#05 A realidade AUMENTADA, camiño de ser un feito Chechu Pérez presidente de Creatividade Galega Amalia Baltar presidenta de DIRCOM Galicia Cambie las reglas re imprímete Para afrontar os cambios sufridos polo sector da comunicación gráfica requírense grandes doses de creatividade, innovación e, sobre todo, da unión de tódolos profesionais que día a día loitamos polo noso futuro. O Cluster da Comunicación Gráfica nace para apoiar este labor e para defender os intereses de tódolos seus integrantes. Para coñecer as demandas de cada un dos subsectores integrados (comunicación e marketing, artes gráficas e editorial) estanse celebrando reunións periódicas para analizar a realidade actual e definir as necesidades concretas de cada eido, antes de establecer as liñas estratéxicas que dotarán de contido a esta nova entidade. Acepte el 98% de los pedidos. Sin limites. Con la misma calidad. Y muchos más materiales. Con miles de prensas digitales instaladas en todo el mundo y acuerdos de colaboración con los principales proveedores de soluciones y acabado, HP Indigo es la mejor elección para que su negocio crezca con más rapidez. Sin renunciar a nada. Más información en: hp.com/go/indigo Foto: Luís Cobas Las reglas del juego han cambiado. Presentamos las últimas y revolucionarias innovaciones de HP Indigo. Esta gama de prensas digitales es más rápida, inteligente, automatizada y rentable. La nueva gama incluye las prensas digitales HP Indigo 5600 y 7800, así como la HP Indigo 10000 con formato B2 (75 x 53 cm), todo lo que cabe esperar de una prensa digital Indigo, con un formato mucho más grande. Una gama de productos que abre un mundo de posibilidades sin precedentes. O Cluster da Comunicación Gráfica é un proxecto longamente meditado, que aglutina ás empresas da cadea de valor da comunicación gráfica galega. Xa se creou a Comisión Xestora para determinar as actuacións que se deben realizar no primeiro cuadrimestre deste ano. Máis ca nunca, agora é necesario xuntar forzas para impulsar este proxecto común e lograr que se teñan en conta as demandas do noso sector. A unión de todos é o único camiño para sentar os alicerces do futuro da comunicación gráfica en Galicia. sumario Edita Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego Prensa digital HP Indigo 7800 Prensa digital HP Indigo 5600 Consello asesor: Jacobo Bermejo, presidente; Carlos Del Pulgar Sabín, vicepresidente; Antonio Couto Rego, vicepresidente; Mar Delgado López, tesoureira; Carlos Docampo Freire, secretario; Ana Bravo Doviso, vogal. Deseño, maquetación e redacción Atelier Gráfica Visual S. L. Depósito Legal C 2126- 2013 Prensa digital HP Indigo 10000 Jacobo Bermejo Presidente do CPGLg A fondo Norberto Penedo Rey páx. 4/reportaxe Arranca a creación do novo Cluster da Comunicación Gráfica páx. 6/ entrevista Amalia Baltar páx. 8/entrevista Chechu Pérez páx. 10/reportaxe A realidade aumentada, camiño de ser un feito páx. 12/reportaxe Graphispag 2015 páx. 14/ entrevista Enric Martínez-Abarca páx. 16/reportaxe Simbiotic páx. 18 04 05 “Un sector como o das artes gráficas debe evolucionar para adaptarse a novas realidades” Norberto Penedo Rey Director da Área de Competitividade no IGAPE “A hibridación é esencial en ámbitos como o formato, o deseño de produto ou o packaging” Que iniciativas de apoio ao sector da comunicación gráfica contempla o IGAPE? Os problemas que atopan as empresas son comúns, polo que as liñas de apoio do Instituto tenden a ser transversais. Pero temos un coñecemento directo das necesidades do sector grazas á estreita relación que se vén mantendo co Cluster, o que fai posible encaixar as demandas en liñas concretas. Onde coida que está a viabilidade das empresas do sector? O sector rexistrou un axuste debido ás restricións orzamentarias dos principais clientes, empresas e administracións. Saíron fortalecidas as empresas que tiveron habilidade para reposicionarse, adaptándose aos cambios. O futuro pasa por procurar novos nichos, ou o que Europa denomina “emerging industries”: liñas de negocio e oportunidades relacionadas coa sustentabilidade e a responsabilidade social. Asemade, a hibridación, en forma de achega innovadora a outros sectores para incrementar o valor percibido, é esencial en ámbitos como o formato, o deseño de produto ou packaging. E, por suposto, resulta imprescindible un posicionamento do produto, a comunicación gráfica deberá recuperar o seu espazo e valor diferenzado dentro da comunicación multimedia. Como valora que o Cluster do Produto gráfico e do Libro Galego se refunda nun só, o da Comunicación Gráfica? Os clusters constitúen un ecosistema onde a existencia de ramas de negocio próximas é fundamental, faise máis doado impulsar calquera iniciativa tanto no que toca á innovación como en procesos ou na segmentación e redefinición de negocios e, por suposto, a internacionalización. Un sector como o das artes gráficas debe evolucionar para adaptarse a novas realidades, que hoxe en día abranguen ese ámbito máis global que supón a comunicación gráfica, que, sen renunciar ao ‘gráfico’, aglutina a máis axentes para converter a actividade nun soporte renovado na era da comunicación. En outubro mantivo unha xuntanza coa DX de Empresa e Industria e de I+D da Comisión Europea para estudar as posibilidades de financiamento comunitario para as empresas ata 2020, onde destaca o Programa COSME. Como se pode acceder a el? O COSME dedica un 60% do orzamento a mellorar o acceso ao financiamento. A UE prevé mobilizar 25.000 millóns de € a través de in- termediarios financeiros ata 2020. O Fondo Europeo de Investimentos (FEI) é quen selecciona ás entidades financeiras que farán de intermediarias e as empresas accederán ao financiamento a través delas, que, á súa vez, obterán garantías da UE para realizar as operacións. Agárdase que 330.000 pemes reciban préstamos; o 90% serán microempresas. As interesadas só terán que acudir ás entidades seleccionadas polo FEI para comezar a tramitación das operacións. Cales son os mellores instrumentos europeos de financiamento da innovación para empresas e clusters? O groso do financiamento tanto para pemes como para clusters, a nivel europeo, está en tres programas. O programa H2020 para actividades de innovación con 80.000 millóns de €; o programa COSME cun orzamento de 2.300 millóns de € que, ademais do referido a acceso ao crédito, facilita o acceso a mercados exteriores; e en terceiro lugar, o programa EUROSTARS, dotado de 1.140 millóns de € de apoio a pemes intensivas en I+D no desenvolvemento de proxectos transnacionais. Todos buscan aumentar a participación das pemes a través de proxectos colaborativos e dos clusters. O proxecto europeo AT Clusters procura a cooperación dos galegos con outros do espazo atlántico, estanse obtendo os resultados esperados? Un dos seus maiores logros foi a planificación estratéxica a medio prazo. O IGAPE e os clusters teñen reunións periódicas para definir retos e poñer en marcha as accións necesarias para acadalos. Ese espírito trasladouse fisicamente a un espazo compartido, o Atclusters Espazo Compostela, onde xunto co Cluster Gráfico están situados seis máis. Isto posibilita que xurdan sinerxias, proxectos conxuntos e transferencia de coñecementos. Ademais, no seo destes grupos, foi onde se lanzou a liña de apoio a estruturas cluster en base á carteira de proxectos innovadores da que o Cluster Gráfico é beneficiario. “O futuro pasa por procurar o que Europa denomina ‘emerging industries’: liñas de negocio relacionadas coa sustentabilidade e a responsabilidade social” 06 07 Ao servizo dos sectores gráfico, editorial e publicitario Arranca a creación do novo Cluster da Comunicación Gráfica Despois de celebrar xuntanzas sectoriais previas con tódolos axentes implicados nun camiño que se iniciou hai dez meses durante a celebración do Día Internacional do Libro, o Foro Reimprímete debateu como se poderían aunar esforzos en beneficio de todos. Froito deste debate xorde o proxecto de creación do Cluster da Comunicación Gráfica. As fases Para iniciar este proxecto decidiuse segmentar o sector en tres subsectores: comunicación e marketing, artes gráficas e editorial. Cumprida esta fase de segmentación sectorial, convocouse ás distintas empresas de cada un dos subsectores a xuntanzas prepa- ratorias para informar do proxecto. As reunións preparatorias deron paso ás xuntanzas definitivas, onde participaron as empresas interesadas en formar parte desta iniciativa. Estes encontros definitivos tiveron varios obxectivos: - Nomear un representante do sector que é o que participa nas reunións cos representantes dos outros eidos para fixar as liñas de actuación, é dicir, os obxectivos básicos. - Realizar unha posta en común e extraer as necesidades principais. - Decidir as primeiras accións que se deben poñer en marcha. No mes de decembro de 2014 noXa meáronse os membros da Comisión Xestora que se encargará foron nomeados de estructurar esta nova enos membros da tidade, que son: Comisión Xestora - Amalia Baltar, presiencargados de botar a denta da Asociación de Directivos de Comuniandar a nova agrupación cación (Dircom) empresarial, que reúne ás - Xose Luis Reza, presiempresas da cadea de valor dente de MARKEA da comunicación gráfica - Chechu Pérez, presicomo desenlace a un dente de Creatividade Galega camiño que se iniciou hai dez meses - Jacobo Bermejo, de Tórculo Co- municación Gráfica - Carlos Docampo, de Gráficas Anduriña - Carlos do Pulgar, de Nova Galicia Edicións - Mar Delgado, de Atelier Gráfica Visual - Antonio Couto, de Ediciones Bolanda - Ricardo Fernández, do colexio Fogar A Fundación - Emma Suárez, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo). No mes de xaneiro celebrouse a primeira reunión desta Comisión Xestora, que decidiu sobre o plan de actuacións do primeiro cuadrimestre. Entre os obxectivos deste plan de traballo está a preparación da Asemblea Constituínte. Iremos informando dos avances na preparación da Asemblea Constituínte do novo Cluster, así como da consolidación dun proxecto que coidamos que ten gran transcendencia para milleiros de profesionais galegos. Se estás interesado en recibir máis información sobre este proxecto podes solicitala a través do teléfono de contacto: 881 977 102 ou ben a través do mail [email protected]. C M Y CM MY CY CMY K Traballamos dende o asociacionismo co obxetivo común da mellora na competitividade e a cooperación das máis de 60 empresas galegas que o integran. Os nosos compromisos Modernidade Tecnoloxía Profesionalidade Creatividade Os nosos obxetivos Internacionalización Innovación Formación Competividade Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego Edificio Feuga. Oficina nº11 R/ Lope Gómez de Marzoa s/n 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 881977102 \\ www.clustergrafico.com \\ [email protected] @clustergrafico www.facebook.com/clustergrafico 08 09 Chega ao cargo como parte dunha directiva con novas ideas a nivel estatal. Que queren facer en Galicia? Os retos da nova directiva de Dircom España céntranse no desenvolvemento e consolidación territorial, capítulo no que entra Dircom Galicia, que naceu a finais de 2009 para que a comunicación sexa unha ferramenta pegada á estratexia de organización de empresas. Este é un dos nosos empeños, así como acadar que Dircom sexa unha asociación de referencia. Ademais, queremos fomentar modelos de referencia e incrementar a formación. Amalia Baltar Presidenta de DIRCOM Galicia “Se non comunicas, non te coñecen” Dircom Galicia participou activamente no recente 2º Foro da Comunicación de Galicia. Que conclusións podemos extraer? Máis de 20 relatores compartiron conceptos para comprender a comunicación actual, un proceso circular no que o receptor é, a súa vez, prescriptor de información. Tamén muda o perfil dos xornalistas, en constante evolución, porque pasan a ser traballadores multimedia que teñen o difícil obxectivo de captar a atención dun consumidor saturado da información, trasladar información a un público con moito criterio. Tamén celebraron hai pouco con EOSA e o Círculo de Empresarios de Galicia a xornada “A imaxe da empresa nos medios”. Cal diría que é? A imaxe das empresas nos medios progresa axeitadamente, pero aínda queda moito por mellorar. O escenario mudou e estamos nun proceso de adaptación. E ao revés? É dicir, os empresarios galegos son conscientes da importancia que ten a comunicación? Son cada vez máis conscientes dos beneficios de contar coa comunicación dentro da súa estratexia de negocio. Sempre digo que, igual que nunha empresa hai un director financeiro, hai que contar cun director de comunicación que estea escoitando de dentro a fóra e ao revés. As empresas están obrigadas non só a comunicar o que fan, senón tamén a facelo dun xeito transparente e responsable. Se non comunicas, non te coñecen. Teñen que chegar ao seu público e coñecer as súas necesidades. E non só ao seu público. A comunicación interna é clave para que as cousas funcionen, os traballadores reclaman coherencia e boa comunicación dos seus responsables, queren un contacto aberto e bidireccional. E o encargado de que isto funcione é o responsable de comunicación. Pode unha peme acceder a servizos de comunicación e xestión de redes sociais e rendibilizalos? Non só pode, senón que debe. Non é necesario contar cunha superestrutura, hai boísimas axencias de comunicación con xente moi profesional capaces de traballar de maneira integral. Nalgún momento as pemes serán conscientes de que é doado adicarlle algo de tempo a estes aspectos no seu propio beneficio. Dircom Galicia realizou 21 actividades en 2013. É un servizo valorado? É imprescindible estar ao tanto do que se move no eido tan cambiante e tecnolóxico no que desenvolvemos o noso labor. Hai moitas oportunidades, pero tamén ameazas que poden interferir negativa- mente nas nosas empresas e, canto más coñezamos, mellor podemos previr. Por iso a formación é unha das grandes bazas, sempre xorden iniciativas para levar a cabo. Atopámonos co problema da dispersión, pero tamén contamos coa nosa web, onde ter acceso á documentación no caso de que non podamos asistir aos cursos. Nestes días precisamente, os socios de Dircom poden acceder a unha zona privada do Foro Mundial da Comunicación que se celebrou en setembro en Madrid e atopar máis de 40 horas de contidos audiovisuais. É un servizo ao que os socios lle conceden moita importancia. “Confío no éxito do Cluster da Comunicación Gráfica” O marketing corporativo e publicitario, segue sendo un bo investimento? Por suposto. A tendencia, sobre todo cando hai unha crise económica, é sempre a reducir presupostos pola parte de marketing e comunicación. E claramente é un erro que se pode pagar moi caro. E como valora a unión que supón o Cluster da Comunicación Gráfica? É un paso adiante para lograr sinerxias entre sectores afectados pola crise. É toda unha experiencia que está comenzando a dar os seus primeiros pasos, e confío no seu éxito. 010 011 Antes de ser vicedecano de promoción na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, colaborou con axencias publicitarias e foi director de comunicación da Universidade de Vigo. Como ve ámbolos dous sectores, publicidade e comunicación? Creo que é máis pertinente referirse ao sector da comunicación como un todo (pois non creo que publicidade e comunicación vaian por libre). Se partimos desta premisa, existen moitos motivos para ser optimistas: as empresas galegas confían cada vez máis no marketing e a comunicación. Chechu Pérez Presidente de Creatividade Galega “A publicidade serve para dinamizar a economía, é un investimento estratéxico” Cales son os camiños que teñen que exploran as axencias e os creativos galegos? Estamos nun momento propicio para reivindicármonos como sector. Debemos trasladarlle aos anunciantes o gran profesionalismo e potencial creativo das empresas publicitarias de Galicia; convencelos de que a publicidade serve para dinamizar a economía, de que é un investimento estratéxico. “O video mapping, o digital signage e a integración dos medios sociais cos formatos publicitarios tradicionais, son exemplos das novas oportunidades” Onde atopan máis mercados? Hai sectores emerxentes? As novas posibilidades do dixital permítennos innovar nos formatos e nas linguaxes. O video mapping, o digital signage, a integración dos medios sociais cos formatos publicitarios tradicionais, son algúns exemplos das novas oportunidades para as empresas do sector. Cal é o perfil das campañas que máis triunfan? A xeración de contidos está sendo a sensación nos últimos anos. A publicidade que triunfa é a que sabe integrar todos os medios, a que é capaz de contarnos historias que nos mobilicen. As marcas xa non están centradas en agresivas promocións, procuran contidos que satisfagan as expectativas dos consumidores. “O Cluster nace como unha oportunidade para vertebrar o sector” Que importancia lle dan ao packaging as nosas empresas? Os envases constitúen o principal reclamo no punto de venda. Canto máis coidados estean, maior posibilidade de chamar a atención e captar o interese dos consumidores. En Galicia existen varios exemplos de produtos que triunfan gracias a un envase innovador a atractivo. Que peso xoga a impresión no mundo creativo, na comunicación gráfica? A impresión sempre estivo vencellada ao acabado dos traballos. Unha boa impresión é sinónimo de calidade no produto final. E como valora o nacemento do novo Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia? O asociacionismo segue a ser unha das nosas asignaturas pendentes e este Cluster nace como unha oportunidade para vertebrar o sector. 012 A realidade aumentada, camiño de ser un feito Xa estamos traballando en SIMBIOTIC, un programa para implantala nas empresas do sector das artes gráficas e editoriais galegas combinando o soporte gráfico cunha tecnoloxía incipiente que crea produtos sorprendentes. 013 Non podemos quedar nun segundo plano no ámbito comercial e publicitario polos cambios nos hábitos de consumo. Debemos reformular o modelo de negocio e focalizar esforzos en ofrecer produtos que combinen novas aplicacións tecnolóxicas e canles de comercialización. Neste camiño, o Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego presentou o proxecto “SIMBIOTIC, Desenvolvemento da realidade aumentada como vehículo de innovación tecnolóxica no ámbito comercial aplicada ao soporte gráfico e editorial” ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo; e foi aprobado. O prazo establecido para a execución é duns 6 meses: 3 meses (outubro-decembro) e 3 meses prorrogables (xaneiro-marzo de 2015). O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego leva a dirección xeral do proxecto; pero contamos co traballo do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant que fai a parametrización das aplicacións tecnolóxicas; e de Eosa Consultores, responsable da dirección técnica. Que se está a facer Basicamente crear produtos e servizos gráficos vinculados con elementos de Realidade Aumentada e a parametrización das aplicacións tecnolóxicas no ámbito da mercadotecnia e o editorial. Por exemplo, no ámbito comercial catálogos, folletos, tarxetas de presentación, paneis tactis, PLV, envases e embalaxes, etiquetado… e no ámbito editorial, libros e soportes multimedia. A realidade aumentada aplicada por recoñecemento de imaxe permite acceder á información ou ao contido que se xere a través dunha imaxe. Pero debe ser unha tecnoloxía accesible, que non supoña un investimento excesivo, xa que sabemos que a gran maioría son pemes cunha reducida capacidade de investimento. É por iso que se estuda o desenvolvemento de Ferramentas de Autor que permitan ás empresas crear a súa propia Realidade Aumentada aplicada con frameworks desenvoltos, e subir o contido que consideren oportuno (imaxes, vídeos, outros aplicativos, texto...) sen necesidade de desenvolver novas aplicacións tecnolóxicas específicas. As etapas FASE 1.- Estudo para coñecer o estado das tecnoloxías existentes baseadas na Realidade Aumentada que poden aplicarse a soportes gráficos e editoriais: coñecer o grao de desenvolvemento, o servizo, o contexto de uso, o que sabe a poboación e a capacidade de consumo. Tamén se está estudando a capacidade das empresas do sector para introducir a RA na súa carteira de servizos e os potenciais clientes, sectores ou mercados que poderían aplicar esta opción. FASE 2.- Creación dun grupo de traballo intersectorial para analizar requisitos, características e elementos innovadores do produto. Marcaranse as pautas para o desenvolvemento do framework axeitado. 1. Selección de empresas do Cluster que participen no grupo de traballo de forma directa. 2. Posta en común dos resultados procedentes da fase 1. 3. Identificación das características que debe ter o framework a desenvolver. 4. Brainstorming de ideas. 5. Valoración da innovación que se vai desenvolver. FASE 3.- Parametrización das aplicacións que configuran o framework de Realidade Aumentada. O obxectivo é desenvolver dous prototipos: 1. Prototipo aplicado a soportes gráficos de ámbito comercial (realidade aumentada en PLV nun punto de venda). 2. Prototipo de aplicación a produtos editoriais (por exemplo, libros). FASE 4.- Testeo do produto. Para saber se o xerado ten unha boa acolleita no mercado antes do seu lanzamento definitivo. Terá tres etapas: 1.Preparación: presentación do produto e metodoloxía de execución, identificación das empresas onde se testará e proba de fallos. 2.Execución: lanzamento do prototipo framework en produtos gráficos das empresas piloto. 3.Seguemento: identificar onde fan falta cambios, constatar erros e o grao de implicación do consumidor. FASE 5.- Transferencia tecnolóxica a empresas. Non só se trata de transferila ao noso sector, senón tamén de esforzarse por chegar aos clientes potenciais. Traballamos en facela accesible, xa que sabemos que moitas das empresas do sector son pemes con pouca capacidade de investimento 014 015 Graphispag 2015, novas ideas de negocio no eido da impresión As industrias gráficas de Galicia e de España acoden a un dos foros máis relevantes do sector, Graphispag, coa vontade de descubrir nova maquinaria, tecnoloxía e soportes cos que crear produtos impresos que proporcionen valor engadido para os seus clientes. Xunto a isto, chegan coa necesidade de buscar fórmulas alternativas que lles permitan complementar o seu actual modelo de negocio, afectado pola crise económica e a xeralización da comunicación. Neste contexto, o salón plantexa a súa próxima edición cun enfoque moi práctico que achegue respostas, oportunidades de crecemento e novas perspectivas, tanto para empresarios gráficos como para profesionais de diferentes sectores que utilizan técnicas de impresión na súa actividade. Do 24 ao 27 de marzo, Graphispag vai reunir no Pavillón 2 do recinto da Gran Vía de Fira, en Barcelona, un total de 180 expositores directos que representan a preto de 400 marcas; dúas áreas para experimentar aplicacións gráficas e coñecer innovacións no eido da impresión avanzada; un espazo para relatorios e networking que acollerá máis de 30 sesións de traballo; e un servizo individualizado para distribuidores de maquinaria e accesorios de impresión en diferentes sistemas (offset, inkjet, flexografía, serigrafía, etc.) conforman o grupo principal da oferta desta edición de Graphispag. “Con esta extensa oferta comercial e de actividades, Graphispag achegará ideas, inspiración e coñecemento a un sector obrigado a redefinir o seu futuro a curto prazo, en non máis de dous anos, e que se plantexa novos investimentos para non perder o tren”, asegura o presidente do Comité de Graphispag, Ángel Artola. Impresión, soportes e remates Cun 30% do total de empresas participantes, os suministradores e Novas áreas Paralelamente, Graphispag 2015 vai procurar abrir a mente e inspirar novidosas ideas de negocio no ámbito da impresión aos seus visitantes. E, ademais, os organizadores desta feira queren que estes vivan as experiencias en primeira persoa. Por iso, estrean a ‘Print All Experience’, unha área que posiblitará aos visitantes adentrarse nunha casa, nunha tenda e nun bar, onde todo estará impreso. procurar financiamento e para proporcionar axuda nos seus trámites ás empresas que estean pensando en saír ao exterior e exportar. Do 24 ao 27 de marzo, Graphispag vai reunir en Barcelona un total de 180 expositores directos que representan a preto de 400 marcas nices, planchas, consumibles e produtos químicos (5%); e o eido da consultoría, prensa e entidades sectoriais (4%). A procedencia das empresas participantes é maioritariamente española, aínda que tamén expoñen unha quincena de compañías estranxeiras Outra cuarta parte dos expositores enmárcase no sector da maquinaria de remate e transformación, mentres medra a presenza de empresas de materiais e soportes de impresión, que supoñen o 20% dos stands. Completan a listaxe de especialidades de Graphispag, a área das ferramentas de xestión de cor e deseño (10%); os servizos de impresión (6%); as tintas, ver- Cunha atractiva posta en escea, a ‘Print All Experience’ será o centro de atracción de todos aqueles visitantes que queiran ver e tocar aplicacións impresas nun contorno real. Así, poderán atopar catálogos, folletos, libros, revistas, merchandising, fotoálbumes, rótulos, paredes, mobles, textís, baldosas, alfombras, mamparas, elementos de PLV, packaging e etiquetas. Tamén haberá tarxetas, menús, vaixelas, roupa ou vehículos, entre outros. Nesta área, os produtos virán suministrados polos expositores de Graphispag. “Serán aplicacións gráficas novidosas que demostren como xerar valor coa impresión e que desperten o interese de novos sectores de demanda como a decoración, o interiorismo, o textil, a publicidade, a moda ou o packaging”, afirma o director de Graphispag, Aleix Planas. Xunto a isto, na feira poderase ver o resultado dos equipos dixitais máis innovadores tanto en pequeno como en gran formato, e tamén se poderá comprobar a calidade e as posibilidades do offset, a flexografía, a serigrafía ou doutras técnicas utilizadas ben individualmente, ben combinadas entre si. Pola súa banda, a Print Innovation Zone mostrará e explicará unha vintena de proxectos e produtos nos que están traballando algunhas empresas e centros tecnolóxicos de toda España baseados en impresión funcional, electrónica impresa e impresión 3D, así como materiais e produtos gráficos intelixentes. Nesta área, que anticipa o futuro e que pode supoñer unha alternativa para reconverter a actividade gráfica, veranse alarmas impresas para a vixilancia electrónica de artigos, sensores para dispositivos táctiles, pezas deportivas que controlan as constantes vitais, pantallas LCD flexibles, packaging tratado con vernices funcionales que alarguen a vida dos alimentos, envases que desprenden luz, dispositivos antifalsificación, antenas RFID, impresoras tridimensionales, tintas para a impresión cerámica, ou brazaletes para a monitorización clínica de pacientes durante as intervencións quirúrxicas. Este espazo leva asociado a celebración de reunións con inversores interesados en que estes produtos dean o salto do laboratorio ao mercado. Finalmente o Print Conference Corner acollerá unha decena de conferencias diarias nas que se tratarán temas relacionados cos equipos e tecnoloxías de impresión, acabados, mellora de xestión e as vendas, análises do cliente, a conexión entre produto impreso e as canles dixitais, así como casos de éxito. Neste espazo, tamén se desenvolverán as diferentes sesións da Xornada Nova coa que se recibe aos grupos de estudantes que tradicionalmente visitan o salón. 016 017 Enric “A impresión dixital chega aquí para quedar e ofrecer novas oportunidades de negocio” Martínez-Abarca Regional Business Manager de HP Indigo España e Portugal Que novidades van presentar? En Graphispag presentaremos a nova prensa de folla HP Indigo 7800 e a ws6800 de bobina, produtos dispoñibles desde hay escasamente tres meses e que, do mesmo xeito que o resto da familia de produtos Indigo, están baseados en tinta líquida coa máxima calidade e produtividade. “HP seguirá participando na transformación da industria” Que esperan da nova edición de Graphispag? Cales son as súas expectativas? Graphispag sempre nos sorprende gratamente e esperamos que a edición deste ano non sexa menos, en canto a volume de visitantes e oportunidades. A nosa expectativa é ver a moitos dos nosos clientes, así como a outros empresarios da industria que teñen a vontade de facer cousas diferentes e que teñen curiosidade. O salón da Fira de Barcelona ten tres áreas: Print All Experience, Print Innovation Zone e Print Conference Corner. En cales participan? Pois participaremos en todas, a través dos produtos de HP, non unicamente de Indigo, senón tamén de impresión en gran formato, en ríxido, en flexible, en folla, en bobina, con electro-tinta, con látex, etc. HP é xa a empresa máis grande do mundo en artes gráficas con toda a súa liña de produtos. Tamén falaremos sobre 3D e amosaremos prototipos impresos, entre outras novidades. Cal é o lugar que ocupa esta empresa no mercado español? HP é número un en participación de mercado nas categorías nas que está presente. Con todo, o noso obxectivo é axudar a transformar esta industria de forma rendible para os usuarios, impresores e fabricantes. Se o conseguimos, serán os impresores os que nos digan cal é o noso límite. Leva case 20 anos traballando para esta compañía, que cambios se viviron na impresión gráfica e que horizonte se debuxa a curto prazo? Esta é unha industria madura, impactada por un cambio na conduta do consumidor do mesmo xeito que outras. A creatividade e a innovación reemprazan xa á produción. Aqueles que queiran permanecer deben adaptarse; unicamente imprimir non será suficiente. A industria das artes gráficas ten moitos segmentos, pero o ámbito comercial, que é o que sufriu o maior impacto, empeza a ver brotes verdes. Pero, sen dúbida, a transformación non rematou. A impresión dixital substituirá a sistemas tradicionais como a serigrafía, tampografía ou flexografía? A impresión dixital chega aquí para quedar e ofrecer novas oportunidades de negocio a quen as queira ou as saiba aproveitar. Por iso, a vocación de HP non é vender máquinas, é tamén formar, colaborar, aportar ao impresor para que o seu investimento teña un retorno rápido. As diferentes tecnoloxías existirán mentres o usuario as valore. Adoitábase argumentar que a calidade da impresión dixital era inferior á offset, pero a brecha entre unha e outra foise reducindo. Estamos ante a igualdade de resultados? Actualmente a única tecnoloxía que pode reclamar esa igualdade é HP Indigo, basicamente porque utilizamos tinta líquida e un caucho do mesmo xeito que un offset. Outras tecnoloxías melloraron a súa calidade, sen dúbida, pero non chegaron ao nivel do offset tradicional. Non obstante, quen debe definir a calidade é o cliente. Como valora o mercado galego da impresión? Creo que o mercado galego sufriu unha situación similar a outras rexións de España; como di un amigo meu ‘a tormenta perfecta’, crise económica, cambio na conduta do consumidor e un exceso de corpos de impresión. Isto provocou unha consolidación do mercado tremenda; moitos sobreviviron e volvéronse máis fortes e máis sabios. Pero hai que seguir, non podemos relaxarnos, e HP seguirá participando cos gremios e con Graphispag na transformación da industria. 018 019 Posta en marcha de SIMBIOTIC O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego, en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e Eosa Consultores, presentou o proxecto SIMBIOTIC “Desenvolvemento da realidade aumentada como vehículo de innovación tecnolóxica no ámbito comercial, aplicada ao soporte gráfico e editorial”. A finalidade da xornada, celebrada o pasado 18 de decembro, foi achegar o proxecto SIMBIOTIC, cuxos obxectivos son: 1. Implantar un servizo de realidade aumentada como un aumento do valor engandido aos soportes gráficos e editoriais dos que dispoñen as empresas do sector das artes gráficas e editoriais. 2. Facer accesible esta tecnoloxía ao maior número de empresas posibles do sector, xa que a gran maioría das empresas do sector son de tamaño pequeno ou mediano e cunha reducida capacidade de investimento financeiro nos proxectos de innovación. 3. Creación de produtos e servizos gráficos vinculados con elementos de realidade aumentada (folletos, tarxetas de presentación, libros, PLV, etc,). 4. Deseño das funcionalidades que debe conter a “Ferramenta de Autor” para que as propias empresas desenvolvan os seus propios produtos de realidade aumentada. Simbiotic desenvolve produtos e servizos gráficos vinculados á realidade aumentada e aplicacións tecnolóxicas no eido editorial e da mercadotecnia Jacobo Bermejo, presidente do Cluster do Produto Gráfico e do Libro foi o encargado de presentar o proxecto SIMBIOTIC; Antía Fernández e Adrián Teijeiro da Área de servizos e aplicacións de Gradiant describiron a participación do Centro como socio tecnolóxico do proxecto SIMBIOTIC; Aurelio Mendiguchía, director técnico do Instituto Tecnolóxico e Gráfico Tajamar ofreceu o relatorio titulado “Tendencias tecnolóxicas vinculadas ao sector das artes gráficas e do libro. O papel da Realidade Aumentada”. Ángeles Montecelo, especialista en Mercadotecnia e Comunicación compartiu “Exemplos de Realidade Aumentada no sector das artes gráficas e do libro”. Pola súa banda, Antonio de la Cruz, socio director de Eosa Consultores, presentou os grupos de traballo intersectoriais que contempla o desenvolvemento do proxecto. Ao remate da xornada celebrouse unha rolda de preguntas sobre SIMBIOTIC e as actividades proxectadas no mesmo; logo realizáronse as inscripcións nos grupos de traballo. No marco deste proxecto desenvolvéronse dous grupos de traballo intersectoriais co obxectivo de marcar as pautas para a incorporación da realidade aumentada aplicada ao libro e ao eido da mercadotecnia. Estes grupos estiveron abertos a tódalas empresas do sector das artes gráficas e editoriais, para que puideran participar e traballar conxuntamente coa AEI Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) na definición e o deseño de ferramentas de autor que permitan “crear” a súa propia realidade aumentada. O primeiro taller de Simbiotic xa se celebrou o 15 de xaneiro. 020