Manuel Antonio. Vangardas

Anuncio
• De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo:
Dentro do contexto literario do primeiro tercio do século XX en Galicia, cabe sinalar o atraso que hai na nosa
literatura debido ós séculos escuros, e o nacemento de novos movementos estéticos chamados −ismos, co
obxectivo de destruír a percepción tradicional da realidade, alterando imaxes, linguaxe... buscando así novas
formas de expresión.
Isto coincide tamén a nivel histórico co lento avance que sofre Galicia cara á modernidade.
Debemos sinalar tamén o movemento vangardista en Galicia. ¿Podúcese unha verdadeira vagarda? Debemos
atender ás características da nosa literatura:
• Carácter periférico
• Literatura comprometida co pobo
• Anormal traxectoria literaria (Séculos escuros): no Rexurdimento renace a literatura sen coñece−la
tradición medieval.
Non hai unha verdadeira vangarda, porque implicaba unha ruptura coa tradición, e en Galicia romper coa
tradición supuña unha ruptura con galeguismo; hai sen embargo unha vangarda enxebre, que conxuga o
respeto á tradición coas liberdades creativas que espallaban futuristas, cubistas...
• Manuel Antonio e as vangardas na literatura galega:
Na nosa literatura só houbo actividade vangardista, pero non movementos consolidados,xa que iso implicaba
unha ruptura co galeguismo:
• Vangarda matizada: corresponde á liña impresionista. Non implican verdadeira ruptura.
• Vangarda pura ou plena:
• Liña simbolizante: transmite un significado de orde espiritual empregando elementos tirados da realidade
concreta: o barco representa o eu lírico, aparece como vehículo da existencia (Manuel Antonio).
• Liña de esteticismo: baseada na reflexión do signo poético.
• Liña de vangarda pura: son aqueles textos que acomodaron dun xeito ortodoxo as fórmulas do creacionismo
e do ultraísmo na nosa lingua.
• Neotrobadorismo: prodúcese unha renovación da lírica medieval cantigas de amigo.
Imaxes novidosas.
• Ton e estructura en De catro a catro:
Ó partir o ton é de ilusión e de esperanza, nas recaladas nótase monotonía, desorientación, soidade.
No transcurso da obra o ton do eu lírico e de desilusión, saudade.
Na primeira lectura superficial, temos unha viaxe física polo mar. Na segunda lectura, máis profunda, temos
unha viaxe interior polo pensamento e a psicoloxía dunha voz lírica que escoitamos nos 19 poemas. É unha
viaxe circular porque regresa ó punto de onde partiu. Ten unha estructura mítica: afastamento da súa terra,
aventuras, o regreso (poema 19).
1
• A vangarda galega:
Ver os puntos: De catro a catro no panorama da poesía do seu tempo, e Manuel Antonio e as vangardas na
literatura galega.
• Importancia de De catro a catro para a literatura galega:
Trátase dunha poesía vangardista e individualista con trazos persoais (compromiso ideolóxico, rexeitamento
do eu creador coma deus, natureza non inventada e sentimentalidade nalgúns poemas).
Ten pegadas creacionistas (xustaposición de imaxes baseadas en relacións arbitrarias, pero que teñen unha
lóxica interna e razoada), pegadas futuristas (linguaxes técnicas, destrucción da sintaxe...), pegadas cubistas
(espacio e tempo).
Rompe coa poesía tradicional reutilizando as novidades vangardistas, non copiando as mesmas).
• Influencia dos cambios políticos e sociais do primeiro tercio do século XX na literatura:
Dentro do contexto histórico, as dúas primeiras décadas do século XX están marcadas por un espírito
revolucionario debido á I Guerra Mundial, á Revolución de Outubro en 1917 en Rusia, ós movementos
fascistas de Italia e Alemaña, ó levantamento de Irlanda contra o dominio británico...
Prodúcese tamén a nivel literario unha revolución poética: as vangardas, caracterizadas pola liberdade
expresiva, rompe coa a tradición...
Nesta época Galicia atravesa un lento avance cara á modernidade, hai moita emigración, movementos
agraristas... que inflúen nas Irmandades, no Grupo Nós e nas vangardas.
En Galicia non houbo unha verdadeira vagarda debido a que romper coa tradición significaría romper co
galeguismo, ademáis, a nosa literatura non seguíu unha traxectoria normal, por causa dos Séculos escuros.
• Aspectos vangardistas dos poemas de De catro a catro:
• Presenta ausencia de puntuación (soamente existe un punto ó remate do poema para sinala−lo final).
Exemplos...
• Maiúsculas para marca−lo comezo de cada grupo de versos. Exemplos...
• Ausencia de rima (versolibrismo). Exemplos...
• Non hai estrofa, hai unha falsa división estrófica: grupos de versos distintos marcando cada un unha
característica (isto pode modificarse dependendo do poema). Exemplos...
• Diferente disposición dos versos nas súas marxes: para marcar unha ruptura a nivel gramatical e
semántico. Exemplos...
• Linguaxe:
• Imaxes.
• Personificacións.
• Linguaxe técnica da navegación.
A súa función é romper coa tradición poética
anterior. Exemplos...
• Espacios en branco. Simbolizan un anagrama da estrela, o barco... Exemplos...
2
• Apectos temáticos:
• Tratamento novidoso da paisaje mariña.
• Obxectividade, afastemento do contido chegando a un plano subxectivo.
Tanto cos aspectos formais como cos aspectos
temáticos inténtase unha ruptura coa tradición
poética.
• Comenta a función estilística do léxico técnico de De catro a catro:
A función estilística do léxico técnico en De catro a catro é romper coa tradición poética anterior, facer unha
renovación da linguaxe poética gracias ós −ismos vangardistas (creacionismo, futurismo e cubismo).
• Analiza os principais aspectos da poética de Manuel Antonio:
A poética de Manuel Antonio caracterízase polas pegadas vangardistas do creacionismo principalmente (na
renovación da linguaxe, na obxectividade e no humor), polos trazos persoais (compromiso coa lingua,
sentimentalidade nalgúns poemas, natureza non inventada e en canto a que o poeta non actúa como un
pequeño deus).
A conclusión atopámola en Máis Alá e en Prólogo dun libro que ninguén escribíu).
• Estructura mítica de De catro a catro:
• Afastamento do mundo coñecido: o poema quere convidar á viaxe, quere facer extensiva a experiencia
individual que vivirá o eu lírico, empregando a primeira persoa do plural.
• Aventura: travesía convencional negada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas
recaladas ou naqueles poemas nos que aparece sensación de movemento.
• Regreso: para pechar a travesía abonda soamente o poema Adeus.
Estructura aparentemente artellada coma unha viaxe, pero é unha viaxe interior debido á negación constante
do movemento.
Viaxe e estatismo son dous conceptos antitéticos e excluíntes, por iso podemos afirmar que se trata dunha
viaxe oximórica (viaxe sen apenas movemento).
− Análise dos adxectivos de De catro a catro:
• Reforzan a influencia creacionista do poema polas personificacións de elementos (exemplos) e polas
imaxes que asocian elementos dispares (ex: noivas inéditas... sonrisa ubicua...)
• Non hai adecuación de significado entre o adxectivo e o substantivo (exemplos).
• Ruptura coa adxectivación tradicional: adexectivos cultos, modernos e cosmopolitas.
• Distribución: substantivo+ adxectivo... (exemplos)
• Función: fuxir dunha lectura sentimental e do subxectivismo romántico. Pretenden dar unha visión
obxectiva desa vivencia, desa monotonía.
• Poden dar idea dunha concepción do tempo diferente: descoñecido/novo/inédito... pero ó ir acompañado
dos indefinidos mesmos... conservan a idea de monotonía (poema Recalada).
3
Descargar