Enlace externo en nueva ventana.Exposición laboral a fitosanitarios. Folla de prevención nº 3. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

Anuncio
www.issga.es N.º 3 decembro 2008
EXPOSICIÓN LABORAL A FITOSANITARIOS
Autora: Mª Carmen Arias López
Técnica superior de Prevención de Riscos Laborais e
licenciada en Ciencias Químicas
INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
DEFINICIÓN
Os praguicidas son substancias que deliberadamente se introducen no ambiente para controlar
ou eliminar determinados organismos vivos considerados prexudiciais para os intereses do home.
Dependendo do uso ao que se destine o praguicida
fálase de produtos fitosanitarios, praguicidas de uso
gandeiro, de uso ambiental, de uso doméstico...
Praguicida de uso fitosanitario ou produto fitosanitario: son os destinados a protexer aos vexetais
ou produtos vexetais contra as pragas ou evitar a
acción destas, mellorar a conservación dos produtos vexetais, destruír os vexetais indesexables
ou partes de vexetais, ou influír no proceso vital
dos mesmos de forma distinta a como actúan os
nutrientes.
Os produtos fitosanitarios van ser imprescindibles
na produción agrícola pois os estragos potenciais
das diferentes clases de pragas determinarían a
inviabilidade de moitos cultivos nas zonas de produción de maior interese económico e social, e
incluso a posibilidade de manter almacenadas as
colleitas.
Como contrapartida, a súa utilización pode carrexar
efectos prexudiciais: danos na saúde das persoas
(contaminación da cadea alimentaria, exposicións
laborais,..) e no medio (contaminación do chan,
aire ou auga, proliferación de especies resistentes
e destrución doutras útiles...). Co fin de minimizar
este danos colaterais vanse artellar unha serie de
mecanismos, centrándose esta folla de prevención
naqueles destinados á protección da seguridade e
saúde das persoas expostas a produtos fitosanitarios
durante a súa actividade laboral.
COMPOSICIÓN
Os produtos fitosanitarios comerciais van estar
compostos por unha ou varias substancias ou ingredientes activos mesturados na maioría dos casos
con outras substancias variables en cantidade e
natureza (ingredientes inertes, aditivos, coadxuvantes) que van permitir a súa localización e aplicación,
constituíndo o que se denomina formulación ou
preparado.
Ingrediente activo: Todo produto orgánico ou
inorgánico, natural, sintético ou biolóxico, con
determinada actividade praguicida, cun grao de
pureza establecido.
Ingredientes inertes: Aquelas substancias ou
materiais que, unidos aos ingredientes activos
para a preparación de formulacións, permiten
modificar as características de dosificación ou
de aplicación.
Coadxuvantes: Substancias tales como tensioactivos, fluidificantes, estabilizantes e demais, que
sexan útiles na elaboración de praguicidas pola
súa capacidade de modificar axeitadamente as
propiedades físicas e químicas dos ingredientes
activos.
Aditivos: Aquelas substancias tales como colorantes, repulsivos... que sen ter influencia na eficacia
dos praguicidas, sexan utilizados na elaboración
dos mesmos co obxecto de cumprir prescricións
regulamentarias ou outras finalidades.
1
Formulación ou preparado: Todo praguicida composto dunha ou varias substancias ou ingredientes activos e no seu caso, ingredientes inertes,
coadxuvantes e aditivos en proporción fixa.
Salvo algunhas excepción nas que é posible a aplicación do propio ingrediente activo, na maioría dos casos
é preciso recorrer a unha formulación para aproveitar
axeitadamente a súa utilidade praguicida.
PRODUTO FITOSANITARIO
A maioría dos ingredientes activos van ser substancias químicas e para identificalas adóitanse
empregar os seus nomes comúns e non os nomes
químicos que describen a estrutura, dada a elevada complexidade destes na maioría dos casos. A
súa vez, as formulacións preséntanse no mercado
identificadas por nomes comerciais que lles dan os
fabricantes e cos que se publicitan.
Para que un produto fitosanitario se poida comercializar, e por conseguinte usar, debe estar previamente autorizado e inscrito no Rexistro de produtos
fitosanitarios do Ministerio de Medio Ambiente y
Medio Rural y Marino. Pódese consultar este rexistro
en http://www.mapa.es/es/agricultura/pags/fitos/
registro/menu.asp.
SUBSTANCIA ACTIVA
Ácido 3,6-dicloropiridina-2carboxílico
CLOPIRALIDA
FORMULACIÓNS AUTORIZADAS
TRICLOPIR 24%
(ESTER BUTOXIETÍLICO) +
CLOPIRALIDA 6% [EC] P/V
NOMES COMERCIAIS
LONTREL SUPER
CLIOPHAR 425 SL
Fonte: Rexistro de produtos fitosanitarios.
Como axentes químicos perigosos, os produtos
fitosanitarios poden causar danos no organismo
humano, ben directamente, ou ben xerando algunha
forma de enerxía que pode afectar negativamente
á saúde.
No primeiro caso, para que se produza o dano é
condición necesaria (aínda que non suficiente),
que as moléculas do fitosanitario contacten con
algún punto do corpo. O dano pode manifestarse de forma rápida ou inmediata tralo contacto
(efecto agudo), ou ben manifestarse a longo prazo,
normalmente por exposición repetida durante
moito tempo (efecto crónico).
No caso de efecto indirecto, o dano prodúceo
a enerxía xerada polo incendio ou explosión de
axentes químicos capaces de dar lugar a este
tipo de fenómenos.
As actividades a desenvolver no ámbito laboral co
obxectivo da protección eficaz da seguridade e saúde
dos traballadores expostos a produtos fitosanitarios,
son as recollidas con carácter xeral na Lei 31/95(1)
e no RD 39/97(2), coas particulares establecidas no
RD 374/01(3) para axentes químicos perigosos, por
incluírse a meirande parte dos produtos fitosanitarios neste grupo. Estas actividades preventivas,
que deberán ser realizadas por persoal competente,
entendendo por tal o que dispoña da cualificación
axeitada conforme ao establecido no capítulo VI do
RD 39/97(2), son as seguintes:
GRAZON
Decembro de 2008
Clasificación
Pódense facer múltiples clasificacións dos produtos
fitosanitarios:
Atendendo á acción específica: acaricida, funxici-
da, bactericida, larvicida, herbicida, insecticida,
molusquicida, defoliante, desecante...
2
Atendendo á perigosidade para as persoas: explosivos, inflamables, comburentes, corrosivos,
irritantes, moi tóxicos, tóxicos, nocivos, sensibilizantes, canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos
para a reprodución.
Prevención de riscos laborais
INGREDIENTES ACTIVOS
+
OUTRAS SUBSTANCIAS
(Coadxuvantes, aditivos, inertes)
CLOPIRALIDA 42,5%
(SAL AMINA) [SL] P/V
Atendendo á natureza química: organoclorados,
organofosforados, carbamatos, piretroides, bipiridilos, tiocarbamatos, triazinas, cloro e nitrofenois...
Identificación e
avaliación dos riscos
M. técnicas
Seleccionar, priorizar,
planificar e finalmente
implantar medidas
preventivas axeitadas
M. organizativas
M. hixiénicas
Formación
Información
Vixilancia saúde
AVALIACIÓN DE RISCOS
pictogramas de perigo
O primeiro paso é identificar os postos de traballo
con exposición a fitosanitarios; esta tarefa é sinxela
nos casos nos que existe manipulación directa do
produto (preparación da disolución, aplicación,..)
pero outras veces pode pasar desapercibida (manexo de produtos tratados, permanencia en áreas
contaminadas...). Detectada a presenza deberanse
inventariar os praguicidas presentes en cada posto, por exemplo mediante o seu nome comercial.
Identificacións xenéricas nas avaliacións de riscos
tipo “risco por exposición a praguicidas” non son
admisibles por non se corresponder o termo praguicida cunha categoría específica de perigo, e por
tanto este non se está identificando.
E
O
Explosivo
Comburente
F
F+
Fácilmente
inflamable
Extremadamente
inflamable
T
T+
Tóxico
Moi tóxico
Xn
Xi
Nocivo
Irritante
Tras identificar a exposición o seguinte será avaliala,
o que implica a toma en consideración, de xeito
conxunto, da perigosidade intrínseca dos produtos
fitosanitarios aos que está exposto o traballador,
e das condicións de traballo determinantes da exposición:
Perigosidade intrínseca: Os produtos fitosanitarios deberán comercializarse cunha etiqueta
e acompañados dunha ficha de datos de seguridade (FDS), nas que informará, entre outros
aspectos, das súas propiedades perigosas e das
medidas preventivas a adoptar en materia de
riscos laborais.
Na etiqueta distínguense 3 áreas, en función da
natureza da información que contén cada unha
delas:
Xeral: nome comercial, tipo de formulado, composición, nº de rexistro, contido neto, fabricante, lote,
data de fabricación.
Fitoterapeútica: características, aplicacións autorizadas, doses e modo de emprego, incompatibilidades, prazos de seguridade.
Riscos asociados: pictogramas de perigo, frases de
risco (frases R) e consellos de prudencia (frases S),
todo iso conforme ao establecido no RD 255/03(4).
Inclúe tamén medidas a adoptar en caso de intoxicación e cómo xestionar os envases.
A clasificación de perigosidade do produto fitosanitario indicarase graficamente a través de
pictogramas.
C
Corrosivo
Non obstante, doutros tipos de perigosidade informarase a través das frases de risco; tal é o
caso dos produtos canceríxenos, sensibilizantes,
mutaxénicos ou tóxicos para a reprodución, identificados respectivamente por:
R45: Pode causar cáncer
R49: Pode causar cáncer por inhalación
R40: Posibles efectos canceríxenos
R42: Posibilidade de sensibilización por inhalación
R43: Posibilidade de sensibilización en contacto coa pel
R46: Pode causar alteracións xenéticas hereditarias
R68: Posibilidade de efectos irreversibles
R60: Pode prexudicar a fertilidade
R61: Risco durante o embarazo de efectos adversos para
o feto
R62: Posible risco de prexudicar á fertilidade
R63: Posible risco durante o embarazo de efectos adversos para o feto
As FDS complementan á etiqueta e conteñen
información relativa a:
Ficha de datos de seguridade
1. Identificación do producto
2. Composición/información de compoñentes
3. Identificación de perigos
4. Primeiros auxilios
5. Medidas de loita contra incendios
6. Medidas en caso de vertido accidental
7. Manipulación e almacenamento
8. Controles de exposición/protección individual
9. Propiedades fisicoquímicas
10. Estabilidade e reactividade
11. Informacións toxicolóxicas
12. Informacións ecolóxicas
13. Eliminación
14. Transporte
15. Informacións regulamentarias
16. Outras informacións
3
Estas fichas son imprescindibles para realizar
a avaliación de riscos e deben estar a disposición dos traballadores implicados sen ningunha
restrición.
As cantidades empregadas e as súas concentracións
Tipo de exposición: dérmica, dixestiva, e/ou inhalatoria. A exposición vía dixestiva está asociada a prácticas de traballo pouco hixiénicas e a
vía dérmica é moi significativa en traballos con
fitosanitarios.
Nivel e duración da exposición. Neste punto é
importante non confundir duración da aplicación
con tempo de exposición.
Os valores límites ambientais e biolóxicos.
Empregaranse os establecidos polo INSHT(a),
e complementariamente outros de recoñecido
prestixio.
Exposicións accidentais
Condicións ambientais: vento, temperatura, humidade...
Sistema de aplicación: pulverización, espolvoreo,
fumigación, cebos...
Tipo de tratamento: a nivel do chan ou cultivos
altos, aplicación manual ou mecánica...
O RD 374/01(3) esixe, con carácter xeral, que a avaliación dos riscos derivados da exposición por inhalación a axentes químicos perigosos inclúa a
medición da concentración do axente no aire. Para
esta avaliación poden seguirse os criterios establecidos na norma UNE-EN 689(b). Non obstante,
establece que “estas medidas non serán necesarias cando o empresario demostre claramente
por outros medios de avaliación que se alcanzou
unha adecuada prevención e protección”. Así pois
ábrese paso o emprego de metodoloxías de avaliación simplificadas que teñen a vantaxe de permitir
unha aproximación semicuantitativa á magnitude
do risco sen necesidade de medir e comparar cun
valor límite. Neste sentido a Guía do INSHT(c) do RD
374/01 xa recolle que se poden obviar as medicións
cando a apreciación profesional do técnico especialista indique que:
a presenza de contaminantes no ambiente sexa
practicamente nula.
4
sexa imprescindible a adopción de medidas de
prevención pola clara situación de risco.
cando non se trate de substancias sensibilizantes,
canceríxenas, mutaxénicas ou tóxicas para a reprodución, e sexa previsible que as súas concentracións
no ambiente estean lonxe de alcanzar os límites.
Nas Notas técnicas de prevención 749 (d) e 750(e)
do INSHT recóllense metodoloxías de avaliación
simplificadas para os riscos derivados de axentes
químicos. O feito de non dispor de valores límites
para moitos dos fitosanitarios habitualmente empregados, vai reforzar a utilidade destas metodoloxías.
No que se refire á contribución da vía dérmica a
exposición global, xeralmente moi significativa nos
produtos fitosanitarios, poderíase determinar a
través de técnicas de cuantificación do produto
depositado sobre a pel ou ben a través do control
biolóxico. Este último informará da exposición global
do traballador ao fitosanitario, é dicir, a través de
todas as vías de entrada.
Xa para rematar coa avaliación de riscos, lembrar
dúas esixencias legais desta:
1. No caso de que a avaliación da exposición inhalatoria se realice sen medicións, o RD 374/01(3)
esixe que no documento de avaliación se xustifique
este feito.
2. O RD 39/97(2) reserva ás funcións de nivel superior as avaliacións que precisan dunha estratexia
de medición ou unha interpretación/aplicación non
mecánica dos criterios de avaliación, situación que
se produce con frecuencia na avaliación da exposición a fitosanitarios.
MEDIDAS PREVENTIVAS
As medidas preventivas para eliminar ou reducir
os riscos derivados da exposición a praguicidas
enmárcanse en dous grupos:
Principios xerais de prevención: Deben aplicarse
sempre que se traballe con produtos fitosanitarios
independentemente da magnitude da exposición.
Estes principios integran os aspectos básicos da
prevención na organización do traballo, e en realidade trátase de trasladar a lóxica e o sentido
común á realización dos traballos con produtos
fitosanitarios.
Elección do produto
Barallar alternativas eficaces ao uso
de fitosanitarios. Empregalos só se son
necesarios.
Seleccionalos tendo en conta o binomio menor
perigosidade/ maior adecuación ao problema.
Non adquirir produtos co envase deteriorado,
desprovistos de etiqueta ou sen nº de rexistro.
Adquirir as cantidades necesarias para reducir
o almacenamento.
Transporte
Separalos de pasaxeiros, gando e mercadoría.
Ben suxeitos para evitar movementos e golpes
que ocasionen roturas ou derrames.
Almacenamento
Área específica de almacenamento, protexida
de temperaturas extremas e da humidade, sen
risco de inundación, cerrada, ben ventilada e
sinalizada.
Recipientes sempre cerrados.
Non reutilizar os envases nin realizar
transvases.
Preparación da mestura
¡OLLO, ESTAMOS MANIPULANDO O PRODUTO
CONCENTRADO!
Aterse ás concentracións e doses da etiqueta.
Realizala ao aire libre ou en lugares ben
ventilados.
Os utensilios empregados serán de uso
exclusivo para este fin.
Evitar derramos, salpicaduras, e contacto co
produto.
Entregar os envases baleiros non puntos
designados por Sigfito. Infórmese do punto de
recollida máis próximo en www.sigfito.es.
Aplicación
Comprobar o correcto funcionamento do equipo
de aplicación.
Evitar días de vento, choiva ou excesivamente
calorosos.
Avanzar sempre en sentido contrario á nube de
pulverización.
Afastar nenos e embarazadas das exposicións.
Non permanecer na zona de aplicación máis
tempo do necesario.
Medidas específicas de prevención: A aplicación
dos principios xerais poden reducir o risco suficientemente no caso dos riscos valorados como leves,
pero se isto non é así, ou no caso de riscos de maior
entidade, adoptaranse coa orde de prioridade que
se presentan, as seguintes medidas específicas.
Lembrar que no caso de exposicións a produtos
fitosanitarios incluídos no ámbito do RD 665/97(5)
(canceríxenos e mutaxénicos de 1ª e 2ª categoría),
dado que non se pode falar de exposicións seguras,
será obrigatorio adoptar todas as medidas que sexan
tecnicamente viables dado que o obxectivo é anular
a exposición e cando menos, minimizala.
SUBSTITUCIÓN DO PRODUTO FITOSANITARIO.
Implica resolver secuencialmente as seguintes
cuestións:
Prioridade 1
Buscar substituto tecnicamente viable, para o que
resulta de gran utilidade o rexistro de produtos
fitosanitarios, dado que permite a busca de todos
os fitosanitarios autorizados para combater unha
praga determinada.
Comparar os riscos do praguicida a substituír cos
dos praguicidas alternativos, e seleccionar un destes. A Nota técnica de prevención 712(f) do INSHT
proporciona un modelo simplificado de decisión
que se basea nas características de perigosidade
dos produtos a comparar e nalgunhas variables do
proceso. Se non dispoñemos de etiqueta ou da FDS
de todos os produtos alternativos, a información de
perigosidade podemos obtela tamén do rexistro, xa
que nel para cada produto autorizado consta unha
ficha que informa da clasificación de perigosidade
conforme ao RD 255/03(4).
Xestión dos cambios organizativos e técnicos que
Ao finalizar
implique a substitución.
Ademais...
Evitar ou reducir calquera
escape ou difusión do produto fitosanitario ao ambiente, ou calquera contacto directo co traballador.
Sinalizar a zona e respectar os prazos de
seguridade.
Cambiarse de roupa, lavala separadamente e
ducharse.
Limpeza e mantemento de todos os equipos
utilizados.
Non introducir nunca elementos contaminados
na boca.
Non comer, beber ou fumar durante todo o
proceso.
Reducir ao mínimo o número de traballadores
expostos.
O persoal debe estar cualificado.
Prioridade 2
Medidas de ventilación ou
outras medidas de protección colectiva, aplicadas preferentemente á orixe
do risco, e medidas axeitadas de organización do
traballo tales como:
Prioridade 3
5
Tractores ou outros equipos autopropulsados,
con cabinas cerradas dotadas de filtros axeitados
que purifiquen o aire.
Métodos automatizados que non impliquen a
participación ou presenza directa do operario
durante o tratamento.
Equipos provistos de pantallas protectoras que
evitan procesos de deriva do praguicida.
De xeito xeral poderíase dicir que os de nitrilo son
os máis axeitados para a maior parte dos traballos
con praguicidas.
MEDIDAS DE PROTECCIÓN
INDIVIDUAL
O emprego de guantes contaminados pode resultar
moi perigoso dada a acumulación de contaminante no material que compón o guante, polo que se
deberán limpar por dentro e por fóra.
Prioridade 4
Teñen como obxectivo protexer as
vías de entrada dos fitosanitarios
no organismo, polo que incluirán
equipos de protección individual da
cara e ollos, das vías respiratorias,
do corpo, das mans e dos pés. En
todos os casos a protección será
fronte ao risco químico.
Protección do corpo
i
Á hora de seleccionar as características dos equipos de protección individual a utilizar nun posto de
traballo, teranse en conta os resultados da avaliación de riscos, e concretamente a información
que figura no apartado 8, “Controis da exposición.
Protección individual”, das FDS dos fitosanitarios
presentes no posto.
Conforme ao establecido no RD 1407/92(6) de comercialización de equipos de protección individual, todos
estes equipos deberán ir provistos de marcado “CE”
de conformidade e acompañados do folleto informativo que conterá entre outras, as indicacións sobre o
tipo de protección que ofrecen, data de caducidade
ou xeito de mantelo, limpalo e almacenalo.
Os equipos de protección individual están destinados, en principio ao uso persoal. Se as circunstancias esixisen a utilización dun equipo por varias
persoas, será necesario adoptar medidas para que
isto non orixine ningún problema de saúde ou de
hixiene aos diferentes usuarios.
A utilización, almacenamento, mantemento, limpeza,
reparación e desinfección cando proceda, efectuarase conforme as instrucións do fabricante.
Protección das mans
Os requisitos que se lles pedirán aos guantes serán:
que o produto non penetre polas costuras ou
outras descontinuidades.
6
que o material que o constitúe sexa impermeable
ao produto, é dicir, que non o poida atravesar a
nivel molecular. Establécense 6 niveis de permeabilidade en función do tempo que tarde o
contaminante en transpirar o guante, correspondendo o nivel 6 á maior protección.
Os mesmo que acontecía cos guantes, á roupa de
protección esixiráselle uns rendementos de penetración e permeación, e ademais a selección farase
en función da forma física na que se presente o
contaminante fronte ao que van a protexer. En base
a este parámetro a roupa de protección clasifícase
en 6 tipos.
TIPO
1e2
FORMA FÍSICA DO CONTAMINANTE
GAS E VAPOR
3
CHORRO DE LÍQUIDO
4
PULVERIZADO
5
PO E PARTÍCULAS
6
PEQUENAS SALPICADURAS
Nas aplicacións máis habituais precisaríanse traxes
tipo 4 e 6.
Os buzos de algodón habitualmente empregados
nas empresas non serían equipos de protección
individual senón roupa de traballo.
Protección das vías respiratorias
Os equipos filtrantes constan de dúas partes:
adaptador facial : sendo os máis utilizados as
máscaras e as mascariñas.
filtro: ten a función de reter os contaminantes
presentes no aire. A aplicación dun filtro identifícase cun código de colores e letras.
FILTROS FRONTE A PARTÍCULAS
COLOR
TIPO
P
APLICACIÓN
Partículas
FILTROS FRONTE A GASES E VAPORES
COLOR
TIPO
APLICACIÓN
A
Compostos orgánicos con punto
ebulición >65ºC
B
Compostos inorgánicos (menos
CO)
E
SO2 e outros gases ácidos
K
NH3 e derivados
AX
Compostos orgánicos con punto
ebulición <65ºC
Deberase seleccionar o filtro axeitado en función
da forma de presentación do produto fitosanitario
no ambiente e da súa natureza química.
Os equipos filtrantes poden ser de presión negativa
(o usuario ao inhalar crea unha depresión no interior
da peza facial que fai pasar o aire a través do filtro)
ou motorizados (un ventilador impulsa o aire a través
do filtro e subminístrao a zona de respiración).
Como norma xeral, non se debe traballar con eles
máis de dúas horas seguidas.
Protección dos ollos e da cara de proxeccións, salpicaduras ou emanacións de gases/vapores dos
fitosanitarios mediante lentes e pantallas.
Protección dos pés
Utilizaranse botas altas e impermeables, non debendo estar enguatadas para facilitar a limpeza.
FORMACIÓN E INFORMACIÓN DOS
TRABALLADORES
A normativa de prevención de riscos laborais esixe
que se informe aos traballadores sobre os riscos
derivados da exposición a praguicidas, e das medidas
preventivas a adoptar. A información subministrarase por escrito cando polo seu volume, complexidade,
asociación a tarefas esporádicas ou infrecuentes,
e gravidade dos posibles danos, o fagan necesario.
En caso contrario, poderá ser verbal.
En relación coa identificación dos produtos fitosanitarios, ademais da etiqueta que debe ter adherida
o envase do produto, a efectos informativos, os
recipientes e conducións polas que circule o caldo
fitosanitario deberán estar sinalizadas conforme
ao establecido no RD 485/97(7).
Esíxese así mesmo a formación do traballador pola
empresa, teórica e práctica en materia preventiva,
centrada no seu posto ou función. Deberá impartila a empresa con recursos propios ou servizos
alleos, se ben en ambos casos o técnico que a realice acreditará a cualificación requirida no cap. VI
do RD 39/97(2), que como mínimo corresponderá ás
funcións de nivel intermedio.
Por outra banda, o RD 3349/83(8) establece a necesidade de capacitación dos traballadores que
desenvolven actividades relacionadas coa utilización
de fitosanitarios. A maiores a Orde de 08/03/1994(9)
establece os distintos niveis de capacitación: nivel
básico, nivel cualificado, fumigador, piloto aplicador
agroforestal e niveis especiais. Nos programas
formativos recollidos na mesma orde inclúense
contidos relativos á prevención de riscos laborais.
Na nosa Comunidade a Consellería de Medio Rural
publica periodicamente no DOG as convocatorias
destes cursos.
VIXILANCIA DA SAÚDE
O empresario garantirá a vixilancia específica da
saúde dos traballadores para os que a avaliación
de riscos poña de manifesto a existencia de risco
por exposición a praguicidas.
No cadro de enfermidades profesionais aprobado
por RD 1299/06(10) aparecen recoñecidos múltiples
axentes químicos causantes de enfermidades profesionais en actividades con exposición a praguicidas.
Nestes casos, en base ao establecido no art. 196 da
Lei Xeral da Seguridade Social, será obrigatorio que
os traballadores se sometan a recoñecementos
médicos previos e periódicos.
O procedemento utilizado para realizar a vixilancia
da saúde axustarase ao PROTOCOLO DE VIXILANCIA
SANITARIA ESPECÍFICA PARA OS TRABALLADORES
EXPOSTOS A PRAGUICIDAS(g) establecido para polo
Ministerio de Sanidade e Consumo. Este protocolo inclúe o control biolóxico dos traballadores
expostos.
7
LEMBRA QUE:
A gran maioría dos produtos fitosanitarios
están clasificados como axentes químicos
perigosos para a saúde das persoas. Por tanto, utilizaranse unicamente cando non exista
outra alternativa e seleccionaranse os menos
perigosos.
O dano que van producir na saúde dos traballadores expostos a eles vai depender das
súas características de perigosidade e das
condicións de traballo.
Co fin de acadar a máxima efectividade praguicida e os mínimos danos colaterais, serán
usados conforme ás indicacións da etiqueta e
da ficha de datos de seguridade, unicamente
por traballadores cualificados.
Nas avaliacións de riscos dos postos de traballo con exposicións a produtos fitosanitarios
deberán constar as medidas preventivas a
adoptar para as condicións concretas da exposición nese posto.
Os traballadores expostos a fitosanitarios
deberán someterse á vixilancia específica
da saúde.
NORMATIVA
1 LEI 31/1995 DE PREVENCIÓN DE
RISCOS LABORAIS. Modificada
por Lei Orgánica 3/2007, Lei
31/2006, Lei 30/2005, Lei 54/2003,
Real Decreto Lexislativo 5/2000,
Lei 39/1999 e Lei 50/1998.
2 REAL DECRETO 39/1997 REGULAMENTO DOS SERVIZOS DE
PREVENCIÓN. Modificado por
Real Decreto 604/2006, Real Decreto 688/2005 e Real Decreto
780/1998.
3 REAL DECRETO 374/2001 PROTECCIÓN DA SEGURIDADE E
SAÚDE LABORAL FRONTE OS
RISCOS RELACIONADOS COS
AXENTES QUÍMICOS DURANTE
O TRABALLO.
4 REAL DECRETO 255/2003 REGULAMENTO DE CLASIFICACIÓN,
ENVASADO E ETIQUETADO DE
PREPARADOS PERIGOSOS.
Modificado por Real Decreto
1802/2008, Orden 1648/2007, Orden 164/2007 e Orden 3/2006.
5 REAL DECRETO 665/1997 PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES
FRONTE OS RISCOS DERIVADOS
DOS AXENTES CANCERÍXENOS
NO TRABALLO. Modificado por
Real Decreto 349/2003 e Real
Decreto 1124/2000.
6 REAL DECRETO 1407/1992 COMERCIALIZACIÓN E LIBRE CIRCULACIÓN INTRACOMUNITARIA
DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL. Modificado por Real
Decreto 159/1995 e Orde de 16
de maio de 1994.
7 REAL DECRETO 485/97 DISPOSICIÓNS MÍNIMAS EN MATERIA DE
SINALIZACIÓN DE SEGURIDADE
E SAÚDE NO TRABALLO.
8 REAL DECRETO 3349/83 REGULAMENTACIÓN TÉCNICO-SANITARIA PARA A FABRICACIÓN, COMERCIALIZACIÓN E UTILIZACIÓN
DE PRAGUICIDAS. Modificado
por Real Decreto 255/2003, Lei
43/2002, Real Decreto 443/1994,
Decreto 137/1993 e Real decreto
162/1991.
9 ORDE DE 8 DE MARZO DE 1994.
PRAGUICIDAS, NORMATIVA REGULADORA DOS CURSOS DE
CAPACITACIÓN PARA REALIZAR
TRATAMENTOS. Modificada por
Orde 2922/2005 e Orde de 5 de
xaneiro de 2000.
10REAL DECRETO 1299/2006. CADRO DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS.
BIBLIOGRAFÍA
a LÍMITES DE EXPOSICIÓN PROFESIONAL PARA AXENTES QUÍMICOS EN ESPAÑA .2008. Instituto
Nacional de Seguridad e Higiene
en el Trabajo.
b UNE-EN 689:1996: ATMOSFERAS
NO LUGAR DE TRABALLO. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN DA
EXPOSICIÓN POR INHALACIÓN
DE AXENTES QUÍMICOS PARA
A COMPARACIÓN COS VALORES
LÍMITES E ESTRATEXIA DA MEDICIÓN.
8
c GUÍA TÉCNICA DO REAL DECRETO
374/2001. Instituto Nacional de
Seguridad e Higiene en el Trabajo.
d NTP 749: AVALIACIÓN DO RISCO
DE ACCIDENTE POR AXENTES
QUÍMICOS. METODOLOXÍA SIMPLIFICADA. Instituto Nacional de
Seguridad e Higiene en el Trabajo.
e NTP 750: AVALIACIÓN DO RISCO
POR EXPOSICIÓN INHALATORIA
DE AXENTES QUÍMICOS. METO-
DOLOXÍA SIMPLIFICADA. Instituto
Nacional de Seguridad e Higiene
en el Trabajo.
f NTP 712: SUSTITUCIÓN DE AXENTES QUÍMICOS PERIGOSOS (II):
CRITERIOS E MODELOS PRÁCTICOS. Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo.
g PROTOCOLO DE VIXILANCIA SANITARIA ESPECÍFICA PARA OS
TRABALLADORES EXPOSTOS
A PRAGUICIDAS. Ministerio de
Sanidad y Consumo.
Descargar