Grupo Nós

Anuncio
2010
Lingua Galega e Literatura
O Grupo Nós (Tema 2)
Está formado por Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronolóxicamente á xeración das Irmandades.
Características comúns que is diferencian doutros escritores da época:
­
A súa procedencia social acomodada ­
A súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo.
Únese ao Grupo Nós, Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.
O nome do grupo procede da revista Nós (Ourense, 1920 – 1936. 144 números) Foi a publicación máis importante de Galicia de preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía, historia, literatura, etc. Galicia comeza deste modo a ser obxecto de estudo e investigación.
A gran preparación intelectual destes permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega, nun intento de recuperación da identidade dos galegos. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.
Plano literario.­ O seu principal logro foi a consolidación e modernización da prosa, na narrativa e no ensaio.
Plano político.­ Participaron das teses do nacionalismo e lideran o Partido Galeguista.
Vicente Risco (Ourense 1884 – 1963) (Tema 2)
Naceu nunha familia acomodada e dende neno, mantén amizade con Otero Pedrayo e Cuevillas.
As súas inquietudes culturais lévano a fundar a revista La Centuria (1917) con Otero Pedrayo e Cuevillas. É unha revista literaria e neosófica que expresa o seu interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo.
A fins de 1917 únese ás Inrmandades e inicia a súa etapa galeguista.
En 1920 funda a revista Nós e asume a dirección literaria desta.
No 1923 ao fundarse o Seminario de Estudos Galegos, Risco encárgase da dirección da sección de Etnografía e Folclore.
En 1930 viaxa por Alemaña para estudar etnografía e folclore e publica en Nós unha serie de crónicas da viaxe, que recolle en “Mitteleuropa” no 1934.
En 1931 ao proclamarse a II República, funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano, que conflúe na creación do Partido Galeguista. Risco deixa o partido cando se integra na Fronte Popular.
En 19933 publica na revista “Nós, os inadaptados”, un texto que explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica, desde o individualismo da mocidade ata o compromiso co galeguismo.
Tras a Guerra Civil, 1936 – 1939, abandona a súa militancia galeguista e a súa actividade literaria en galego.
Narrativa.­ Caracterizada polo seu didactismo e intelectualismo, xunto co humor crítico e presenza de motivos esotéricos. Abandona o ruralismo e incorpora ambientacións urbanas. Estilo caracterizado pola sobriedade expresiva, con escasos artificios retóricos.
“Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros” (1919).­ Afección polo ocultismo. Narración humorística na que o protagonista, que ten grandes coñecementos esotéricos, entra en contacto co mundo dos mortos e libera a momia de Tutankhamen das vendas.
“ O lobo da xente”
e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán” (1925).­ Están inspiradas en lendas e crenzas populares.
“Os europeos en Abrantes” (1927).­ Novela inacabada que satiriza persoas e costumes da vida ourensá.
2010
Lingua Galega e Literatura
“O porco de pé” ( 1928).­ Novela que constitúe unha sátira contra a burguesía, encarnada na figura de don Celidonio, tendeiro de orixe castelá que chega a ser alcalde dunha cidade galega. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía, en contraposición con intelectual doutor Alveiros, que corresponde co home do espírito quen, porén, acaba sucumbindo ante o mundo burgués.
Ensaio.­ Especializaouse nos temas de etnografía, mitografía e historia e foi, así mesmo, o principal teórico do nacionalismo.
“Teoría do nacionalismo galego
” , “Nós, os inadaptados” e “Mitteleuropa” (que recolle as experiencias da súa viaxe por Centroeuropa.
Teatro.­ “O bufón de El­Rei” (1928) drama en catro paso que se sitúa na época medieval.
Otero Pedrayo (Ourense 1888 – 1976) (Tema 2)
Nace nunha familia fidalga de ideoloxía liberal. En 1918 ingresa nas Irmandades e inicia a súa militancia no galeguismo; máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos. Comeza tamén a súa actividade política coa fundación do Partido Nacionalista Republicano, integrado no Partido Galeguista.
Ao comezar a Guerra Civil, sofre a represión pola súa militancia no galeguismo e é apartado da súa cátedra no instituto ourensán, que non recuperará ata 1948. En 1950 consegue a cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago e participa na fundación da editorial Galaxia.
Durante toda a ditadura, Otero mantívose como testemuña do nacionalismo de preguerra e converteuse nun referente e modelo para as novas xeracións.
Otero Pedrayo foi o principal literato do grupo Nós. Centrouse principalmente no campo da narrativa pero tamén cultivou o teatro, o ensaio e a poesía.
O estilo de Otero Pedrayo, oscila entre a concisión e as elipses, e os longos parágrafos ramificados en subordinadas e con abundantes imaxes.
Narrativa.­ Novelas longas e relatos breves.
Dous bloques:
­
Obras realistas (narrador omnisciente; plasmación da vida da Galicia decimonónica; digresións culturais.) ∙ “Os camiños da vida”.­ Primeira novela, primeira gran novela da literatura galega.
Trata dos cambios que se producen na Galicia do século XIX, fundamentalmente a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía. A acción é en Trasouto, Ourense e Santiago. Protagonizada por dúas familias fidalgas, os Doncos e os Puga, que amosarán a súa decadencia económica, física e moral.
­
Obras culturais (o narrador é un personaxe, e polo tanto, é subxectivo; frecuentes evocacións dos protagonistas; e consideracións históricas ou filosóficas.)
“Arredor de si”, “Escrito na néboa”
, “Fra Vernero” e “A romaría de Xelmírez e Devalar”
“Arredor de si”.­ É un retrato da xeración do autor que dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo. Adrián Solovio, o protagonista, viaxa por diversos lugares de España e Europa e vai experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de regreso a Galicia, nun reencontro consigo mesmo e coa súa terra. A viaxe física do personaxe é o soporte da vida interior que nel se está producindo e é definida como un <<itinerario de perfección>>, unha viaxe iniciática que cambia a súa personalidade e o converte nun ser maduro e consciente.
“A romería de Xelmírez”.­ É unha novela de asunto medieval sobre a viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma.
“Fra Vernero”.­ Única obra que non fai referencia a Galicia e narra a vida do dramaturgo alemán do século XVIII, Zacarías Werner.
2010
Lingua Galega e Literatura
“Devalar”.­ Formación da conciencia galeguista a través do Santiago dos anos do Seminario de Estudos Galegos.
Ensaio.­ Céntrase en temas de xeografía e da historia: “Ensaio histórico sobre a cultura galega” ou “Síntese histórica do século XVIII en Galicia”. Tamén destacan os seus libros de viaxe: “Pelerinaxes” (relato da viaxe a Ourense de San Andrés de Teixido con Risco e Ben­
Cho­Sey) e “Polos viveiros da saudade”
(crónica da primeira viaxe a América en 1947).
2010
Lingua Galega e Literatura
Teatro.­ “A lagarada” (1929).­ É a súa primeira peza dramática e a obra máis representativa. É unha traxedia situada no Ribeiro na época sa vendimia, na que o viño provoca a cobiza e a luxuria.
“O desengano do prioiro”.­ Trata humoristicamente a implantación na leda terra do Ribeiro da industria dos cadaleitos.
“Teatro de máscaras”.­ Son dezaseis pezas que escribiu animado por Castelao e que permaneceron inéditas ata 1975.
Castelao (Rianxo 1886 – Bos Aires 1950) (Tema 3)
É a figura máis sobranceira da cultura galega do século XX. Nel fúndense as facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista.
Tras estudar o doutoramento en Madrid, volve a Rianxo e exerce a medicina durante algún tempo, pero abandona definitivamente a profesión para ingresar por oposición no instituto Xeográfico e Estatístico, e tamén exerce como axudante da cátedra de Debuxo no instituto de Pontevedra.
Durante estes anos participa no sindicato de Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades, iniciando un intenso labor político que continuará ata a súa morte. Comeza tamén a súa relación co Grupo Nós, e en 1920, faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos . En 1926 é elixido membro da Real Academia Galega.
Tras o remate da ditadura de Primo de Rivera, incrementa a súa actividade política e participa en 1931 na creación do Partido Galeguista, partido polo cal foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra. En 1934, coa chegada ao poder da dereita, perde o seu escano e é desterrado a Badaxoz. En 1936 volve ser elixido deputado polo Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular, e participa na defensa do Estatuto de Autonomía para Galicia, que será aprobado en plebiscito en 1936.
Ao remate da Guerra Civil, exíliase a Nova York , e logo a Bos Aires onde morre no 1950. Aínda no exilio continúa desenvolvendo un intenso labor político (en 1941 foi nomeado ministro do goberno da república no exilio) e artístico.
Comeza dedicándose á narrativa, máis tarde inicia o seu labor como ensaísta e, por último como dramaturgo.
Obra caracterizada pola crítica social; polo humor acedo a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo; e polo lirismo que atinxe á forma e aos contidos, con abundantes recursos expresivos e unha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade, eliminando todo o innecesario.
∙Narrativa∙
“Un ollo de vidro” (1922).­ Novela humorística curta centrada nun tema de ultratumba.
“Cousas” (1926 e 1929).­ Reúne un conxunto de 45 relatos breves acompañados dunha ilustración. Castelao ofrece un mosaico da realidade galega do seu tempo (o mundo mariñeiro, a emigración, retratos de personaxes…). Son a creación máis orixinal de Castelao e supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.
“Retrincos” (1934).­ Colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos nos que se narran acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.
“Os dous de sempre” (1934).­ Novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos dende a infoncia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida: Rañolas é o rapaz que vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo (trazos narrativos positivos); e Pedriño é unha persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, que ten por única preocupación comer e folgar (trazos narrativos negativos).
∙Ensaio∙
“Sempre en Galiza” (1944, Bos Aires).­ Obra máis importante do pensador galeguista da época.
Consta dun “Adro” e catro libros nos que o autor expón o seu pensamento político e presenta a historia, a cultura, a identidade e os problemas de Galicia desde unha óptica nacionalista.
2010
Lingua Galega e Literatura
Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: “As cruces de pedra na Bretaña” (1930) e “As cruces de pedra na Galiza” (1950). 2010
Lingua Galega e Literatura
∙Teatro∙
“Os vellos non deben de namorarse” (1941, Bos Aires).­ Única obra teatral. Consta de tres lances independentes pero de tema e estrutura semellante, encadrados entre un prólogo e un epílogo.
•
•
•
O prólogo anticipa o tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.
Os lances presentan tres versións dun mesmo drama: en cada un hai un vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. En todos os lances aparece tamén a morte como personaxe que advirte o vellos das dramáticas consecuencias do seu namoramento.
No epílogo, os tres vellos reúnense e analizan as circunstancias da súa morte, láianse da súa imprudencia e coñecen noticias das súas respectivas mozas.
Castelao definiuna <<unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato>>.
A súa obra gráfica:
Castelao foi tamén pintor, debuxante e caricaturista. Publicou os seus debuxos do álbum “Nós” (1916), “Cincuenta homes por dez reás” (1931), e a serie de “Cousas da vida”.
Nestas obras presenta personaxes populares, labregos e mariñeiros e, mediante o humor, dá unha visión crítica da Galicia do seu tempo.
Despois da guerra: “Galicia mártir” (1937), “Atila en Galicia” (1937) e “Milicianos” (1938), dramáticas estampas da cruel represión fascista en Galicia.
2010
Lingua Galega e Literatura
Estudo da lingua: Variedades internas (Tema 3)
1. A lingua e as súas variedades. Dentro de cada lingua conviven variedades internas, que son debidas a factores temporais, espaciais, socioculturais e situacionais.
1.1. Variedades temporais ou históricas. Variacións dunha lingua ao longo do tempo.
1.2. Variedades xeográficas, diatópicas ou dialectais. Variantes que unha lingua presenta nas distintas zonas xeográficas nas que se fala. Afectan sobre todo á lingua falada, mentres que na comunicación escrita predomina unha maior unidade que constitúe a que denominamos lingua estándar.
1.3. Variedades socioculturais ou diastráticas. Son distintas maneiras de falar que constitúen os niveis de lingua como consecuencia do coñecemento da lingua.
•
•
Nivel culto .­ Persoas que teñen un alto nivel cultural (lingua coidada e correcta).
•
•
Nivel popular .­ Persoas con escasa formación lingüística.
Nivel medio = lingua estándar .­ Usada normalmente pola maioría da poboación e polos medios de comunicación.
Nivel vulgar .­ Falantes carentes de instrucción que, debido ao descoñecemento das normas lingüísticas (moitas incorreccións).
1.4. Variedades situacionais ou diafásicas. Son distintas maneiras de falar que ten unha mesma persoa segundo o contexto da comunicación. Depende do tema, da intención, da relación con interlocutor…. Son os chamados, rexistros lingüísticos:
• Rexistro formal .­ Propio de situacións solemnes.
• Rexistro informal .­ É a variedade máis empregada, propio das situacións de familiaridade e confianza.
2. Linguaxes específicas = xergas. Son as linguas faladas de carácter esotérico ou críptico, é dicir, coa intención de ser coñecida só polos membros do grupo, para diferenciarse, para afirmarse como grupo e para evitar ser entendidos polos demais.
Os tecnolectos son as xergas profesionais co seu vocabulario técnico e especializado.
Tamén existen diferenzas na maneira de expresarse segundo a idade. Os mozos e mozas empregan unha linguaxe máis renovadora, están máis abertos ás innovacións, ao emprego de sufixos, aos neoloxismos, ás metáforas…
En Galicia tamén houbo xergas empregadas nalgúns oficios tradicionais: o barallete ou lingua dos afiadores ourensáns de Nogueira de Ramuín; a xerga dos cesteiros de Mondariz; o verbo dos arxinas ou dos canteiros; o verbo dos cabaqueiros ou telleiros do Baixo Miño; o latín dos chafoutas ou albaneis de Tui e Pontevedra.
3. A variedade estándar. É resultado dun proceso de codificación ou normativización da lingua.
Fronte a estas variedades internas da lingua, sitúase a variedade estándar, que presenta o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes (nivel medio e rexistro formal). Se estuda na escola, se utiliza nos medios de comunicación e se emprega na Administración.
2010
Lingua Galega e Literatura
Estudo da lingua: Variedades xeográficas, diatópicas ou dialectais. (Tema 4)
•
Bloque occidental Gheada (amigho, ghato); seseo implosivo (luS, deS); seseo explosivo (Sapato, veSiño); ditongo –oi­ (mOIto, lOIta); plural de –n en –ns (caNS, camióNS); terminación –án para os dous xéneros (o irmÁN/a irmÁN, o chAN, a lAN); pronome TI; cheísmo (formas verbais colleches, foches).
•
Bloque central Gheada no occidente (amigho, ghato); ausencia de seseo; ditongo –oi­ (mOIto, lOIta); plural de –n en –s (caS, camióS); terminación –
ao para masculino e –á para feminino (o irmaO, a irmÁ; o chaO; a lÁ); pronome TI no occidente, e pronome TU no oriente; cheísmo (formas verbais colleches, foches).
•
Bloque Oriental Ausencia da gheada; ausencia do seseo; ditongo –ui­ (mUIto, lUIta) ou redución a –u­ (mUto, lUta); plural de –n en –is (caIS, camioIS); terminación –ao para masculino e –á para feminino (o irmaO, a irmÁ; o chaO; a lÁ); pronome TU; formas verbais en –is (cantades: cantaIS).
Dentro de cada bloque hai diferenzas que particularizan a fala dalgunha zona:
∙ Bloque occidental: áreas fisterrá e tudense.
∙ Bloque central: áreas mindoniense e lucu­auriense.
∙ Bloque oriental: área asturiana, ancaresa e zamorana.
Descargar