Idealismo trascendental en Kant

Anuncio
Inmanuel Kant ( século XVIII)
Idealismo transcendental
• O problema do coñecemento en Kant: (Crítica da razón pura)
Kant parte de que a metafísica era un cúmulo de contradiccións, a cales provocaban que non fora moi
apreciada, mentres que as matemáticas e as ciencias estaban en pleno desaroio. Kant pensa que ista non era
correcto xa que a metafísica ten como obxeto final Deus, A inmortalidade e a liberdade, que son cousas que
lle interesan a todo o mundo. O que se plantexa é ¿Como é posible a ciencia? xa que se desenrola a través de
Xuizos, de ahí Kant transforma a súa pregunta en ¿Que xuizos fan posible a ciencia?
Todo o noso coñecemento nace ca experiencia sensible, pero non todo o noso coñecemento nace da
experiencia sensible. O coñecemento sensible proporcionanos datos: a materia do coñecemento(contido a
posteriori), pero a nosa mente proporciona a forma do coñecemento(condiciones a priori do coñecemento).
Este coñecemento está composto por duas realidades: una que ven de fora da mente: elementos a posteriori; e
as propias leis do coñecemento.
Kant admite de Hume que todo o noso coñecemento procede da experiencia sensible, como doxemos
anteriormente, e que o coñecemento sensible é sempre provisional, pero afirma que poseemos un
coñecemento universal e necesario, é o que sonstitue o coñecemento científico: matemáticas e física.
Giro copernicano
Kant propón que é a nosa mente a que estructura o obxeto do coñecemento; afirma que son as leis da mente
humana a maneira que ten a nosa mente de formar o obxeto do coñecemento, e isto é o que lle chama giro
copernicano.
O noso coñecemento ten valor obxetivo xa que a materia que o constitue son datos da experiencia e están
organizdos polas leis mentais.
Os xuizos según Kant
Divídeos en dúas clasificacións:
1.− Xuizos analíticos / Xuizos sintéticos
2.− Xuizos a priori / Xuios a posteriori
−Xuizo analítico: son os que aclaran mellor as características do suxeito. Son sempre verdadeiros, pero non
son extensivos xa que non fan avanxar á ciencia.
−Xuizo sintético: fan avanzar o coñecemento con cal, con extensivos.
−Xuizo a priori: son aqueles nos cales a verdade se apoia nas leis do pensamento. Son verdadeiros e teñen
valor universal e necesario.
−Xuizo a posteriori: son aqueles nos que a verdade é coñecida a través da experiencia. Non teñen valor nin
universal nin necesario.
1
Todos os xuizos analíticos son a priori, pero non todos os sintéticos son a posteriori, son os xuizos sintéticos a
priori os que forman a estrcutura das ciencias.
A crítica da razón pura
Comprende tres grandes apartados:
1.−A estética trascendental
2.−A analítica trascendental
3.−A dialéctica trascendental
O coñecemento sensible, o entendemento e a razón, son sempre a mesma mente cas súas mesmas leis pero
aplicadas a sistemas distintos.
Kant chama sensibilidade á característica que teñen os seres humanos de reacionar ós estímulos que veñen de
fora da mente, e a sensación é a reación a estes estímulos; con isto Kant afirma que a sensación é a materia do
coñecemento. A nosa mente ante esa sensación, organiza os datos e aplica as súas leis do coñecemento. No
coñecemento sensible, estas leis son o tempo e o espacio.
A materia do coñecemento sensible constitue o contido das sensacións e é o que Kant chama a posteriori.
A forma do coñecemento sensible son o espacio e o tempo. A síntesis de materia e forma, denomínase
fenómeno, que tamén se denomina a cousa ou ser−para−min.
Para Kant, los xuizos que comprenden as matemáticas son sintéticos xa que as matemáticas son unha ciencia
extensiva; e a priori porque tratan do espacio e do tempo, e así convértese nun valor universal e necesario.
A partir de que a mente formou o fenómeno, segue funcionando formando novas sínteses, co cal, eses
fenómenos serán outra vez extructurados mediante formas a priori e o seu resultado serán os xuizos co cal
conseguiremos o entendemento que é o que formula esas novas sínteses.
Resumindo, Kant di que: no entendemento a nova síntese formada pola mente recibe como materia o
fenómeno da sensibilidade, como forma a priori enprega as categorías e o novo obxeto de coñecemento son os
xuizos.
As categorías:
Poden ser de dous tipos:
−Por un lado atopamos conceptos como home, mesa, animal... que proceden da experiencia e son
denominados Conceptos empíricos.
−Por outro lado aparecen conceptos como causa, substancia, existencia...que son leis da mente que son
denominados Conceptos puros ou Categorías, e son pois extructuras a priori, pois axúdannos a sintetizas os
fenómenos para chegar ós xuizos.
Kant apoiase na lóxica aristotétilca para anilzar os xuizos é chega á conclusión de que se poden clasificar en
doce tipos, que se debe a que a mente humana ten doce leis que rixen a lóxica do pensamento, son as doce
categorías, entre as que se apopan as de causa, substancia, existencia, negación, pluralidade.
2
Cando as categorías se apliquen ós fenómenos do coñecemento sensible, formaranse xuizos que teñen valor
obxetivo, é o que se chama uso lexítimo das categorías, que nos mostra unha realidade obextiva porque se
basa no contido de datos empíricos, e a isto chámaselle coñecemento. En consecuencia dos fenómenos ou a
cousa−en−min, existe a cousa−en−si, que é a realidade fora do cñecemento que se denomina noúmeno, e para
coñecelo sería precisa a intuición intelectual, pero o home carece dela.
Sen embargo, a mente humana vese impulsada a utilizar as categorías nun ámbito máis aló do empírico; istó é
o que se denomina uso ilexítimo e non xera o coñecemento.
Dialéctica para Kant significa raciocinios vacios, de ahí que a dialéctica trascendental trata de descubir o uso
ilexítimo das estructuras a priori, é dicir, cando esta discure, razona. Un dos presupostos básicos da teoría
kantiana é o dinamismo da mente, é dicir, que tende de forman natural a formar sínteses cada vez máis
amplias.
A primeira síntese é o fenómeno, a segundason os xuizos e a terceira os raciocinios, por conseguinte, a razón é
a facultade de formar raciocinios.
A meta que quere conseguir a razón é atopar unha causa absoluta, unha explicación absoluta ou condición
incondicionada, e estas condicións tras as que vai a mente, son tres ideas puras ou trascendentais: A alma
humana, o universo e Deus.
A alma humana seríao que produce os actos do pensamento. O universo é o substracto profundo que orixina
os fenómenos. Deus como o condicionado absoluto.
O conxunto de estas tres forman a metafísica, que para Kant non é ciencia porque non crea coñecemento.
A crítica da razón práctica
Este autor tamén trata a ética en dúas obras: Crítica da razón práctica e Metafísica das costumes.
A razón práctica non é distinta da razón pura, temos só unha razón que se identifica co entendemento e é a
única intelixencia humana, que cando o aplicamos a determinar o comportamente, chamámolo razón práctica.
Mentres que a razón pura exprésase en xuixos, a razób práctica exprésase mediante mandamentos.
Temos que distinguir dous tipos de éticas:
−material que queda determinada polos obxetivos a acadar o coñecemento.
−a priori que é o comportamento mismo.
O imperativo categórico: é o que me di o que debo ou non debo de facer. Según Kant, o o principio
fundamental que determina a moralidade é o sentido do deber.
Postulados da razón práctica: libertade humana, inmortalidade da alma, existencia de Deus.
Na Crítica da Razón Pura, Kant chegou á conclusión de que é imposible demostrar cientificamente a
existencia do universo como ser que contén a todos o demais. A alma humana como unha substancia espiritual
causante dos fenómnos psíquicos. Deus como substancia absoluta causante do Universo e Deus. Postulado é
un xuizo que non é evidente nin que podemos demostrar pero que nos vemos obligados a seguir a sua verdade
para demotrar outras leis e principios dos cales non podemos dudar.
3
Kant recalca a importancia de que os seres humanos sempre se sentiran libres e afirman que non se pode
afirmar esa liberdade humana.
A inmortalidade da alma; distingue entre Voluntade Virtuosa que é a da persoa que intenta comportarse
seguindo os principios da petica e cumplindo as normas; e a Voluntade Santa que é a da persoa que sempre se
comporta seguindo os principios éticos e cumplindo todas as leis e normas.
A existencia de Deus, para Kant virtude e felicidade son dúas realidades distintas e por iso moitas veces non
coinciden, pero a tendencia da razón, é a de identificar virtude con felicidade, pero iso só o consigue un ser
con tal poder que sexa capaz de facelas coincidir, e tan ser é Deus, porque senón esa tendencia natural da
razón sería absurda.
1
4
Descargar