Aproximación aos deportes sociomotrices dende o xogo Fichier

Anuncio
APROXIMACIÓN AOS DEPORTES
SOCIOMOTORES DENDE O XOGO.
O VOLEIBOL
Santiago de Compostela, novembro 2015
HENRIQUE XOÁN RODRÍGUEZ PANTÍN
1. CARACTERÍSTICAS DO VOLEIBOL
O voleibol está catalogado como deporte de cooperación/oposición de espazo
separado e participación alternativa ou como deporte de rede (de cancha dividida).
Presenta unha serie de características propias que o diferencian do resto dos
deportes sociomotores e que lle confiren unha personalidade propia.
Tendo en conta os aspectos estruturais e funcionais dos deportes, imos realizar
unha análise das principais características do voleibol, as cales deberemos ter en
conta no proceso de ensinanza-aprendizaxe deste deporte.
a) A técnica.
Esta é a características que máis diferenza ao voleibol dos demais deportes de
cooperación/oposición e inflúe considerablemente en varios aspectos do xogo:
- Balón golpeado. O feito de que o balón non se poida coller ou reter, senón que só
se pode golpear, fai máis difícil o control do mesmo, xa que o tempo durante o que
se contacta co balón é moi reducido. O balón non pode ser collido e logo lanzado,
senón que as accións de recibir e pasar fúndense nunha soa.
Esta imposibilidade de "preparar o balón" esixe unha moi boa percepción espaciotemporal para apreciar con moita precisión as traxectorias do balón e así poder
desprazarnos e adoptar unha posición que nos permita intervir con efectividade
sobre o balón.
- Golpeos simétricos. Os golpeos máis habituais (pases de dedos e antebrazos)
son simétricos; realízanse coas dúas extremidades superiores, o que esixe unha
orientación corporal determinada. Son, en certo sentido, “antinaturais”, e necesitan
unha certa aprendizaxe.
b) O espazo de xogo.
- Espazos de xogo separados. Cada equipo actúa no seu propio espazo de xogo e
non pode utilizar o espazo de xogo do equipo contrario. Esta distribución dos
equipos en campos separados produce unha alternancia no xogo, xa que os dous
equipos non poden actuar sobre o balón á vez. Iso posibilita unha certa liberdade no
xogo do equipo en posesión do balón, xa que non é posible facer marcaxes nin
interferir nas accións do equipo que está atacando.
- A rede. É un obstáculo a superar e limita o espazo polo cal debe pasar o balón dun
campo a outro. Este obstáculo obriga a que as traxectorias do balón teñan unha
certa altura. Esta circunstancia fai que os xogadores dirixan a mirada gran parte do
tempo cara a arriba, perdendo as referencias visuais habituais, dificultando a súa
orientación espacial.
- Espazo de xogo relativamente pequeno. Se o comparamos co espazo de xogo
doutros deportes de cooperación/oposición, vemos que o terreo de xogo de voleibol
é moi pequeno, e que o espazo correspondente a cada xogador é tamén menor:
1
Voleibol
Baloncesto
Balonmán
Terreo de xogo
162 m2
420 m2
800 m2
Espazo por xogador
13.5 m2
42 m2
57.1 m2
Este espazo tan reducido que corresponde a cada xogador fai necesaria unha
interrelación moi estreita entre os xogadores dun equipo para evitar que se produzan
interferencias entre as accións duns xogadores coas dos outros.
Por outra banda, existe a posibilidade de xogar o balón fóra do terreo de xogo, pero
unicamente no lado da rede correspondente ao campo de xogo propio.
- Obxectivo horizontal e grande. O obxectivo onde que hai que enviar o balón para
conseguir gañar unha xogada é todo o campo do equipo contrario (81 m 2), e ten
unha disposición horizontal, ao contrario que os obxectivos na maioría dos deportes,
que teñen unha disposición vertical.
- Subespazos con limitacións. A zona de ataque limita as accións dos zagueiros,
que non poden rematar saltando dentro desa zona.
c) O regulamento.
- Actuación limitada sobre o balón. Esta actuación limitada sobre o balón ponse
de manifesto en varios aspectos:
- Cada equipo só pode dar tres golpeos ao balón cada vez que o balón está no seu
campo (sen contar o bloqueo), o que confire rapidez ao xogo e impide o xogo
pasivo. Así mesmo, esta limitación obriga a unha alta organización interna do
equipo, xa que non hai posibilidade de rectificar os erros.
- Un xogador non pode golpear o balón dúas veces seguidas (agás despois dun
bloqueo), o que impide o avance dos xogadores co móbil e o xogo individualista.
- Rotación dos xogadores. A rotación dos xogadores por todos os postos ao longo
dun encontro vai imposibilitar unha especialización completa dun xogador nun posto
ou función específicos.
d) O tempo de xogo.
- Duración indeterminada. O voleibol non se xoga cun tempo límite, senón que é o
tanteo o que marca a duración dos sets e do partido.
- Ritmo de xogo rápido. O voleibol é un xogo moi rápido. As transicións defensaataque e ataque-defensa son instantáneas. Cando un equipo pasa o balón ao
campo contrario, xa está defendendo; e cando un equipo realiza a defensa, esa
defensa é o comezo do seu ataque. Esta circunstancia esixe aos xogadores un
cambio de mentalidade ofensiva/defensiva moi rápido. O ritmo de xogo pode
variarse pouco, xa que as accións sobre o balón están limitadas (3 golpeos cada
vez) e o balón non pode ser retido.
2
Así meso, o tempo dispoñible para a toma de decisión é moi reducido, xa que non
podemos coller o balón e pararnos a observar a colocación dos xogadores. A única
excepción é no momento do saque.
e) Comunicación motriz.
O voleibol desenvólvese nun espazo sociomotor con interacción motriz directa no
espazo común que se comparte cos compañeiros do equipo e cos opoñentes que se
encontran ao outro lado da rede.
A comunicación motriz existente no voleibol consiste en comunicación práxica
esencial e directa de comunicación (cooperación co compañeiro) e
contracomunicación (oposición contra os adversarios), e a indirecta praxémica e
xestémica.
Respecto a este elemento estrutural, cada xogador debe funcionar sobre a base das
accións dos seus compañeiros, en forma de axustes espaciais e constante
comunicación verbal e xestual que beneficien a coordinación entre os xogadores nas
accións a executar. Isto supón un traballo de apoio constante, nas situacións de
ataque principalmente, do xogador que non ten o balón.
Na interacción entre compañeiros, a comunicación verbal e xestual vólvense
fundamentais. A primeira é relevante en canto a que se produce usualmente nunha
acción continua do xogo e que require inmediatez; é moi importante en todas as
situacións nas que hai incerteza sobre cal é o xogador que debe golpear o balón,
cando o balón se dirixe á intersección entre as zonas de dous ou máis xogadores. A
segunda, normalmente marcada mediante sinais cos dedos, implica unha
formulación estratéxica coñecida, ou durante o desenvolvemento do xogo, cando se
cambia de sinal e/ou acción a última hora para adaptarse a circunstancias
cambiantes do xogo.
En ataque (equipo con balón), as principais accións de xogo que se organizan a
partir desta comunicación previa correspóndense coas situacións de colocación e de
finalización do ataque. Non obstante, en situacións de organización do ataque ante
contraataque, os criterios que conducen a resposta ofensiva vanse construíndo
durante o desenvolvemento da acción de xogo, en función das incidencias que van
sucedendo no propio equipo e no contrario.
En defensa (equipo sen balón), o traballo desenvolverase en función dos
adversarios e os movementos e indicacións dos compañeiros. A repartición de
responsabilidades defensivas en canto á zona que han de cubrir os xogadores que
defenden lonxe da rede dependerá de onde se sitúen os bloqueadores.
f) Roles e subroles.
Os roles estratéxicos que poden asumir os xogadores de voleibol son os de xogador
con balón, xogador sen balón do equipo que ten o balón e xogador do equipo que
non ten o balón.
A alternancia destes roles é constante, dado que sucesivamente se pasa do ataque
3
á defensa e viceversa e, ademais, durante a construción do ataque, un xogador
pode asumir en moi pouco tempo dous roles diferentes, o de golpear o móbil e o de
non o golpear. As estratexias do equipo e os condicionantes do xogo determinarán a
elección dun subrol ou outro e o emprego dun determinado tipo de golpeo que
permita levar a cabo a decisión adoptada.
Roles
Xogador que golpea o
balón
Xogador sen balón do
equipo con balón
Xogador do equipo
que non ten o balón
Subroles
Poñer o balón en xogo
Pasar a un compañeiro (favorecer)
Tocar o balón para evitar o contacto do balón co chan
Pasar ao campo contrario (dificultar)
Fintar
Rematar a xogada
Apoiar aos compañeiros
Amagar
Axustar a situación en función de adversarios/compañeiros
Anticiparse
Bloquear
Fintar
4
2. CONSIDERACIÓNS PARA A INICIACIÓN NO VOLEIBOL
O voleibol, como acabamos de ver, é un deporte que presenta grandes esixencias
perceptivas e decisionais, debido á interacción motora existente. Así mesmo, esixe
inicialmente un mínimo de familiarización co móbil e as súas formas básicas de
golpeo. É importante asociar estas prácticas de familiarización con determinados
obxectivos motores a conseguir (manter en xogo o móbil mediante golpeos
consecutivos, devolver a determinadas zonas, intercambiar golpeos con
compañeiros enviando o móbil a determinadas zonas, etc.).
Aínda que algunhas metodoloxías comprensivas e construtivistas propoñen desde o
primeiro momento da iniciación deportiva a práctica do deporte - ben na súa
expresión máxima, con todos os elementos estruturais, ben mediante modificacións
do deporte - é moi difícil no voleibol realizar iso sen unha mínima aprendizaxe
técnica. Isto non quere dicir que se deba realizar mediante unha aprendizaxe
analítica, senón que se poderían utilizar formas xogadas ou simplificadas do
voleibol. É moi difícil pretender que os alumnos realicen accións de xogo cunha
intencionalidade táctica se teñen moita dificultade en realizar os golpeos ao balón e
que este leve a traxectoria desexada.
Por outra parte, as metodoloxías comprensivas e construtivistas inclúen case todas
elas adaptacións do deporte, con diferentes intencións e denominacións (xogos
modificados, xogos reducidos, minideportes,…). Estas adaptacións teñen como
obxectivo facilitar a aprendizaxe de diferentes aspectos do xogo, potenciándoos e,
como consecuencia, minimizando ou obviando outros aspectos. En todas estas
adaptacións do deporte e en todas as situacións pedagóxicas que se utilicen na
iniciación ao voleibol podemos modificar ou eliminar algúns elementos estruturais e
funcionais, pero debemos ser conscientes das consecuencias que esa modificación
pode ter.
Estas adaptacións deben conservar na medida do posible a esencia do deporte, de
tal xeito que logo non haxa dificultades en pasar da práctica do deporte adaptado ao
deporte real.
Entre os elementos do voleibol susceptibles de ser modificados podemos mencionar
os seguintes:
- Balón.
Un aspecto do voleibol que "asusta" aos principiantes é a dor que pode causar as
primeiras veces o golpeo ao balón, sobre todo no pase de antebrazos. Podemos
utilizar nas primeiras sesións balóns máis brandos, de gomaespuma ou materiais
similares, para evitar a inhibición que pode provocar este feito nos alumnos. Se non
se dispón destes balóns, unha solución pode ser utilizar os balóns regulamentarios
con menos aire.
Cando se utilicen este tipo de balóns é moi importante insistir na correcta execución
dos golpeos. A ausencia de dor favorece que se golpee o balón de calquera
maneira, co risco de automatizar eses golpeos. Cando se empece a practicar co
balón regulamentario pode haber lesións (sobre todo no pase de dedos) e
inhibicións.
5
Se estes balóns, ademais de ser máis brandos, son tamén menos pesados ou máis
grandes, será necesaria unha adaptación da enerxía transmitida ao balón ou da
colocación dos brazos e mans cando se practique co balón regulamentario.
A utilización destes balóns non se debe limitar ás primeiras sesións, senón que
posteriormente se poden seguir utilizando para aumentar o dominio dos pases, ao
ser realizados con balóns de diferentes tamaños e pesos.
- Formas de intervención sobre o balón.
Para darlle maior continuidade ao xogo algúns autores propoñen variar as formas de
intervención sobre o balón, coas seguintes modificacións:
- permitir coller o balón;
- permitir que o balón dea un bote.
Se se permite coller o balón, pérdese un dos elementos específicos do voleibol que
é o golpeo. Con esta modificación os alumnos non golpean un balón que lles chega
cunha traxectoria e velocidade determinadas, distintas en cada ocasión, senón que
golpean un balón que eles mesmos lanzaron ao aire. A apreciación das traxectorias
do balón e os desprazamentos para situarse correctamente respecto ao balón, dous
aspectos moi importantes no voleibol, perden con esta modificación toda a súa
importancia, e non se desenvolverán eficazmente.
Se se permite que o balón dea un bote, modifícase totalmente a apreciación de
traxectorias. En vez de desprazarnos en función dunha parábola (a que describe o
balón polo aire), terémolo que facer en función de dúas (a que describe antes de
botar e a que describe despois). Ademais dos inconvenientes da modificación
anterior, o feito de deixar botar o balón presenta outro problema: despois do bote, o
balón perde enerxía e non se eleva moito, obrigando ao xogador a adoptar una
posición moi baixa e a comunicarlle ao balón unha enerxía maior que a que habería
que transmitir en condicións normais. Esta circunstancia provoca movementos
esaxerados nos xogadores, sobre todo no pase de antebrazos.
Outra modificación, con obxectivo distinto das anteriores, é outorgar un punto extra
ás xogadas que finalicen cun golpeo concreto, para potenciar a execución dun
determinado tipo de golpeo.
- Número de toques por equipo.
Non permitir devolver o balón ao primeiro toque ou esixir dar tres toques favorece o
xogo de equipo e permite que interveña no xogo un maior número de xogadores. Por
outro lado, estas normas van obrigar ao xogador que realice o primeiro golpeo a ter
unha orientación determinada e a aumentar o control da enerxía transmitida ao
balón, xa que o balón deberá quedar no seu propio campo e en condicións de ser
xogado por un compañeiro.
- Número de xogadores.
Canto menor sexa o número de xogadores, a incerteza será menor e haberá máis
oportunidades para intervir no xogo. As indecisións serán menos habituais e haberá
unha maior continuidade no xogo.
Un caso especial da redución do número de xogadores é o xogo de 1 contra 1.
6
Nesta situación eliminamos a incerteza sobre quen debe golpear o balón, xa que
non hai compañeiros. Pero eliminamos tamén unha toma de decisión importante no
voleibol: golpeo eu ou un compañeiro? É dicir, convertemos o voleibol nun deporte
de oposición. Outra aspecto que tamén se ve afectado é a variación nos golpeos.
Para o xogo 1 x 1 deberemos usar un espazo de xogo pequeno (estreito e curto),
onde a maioría dos pases van ser na mesma dirección na que recibo o balón,
eliminando a realización de pases nos que o balón nos chega nunha dirección e
debemos envialo noutra.
- O terreo de xogo. (Cando nos refiramos neste apartado ao tamaño do terreo de xogo, sempre
será en relación ao número de xogadores).
Os terreos de xogo pequenos favorecen que se produza un maior número de
contactos co balón, xa que os desprazamentos serán curtos e os xogadores non
terán moitas dificultades en chegar ao balón. Por outro lado, aumenta a esixencia no
control da enerxía transmitida ao balón, debido ás reducidas dimensións do terreo
de xogo.
Os terreos de xogo anchos esixen máis desprazamentos laterais, desenvolvendo
con maior efectividade esta faceta do xogo.
Os terreos de xogo longos e estreitos favorecen que haxa máis intercambios de
balóns entre os dianteiros e os zagueiros, esixindo ao mesmo tempo unha maior
precisión na dirección na que se envía o balón. Teñen o inconveniente de que se os
xogadores non son capaces de realizar pases longos, o xogo concéntrase cerca da
rede e os zagueiros non interveñen.
Outra modificación que afecta ao terreo de xogo non é o seu tamaño, senón limitar a
zona na que se pode conseguir punto (ou dar un punto extra se o balón cae nunha
zona determinada): Desta maneira potenciamos a realización dos pases dirixidos a
unhas zonas determinadas e que a defensa se centre nesas zonas.
Tamén podemos determinar áreas de xogo restrinxidas, nas que non se poden estar
ou non se pode realizar un determinado golpeo, para potenciar a realización
dalgunha acción concreta (exemplos: non se pode rematar polo centro, para
favorecer o xogo de ataque polas zonas laterais; non se poden realizar pases de
antebrazos na zona de ataque, para obrigar a dar pases altos e que sexa factible o
pase colocación).
- Altura da rede. Unha rede alta vai esixir que os pases sexan altos, aumentando o
tempo de voo do balón e o tempo do que dispoñemos para desprazarnos, así como
aumentando o tempo para a toma de decisión. Ademais, unha rede alta evita os
remates, o que permite unha maior continuidade no xogo.
Unha rede baixa favorece as traxectorias rápidas e o xogo de ataque, dificultando ao
mesmo tempo as accións defensivas.
7
3. PROPOSTAS DE INICIACIÓN AO VOLEIBOL
a) Proposta de David Rodríguez Ruiz. (Metodología de enseñanza de las
habilidades propias del voleibol. Lecturas: Educación Física y Deportes. Revista
Digital - Buenos Aires - Año 13 - Nº 127 - Diciembre de 2008).
Nesta proposta o autor presenta dúas progresións para a iniciación ao voleibol,
partindo de xogos modificados, seguindo o modelo comprensivo.
Progresión de un juego modificado deportivo de uno contra uno (1 vs 1)
1.
Juego modificado deportivo
En una zona de campo reducida se juega un uno contra uno (1 vs 1), la forma de pasar el
balón es mediante un lanzamiento por encima de la red o cuerda. El juego se inicia con un
lanzamiento fácil de uno de los jugadores y luego se pasa a intentar que pique en el suelo del
campo contrario. No se puede caminar con el móvil, sino coger y lanzar. Otra regla que no se
plasme aquí y ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para favorecer alguna
de las características de los juegos modificados deportivos. Cuyos objetivos vendrían
representados por:
El dominio de los desplazamientos antero - posterior.
El empleo de tácticas básicas.
La coordinación, en el cálculo de trayectorias.
El empleo de lanzamiento del balón o pelota de espuma.
2.
Minivoley
En una zona de campo reducida se juega un uno contra uno (1 vs 1), la forma de pasar el
balón es mediante una acción técnica determinada (toque de dedos o mano baja) por encima
de la red o cuerda. El juego se inicia con un saque mediante el gesto indicado, de forma fácil,
de uno de los jugadores y luego se intenta que pique en el suelo del campo contrario. Otra
regla que no se plasme aquí y ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para
favorecer el objetivo marcado en el ejercicio. Las metas a cumplir en esta etapa de la
progresión son:
El dominio de los desplazamientos antero - posterior.
La coordinación, en el cálculo de trayectorias.
El empleo de alguna acción técnica determinada.
La adaptación del gesto técnico a las necesidades tácticas.
3.
Voleibol
En una zona de campo reducida se juega un uno contra uno (1 vs 1), la forma de pasar el
balón es mediante una acción técnica determinada (toque de dedos o mano baja) por encima
de la red o cuerda. El juego se inicia con un saque mediante el gesto indicado, de forma fácil,
de uno de los jugadores y luego se intenta que pique en el suelo del campo contrario. Otra
regla que no se plasme aquí y ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para
favorecer el objetivo marcado en el ejercicio. Estos ejercicios se pueden utilizar como:
Perfeccionamiento de los desplazamientos antero - posterior.
Sesión recordatoria.
Trabajo específico de ese gesto técnico.
Trabajo condicional mediante juego.
8
Progresión de un juego modificado deportivo de dos contra dos (2 vs 2)
1.
Juego modificado deportivo
En una zona de campo reducida se juega un dos contra dos (2 vs 2), la forma de pasar el
balón es mediante un lanzamiento por encima de la red o cuerda. El juego se inicia con un
lanzamiento fácil de uno de los jugadores y luego se pasa a intentar que pique en el suelo del
campo contrario. No se puede caminar con el móvil, sino coger y lanzar. Otra regla que no se
plasme aquí y ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para favorecer alguna
de las características de los juegos modificados deportivos. Posible variante, es con pase entre
los compañeros (2 o 3 pases). Cuyos objetivos vendrían representados por:
Dominio de los desplazamientos antero - posterior.
Empleo de tácticas básicas.
Coordinación, en el cálculo de trayectorias.
Empleo de lanzamiento del balón o pelota de espuma.
Cooperación con el compañero.
2.
Minivoley
En una zona de campo reducida se juega dos contra dos (2 vs 2), la forma de pasar el balón
es mediante una acción técnica determinada (toque de dedos o mano baja) por encima de la
red o cuerda. El juego se inicia con un saque mediante el gesto indicado, de forma fácil, de
uno de los jugadores y luego se intenta que pique en el suelo del campo contrario. Otra regla
que no se plasme aquí y ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para
favorecer el objetivo marcado en el ejercicio. Una posible variante es introducir pases entre
los compañeros (1 o 2 pases). Las metas a cumplir en esta etapa de la progresión son:
Dominio de los desplazamientos antero-posterior.
Coordinación, en el cálculo de trayectorias.
Empleo de alguna acción técnica determinada.
Adaptación del gesto técnico a las necesidades tácticas.
Cooperación con el compañero.
3.
Voleibol
En una zona de campo reducida se juega un dos contra dos (2 vs 2), la forma de pasar el
balón es mediante una acción técnica determinada (toque de dedos o mano baja) por encima
de la red o cuerda. El juego se inicia con un saque mediante el gesto indicado, de forma fácil,
de uno de los jugadores y luego se intenta que pique en el suelo del campo contrario. Se
introduce el pase entre compañeros (regla de tres pases). Otra regla que no se plasme aquí y
ocurra en el momento puede ser modificada y/o añadida para favorecer el objetivo marcado
en el ejercicio. Estos ejercicios se pueden utilizar como:
Perfeccionamiento de los desplazamientos antero - posterior.
Sesión recordatoria.
Trabajo específico (situación de juego).
Trabajo condicional mediante juego (control).
Cooperación con el compañero.
Conclusiones
El juego modificado deportivo en el alto rendimiento se transforma en un juego
simplificado, de ahí la importancia de introducir los juegos modificados deportivos de cancha
dividida en la iniciación, es decir, en las primeras etapas del aprendizaje en Minivoley o en la
escuela deportiva como complemento general.
9
Por tanto, la evolución cronológica de cada fase de la progresión de la enseñanza aplicada
en el Voleibol debería ser la siguiente:
Figura 9. Fases de enseñanza en voleibol según el modelo horizontal comprensivo.
10
b) Proposta de Antonio Tinajas Ruiz e José Tinajas Ruiz. (Unidad didáctica de
iniciación al voleibol para chicos y chicas de 4º de Enseñanza Secundaria
Obligatoria (15-16 años). Lecturas: Educación Física y Deportes. Revista Digital Buenos Aires - Año 13 - Nº 123 - Agosto de 2008).
Nesta proposta os autores expoñen unha unidade didáctica para a iniciación ao
voleibol nun contexto educativo, na que combinan diferentes formulacións
metodolóxicas (ensinanza técnica, ensinanza baseada na táctica a través do xogo
modificado e ensinanza centrada na técnica por medio do xogo real).
Cada sesión está dividida en dúas partes: a primeira está dedicada á práctica de
xogos modificados, con grupos heteroxéneos; a segunda está dedicada ao xogo real
con modificación do número de xogadores. Nesta segunda parte da sesión
realízanse por parte das/os alumnas/os avaliacións do comportamento técnico e
táctico.
Exemplos de sesións desta proposta:
Sesión nº 4
Calentamiento.
Juego 7: Juego por tríos, de golpes de dedos y de antebrazos. Los jugadores adoptan una
distribución triangular y se pasan el balón con golpes de dedos (GD) o de antebrazos (GA),
como les venga bien y en el orden que quieran.
Juego 8: Juego por tríos, de golpes de dedos. Igual que el juego 7, pero utilizando sólo
GD.
Juego 9: Juego por tríos, de golpes de antebrazos. Igual que el juego 7, pero utilizando
sólo GA.
Juego 10: Juego en grupos de 5, de golpes de dedos y de antebrazos. Los jugadores
adoptan una distribución en círculo. Se pasan el balón con el golpe que les venga bien. No
pueden pasar a los compañeros contiguos. Gana el grupo que efectúa un mayor número de
golpes antes de que la pelota caiga al suelo.
Partido 2x2.
Sesión nº 12
Calentamiento.
Juego 23: Juego por parejas, de golpe de antebrazos, sentados. Como el juego 22, pero
por parejas. La pareja de jugadores se pasa el balón mediante GD y GA (como les vaya bien).
Han de sentarse y continuar pasándose el balón. Se contabilizan los golpes que dan una vez
sentados hasta que la pelota cae al suelo.
Juego 24: Juego en grupos de 6, de lanzamiento a canasta. Similar al juego 15, pero
usando sólo GD. Formamos 4 equipos con el grupo-clase. En cada canasta compiten dos
grupos. Cada grupo acabará compitiendo contra los otros tres. El juego consiste en encestar la
pelota que es lanzada exclusivamente con GD. La pelota debe tocar el tablero antes de
encestarse, no puede tocar el suelo, y, si rebota en el tablero o en el aro, no puede ser enviada
directamente, sino que tiene que tiene que efectuarse un pase intermedio. Se contabilizan las
canastas que efectúa un equipo en tres minutos. Si se contraviene alguna de las normas, se
vuelve a empezar.
Partido 6x6.
11
c) Proposta de Sagrario del Valle Díaz, María Jesús García Hernández e
Ricardo de la Vega Marcos. (Método comprensivo vertical en el aprendizaje del
voleibol. Un ejemplo práctico en secundaria. Revista Pedagógica Adal, Nº 22, Marzo
2011).
Nesta proposta os autores expoñen, seguindo o modelo comprensivo vertical, as
liñas xerais e a metodoloxía a aplicar na iniciación ao voleibol nun contexto
educativo, pero sen detallar o tipo de actividades a realizar nin unha progresión nos
contidos a impartir.
Objetivos didácticos
Comprender el deporte del voleibol teniendo en cuenta su origen, características generales y
fundamentos reglamentarios.
a) Tomar conciencia de los principios tácticos en ataque y en defensa:
I) mantener el móvil en juego;
II) llevar la iniciativa en el juego;
III) conseguir el objetivo.
b) Conocer los elementos necesarios para poder planificar y llevar a cabo una competición
interna de voleibol.
c) Ser consciente de que la práctica del voleibol como una actividad de alto valor recreativo y
lúdico, que favorece el desarrollo personal y mejora la calidad de vida y la salud.
d) Potenciar el espíritu de cooperación y el trabajo en equipo.
Contenidos conceptuales
Conocimiento del origen, la historia y
el reglamento del voleibol
Contenidos procedimentales
Indagación y búsqueda mediante el
visionado de un vídeo y la indagación en internet del origen, la historia
y el reglamento del voleibol
Toma de conciencia del Primer Prin- Lanzamiento y recepción del móvil
cipio en ataque y en defensa del de- con dos manos como recursos para
porte de voleibol. Fase de relación:
una posesión segura, autopases
familiarización
después de un control para una posesión segura y golpeos a un compañero o sitio determinado
Comprensión del Primer Principio en Aprendizaje de los toques y golpeos
ataque y en defensa del deporte de
básicos en función del objetivo táctivoleibol. Fase de relación: golpeos y co, comprendiendo la mecánica de
toques básicos
su ejecución, al servicio del mantenimiento del juego
Conocimiento del Segundo Principio Trabajo práctico para comprender la
en ataque y en defensa del deporte
noción de altura de la red; desplazade voleibol. Fase de desarrollo de las mientos para llevar la iniciativa; precapacidades técnico-tácticas para el paración los pases reconociendo las
juego individual y colectivo compartir debilidades del contrario; precisión
el espacio colocándose en función
en los pases y golpeos para descode quien lleve la iniciativa en el juego locar al contrario; realización de saques como medio para empezar atacando
Toma de conciencia del Tercer Prin- Aprendizaje de los momentos adecipio en ataque y en defensa del de- cuados para finalizar la jugada; prác12
Contenidos actitudinales
Toma de conciencia de los recursos
que tenemos a nuestro alcance para
la comprensión del deporte de voleibol
Valoración y participación en las actividades con independencia del resultado y del nivel de destreza alcanzado
Valoración de la importancia del trabajo en equipo.
Desarrollo del espíritu de cooperación y el trabajo en equipo
Desarrollo de la cooperación como
medio para llevar a cabo propuestas
porte de voleibol. Fase de finalización
tica con una mecánica simple de los
distintos tipos de pases y golpeos de
finalización para conseguir el objetivo
Conocimiento de los elementos neOrganización de competiciones incesarios para poder planificar y llevar ternas y aplicación al torneo en los
a cabo una competición interna de
recreos
voleibol
que provocan adherencia al deporte
Valoración de la práctica del voleibol
como una actividad de alto valor recreativo y lúdico, que favorece el
desarrollo personal y mejora la calidad de vida
Metodología
Teniendo en cuenta el nivel de partida del alumnado y el conocimiento del deporte de
voleibol, se propone en cada una de las sesiones, para cumplir los objetivos
planteados, un método comprensivo vertical amparado desde un enfoque constructivista,
donde las situaciones de juego contextualizadas son el eje central sobre el que pivota el
desarrollo de la labor docente. Especial atención se va a dar al pensamiento táctico de ahí que
se utilice una técnica de enseñanza mediante la búsqueda con una estrategia global, además
del estilo de enseñanza por descubrimiento guiado el cuál provoca mayor implicación
cognitiva del sujeto en el aprendizaje. Para la iniciación deportiva del voleibol se realizarán
juegos modificados o adaptados en progresión de dificultad, donde predomine una enseñanza
global que facilite la transferencia con la situación de juego real.
13
Documentos relacionados
Descargar