cairn_60 - Club Alpino Ourensán

Anuncio
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
® CAIRN Dep. Legal OR 119/91
Nº 60
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
1971198119912001201120122013201
4
CAIRN Nº60
4º Trimestre 2011
BOLETÍN INFORMATIVO
Club Alpino Ourensán
COLABORADORES
Nacho
Pedro
Pedro Díaz
Gonzalo
REDACCIÓN
Xunta Directiva
® CAIRN
Dep. Legal OR 119/91
Participa do “Novembro Alpino2011”
Cena Anual, Semana Audiovisual e Concurso Fotográfico a
celebrar no mes de novembro. Unha chea de actividades de
marcado carácter social que supón unha oportunidade de
encontro para todos os socios que por un ou outro motivo non
coinciden o longo do ano. Consulta datos e datas neste boletín,
en www.clubalpinoourensan.es ou en facebook.
A Xunta Directiva do Club Alpino Ourensán
Club Alpino
Ourensán
Club Alpino Ourensán
R/Bedoya nº 4, local 9
32004 Ourense
988232628
[email protected]
www.clubalpinoourensan.es
HORARIO
Luns, mércores
19:00 a 21:00 horas
Venres
19.30 a 21.30 horas
Club Alpino Ourensán está na rede social facebook. Visita a páxina e faite
“admirador” para compartir textos e contidos multimedia co club e socios do
club. O medio mais rápido para informarte das novas en cuanto a actividades
e outros eventos do club se refire.
Descarga o CAIRN en
formato PDF entrando en
www.clubalpinoourensan.es
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Club Alpino Ourensán 40 Aniversario
40 anos co deporte no entorno natural
No mes de marzo o grupo de montaña acude a terras
leonesas a percorrer corredores no Macizo de Ubiña en
xeito invernal. Un pouco mais cerca, en o Barco, os
cativos do club inícianse na exploración das cavidades
soterradas cunha mestura de ansia e asombro nos seus
ollos ante o que se amosa diante deles.Raúl Iglesias
nestes días ven de gañar algunha das probas que o
levan a ser o gañador ranquín federado galego de
carreira pedestre de orientación 2011.
Club Alpino Ourensán nace en marzo de 1971 como
sociedade sen animo de lucro, dedicada a práctica e
divulgación dos deportes en el entorno natural:
Montaña, Escalada, Sendeirismo, Espeleoloxía,
BTT,Trail...
Na actualidade, corenta anos despois da súa fundación,
cambiaron as xentes pero non o espírito que delas se
transmitiu, duns socios a outros, lustro tras lustro. Espírito
sinxelo de explicar e materializar as veces, pero outras
complicado de levar a cabo pola propia natureza das
actividades ou polas dificultades que o entorno amosa de por
si. Aínda así sempre saíndo adiante grazas a unha masa
social disposta a botar unha man cando se precisa facendo
posible unha morea de actividades do mais variado estilo e
colorido.
A historia do club está chea de nomes propios (Fernando
Gonzalez Cabo, Francisco Saco Pato, Antonio Domínguez
Prats, Alfonso Pazos Bande, José Luis Rafael Heras, Antón
Gavela Gesto) pola súa dedicación a cabeza de ilustres
xuntas directivas do club o longo destes anos. Pero tamén a
historia do club garda, entre papeis ou na memoria colectiva,
moitos outros nomes de socios que por un ou outro motivo alí
quedaron gravados dando corpo a este colectivo chamado
Club Alpino Ourensán
Difícil é de amosar en catro liñas as vivencias de corenta
anos de aventuras por paraxes do mundo enteiro, xa foran
estas iniciativas do club ou dos socios,polo que quizás o
mellor será facer un sinxelo repaso do feito o longo do
presente ano 2011 para ter unha idea do que puido
acontecer nos 39 anos pasados.
A principios de ano impártese unha xornada de iniciación a
escalada nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos
Remedios e mentres a mil quilómetros cara occidente dous
socios do club, Ignacio Rafael e Rubén Estevez acadan o
cume da montaña mais alta de América, o Aconcagua de
6.960 metros de altitude.
No verán un grupo de 40 montañeiros do club parten
cara Suiza a conquista dos Alpes acadando varios
“catromiles”. Entre tanto avezado montañeiro viaxa un
rapaz de 12 anos, Yesuneh Lejarraga, que olla o cume
do Breithorn de 4.164 metros de altitud. Todo un logro.
En pleno mes de agosto, tempo de lecer, chegan novas
de que Manu e Ricardo Veiga xunto con Raimundo
Calvo, todos socios do club, de viaxe por terras do Perú
veñen de subir o Pico Alpamayo de 5.947 metros e que
se da en chamar a montaña mais fermosa do mundo.
Chegado o outono veñen os compromisos acordados
coas distintas federacións deportivas as que está adscrito
o Club Alpino Ourensán e si ben e certo que xa na
primavera o club organizou unha actividade
de
orientación para AGACO ( Asociación Galega de Clubs
de Orientación) é neste terceiro trimestre do ano cando o
calendario está mais apertado.
Apenas rematamos a 1ª edición da carreira e andaina por
montaña “Chandrexa Trail” (en colaboración con Red 1
Ourense Trail, Concello de Chandrexa de Queixa e
Federación Galega de Montañismo) organizamos coa
Federación Galega de Espeleoloxía o 44 Campamento
Galego o que estiveron invitados todos os espeleólogos
galegos.
Mentres redactamos estas liñas acabamos de rematar a
Edición nº 11 do Concurso Fotográfico Club Alpino
Ourensán, e de colocar unha exposición de ditos
traballos, enmarcada dentro do Outono Fotográfico. En
poucos días iniciamos a XIII Semana Audiovisual na que
socios e personaxes de recoñecida valía nacional e
internacional relatan as súas actividades. Por Ourense o
longo destes últimos anos teñen pasado figuras tales
coma Juanito Oiarzabal, Jesús Calleja, Carlos Soria,
Alberto Iñurrategui ou Edurne Pasaban.
E no futuro parece que seguiremos na mesma liña de
traballo, atendendo as inquedanzas dos nosos socios e
tentando de amosar a cidade de Ourense, amena e
sinxelamente, outro xeito de empregar o tempo de lecer.
FOTO: Foto de arquivo
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía 11
Club Alpino Ourensán contando coa colaboración da
Federeación Galega de Espeleoloxía organizou para
tódolos espeleólogos galegos a 44 Edición do
Campamento Galego de Espeleoloxía, unha nova
oportunidade de compartir experiencias afíns e que
neste caso tivo lugar na serra“Enciña da Lastra” en
Rubiá-Ourense.
O sábado 15 tivo lugar a apertura do campamento as
10:00 horas coa recepción de participantes e entrega de
documentación.
Os case trinta espeleólogos participantes dedicáronse
nos dous día de actividade a xeolocalización, tracking e
revisión instalación de cavidades na zona, tal era o
cometido desta xuntanza, que tras posterior traballo no
tratamento da documentación recollida quedará a
disposición dos espeleólogos en forma de catálogo de
cavidades.
Gran traballo de Javi, Bernar, Alberto e demais membros
do grupo de espeleo do club que mereceu o
recoñecemento do Presidente da Federación Galega de
Espeleoloxía, Paco Martínez, presente no evento.
Cartel
Participantes no refuxio da FGE en Covas.
Entre os actos do campamento destacou a entrega de
galardóns “IV Gala 25 anos como federado” por parte do
Presidente da FGE a dous socios do club: Ignacio Rafael
e Francisco Xavier Valencia.
En plena faena.
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
O pasado día 2 de outubro celebrouse a 1ª Chandrexa
Trail, carreira e andaina por montaña en terras de
Chandrexa de Queixa.
Red 1 Ourense Trail e Club Alpino Ourensán
organizaron a proba contando co patrocinio do Cocello
de Chandrexa de Queixa e en colaboración ca
Federación Galega de Montañismo, Protección Civil e
unhos trinta empresarios da comarca e Ourense.
Despois de varios meses de intenso traballo deseñando
o percorrido, limpando sendeiros e un montón mais
tarefas organizativas chegou o día sinalado onde preto
de 400 participantes, entre carreira e andaina, se
achegaron a Celeiros para disfrutar desta primeira
edición da Chandrexa Trail.
Momentos antes da saida
Cumpríronse as previsións meteorolóxicas e amenceu
un día soleado. As 09:00 dábase a saída da carreira e
unhos minutos despois a da andaina.
A CARREIRA
Saida da carreira
Perfil carreira
Percorrido sinalizado e supervisado por membros da
FGM o día anterior xa que a carreira formaba parte da
“Copa Galega de Carreiras por Montaña”.
De principio a fin a proba estivo dominada por Fernando
Arca que finalmente sería o gañador con un tempo de
2:37:28.
Os dous representantes do club remataron a carreira
nos postos seguintes:
28. FRANCISCO J. MARNOTES-3:30:39 Club Alpino Ourensan
66. LUCAS RODRÍGUEZ - 4:12:45 - Club Alpino Ourensan
Arca, gañador da proba, encabeza o grupo.
CLASIFICACIÓN
1.FERNANDO ARCA - 2:37:28 - Club Montaña Ribeira Sacra
2.ELPIDIO GOMEZ SOUSA - 2:38:1 - Ribeira Sacra
3. AVELINO MEJIDO - 2:38:41 - HELLY HANSEN AVIENTU
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
A ANDAINA
200 participantes, tivemos que pechar inscripcións antes de
rematar o prazo por cubrírense as prazas ofertadas,
percorreron os 20 quilómetros de trazado nun fermoso día
soleado aínda que un tanto caloroso. Segundo ían
chegando a meta amosaban o cansazo por un lado e plo
outro e a sorpresa grata pola beleza do percorrido e un
trazado un tanto distinto das andainas tipo.
O INORDE aportou as viandas de meta, ben recibidas para
recuperar folgos, e a xornada rematou ca entrega de
premios os gañadores feitas polos presidentes dos clubs
organizadores xunto co alcalde de Chandrexa de Queixa e
o Presidente da FGM.
A degustación dun barril de cervexa ata rematalo deu
marcou o final da xornada.
O vindeiro ano a Chandrexa Trail cambia de data e será o
día 6 de maio. ¡Vémonos!
Camiño do Aneto pola arista sur.
Quedan aquí algúns dos comentarios atopados na “rede”
sobre esta primeira edición da Chandrexa Trail.
“Enhorabuena a los organizadores ( todo perfecto ) por
descubrirnos estos sitios tan cercanos y tan desconocidos”
“ Mi enhorabuena a la organizacion,perfecta,a los corredores y
andarines por el buen trabajo hecho en un dia espectacular de
monte y paisaje”
“Creo que hoy fue un gran día para las carreas de Trail o
montaña ( como les querais llamar) de Galicia. Gracias por ello”
“El año que viene espero poder estar en la salida y volverla a
disfrutar,muy recomendable, de las mejores en las que participe”
Entrega de premios
Avituallamiento de requeixo para carreira e andaina
Tramo final da andaina
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
ACTIVATE Unha mostra das actividades realizadas no trimestre pasado.
Alpes 2011
No mes de xullo unhos 40 socios do club partiron cara
Suiza para realizar actividades de montaña e
sendeirismo baixo a atenta mirada do pico Cervino.
Ainda que o tempo non acompañou foron varios os
picos de 4.000 metros ascendidos, un par de ferratas
de gran beleza estética e algunha que outra ruta
sendeirista. Con sulta as fotos da acticvidade no
album de www.clubalpinoourensan.es
Magosot 2011
Falamos da festa do magosto social do club que
dende hai mais de 25 anos celébrase no refuxio do
club en Manzaneda ano tras ano e cada un deles dun
xeito diferente. Nesta ocasión foise directo o refuxio
xa que a chuvia e o frío non invitaban a patear na
procura de castañas. Asáronse chourizos e castañas
(compradas en Castro Caldelas) na lareira do refuxio
e pola tarde, cando o tempo deu unha tregua, parte
da case trintena de participantes fixeron un percorrido
por sendeiros preto do refuxio. Outro grupo, con
menos ganas de pasar frío, dedicaron a tarde a
tradicional “tertulia” o carón do lume.
Vila Pouca de Aguiar
No mes de setembro, organizado por Rui Adelino, o
club desprazouse a terras portuguesas para inaugurar
a escola de escalada sita nos límites de Cidadelha de
Aguiar preto de Vilapouca de Aguiar. Rui Adelino e
Carlos Filipe, artífices da escola de escalada,
exerceron de anfitrións montando unha gran
actividade de fin de semana con escalada,
sendeirismo, btt e por suposto unha cena con
degustación da gastronomía local.
Consulta as últimas novidades desta actividade en www.clubalpinoourensan.es ou en faceboock
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
ESCALADA
No mes de outubro retomamos a actividade no rocódromo, xa dentro da temporada 2011/12, e co
horario que segue a continuación da cordo co ofertado pola xerencia do Pavillón dos Remedios.
As instalación do rocódromo abrirán os mércores de
21:00 a 22:30 horas.Mar Pallás xestionara a
apertura e uso do rocódromo xunto co material alí
empregado, sendo de obrigado cumprimento o que
ela dispoña durante o uso do mesmo.
Os venres de 18:00 ata 20:00 horas para actividade
cos cativos.
Os escaladores que dispoñan de material propio
poderán facer uso da instalación dentro dos
horarios que se axuntan no recuadro.
Para calquera consulta chamar o club en horario de
oficina ou pasade polo local social.
HORARIO
MÉRCORES
De 21:00 a 22:30 con encargado do club e
material propio da instalación.
LUNS, MARTES E XOVES
De 17:00 ata 19:00 para aqueles
interesados que teñan material propio de
escalada.
VENRES
De 18:00 ata 20:00 horas para actividade
cos cativos.
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Refuxios de montaña da FGM
Unha das mellores vantaxes de estar federado en Galicia é a utilización dos refuxios a un prezo moi
económico.
A Federación lembra a tódolos federados e clubes que os refuxios teñen normas de reserva e regras de uso
interno.
Respecto das normas de reserva, os refuxios deberán ser solicitados telefonicamente á Federación antes
do venres, e terán prioridade os usuarios federados sobre os acompañantes non federados.
Deberase confirmar a dispoñibilidade de prazas antes de acudir ó refuxio.
Os gardas teñen a obriga de NON abrir o refuxio a ningún federado que non teña reservada a praza
mediante chamada á Federación en tempo e forma. Reserva: 986 208 758
Os Refuxios
MACIZO DE TREVINCA - FONTE DA COVA (Altitude: 1.800 m)
Prazas: 50
Servizos: Conta con luz, auga quente e tarima para durmir (non son liteiras).
Situación: Casaio (Carballeda de Valdeorras)
Prezo: - Federados: 2'50€ - Non federados (acompañados por federados): 6€
MACIZO DE TREVINCA - PONTE "Roxelio Pereira Muíños"( Altitude: 1.100 m)
Prazas: 30
Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica,
calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.
Situación: A Ponte - Concello da Veiga (Ourense)
Servizo de garda: Dª. Begoña Lozano
Prezo: - Federados: 2'50€ - Non federados (acompañados por federados): 8€
SERRA DO COUREL - A SEARA (Altitude: 1.000 m)
Prazas: 50
Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica,
calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.
Situación: A Seara - Concello de Quiroga (Lugo)
Prezo: - Federados: 2'50€ - Non federados (acompañados por federados): 8€
SERRA DO XURÉS - ALBITE (Muíños)( Altitude: 910 m)
Prazas: 50
Servizos: Literas. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica,
calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.
Situación: Albite - Concello de Muíños (Ourense)
Prezo: - Federados: 2'50€ - Non federados (acompañados por federados): 8€
MACIZO DE UBIÑA - Peña Ubiña - Torrebarrio (San Emiliano - León) Altitude: 1280 m
Prazas: 30
Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica,
calefacción, lugar para cociñar e cheminea.
Situación: Torrebarrio - San Emiliano (León)
Prezo: - Federados: 2'50€ - Non federados (acompañados por federados): 8€
Información tomada de www.fgmontanismo.com
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
NovembroAlpino11NovembroAlpino11Novemb
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
NovembroAlpino11NovembroAlpino11Novemb
Cena Anual 2011
Club Alpino Ourensán
O día 25 de novembro as 22:00 horas celebraremos
a cena anual do club correspondente o ano 2011.
Como podedes ver seguimos na mesma liña
marcada nas pasadas edicións: A cena anual será
no Restaurante “Museum” e teremos a entrega de
premios os gañadores do concurso de fotografía,
sorteo de material entre os asistentes…e alguna
que outra sorpresa conmemorativa do 40
Aniversario do club.
MENÚ
1º Plato
Tabla de Embutidos
Revuelto de Setas, Gambas y Gulas
Piquillos Rellenos de Atún
2º plato (a elegir)
Bacalao Museum
Entrecot Celta Relleno con Queso de Arzúa y
Jamón Serrano
Postre
Tiramisú
Tarata Helada
Blanco Ribeiro, Tinto Mencía
Agua Mineral, Café y Chupitos
Precio por persona 25 €
RESTAURANTE
Museum
TORTILLERÍA – CERVECERÍA
R/ Juan XXIII, 29-Sótano-Ourense
Si estás pensando en asistir a Cena Anual 2011
lembra que debes apuntarte no local social do club
antes do día 25, facer efectivo o importe da cena,
25 €, e recoller a entrada numerada para o sorteo.
Lembra tamén que no momento de apuntarte debes
escoller o segundo prato de entre os dous
ofertados.
COLABORAN
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Lucas Rodríguez gañador da edición
nº 11 do Concurso Fotográfico Club
Alpino Ourensán
Resolta xa a edicón nº 11 do Concurso
Fotográfico
Club
Alpino
Ourensán
comunicamos de seguido a lista de
participantes e resultado do mesmo.
PARTICIPANTES
Pedro Díaz, Ricardo veiga, Felix Angel Parada,
Pedro Seoane, Myrian Martínez, Lucas
Rodríguez, Angel Barrio, Marga Blanco,
Joaquín Dobarrio, Manuel Veiga, Baldomero
Conde, Elías Rodríguez, Victor Barro, Tino
Taín, Ernesto Fernández.
RESULTADO:
1º Premio
Lucas Rodríguez por "Los lunes al sol"
2º Premio
Pedro Díaz por "Naufragio 9+"
1º Premio – Lucas Rodríguez
Accesit
Victor Barro
3º Premio
2º Premio – Pedro Díaz
A decidir en votación popular no
transcurso da Cena Anual 2011.
Colocaremos un panel onde se amosaran
as fotos numeradas e facilitarase unha
tarxeta para efectuar o voto. No transcuros
da cena faremos o reconto dos votos e
entregaremos o premio a quen corresponda
xunto cos outros premios do concurso xa
decididos.
Accesit – Victor Barro
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
O Cine Club Padre Feijoo proxecta o
vindeiro mércores 30 de novembro a
película de montaña "Tocando el vacio"
como acto homenaxe ao 40 Aniversario
Club Alpino Ourensán.
Mércores, 30 de novembro de 2011.
Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.
Proxección especial do cineclube, en
homenaxe ao Clube Alpino polo seu
corenta aniversario.
Reino Unido, 2003. Cor, 106 min. Director: Kevin
Macdonald. Producción: FilmFour / UK Film Council
/ Channel 4 / PBS . Guión: Joe Simpson (Novela:
Joe Simpson). Música: Alex Heffes. Fotografía:Mike
Eley . Dolby, VO Inglés, con subtítulos en castelán.
Documental, baseado en feitos reais.
Documenta a historia de dous montañeiros; Joe
Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985,
a montaña do espectacular Siula Grande, un pico
peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un
deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo
a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan
fáciles
Descarga o CAIRN en formato PDF entrando en
www.clubalpinoourensan.es
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
ROCÓDROMO
Todos os venres de 18:00 a 20:00 horas. Apuntarse no local social do club e confirmar asistencia
mediante email, facebook ou sms.
JINCANA NADAL 2011 (En preparación)
Actividade lúdica nas instalacións do rocódromo con algunha que outra sorpresa. Data pendente de
confirmación.
ORIENTACIÓN
Sábado 3-12-2011
Si o tempo acompaña percorreremos sendeiros por terras de Esgos empregando compas e mapa para
que os mais pequenos se inicien na orientación. Tamén faremos uso do GPS coa finalidade de que se
familiaricen coas novas tecnoloxías.
Partindo do pobo de Esgos terán que chegar seguindo sendeiros ata un punto seguindo as indicacións do
mapa e GPS. O longo do percorrido agacharemos algunha sorpresa para que as vaian descubrindo
segundo vaian avanzando.
TARXETA FEDME
Para participar nas actividades infantís é preciso que os pequenos estean federados. Tamén e necesario
que algún dos titores legais do neno acuda as actividades e participe das mesmas. Infórmate no local
social do club.
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Raúl Iglesias Náñéz,Club Alpino Ourensán,
gañador ranquín federado galego de carreira
pedestre de orientación 2011 (categoria H14)
Club Alpino Ourensán
Á espera da proclamación oficial e á pesar de que faltan
de
desputar
dúas
carreiras
da
tempada,
matemáticamente este rapaz do noso clube, é xa o
gañador oficioso do ranquín federado. Este ano
puntuaban os 8 mellores resultados das 12 carreiras que
hai no calendario galego. Dicer que polo momento leva
gañado 6 carreiras das dez desputadas (faltou a 2). O
pasado sábado en Lugo, dominou a súa carreira
superando ao segundo en máis de 25 minutos. O seu
inmediato seguidor no ranquín quedou de 6º.
Este é o colofón a unha destacada primeira tempada
como federado de Raúl, na que foi ademáis gañador dos
campionatos galegos de longa e media distancia,
ademáis de 15º na proba media do Campionato Escolar
de España celebrado na primavera en Estremadura.
Raul preparado para sair
Calendario de carreiras por montaña no
vindeiro 1º semestre de 2012
11/12/2011
Trail Río da Fraga (Moaña). (GMTA)
11/02/2012
Trail nocturno (sede a designar). (GMTA)
04/03/2012
I Trail Vive_Bembrive (Vigo)
11/03/2012
Kilómetro vertical (Courel). (GMTA)
01/04/2011
II Costa Trail de Oleiros
15/04/2012
Trail Serra do Galiñeiro (Gondomar). (GMTA)
22/04/2012
III Volta ao Xalo (Culleredo-Coruña)
06/05/2012
Chandrexa Trail (Chandrexa-OU)
20/05/2012
San Mamede (Ourense)
26-27/05/2012
Ultratrail y trail (Courel). (GMTA)
10/06/2012
Subida a Rocas-O Eirado (Esgos).
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
CICLOTURISMO DE ALFORJAS
VELO POR
LA NORMANDÍA
Verano 2011
20 de julio, amanecemos en París, hemos dormido entre los
sueños que la visita al musée d’Orsay nos propone, día
fresco -están montando las gradas para los triunfadores del
Tour- cruzamos por los Campos Elíseos el arco del Triunfo,
el arco de la Défense y salimos al encuentro de Monet en
Giverny; nuestras bicis van relucientes, las alforjas
equipadas con los pack propios de la maestra del
minimalismo : Mar; recordamos a los amigos y amigas de
otros viajes , los vamos personificando en cada una de las
personas, cicloturistas y viandantes que nuestra mirada
recoge en el camino –vemos a Chema de jubilado-, a los
bombis en las proliferantes tomas de agua –por cierto
escasean las fuentes-, lo justificamos con el hecho de que
“los franceses se bañan poco”, y lo compensamos con la
atención exquisita a los baños públicos -Lo público en
Francia es soberano, está por encima y a mucha distancia de
lo privado- y este hecho en Ellos ya es natural.
Nos vamos despidiendo de un París que recrea todos los
días un escenario de convivencia que nos resulta envidiable:
las bicis que se entremezclan entre los coches y estos entre
las bicis, las motos que hacen el paso de peatones, las
aceras tomadas por la frutería, las boulangerie que rezuman
bondad de harina, las boucheries embutidas en pates fromages, las crépperies que tornan en chocolate el asfalto
tomando con sus terrazas el aparcamiento de los contados
coches, las edificaciones una y otra vez repintadas y nunca
derribadas, un París que siempre se reinventa con los
mismos ingredientes, mercados de diferentes mundos y de
su mundo único. Un París que se dice moda y donde el
consumo es el reciclaje, y ello fue y es algo natural en lo
parisino.
La brisa que generamos con el pedaleo nos ayuda a ir
pasando página a la benevolencia de la percepción –todo es
bonito- y retomamos el índice de nuestro viaje: 1ª parte , el
Impresionismo fe. Estamos en Giverny, el pueblo es Monet,
su casa y jardín nos inundan de ruptura y nos transportan
a los colores de las luces; el jardín de los nenúfares nos
sitúa en las antípodas del jardín de Versalles; la fachada
de la catedral de Rouen nos permite ver la luz sin
necesidad de la fe.
Los acantilados de Êtretat espejo de las luces que el mar y
el viento esparcen, deleite del paisanaje impresionista
nos devuelven a las vías de escalada, los rápeles, los
romos, cazos, puentes y fisuras que la caliza tan
cálidamente nos ofrece en las paredes de Picos de
Europa,
la salitre que nos salpica en Baroña y
recordamos a los amigos/as de escalada pincelando cada
fisura ,-La cámara de fotos desborda sus píxeles- y
nuestras “Velos” se mueven en esta topografía de ajedrez
que es Francia - campos de trigo y maíz, lindes de forets
de carballo en sombras y luces de colador-, horizontes de
arcoíris, mares esmeraldas y lloviznas que nos empapan
de aroma a tierra, con todo ello y sintiéndonos caballeros
y doncellas pedaleamos hacia las playas de la “Otra
Normandía” , la de Bayeux –Caen-, la de los Aliados, la del
“Desembarco”, la del día “D”, pedaleamos en paralelo a
esas arenas un día teñidas, a esos bunkers –molinos del
quijote-.
Son kilómetros y kilómetros de finas arenas
inimaginablemente dañinas para la piel de hombre, y ya
olas ajenas a la historia renuevan la vida; aunque las
gentes retornan sus miradas hacia lo que para nosotros
es barbarie, y para ellos el honor y el valor. Esta
Normandía representa la entrada de la libertad…;
museos, paneles publicitarios, restos fosilizados de
artilugios bélicos oxidan la tierra, las gentes con sus
símbolos trajinan de uno a otro estandarte de vitoria - el
diafragma de la cámara de fotos se cierra ante la
oscuridad con la que la historia ensombreció estas
arenas-; días después, tomo conciencia de las pocas fotos
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
que hice en la zona. Pedaleo distante y ajeno a todo ésto,
siento vacío y cierta indiferencia, una sensación de
extrañeza e incomodidad pedalea conmigo. Tras dos
deliciosas jornadas de descanso y sabores salados, tras dos
jornadas de burgués … me siento próximo a los Châteaux, a
los viajes en carruaje por la campiña francesa y al
champang, el exceso de chocolate –de cacao- afrodisíaco
por otro lado y tan requerido por la nobleza francesa y que
a mí tanto me gusta por los beneficios que me reporta,
vaporiza mis ansias revolucionarias a lomos de mi “Veló” y
al paso de un châteaux y cuando tengo que cruzar casi a
nado un pequeño regato –lo que me obliga a bajarme de
mi “Velo”- me pregunto: y si yo tuviera un châteaux y
campos y campos, y gentes y gentes a mi servicio… qué
pensaría de esos revolucionarios de la “Igualité, liberté,
fraternité”, pues -Pachi- si Yo que pienso poco y hago
menos me cuestiono ésto, qué no habrán pensado y hecho
los herederos del saqueo.
Y con estos ingredientes, una cuesta que más parece una
torreta y la falta de oxigeno que esto conlleva para mi
cerebro, pedaleo y pedaleo; la torreta –tachuela para
Nacho- y quizás el poco alpiste que comí desorganizan la
coherencia de la cronología de percepciones, sensaciones y
saberes; comienzan a entremezclarse las vías ferratas de
Pirineos, la liberación de París, el “desembarco de
Normandía”, el nazismo, la dictadura, la república estamos ante el pensar anárquico –, y ya acariciado por el
descenso que la orografía regala, recupero mi palabra y
describo a los refugiados de la República que fueron
abandonados en las playas del sur de Francia por “la
Francia de Vichy” , pongo palabra a los blindados “Teruel”,
“Guadalajara”, “Ebro” que conducidos por brigadistas de la
República e integrados en la 9º columna –“la española” de
la II división blindada de Leclerc , liberaron París
Nº 60
del nazismo, y escucho el sentir de los Republicanos
españoles en la espera de una “ayuda” que nunca llegó –
el “desembarco” se quedó en Pirineos-, escucho las
esperanzas ante la liberación de París y escucho el pensar
“los siguientes nosotros”. Sigo pedaleando y la
incomodidad del sillín o las cuestas o no se qué me
colocan en buscar acomodo a todo: ¿ por qué no nos
liberaron de una dictadura?, de un dictador; calló Hitler,
calló Musolini, Franco fue paradójicamente aplaudido
“Bienvenido mister Marshall”.
Siempre escuché a los Republicanos finalizar su historia
con “esperábamos que vinieran a ayudarnos”; y me voy
preguntando por qué Europa permitió que Hitler
bombardeara Guernica –el 1º “Hirosima”- y pedaleando
sitúo a Hitler en ese personaje –político inicialmente- al
servicio de un interés: La Propiedad. Barones, Nobles,
Aristócratas que se sintieron amenazados por: “La tierra
para el que la trabaje” –ideal libertario del anarquismo en
España-.
Stéphane Hessel en su libro –etiquetado hoy de
actualidad- “!indignaos!” escribe: “Cuando intento
comprender qué causó el fascismo, qué provocó que
fuéramos invadidos por él y por Vichy, me digo que los
propietarios, con sus egoísmos, tuvieron un miedo
terrible a una revolución bolchevique. Se dejaron guiar
por sus temores”.
Lo Aliados con su desembarco en Normandía sólo se
ocuparon de frenar la barbarie del fascismo nazi , -la
barbarie de un títere que les enredó las cuerdas del
escenario-; los escribientes de la historia dejaron muy
claro la jerga fascismo y dictadura.
Liberar España habría sido reconocer a los “Rojos”,
bolcheviques para Stephane Hessel, habría significado
reconocer “la tierra para el que la trabaje”.
Por eso mi paso por la arenas de las playas del
desembarco de Normandía arañaron mis sensaciones,
por eso los châteaux me hacen pensar. Hoy comprendo
esa distancia a la que me siento de “Normandía”, y ya
acomodado en el sillín, me dejo llegar al collado y
descender trazando las curvas de la vida un poco en línea
recta.
DESDE EL BALCÓN DE JADE
pedro díaz
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Como asociarse:
¡Asóciate!
Cuotas: Socios familiares: 13 euros/trimestre
Socios de 18 o más años: 10 euros/trimestre
Socios menores de 18 años: 8 euros/trimestre
Cuota de alta: 10 euros
Personalmente:
Cumplimentando la solicitud y entregandola en la secretaría del club.
Por correo: Galerías Bedoya, c/ Bedoya 4, local 9. 32004 Ourense
Por email: [email protected]
Club Alpino Ourensán
Bedoya 4, local 9
32004 - OURENSE
Solicitud de inscripción
SOCIOS INDIVIDUALES:
Nombre ____________________ Apellidos: ____________________________________
Dirección: __________________________________________ C.P.: ________
Localidad: __________________________________________ Provincia: _____________
Fecha de nacimiento: ____/____/____
D.N.I.: ___________________ Teléfono: ________________
SOCIOS FAMILIARES:
Cónyuge:
Nombre y apellidos: _______________________________________________________
Fecha de nacimiento: ____/____/____ D.N.I.: ________________
Hijos:
Nombre y apellidos: ________________________________________________________
Fecha de nacimiento: ____/____/____ D.N.I.: ________________
Nombre y apellidos: ________________________________________________________
Fecha de nacimiento: ____/____/____ D.N.I.: ________________
ORDEN DE PAGO:
Banco o Caja: _______________________________________________________
Sucursal: __________________________________________________________
Titular: ____________________________________________________________
Nº de cuenta: ________ ________ ____ ____________________
Sr. Director:
Le ruego que hasta nuevo aviso se sirva aceptar con cargo a mi cuenta todos los recibos presentados
por la entidad deportiva Club Alpino Manzaneda - Club Alpino Ourensán.
Atte.: (FIRMA)
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Fálase…dise
Curso de Esquí de Montaña en
Pirineos
Fecha9 – 13 de ene de 2012
Curso de Montañismo Invernal
Fecha21 – 22 de ene de 2012
Curso de Escalada en Xeo
Fecha28 – 29 de ene de 2012
LugarTrevinca
Percorrido de Esquí de Montaña
Fecha4 – 5 de feb de 2012
Curso de Esquí de Montaña Iniciación
Fecha4 – 5 de feb de 2012
Curso de Esquí de Montaña - Fóra de
pistas
Fecha11 – 12 de feb de 2012
Curso de Montañismo Invernal
Fecha11 – 12 de feb de 2012
Curso de Alpinismo Elemental
Fecha 25,26 de - feb 3,4 de mar de
2012.
LugarPeña Ubiña
Curso de Autorrescate e Escalada en
Rocha
Fecha10 – 11 de mar de 2012
Curso de Alpinismo en Corredores
Fecha24 – 25 de mar de 2012
Actividade de Tecnificación - Alta ruta
con esquís Chamonix-Zermatt
Fecha30 de mar – 8 de abr de 2012
Actividades 2012
Federación Galega de
Montañismo
Tarxetas federativas 2012
Pouco a pouco aproximámonos a un novo ano e chega o momento de renovar a tarxeta
federativa. En decembro, sempre e cando a Federación Galega de Montañismo e a
Federación Galega de Espeleoloxía faciliten a documentación precisa, tramitaremos un
lote de tarxetas para todos aqueles interesados en estar federados a principios de ano.
¡Apúntate na secretaría do club!. Actualizaremos na páxina web
www.clubalpinoourensan.es esta información cando recibamos novas das citadas
federacións.
Refuxio “Pena do Caldeiro” en Manzaneda
Si como socio do club estás interesado en disfrutar destas instalacións, podes ir
acompañado de non socios, pásate polo local social e infórmate das condicións de uso,
recollida da chave e solicitude do mesmo.
.
Situación: Pena do Caldeiro (Cabeza de Manzaneda), na Estación de Montaña, a 1.400
metros de altitude
Instalacións: Guarda esquís-equipos, liñeira, aseos, cociña, auga quente, literas y un
amplo salón con chimenea
BOLETIN INFORMATIVO CLUB ALPINO OURENSÁN – CAM
Nº 60
Calendario de Actividades 4º Trimestre 2010
Outubro
OUTUBRO
15,16 de outubro
ESPELEOLOXÍA - XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía
22 de outubro
SENDEIRISMO - O Xurés
29,30 de outubro
ESCALADA - Lugar por concretar
29 de outubro
ACTIVIDAD INFANTIL – Esgos - Ourense
L
M
M
J
V
S
1
D
2
3
4
5
6
7
8
9
NOVEMBRO
Novembro
5,6 de novembro
MAGOSTO SOCIAL
SENDEIRISMO, ESCALADA (Aguilladas), ACTIVIDAD INFANTIL
Do 21 ó 25 de novembro
XII Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán
25 de novembro
CENA ANUAL 2011
L
M
1
M
2
J
3
7
8
9
10 11 12 13
DECEMBRO
3 de decembro
INFANTILES – Orientación por Esgos
8-11 de decembro
SENDEIRISMO – La Cueta – León
17-18 de decembro
MONTAÑA- Circular Ubiña
21 de decembro
ROCÓDROMO - Xinca Nadal 2011
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
V
4
S
5
D
6
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30
Decembro
L
M
M
J
1
V
2
S
3
D
4
5
6
7
8
9
10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Non esquezas que é imprescindible estar federado para participar no
programa de actividades da nosa entidade ou nos cursos da
Federación Galega de Montañismo. Consulta no club calquera dúbida
que teñas ou na páxina da FGM en internet www.fgmontanismo.com
As datas e lugares das actividades non son definitivos e están suxeitos a modificacións
Descargar