Gabinete de Comunicación

Anuncio
Federación Galega de Caza
Gabinete de Comunicación
CAMPAÑA DE SEGURIDADE NA CAZA “CAZA SEGURO, PARA CAZAR BEN”
A campaña, que vai dirixida a tódolos cazadores pero especialmente aos de caza maior,
consiste principalmente na distribución de chalecos de cor amarelo fluorescente, roupa
de cores vivos, folletos e carteis divulgativos con consellos sobre a caza con seguridade.
Durante a presentación da campaña de sensibilización para a prevención de accidentes
nas cacería o Presidente da FGC sinalaba “cazar seguro depende de cadaún de nós, das
precaucións que cada cazador adoptemos, pero tamén da visibilidade, por iso
aconsellámo-lo uso dos chalecos ou roupa de cores vivos para axudar a que os nosos
compañeiros saiban onde estamos. En definitiva, debemos poñer os cinco sentidos nas
nosas accións porque a maior seguridade está na nosa boa cabeza”, remataba alertando
aos cazadores para que tomen as máximas precaucións posibles ante esta nova tempada
de caza que agora arranca.
Esta campaña forma parte dun dos programa do Convenio asinado recentemente entre a
Federación Galega de Caza e a Consellería de Medio Ambiente para a divulgación da
actividade cinexética.
Federación Galega de Caza
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 – 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf. 981 562 777 Fax 981 562 779
Correo Electrónico: [email protected] Internet: http://www.federaciongalegadecaza.com
Descargar