Resumo acordos do Pleno

Anuncio
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
RESUME DOS ACORDOS DO PLENO DO CONCELLO EN SESIÓN ORDINARIA
DO DÍA 1 DE XULLO DE 2016.
1.- Aprobación das actas das sesións ordinaria e extraordinaria urxente dos días 3 e
22 de xuño do ano 2016, respectivamente.
Aprobadas por asentimento unánime.
2.- Posta en coñecemento das resolucións ditadas dende a data de celebración do
último Pleno.
O Concello Pleno deuse por enterado dos decretos e resolucións da alcaldía ditados
dende a data de celebración do último Pleno.
3.- Posta en coñecemento do escrito de dona Mª del Mar Fernández Dibuja, de
incorporación ao grupo municipal de Democracia Ourensana.
O Pleno dáse por enterado do escrito de dona Mª del Mar Fernández Dibuja de 13
de xuño de 2016 no que comunica a súa integración ao grupo municipal de Democracia
Ourensana no Concello de Ourense.
4.- Posta en coñecemento do informe de Tesouraría sobre o período medio de pago
correspondente ao mes de maio de 2016.
O Pleno do Concello dáse por enterado.
5.- Parte resolutiva.
5.1 Aprobación inicial da ordenanza municipal de limpeza de terreos e solares e de
protección contra incendios forestais.
O Pleno do Concello, por dezaoito votos a favor dos grupos municipais do Partido
Popular e Democracia Ourensana, e nove abstencións dos grupos municipais do PSdeGPSOE e Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO:
1. Aprobar inicialmente a ordenanza municipal de limpeza de terreos e solares e
de protección contra incendios forestais
2. Proceder á exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta
días para a presentación de reclamacións e suxestións, mediante anuncio no
taboleiro de anuncios e no Boletín Oficial da Provincia. E
3. En caso de non presentarse reclamacións ou suxestións entenderase
definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.
5.2 Aprobación inicial da ordenanza reguladora do réxime de funcionamento e cesión
de vivendas de emerxencia social do Concello de Ourense, conforme ao previsto
nos artigos 49 e 70.2 da LBRL e ao artigo 94 e SS do Regulamento orgánico do
Concello e Ourense.
O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte
ACORDO:
1. Aprobar inicialmente a ordenanza reguladora do réxime de funcionamento e cesión
de vivendas de emerxencia social do Concello de Ourense, conforme ao previsto
nos artigos 49 e 70.2 da LBRL e ao artigo 94 e SS do Regulamento orgánico do
Concello e Ourense coa incorporación das emendas aprobadas pola Comisión de
Pleno.
2. Proceder á exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta días
para a presentación de reclamacións e suxestións, mediante anuncio no taboleiro de
anuncios e no Boletín Oficial da Provincia. E
3. En caso de non presentarse reclamacións ou suxestións entenderase definitivamente
aprobado o acordo ata entón provisional.
5.3 Actualización do Inventario Municipal de Bens.
O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte ACORDO:
1. Asumir na súa totalidade o informe xurídico de data 20 de maio de 2016 que se
considerará como parte integrante desta resolución para os efectos de motivación.
2. Aprobar a actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos nos termos
plasmados no anexo que se acompaña co informe xurídico de data 20 de maio de
2016.
3. Inscribir no Rexistro da Propiedade os ben inmobles e dereitos reais incorporados
ao Inventario Municipal de Bens e Dereitos nos termos previstos no artigo 36 do
RD 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das
Entidades Locais.
5.4 Recusación do Sr. Alcalde formulada por don Luis Soto Rebollo en expediente de
revisión de licenza urbanística.
O Pleno do Concello, por nove votos a favor do grupo municipal do Partido Popular
e dezasete abstencións dos grupos municipais de Democracia Ourensana, PSdeG-PSOE e
Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO:
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
Primeiro.- Desestimar a recusación do Alcalde do Concello plantexada por don Luis
Soto Rebollo no marco do “Expediente Revisión Licencia 2015001126 (Expte. Licencia
2166/1995)” ao non resultar acreditado no expediente as causas de abstención do mesmo
previstas no artigo 28.2.a) e d) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, en base ás
consideracións expostas no informe da Secretaría Xeral do Pleno que se asumen neste
acordo como parte integrante do mesmo para os efectos de motivación.
Segundo.- Notificar o acordo plenario ao Sr. Soto Rebollo debendo acompañar o
informe citado no parágrafo anterior, facéndolle saber que este acordo non é susceptible de
recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpoñer no seu caso, o
recurso que proceda contra o acto que remate o procedemento do que trae causa.
5.5 Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para a dotación de persoal
especializado na nova RPT co fin de solucionar os problemas existentes no CIMM.
Exposición de motivos:
O CIMM do Concello de Ourense converteuse nos últimos anos, durante o mandato do
Goberno Socialista 2007-2015, nun centro referente no relativo á atención a muller,
educación en prol da igualdade e promoción da mesma na nosa propia cidade e na
Comunidade Autónoma de Galicia. Froito do traballo primeiro co bipartito e logo co
goberno socialista acadouse que a Concellería de Igualdade contara cunhas novas e
modernas instalacións na Rúa do Ensino, que foron inauguradas o 21 de marzo de 2011;
e se traballou no mantemento tanto de programas asistenciais xa existentes, como na
creación de novos programas de conciliación familiar ou de promoción e dinamización
comunitaria e do tecido asociativo de mulleres, feminista e de colectivos proigualdade;
ademais da posta en marcha de ordenanzas, plans, convenios e colaboracións con distintas
institucións e organismos a nivel local, autonómico e estatal.
Exemplo de todo este traballo desenvolvido nos últimos 8 anos son as seguintes
actuacións:

O desenvolvemento do programa asistencial que presta atención integral (xurídica,
psicolóxica e socioeducativa) ás mulleres, na súa maioría vítimas de violencia de
xénero.

Os convenios para o mantemento da CASA DE ACOLLIDA.

O programa de conciliación BANCO DO TEMPO, posto en marcha en 2010, co fin de
facilitarlle aos ourensáns a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través
dun sistema articulado de intercambios destinado a subministrar servizos e/ou
coñecementos, cuxa medida é a hora de tempo.

O programa de conciliación COEDUCA, posto en marcha en 2012, co reto de educar
en equidade dende a diversidade, que ten un dobre obxectivo: promover a creación dun
espazo alternativo e complementario ao ámbito da educación formal seguindo un
modelo coeducativo nas pautas socioeducativas a implementar con nenos e nenas,
adolescentes, pais e nais nun entorno igualitario de aprendizaxe e lecer e adaptado ás
necesidades e aos tempos das familias e a súa conciliación.

Os programas de promoción e dinamización comunitaria e do tecido asociativo da
cidade, levados a cabo a través das seguintes canles:
o Reunións do CONSELLO MUNICIPAL DA IGUALDADE DE MULLERES E
HOMES.
o SUBVENCIÓNS ANUAIS da Concellería de Igualdade para a promoción da
realización de actividades que incidan na igualdade entre homes e mulleres e
promovan a participación social das mulleres.
o Creación das AULAS DE IGUALDADE, un espazo formativo aberto no que poder
compartir ideas, afectos e inquedanzas promovendo relacións equitativas de xénero
respectuosas coa diversidade e o desenvolvemento de redes sociais.
o Celebración de ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS do 8 de Marzo (Día
Internacional das Mulleres), do 25 de Novembro (Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres) e do 23 de Setembro (Día Internacional
Contra a Trata e Explotación de Persoas).
o Entrega Anual do xa consolidado PREMIO CLARA CAMPOAMOR Á
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES a
institucións, colectivos ou persoas da cidade destacadas pola súa labor neste ámbito.

Posta en marcha da Ordenanza para a Promoción da Equidade de Xénero do
Concello de Ourense, aprobada en XGL o 13 de Xaneiro de 2011, dacordo co
obxectivo xeral estipulado no II Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do
Concello de Ourense 2010-2014.

Colaboracións con outras institucións e organismos: Universidade, Instituto da
Muller...
No último ano, vimos detectando as eivas e o abandono froito do desgoberno do PP, no
que se atopa tanto o propio CIMM coma as funcionarias que alí desenvolven a súa labor
que teñen sobrecarga de traballo e falta de persoal; o que leva provocado o retraso a
propia actividade diaria da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á
Muller, a diminución na calidade da programación e das actividades, a parálise de
moitos dos programas anteriormente citados, e que estean no aire moitos dos convenios,
subvencións e colaboracións anuais existentes nos últimos anos.
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que
se adopten os seguintes ACORDOS:
1. Instar ao Goberno Municipal a que na Nova RPT se comprometa a dotar de
persoal especializado á Concellería de Igualdade (1 Psicóloga, 1 Traballadora
Social, 1 Educadora Social e/ou 1 Axente de Igualdade) co fin de solucionar os
problemas existentes e manter a calidade de servizo prestada aos cidadáns dende
este centro de referencia municipal.
2. Instar ao Goberno Municipal a manter e encher de contido tódolos CONVENIOS,
PROGRAMAS, ACTIVIDADES, PUBLICACIÓNS, COLABORACIÓNS E
CAMPAÑAS da Concellería de Igualdade dotando de asignación económica ás
partidas correspondentes nos Orzamentos 2016.
O Pleno do Concello, por dezasete votos a favor dos grupos municipais PSdeGPSOE, Democracia Ourensana e Ourense en Común e dez votos en contra do grupo
municipal do Partido Popular, aprobou a moción.
5.6 Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para solicitar flexibilidade na
normativa de subvencións para a instalacións de ascensores..
Exposición de motivos:
Nestes momentos a parálise existente na resolución dos expedientes de solicitude para
instalacións de ascensores na cidade é alarmante, actualmente hai case 40 expedientes
sen informar pendentes do ano 2015.
En Ourense, un 25 % da poboación total xa supera os 65 anos, moitos dos nosos maiores
non contan aínda cun ascensor na súa comunidade, centos deles estanse xa vendo
directamente afectados porque teñen pendente a instalación dun ascensor no seu edificio; e
viven diariamente un auténtico calvario a causa dos problemas de mobilidade, chegando en
casos extremos a estar encarcerados nas súas propias casas. Faise máis necesario que nunca,
por parte do Concello de Ourense, reducir todo o posible trámites, prazos e burocracia
(aínda que isto supoña estudiar modificación da ordenanza actual) para así evitar na medida
posible a situación existente de paralización dos expedientes durante prazos excesivamente
prolongados.
A falta de traballadores no departamento de licencias parece ser a orixe do problema.
O concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, na Xunta de área de Urbanismo e Vivenda
celebrada o pasado 24 de maio de 2016, recoñeceu expresamente que “o persoal municipal
é o que é e que non se garante a resolución dos expedientes de solicitude de subvencións
para novos ascensores no prazo máximo legal, especialmente naqueles onde se teñan que
facer requerimentos de subsanación das solicitudes”.
A maiores da burocratización e falta de previsión nas ordes de subvención da Xunta
agudiza o problema: un caso recente e especialmente chamativo foi o caso do elevador da
Praza da Cantiga, onde a paralización de obras por demandas evitou o posible cobro de
subvencións públicas para a súa instalación, a pesar de que finalmente o fallo xudicial fora
positivo para os solicitantes. Previsiblemente, ante a falta de sensibilidade das
administracións autonómica e local, este tema rematará xudicializándose con posibles
responsabilidades subsidiarias para as administracións implicadas.
É posible que a falta de persoal influíra na demora dalgúns trámites administrativos
provocando a perda da subvención, como así denunciaron os veciños nos medios de
comunicación. Sexa cal fose a causa da pérdida da axuda, non é de recibo que Xunta e
Concello non se coordinen para estudiar o expediente e arranxar o problema, e que a única
alternativa que lle ofrezan aos afectados pase por concorrer ás subvencións do presente
exercicio, que contemplan unha rebaixa do 75% do ano pasado, o 35 % do orzamento total
da obra, é dicir, un 40% menos con respecto ao ano 2015, que é o que lle corresponde
lexitimamente aos veciños da Praza da Cantiga.
Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que
se adopten os seguintes ACORDOS:
1. Instar á Xunta de Galicia a que efectúe as modificacións oportunas e flexibilice as
ordes de subvención para a instalación de ascensores co fin de evitar que se
poidan producir no futuro perdas de subvención por incumprimento de prazos.
2. Instar ao Goberno Municipal é á Xunta de Galicia a que actúen de mediadores co
fin de esixir unha solución para o contencioso producido no caso do elevador da
Praza da Cantiga en Ourense e, de non ser posible, estudiar a convocatoria
dunha liña extraordinaria de axudas para aqueles casos que, cumprindo
estritamente os requisitos das subvencións establecidas, houberan tido que
paralizarse as obras a causa de pleitos xudiciais, cuxa sentenza final en carácter
firme lles acabara dando a razón aos demandantes da subvencións.
3. Instar ao Goberno Municipal a que na Nova RPT se dote do persoal necesario á
Sección de Licencias da Concellería de Urbanismo, co fin de evitar que se
produzan reiterados e inxustificables retrasos na resolución de expedientes de
instalación de ascensores que angustian a moitos veciños de Ourense,
especialmente aos que contan con problemas de mobilidade; para que no futuro se
optimice a tramitación de expedientes e resolución de subvencións neste ámbito, e
evitar así calquera tipo de responsabilidade subsidiaria do Concello.
O Pleno do Concello, por dezaséis votos a favor dos grupos municipais do PSdeGPSOE, Democracia Ourensana e Ourense en Común e dez abstencións do grupo municipal
do Partido Popular, aprobou a moción.
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
5.7 Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para a limpeza, adecentamento e
posta en valor urxente da pasarela da Outariz.
Exposición de motivos:
En febreiro de 2006, a Confederación Hidrográfica do Norte, deu por inaugurada a
Pasarela de Outariz pese que as súas obras aínda non estaban rematadas, faltando aínda a
instalación da iluminación e existindo xa daquelas un conflito entre a CH e o propio
Concello por quen debería sufragar o seu gasto, e sendo pechada inmediatamente ao
público e aberta de novo case dous meses despois. No mesmo ano 2006, o Alcalde Manuel
Cabezas recoñecía que as obras aínda non estaban recepcionadas por parte do Concello e
que debía ser o Concello o que asumira no futuro a súa conservación e mantemento.
Dez anos despois, turistas, veciños e comerciantes coinciden en denunciar a falta de control
e coidado dun emblema turístico de entrada a nosa cidade como é a Pasarela de Outariz,
que se atopa en situación abandono e se atopa chea de pintadas.
Os socialistas levamos meses solicitando información sobre a titularidade da pasarela e
requirindo actuacións ao Goberno do PP co fin de solventar a situación, atopándonos
respostas inconcretas e descoñecemento absoluto do tema. Ante as reiteradas peticións, o
Goberno Municipal, a petición do Departamento de Patrimonio solicita informe de
titularidade á CH, a cal confirma recentemente que o seu mantemento pasa a ser
responsabilidade do Concello de Ourense, como así nos enteramos a través dos medios de
comunicación o mes pasado.
Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa aprobación que
se adopten os seguintes ACORDOS:
1. Instar ao Goberno Municipal a que chegue a un acordo coa Confederación
Hidrográfica para a execución urxente de obras de limpeza, adecentamento e posta
en valor da Pasarela de Outariz, ó igual que se fixo coa Xunta de Galicia nas outras
pontes da cidade (Milenio, Romana, etc.)
O Pleno do Concello, por dezasete votos a favor dos grupos municipais do PSdeGPSOE, Democracia Ourensana e Ourense en Común e dez abstencións do grupo municipal
do Partido Popular, aprobou a moción.
5.8 Moción do grupo municipal de Democracia Ourensana para a renovación do
impulso no goberno municipal.
Exposición de motivos:
Transcurrido ampliamente un año de ya desde que el grupo que dirige Vázquez Abad tomó
las riendas del gobierno municipal, Democracia Ourensana entiende que es hora de traer al
pleno el balance de lo que ha sido este año:
Un calificativo comienza a estar ya en boca de todos los ciudadanos: inacción. El
diagnóstico que se extiende incluso entre aquellos más afines de su partido. Un diagnóstico
en el que ya incide hasta la misma prensa que tanto le ha mimado durante este año. Sus
esfuerzos para conseguir la mejor foto cada día, le permitieron ir salvando jornadas entre
pose aquí y sonrisa allá, pero al final siempre llega el momento de mirar al trabajo de todo
un año y analizar lo hecho, en este caso mas bien, lo no hecho.
Utilizando un símil que le resultará familiar a este Alcalde. Una evaluación objetiva de las
distintas “asignaturas” que componían este curso, es de “suspenso general”.


Isabel María Castelo Villanueva, Turismo y Termalismo
Al margen del “bluff” del termalismo, nunca en los últimos años han estado peor las
instalaciones das Termas Do Muiño, reformadas hace unos meses, pero
inhabilitadas desde el invierno a entrado el verano, los visitantes no dan crédito.
Las cifras de incremento del turismo con que reiteradamente nos sorprenden tras
cada puente, coinciden exactamente con el pequeño repunte de la economía general
más que con cualquier estrategia de promoción turística
José Jesús Cudeiro Mazaira, Urbanismo y Planificación

Nos prometieron un PXOM en un breve espacio de tiempo. Un plan que permitiriá
recuperar el dinamismo en uno de los sectores estrategicos en la economia de la
ciudad como es la construcción.

El PXOM está atascado y tras las declaraciones de los portavoces de los otros dos
grupos no parece aventurarse un corto y feliz desenlace. A lo que no contribuye el
Sr. Cudeiro tildando de “ignorante” a Martiño y de “perseguir fines políticos” a
Barquero. No parece el tono adecuado de aquel que precisa del consenso para sacar
adelante el compromiso que junto con la integración del AVE supone el desafío más
importante del mandato.

“Liderar de manera activa la entrada del AVE a través de un plan estratégico” era su
promesa de campaña. Nada más lejos, subordinación absoluta a los designios tanto
de sus superiores en Madrid como en Santiago para no sólo colarnos la entrada y la
integración mas barata posible, renunciando a la estación de Foster o cualquier otra
que pudiese resultar emblemática, sino que llegó a decir textualmente “lo
importante es que llegue”. Ha pervertido el concepto de intermodalidad
sustituyéndolo por el de apeadero múltiple low-cost
Ana María Fernández Morenza, Hacienda y Comercio
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO

Los presupuestos que estarían en un plazo máximo de tres meses, tras un año, ya
anuncian que desistirán de presentarlos para el presente ejercicio. Los presupuestos
suponen la base de la gestión política de un gobierno, el grupo de gobierno renuncia
a ellos. A la gestión política renunciaron desde el primer día. Viven de la prórroga
de una prórroga. Excusándose tras una RPT que su compañera no da sacado.
Intentando capear el temporal con una modificación de crédito hoy y otra mañana.
Acusando a la oposición de bloquearles cuando ni se han dignado a sentarse a
negociarlas.

La plaza de abastos Nº 2 . La del puente, que incluso inaugurada, tras un año sigue
sin ponerse en funcionamiento.


Los Mupis, la adjudicación paralizada por una supuesta “falta de solvencia técnica”
La ordenanza de veladores aún sin ser aprobada.
María Belén Iglesias Cortés, Participación Ciudana, Educación y Cultura

El fracaso más reciente, en las propias fiestas de verano de la Ciudad. Esas fiestas,
cuya preponderancia sobre la de San Martiño fue defendida a ultranza frente a la
más sensata opinión de nuestro grupo y que el tiempo, como en tantas otras cosas,
acaba dándonos la razón. Tras su mala gestión deja a los que deberían se los
principales protagonistas de las fiestas, a los niños sin las atracciones propias de
estas fechas. Más grave aún si cabe, la propia explicación que dieron a este fracaso
organizativo, “los feriantes prefieren otros lugares en estas fechas” y nos pusieron
por debajo de Panxón, No de Vigo. De Panxón.

Tras muchos meses urdiendo una solución, consiguió mal sacar un concurso
diseñado para perpetuar los privilegios de los miembros de la Banda municipal de
música.

De lamentable cuando menos, la falta de respuesta al conflicto planteado por la
concesionaria “Linorsa” que desespera a decenas de trabajadoras que un día tras
otro vemos clamar por una solución a su dramática situación a las puertas del
Concello.
Flora Moure Iglesias, Recursos Humanos y Seguridad Ciudadana.


El atasco en la elaboración de la RPT tras los informes negativos de Intervención
está perjudicando de un modo grave al funcionamiento del Ayuntamiento. Este
retraso les ha obligado a renunciar a la elaboración de los presupuestos de 2016. No
estamos ante una cuestión menor, afecta a todo el entramado laboral que
evidentemente se resiente —y de qué manera— ante la precariedad que esto supone
Bomberos y Policía siguen a la espera de que sus dotaciones se amplíen, seguirán
esperando nos tememos.

Sin embargo, una muestra de diligencia. Con celeridad se busco substituir al jefe de
personal. Ahí sí que se trabajo rápido y no hubo tardanza para cubrirla. Cómo y de
qué modo, así como en quien recayó el puesto, lo venimos denunciando todos los
grupos de la oposición.
José Mario Guede Fernández, Deportes.

Entre las mayores habilidades que hemos encontrado en este concejal, está la de
bloquear cualquier iniciativa de la oposición que pretenda modificar la política
deportiva implantada desde hace años en el Consejo Municipal de Deportes y en
concreto en el Pabellón de Os Remedios.

Con un evidente retraso o bien paralización de obras ya diseñadas con anterioridad,
la única acción reseñable en materia deportiva es la construcción de la próxima Pista
de atletismo que la Xunta de Galicia instalará en Ourense. Iniciativa que planteó y
defendió en este pleno así como en la Diputación, Democracia Ourensana. Y no
olvidemos que en los discursos y en campaña electoral defendía el deporte de base,
pero pretendía darle la mayor subvención del mandato al deporte profesional, 1,5
millones de euros al COB.
José Araujo Fernández, Infraestructuras, Parques y jardines, Limpieza.

El aún concejal Sr. Araujo, cuya dimisión ha sido solicitada ya en pleno, tan solo ha
visto como en su departamento se solucionaba con prontitud, la situación de
desempleo de su sobrino político.

Los contenedores soterrados continúan sin solución.

Obras: aquellas que o bien ya venían diseñadas de anteriores ejecutivos como la de
Concejo, o bien obras que abordan otras administraciones, en este caso la Xunta de
Galicia como la actuación en el puente romano. Iniciativas propias de algún calado,
ninguna.

En comisión de investigación aún el incidente del brote de Legionella del pasado
verano.

De la situación real del servicio de limpieza nos puede dar una idea el hecho de que
el Ayuntamiento haya sido llevado a los tribunales por la federación de AA.VV. del
rural “Miño”.

Del deplorable estado de parques y jardines habría que remontarse a algunas
décadas para encontrar un estado de abandono similar.
Jorge Pumar Tesouro, Servicios Generales-Promoción Económica

La concejalía que dirige el Sr. Pumar, la más divertida y amena. Tras vaciar de
personal Estadística —aquella promesa de que el staff de alcaldía sería menor era
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
rotundamente falsa y se subió a trabajadores a completarlo—, porque claro, ante las
largas colas que se estaban generando, creyó que la solución era automatizar la
espera. Llenó de monitores las dependencias y un bosque de carteles.

La tan cacareada renovación de la concesión del sistema público de WI-FI quedó
desierta.

En Promoción económica aún tenemos en la retina los stands de la feria de empleo.

Pero ha conseguido que arranque “La Molinera“, eso si, no se sabe muy bien hacia
donde camina, aparte de divertirse con la tecnología que todos pagamos.
María Sofía Godoy Gómez Franqueira, Asuntos Sociales, Igualdad.

La iniciativa estrella de esta concejalía, el programa “Integra” se ha estrellado en
intervención.

Si a las pocas iniciativas planteadas que no despegan sumamos las continuas
denuncias de que se están comenzando a desmantelar programas sociales, el
panorama aquí es desolador.
Este es el análisis por concejalía donde ante cualquier cuestión la respuesta de moda es
“estoy a la espera de un informe” que bien podría ser el lema del mandato de Vázquez
Abad.
Un Alcalde que preside un ejecutivo que no resiste una evaluación por separado, pero que
juntos y dirigidos por él suponen el súmmum de la Inepcia.
Estamos ante un ejecutivo que funciona a modo de una gestora, de un equipo interino, de
un gobierno en funciones, intentando salvar el día a día pero sin ser capaces de adoptar
decisiones más allá de las que les puedan dictar desde Madrid o Santiago, cuando no desde
Progreso 32.
Por todo ello, desde Democracia Ourensana presentamos la siguiente Propuesta:
Pedir la dimisión de los 10 miembros del gobierno municipal.
Emenda de substitución presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE:
SUBSTITUCIÓN DO SEGUINTE PUNTO:

“Pedir la dimisión de los 10 miembros del gobierno municipal”.

Pola seguinte proposta de ACORDO: “Instar ao Goberno Municipal a que convoque
no mes de setembro o Debate sobre Estado da Cidade, onde se debata e valore a
acción de goberno e se esixan se procede as responsabilidades individuais ou
colectivas pola acción desenvolvida nas distintas concellerías. Dito debate levarase
a cabo anualmente como un exercicio de transparencia e control democrático ao
goberno vixente durante ese período”.
TEXTO DEFINITIVO DO ACORDO:

PUNTO Nº 1: : “Instar ao Goberno Municipal a que convoque no mes de setembro
o Debate sobre Estado da Cidade, onde se debata e valore a acción de goberno e se
esixan se procede as responsabilidades individuais ou colectivas pola acción
desenvolvida nas distintas concellerías. Dito debate levarase a cabo anualmente
como un exercicio de transparencia e control democrático ao goberno vixente
durante ese período”.
O Pleno do Concello, por nove votos a favor dos grupos municipais do PSdeGPSOE e Ourense en Común e dezaoito votos en contra dos grupos municipais de Partido
Popular de Democracia Ourensana, rexeitou a emenda.
O Pleno do Concello, por oito votos a favor do grupo municipal de Democracia
Ourensana, dez votos en contra do grupo municipal do Partido Popular e nove abstencións
dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e Ourense en Común, rexeitou a moción.
5.9 Moción do grupo municipal de Ourense en Común para a redución do tipo
impositivo do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e bonificacións a diferentes
colectivos.
Exposición de motivos:
PREÁMBULO
Despois de case unha década do inicio da crise económica máis agresiva da historia
recente do estado español, onde moitas familias do noso concello atravesan graves
dificultades, as administracións públicas deben ser sensibles e conscientes da situación da
veciñanza, promovendo medidas que axuden a garantir dereitos tan básicos como acceso a
unha vivenda, enerxía eléctrica, auga, alimentación...
O Concello de Ourense, a través das súas ordenanzas fiscais, debe axudar a mellorar
as condicións materiais de vida desas mesmas familias e outros sectores estratéxicos como
o propio comercio en prol dunha renovación e activación da economía local. Elemento
nodal para deter a sangría demográfica e o avellentamento da poboación como relevo
xeracional na construción dun mellor Ourense, un Ourense do ben común. Obxectivo
contrario ao que fomenta o tipo de gravame aplicado na actualidade que mantén os criterios
propios dun contexto de especulación mobiliaria, hoxe en caída e residual, que provoca que
as veciñas e os veciños de Ourense paguen un IBI desproporcionado perante a realidade
presente.
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN
Ourense é a capital de provincia galega coa cota media máis alta do imposto sobre
bens inmobles (IBI). Segundo datos da Axencia Tributaria foino nos anos 2014 e 2015 e
todo apunta a que, coa política de conxelación de taxas do actual equipo de goberno do
Partido Popular, manterá esta condición no actual ano 2016.
A metodoloxía de análise empregada pola Axencia Tributaria situaba no ano 2014 a
Ourense no número 27 de todas as capitais de provincia españolas, aumentando a súa media
no ano 2015 ata acadar os 84,40€ de promedio. Unha cifra moi por enriba dos 63,56€ de
Pontevedra ou os 55,42€ de Lugo e os 50,85€ da Coruña. Deste modo a veciñanza de
Ourense debe pagar ata 33,5€ anuais máis do que amortizan as veciñas e os veciños de
cidades próximas como Coruña ou Lugo. Unha realidade que é inversamente proporcional á
clasificación das mesmas cidades con respecto ao seu Produto Interior Bruto (PIB) por
habitante, no que Ourense sitúase moi por detrás de calquera delas.
IB I (2015) Datos A xenc ia T ributaria
C oruña
L ugo
IB I (2015)
P ontevedra
Ourens e
0
10
20
30
40
50
60
70
80
90
P IB (2012) Datos IG E
C oruña
L ugo
P IB (2012)
P ontevedra
Ourens e
0
5000 10000 15000 20000 25000 30000
Por outra banda, e perante a realidade de emerxencia social (23,2% segundo datos
da Rede galega de loita contra a pobreza) e as altas taxas de desemprego no noso concello
(22%) é urxente introducir novas bonificacións complementarias ás xa recollidas na
Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles. Entre outras: familias que
teñan tódolos seus membros en situación de desemprego ou familias con ingresos pero
inferiores á media ou con ingresos únicos derivados da propia prestación por desemprego.
Como medida complementaria e para facilitar o pago debería avanzarse nun servizo
de recadación fraccionado por trimestres, cuadrimestres ou semestres como complemento a
bonificación de redución do 1% por domiciliación dos recibos. Medidas que, en conxunto,
permitan actualizar un imposto abusivo para a veciñanza e que recuperen a necesaria
estabilidade entre necesidade de recadación e equidade.
Dende Ourense en Común somos conscientes da importancia que ten a recadación
deste imposto (IBI), supoñendo unha das principais vías de ingresos para arcas municipais.
Asemade atendemos ao principio de realidade polo que o prazo de cobro voluntario xa está
actualmente aberto para este exercicio. Con todo, en base ao anteriormente dito,
consideramos necesario o estudo da redución progresiva do gravame xeral para futuras
anualidades, especialmente naqueles bens de natureza urbana ao supoñer a práctica
totalidade do volume total e ao estar o 88% dos bens de natureza rústica exentos de pago
segundo datos municipais.
É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno
para o seu debate e aprobación o seguinte ACORDO:
1. O Pleno Municipal do Concello de Ourense acorda instar ao Goberno Municipal
para que inicie o procedemento para reducir o tipo impositivo do Imposto sobre
Bens Inmobles (IBI) nos próximos exercicios e proceda a introducir novas
bonificacións para diferentes colectivos segundo os termos expresados na
presente iniciativa plenaria.
O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, aprobou a moción.
5.10 Moción do grupo municipal de Democracia Ourensana relativa á revisión da
sinalización acústica en semáforos e á implantación do novo sistema de control
de acceso ao casco histórico.
Exposición de motivos:
Hace ya bastantes años se instalaron en los semáforos de la ciudad avisadores acústicos que
permiten a las personas ciegas saber que en ese momento los peatones tienen prioridad de
paso. El pitido de esos avisadores se activa automáticamente al mismo tiempo que la señal
luminosa se pone "en verde" para los peatones, como es bien sabido.
La señal acústica es necesaria para esas personas invidentes, pero supone una fuente
continua de molestia, especialmente para los vecinos y para quienes trabajan en los locales
próximos, pues deben soportar el molesto pitido durante todo el día.
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
Muchas personas terminan acostumbrándose a la existencia permanente de ese pitido, como
posiblemente se acostumbrarían a la constante presencia de un mal olor, pero ello no
significa que su calidad de vida no se vea afectada.
El derecho de toda persona a moverse dignamente por la ciudad es un derecho básico que
debe estar garantizado. Por otro lado, generalmente, la señal acústica se apaga por la noche.
Se entiende en ese caso que el derecho de los vecinos al descanso y la salud es todavía más
fundamental que el derecho de esas personas a circular por la calle, al menos de noche.
Actualmente la tecnología ofrece soluciones que permiten compatibilizar la movilidad
digna de unos y la calidad de vida de otros:
1. Existen dispositivos que permiten que la señal acústica se active solamente cuando
un invidente desea cruzar. Pueden ser activados manualmente mediante un botón
asociado al propio semáforo, activados desde un chip o desde un teléfono móvil que
porta la persona ciega, u otros métodos.
2. La implantación de esos sistemas no supone un coste elevado e incluso ampliaría las
opciones de los invidentes para circular de noche sin problema. Que en un momento
determinado saltase la señal acústica, que además podría programarse a menos
volumen por la noche, no tiene nada que ver con un pitido constante toda la noche y
todas las noches, por lo que el descanso de los vecinos no se vería afectado.
Esta medida, relativa al control semafórico de la ciudad, cuya concesión se encuentra en
precario desde Abril de 2015, debe sumarse a las ya aprobadas anteriormente en sesión
plenaria sobre el mismo ámbito, relativas a la implantación del nuevo sistema de control de
acceso al casco histórico de la ciudad, que debido a la inoperancia del actual equipo de
gobierno, continúan sin ejecutarse.
En su día el Grupo Municipal de Democracia Ourensana reclamó la necesidad de
sustitución y/o modernización del actual sistema de control del tráfico para la zona vieja de
la ciudad por uno más acorde a las necesidades de la zona y, en general, a los tiempos que
corren.
El actual sistema de bolardos causa problemas de diversa índole y gravedad tanto a vecinos
de la zona, como a personal y servicios externos:

Problemas con los servicio de reparto.

Problemas y retrasos en el acceso de los servicios sanitarios y de emergencias.

Daños materiales causados a vehículos por funcionamiento incorrecto o inesperado.

Daños personales por funcionamiento incorrecto o inesperado, de particular
gravedad en el caso de invidentes y personas con movilidad reducida.
La tasa de siniestralidad de este sistema tampoco es para menos, en los 12 años que lleva en
funcionamiento, más de 1250 colisiones —una media de tres a la semana—. Estamos por
tanto ante un sistema que causa perjuicio por partida doble, por un lado a los conductores
con la evidente problemática resultante de la colisión de su vehículo con el sistema de
bolardos y por otro al propio Ayuntamiento de Ourense, que debe hacer frente a los costes
de mantenimiento y reparación de los bolardos de forma continuada, asumiendo además los
gastos ocasionados de las denuncias ciudadanas derivadas de dichas colisiones.
La modernización de este sistema es inevitable y no debe demorarse más, cada vez más
ciudades de todo el país están actualizando y sustituyendo dichos sistemas de bolardos por
alternativas más prácticas y menos lesivas tanto para los residentes de la zona afectada,
como para las propias arcas municipales.
Recordamos que una de las medidas por las que se está optando de forma mayoritaria es la
videovigilancia automatizada: a través de un sistema de cámaras que captan las matrículas
de los vehículos que transiten por la zona, contrastándolas con una base de datos de
matrículas autorizadas, de forma que los vehículos permitidos circulan con total libertad y
sin interrupciones, mientras que los infractores son multados al no reconocerse su matrícula
y demostrarse su acceso indebido. Este sistema elimina la posibilidad de accidentes por mal
funcionamiento, además de descongestionar y agilizar el acceso de los vehículos
permitidos.
Desde Democracia Ourensana proponemos la adopción de un sistema que combine la
videovigilancia con el control rutinario por parte de la policía local, con las pertinentes
sanciones en caso de infracción. Dada la actual coyuntura de la ciudadanía ourensana,
sobradamente concienciada con la restricción de tráfico existente sobre el casco viejo —y la
necesidad de la misma—, la adopción de una medida menos invasiva como lo es ésta,
mantendría la restricción de tráfico igualmente efectiva para las necesidades del casco
histórico, pero haciéndola mucho más amable para los residentes de la misma,
devolviéndole la conexión eficiente con el resto de la ciudad que nunca debió perder.
Es por ello que, solicitamos someter a votación las siguientes Propuestas:
1. Pedir al alcalde que tome las medidas oportunas para dotar al sistema semafórico de
la ciudad de un mecanismo que permita que la señal acústica para invidentes se
active solamente cuando sea necesaria. Las posibles soluciones técnicas que aporta
el mercado deberían ser analizadas y consensuadas entre todos los grupos
municipales. Tal condición debería imponerse a partir de ahora en los pliegos de
contratación del servicio.
2. Pedir al alcalde la retirada definitiva y a la mayor brevedad el actual sistema de
control de acceso basado en bolardos del casco histórico, por obsoleto, ineficaz e
ineficiente, implantando en su lugar un sistema basado en videovigilancia, en
colaboración con la policía local, que elimine la peligrosidad y la problemática del
actual sistema, con la aplicación de las sanciones oportunas a los vehículos no
autorizados.
Emenda de adición presentada polo grupo municipal de Ourense en Común:
EMENDA DE ADICIÓN
TEXTO INICIAL:
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
1. Pedir al alcalde que tome las medidas oportunas para dotar al sistema semafórico de
la ciudad de un mecanismo que permita que la señal acústica para invidentes se
active solamente cuando sea necesaria. Las posibles soluciones técnicas que aporta
el mercado deberían ser analizadas y consensuadas entre todos los grupos
municipales. Tal condición debería imponerse a partir de ahora en los pliegos de
contratación del servicio.
2. Pedir al alcalde la retirada definitiva y a la mayor brevedad el actual sistema de
control de acceso basado en bolardos del casco histórico, por obsoleto, ineficaz e
ineficiente, implantando en su lugar un sistema basado en videovigilancia, en
colaboración con la policía local, que elimine la peligrosidad y la problemática del
actual sistema, con la aplicación de las sanciones oportunas a los vehículos no
autorizados.
ADICIÓN:
1. Pedir ao alcalde que tome as medidas oportunas para dotar ao sistema semafórico da
cidade dun mecanismo que permita que o sinal acústico para invidentes actívese
soamente cando sexa necesario. As posibles solucións técnicas que achega o
mercado deberían ser analizadas e aprobadas por consenso entre todos os grupos
municipais e colectivos con representación na Mesa Municipal de Mobilidade.
Tal condición debería impoñerse a partir de agora nos pregos de contratación do
servizo.
2. Pedir ao alcalde a retirada efectiva e o máis axiña posible do actual sistema de
control de acceso baseado en “bolardos” do centro histórico, por obsoleto, ineficaz e
ineficiente, implantando no seu lugar un sistema aprobado por consenso polos
grupos municipais, en colaboración coa policía Local e colectivos representados
na Mesa Municipal de Mobilidade, que elimine o perigo e a problemática do
actual sistema, coa aplicación das sancións oportunas aos vehículos non
autorizados.
TEXTO DEFINITIVO:
1. Pedir ao alcalde que tome as medidas oportunas para dotar ao sistema semafórico da
cidade dun mecanismo que permita que o sinal acústico para invidentes actívese
soamente cando sexa necesario. As posibles solucións técnicas que achega o
mercado deberían ser analizadas e aprobadas por consenso entre todos os grupos
municipais e colectivos con representación na Mesa Municipal de Mobilidade. Tal
condición debería impoñerse a partir de agora nos pregos de contratación do
servizo.
2. Pedir ao alcalde a retirada efectiva e o máis axiña posible do actual sistema de
control de acceso baseado en “bolardos” do centro histórico, por obsoleto, ineficaz e
ineficiente, implantando no seu lugar un sistema aprobado por consenso polos
grupos municipais, en colaboración coa policía Local e colectivos representados na
Mesa Municipal de Mobilidade, que elimine o perigo e a problemática do actual
sistema, coa aplicación das sancións oportunas aos vehículos non autorizados.
O Pleno do Concello, por nove votos a favor dos grupos municipais do PSdeGPSOE e Ourense en Común, e dezaoito votos en contra dos grupos municipais do Partido
Popular e Democracia Ourensana, rexeitou a emenda.
O Pleno do Concello, por vinte e catro votos a favor dos grupos municipais do
Partido Popular, Democracia Ourensana e PSdeG-PSOE, e tres abstencións do grupo
municipal de Ourense en Común, aprobou a moción.
5.11
Moción do grupo municipal de Ourense en Común para a recuperación e
implantación de medidas en prol do colectivo LGTBI.
Exposición de motivos:
PREÁMBULO
Unha democracia plural é unha democracia vital e plena. A sociedade non é homoxénea,
por moito que insistan en facérnolo crer. É responsabilidade das administracións asumir a
diversidade que, de feito existe, e incorporala ao deseño das súas políticas, ou do contrario
só estará a reproducir e fomentar desigualdades.
Dende Ourense en Común cremos que a administración local debe adaptarse ás necesidades
das persoas, e non á inversa. Cidadanía plena teñen todos os grupos: o colectivo LGBTI, as
persoas con diversidade funcional, a infancia, a mocidade, a xente maior, as persoas
migrantes, as que viron de fóra pero tamén as que marcharon. Cada un ten necesidades
específicas, e a Corporación Local ten que traballar para satisfacelas.
Ourense pode ser moitos concellos nun; un verdadeiro espazo de encontro para a
interculturalidade e a convivencia na diversidade. Defendemos unha cidade de dereitos
humanos, respectuoso coas identidades e que abraza as diferenzas.
DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN
No pleno ordinario do pasado mes de xuño de 2016 o Grupo Municipal Socialista
presentaba unha moción para PROMOVER UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA LIBRE DE
ACOSO HOMOFÓBICO E TRANSFÓBICO NO CONCELLO DE OURENSE. Unha
acertada iniciativa apoiada por unanimidade de toda a corporación que debería
materializarse no cumprimento efectivo dos seguintes acordos:
1. Elaboración dun Plan Municipal de Prevención do Acoso homofóbico, bifóbico e
transfóbico.
2. Colaboración cos centros educativos municipais para:
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
a) Analizar as súas necesidades e poder achegar aquelas ferramentas e materiais
necesarias para afondar dun xeito didáctico e continuado na problemática.
b) Establecer medidas, en coordinación coa comunidade educativa de Ourense,
para abordar a diversidade familiar, sexual e de xénero.
En paralelo a estes acordos recollíase asemade tamén a obriga do actual equipo de
goberno a instar á Xunta de Galicia a cumprir as medidas contempladas na Lei
2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays,
transexuais, bisexuais e intersexuais. Unha lei innovadora no Estado, pola súa pronta
aprobación, pero que foi baleirada de contido na súa disposición final. Como ben apuntan
diferentes colectivos coñecedores da realidade LGTBI, este documento non pasará dunha
mera declaración de intencións. Así é que, por exemplo, non se tipifican os delitos de odio,
non se conta cun título de sancións e penas específicas, non se despatoloxiza a
transexualidade, non se recoñece a memoria de homosexuais e transexuais represaliadas
durante o Franquismo, etc. De feito, os propios colectivos LGTBI e feministas do resto do
Estado cualifican esta lei como “pouco operativa” apostando por outros modelos como o
catalán. Varios grupos parlamentarios teñen solicitado incluso a elaboración e aprobación
dunha lei xeral que garanta a non violación dos dereitos das persoas transexuais e a súa
completa despatoloxización en todo o Estado.
Namentres chega ese momento as administracións locais poden e deben cubrir as carencias
desta Lei 2/2014, do 14 de abril, mediante a activación do aprobado Plan Municipal de
Prevención do Acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico e unha aposta decidida pola
visibilización da problemática como paso previo necesario para a súa solución.
No Estado español o número de agresións relacionadas coa orientación ou identidade
sexual en 2013 era de 452, dun total das 1.172 agresións por delitos de odio denunciadas
(case a metade). Ademais, nese ano Galicia foi a terceira comunidade coa dubidosa honra
de encabezar esta lista, con 44 agresións. En 2014 non ocupou un posto tan alto, mais xa no
primeiro semestre do ano se rexistraron 22 agresións só no noso país, e o número en xeral
en todo o Estado aumentou, pasando a 513, dun total de 1.285. Esta cifra sería moito
superior porque a maioría das vítimas non denuncian. Mais os ataques violentos son só a
punta do iceberg e a manifestación máis brutal dunha discriminación que existe en todos os
ámbitos: na rúa, nas familias, nos centros de ensino e nos de traballo.
Non dispoñemos de cifras e datos para Ourense, como tamén acontece noutras cidades
pequenas, sobre casos de LGTBfobia (conxunto de actitudes de odio, discriminación e
violencia cara a calquera persoa por motivo da diversa orientación sexual ou identidade de
xénero). Pero que non se contabilicen non quere dicir en ningún momento que non existan.
Estas atópanse interiorizadas nas conciencias, nos silencios, nas burlas e nos tópicos, nos
prexuízos, até na linguaxe sexista e na obriga dunha ocultación da afectividade e
sexualidade das persoas LGTBI que non pode desenvolverse con normalidade e en
igualdade coas heterosexuais, por medo á estrañeza, á discriminación e ao rexeitamento.
A existencia soterrada da problemática non implica que esta non exista. O medo ou
vergoña, ou simplemente un sentimento práctico de evitar ser xulgadas, fai que a nosa
veciñanza LGTBI opte por agochar a súa afectividade e sexualidade. Proba desto é a
carencia de espazos de socialización, visibilización e posta en común de experiencias como
colectivos de apoio e organización como si existen noutras cidades. Non existe unha rede
promovida dende o institucional e os poucos colectivos xurdidos ao marxe deste foron
experiencias frustradas pola falta de apoio. Non existen protocolos para abordar casos de
discriminación e/ou violencia neste ámbito, etc.
EPÍLOGO
O pasado mes de maio celebramos o Día Internacional contra a LGTBIfobia,
conmemorando o ano que a Organización Mundial da Saúde deixou de considerar a
homosexualidade unha enfermidade. Esta semana celébrase tamén o coñecido como Día do
Orgullo, conmemorando a resistencia fronte a redada policial no "The Stonewall Inn" de
Nova York o 28 de xuño de 1969. Disturbios que supuxeron o punto de partida na loita
polos dereitos do colectivo LGTBI. Unha loita que, como amosa o tráxico acontecemento
de Orlando, debe seguir viva na esfera privada pero tamén e especialmente na pública.
É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o
seu debate e aprobación o seguinte ACORDO:
1. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao Goberno Municipal para que
xunto coa Concellaría de Cultura procedan a recuperar a memoria LGTBI de
Ourense e contorna mediante a convocatoria dun premio de investigación
histórica e se procede a posterior incoación de expedientes de honra.
2. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao Goberno Municipal para que
promova cursos e protocolos especiais de actuación para o persoal municipal,
obrigatorios para coñecer, comprender, respectar e saber traballar coa diversidade
de xénero, sexual e afectiva. Adaptando impresos e formularios municipais a
esta realidade, por exemplo superando o binarismo masculino/feminino e poñendo
en marcha servizos “unisex” para erradicar calquera discriminación das persoas
transexuais e intersexuais.
3. O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao Goberno Municipal para que
proceda a ampliar os organismos municipais de atención a vítimas de violencia
machista e violencia sexual ás persoas LGTBI. Dotar igualmente de espazos
habitacionais en situación de emerxencia e/ou exclusión social, e facilitar o emprego
e vivenda para a mocidade LGTBI expulsada das súas casas ou que sufran nelas
violencia homo/lesbo/trans/bifóbica. Dispoñer servizos sociais e xurídicos de apoio
para estas persoas e as súas familias.
O Pleno do Concello, por nove votos a favor dos grupos municipais do PsdeGPSOE e Ourense en Común, dez votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, e
sete abstencións do grupo municipal de Democracia Ourensana, rexeitou a moción.
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
5.12 Moción do grupo municipal de Ourense en Común para a implementación dunha
Renda Social Municipal.
Exposición de motivos:
PREÁMBULO
Na realidade social actual, coas cifras de pobreza e exclusión social, podemos falar dunha
terrible situación de pandemia. Os últimos datos coñecidos sitúan ao Estado español como
o segundo no que máis subiu o risco de pobreza e exclusión. O drama afecta a 13.5 millóns
de persoas no conxunto do Estado, no noso país a 645.000. Desde 2010 Galicia perdeu
50.000 residentes e desde 2012, 12.000 estranxeiros.
Estamos a falar da pandemia máis grave da nosa época, á que non é allea Ourense nin a súa
contorna, cun 23,2% de fogares vivindo por debaixo do limiar da pobreza.
Todas estas cifras son persoas con nome e apelidos que viven connosco e entre nós, non
poden existir dignamente, nin pagar facturas e débedas, nin cambiar de zapatos, nin dispor
de calefacción, nin ir de vacacións, nin comer carne ou peixe cando o desexan, nin ter
lavadora, nin televisión ou computadora, nin moito menos coche. Nin educar aos seus fillos
e fillas nin permitirse as cousas máis ordinarias. Os menores de 16 anos padecen
especialmente esta situación que convive coa aumento da desigualdade, coas altas taxas de
desemprego e coa figura do traballador pobre.
DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN
Tradicionalmente, a pobreza identificouse coa carencia de recursos para satisfacer as
necesidades consideradas básicas e que inflúen na calidade de vida das persoas. Neste
sentido, alude á privación de medios económicos, máis aínda, á escaseza monetaria.
Os procesos de exclusión social van máis aló da precariedade económica e atópanse ligados
a problemas de relación social, de autonomía persoal, de relacións persoais, convivenciais
e, en xeral, a problemas na contorna social. Así, a exclusión social implica aquelas
situacións nas que a persoa ten serias dificultades para acceder aos mecanismos de
desenvolvemento persoal e inserción comunitaria. Neste sentido, a exclusión podería estar
vinculada a variadas situacións, unha das cales podería ser a privación en termos
económicos.
Esta realidade de desigualdade social gravísima entre a nosa veciñanza, non é consecuencia
exclusiva do desemprego. A desregularización en materia laboral, as políticas de
flexibilidade, traducíronse sobre todo na precarización dun crecente segmento da
poboación. Atopando no emprego temporal, a tempo parcial ou na "economía somerxida"
as únicas vías de acceso para os seus ingresos. Traballar xa non é garantía de renda, e
mentres non haxa reformas na lexislación laboral que aseguren que quen traballa e quen
quere traballar poderá comer, teremos que asegurar dende as institucións públicas unha
serie de prestacións de cobertura de necesidades básicas.
Ata o momento, o peso das prestacións para a inclusión recaen, fundamentalmente sobre a
Renda de Inclusión Social de Galicia, a coñecida como RISGA. Porén a RISGA demóstrase
completamente incapaz de paliar a realidade de pobreza e exclusión no noso país. A propia
Rede Galega contra a Pobreza, sinala no seu informe "Para unha RISGA efectiva: Dos
papeis ás persoas", que a comunicación completamente deficiente entre administracións, o
endurecemento drástico dos requisitos de acceso e os elevados retrasos na tramitación
deixan sen ningún tipo de resposta a moitas persoas, con multitude de perfís que precisan
dunha prestación de inclusión. Unha RISGA totalmente deficiente mostra como outras
administracións non están facendo os seus deberes, nomeadamente a Xunta de Galicia.
Deixando, deste xeito a xente na cuneta, e os concellos deben tomar as rendas e atender as
necesidades ás que a RISGA non da resposta.
Concellos que expoñen alternativas eficaces a esta realidade, como A Coruña e Santiago de
Compostela, aprobaron o mes pasado os seus proxectos de Renda Social Municipal,
mellorando no caso de Compostela o borrador do proxecto que se iniciara no anterior
mandato.
En Ourense un proxecto en teoría similar, o denominado "Ourense Integra", quedou
totalmente paralizado dende o mes de agosto, que tivemos as últimas noticias rigorosas.
Neste momento non hai información clara, en ningunha das xuntas de area nas que se
preguntou, sobre cal é o estado deste proxecto, se quera se existe o proxecto dalgún xeito.
A falta de información sobre o seu estado lévanos a redundar nunha resolución plenaria, xa
que foi aprobado o acordo primeiro da moción "Inclusión Activa, non asistencialista", no
mes de Febreiro. Naquela moción xa plantexábamos a Renda Social Municipal como unha
estratexia de cara a inclusión das persoas en situación de pobreza ou risco de exclusión.
EPÍLOGO
É de urxencia poñer en marcha prestacións de rescate cidadá pero non de maneira illada. O
proxecto de Renda Social Municipal debe enmarcarse dentro dunha estratexia de Inclusión
Activa é dicir vencellada a un Itinerario de Inclusión. Xa que a renda non pode ser un fin en
si mesma, a finalidade é a autonomía das persoas.
É preciso comezar a debater e traballar nun proxecto serio, implicando a todo os grupos
municipais, as traballadoras dos servizos sociais e as entidades e colectivos que combaten a
pobreza e a exclusión social
ACORDO:

O Pleno Municipal do Concello de Ourense acorda, instar ao Goberno Municipal
para que poña en marcha o proxecto de Renda Social Municipal, contando coas
CONCELLO DE OURENSE
SECRETARIA XERAL DO PLENO
traballadoras dos servizos sociais, cos grupos municipais e as entidades e colectivos
que combaten a pobreza e a exclusión social.
O Pleno do Concello, por dezanove votos a favor dos grupos municipais do Partido
Popular, PSdeG-PSOE e Ourense en Común, e sete votos en contra do grupo municipal de
Democracia Ourensana, aprobou a moción.
En Ourense, a 15 de xullo de 2016
O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Fdo.: Luís María Bermúdez de la Puente Villalba
Descargar