Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Anuncio
ÍNDICE
• Contextualización histórica
• A novela dentro do autor
• Tema
• Argumento
• Espacio
• Tempo
• Vocabulario
• Personases
• Valoración crítica
• Contextualización histórica e literaria
Do provincialismo ó nacionalismo
O Galeguismo, entendido como o descubrimento do feito diferencial galego e a toma de conciencia e
afirmación de Galicia como pobo unitario e diferenciado, ten as súas raíces máis primitivas nos ilustrados
galegos do século XVIII.
É a mediados do séculos XIX cando por primeira vez calla un movemento desta natureza, agora impulsado
por un grupo de mozos intelectuais. É o que coñecemos como Provincialismo, que no campo cultural
xermolará no Rexurdimento, no cultivo literario, sobre todo poético, da lingua, na elaboración das primeiras
gramáticas e vocabularios, así como nos primeiros estudios da historia de Galicia.
O Provincialismo acadará dentro do mesmo século novas formulacións políticas de carácter descentralizador,
como o Federalismo e sobre todo o Rexionalismo. Este último prolongará a súa vida nos albores do século
XX tinxindo os programas das principais organizacións agraristas. A primeira destas organizacións,
Solidariedade Galega, contempla a afirmación da personalidade de Galicia dentro do Estado español. As
principais organizacións da loita agraria serven, pois, de ponte entre o Rexionalismo e o superior estadio do
galeguismo: o nacionalismo.
As Irmandades de Fala fúndanse na cidade da Coruña en 1916 baixo o impulso inicial dos irmáns Vilar
Ponte, sobre todo Antón, autor do folleto: Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, no que
salientaba a lingua como elemento catalizador dos sentimentos patrióticos dos galegos e facía un chamamento
a prol da creación de asociacións de defensa e cultivo do idioma. No mesmo ano da fundación das
Irmandades, no editorial do primeiro número de A Nosa Terra, Antón Vilar Ponte, procurando unha definición
non rexionalista para as Irmandades, afirma que esta consiste no fomento agarimoso da nosa lingua e no
estudio dos nosos problemas económicos que non terán nunca solución no actual réxime político español.
Pero será na IªAsemblea das Irmandades, xa coa aportación dos membros ourensáns da Xeración Nós, cando
de vez se marque un fito histórico na evolución do galeguismo: nace o nacionalismo; no Manifesto
Nazonalista de Lugo queda expresado deste xeito: Tendo en conta tódalas características esenciais de
nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non
recolle tódalas aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.
As Irmandades defendían na orde económica unha política librecambista e prestaban certa atención ó
problema agrario; no eido cultural reivindicaban a cooficialidade dos idiomas galego e castelán; e
politicamente definíanse nacionalistas, republicanos e federalistas iberistas, pois propugnaban a inclusión de
Portugal nunha federación ibérica.
1
A Xeración Nós
O título da revista máis importante na historia da cultura galega, Nós, serviu para dar nome ó grupo de homes
que a fixeron posible, os escritores do chamado Cenáculo ourensán e máis Castelao, e por extensión ó grupo
que desde A Coruña botou a andar as Irmandades da Fala e o periódico A Nosa Terra. Os membros da
Xeración Nós foron quen de artellar colectivamente órganos e institucións a prol da transformación política e
cultural de Galicia; con eles aparecerá o nacionalismo político, estenderase o uso do galego a tódalas formas
de relación que ata entón o excluíran e tentarase unha literatura galega ó compás de Europa.
Esta Xeración desenvolveu unha verdadeira fervenza de actividades: crearon as Irmandades da Fala e o seu
órgano oficial A Nosa terra; fundaron, xunto cos homes máis novos da chamada Xeración do 25, o Partido
Galeguista; póñense ó servicio destes mesmos nas distintas seccións do Seminario de Estudos Galegos,
especie de universidade paralela para o estudio científico de Galicia en tódolos aspectos; crean a editorial Lar
e máis tarde, na etapa coruñesa e compostelá da revista Nós, a editorial do mesmo nome. Pera a súa obra
colectiva máis característica sería a revista Nós.
A revista Nós foi obra dos membros máis xenuínos e principais esctritores da Xeración: Risco, Otero Pedrayo,
Castelao, Cuevillas e Losada. Pero tamén se contaban entre os colaboradores os esctritores máis vellos, coma
Cabanillas e Noriega Varela, e os máis novos, Cunqueiro, Bouza Brey, Blanco Amor ou Carballo Calero, así
coma intelectuais portugueses da época. Os obxectivos da revista viñan a reflecti−las angueiras dos homes de
Nós: crear para sempre a cultura galega, fornecedora dun espírito propio, nacional, fundamentado nas nosas
propias pecularidades, na nosa orixinal capacidade de creación, e espallala polo mundo, sen intermediarios,
nunha relación directa coa cultura universal.
O Cenáculo Ourensán
Baixo esta denominación coñecemos ó grupo fundamental e máis representativo da revista Nós, asemade os
esctritores máis destacados da Xeración, xunto con Castelao, formados polos ourensáns Vicente Risco,
Florentino L. Cuevillas e Otero Pedrayo.
Os tres amigos, desde a infancia, sofren unha evolución persoal, vital e espiritual semellante: mozos
intelectuais e moi cultos desapegados de Galicia, dos seus problemas e da súa cultura, chagarán alá polos
trinta anos, despois dunha revolta interior ás veces dolorosa, a se converter en afervoados nacionalistas e a se
comprometer intergralmente coa súa Terra.
A Literatura
Os escritores da Xeración Nós, preocupados pola extensión dos usos e a revitalización do idioma, e decididos
a encarreira−la literatura polos vieiros europeos do momento, centrarán o seu labor literario preferentemente
naqueles xéneros menos desnvolvidos nos noso lares, e, por outro lado, os mesmos que tiñan unha maior
incidencia social: a narrativa, o teatro e o ensaio.
Novelas coma O porco de pé de Vicente Risco, Arredor de si de Otero Pedrayo ou Os dous de sempre de
Castelao, supoñen, xunto cos relatos dos mesmos autores, o madurecemento da nosa lingua para a prosa e
abren de vez o camiño dos grandes narradores de posguerra.
Non foi menor o seu labor ensaístico, xénero practicamente inexistente nas nosas letras ata eles, pois, sexa en
forma de artigo, tratado ou estudio, domeñaron o galego para o esctrito de divulgación e para a ciencia.
A mesma arela os movía no teatro, de aí que as tres figuras capitais da xeración, Risco, Pedrayo e Castelao,
creasen algúns dos mellores textos da nosa dramaturxia, impulsasen a modernización deste xénero consonte as
novas correntes do teatro ecuropeo e puxesen especial empeño en pula−la actividade teatral en xeral.
2
A poesía non necesitaba o seu esforzo urxente, pero non por iso deixou de ser cultivada por estes homes,
como na pequena producción do propio Pedrayo.
• A novela dentro do autor
En Arredor de si, Otero Pedrayo relata a evolución de Adrián Solovio, o protagonista, desde unha primeira
etapa de desorientación e desafecto pola súa Terrra ata un segunda período totalmente contrario ó anterior no
que atopa no galeguismo aquela personalidade que tanto ansiou no pasado. Esta mesma traxectoria foi a que
sufriu o autor, por iso podemos dicir que a obra ten un carácter autobiográfico co que o autor non fai máis que
retratarse a si mesmo en nome de Adrián Solovio. En realidade podería estar narrando a historia de calquera
dos seus compañeiros da Xeración Nós, pois tódos eles non só coinciden na súa ideoloxía, senón tamén na súa
evolución ata acadala.
Este tipo de obras que caracterizan a un autor e mesmo á súa xeración son moi abundantes nos autores da
Xeración Nós, uns exemplo serían Dos nosos tempos de Cuevillas ou Nós, os inadaptados de no que Vicente
Risco explica o pensamento e formación cultural do seu grupo xeracional antes da chagada ó galeguismo. A
diferencia entre Arredor de si e as dúas obras mencionadas de Cuevillas e Risco é que estas últimas son
ensaios e Arredor de si é prosa narrativa. O ensaio está destinado a analizar unha realidade escollida polo
autor, mentres que a función da narrativa non ten por que ser esa.
• Tema
Búsqueda da propia personalidade por parte do protagonista que a acadará nas súas raíces galegas.
• Argumento
Adrián Solovio viaxa a Madrid co obxectivo de aproba−lo exame que lle daría a cátedra de Filosofía. Non está
convencido do seu futuro e decide viaxar a numerosas zonas de Castela. Esta viaxe non soluciona as súas
inquedanzas e, en terras de Toledo, recibe a notificación de que o seu tío Bernaldo está a piques de morrer.
Bernaldo, moribundo, pídelle que lle amose certos lugares de Galicia que van describindo un traxecto ata
chegar á aldea. Este feito simbólico fai que Adrián comece a sentir apego por Galicia.
Trala morte de don Bernaldo, Adrián realiza unha viaxe por Europa que tiña proxectada con anterioridade. En
París coñece á Marquesa de Portocelos que o acompañará na viaxe europea. En Berlín comprende que a
cidade se mantén gracias á tradición. Aquí dáse conta de que Galicia, como Berlín, pode te−la súa
personalidade a través da súa cultura e tradición. De seguida decide voltar á aldea e loitar pola súa Terra.
• Espacio
Durante a primeira parte da novela, ata o capítulo IX, podemos observar que hai unha alternancia en canto ós
distintos lugares nos que transcurre a acción. Os capítulos impares están ambientados nos diversos lugares ós
que viaxa Adrián, como por exemplo Madrid, Burgos, Toledo... Adrián vai a estes lugares co fin de atopar a
súa propia personalidade, a súa ideoloxía. Os capítulos pares están ambientados en Fontán. Neles
descríbesenos todo aquilo que sucede na aldea: o pazo, a familia Solovio....
Os capítulos IX e X suceden en Fontán. No capítulo IX Adrián se atopa na aldea por causa da enminente
morte do seu tío; e no X anuncia a súa partida a terras europeas. Do capítulo XII ó XIII nárrasenos a viaxe
europea de Adrián, onde coñece á Marquesa de Portocelos, razón pola cal no capítulo XII o autor viaxa a
Portocelos para describirnos á Marquesa. O capítulo XIV está ambientado no camiño entre Holanda e Fontán,
a volta de Adrián á súa Terra tras por fin entendela e sentirse identificado con ela, isto último xa se nos relata
no capítulo XV, ambientado na súa totalidade en Fontán.
3
• Tempo
• Tempo histórico: Posto que a obra é autobiográfica, podemos localiza−lo tempo histórico da mesma
a finais do século XIX, pois sería a época na que Otero Pedrayo sufriría a evolución ideolóxica que
narra na novela.
• Tempo narrativo: En xeral, podemos afirmar que o tempo narrativo da novela é lineal, pois o
narrador conta os feitos seguindo a orde cronolóxica na que sucederon. Sen embargo, nos primeiros
oito capítulos este feito non sucede exactamente así. No apartado do espacio mencionaba que os
capítulos impares están ambientados naqueles lugares nos que se atopa Adrián por mor das súas
viaxes, e que os capítulos pares sitúanse en Fontán. Pois ben, no que atinxe ó tempo nestes oito
capítulos, podemos dicir que os capítulos impares son simultáneos ós pares que lles seguen. Así, por
exemplo, os capítulos un e dous transcorren ó mesmo tempo, ó igual que o tres e o catro, etc.
• Personaxes
• Adrián Solovio. É o protagonista da historia. Ó principio da novela Adrián diríxese a Madrid para
preparar unhas oposicións a cátedras. Camiño de Madrid, o tren fai unha parada en Ávila, onde
podemos observar un rexeitamento a Galicia por parte do protagonista, que mesmo a considera
economicamente atrasada e sen futuro. Na capital, Adrián busca sentirse máis europeo pois pensa lle
axudará a acada−la formación cultural que desexa. Pero en Madrid non se atopa cómodo pois cae na
conta de que esta cidade impediu o progreso doutras e decide viaxar a terras de Castela en busca dun
maior arraigo coa Terra. En Burgos convéncese de atopar a afirmación persoal que buscaba para
sentirse europeo, pero en Toledo queda fascinado polo legado que deixou a cultura árabe e dubida cal
é o estilo de español que se necesita para ser europeo. Adrián volve á aldea porque o seu tío está
moribundo. Nos últimos momentos da súa vida, o tío Bernaldo pídelle que vaia recorrendo nun mapa
de Galicia aldea por aldea ata chegar a Fontán. Este acto emotivo servirá para espertar o amor por
Galicia que Adrián ten por descubrir. Aconsellado por un amigo, decide facer unha viaxe por Europa.
En Francia asobállase da similitude entre as terras francesas e galegas, e repara na súas raíces
observando unha igrexa románica. En París coñece á Marquesa de Portocelos con quen comeza unha
relación. Na súa personalidade atopará aqueles aspectos negativos do cosmopolitismo que tanto
ansiaba. Na súa viaxe por Alemaña, será en Berlín onde Adrián esté seguro de que o seu lugar está en
Galicia, pois descubre cómo esta cidade está constituída a partires dunha tradición e cultura propias
que Galicia tamén posúe. Despois de deixa−la súa relación coa Marquesa, inicia a viaxe de volta a
Galicia cada vez máis convencido de que o seu lugar está alí.
• Don Bernaldo. É o tío de Adrián. Ten un especial cariño polo seu sobriño pois ambos comparten un
carácter idealista e soñador. Ó longo da súa vida sufrirá unha evolución contraria á do seu sobriño: na
súa xuventude compartiu a ideoloxía galeguista pero, pola súa condición de fidalgo non puido
defende−los seus ideais o que lle levou a rexeita−la Terra. Sen embargo, sen sabelo fixo que o seu
sobriño abrise os ollos a Galicia no percorrido polo mapa que lle ordenou que fixera no seu leito de
morte.
• Marquesa de Portocelos. É a viúva do Marqués de Portocelos, un home fortemente enraizado á súa
terra. Esta muller representa a superficialidade do cosmopolitismo que tanto buscaba Adrián. Ten un
papel moi importante no transcurso da obra posto que gracias a ela Adrián comeza a aclara−las súas
ideas acerca do europeísmo.
• Xacobe. É o irmán de Adrián. As súas personalidades son completamente opostas, pois Xacobe non
ten as inquedanzas do seu irmán, a súa formación cultural apenas lle interesa e só se preocupa en
posuír un nivel de vida alto e así ter tódalas comodidades posibles.
4
• A nai. Ten un carácter moi parecido ó do seu fillo. Ambos están moi unidos e se manteñen
comunicados constantemente. Ó igual que o seu fillo Adrián, rexeita o materialismo burgués
representado na figura de Xacobe.
• A avoa. Xunto co seu irmán, Don Bernaldo, representan a vella fidalguía galega. A morte de ambos
simboliza o nacemento dunha nova Galicia.
• Vocabulario
Andazo: Epidemia de pouca importancia; contaxio.
Angueira: Ocupación, labor, traballo ou negocio que un ten ou no que está ocupado.
Báculo: Pau ou caxato para apoiarse.
Brida:Freo que sirve para suxeitar ou guiar un cabalo.
Cerceta:Ave palmíteda da orde das anátidas.
Cerne: Parte interior máis dura do tronco dalgunhas árbores.
Choutar: Brincar.
Ciumes: Celos.
Denantes: Antes.
Ecuménico: Universal.
Encol de: Enriba, encima.
Esculcar: Ver ó lonxe.
Esgrevio: Áspero,difícil, dificultoso.
Frouma: Arume, folla do piñeiro.
Gandaina: Barullo, ruido de xente que se divirte.
Grea: Rabaño, manada.
Gurgulla: Burbulla.
Halo: Coroa ou cerco luminoso que ás veces rodea os corpos celestes.
Hirsuta: Dise do pelo duro e áspero.
Illó: Terreo lamacento, onde nace a auga.
Lacustre: Relativo ós lagos.
Lanzal: Alto, esvelto.
5
Latricar: Falar moito e sen sustancia; laretar, parolar.
Nabeira: terreo sementado de nabos.
Pipote: Pipo pequeno.
Preguiza: Aversión ó traballo./ Indolencia; pachorra, lentitude, nugalla.
Prolixo: Demasiado extenso, longo, amplo.
Pudibundo: Que manifesta ou se comporta con moito pudor.
Soán: Que lle dá o sol moito tempo.
Tolleito: Que non pode move−lo corpo ou algúns dos seus membros; paralítico, impedido.
Viático: Diñeiro ou provisións que se lle dan a alguén para unha viaxe.
• Valoración crítica
Arredor de si é unha obra que me parece moi interesante sobre todo para alumnos que estén a estudiar ós
autores da Xeración Nós porque axuda a comprende−la súa obra ó reflectiren a súa evolución ata chegar ó
galeguismo.
Pareceume unha obra moi difícil de ler porque nela menciónase unha gran cantidade de filósofos e escritores
estranxeiros descoñecidos para min a maior parte deles e, polo tanto non sei o que supuxo para o autor a súa
obra e ideoloxía.
Non é unha obra moi extensa pero leva banstante tempo lela por mor dos xa mencionados autores
descoñecidos e pola presencia de vocabulario propio doutra etapa do galego e que ignoraba posto que hoxe en
día apenas se utiliza.
Penso que nesta novela cobran máis importancia os personaxes que as accións que sobre eles suceden porque
relátase sobre todo o seu pensamento.
6
Descargar