ÍNDICE Índice .................................................................................................... 1 Bibliografía ............................................................................................. 1 Introducción. Evolución histórica do concepto Ecosistema...................... 2 Relacións intraespecíficas ........................................................................ 3 Relacións intraespecíficas. Relacións de cooperación ................................ 3 Relacións intraespecíficas. Relacións de competencia ............................... 3 Relacións interespecíficas ........................................................................ 4 Relacións interespecíficas. Antagonismo .................................................. 4 Relacións interespecíficas. Asociacións positivas ....................................... 5 Influencia humana sobre os ecosistemas .................................................. 6 Influencia humana sobre os ecosistemas. Destrucción e fragmentación de hábitats ... 6 Influencia humana sobre os ecosistemas. Cambio climático ...................... 6 Influencia humana sobre os ecosistemas. Contaminación ......................... 6 Influencia humana sobre os ecosistemas. Especies introducidas ............... 7 Influencia humana sobre os ecosistemas. Sobreexplotación ...................... 7 Control da influencia humana sobre os ecosistemas ................................. 7 Bibliografía Darwin − Bioloxía e Xeoloxía ©. Edicións SM. Enciclopedia Encarta 99 ©. Microsoft Corporation. Diccionario de la Naturaleza ©. Espasa − Calpe. Diccionario enciclopédico Larousse ©. Editorial Planeta. Introducción. Evolución Histórica do Concepto Ecosistema O concepto ecosistema foi creado por Tansley en 1935, co obxectivo de actualiza−los anteriores intentos de conceptualización realizados polos naturalistas sobre complexos ambientales integrados por animales e 1 plantas inmersos nun medio. O emprego deste término non supuxo máis que dar un nome a un concepto aceptado no ambiente científico sobre a existencia desas entidades. No século XIX, Humboldt facía unha descripción de procesos naturais relacionados entre si, resaltando a unidade do mundo Kosmos. Este mesmo autor define asociación, referíndose ó conxunto de distintas especies que tenden a presentarse xuntas e corresponden a determinadas características do medio. Suess introduce o concepto de biosfera, como zona terrestre onde está concentrada a vida. Tamén aparece o término biocenose, proposto por Möbius. Aínda que orixinalmente tiña un contido equivalente ó de ecosistema, posteriormente quedou reducido á comunidade que habita un lugar determinado. Forbes, en 1887, chama a atención sobre as propiedades macroscópicas dun lago, referíndose a el como microcosmos (integración das partes nunha unidade superior). No primeiro cuarto do século XX nace a ecoloxía das comunidades, ligada a nomes como Thienemann, Braun−Blanquet, Elton, etc.; comezaron entón a aplicárense conceptos básicos como cadena alimentaria ou pirámide de especies. En 1916, Clemens fala de comunidade referíndose ás propiedades macroscópicas independentes da suma das especies que a integran. Gleason critica este concepto e considera que a comunidade non pode ser entendida máis que como a suma das especies que a compoñen, e é resultado da acción da selección natural sobre os individuos que chegaron a ela. Maila a introducción destes conceptos, a ecoloxía dispersábase en direccións bastante heteroxéneas e faltaba unha unidade de estudio, como o átomo para a física, a célula para a citoloxía, o tecido para a histoloxía ou o órgano para a fisioloxía. Esta evolución, xunto coa aparición do concepto de sistema leva á aparición do concepto de ecosistema (Tansley, 1936), que proporciona unha maior flexibilidade e xeneralidade ós conceptos anteriores. Relacións Intraespecíficas As relacións entre individuos da mesma especie denomínanse relacións intraespecíficas. Poden ser de cooperación e de competencia. Relacións de Cooperación Facilitan a realización de actividades que dificimente podería levar a cabo un individuo illado, coma a reproducción, o coidado das crías, a defensa, etc. As poboacións animais forman grupos moi variados. Podemos diferencia−las seguintes asociacións: Asociacións Familiares Existen lazos de parentesco entre os seus membros. Agrúpanse para reproducírense e para coidaren as crías. Hai varios tipos: parental monógama (pai, nai e fillos), parental polígama (pai, varias nais e fillos) matriarcal (nai e fillos), patriarcal (pai e fillos) e filial (só fillos). Asociacións Gregarias Non existen lazos de parentesco entre os seus membros. Son agrupacións moi numerosas e de carácter temporal. Fórmanse para acadar un obxectivo determinado, como a defensa oy a busca de alimento. Asociacións Sociais Fórmanas numerosos individuos divididos en categorías sociais, con funcións diferentes. Reparten o traballo, de forma que tódolos membros colaboran na sociedade. 2 Asociacións Coloniais Están constituídas por individuos unidos entre si de forma inseparable, coma os pólipos. Reprodúcense por xemación, de forma que os novos individuos adhírense ó proxenitor. Asociánse para poderen sobrevivir. Relacións de Competencia Danse cando o número de individuos dunha poboación aumenta e comeza a escasea−lo alimento. Contribúen a regula−lo tamaño dunha poboación, aumentando o índice de mortalidade e diminuíndo o de natalidade. Relacións Interespecíficas As relacións que se establecen entre individuos pertencentes a diferentes especies denomínanse relacións interespecíficas. Antagonismo Fálase de antagonismo cando un dos organismos sae prexudicado. Podemos diferencia−los seguintes casos: Depredación É a relación que se establece entre un individuo, denominado presa, e outro que o captura e devora, chamado depredador. O número de presas e depredadores está en continuo equilibrio, establecéndose diclos de producción. Cando aumenta o número de presas, os depredadores teñen máis alimento e aumenta o tamaño da súa población. O maior número destes causa a diminución de presas, polo que comezará a escasea−lo alimento. Entón, a poboación de depredadores redúcese debido ás relacións de competencia que se orixinan entre eles. Por último, as presas aumentan de novo o seu número, debido ó menor acoso dos depredadores, iniciándose un novo ciclo. Os depredadores adoitan ser animais moi veloces, con órganos sensoriais moi desenvolvidos, para recoñeceren ás súas presas. A maioría das veces posúen coloracións crípticas para confundírense co medio e pasaren desapercibidos. As presas adquiren mecanismos de defensa moi variados, protexéndose mediante espiñas, aguillóns, coirazas ou cunchas. Tamén recorren á cripse e ó mimetismo, que consiste en adoptar cores ou formas similares ás da paisaxe. Parasitismo É a relación que se establece entre dous individuos, un dos cales, o parásito, sae beneficiado, mentres que outro, chamado hospedador, sae prexudicado. Segundo a súa dependencia do hospedador, os parásitos poden ser: obrigados (só sobreviven sendo parásitos, coma os virus) ou facultativos (poden vivir sen seren parásitos); e segundo o lugar onde viven clasifícanse en: ectoparásitos ou externos e endoparásitos ou internos. Competencia Esta relación establécese entre dúas especies diferentes que pretenden un mesmo recurso, coma o territorio, o alimento, a auga ou a luz. Ambas especies prexudícanse, aínda que a que poida adaptarse mellor ó medio conseguirá aumenta−la súa poboación. En xeral, se as condicións non varían, unha das poboacións desaparece, como é o caso das plantas que necesitan moita luz: nunca están presentes no solo dunha selva. 3 Asociacións Positivas Son as asociacións nas que un individuo sae beneficiado, sen prexudicar ó outro. Hai os seguintes tipos de relacións: Mutualismo Relación que se establece entre dous individuos na que ámbolos dous obteñen beneficios. Un exemplo é o dos grandes vertebrados herbívoros, que adoitan estar acompañados de pequenas aves que se alimentan dos parásitos da súa pel. Simbiose É unha relación de beneficio mutuo, que aumenta as expectativas de supervivencia dos organismos implicados. Un exemplo é o dos térmites, que posúen no seu aparello dixestivo microorganismos que os axudan a dixeri−la celulosa da madeira. Comensalismo Esta relación é positiva para un dos organismos, chamado comensal, e é indiferente para o outro, denominado patrón. O beneficio consiste na obtención de alimento, utilizando os restos de comida liberados polo patrón. Inquilinismo Un individuo resulta beneficiado, mentres que para o outro é indiferente. Un organismo atopa refuxio e protección no espacio que, como vivenda, lle ofrece a outra especie. Un exemplo é a relación que moitas aves establecen coas árbores. Tanatocrese É un caso especial de inquilinismo, no que un dos organismos utiliza o cadáver ou os restos da outra especie como vivenda. É o caso do cangrexo ermitán. Foresia É a relación que se establece entre un organismo e outro que o primeiro utiliza como medio de transporte. Un exemplo é ó do polen e as abellas. Influencia Humana sobre os Ecosistemas Facemos unha análise dunha situación que se da hoxe en día na natureza e que pode ser considerada unha relación antagónica, xa que un dos organismos sae claramente prexudicado. Tódolos medios e ecosistemas naturais enfréntanse agora a unha dificultade sen precedentes: a humanidade. O ser humano produciu nuns poucos séculos cambios que, na súa ausencia, esixirían miles ou millóns de anos. As consecuencias destes cambios están aínda por ver. A continuación, descríbense os impactos máis importantes da actividade do home sobre os ecosistemas. Destrucción e Fragmentación de Hábitats A influencia máis directa do home sobre os ecosistemas é a súa destrucción ou transformación. A tala a matarrasa (o corte de tódolas árbores dunha extensión de bosque) destrúe, como é lóxico, o ecosistema 4 forestal. Tamén a explotación selectiva de madeira altera o ecosistema. A fragmentación ou división en pequenas manchas do que era un ecosistema continuo pode alterar fenómenos ecolóxicos e impedir que as parcelas supervivintes continúen funcionando como antes da fragmentación. Cambio Climático Agora acéptase de forma xeralizada que as actividades da humanidade están contribuindo ó quencemento global do planeta, sobre todo pola acumulación na atmósfera de gases de efecto invernadoiro. As repercusións deste fenómeno probablemente acentuaránse no futuro. Como xa se señalou, o cambio climático é unha característica natural da Terra. Pero antes os seus efectos podíanse asimilar, porque os ecosistemas emigraban desprazándose en latitude o altitude a medida que cambiaba o clima. Como agora o ser humano apropiouse dunha grande parte do solo, en moitos casos os ecosistemas naturais ou seminaturais non teñen ningún sitio ó que emigrar. Contaminación A contaminación do medio ambiente por herbicidas, plaguicidas, fertilizantes, vertidos industriais e residuos da actividade humana é un dos fenómenos máis daninos para o medio ambiente. Os contaminantes son en moitos casos invisibles, e os efectos da contaminación atmosférica e da auga poden non ser inmediatamente evidentes, aínda que resultan devastadores a longo plazo. As consecuencias da chuvia ácida para os ecosistemas de auga dulce e forestais de gran parte de Europa septentrional e central e un fenómeno que ilustra este apartado. Especies Introducidas O home é responsable deliberado ou accidental da alteración das áreas de distribución dun enorme número de especies animais e vexetais. Esto non só inclúe os animais domésticos e as plantas cultivadas, senón tamén parásitos como ratas, ratos e numerosos insectos e fungos. As especies naturalizadas poden exercer unha influencia devastadora sobre os ecosistemas naturais por medio das súas actividades de depredación e competencia, sobre todo en illas nas que hai especies naturais que evolucionaron illadas. Así, a introducción de raposos, coellos, sapos, gatos monteses e ata búfalos devastaron moitos ecosistemas de Australia. Plantas, como o arbusto sudamericano do xénero Lantana, invadiron o bosque natural en moitas illas tropicais e subtropicais e provocaron alteracións graves nestes ecosistemas; o xacinto acuático africano, xénero Eichhornia, tamén perturbou de forma similar os ecosistemas de moitos lugares cálidos do mundo. Sobreexplotación A captura dun número excesivo de animais ou plantas dun ecosistema pode inducir cambios ecolóxicos sustanciais. O exemplo máis importante na actualidade é a sobrepesca nos mares de todo o mundo. O agotamento da maior parte das poblacións de peces é, sen dúbida, causa de cambios importantes, aínda que as súas repercusións a longo plazo son difíciles de evaluar. Control da Influencia humana sobre os ecosistemas Controla−lo cambio dos ecosistemas pode ser para a humanidade o reto máis importante durante o próximo milenio. Será necesario atopar solucións a tódalas escalas, dende a local ata a mundial. A protección dos ecosistemas naturais que quedan en parques nacionais e outras áreas protexidas é decisiva. Pero esto non evitará a influencia de factores como o cambio climático ou a contaminación arrastrada polo aire e pola auga. Ademais, a continua pérdida de terreo que experimentan as áreas naturais significa que 5 problablemente esixirán unha xestión máis activa para mante−las súas funcións ecolóxicas: control de especies exóticas, manipulación dos niveis de auga nos humedais, incendios periódicos controlados en hábitats forestais, entre outros. Esta clase de intervencións son sempre perigosas, pois todavía descoñecémo−lo funcionamento da maior parte dos ecosistemas. O control da contaminación e da emisión de gases de invernadoiro esixirá adoptar medidas a escala mundial; tamén require medidas coordinadas deste tipo a interrupción do deterioro das pesquerías marinas por sobrepesca. En última instancia, a solución estriba en controla−lo crecemento da poboación humana e en adoptar unha postura moito máis restrictiva en canto ó uso de recursos naturais e enerxía. Sistema: conxunto de elementos interrelacionados, entre os que existe unha certa cohesión e unidade de propósito. Relacións que se Producen no Ecosistema Tema 13 − Bioloxía e Xeoloxía Páxina 7 de 7 6