DOCENTE_OURENSANO_EXEMPLAR_2011.pdf

Anuncio
ANPE Ourense S.I.
ANTONIA MARBÁN VÁZQUEZ ELIXIDA POR
UNANIMIDADE DOCENTE EXEMPLAR
OURENSANA 2011
No transcurso dunha sesión plenaria, presidida polo
Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, do Presidente da
Deputación e polo Presidente de ANPE (*), actuando de
secretaria Da. Elena Orbán Cerredelo e contando coa presenza de
máis de corenta destacados docentes de tódolos niveis educativos
da nosa capital e provincia, tivo lugar a elección por unanimidade
de D. Antonia Marbán Vázquez como “Docente Exemplar 2011”
(en documento adxunto remítese a composición do xurado 2011)
Estamos nas vésperas do GRAN DIA DAS LETRAS
GALEGAS, no que recordaremos e honraremos o poeta LOIS
PEREIRO, e o que nos nos sumamos con este acto. Que mellor
maneira de celebrar este día que homenaxear a unha mestra
exemplar que dedicou a maior parte da súa vida (máis de corenta
e cinco anos) a ensinar a ler, a escribir, e por riba de todo a amar
as nosas linguas, a miles de nenos e nenas ourensás.
Antonia simboliza como ninguén a vocación de mestra que
ten como principal meta facer mellores persoas aos nosos
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com
1
ANPE Ourense S.I.
alumnos e de paso, como agora, recordarlle á sociedade a
importancia da FUNCION DOCENTE.
Antonia Marbán foi, e segue a ser, unha mestra exemplar
como funcionaria docente ao servizo da educación pública. Non
nos equivocaremos se dicimos que “Toñita”, así a coñecen
tódolos seus compañeiros e amigos, foi o máximo expoñente na
nosa provincia da “Ensinanza non directiva” ou “Pedagoxía de
persoa a persoa” de Karl Rogers.
Nesta corrente educativa, o profesor non dirixe
con obxectivos resultadistas o alumno, porque iso
sería decidir por el e manexalo, pero tampouco se
priva de participar, nin é indiferente ao proceso
educativo. O que fai e acompañalo na procura do
coñecemento para que o alumno chegue a ser quen
é, e tome decisión baseadas nas súas propias
experiencias educativas que vai interiorizando coa
aprendizaxe.
Trátase de conseguir un ambiente de
comprensión, de confianza en si mesmo, que lle
permita ir descubrindo os valores propios. Por iso
outro dos postulados básicos de Rogers, levados á
práctica por Antonia Marbán como directora durante
17 años da Escola Normal de Prácticas no barrio da
Ponte, foi a necesidade de propiciar unhas
condicións favorables, en medios e recursos
humanos e materiais no Centro Educativo, para que
medren as capacidades dos alumnos.
2
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com
ANPE Ourense S.I.
Este recoñecemento terá lugar no trancurso
dun solemne acto académico que terá lugar no
Teatro Principal de Ourense, coincidindo coa
inauguración do curso escolar 2011/12 dentro do
“Homenaxe ó Docente 2011”. Paralelo o mesmo
terán lugar as “VI Xornadas sobre Convivencia
Escolar” que este ano estarán dedicadas a “Non
directividade” de Kal Rogers e a o Ilustre escritor e
pedagogo Rabindranat Tagore no 150 aniversario do
seu nacemento.
En Ourense, 15 de maio de 2011
Secretaría de Comunicación
(*) ANPE é unha organización profesional de docentes do ensino
público que resultou elixida por primeira vez, recén finalizadas
as eleccións sindicais, PRIMEIRA FORZA SINDICAL POR
NÚMERO DE DELEGADOS ELECTOS (11) DA NOSA
PROVINCIA EN EDUCACIÓN. Hoxe, ANPE Ourense, é a voz
sindical da maioría dos docentes do ensino público.
3
ANPE Ourense S.I.
R. Progreso, 83 - 1º Ourense C.P. 32003
Tlfno. 988255852 Fax. 988391843
www.anpeourense.com www.defensordoprofesor.com
Descargar