NP previa Foro Reimprímete

Anuncio
Xoves, 30 de abril de 2015
AVANCE INFORMATIVO para o martes, 12 de maio.
César Antonio Molina no Foro Reimprímete.
O vindeiro 12 de maio o foro celebrará unha nova edición en Santiago de
Compostela (salón de actos de la Galería Sargadelos).
Ademais do ex ministro de cultura, participarán na xornada Xosé Antonio Perozo,
(xornalista, escritor e director literario de Auga Editora, voceiro do Foro Reimprímete e
presidente de GÁLIX), Jacobo Bermejo Barrera, (presidente do Clúster do Produto
Gráfico e do Libro Galego), Laura Rodríguez (presidenta da Asociación Galega de
Editores), Francisco Castro (escritor e Coordinador de Novos Proxectos na Editorial
Galaxia), Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia) e Mª Camino Pereiro (Nova
Escola Galega).
Programa
9:30h. Presentación do Foro, que correrá a cargo de D.Xosé Antonio Perozo, xornalista,
escritor e director literario de Auga Editora, voceiro do Foro Reimprímete e presidente de
GÁLIX; D. Jacobo Bermejo Barrera, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro
Galego e Dª. Laura Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Editores.
10:00h. Conferencia a cargo de D. César Antonio Molina que leva por título "O futuro da
lectura"
11:00h. Pausa café
11:30h. Panel de ideas. A mesa estará formada por:
- D. Francisco Castro “Edición estendida”.
- D. Manuel Bragado: “Edición hibridada”.
- Dª. Mª Camino Pereiro representante de Nova Escola Galega. “O desafío da innovación
educativa: múltiples recursos para unha escola inclusiva”
13:00 h. Presentación proxecto Simbiotic de realidade aumentada
Acerca de Reimprímete :
O foro permanente Reimprímete constituíuse o pasado día 23 de abril, Día Internacional do
Libro.
Este foro nace tras un fondo proceso de reflexión que comezou no acto organizado en
setembro de 2013 Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg) e Asociación Galega
de Editores (AGE) coa organización dun acto orientado a crear un punto de encontro das
asociacións máis representativas do sector da comunicación gráfica e o sector editorial, coa
finalidade de por en valor e defender o produto gráfico impreso.
En Reimprímete participan máis de vinte organizacións que representan a preto de 500
empresas e a máis de 1.300 profesionais de toda a cadea de valor do sector. Así, quen
escriben, quen editan, quen imprimen, quen deseñan, quen traducen, quen distribúen e quen
publicitan, uniron as súas forzas para crear este foro e conxuntamente alzar a voz en defensa
do produto impreso e do libro.
Os obxectivos deste foro permanente, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, son
por en valor os contidos impresos en soporte papel, actuando como freo ás políticas que
pretenden unha educación dixital completa que convertería a Galicia no primeiro sistema
educativo do mundo en non empregar libros impresos e eliminar a falsa ecoloxía que se
agocha como motivo deste tipo de decisión, posto que o papel é ecolóxico.
Forman Reimprímete:
- Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG)
- Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg)
- Asociación Galega de Editores (AGE)
- Asociación Galega de Marketing (Markea)
- Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia
- Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación (AGPTI)
- Asociación Galega de Libro Infantil e Xuvenil (Galix)
- Pen Club
- Asociación de Periodistas de Galicia
- Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- Federación de Librarías de Galicia
- Asociación Galega de Profesionales da Ilustración
- Asociación Galega de Deseñadores
- Agrupación de Distribuidores de Libros y Ediciones en Galicia (ADILE)
- Consorcio Editorial Gallego
- Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia(ANABAD
Galicia)
- Nova Escola Galega
- FSC España
- Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)
- Torre Libros
- Sección da Crítica da AELG
Colabora:
Descargar