ORGANIZACIÓN A Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo co apoio da D.X. de Turismo da Consellería de Innovación e Industria e a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal organizan o VI Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar na praza de España en Ribadeo , os días 5,6,7 e 8 de decembro. Os horarios de apertura serán de 11h a 14h e 17h a 21h. PARTICIPACIÓN Poderán participar tanto o sector artesán de manofaturas como a alimentación artesanal. A participación será gratuita, non tendo que realizar pago algún polo aluguer do Stand. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN Poderán solicitar a participación aquelas persoas cuia producción sexa exclusivamente artesanal e de elaboración propia e que estean debidamente dados de alta no réxime de autónomos na actividade. Os documentos a adxuntar , xunto coa solicitude , serán os seguintes: Memoria descritiva da actividade e 3 fotografías da obra e stand ( Só os que participen por vez primeira) Copia DNI ou N.I.F./ C.I.F. Copia da última cuota pagada do réxime de autónomos. Certificado de epígrafes do I.A.E. Carta de artesán ( a valorar) Rexistro sanitario, no caso de que sexa necesario para exercer a actividade. Declaración xurada e asinada polo/a interesado/a, que acredite que os produtos cos que participará no mercado, responden a unha elaboración artesanal de autoría propia, acorde á memoria presentada. Valorárase que o/a solicitante realice traballos de artesanía na súa especialidade en vivo, durante a celebración do mercado. As solicitudes deberán enviarse enviarse a : Área de Desenvolvemento Local Concello de Ribadeo Pza. de España, 1 27700 Ribadeo Ou ao correo electrónico: [email protected] PRAZO O prazo para solicitar a participación estará aberto, con carácter xeral, ata o día 21 de outubro do 2008 ás 14:00 h . SELECCIÓN No caso de ser necesario, unha vez pechado o prazo de admisión, reuniráse o Comité de Selección para seleccionar aos que se consideren, resolvendo as solicitudes con carácter inapelable. NORMAS DE PARTICIPACIÓN Todos os que o soliciten a participación aceptan as condicións de funcionamento dos eventos. A feira levárase a cabo baixo unha carpa e a distribución e ubicación dos stands será competencia da comisión. A montaxe será a tarde-noite do 4 de decembro ou o mesmo día, e a desmontaxe será o día 8 de decembro. A organización poñerá aos servizo dos participantes: Stand, enchufes e luz ambiental. Vixiancia durante as horas de peche Megafonía e calefacción. Cada expositor comprométese a : - Responsabilizarse dos produtos expostos no seu stand durante a celebración do mercado - A venda de produtos elaborados por el/ela mesmo/a , relacionados coa solicitude de participación , no admitíndose a revenda de produtos non propios o que non sexan de elaboración artesanal. - Que o seu stand permaneza aberto debidamente atendido durante o horario establecido. SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NOME DO TALLER / STAND –––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––– NOME E APELIDOS –––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––– OFICIO _______________________________________________________________ ENDEREZO, C.P, LOCALIDADE E PROVINCIA___________________________________________________________ TELEFONO/S DE CONTACTO __________________________________________ E-MAIL : ______________________________________________________________ PRODUCTO/S A VENDA________________________________________________ TALLER AO VIVO SI NON