nota_importante_opos.pdf

Anuncio
 MOI IMPORTANTE PARA OPOSITORES QUE SUPERAN A FASE A DA OPOSICIÓN EN TÓDALAS ESPECIALIDADES
ANPE OURENSE informa que É PREVISIBLE que a Consellería de Educación, habilite a plataforma informática de méritos para tódolos opositores que superen a parte A .
Nesta plataforma o opositor poderá visualizar tódolos méritos que ten recoñecidos pola administración educativa en cada apartado.
Así, so será preciso presentar perante o tribunal de oposicións correspondente, aqueles méritos non recoñecidos ou ben aqueles que se desexa que volvan a baremar.
RECOMENDACIÓNS DE ANPE OURENSE:
1.-Cubrir o anexo de méritos que aparece na convocatoria de oposicións a través do
seguinte enlace da web de ANPE OURENSE, para que sexa lexible. Facer duas copias do anexo, una para o tribunal e outra para rexistrar e quedar o opositor con el, como registro de entrega.
Anexo II: alegación baremo de Mestres en formato pdf para imprimir e cubrir (off‐line) Ficheiro
Anexo II: alegación baremo de Mestres en formato doc para cubrir e imprimir Ficheiro (RECOMENDADO)
Anexo II: alegación baremo de Mestres en formato odt para cubrir e imprimir Ficheiro
2.‐ Levar os títulos para compulsar ordenados por apartados, e copia e orixinal correspondente á par, para facilitar o traballo ó tribunal.
3.‐ Lembrar que os tribunais é a primeira vez que fan esta labor, polo tanto, COLABORACIÓN con eles.
4.‐ Atentos á publicación do baremo provisional, para posibles reclamacións ante o tribunal de ser preciso.
ANPE Ourense S.I. R. Progreso, 83 ‐ 1º Ourense C.P. 32003 Tlfno. 988255852 Fax. 988391843 www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com 
Descargar