PROGRAMA DE FORMACIÓN EN INNOVACIÓN EMPRESARIAL O área de Emprego do Concello da Coruña xunto ca Fundación Universidade da Coruña (en adiante FUAC) pretenden levar a cabo un Programa de Formación na Innovación no tecido empresarial do Concello da Coruña. Obxectivos O obxectivo principal deste Programa é impulsar o desenvolvemento dun Plan de innovación no tecido empresarial que facilite a millora dos resultados económicos, a competitividade e a cota de mercado da empresa, innovando nos seus procesos, productos e servizos, así como promover a inserción laboral de mozos/-as do Concello da Coruña nos procesos de Innovación das empresas a través de Prácticas formativas. Destinatarios 10 Pequenas ou medianas empresas do municipio cun Proxecto de Innovación en marcha. Só poderán ser beneficiarias dun mozo ou moza por empresa. Metodoloxía A metodoloxía a empregar combina unha formación en Innovación empresarial co desenvolvemento dun Programa de Formación Práctica. 1. Formación en Innovación empresarial.- estará orientado á realización de diagnósticos e a posta en marcha de Plans de Innovación nas empresas, promovendo así a orientación dos recursos da empresa hacia a innovación. 2. Práctica Formativa.- quedará materializada mediante a sinatura dun Convenio de colaboración entre a FUAC e a empresa beneficiaria e dun Plan de formación titorizado por un empregado da empresa, coa formación ou experiencia suficiente, para darlle a formación práctica, e polo persoal técnico da área de Emprego da FUAC. As condicións da práctica serán as seguintes: Inscripción ü ü ü ü ü Duración: 2 meses Axuda económica: 800,00 € brutos ao mes. Orixe do Financiamento: Concello da Coruña Calendario da Práctica: do 01/10/2016 ata o 30/11/2016 Xornada completa (máx. 8 horas/día) As empresas que queiran participar no Programa deben: ü Completar o seu rexistro la Plataforma de Emprego da FUAC (EMPLEA: www.fundacion.udc.es/emplea). ü Cumprimentar a súa inscrición no Programa de Formación en Innovación empresarial (http://goo.gl/forms/nIXmZBWQSWe13wz53) Comisión de avaliación ü Crearase para a selección das empresas e do alumnado beneficiario e estará composta polo Concello da Coruña e a FUAC. Contacta UNIDADE DE EMPREGO DA FUAC ROSA VILLAR MOURO. 881.014362. [email protected] LAURA SUÁREZ CALVELO. 88101006. [email protected] AMALIA BORREGUERO VILLANUEVA. 881 012367. [email protected] NURIA BABIO MONTERO. 881 012367 [email protected]