FICHA BIBLIOGRÁFICA: VALLADARES, M. Maxina, Eds. Xerais. Personaxes da historia: Otilia: Nai de Maxina que quedou encinta nunha festa de máscaras reais. Otilia pertence a unha familia nobre e con comodidades económicas cantas quere. É unha muller nova, moi guapa e esvelta. Inés: Muller de mediada idade que queda ó cargo da vida de Maxina. Ela ten un fillo chamado Hermelio. Está casada con Coitán e os dous forman unha parella estable e feliz. Son de orixe humilde, ela é costureira e el é carpinteiro. Fara: Criada da familia de Otilia. Actúa de intermediaria entre os Sancti−petri (familia de Otilia, o nome ven do apelido do seu pai) e Inés á hora de levarlle regalos e cartos para a crianza de Maxina. Coitán: Marido de Otilia. É o home bondadoso que ofrece pousada a Otilia cando estaba a punto de parir. Salvio: Cabaleiro nobre que está namorado de Otilia, e a pretende. Salvio é o padriño de Hermelio, fillo de Inés. Salvio Salvio faise cargo de Hermelio cando Inés e Coitán morre. Marqués de Tria−Castela: Amigo de Salvio que se fai cargo da vida de Maxina cando esta conta con 12 anos aproximadamente. O Marqués é o pai do home que violou a Maxina na festa de carautas. Hermelio: Fillo de Inés que se casa con Maxina en Madrid, baixo a tutela de seu padriño Salvio. Bieito e Félix: Labregos, máis ou menos acomodados, que quedan ó cargo de Maxina e Hermelio tres meses escasos, mentres Salvio non se decata da morte de Inés. Bieito e Félix reciben unha compensación económica cando Maxina se converte en marquesa como símbolo de agradecemento por coida−los cando o precisaron. Argumento da obra: A verdade é que a historia da obra é semellante ás telenovelas típicas que tan de moda están nas televisións actuais. A trama argumental comeza co feito de que Otilia está embarazada ó ser violada nunha festa de carautas. Otilia, súa nai e Adria (unha criada) camiñan polos arredores de Santiago en burra para que Otilia paira nun lugar no que ninguén se decate, e así poder abandona−la criatura e que a honra de Otilia non quede danada. Otilia paire na casa de Da. Inés, e a criatura, de nome Maxina, queda na casa desta. Da. Inés, tras insistir en que Maxina quedase ó seu cargo, recibirá cartos para por parte da nai de Otilia para que a nena se desenrole ben. Xa que logo, Inés queda ó cargo do sei fillo natural Hermelio e da filla adoptiva Maxina. Co paso do tempo, Coitán e Inés morren cando os nenos teñen a idade de 12 anos. Salvio, padriño de Hermelio, decide adoptar ó seu afillado e levalo para Madrid, mentres que Maxina queda ó cargo do Marqués de Tria−Castela, amigo íntimo de Salvio. Maxina e Hermelio xa tiñan conciencia de que eles dous non eran exactamente irmáns, e os dous pequenos vanse para Madrid, cada un con cadanseu pai adoptivo. 1 O tempo pasa e ó Marqués de Tria−Castela mórrelle un fillo domiciliado en París. Este sofre graves depresións e decátase de que seu fillo violou nunha festa de carautas á unha moza relacionada cos Sancti−Petri. Todo isto comunícallo nunha carta detallada que lle deixou á súa morte en París. Salvio e o Marqués de Tria−Castela deciden peregrinar a Santiago.Unha vez xa en Santiago, os dous peregrinos falan cunha muller que resulta ser a mesmísima Otilia, e froito da conversa, o Marqués decátase de que foi ela a quen seu fillo violara. O Marqués séntese aliviado ó comprobar que o pecado de seu fillo xa foi recompensado o facerse cargo o Marqués da súa propia neta. Salvio, froito tamén da conversa descubre como fora toda a historia do embarazo non desexado de Otilia (posto que le sabía que Maxina era filla de Otilia), e vólvese a prender a chama de amor por Otilia no corazón de Salvio. Mentres todo isto ocorre en Santiago, Maxina e Hermelio entaboan unha relación amorosa en Madrid. Chegados xa ó final da historia, Maxina e Hermelio deciden casarse. Tanto Maxina como Hermelio, reciben o visto e prace de seus titores. Maxina nunca saberá quen foi a súa nai nin o seu pai. Por outra banda, Otilia padeceu unha grave enfermidade psicolóxica durante o resto da súa vida, que a levou a cancelar a súa voda con Salvio cando a piques estaban os dous de contraer matrimonio. Salvio quedou moi triste e nin sequera a ledicia de que seu afillado se casase lle levantou o ánimo, posto que non acudiu á cerimonia. A historia acaba así sendo Hermelio e Maxina ledos, e comendo cogomelos. Análise persoal: A verdade é que a historia é digna dun miñocón* da televisión española. É unha máis ou menos entretida, pero que carece (ó meu modo de ver) de suficiente valor literario. Recoñezo que é a primeira novela escrita en galego logo dos Séculos Escuros, pero se non for por este feito, penso que pasaría totalmente desapercibida no noso panorama literario, aínda que tamén ten a peculiaridade de representar o modo de falar dos señoritos casteláns tal e como era, así como tamén representar a fala dos labregos e a dos labregos que intentan falar castelán (poñamos por caso cando Fara fala co home de Cádiz). De feito, creo que é esta última característica a que lle dá algo de transcendencia literaria á obra. Polo demais, esa forma de intentar intrigar e facer participar ó público mediante preguntas sobre o que pasará ou como pasará (exemplo: <<¿Saberá Salvio de quen é a nena? ¿Sospeitará que é de Otilia?>> ou <<Nós, os lectores, xa o sabemos>>) que cuestiona o narrador, non provocan en mín esa intriga que supoño que Valladares quería crear; é máis, esas preguntas parecéronme semellantes ás que se facían en Batman, e series polo estilo, cando esta a piques de rematar un episodio. Pode parecer o meu comentario unha sátira en contra de Marcial Valladares, pero a miña intención non é esa, só que estou acostumado a ler libros de maior relevancia literaria, xa que das obras de lectura obrigatoria de Lingua e Literatura Galega foi a que menos importancia literaria presenta (no referente á calidade). Todo isto non implica que non me agradara coñecer e ler a primeira novela escrita en galego logo dos Séculos Escuros. *(hipergaleguismo de culebrón) 1º Bacharelato C Nº 31 2