Marx: Dialéctica e Materialismo

Anuncio
DIALÉCTICA E MATERIALISMO. MARX
• Significado do termo Marxismo e contexto histórico filosófico.
• Crítica á filosofía anterior.
2.1. Crítica ó Idealismo de Hegel.
2.2. Crítica ó Materialismo de Feuerbach.
• A alienación
• A Ideoloxía. Infraestructura e superestructura.
• Teoría e Praxe (O Ser Humano)
• Materialismo dialéctico.
• Materialismo histórico.
• Análise da economía capitalista. O Capital.
sIGNIFICADO DO TERMO MARXISMO
Aínda que é evidente que o termo Marxismo fai referencia inmediata á actividade e á obra de Marx, é
suficientemente ampla para ser entendido como:
• Unha análise da sociedade burguesa e o sistema de producción que a sustenta que é o sistema de producción
capitalista. Estudiando o seu desenrolo e as posibles contradiccións polo que pode considerarse o Marxismo
unha macroeconomía ou macrosocioloxía.
• Unha actividade ou praxe revolucionaria que trata precisamente de substituír esa sociedade e sistema de
producción por unha nova sociedade e a dictadura do proletariado.
• Unha análise teórica da realidade do S.H. e da historia polo que constitúe tamén unha filosofía aínda que
completada coa praxe.
Noutro sentido tamén se entende por Marxismo:
• A obra de Marx, que foi o iniciador e o principal impulsor deste.
• A obra de Marx e Engles, ( principal colaborador seu) con aportacións importantes no concepto do
materialismo dialéctico.
• As distintas interpretacións posteriores do propio Marxismo que se inician coa chamada Escolástica
Soviética de Lenin Stalin e síntese do Marxismo con outras teorías como por exemplo co Estructuralismo
(Althusser) co Estencionalismo (Sartre) ou coa Tª crítica (Marcuse). Hai tamén novas interpretacións do
Marxismo como a de Luckacs, Bloch ou Grausci.
Contexto Histórico Filosófico
A vida e a obra de Marx sitúase en torno á metade do s.XIX no momento en que chega a un gran desenrolo o
maquinismo, a sociedade Industrial e o Capitalismo que produciu entre outras consecuencias a nivel
socioeconómico a existencia de dúas clases antagónicas:
• A burguesía como posesora dos medios de producción
• O proletariado , posuidor exclusivamente da súa forza de traballo, e que había chegado a un nivel
extremo de miseria económica e humana.
Precisamente unha das intencións de Marx vai a ser analizar esa situación socioeconómica para tratar de
1
superala e con eso superar esa situación de miseria humana e social.
En canto ás influencias máis importantes no pensamento de Marx cabe citar:
• A Filosofía clásica Alemana , representada sobre todo por Hegel e máis adiante por Feuerbach que vai
a criticar polo seu Idealismo.
• A Economía Política Inglesa de Ricardo e Adam Smith.
• O Socialismo Utópico Francés de Prondhoum e Saint−Simón que tratará de transformar en socialismo
científico.
As obras máis importantes de Marx (algunhas en colaboración con Engles) son:
• A Ideoloxía Alemana
• Crítica á filosofía do dereito de Hegel.
• A Sagrada Familia
• Teses sobre Feuerbach
• Contribución á crítica da Economía política
• O Capital
2. CRÍTICA Á FILOSOFÍA ANTERIOR
Marx critica en xeral toda a filosofía anterior que concreta sobretodo na crítica á filosofía Alemana
representada nos últimos tempos por Hegel e por Feuerbach.
2.1.Crítica á Filosofía de Hegel
A filosofía de Hegel representaba naquel momento o Gran Sistema filosófico que encerraba unha
comprensión total da realidade e que segundo o propio Hegel era a manifestación e culminación do desenrolo
da mesma Razón ou Espírito. En síntese pode caracterizarse por:
a/ O Verdadeiro é o Todo no sentido de que para Hegel os feitos illados non existen senón na súa relación cos
demais.Todo é relacionado.
b/ Todo o racional é real e todo o real é racional. Tese ontolóxica que ven a identificar a realidade coa
racionalidade, é dicir que todo o real non é máis que unha manifestación (fenómeno) da racionalidade ou da
Razón (algo semellante a Feráclito: Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non tomara para
a miña filosofía)
c/ O esencial non é que o Todo non se aprehenda como sustancia senón como suxeito. Tese epistemolóxica
que na dualidade obxecto−suxeito fai fincapé no suxeito como Razón ou Espírito.
d/ O Todo queda reducido á Razón, Espírito ou Idea onde se sintetiza a tese ontolóxica e epistemolóxica no
sentido de que a realidade ven a ser a manifestación da Idea (Idealismo).
Pero ademais a cuestión é que para hegel o Todo ou a Idea non é estática senón dinámica, é dicir que
maniféstase nun proceso ou devir segundo a oposición de contrarios, proceso que ven a ser a dialéctica, cuios
momentos esenciais e primarios son:
. Idea en sí que constitúe a Lóxica
. Idea fóra de sí que constitúe a Natureza
2
. Idea volta a sí que constitúe o Espírito
Precisamente a manifestación do Espírito absoluto é a filosofía que supón a culminación e comprensión de
todo o sistema.
Así pois a dialéctica como transcorrer ou proceso da Idea que constitúe a esencia da realidade é
fundamentalmente unha dialéctica Idealista pois o primario e o fundamental é o Espírito ou a Idea.
En definitiva a filosofía Hegeliana vai a ser criticada polo materialismo seguinte incluído o de Feuerbach polo
seu Idealismo e por Marx tanto polo Idealismo como por ser unha simple Tª sobre a realidade.
Segundo Marx as consecuencias da filosofía de Hegel son as seguintes:
• O S.H. queda reducido a autoconciencia ou espírito.
• O proceso e a historia convertese nunha acción imaxinaria de suxeitos imaxinarios.
• A existencia do proletariado como clase deshumanizada (no sentido de miseria vital e espiritual) contradice
as esixencias de racionalidade.
Así pois Marx vai a criticar a Hegel fundamentalmente por tres razóns:
• Polo seu Idealismo, é dicir por reducir a realidade material e natureza a ser unha simple manifestación
da Razón ou da Idea.
• Polo ser unha xustificación teórica (todo o real é racional) dunha situación concreta, política e social.
Neste caso o estado Prusiano.
• Por ser como toda filosofía unha simple teoría, é dicir unha forma de interpretar a realidade (unha
forma de contemplación) que non ten en conta o esencial do suxeito que é a praxe como actividade
transformadora, ,áis que dunha maneira abstracta e conceptual.
Sen embargo o lado positivo da filosofía Hegeliana, aínda que sexa dunha maneira abstracta é precisamente a
dialéctica é dicir o proceso da realidade segundo contradiccións que representan o motor da transformación
material e histórica.
Esta dialéctica debe ser desposuída do seu carácter idealista e invertila totalmente, debe ser posta de pe pois
estaba de cabeza
2.2.Crítica ó Materialismo de Feuerbach
A ambigüidade da filosofía Hegeliana fixo que os seus discípulos seguiran orientacións distintas que
xenericamente se coñecen como a dereita e a esquerda Hegeliana.
Segundo Engels quen fixese fincapé no sistema podería ser considerado como conservador nos ámbitos da
política e da relixión e quen fixese fincapé na dialéctica como proceso podería figurar na extrema oposición.
Feuerbach pertence á chamada esquerda Hegeliana con Bruno Baner, Strauss ou o propio Marx (aínda que
colle este un sentido distinto) e que vai criticar a filosofía de Hegel fundamentalmente dende dúas
perspectivas:
• O primario é fundamental, non é o Espírito ou Idea senón a Realidade material e a Natureza: Materialismo
fronte a Idealismo.
• A filosofía de Hegel supoñía unha especie de teoloxía racionalizada. Para Feuerbach a Reoloxía redúcese a
antropoloxía.
3
Marx vai a criticar sen embargo a filosofía de Feuerbach por tres razóns fundamentalmente:
• Polo seu Materialismo.
• Porque en conxunto é tamén un idealismo (particularmente na interpretación do S.H. e a relixión)
• Por ser insuficiente a crítica que lle fixera Hegel.
• Polo Materialismo
Marx critica a Feuerbach pola súa interpretación do materialismo por tres razóns fundamentais:
• Porque é un materialismo mecanicista , semellante ós materialismos clásicos dende Demócrito nos que se
interpreta a realidade mecánicamente pero sempre da mesma maneira como se fora inamovible: as mesmas
causas producen sempre os mesmos efectos.
• Porque non ten en conta o proceso nin a historia, pois na medida en que Feuerbach é materialista non ten en
conta a historia e cando ten en conta a historia non é materialista.
• Pola mesma interpretación do Materialismo que considera a realidade ou o obxecto simplemente como
obxecto da Tª ou contemplación e non como resultado dun proceso nin da propia actividade do suxeito.
Como di na Tese 1ª sobre Feuerbach non se capta o sensible nin o suxeito máis que de un modo pasivo ou
conceptual que pola contra fi tido en contra (o suxeito e a súa actividade) polo Idealismo ( a dialéctica )
aínda que só dunha maneira abstracta e conceptual.
• Por ser un Idealismo
A Filosofía de Feuerbach é para Marx un Idealismo por dúas razóns fundamentais:
• Por ser unha simple Interpretación Teórica sobre a realidade e o S.H. sen ter en conta a praxe.
• Porque na interpretación da relixión e da relixiosidade considera que esta é algo propio e conceptual do
S.H. :Por medio da relixión relacionase o S.H. consigo mesmo, coa súa esencia
Para Feuerbach a relixión e a divinidade son un producto humano resultado dun proceso de alienación:
. O S.H. separa ou aliena de sí mesmo as súas cualidades consideradas positivas (a bondade, a sabiduría ou
poder)
. Obxectiva ou transforma nunha realidade independente esas cualidades elevadas a unha potencia infinita (
infinita bondade, infinita sabiduría, omnipotencia)
. Rende culto e veneración a esa realidade independente como Deus.
Así pois para Feuerbach a esencia da relixión (como explica na Esencia do Cristianismo) e cunha
manifestación da esencia humana polo que a Teoloxía redúcese á antropoloxía.
Esta interpretación para Marx é un Idealismo porque supón a existencia dunha esencia humana ideal e
xenérica invariable dende sempre que tende cara a a relixiosidade (dicía Feuerbach que os homes
diferéncianse dos animais porque teñen relixión)
Para Marx non existiu esa esencia humana Ideal nin a relixión é producto dela senón dunhas circunstancias
concretas e históricamente claras que é necesario comprender e cambiar.
• Pola insuficiencia da crítica a Hegel
A crítica que Feuerbach lle fixera a Hegel é insuficiente segundo Marx por dúas razóns:
• Porque un sistema como o Hegeliano non se supera simplemente proclamando que é falso senón cunha
4
análise máis profunda para retomar o seu fondo prescindindo da forma.
• Porque esa crítica era unha simple substitución do Idealismo polo materialismo sen ter en conta a actividade
do suxeito ou praxe tanto na interpretación da relixión que non é consecuencia da esencia humana senón
dunhas circunstancias que determinan o desgarramento do home consigo mesmo que cómpre non só
analizalas senón revolucionalas practicamente, como en xeral no sen conxunto como filosofía teórica o que
se sintetiza na Tese 2ª sobre Feuerbach: Ata agora os filósofos interpretaron o mundo de distintas maneiras.
Do que se trata é de transformalo.
5. TEORÍA E PRAXE
En xeral pode dicirse que a filosofía Marxista (independentemente de outras interpretacións como
macroeconomía ou praxe revolucionaria) é unha síntese entre Tª e praxe, é dicir que a filosofía debe ser unha
análise teórica da realidade e da historia pero sempre coa finalidade de transformación. Neste sentido vai a
criticar tódalas filosofías anteriores ( a Ideoloxía Alemana, Teses sobre Feuerbach...) e concretamente a de
Hegel e a de Feuerbach (ver a última parte da crítica a Hegel e Feuerbach)
Para Marx o esencial do S.H. é a praxe como actividade productivo−transformadora da realidade e
diferénciase polo tanto doutras interpretacións como por exemplo:
Na filosofía clásica sobretodo dende Sócrates identifícaas o S.H. coa racionalidade e incluso en Aristóteles o
Ideal de Vida era a vida Teorética ou contemplativa interpretación que continúa en toda a época Medieval (
S.H. como animal racional)
Para Hegel o S.H. era fundamentalmente autoconciencia ou espírito onde se culminaba o proceso de desenrolo
da Idea.
Para Feuerbach a esencia do S.H. era era fundamentalmente a relixiosidade: a relixión é a relación do S.H.
coa súa esencia: os homes diferéncianse dos animais en que estes non teñen relixión
Así pois a diferencia de todas estas interpretacións, para Marx o connatural é a praxe como esa actividade
productivo− transformadora que xenéricamente chámase tamén traballo. Os S.H. empezan a selo cando
empezan a producir os seus medios de existencia.
Como características esencias da praxe cabe citar:
1.Coa praxe relacionase o S.H. coa natureza e cos demais S.H.
• Relacionase coa natureza en canto que esta non é soamente unha realidade independente obxecto de
contemplación ou Tª senón como producto esencial humano, producto da actividade do suxeito: A
historia da natureza é a historia natural do home.
• Relacionase cos demais en canto que a realidade humana é unha realidade social. Neste sentido ten
certa semellanza co plantexamento aristotélico e clásico do home como animal político que non pode
concibirse independente da sociedade: Avida social é evidentemente práctica.
2. A praxe como criterio de verdade
A praxe constitúese no verdadeiro criterio de verdade a diferencia de outras consideracións da verdade como
por exemplo : a adecuación entre o entendemento e a cousa. Para Marx a cuestión da verdade non é un
problema teórico senón práctico, pois illar a cuestión da verdade da praxe (práctica) é unha cuestión
puramente Escolástica.
• Na praxe encontra a solución tanto a actividade humana como pensamento que inclúe a calquera misterio.
5
• Como síntese da interpretación Marxista e da crítica de Féuerbach está a Tese 2ª (Ata agora os filósofos
interpretaron o Mundo de distintas maneiras. Do que se trata é de transformalo)
3. A ALIENACIÓN
O termo alienación provén de alienus ou alienare que significa exteriorizar, enaxenar ou alleo. E foi utilizado
en contextos xurídicos, económicos (enaxenar unha propiedade) ou políticos como por exemplo en Rosseau
que no contexto das teorías sobre o orixe da sociedade como resultado dun pacto social considera que esta (a
sociedade) está fundada na cesión e delegación que os individuos fan do seu poder e a súa liberdade en
beneficio do soberano ou gobernante.
Tamén o termo é utilizado por Hegel referíndose a que a dialéctica é o proceso da Idea. Cando esta ( a idea)
sae fóra de sí mesma e se transforma na Natureza para voltar sobre sí como espírito.
Feuerbach había interpretado a relixión e a relixiosidade como consecuencia (connatural e inevitable) dunha
alienación humana que exterioriza as súas cualidades converténdoas nunha realidade independente á que
rende culto e veneración, interpretación que vai a ser criticada por Marx tanto polo seu Idealismo como por
non ter en conta a praxe (a superación da alienación relixiosa reside na superación das circunstancias que a
produce).
Para Marx hai polo menos 2 sentidos do termo alienación:
• Referido ó polo subxectivo ou suxeito que exterioriza a súa actividade práctico−productiva ou praxe como
forma de traballo. Neste sentido como exteriorización ou enaxenación é algo propio e connatural do S.H.
pois este consiste fundamentalmente nesa actividade transformadora.
• Ten un sentido negativo como propiamente alienación cando esa actividade práctico−productiva produce
un obxecto ou mercancía que non lle pertence a el senón a outro; que se volve contra el e que incluso fai
que o propio traballador se transforme en mercancía.
• Alienación económica
É a alienación máis estudiada por Marx sobre todo na contribución á crítica da Economía Política e no Capital
facendo unha distinción entre:
a/ Alienación do traballo
Prodúcese esta alienación cando o producto do traballo ou mercancía non lle pertence ó traballador senón a
outro e incluso vólvese contra o propio traballador: No sistema de producción capitalista este (o capitalista, o
posuidor dos medios de producción) compra unha mercancía especial que é a Forza de traballo que como toda
mercancía ten un valor de uso e un valor de cambio que está determinado (este último) polo que constitúe
xenéricamente o valor que é o tempo de traballo necesario para a súa producción desa forza de traballo que se
satisface con un salario, pero hai ademais un tempo de plus traballo que non se satisface e que xenera
plusvalía(traballo non rebunerado) como un valor engadido que polo tanto fai aumentar o Capital
indefinidamente.
A parte das contradiccións que pode ter o sistema a cuestión é que neste sistema de producción capitalista a
mercancía como producto do traballador pasa a mans do capitalista pero ademais convertese en capital que é o
verdadeiro inimigo do traballador.
b/ Alienación do traballador
Sendo a actividade productivo−transformadora ou praxe (traballo) a característica esencial do S.H. e estando
esta alienada tamén o estará o suxeito como traballador que se converte nunha mercancía, suxeito polo tanto
6
ás leis do mercado determinadas nese sistema polo capital.
A alienación económica é o fundamento e a causa das outras alienacións.
• Alienación social
Consiste na división ou escisión da sociedade en clases segundo o lugar que ocupen no sistema de producción
, poden reducirse a dúas:
− Burguesía como posuidores dos medios de producción
• Proletariado posuidor exclusivamente da súa forza de traballo.
De distintas maneiras ó longo da historia houbo oposición entre as clases: A historia é a historia de loita entre
clases.
• Alienación política
Consiste tamén na división ou escisión que hai no individuo ou suxeito como ser privado ou público; neste
último caso como cidadán ten unhas obrigacións co estado que se opoñen xeralmente ós seus propios intereses
pois aquel (o estado) representa os intereses da clase dominante.
• Alienación relixiosa
Xa fora descrita por Feuerbach na Esencia do cristianismo, consiste fundamentalmente na obxectivación das
cualidades humanas para convertelas nun reino independente que flota nas nubes.
Para Feuerbach esto era consecuencia da propia esencia humana: a relixiosidade (os animais non teñen
relixión).
Sen embargo para Marx este proceso non responde a ningunha necesidade esencial humana senón que é
resultado dunhas condicións materiais de existencia completas e ven a xustificar ademais esas mesmas
condicións de desigualdade, por unha parte e de miseria e inxustiza por outra propoñendo a Esperanza nun
mundo feliz (o ceo) que compense as miserias da terra.
Neste sentido actúa como a durmideira das conciencias (é o opio do pobo)
Así pois para Marx esta situación de alienación non só hai que comprendela e analizala en profundidade
vendo as causas que a determinan:o desgarramento do fundamento terreal consigo mesmo senón tamén
revolucionalas practicamente
• Alienación filosófica
En algún sentido a filosofía como ideoloxía supón tamén unha alienación porque non só interpreta a realidade
senón que ademais interprétaa falsamente.
4. A IDEOLOXÍA
En xeral pode considerarse a ideoloxía na interpretación de Engels como o conxunto de representacións,
imaxes ou crenzas que teñen un papel histórico nunha sociedade determinada, neste sentido é algo común,
inevitable e propio de calquera época histórica.
7
Pero ten un sentido negativo ou pexorativo cando ese conxunto de representacións teñen como finalidade
ocultar, desfigurar, sublimar ou suplantar a verdadeira realidade material e social.
En relación a esto para Marx a realidade social está constituída por unha infraestructura económica e unha
superestructura ideolóxica.
A infraestructura económica é a base material da sociedade constituída á súa vez polas forzas productivas que
son os elementos que interveñen no proceso de producción como os medios materiais, a técnica e o traballo e
as relacións de producción que son as relaccións que se establecen entre os elementos que interveñen no
proceso fundamentalmente entre os posuidores dos medios de producción e os da forza de traballo, é dicir,
entre burguesía e proletariado.
Como consecuencia dese determinado sistema de producción entendido como base material da realidade
social existe unha Superestructura Ideolóxica de carácter xurídico e político ademais de outras formas de
conciencia social (a moral, a relixión, a filosofía...)
Así pois a ideoloxía nese sentido negativo oculta a verdadeira realidade e incluso ven a xustificar esta
garantindo a reproducción do sistema .
Entre infraestructura e superestructura non só hai unha relación de causalidade, da primeira respecto da
segunda (puro economicismo) senón unha relacción dialéctica entre ambas aínda que é a base económica a
que inflúe en último termo. (prólogo á contribución á crítica da economía política).
6.DIALÉCTICA E MATERIALISMO
A noción de dialéctica provén etimoloxicamente de dialectiké que fai referencia a diálogo (oposición de
opinións) ou transcorrer e tivo unha longa tradición no pensamento e na cultura occidental. Podendo referirse
tanto a aspectos ontolóxicos como epistemolóxicos.
Segundo Hegel foi Heráclito o primeiro en facer unha interpretación dialéctica da realidade fundamentalmente
a nivel ontolóxico:
A realidade como devir (chegar a ser ou proceso) por oposición de contrarios.
Tamén Platón utiliza a noción de dialéctica tanto no sentido ontolóxico como epistemolóxico:
O proceso e incluso a oposición das Ideas que conteñen en sí o seu contrario (sofista) como entendida no
sentido do coñecemento superior que capta as Ideas e as súas relaccións.
A partir de aí o concepto vai a ser utilizado por aristóteles (na Lóxica), no neoplatonismo (Jámbico: tríadas),
na época medieval e moderna ata chegar a Kant que fai referencia á dialéctica (dialéctica transcendental )
como actividade da Razón que abandona o uso empírico para elevarse ó Incondicionado, polo que incurre en
oposicións e contradiccións inevitables.
Pero foi Hegel quen profundizou máis na noción de dialéctica tanto a nivel ontolóxico como epistemolóxico:
− A nivel ontolóxico porque a realidade como un Todo é un proceso ou devir da Idea por oposicións e
contradiccións algo semellante a Heráclito: (Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non
tomara para a miña filosofía).
− A nivel epistemolóxico porque a razón tamén é dialéctica (a diferencia do entendemento que é analítico)
pois forma parte da realidade dialéctica e asimílase a ela no seu coñecemento.
8
Para Hegel o proceso dialéctico baséase nas categorías de Inmediatez−mediación, Totalidade, Negación e
Superación, que pasa por tres momentos: Abstracto, Dialéctico e Especulativo (pois non utiliza os termos de
tese antítese e síntese)
A cuestión é que para Hegel o Devir dialéctico era o proceso da Idea que sae fora de si como Natureza e que
volve a sí como Espírito o que constitúe un plantexamento Idealista.
Marx oponse á dialéctica de Hegel en conxunto precisamente por ser Idealista e considerar como primario e
fundamental o Espírito ou a Idea pero retomando a forma desta que é a forma pura de toda dialéctica pero
invertíndoa totalmente (poñéndoa de pe pois estaba de cabeza).
Dunha maneira máis concreta, marx oponse ás categorías da dialéctica Hegeliana:
• Respecto á Inmediatez− mediación que segundo Hegel representa que toda realidade supón unha mediación
anterior para Marx, sen embargo a realidade material e a Natureza é totalmente inmediata e non supón nada
anteriormente.
• A categoría de Totalidade está referida en Hegel á totalidade de espírito ou a Idea e en Marx debe referirse
á totalidade natural e material, incluída a acción humana.
• As categorías de Negación e Superación non deben ser referidas ós conceptos ou abstraccións senón a
realidades materiais e concretas.
En definitiva a dialéctica Marxista é unha dialéctica referida á realidade Material e humana o que constitúe
unha dialéctica Materialista.
Con todo o termo Materialismo vai a ser entendido de distintas maneiras por Marx e Engels pois mentres que
o primeiro refírese con el á realidade material pero nun sentido amplo entendida tamén en relacción á acción
humana (praxe) que se desenrola na historia (Materialismo Histórico), para Engels o Materialismo fai
referencia fundamentalmente á realidade material da Natureza sen ter en conta maís que dunha maneira
tanxencial ou yuxtaposta a acción humana na historia.
Así entendido o Materialismo de Engels constitúe unha Tª especial que se denominou Materialismo Dialéctico
(Diamat) e que constituíu o fundamento teórico para a explicación da Natureza e da Física e da Bioloxía na
Escolástica Soviética:
Considérase a Natureza e a realidade material eterna e infinita sometida a un proceso de evolución (nunha liña
paralela ó evolucionismo Darwiniano) e con tradición dialéctica na que non hai cabida para outras leis físicas
para a entropía e cuios principios fundamentais son:
• Lei de oposición de contrarios.
• Lei do cambio cualitativo ou paso da cantidade a cualidade.
• Lei de negación da negación.
7.MATERIALISMO HISTÓRICO
A diferencia do materialismo dialéctico da interpretación de Engels, Marx considera como realidade material
o conxunto da natureza e a acción humana que se desenrola nun proceso histórico: Nós non concebimos máis
ciencia que a da historia, historia da Natureza e historia da Humanidade que se condicionan recíprocamente
pois mentres existan S.H. non poden extinguirse.
Este proceso como relación entre a praxe humana e a realidade material identifícase fundamentalmente co que
constitúe o proceso de producción pois a actividade humana comeza coa producción dos seus medios de vida
como se describe no prólogo á contribución á crítica da economía política: Na producción social da súa
9
existencia os S.H. entablan determinadas relaccións independentes da súa vontade que son relaccións de
producción e que constitúen un grao de desenrolo das forzas productivas. Estas relaccións constitúen unha
base económica sobre a que se asenta unha superestructura xurídica e política á que corresponden outras
formas de conciencia social... .. Non éa conciencia a que determina o ser dos individuos senón o seu Ser
Social o que determina a súa conciencia.
Así pois, para Marx calquera época histórica caracterízase por un Modo de producción no que se inclúe tanto
a infraestructura económica como a superestructura ideolóxica.
A infraestructura ou base económica constitúese á súa vez polas forzas productivas e relaccións de producción
(véxase Ideoloxía).
Estes modos de producción a grandes rasgos son: o sistema de producción asiático, antigo, feudal e burgués
moderno que aínda con características distintas teñen en común certo enfrontamento e oposición entres dúas
clases sociais que se poden agrupar dunha maneira xenérica como posuidores e esposeidos enfrontamento que
constitúe a loita de clases , de tal maneira que a Historia e a Historia da Loita de clases que se produce cando
as forzas productivas existentes ata o momento abríndose así un período de revolución social.
Na última época do S.XIX que corresponde segundo Marx o sistema de producción capitalista existen tamén
cetas contradiccións entre as forzas productivas e as relaccións de producción determinadas pola propia
contradicción do sistema (por ex: grande acumulación de riqueza nuns poucos e aumento da masa de
desposeídos, oposición entre capital fixo e capital variable, falta de acceso ós medios de producción...) que
debían provocar a desaparición do sistema unindo todo eso á propia actividade revolucionaria do proletariado
a partir da súa conciencia de clase.
Este cambio de sistema debe ser, pois favorecido pola revolución aínda que esta é entendida segundo Marx
tanto como esa mesma actividade directa como dunha maneira necesaria a propia contradicción do sistema.
A partir dese momento que representaba teoricamente Marx no Manifesto Comunista (proletarios de tódolos
países unidos) débese producir o paso a outra sociedade e modo de producción que se denomina Dictadura de
Proletariado e que corresponde no contexto da dialéctica ó momento da negación ou análise da sociedade
burguesa capitalista. Este sería un sistema no que se suprime a propiedade privada socializando os medios de
producción que pasan ó estado e desaparecendo por tanto o dualismo de clases.
Despois da dictadura do proletariado como unha especie de superación ou síntese dialéctica estaría a
Sociedade Comunista xa sen clases e sen estado opresor onde se substitúe a necesidade pola liberdade e as
relaccións serán libres relaccións de producción.
Con todo esta sociedade que por diversas circunstancias non apareceu aínda na historia é considerada por
algúns Marxistas (Bloch) como unha especie de utopía ou esperanza no sentido positivo cara a unha sociedade
máis xusta e feliz.
8. ANÁLISE DA ECONOMÍA CAPITALISTA
O análise económico que fai Marx da sociedade burguesa e do sistema de producción capitalista desenrólase
sobre todo no Capital.
Parte do análise da mercancía que ten un valor de uso (utilidade polo que se cambia: outra mercancía ou
diñeiro ).
Esta distinción xa for afeita anteriormente a Marx pero a novidade de este foi sinalar que no valor de cambio
hai un determinante fundamental que é o valor intrínseco que está determinado non pola finalidade (o uso)
10
senón pola causa eficiente ou causa necesaria para producila que é unicamente o traballo.
Neste sentido o valor dunha mercancía está representado polo tempo de traballo medio socialmente necesario
para producila.
Pero na economía capitalista, o capitalista compra unha mercancía especial que é o traballo ou forza de
traballo que ten un valor medio necesario para producila que se satisface con un salario. Pero o peculiar deste
sistema é que hai tamén un tempo de plus traballo que non se satisface e que xenera plus valía que é en
definitiva tempo de traballo non rebunerado e que é precisamente o que fai aumentar o capital
indefinidamente.
O carácter fetichista da mercancía e do diñeiro como algo que se presenta idealizado e desexable é porque
representa dunha maneira xeral o tempo de traballo.
No sistema de producción mercantilista o diñeiro (Capital) era un intermediario para a adquisición de máis
mercancías.
No sistema de producción capitalista o diñeiro e o capital é a finalidade do propio sistema.
Este sistema segundo Marx presentaba con todo numerosas contradiccións, por exemplo aumento de capital
fixo e disminución do variable (máquinas e medios e disminución da forza de traballo ) aumento e
acumulación do capital en poucos o aumento da mada de desposuídos, en consecuencia incapacidade de
consumo xeneralizado das mercancías e colapso do sistema.
Todas estas contradiccións unidas á acción directa do proletariado pola producción debían provocar o cambio
de sistema de producción cara a a socialización e a dictadura do proletariado.
Con todo, o capitalismo adaptouse a distintas e novas circunstancias ampliándose e xeneralizándose como
sistema global aínda persistindo outras serias e profundas contradiccións (acumulación de riqueza, países ricos
e pobres...)
CONTEXTUALIZACIÓN
Contexto histórico filosófico (2ª pregunta)
Como macroeconomía e como praxe política o marxismo tivo unha influencia importante a fins do S.XIX e no
S.XX ó instaurarse como dictadura do proletariado en numerosos países a partir da revolución Volchevique
que constituíu a URSS.
Sen embargo esa mesma situación tivo un éxito limitado posiblemente por causas alleas á propia
interpretación marxista e que terminou coa caída do muro de Berlín.
Como Tª crítica a súa influencia tamén foi moi importante tanto na interpretación da realidade como no
método dialéctico de análise sobre a realidade social e económica, en síntese con outras Tª como o
existencialismo (Sartre), estructuralismo (Althuser) ou coas distintas lecturas posteriores do Marxismo
(Luckacs, Block e Gramsci)
Dunha maneira sintética hai dúas grandes interpretacións do Marxismo a nivel teórico:
• Estructuralista que fai fincapé no Marxismo como método científico de análise (Althuser).
• Humanista (Bloch) que fai fincapé na tendencia do Marxismo e revalorización do S.H. como superación
das alienacións entendendo a sociedade comunista como unha esperanza real que da sentido á realidade
11
presente.
TERCEIRAS PREGUNTAS
1.TEORÍA E PRAXE EN MARX
En xeral pode dicirse que a filosofía Marxista (independentemente de outras interpretacións como
macroeconomía ou praxe revolucionaria) é unha síntese entre Tª e praxe, é dicir que a filosofía debe ser unha
análise teórica da realidade e da historia pero sempre coa finalidade de transformación. Neste sentido vai a
criticar tódalas filosofías anteriores ( a Ideoloxía Alemana, Teses sobre Feuerbach...) e concretamente a de
Hegel e a de Feuerbach (ver a última parte da crítica a Hegel e Feuerbach)
Para Marx o esencial do S.H. é a praxe como actividade productivo−transformadora da realidade e
diferénciase polo tanto doutras interpretacións como por exemplo:
Na filosofía clásica sobretodo dende Sócrates identifícaas o S.H. coa racionalidade e incluso en Aristóteles o
Ideal de Vida era a vida Teorética ou contemplativa interpretación que continúa en toda a época Medieval (
S.H. como animal racional)
Para Hegel o S.H. era fundamentalmente autoconciencia ou espírito onde se culminaba o proceso de desenrolo
da Idea.
Para Feuerbach a esencia do S.H. era era fundamentalmente a relixiosidade: a relixión é a relación do S.H.
coa súa esencia: os homes diferéncianse dos animais en que estes non teñen relixión
Así pois a diferencia de todas estas interpretacións, para Marx o connatural é a praxe como esa actividade
productivo− transformadora que xenéricamente chámase tamén traballo. Os S.H. empezan a selo cando
empezan a producir os seus medios de existencia.
Como características esencias da praxe cabe citar:
1.Coa praxe relacionase o S.H. coa natureza e cos demais S.H.
• Relacionase coa natureza en canto que esta non é soamente unha realidade independente obxecto de
contemplación ou Tª senón como producto esencial humano, producto da actividade do suxeito: A
historia da natureza é a historia natural do home.
• Relacionase cos demais en canto que a realidade humana é unha realidade social. Neste sentido ten
certa semellanza co plantexamento aristotélico e clásico do home como animal político que non pode
concibirse independente da sociedade: Avida social é evidentemente práctica.
2. A praxe como criterio de verdade
A praxe constitúese no verdadeiro criterio de verdade a diferencia de outras consideracións da verdade como
por exemplo : a adecuación entre o entendemento e a cousa. Para Marx a cuestión da verdade non é un
problema teórico senón práctico, pois illar a cuestión da verdade da praxe (práctica) é unha cuestión
puramente Escolástica.
• Na praxe encontra a solución tanto a actividade humana como pensamento que inclúe a calquera misterio.
• Como síntese da interpretación Marxista e da crítica de Féuerbach está a Tese 2ª (Ata agora os filósofos
interpretaron o Mundo de distintas maneiras. Do que se trata é de transformalo)
2. A DIALÉCTICA E MATERIALISMO EN MARX
12
A noción de dialéctica provén etimoloxicamente de dialectiké que fai referencia a diálogo (oposición de
opinións) ou transcorrer e tivo unha longa tradición no pensamento e na cultura occidental. Podendo referirse
tanto a aspectos ontolóxicos como epistemolóxicos.
Segundo Hegel foi Heráclito o primeiro en facer unha interpretación dialéctica da realidade fundamentalmente
a nivel ontolóxico:
A realidade como devir (chegar a ser ou proceso) por oposición de contrarios.
Tamén Platón utiliza a noción de dialéctica tanto no sentido ontolóxico como epistemolóxico:
O proceso e incluso a oposición das Ideas que conteñen en sí o seu contrario (sofista) como entendida no
sentido do coñecemento superior que capta as Ideas e as súas relaccións.
A partir de aí o concepto vai a ser utilizado por aristóteles (na Lóxica), no neoplatonismo (Jámbico: tríadas),
na época medieval e moderna ata chegar a Kant que fai referencia á dialéctica (dialéctica transcendental )
como actividade da Razón que abandona o uso empírico para elevarse ó Incondicionado, polo que incurre en
oposicións e contradiccións inevitables.
Pero foi Hegel quen profundizou máis na noción de dialéctica tanto a nivel ontolóxico como epistemolóxico:
− A nivel ontolóxico porque a realidade como un Todo é un proceso ou devir da Idea por oposicións e
contradiccións algo semellante a Heráclito: (Non hai ningún principio na filosofía de Heráclito que eu non
tomara para a miña filosofía).
− A nivel epistemolóxico porque a razón tamén é dialéctica (a diferencia do entendemento que é analítico)
pois forma parte da realidade dialéctica e asimílase a ela no seu coñecemento.
Para Hegel o proceso dialéctico baséase nas categorías de Inmediatez−mediación, Totalidade, Negación e
Superación, que pasa por tres momentos: Abstracto, Dialéctico e Especulativo (pois non utiliza os termos de
tese antítese e síntese)
A cuestión é que para Hegel o Devir dialéctico era o proceso da Idea que sae fora de si como Natureza e que
volve a sí como Espírito o que constitúe un plantexamento Idealista.
Marx oponse á dialéctica de Hegel en conxunto precisamente por ser Idealista e considerar como primario e
fundamental o Espírito ou a Idea pero retomando a forma desta que é a forma pura de toda dialéctica pero
invertíndoa totalmente (poñéndoa de pe pois estaba de cabeza).
Dunha maneira máis concreta, marx oponse ás categorías da dialéctica Hegeliana:
• Respecto á Inmediatez− mediación que segundo Hegel representa que toda realidade supón unha mediación
anterior para Marx, sen embargo a realidade material e a Natureza é totalmente inmediata e non supón nada
anteriormente.
• A categoría de Totalidade está referida en Hegel á totalidade de espírito ou a Idea e en Marx debe referirse
á totalidade natural e material, incluída a acción humana.
• As categorías de Negación e Superación non deben ser referidas ós conceptos ou abstraccións senón a
realidades materiais e concretas.
En definitiva a dialéctica Marxista é unha dialéctica referida á realidade Material e humana o que constitúe
unha dialéctica Materialista.
13
Con todo o termo Materialismo vai a ser entendido de distintas maneiras por Marx e Engels pois mentres que
o primeiro refírese con el á realidade material pero nun sentido amplo entendida tamén en relacción á acción
humana (praxe) que se desenrola na historia (Materialismo Histórico), para Engels o Materialismo fai
referencia fundamentalmente á realidade material da Natureza sen ter en conta maís que dunha maneira
tanxencial ou yuxtaposta a acción humana na historia.
Así entendido o Materialismo de Engels constitúe unha Tª especial que se denominou Materialismo Dialéctico
(Diamat) e que constituíu o fundamento teórico para a explicación da Natureza e da Física e da Bioloxía na
Escolástica Soviética:
Considérase a Natureza e a realidade material eterna e infinita sometida a un proceso de evolución (nunha liña
paralela ó evolucionismo Darwiniano) e con tradición dialéctica na que non hai cabida para outras leis físicas
para a entropía e cuios principios fundamentais son:
• Lei de oposición de contrarios.
• Lei do cambio cualitativo ou paso da cantidade a cualidade.
• Lei de negación da negación.
3. O MATERIALISMO HISTÓRICO
A diferencia do materialismo dialéctico da interpretación de Engels, Marx considera como realidade material
o conxunto da natureza e a acción humana que se desenrola nun proceso histórico: Nós non concebimos máis
ciencia que a da historia, historia da Natureza e historia da Humanidade que se condicionan recíprocamente
pois mentres existan S.H. non poden extinguirse.
Este proceso como relación entre a praxe humana e a realidade material identifícase fundamentalmente co que
constitúe o proceso de producción pois a actividade humana comeza coa producción dos seus medios de vida
como se describe no prólogo á contribución á crítica da economía política: Na producción social da súa
existencia os S.H. entablan determinadas relaccións independentes da súa vontade que son relaccións de
producción e que constitúen un grao de desenrolo das forzas productivas. Estas relaccións constitúen unha
base económica sobre a que se asenta unha superestructura xurídica e política á que corresponden outras
formas de conciencia social... .. Non éa conciencia a que determina o ser dos individuos senón o seu Ser
Social o que determina a súa conciencia.
Así pois, para Marx calquera época histórica caracterízase por un Modo de producción no que se inclúe tanto
a infraestructura económica como a superestructura ideolóxica.
A infraestructura ou base económica constitúese á súa vez polas forzas productivas e relaccións de producción
(véxase Ideoloxía).
Estes modos de producción a grandes rasgos son: o sistema de producción asiático, antigo, feudal e burgués
moderno que aínda con características distintas teñen en común certo enfrontamento e oposición entres dúas
clases sociais que se poden agrupar dunha maneira xenérica como posuidores e esposeidos enfrontamento que
constitúe a loita de clases , de tal maneira que a Historia e a Historia da Loita de clases que se produce cando
as forzas productivas existentes ata o momento abríndose así un período de revolución social.
Na última época do S.XIX que corresponde segundo Marx o sistema de producción capitalista existen tamén
cetas contradiccións entre as forzas productivas e as relaccións de producción determinadas pola propia
contradicción do sistema (por ex: grande acumulación de riqueza nuns poucos e aumento da masa de
desposeídos, oposición entre capital fixo e capital variable, falta de acceso ós medios de producción...) que
debían provocar a desaparición do sistema unindo todo eso á propia actividade revolucionaria do proletariado
a partir da súa conciencia de clase.
14
Este cambio de sistema debe ser, pois favorecido pola revolución aínda que esta é entendida segundo Marx
tanto como esa mesma actividade directa como dunha maneira necesaria a propia contradicción do sistema.
A partir dese momento que representaba teoricamente Marx no Manifesto Comunista (proletarios de tódolos
países unidos) débese producir o paso a outra sociedade e modo de producción que se denomina Dictadura de
Proletariado e que corresponde no contexto da dialéctica ó momento da negación ou análise da sociedade
burguesa capitalista. Este sería un sistema no que se suprime a propiedade privada socializando os medios de
producción que pasan ó estado e desaparecendo por tanto o dualismo de clases.
Despois da dictadura do proletariado como unha especie de superación ou síntese dialéctica estaría a
Sociedade Comunista xa sen clases e sen estado opresor onde se substitúe a necesidade pola liberdade e as
relaccións serán libres relaccións de producción.
Con todo esta sociedade que por diversas circunstancias non apareceu aínda na historia é considerada por
algúns Marxistas (Bloch) como unha especie de utopía ou esperanza no sentido positivo cara a unha sociedade
máis xusta e feliz.
4. O CONCEPTO DE ALIENACIÓN NA FILOSOFÍA OCCIDENTAL
O termo alienación provén de alienus ou alienare que significa exteriorizar, enaxenar ou alleo. E foi utilizado
en contextos xurídicos, económicos (enaxenar unha propiedade) ou políticos como por exemplo en Rosseau
que no contexto das teorías sobre o orixe da sociedade como resultado dun pacto social considera que esta (a
sociedade) está fundada na cesión e delegación que os individuos fan do seu poder e a súa liberdade en
beneficio do soberano ou gobernante.
Tamén o termo é utilizado por Hegel referíndose a que a dialéctica é o proceso da Idea. Cando esta ( a idea)
sae fóra de sí mesma e se transforma na Natureza para voltar sobre sí como espírito.
Feuerbach había interpretado a relixión e a relixiosidade como consecuencia (connatural e inevitable) dunha
alienación humana que exterioriza as súas cualidades converténdoas nunha realidade independente á que
rende culto e veneración, interpretación que vai a ser criticada por Marx tanto polo seu Idealismo como por
non ter en conta a praxe (a superación da alienación relixiosa reside na superación das circunstancias que a
produce).
Para Marx hai polo menos 2 sentidos do termo alienación:
• Referido ó polo subxectivo ou suxeito que exterioriza a súa actividade práctico−productiva ou praxe como
forma de traballo. Neste sentido como exteriorización ou enaxenación é algo propio e connatural do S.H.
pois este consiste fundamentalmente nesa actividade transformadora.
• Ten un sentido negativo como propiamente alienación cando esa actividade práctico−productiva produce
un obxecto ou mercancía que non lle pertence a el senón a outro; que se volve contra el e que incluso fai
que o propio traballador se transforme en mercancía.
• Alienación económica
É a alienación máis estudiada por Marx sobre todo na contribución á crítica da Economía Política e no Capital
facendo unha distinción entre:
a/ Alienación do traballo
Prodúcese esta alienación cando o producto do traballo ou mercancía non lle pertence ó traballador senón a
outro e incluso vólvese contra o propio traballador: No sistema de producción capitalista este (o capitalista, o
posuidor dos medios de producción) compra unha mercancía especial que é a Forza de traballo que como toda
15
mercancía ten un valor de uso e un valor de cambio que está determinado (este último) polo que constitúe
xenéricamente o valor que é o tempo de traballo necesario para a súa producción desa forza de traballo que se
satisface con un salario, pero hai ademais un tempo de plus traballo que non se satisface e que xenera
plusvalía(traballo non rebunerado) como un valor engadido que polo tanto fai aumentar o Capital
indefinidamente.
A parte das contradiccións que pode ter o sistema a cuestión é que neste sistema de producción capitalista a
mercancía como producto do traballador pasa a mans do capitalista pero ademais convertese en capital que é o
verdadeiro inimigo do traballador.
b/ Alienación do traballador
Sendo a actividade productivo−transformadora ou praxe (traballo) a característica esencial do S.H. e estando
esta alienada tamén o estará o suxeito como traballador que se converte nunha mercancía, suxeito polo tanto
ás leis do mercado determinadas nese sistema polo capital.
A alienación económica é o fundamento e a causa das outras alienacións.
• Alienación social
Consiste na división ou escisión da sociedade en clases segundo o lugar que ocupen no sistema de producción
, poden reducirse a dúas:
− Burguesía como posuidores dos medios de producción
• Proletariado posuidor exclusivamente da súa forza de traballo.
De distintas maneiras ó longo da historia houbo oposición entre as clases: A historia é a historia de loita entre
clases.
• Alienación política
Consiste tamén na división ou escisión que hai no individuo ou suxeito como ser privado ou público; neste
último caso como cidadán ten unhas obrigacións co estado que se opoñen xeralmente ós seus propios intereses
pois aquel (o estado) representa os intereses da clase dominante.
• Alienación relixiosa
Xa fora descrita por Feuerbach na Esencia do cristianismo, consiste fundamentalmente na obxectivación das
cualidades humanas para convertelas nun reino independente que flota nas nubes.
Para Feuerbach esto era consecuencia da propia esencia humana: a relixiosidade (os animais non teñen
relixión).
Sen embargo para Marx este proceso non responde a ningunha necesidade esencial humana senón que é
resultado dunhas condicións materiais de existencia completas e ven a xustificar ademais esas mesmas
condicións de desigualdade, por unha parte e de miseria e inxustiza por outra propoñendo a Esperanza nun
mundo feliz (o ceo) que compense as miserias da terra.
Neste sentido actúa como a durmideira das conciencias (é o opio do pobo)
Así pois para Marx esta situación de alienación non só hai que comprendela e analizala en profundidade
16

17
Descargar