enchamos as rúas, durmamos pouco,
bailemos toda a noite e todo o día e aproveitemos para celebrar as amistades que
naceron nesta preciosa vila e permanecerán
para sempre!
Felices Festas Patronais!
Arantza Villar
Actriz
19
VE RANO
2 0 1 6
12 Agosto (Venres)
22:30 - 02:30 h. ROCK & ROLL
Esta noite está claramente dedicada
ó rock&roll, cunha das bandas máis
destacadas do panorama nacional
e cun directo potente e enérxico:
REINCIDENTES.
A Carpa Acendida asistirá a un
concerto espectacular da banda sevillana, que contará, para “abrir boca”,
cos coruñeses MORGEN, avalados
polo 1º premio conseguido no certame II Batalla de Bandas SadaRock.
E como artista invitado unha banda
local cun estilo musical que encaixa
perfectamente coa forza e a potencia
de son que require esta noite: os sadenses NOW I AM.
22:30 - NOW
I AM
23:30 - MORGEN
00:30 -
Reincidentes
Entrada gratuíta. Carpa Acendida.
25
SADA
2 0 1 6
13 Agosto (Sábado)
10:00 h. II OPEN VOLEI PRAIA
A praia das Delicias converterase nun recinto deportivo para reeditar o exitoso “Open de Volei-Praia” iniciado o pasado ano. Dende as 10:00h. as parellas de deportistas esforzaranse sobre o areal sadense para acadar o mellor
resultado posible.
Unha cita para gozar da praia e do deporte dun xeito diferente e espectacular, rodeado dun entorno natural fermoso e das comodidades que ofrece a
praia urbana, a oferta hostaleira e a área recreativa do Curruncho.
18:00 h. XVII TORNEO DE PETANCA “CIDADE DE SADA”
Este torneo é unha das citas recreativas de maior tradición do noso verán, congregando a participación de veciños e veciñas que practican esta actividade durante
todo o ano.
O torneo que leva o nome da cidade organizarase, como é habitual, na cancha de petanca do Paseo Marítimo de Sada, a carón das pistas deportivas. Un bo momento para
compartir entre amigos e conservar
unha tradición deportiva importante
e que crea un bonito espazo de convivencia entre distintas xeracións.
Haberá entrega de premios para os
participantes.
31
VE RANO
2 0 1 6
13 Agosto (Sábado)
“DÍA EN FAMILIA”
Programamos unha tarde de actividades pensadas para un público infantil e
familiar con xogos, maxia, unha chocolatada… e un broche musical a cargo dos
xovencísimos Furious Monkey House.
Esta banda viguesa está sendo un dos descubrimentos musicais da tempada, e
ofrecerán o seu desenfadado concerto dentro da Carpa Acendida guiados polo
seu furioso mono e con entrada gratuíta.
Pero o plan non rematará ahí: a noite do 13 de agosto presenta as mellores
características para poder levar a cabo unha observación do ceo nocturno e
asistir á “choiva de estrelas fugaces” que se da a esta altura do ano arredor da
constelación das Perseidas. Os “Amigos de Jaítos” recordarán a figura deste
astrónomo sadense reeditando a tradicional observación das coñecidas como
“lágrimas de San Lourenzo”. Ademais, poderase observar a lúa con telescopios,
e haberá dous planetas en posición perfecta para ser observados.
18:00 h. XOGOS. Para todos os públicos. No entorno da Carpa Acendida.
20:00 h. MAXIA. Espectáculo de ilusionismo
para pequenos e maiores.
21:00 h. FURIOUS
MONKEY HOUSE
22:30 h. CHOCOLATE CON CHURROS
Despois de bailar cos “Furious” colle forzas
e quédate a pasar a noite baixo as estrelas.
23:00 h. NOITE DE ESTRELAS
Os “Amigos de Jaítos” recordan a
figura do astrónomo sadense e nos
achegan os segredos do universo.
Haberá telescopios a disposición do
público.
37
SADA
2 0 1 6
14 Agosto (Domingo)
10:30 h. “VI MILLA DE SAN ROQUE”
Nova edición dunha carreira atlética urbana nunha
desas distancias que xa están ligadas á maior tradición
e á épica atlética. Cita de interese a nivel galego.
Participa activamente apuntándote nesta web
www.carreirasgalegas.com
17:00 - 20:00 h.
XVI ENCONTRO FOLCLÓRICO A Meda
do Castro. Inaugurarase cun pasacalles que arrancará ás 16:30h. da Praza de San
Roque. Nesta edición contarase coa participación de 5 agrupacións: A.C. Osorio Gutiérrez
Lorenza (Lugo); A.C. Argazo (Baldaio); Cantareiras Algarabía (Valdoviño); Rancho
Regional Lavradeiras de Carreço (Viana do Castelo); A.C.D. A Meda do Castro (Sada).
23:00 - 03:00 h.
FESTIVAL FOLK.
23:00 - Tonecho Castelos / Pablo Esqueira
00:00 - Coanhadeira
01:30 - Banda das Crechas
43
VE RANO
2 0 1 6
15 Agosto (Luns)
10:30 h. XXI CONCURSO PESCA INFANTIL “Pescamar”
Inscricións en Pescamar Sada: 981 62 23 80.
Unha cita clásica das Festas de Verán, organizada,
como sempre, no porto de Sada e con diferentes
premios para os participantes.
11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.
12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral A Lembranza de Sada.
IV TORNEO DE XADREZ
“SAN ENROQUE”
16:00 h.
Pavillón municipal de As Mariñas. Entrada libre.
19:00 h. CONCERTO DE POLIFONÍA CORAL
Coa participación de: Coral A Lembranza de Sada,
Coro Municipal Agra das Arcas, Coro Galego de
Santa Comba de Veigue, Coral San Martiño de
Meirás e Coral Instrumental da Sociedade de Sada.
21:00 h. Pregón. A cargo de Arantza Villar.
21:15 h. Concerto de AMIZADES
23:00 h. RUTA 77 + NACHA POP
Concerto para todos os públicos na praza
IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.
47
SADA
2 0 1 6
16 Agosto (Martes)
11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.
Pasacalles a cargo da Banda Municipal de Sada
12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral Municipal Agra das Arcas.
Procesión con acompañamento da Banda Municipal de Sada.
18:00 h. FESTA DOS MAIORES. Nos xardíns do Paseo Marítimo.
Pequena merenda de agradecemento e homenaxe á figura dos nosos veciños
e veciñas de maior experiencia vital. (Imprescindible asistir con invitación)
19:00 h. SHOW A LEMBRANZA. Aberto ó publico en xeral.
20:00 h.
CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DE SADA
Orquestra “GALLAECIA SMALL BAND”
22:30 h.
Baile de verán no que ofrecemos a oportunidade única para gozar da boa
música e dunha verbena como as de toda a vida: ritmos latinos, boleros,
chachachás, mambos, rock&roll... farán as delicias dos amantes da boa festa.
Poñédevos guapos e guapas para estar
á altura dunha banda cálida e moi
elegante... a Gallaecia Small Band.
22:30 h. CONCERTO INDIE
Na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.
The Trunks
Triángulo de Amor Bizarro
La Habitación Roja
51
VE RANO
2 0 1 6
17 Agosto (Mércores)
11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.
12:30 h. MISA CANTADA a cargo da Coral Instrumental da Sociedad Recreativa,
Cultural y Deportiva de Sada.
17:00 h. FESTA INFANTIL
Inchables, festa da escuma e outros. No
Paseo Marítimo de Sada, con entrada
gratuíta para que a nosa xente máis
pequena goce dunha tarde de verán
lúdica e inesquecible.
20:00 h.
Torneo de Fútbol afeccionado “Festas de San Roque”
CARNOEDO C.F. vs SP. SADA
No campo de fútbol de As Mariñas-Andrés Pena.
22:30 h. Verbena coa GRAN Orquestra NEW YORK
Na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.
55
SADA
2 0 1 6
17 Agosto
11:30 - 03:00 h.
II urbanfeel sada.
11:30-13:30h. OBRADOIROS E CONCURSOS:
11:00-14:00h. e 17:00 a 22:00h.
MERCADILLO “URBANSADA”.
11:00-12:30 OBRADOIRO DE SKATE na zona da
Carpa Acendida.
11:30-13:00 OBRADOIRO DE “DANZA BBOYING”.
Obradoiro de iniciación, Zona da Carpa Acendida,
coa cía. Break-Inclán (Santiago de Compostela).
11:30-13:00 OBRADOIRO DE FREESTYLE PATÍN.
Dende as pistas polideportivas do Paseo Marítimo, co Clube Brigantium Coruña.
12:30-13:30 OBRADOIRO DE MALABARES dende a zona da Carpa Acendida.
11:30-22:00 “I SADAGRAFF”: nas pistas polideportivas e ó longo de todo o día, debuxaranse os
proxectos gañadores do concurso de graffiti.
13:00-13:30 RUTA PATINAXE FREESTYLE
POLO PASEO MARÍTIMO. Participación aberta. Únete a nós e móvete sobre rodas.
16:00 - 22:00h. EXHIBICIÓNS (zona Carpa Acendida e xardíns do Paseo Marítimo):
16:00 - SKATE LIBRE: ofreceremos varias horas en mini rampas e diversos módulos para
gozar do skate.
18:00 - EXHIBICIÓN DE MALABARES, con Borja Dorado.
19:00 - “ENGORÍLATE!!” CONCURSO SKATE: Con premios para os mellores trucos.
Presentado por Adrián Aldao.
21:00 - EXHIBICIÓN DE FREESTYLE PATÍN, con Matías Yáñez, do Clube Brigantium.
21:30 - BREAKDANCE: exhibición e estrea do novo show da compañía BREAK-INCLÁN.
22:00 - 03:00 h. CONCERTOS (Carpa Acendida):
22:00 a 22:45 h. - SIN CITY DEVILS.
23:00 a 23:45 h. - EL MONSTRUO.
23:45 a 00:00 h. - ESPECTÁCULO DE ACROBACIA AÉREA. SUE MORENO.
00:15 a 01:15 h. - TRUE MOUNTAINS.
01:15 a 01:30 h. - ESPECTÁCULO DE ACROBACIA AÉREA. SUE MORENO.
01:30 a 03:00 h. - KURT BAKER COMBO.
59
VE RANO
2 0 1 6
18 Agosto (Xoves)
11:00 h. DIANAS e ALBORADAS.
13:00 - 02:00 h. Festival GASTROROCK
Oferta de variadas elaboracións gastronómicas de establecementos hostaleiros
de Sada acompañadas por unha programación de actuacións musicais, dende o
mediodía ata a madrugada.
18:00 - 00:00 h.
GRAN SARDIÑADA POPULAR
Como xa é tradición celebramos a Sardiñada
popular no Curruncho.
22:30 h. Magnífica verbena coa Orquestra ACHÉ
Na praza IRMÁNS SUÁREZ PICALLO.
Haberá un pequeno descanso ás 00:15 para o lanzamento pirotécnico.
00:30 h. FOGOS ARTIFICIAIS
Disfrutaremos como todos os anos un
momento especial con amigos e familia
observando o precioso espectáculo
pirotécnico que terá lugar na zona da
Praia Nova.
65
SADA
2 0 1 6
20 Agosto (Sábado)
10:00 - 00:00 h. III XUNTANZA “Eres de Sada si...”
Celébrase no Curruncho a 3ª edición
deste encontro de iniciativa popular no
que se compartirá comida e actividades
de animación organizadas para as diferentes peñas.
Contará cun concurso de tortillas e
discoteca móvil para pechar a noite.
IX Travesía a Nado e
III Open de Bandeiras Sada.
,;7UDYHVLDD1DGRH,,,2SHQGH%DQGHLUDV
3UDLD1RYDGH6DGDGHDJRVWR
%DQGHLUDVDV
7UDYHVLDDV
16:30 h.
,QVFULSFLyQVHQKWWSVDOYDPHQWRVDGDMLPGRFRP
Dende a Praia Nova. Inscricións na web:
http://salvamentosada.jimdo.com/
7UDYHVLD&
-XQ$EVH9HW
PWV
7UDYHVLD%
7UDYHVLD$
&DGHWHH;XYHQLO $OHYLQH,QIDQWLO
PWV
PWV
18:00 h. XVI TORNEO XUVENIL RAYO SADENSE.
Dende o campo de fútbol de As Mariñas - Andrés Pena.
20 e 21 Agosto (Sábado e Domingo)
10:30 - 21:00 h.
MESTURA SHOPPING
Trátase dunha festa do comercio sadense organizada
para poñer de manifesto a cantidade e calidade dos
produtos e servizos ofertados polo noso tecido
empresarial.
Compras, obradoiros, sorteos, agasallos, música,
danza... todo isto e moito máis é o que se poderá atopar
o público que se achegue ata a Carpa Acendida ó longo
desta fin de semana.
Sábado 20. Animación musical a cargo da agrupación
folclórica A Meda do Castro.
21:00h. Concerto: AS LENS.
Domingo 21. Animación musical a cargo da agrupación
folclórica “Nova Troula”.
20:00h. Danza: Actuacións das escolas de danza sadenses
“Escola de Danza Carmen López” e “Sadanza”
69
Descargar