Lona Sevilla Paz

Anuncio
Di?a medio ambiente gallego 2009:Lona Sevilla Paz
28/7/09
11:59
Página 1
dálle o teu voto
á Terra
5 de xuño:
Día mundial do medio ambiente
Di?a medio ambiente gallego 2009:Lona Sevilla Paz
28/7/09
11:59
Página 2
dálle o teu voto á Terra
Propoñemos traballar a través dun conto que nos axude a espertar o respecto e a valoración dos
ríos e das persoas, animais e plantas que atopa ao seu paso. Descubrimos as diferentes formas
de vida e como con todas elas podemos establecer relacións de coidado. Resaltamos a interdependencia entre unhas e outras e a maneira en que podemos realizar accións e compromisos que
nos axuden a estar mellor todos e todas. Todo isto en clave de amizade, como uns amigos que se
aprecian e que coidan uns dos outros.
Infantil
Algunhas persoas báñanse nel, outras úsano para viaxar nas súas barquiñas… Aos nenos e ás nenas encántalles xogar con el e nadar de banda a banda.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
RECURSOS
OBXECTIVOS
• Mensaxes:
Pero hai quen di que o río tamén fala e conta cousas incribles de tanto como viviu…
• Descubrir a importancia do diálogo e da participación entre nacións para solucionar os retos ambientais.
• Resaltar a interdependencia duns e doutros para a mellora do ambiente.
1) 1. Cada refugallo vai no seu lugar: 2. nós tamén podemos axudar o ambiente 3. utilizando produtos que
sexan reciclables e 4. depositando cada material 5. onde corresponde.
Ás veces é el quen chora e pide axuda porque, anque é moi forte e grande, necesita ser coidado.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
2) 1. Eu coido e 2. aforro auga, 3. así todas as persoas do mundo 4. podemos dispoñer 5. e gozar dela.
O río non só coñece moita xente senón que no seu percorrido atopa animais de todo tipo. En cada lugar hai
especies diferentes e dentro del nacen animais acuáticos. Tamén deles é moi amigo.
Divídese a clase en cinco grupos que representen cada un aleatoriamente un continente e entrégaselle unha
tarxeta a cada membro do grupo. As tarxetas levarán escrita unha parte das mensaxes propostas no apartado
de recursos coa numeración correspondente para facilitar a dinámica.
3) 1. Eu podo reducir o volume 2. de produtos que consumo. 3. Comprométome a reducir 4. a utilización de
produtos 5. de usar e tirar.
As vilas celebran as grandes festas na beira, porque se fixeron moi amigos seus e sempre queren invitalo.
Hai persoas que tamén se achegan a el para chorar cando senten mágoa; o río é especialista en escoitar a
xente e por iso sabe tanto.
Necesitaremos un bo anaco de papel continuo no que haberá que debuxar un río que vaia de lado a lado.
Créase un clima tranquilo, con música relaxante e facendo especial fincapé nas sensacións e percepcións
que produce a auga e o transcorrer dos ríos.
En primeiro lugar, presentamos o río debuxado no papel continuo, explicámoslles que vén contarnos un conto
e mais pedirnos algo. Tamén se poden amosar fotografías dalgún río real para axudar a poñer en situación.
A continuación cóntaselles o conto “A amizade do río” e, ao rematar, pídeselles que cerren os ollos e dicímoslles: “Imaxina que estás na beira do río…, estache a falar e parece que che pide algo, que che di o río?”.
Secundaria
Propoñemos traballar con frases que promoven o respecto e o coidado do ambiente e que incitan a asumir compromisos persoais. A dinámica comprende tamén unhas preguntas de reflexión
que pretenden facer visible a interdependencia e a responsabilidade compartida entre países para
lograr preservar e protexer o medio.
OBXECTIVOS
• Espertar sentimentos de respecto, valoración e empatía cara á natureza.
• Descubrir a diversidade de persoas e elementos naturais como aspectos enriquecedores.
dálle o teu voto á Terra
Ademais, atopa plantas e paisaxes moi variadas: dentro del e ao seu paso, vai nacendo vida. Algunhas árbores nacen inclinadas sobre el, porque lles encanta saudalo, e hai plantas que están agochadas no máis profundo do seu leito, onde máis seguras se senten.
Unha vez que estean formadas todas as frases, propóñense unha serie de preguntas para debater co grupo:
Ata as pedras cambian coa amizade do río! Si, si, ata unha pedra pode cambiar, aínda que non o creades. O
río aloumíñaas tanto que devagariño se van transformando; ao principio amósanse moi duras, despois senten
as cóxegas da auga e é como se lles dese a risa e fosen amolecendo. Incluso unha gran rocha pode chegar a
cambiar a súa forma para axudar a que a auga flúa: así séntense parte do río que tanta vida dá ao seu paso.
Que pensades sobre a reciclaxe? Coñecedes os tres tipos de reciclaxe?
E sobre os vosos hábitos de consumo de auga?
Credes que as vosas actividades individuais repercuten noutros países? Como? Ocórresevos algún exemplo?
Como podedes comprometervos co ambiente?
Igual que na dinámica, credes que sen a achega e as opinións de todos os participantes, e en xeral de todas
as persoas do mundo, poderemos protexer o medio?
Terán que imaxinar o que lles di o río e debuxalo nun papel.
• Treitos de cada mensaxe copiados en diferentes tarxetas (dividir para que quede un por persoa) que estarán
numerados de acordo á orde que ocupa o anaco en cada oración, para así facilitar que se encontren.
4) 1. Eu podo axudar a que o ambiente estea máis limpo 2. evitando o uso excesivo de motores e 3. medios
de transporte que contaminen a atmosfera 4. e procuro, sempre que podo, utilizar medios de transporte 5.
que prexudiquen menos a saúde de todos.
• Tipos de colectores de reciclaxe
Existen tres tipos de colectores de reciclaxe, con diferentes cores:
Contedor amarelo (envases): neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de
plástico (botellas, tarros, bolsas, bandexas...), latas (de bebidas, conservas) e briks, etc.
Xesto: dálle o teu voto á Terra
Xesto: dálle o teu voto á Terra
Dentro de cada aula póñense tres pequenos colectores de lixo; divídese o alumnado en tres grupos que
corresponderán aos tipos de residuo (ver Recursos).
Contedor azul (papel e cartón): neste colector débense depositar os envases de cartón (caixas, bandexas,
agrupadores...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellable pregar
as caixas de maneira que ocupen o mínimo espazo dentro do colector.
Unha vez debuxado o regalo para o río, deben pegalo na beira do que está debuxado no papel continuo.
Cada participante ten que pensar nalgunha acción á que no seu día a día poida comprometerse. Ademais,
levará algún tipo de refugallo que ese día teña para tirar (envase do zume…) e botarao no contedor correspondente, dicindo en voz alta aquilo ao que se compromete para achegar así o seu granciño de area no coidado
da Terra.
De desexalo, tamén se pode celebrar este día no patio, con todo o centro, e participar así do xesto común “Dálle
o teu voto á Terra” proposto para o resto das etapas.
Contedor verde claro (vidro): na maior parte das ocasións ten forma de iglú e nel deposítase vidro.
Máis información en: http://es.wikipedia.org/wiki/Reciclaje
RECURSOS
Tamén poden realizalo no patio, onde soará a canción “Ska da Terra”, de Bebe, e organizar tres grandes filas
para ir encestando o seu compromiso, o seu “voto á Terra”, nos colectores.
• Papel continuo, folios e cores.
• Conto: A amizade do río
A idea é facer reflexionar sobre a cuestión do ambiente desde algo próximo, e que quede como unha acción
integrada no centro. Por iso, suxerimos que os contedores de reciclaxe poidan quedar no patio e/ou en cada
aula. Podedes utilizar as caixas de cartón dos folios ou calquera outra caixa de materiais da que dispoñades
e facerlle debuxos para identificar o seu uso e decorala.
Este é un río con moitísimos amigos e amigas. É un río moi sabio, pois, no seu curso, pasa por unha gran cantidade de lugares e países. Ás súas ribeiras asoman persoas que viven de xeitos moi diferentes, animais e plantas cos que chega a ter unha estupenda amizade.
dálle o teu voto á Terra
Propoñemos traballar coa imaxe dun río que pasa por diferentes países. As accións dun país teñen
repercusións na saúde do río e tamén nos outros países. Resaltamos así a interdependencia que
existe entre as accións duns e doutros. A dinámica pretende poñer de relevo as consecuencias
compartidas que teñen para a natureza e para os países as accións individuais e colectivas.
Primaria
dálle o teu voto á Terra
Cada participante ten que pensar nalgunha acción á que no seu día a día poida comprometerse para coidar da
Terra. Ademais, levará algún tipo de refugallo que ese día teña para tirar (envase do zume…) e botarao no contedor correspondente, dicindo en voz alta aquilo ao que se compromete para achegar así o seu granciño de
area no coidado da Terra.
Propoñemos traballar con frases que promoven o respecto e o coidado do ambiente e que incitan a asumir compromisos persoais. A dinámica traballa desde o individual ao colectivo visibilizando a interdependencia e a responsabilidade compartida entre todas e todos para lograr preservar e protexer o ambiente.
Tamén se pode realizar un xesto común no patio, onde soará a canción “Ska de la Tierra”, de Bebe, e se formarán tres grandes filas para ir encestando nos colectores.
OBXECTIVOS
Bacharelato
E sobre os vosos hábitos de consumo de auga?
Podedes vós coidar do ambiente?
Credes que as vosas actividades individuais repercuten noutros países? Como? Ocórresevos algún exemplo?
Xesto: dálle o teu voto á Terra
OBXECTIVOS
• Destacar a interdependencia entre as accións dos países e das poboacións.
• Descubrir a capacidade que temos para que a natureza mellore coas nosas accións e compromisos persoais
e colectivos.
A idea é facer reflexionar sobre a cuestión do ambiente desde algo próximo, e que quede como unha acción
integrada no centro. Por iso, suxerimos que os contedores de reciclaxe poidan quedar no patio e/ou en cada
aula.
• Resaltar a interdependencia duns e doutros para a mellora do ambiente.
• Comprender que todas as persoas podemos asumir compromisos persoais e colectivos no coidado do
medio.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
RECURSOS
Necesitaremos un bo anaco de papel continuo no que haberá que debuxar un río que vaia de lado a lado. A
terra que percorre o río será dividida en tres espazos diferentes, que corresponden aos tres países que baña
o noso protagonista: Perú, Colombia e Brasil. Nos distintos territorios estará debuxado (ou escrito) algún elemento degradante do río (por exemplo, unha fábrica, un vertedoiro, persoas tirando lixo, a corta de árbores
da selva, etc.).
Comezamos a dinámica dividindo o gran grupo en pequenos equipos que corresponderán a cada un dos
países que atravesa.
Créase un clima tranquilo, con música relaxante e facendo especial fincapé nas sensacións e percepcións
que produce a auga e o transcorrer dos ríos.
O educador ou educadora pode explicar os elementos máis significativos deste río (ver Recursos).
• Papel continuo, cores e recursos para a colaxe (xornais, follas de cores, etc.).
En 2007 descubriuse que o Amazonas, e non o Nilo, era o río máis longo do mundo. Tamén é o máis caudaloso e o que ten a conca de maior superficie do noso planeta. No seu percorrido de 6756 km, atravesa Perú,
Colombia e Brasil. Entre o nacemento e a desembocadura, no océano Atlántico, o río saúda 135 grupos autóctonos deses territorios.
As chuvias estacionais dan orixe a grandes inundacións ao longo do curso do Amazonas.
A abundancia de auga no sistema amazónico débese ao feito de que gran parte do territorio está situado na
zona de converxencia intertropical, onde a caída de chuvias é máxima.
Ao leste dos Andes esténdese a selva amazónica. Trátase da maior selva do mundo.
A continuación, terán que poñerse de acordo entre eles nas accións que poderían facer para mellorar a vida do
río, de xeito que chegue ao final do seu curso o máis limpo e san posible, substituíndo as situacións negativas
reflectidas nas súas marxes por outras positivas. Cando decidan o que van facer como país, cada grupo realizará unha colaxe que represente a medida que queren tomar.
En rematando, terán que pegar os traballos realizados sobre o territorio que lles corresponde e sobre a anterior realidade negativa que existía, para facer visible a transformación provocada polas súas propostas.
Xesto: dálle o teu voto á Terra
Dentro de cada aula póñense tres pequenos contedores de lixo; divídense os nenos e nenas en tres grupos
que corresponderán aos tipos de residuo.
Cada participante ten que pensar nalgunha acción á que no seu día a día poida comprometerse. Ademais,
levará algún tipo de refugallo que ese día teña para tirar (envase de zume…) e botarao no contedor correspondente, dicindo en voz alta aquilo ao que se compromete para achegar así o seu granciño de area no coidado
da Terra.
Tamén poden realizalo no patio, onde soará a canción “Ska da Terra”, de Bebe, e organizar tres grandes filas
para ir encestando o seu compromiso, o seu “voto á Terra”, nos colectores.
• O río Amazonas
Formúlanse en común as seguintes preguntas:
Teñen consecuencias as accións duns países nos outros?
Como lle axudamos ao río a correr san?
Para preparar a dinámica escribimos cada palabra das mensaxes propostas no apartado de recursos nun
anaco de papel, para xuntar as de cada mensaxe nunha bolsa e revolver. Preparar tres papeleiras de reciclaxe que poidan quedar na clase para o seu uso cotián.
Dentro de cada aula póñense tres pequenos colectores de lixo; divídese o alumnado en tres grupos que
corresponderán aos tipos de residuo (ver Recursos).
A selva amazónica constitúe a décima parte de todos os bosques do planeta. O aire que respira a humanidade purifícase principalmente no Amazonas. (www.wikipedia.org)
Divídese o gran grupo en equipos de seis persoas e deixarase un observador ou observadora por grupo. Unha
vez divididos, explícase que non é un xogo para competir entre grupos senón que a dinámica é interna, no
grupo: non é relevante o que os outros grupos fagan.
Métense todas as palabras de cada frase nunha bolsa e revólvense. Cada enunciado debe estar nunha bolsa;
cómpre ter coidado de non mesturar palabras de diferentes mensaxes. Dáselle unha bolsa a cada grupo e
repártenselles palabras ao azar aos xogadores, intentando que todos teñan o mesmo número, aínda que tanto
ten se non é totalmente exacto. As mensaxes están compostas por unhas 25 palabras.
Explica que a cada persoa se lle van dar unhas tarxetas con palabras, e que todas as palabras de todo o grupo
forman unha mensaxe. Trátase de que o grupo atope o xeito de combinar as palabras para descubrir a mensaxe. Pero ninguén do grupo pode falar, coller nin pedir por sinais unha palabra.
As palabras só se poden ofrecer a outra persoa, nunca se poden pedir nin insinuar. Un só debe entregar as
súas palabras onde considere máis oportuno, ou observar como se pasan as palabras que, á súa vez, se el
quere, pode volver entregar.
A idea é facer reflexionar sobre a cuestión do ambiente desde algo próximo, e que quede como unha acción
integrada no centro. Por iso, suxerimos que os contedores de reciclaxe poidan quedar no patio e/ou en cada
aula. Podedes utilizar as caixas de cartón dos folios ou calquera outra caixa de materiais da que dispoñades
e facerlle debuxos para identificar o seu uso e decorala.
RECURSOS
• Tarxetas coas palabras de cada frase metidas nunha bolsa.
• Tipos de colectores de reciclaxe (ver Recursos, proposta de secundaria).
• Mensaxes:
1) Cada refugallo vai no seu lugar: nós tamén podemos axudar o ambiente utilizando produtos que sexan
reciclables e depositando cada material onde corresponde.
2) Eu coido e aforro a auga; así todas as persoas do mundo podemos dispoñer e gozar dela.
A dinámica acaba cando se compuxo a mensaxe. En cada grupo debe haber un observador que anota os
comportamentos, actitudes ou feitos do grupo que lle chamen a atención. E, á súa vez, recorda, se é necesario, as normas de silencio.
Defínese un tempo (uns 15 minutos) para realizar esta actividade; se os grupos acaban antes, pídeselles
que esperen polo resto, e, se non, cumprido o tempo, conclúe esta fase. Propónselle a cada grupo que fale
das sensacións que tivo durante a dinámica, e ao observador, que conte o que viu no grupo. Unha vez finalizados os comentarios sobre a dinámica, ensínanse as mensaxes se non se descubriron.
A continuación, propóñense unha serie de preguntas para debater co grupo:
Que pensades sobre a reciclaxe? Coñecedes os tres tipos de reciclaxe?
3) Eu podo reducir o volume de produtos que consumo. Comprométome a reducir a utilización de produtos
de usar e tirar.
4) Eu podo axudar a que o ambiente estea máis limpo evitando o uso excesivo de motores e medios de
transporte que contaminen a atmosfera e procuro, sempre que podo, utilizar medios de transporte que prexudiquen menos a saúde de todos.
Responsable de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinación da proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: Blanca
Bonelly e Marta Aranda. Colaboracións: Iván Mirón. Dirección de arte, deseño gráfico e ilustración: Maribel Vázquez. Coordinación
de produción: Cristina Fernández.
Descargar