memoria do lectorado de lingua galega

Anuncio
MEMORIA DO LECTORADO DE
LINGUA GALEGA
UNIVERSIDADE DE DEUSTO/DEUSTUKO UNIBERTSITATEA
CÁTEDRA DE ESTUDOS GALEGOS/GALIZIAKO IKASKUNTZEN
KATEDRA
Período: curso 2014/2015
Lectora: Ana Belén Crespo Bastos
2
ÍNDICE
ÍNDICE ...................................................................................................................................................... 3
1. Introdución ........................................................................................................................................ 5
A Cátedra de Estudos Galegos .................................................................................................... 5
A lectora .............................................................................................................................................. 6
2. Ámbito de actuación ...................................................................................................................... 8
2.1. Docencia...................................................................................................................................... 8
2.1.1. Programación docente das materias impartidas ................................................ 9
2.1.2. Docencia no curso 2014/2015 .................................................................................16
2.2. Actividades ..............................................................................................................................16
Celebración do Samaín cos Contos do magosto .............................................................17
Proxección do filme A esmorga no Festival de cine Zinegoak..................................17
Conferencia A cultura galega e a gastronomía na televisión .....................................18
Conferencia La enseñanza de la lengua gallega en el Bierzo: otras prácticas de
enseñanza multilingüe .............................................................................................................18
Conferencia Que é iso do Festival de Cans? Unha conversa para descubrir un
festival de cine diferente ..........................................................................................................19
2.3. Atención a outros centros ..................................................................................................20
2.4. Difusión .....................................................................................................................................21
ANEXOS..................................................................................................................................................23
1. A presenza das actividades da Cátedra nos medios ....................................................25
2. Artigo na revista do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo ..................................32
3
4
1. Introdución
A Universidade de Deusto / Deustuko Unibertsitatea foi fundada no 1886 pola
Compañía de Jesús. No seu nacemento coinciden as preocupacións e intereses
culturais tanto do País Vasco por ter unha universidade propia, como da Compañía de
Jesús por trasladar o seu colexio superior dende A Guarda (Pontevedra) a un lugar
máis céntrico. Para tal propósito elíxese Bilbao, un porto e cidade comercial que
estaba experimentando nesa época un considerable crecemento industrial.
Na actualidade a Universidade de Deusto conta con dous campus situados nas
dúas capitais costeiras do País Vasco: Bilbao e Donostia.
En cifras podemos dicir que a Universidade de Deusto conta con 10.537
estudantes e 2.197 estudantes internacionais. Son 2.345 os profesores e no que
respecta á formación a universidade conta con 19 graos adaptados ao EEES e 3 títulos
propios, 4 dobres graos adaptados ao EEES, 40 másters universitarios, 19 títulos
propios e máis de 10 programas executive, 7 programas de Doutoramento, 6 másters
Erasmus Mundus.
A Cátedra de Estudos Galegos
No ano 1992, constituíuse a Cátedra de Estudos Galegos / Galiziako Ikaskuntzen
Katedra na Facultade de Filosofía e letras / Gizarte eta Giza Zientzien Fakultatea,
grazas a un convenio marco de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e a
Universidade de Deusto en xullo de 1991. A través deste convenio, preténdese a
colaboración da Universidade de Deusto en todo o que supoña o fomento do
coñecemento da lingua, a literatura e a cultura galegas por medio de “cursos,
conferencias, seminarios, publicacións e calquera outra actividade que poida servir
como vehículo entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Deusto”.
Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia subvenciona esta entidade con recursos
económicos e materiais.
A partir do ano académico 1998-1999, a lingua, literatura e cultura galegas
integráronse no plan de estudos como materias de libre elección ofertadas para o
5
conxunto da Universidade, coa intención de lograr así unha maior efectividade con
respecto aos obxectivos propostos.
Entre estes, podemos destacar os seguintes:
-
Poñer ao alcance dos descendentes de galegos a posibilidade de coñecer
e estudar a lingua e a cultura de Galicia para non perder o vínculo coas súas
orixes, así como para satisfacer a todos aqueles estudantes interesados nestas
cuestións.
-
Servir de referente a calquera persoa que, sen pertencer á comunidade
universitaria, mostre inquedanzas por calquera tema vinculado con Galicia.
-
Manter un estreito contacto cos centros rexionais do País Vasco máis
próximos para a realización de cursos de lingua ou cultura galegas ou para a
posta en marcha doutro tipo de actividades, ademais de atender a todas
aquelas persoas ou entidades que teñan interese por algunha cuestión
relacionada con Galicia.
Na actualidade, a Cátedra está dirixida pola Dra. María Luz Suárez Castiñeira e
conta cunha profesora lectora, Ana Belén Crespo Bastos, licenciada en Filoloxía Galega
pola Universidade de Vigo e en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de
Compostela.
Desde a fundación da Cátedra de Estudos Galegos hai xa máis de 20 anos, a
Universidade de Deusto ten sido escenario de diversas manifestacións culturais
galegas. Así, ten acollido cursos, conferencias, coloquios, actuacións teatrais, concertos,
contacontos, exposicións, etc., tentando sempre responder así aos intereses e as
expectativas das persoas relacionadas coa comunidade galega e a comunidade
universitaria.
A lectora
Segundo a Resolución do 4 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se adxudican catro prazas para a formación nos lectorados de
lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 13 de maio de 2014,
6
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (ED110B) foi nomeada
lectora para a Universidade de Deusto Ana Belén Crespo Bastos.
A Orde do 13 de maio de 2014, indica no seu artigo 6 que as actividades da
lectora serán os seguintes:
“Como complemento práctico ao seu programa de formación, desenvolverán
actividades de docencia, de programación e organización de tarefas, de investigación,
de difusión e de promoción relacionadas coa lingua, coa literatura e coa cultura
galegas, que se concretan nos convenios de colaboración asinados coas
correspondentes universidades. As ditas actividades non se limitarán ao ámbito
académico universitario senón que tamén abranguerán a súa área de influencia.”
“Á marxe da actividade docente académica, será parte integrante do programa
de formación a impartición de cursos preparatorios de cara a superar as probas para a
obtención dos certificados acreditativos do nivel de coñecemento de lingua galega
(Celga) que se realicen na súa localidade de destino.”
A incorporación da lectora actual produciuse o 1 de outubro de 2014.
Os datos de contacto son os seguintes:
Enderezo electrónico:
[email protected]
Páxinas web:
http://www.ceg.deusto.es www.facebook.com/CEGDeusto
Enderezo postal:
Galiziako Ikaskuntzen Katedra / Cátedra de Estudos Galegos
Deustuko Unibertsitatea / Universidad de Deusto
Gizarte eta Giza Zientzien Fakultatea / Facultad de Ciencias Sociales y Humanas
Apartado 1
48080 – Bilbo (Bizkaia)
7
2. Ámbito de actuación
A Cátedra de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Deusto/Deustuko
Unibertsitatea (UD), en cumprimento do Convenio de Colaboración para a docencia, a
investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas, que se asina
anualmente entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Deusto, levou a cabo ao longo
do curso 2014/2015 unha serie de accións dentro dos seus ámbitos de actuación, que
deseguido se detallan en catro apartados:
—
Docencia
—
Actividades
—
Atención a outros centros
—
Difusión
2.1. Docencia
A partir do curso 2012/2013, e en aplicación do disposto no Plan Bolonia,
dende a CEG pasaron a ofertarse as seguintes materias:
—
SEGUNDA LINGUA I: GALEGO (6 créditos)
—
LITERATURA GALEGA (6 créditos)
—
HISTORIA, ESTRUTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA DA LINGUA GALEGA (6
créditos)
As materias de Literatura galega e Historia, estrutura e sociolingüística
pertencen ao 4º curso do Grao en Linguas Modernas. Concretamente a materia de
Literatura galega formaría parte da Mención en Literatura, mentres que a materia de
Historia, estrutura e sociolingüística da lingua galega pertencería á Mención en
Lingüística.
Ademais, a CEG organiza cursos de lingua galega abertos a calquera persoa,
pertencente ou non á comunidade universitaria, que desexe adquirir e/ou mellorar as
súas competencias orais e escritas neste idioma. Os cursos abarcan os diferentes niveis
8
contemplados no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas, e están
especialmente orientados para a preparación dos exames CELGA que convoca
anualmente a Xunta de Galicia.
2.1.1. Programación docente das materias impartidas
LITERATURA GALEGA (Grado en Lenguas Modernas)
Grao en Linguas Modernas. Mención en literatura
Profesorado: Ana Belén Crespo Bastos
Despacho: 334
Contacto: [email protected]
1. Descrición
O obxectivo fundamental desta materia céntrase na presentación dunha panorámica
da literatura galega desde as primeiras mostras escritas do período medieval até o
momento actual. Así mesmo, trataranse –sempre que se estimaren necesarios e
pertinentes para o desenvolvemento dos contidos da materia– aspectos concretos
relacionados coa cultura galega en xeral (arte, costumes, cinema, música, historia...), de
cara a ofrecerlle ao alumnado unha perspectiva o máis global e abranguinte posíbel.
2. Obxectivos
-
Comprender a importancia da literatura galega no desenvolvemento da cultura
e do pensamento de/en Galiza.
-
Introducir os criterios manexados de xeito convencional na delimitación da
literatura galega como sistema literario individualizado.
-
Entender a repercusión dos aspectos políticos e socio-culturais na
conformación dun sistema literario.
-
Capacitar o alumnado para relacionar os procesos evolutivos na literatura
galega con procesos análogos desenvolvidos noutras literaturas.
3. Programa e contidos
A materia organizarase nos seguintes bloques temáticos:
9
1. Aspectos introdutorios: o galego no contexto das linguas románicas
peninsulares e europeas. Situación sociolingüística e socio-literaria do galego na
historia.
2. A literatura galego-portuguesa medieval (ss. XII-XV)
2.1.
A lírica profana: cronoloxía, códices e xéneros
2.2.
A lírica relixiosa medieval: as Cantigas de Santa María
2.3.
A prosa literaria e a prosa historiográfica
3. Os Séculos Escuros (ss. XV-XVIII): autores e textos conservados. A importancia
da Ilustración en Galiza.
4. O século XIX: o Rexurdimento
4.1.
O Pre-Rexurdimento e a literatura dos Precursores
4.2.
A poesía: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez
4.3.
A prosa narrativa e o teatro no Rexurdimento
5. O século XX: o período de preguerra (1900-1936)
5.1.
Contexto socio-político: o agrarismo e a conformación do nacionalismo
galego (as Irmandades da Fala)
5.2.
Ramón Cabanillas (1876-1959), poeta de transición
5.3.
A Época Nós: concepto, límites cronolóxicos e marco histórico-cultural
5.4.
O Vangardismo e a súa repercusión en Galiza: Manoel Antonio e o
manifesto Máis Alá!
6. A literatura galega durante o franquismo (1936-1975)
6.1.
A recuperación cultural: o proxecto de Galaxia (1950)
6.2.
A poesía: Xeración do 36 e Xeración das Festas Minervais
6.3.
A recuperación da narrativa e do teatro
7. A literatura galega no período contemporáneo (1975-2012)
10
4. Metodoloxía
A lingua vehicular da materia será o galego. Sempre que for necesario para a correcta
comprensión dos contidos, o docente realizará aclaracións e explicacións puntuais
noutros idiomas (nomeadamente en castelán e inglés).
No desenvolvemento dos contidos propostos combinaranse as exposicións teóricas do
profesor co comentario de textos ou de calquera outro tipo de materiais (filmes,
cancións...) que se estimaren relevantes ou de interese para o alumnado. Neste
sentido, aproveitaranse tamén as posibilidades que ofrece a páxina de facebook da
Cátedra de Estudos Galegos (www.facebook.com/CEGDeusto), quer como apoio para a
actividade docente, quer como estímulo para a participación activa do alumnado.
5. Criterios de avaliación
O/a alumno/a pode escoller calquera destas dúas opcións para ser avaliado/a:
a) Avaliación continua: implica asistencia obrigatoria ou regular ás aulas. O 80%
da nota obterase mediante unha proba final, mentres que o 20% restante
conseguirase mediante a participación activa nas aulas, a asistencia
(obrigatoria) ás actividades propostas pola Cátedra de Estudos Galegos e a
realización dos exercicios e traballos que eventualmente se marcaren na aula.
b) Asistencia ao exame final da materia, na data en que se estabelecer.
6. Bibliografía e recursos recomendados (xerais)
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/
Carvalho Calero, Ricardo (1981): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo:
Galaxia.
Dunne, Jonathan (ed. e trad.): Anthology of Galician literature (1196-1981). Santiago de
Compostela: Xunta de Galicia / Vigo: Edicións Xerais.
Dunne, Jonathan (ed. e trad.) (2012): Anthology of Galician literature (1981-2011).
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Vigo: Edicións Xerais.
Enciclopedia Galega Universal (en liña): www.egu.es
LG3.
O
portal
da
literatura
galega
(Consello
da
Cultura
Galega):
http://www.culturagalega.org/lg3/
11
Salinas Portugal, Francisco (2003): "A emergência linguística e literária na Galiza", in
Tavares Maleval, A. / Salinas Portugal, F. (org.): Estudos galego-brasileiros. Rio de
Janeiro: H. P. Comunicação, pp. 27-46.
Tarrío Varela, Anxo (1994): Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo:
Xerais.
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia.
HISTORIA, ESTRUCTURA E SOCIOLINGÜÍSTICA DA LINGUA GALEGA
Grao en Linguas Modernas. Mención en linguística
Profesorado: Ana Belén Crespo Bastos
Despacho: 334
Contacto: [email protected]
1. Descrición
O obxectivo fundamental desta materia consiste en realizar unha visión panorámica da
lingua galega a través das súas dimensións histórica, dialectolóxica, social, etc. Así
mesmo, trataranse –sempre que se consideren necesarios e pertinentes para o
desenvolvemento dos contidos propostos– aspectos máis concretos relacionados coa
cultura galega en xeral.
2. Obxectivos
-
Analizar o proceso de conformación da lingua galega como variedade
lingüística singularizada dentro do contexto románico, dende as orixes ata a
época actual, atendendo aos principais mecanismos do cambio lingüístico.
-
Capacitar ao alumnado para relacionar os procesos evolutivos da lingua galega
con procesos análogos desenvolvidos noutros sistemas lingüísticos.
-
Comprender a repercusión das variables políticas e socioculturais na
conformación e a evolución dun sistema lingüístico, particularmente en
cuestións como a fixación da norma estándar, os procesos de enriquecemento
lexical, etc.
12
-
Establecer comparacións e analoxías entre a lingua galega e outras linguas
(pertencentes ou non ao ámbito románico) coas que comparte unha situación
sociolingüística similar.
3. Programa e contidos
A materia organizarase nos seguintes bloques temáticos:
1. O galego no contexto das linguas románicas
1.1.
A orixe do galego: substrato, estrato e adstrato
1.2.
Extensión xeográfica do galego. O sistema lingüístico galego-portugués
2. Estrutura interna da lingua galega
2.1.
Do latín ao galego: principais transformacións e cambios
2.2.
Aproximación á dialectoloxía do galego
2.3.
Introdución á onomástica: a toponimia e a antroponimia
3. A lingua galega: perspectiva social
3.1.
Desde a Idade Media á actualidade: historia externa da lingua galega
3.2.
Panorama sociolingüístico da Galicia actual
4. Metodoloxía
A lingua vehicular da materia será o galego, aínda que se lle poida proporcionar ao
alumnado explicacións ou aclaracións puntuais noutro idioma.
No desenvolvemento dos contidos propostos combinaranse as exposicións teóricas do
profesor co comentario de textos ou calquera outro tipo de materiais (filmes, cancións,
notas de prensa, reportaxes que se estimen relevantes ou de interese para o alumnado.
Neste sentido, aproveitaranse tamén as posibilidades que ofrece a páxina de facebook
da Cátedra de Estudos Galegos (www.facebook.com/CEGDeusto), ben como apoio
para a actividade docente, ben como estímulo para a participación activa do alumnado.
5. Criterios de avaliación
O/a alumno/a pode optar por calquera destas dúas vías para ser avaliado/a:
a) Avaliación continua: implica a asistencia obrigatoria ou regular á clase. O 70%
da nota obterase por medio dunha proba final, mentres que o 30% restante
conseguirase mediante a participación activa nas aulas, a asistencia
13
(obrigatoria) ás actividades propostas pola Cátedra de Estudos Galegos
(conferencias, charlas, presentacións, recitais,…) e a realización dos exercicios
e traballos que eventualmente se marquen na aula.
b) Asistencia ao exame final da materia, na data que sexa establecida.
6. Bibliografía básica e recursos recomendados
Aracil, Lluís V. (2004): Do latim às línguas nacionais: introdução à história social das
línguas europeias. Santiago de Compostela: Associação de Amizade Galiza-Portugal
Calvet, Louis-Jean (1998): A (Socio)lingüística. Santiago de Compostela: Edicións
Laiovento.
Enciclopedia Galega Universal (en liña): www.egu.es
Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
Ferreiro Fernández, Manuel (1995-1997): Gramática histórica galega (2 volumes).
Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.
Freixeiro Mato, X. R. (1997): Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de
Compostela: Laiovento.
Mariño Paz, Ramón (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo
Blanco.
Monteagudo Romero, Henrique (1999): Historia social da lingua galega: idioma,
sociedade e cultura a través do tempo. Vigo: Editorial Galaxia.
Observatorio da Lingua Galega (en liña): www.observatoriodalinguagalega.com
Pichel, José Ramom / Rodrigues Fagim, Valentim (2012): O galego é uma oportunidade
/ El gallego es una oportunidad. Ourense: Através.
Portas, Manuel (1993): Lingua e sociedade na Galiza. A Coruña: Baía Edicións.
Rodrigues Fagim, Valentim (2001): O galego (im)possível. Santiago de Compostela:
Edicións Laiovento.
Tusón, J. (1995): Mal de linguas, Santiago de Compostela, Ed. Positivas.
14
CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA GALEGA
Profesorado: Ana Belén Crespo Bastos
Despacho: 334
Contacto: [email protected]
A Cátedra de Estudos Galegos da Universidad de Deusto / Deustuko Unibertsitatea, en
colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza
un curso de iniciación á lingua galega. O curso, orientado a aquelas persoas con
escasos ou nulos coñecementos do idioma galego, terá como obxectivo a adquisición
dunhas competencias básicas (tanto a nivel oral como escrito), homologables ás que se
especifican para os niveis A1 e A2 no Marco Europeo Común de Referencia para as
Linguas, e estará especialmente orientado para a preparación das probas Celga
convocadas pola Xunta de Galicia (http://www.xunta.es/linguagalega/celga)
1. O artigo determinado. Formas e contraccións
2. O artigo indeterminado. Formas e contraccións
3. Os posesivos
4. Os pronomes persoais (átonos e tónicos). Formas e contraccións
5. Os cuantificadores. Formas e contraccións
6. Os verbos (regulares e irregulares). Presente de Indicativo e Pretérito de Indicativo
7. Estruturas comparativas (igualdade, superioridade, inferioridade)
8. O xénero: a formación do feminino
9. O número: a formación do plural
10. As regras de acentuación
11. Os numerais
12. Presentacións persoais: nome, idade, procedencia, profesión, familia, aparencia
13. O léxico do corpo humano
14. O léxico da comida
15. As horas e as partes do día
16. Indicacións, posicións e direccións
15
2.1.2. Docencia no curso 2014/2015
A profesora-lectora da Cátedra de Estudos Galegos, Ana Belén Crespo Bastos
responsabilizouse da docencia das diferentes materias incluídas no plano de estudos
da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas (Gizarte eta Giza Zientzien Fakultatea) da
Universidade de Deusto así como dos cursos de lingua ofertados.
a)
No primeiro semestre do curso 2014/2015 impartiuse a materia
Literatura Galega, optativa de 6 créditos que se oferta dentro do grao de
Linguas Modernas.
A materia tivo un total de 11 alumnos e alumnas
matriculados.
b)
No segundo semestre do curso 2014/2015, impartiuse a materia
Historia, Estrutura e Sociolingüística da Lingua Galega, optativa de 6 créditos
que se oferta dentro do grao de Linguas Modernas. A materia tivo un total de
18 alumnos e alumnas matriculados, entre eles 3 alumnas Erasmus.
2.2. Actividades
Un dos cometidos principais da Cátedra de Estudos Galegos consiste na
difusión e visibilización da lingua, cultura e literatura galegas a través da organización
de actividades culturais de diverso tipo. Dende a Cátedra procuramos organizar de
xeito habitual ao longo do ano lectivo diferentes actividades que poidan resultar de
interese para o alumnado da Cátedra en primeiro lugar, mais tamén para o resto da
comunidade universitaria ou calquera persoa interesada na nosa cultura. Ás nosas
actividades culturais adoitan asistir os propios alumnos da Cátedra xunto con outros
membros da comunidade universitaria e tamén persoas non relacionadas coa
universidade pero si interesadas coa cultura galega, ben sexa por ter unha estreita
relación con ela (moitos destes asistentes son galegos ou de ascendencia galega) ou
simplemente motivados pola curiosidade.
Así pois, ao longo do curso que recolle esta memoria leváronse a cabo as
seguintes actividades culturais:
16
Celebración do Samaín cos Contos do magosto
O 19 de novembro do 2014, ás 19.30h na aula 153
da Universidade de Deusto tivo lugar unha sesión
de contacontos a cargo da actriz, fotógrafa e
contacontos Soledad Felloza, titulada “Contos do
magosto”.
Esta actividade foi programada con motivo da
celebración do Samaín, para así achegar aos
asistentes ao mundo da morte e as ánimas e á súa
importancia dentro da cultura galega.
A
sesión
de
contacontos
realizouse
en
colaboración co Lectorado de galego da UPV/EHU.
Proxección do filme A esmorga no Festival de cine Zinegoak
Con motivo da participación do
filme de Ignacio Vilar A esmorga
no Festival de cine Zinegoak que
se celebra anualmente en Bilbao, a
Cátedra de Estudos Galegos e os
seus alumnos (especialmente os
da materia de Literatura Galega,
xa que a obra de Blanco Amor
forma
parte
do
contido
da
mesma) foron convidados á proxección do filme despois do que os alumnos puideron
falar co seu director e compartir as súas opinións. Do mesmo xeito, dende a Cátedra de
Estudos Galegos colaborouse na difusión do evento entre a comunidade universitaria e
a comunidade galega presente na cidade.
17
Conferencia A cultura galega e a gastronomía na televisión
O venres 27 de marzo de 2015, o
escritor e tradutor Isaac Xubín veu
dar
unha
conferencia sobre
A
cultura galega e a gastronomía na
televisión, relacionada pois cun dos
seus temas de investigación e sobre
o que está a realizar a súa tese de
doutoramento.
O acto tivo lugar ás 13.00h na aula
153 e formou parte da materia
“Estrutura,
historia
e
sociolingüística da lingua galega”.
Conferencia La enseñanza de la lengua gallega en el Bierzo: otras
prácticas de enseñanza multilingüe
En colaboración coa Cátedra UNESCO de
Patrimonio
Lingüístico
Mundial
da
UPV/EHU tivemos a oportunidade de
organizar unha conferencia sobre a
situación do galego no Bierzo e sobre a
súa presenza no sistema educativo.
Para isto estivo connosco Rafael Adán
Rodríguez,
profesor
e
membro
da
Asociación da Lingua Xarmenta.
18
A conferencia formou parte da materia de “Estrutura, historia e sociolingüística da
lingua galega”.
Conferencia Que é iso do Festival de Cans? Unha conversa para descubrir
un festival de cine diferente
No mes de maio, para finalizar o curso, tivemos
unha interesante presentación sobre o Festival de
Cans. Para isto estivo connosco Alfonso Pato,
xornalista e director do festival, que nos falou de
como naceu o Festival de Cans e de como foron
capaces de levalo a cabo cada ano dende hai xa 12
edicións. Ademais tivemos a oportunidade de ver
o “making of” da última edición e mesmo dúas das
curtametraxes gañadoras: Ser e voltar e Curricán,
gañadoras do premio do público nas edicións de
2014 e 2015 respectivamente.
A charla tivo lugar o mércores 27 de maio ás
19.00h na Sala Gárate da Facultade de Ciencias
Sociais e Humanas da Universidade de Deusto e tivo
unha boa acollida.
19
Achegamos, xunto con esta memoria, copias dos cartaces das diferentes
actividades así como mostras da presenza das mesmas nos medios (ver ANEXOS).
2.3. Atención a outros centros
Ao longo do presente curso 2014/2015, a Cátedra de Estudos Galegos
continuou coa súa liña de colaboración cos centros galegos do País Vasco,
nomeadamente cos de Bilbao e a súa área de influencia (Centro Galego de Bizkaia en
Barakaldo, Casa de Galicia en Bilbao, Casa de Galicia en Santurtzi e Centro Galego de
Laudio, fundamentalmente), así como tamén coa Casa de Galicia en Gipuzkoa.
Para alén do apoio loxístico e do asesoramento lingüístico e cultural prestado
nas publicacións realizadas polos ditos centros, leváronse a cabo actividades máis
concretas:
1) Colaboración nos actos organizados con motivo do
día das Letras Galegas: neste sentido, a profesora
Ana Belén Crespo Bastos impartiu a conferencia
titulada
"A
figura
de
Filgueira
Valverde:
poliédrica e polémica" na Casa de Galicia de Bilbao.
2) Colaboración coa Irmandade de Centros
Galegos en Euskadi na organización e
difusión do seu “XV Certame de Poesía
Anduriña Voandeira”. A profesora Ana
Belén Crespo Bastos formou parte do
xurado do certame.
20
3) A profesora-lectora Ana Belén Crespo Bastos redactou
tamén un artigo para a o número 51 do voceiro O Xistral, que
publica anualmente o Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo,
no que describiu as actividades realizadas polo Cátedra ao
longo do curso 2014/2015.
Así mesmo, a Cátedra de Estudos Galegos continuou a súa colaboración con
outros departamentos e cos lectorados de Lingua e Literatura Galegas doutros centros
universitarios. Nomeadamente, pola súa proximidade, mantívose unha maior
colaboración co Centro de Estudos Galegos da Universidad del País Vasco/Euskal
Herriko Unibertsitatea en Vitoria-Gasteiz, co cal que coorganizaron e cofinanciaron
algunhas das actividades antes descritas.
2.4. Difusión
Ao longo do presente curso 2014/2015 continuamos a implementar os
mecanismos de divulgación e visibilización creados no curso 2011/2012:
a) Actualización
da
páxina
web
da
Cátedra
de
Estudos
Galegos
(http://www.ceg.deusto.es/), incorporando información recente relativa á
oferta docente, as liñas de actuación, as actividades realizadas e/ou
previstas etc.
b) Mantemento da páxina de facebook (www.facebook.com/CEGDeusto),
utilizada como medio de difusión das actividades organizadas pola Cátedra
(así como do material audiovisual xerado polas mesmas), mais tamén como
soporte da actividade didáctica vinculada ás materias de lingua e literatura
galegas e, en xeral, como espazo de visibilización das diversas noticias e
novidades relacionadas coas culturas galega e vasca nas súas diversas
expresións.
c) Mantemento
da
lista
de
reprodución
propia
en
DeusTube
(www.youtube.com/user/deusto), a canle xestionada pola Universidade de
21
Deusto en Youtube. Nesta lista de reprodución pomos ao dispor dos
usuarios non só o material audiovisual relacionado coas actividades
organizadas pola CEG (conferencias, recitais etc.), mais tamén vídeos
utilizados nas clases de lingua e literatura galegas e que deste xeito resultan
máis facilmente localizábeis para o alumnado.
Para alén destas novidades, a CEG seguiu a aproveitar as canles e medios
convencionais de difusión das súas iniciativas e actividades: cartelaría, creación e
xestión de eventos en Facebook, invitacións (principalmente a través do correo
electrónico, mais tamén pola vía do correo postal aos diferentes centros galegos do
territorio), anuncios na radio, nos medios de comunicación locais e nas propias
pantallas da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas etc.
Bilbao, 29 de outubro de 2015
Mª Luz Suárez Castiñeira
Ana Belén Crespo Bastos
Directora da CEG
Profesora-lectora da CEG
22
ANEXOS
23
24
1. A presenza das actividades da Cátedra nos medios
a)
Celebración do Samaín cos Contos do magosto
25
26
b)
Conferencia A cultura galega e a gastronomía na televisión
27
28
c)
Conferencia La enseñanza de la lengua gallega en el Bierzo: otras
prácticas de enseñanza multilingüe
29
d)
Conferencia Que é iso do Festival de Cans? Unha conversa para
descubrir un festival de cine diferente
30
31
2. Artigo no voceiro O Xistral nº51 (2015) do Centro Galego de
Bizkaia en Barakaldo
32
33
Descargar