Cónclave

Anuncio
Índice
• Introducción: Qué é o cónclave
• Historia
• Electores e candidatos
• Procedemento electoral
5. Inauguración do pontificado
1. Introducción: Qué é o conclave
A palabra cónclave ven do latín, cum, con e clavis, chave; Que quere decir con chave. Este término refírese ó
cónclave que é a reunión que realizan os cardenais para elexir a un novo Papa cando o seu antecesor falece.
Nesta reunión os papas encérranse na Capilla Sixtina baixo chave (de aí ven o de con chave) é alí realizan
unha serie de procedementos mediante os cales elixen ó novo Pontífice.
2. historia
Ós primeiros obispos os designaban os fundadores das súas igrexas. Posteriormente foise introducindo un
sistema mediante o que os membros das comunidades, clérigos e laicos, así como os obispos das dioceses
próximas. En Roma a elección corría a cargo dos clérigos que baixo a supervisión dos obispos, escollían a un
candidato por consenso ou por aclamación, presentandoo despois ante o pobo para que este o confirmara. Os
frecuentes tumultos que este sistema provocaba foron consecuencia de que en ocasións se elixise a un ou máis
candidatos rivais chamados antipapas.
No ano 769 o Sínodo Lateranense deixou sen efecto o dereito da elección papal que tivera o pobo de Roma. O
Sínodo de Roma (862) devolveulle o poder pero limitado á nobreza da cidade. O cambio máis trascendental
introdúxoo o Papa Nicolás II, en 1059. Quen decretou que serían os cardenais os que elisixen un candidato,
que soamente podrían tomar plena posesión tras recibir a aprobación dos clérigos e do pobo. Máis tarde, outro
Sínodo Lateranense, en 1139 eliminou o requisito da aprobación do baixo clero e dos laicos. A elección Papal
era xa, como hoxe, exclusivamente reservada ós cardenais.
Xunto ó propósito de evitar influencias de xente de fora dos poderes civís, o encerro dos electores tivo a súa
orixe nas prolongadas situacións de bloqueos que se daban nas eleccións papais.
Gregorio X, en 1272, aprobou unha serie de normas que, mediante a presión de incomodidades materiales,
buscaban reducir ó mínimo posible as tardanzas do cónclave. A partir daquela os cardenais debían quedar
sempre recluidos nun recinto pechado, non se lles permitían as habitacións individuais nin dispoñer de máis
dun servinte que os atendera. A patir do terceiro día as comidas reducíanse a unha soa ración ó día e ós cinco
días o réxime reducíase a pan e auga. Adriano V aboliu estas normas en 1276 pero Celestino V reintrodúxoas
en 1294.
Gregorio XV publicou, en 1621 e 1622, dous documentos que regulaban tódolos aspectos don relación ó
cónclave. En 1904 Pío X recolleu e unificou tódalas normas dos papas anteriores a él nunha Constitución
introducindo pequenos cambios. Pío XII, Juan XVIII e Pablo VI añadiron novas aportacións a esta
constitución. A Universi Dominici Gregis de Juan Pablo II foi a derradeira reordenación en profundidade
sobre o cónclave.
3. Electores
1
E candidatos
− Electores:
Ó largo da historia do colexio cardenalicio este tivo moi variadas dimensións, dende os sete membros cos que
contou no século XIII ata os 183 de hoxe en día. En 1587 Sixto V limitou o seu número a setenta membros:
No século XX, Juan XXIII incrementou o seu número co fin de dotalo da máxima variedade nacional e
xeográfica posible. Así e todo Pablo VI reservou a condición de elección só ós menores de oiteneta anos e
fixou o seu número máximo en 120. Coa creación en 2003 de 31 novos cardenais, Juan Pablo elevou o
número de electores a 135. Na actualidade, dos 183 cardenais só 117 reúnen as condicións necesarias de
elector por non haber cumplido aún a idade máxima.
− Candidatos:
De acordo coa práctica tradicional da Igrexa, calquera bautizado varón podía ser elixido Papa. En 1179 o III
Concilio de Letrán aboliu as restriccións que se habían ido introducindo dende o século VIII no sentido de
limitar a condición de candidato, primeiro ós clérigos en xeral e posteriormente só ós cardenais.
Non existe ningún requisito referente á nacionalidade, aínda que durante séculos, a maioría dos papas foron
italianos. Juan Pablo II (que erea polaco) foi o primero papa non italiano dende Adriano VI (1522) que era
holandés. A recente elección do alemán Benedicto XVI para poñer fin á tradición de papas italianos.
Foron españois os papas Dámaso I, Calixto III e Alejandro VI que era sobriño de Calixto III.
Ata hoxe non houbo ningún papa americano, o argentino Jorge Bergoglio estivo cerca de conseguilo, obtendo
40 dos 77 necesarios.
4. Procedemento electoral
Os cardenais teñen estrictamente prohibido presentar a súa candidatura e facer propaganda de sí mesmos. Pero
sí está permitido o intercambio de opinións e buscar votos para terceiros
A forma habitual de voto é por medio do escrutinio. O voto é secreto, é preciso obter dous tercios do total dos
votos para ser elixido papa e está permitido o votarse a un mesmo. A constitución apostólica tamén establece
que pasadas 33 ou 34 votacións falidas ( segundo se realizara a primeira votación, se no día da inauguración
do cónclave ou no seguinte ) os electores poderán decidir, baixo maioría absoluta, se cambian as normas
electorais, pero sempre conservando como requisito o de esixirse, polo menos, a maioría absoluta na elección
do pontífice.
O proceso das votacións ten tres partes: pre−escrutinio, escrutinio e post−escrutinio.
Pre−escrutinio: é a parte de antes de cada sesión de votacións, o último cardenal diácono extrae por sorteo
público o nome de tres escrutadores, tres enfermeiros e tres revisores. Entón se reparten dúas papeletas a cada
un dos electores, que levan impresa a frase: Eligo in Summum Pontificem (elixo como sumo pontífice), e
debaixo hai un espazo en branco onde deben escribir o nome de seu elexido con letra clara, se hai máis de
dous nomes o voto é declarado nulo.
Escrutinio: esta fase iniciase cando, cada cardenal, por orden de precedencia, dobla dúas veces a súa papeleta
de voto e a leva ata o altar onde están os escrutadores onde se colocou unha urna cuberta cun plato. Unha vez
alí o cardenal debe pronunciar en voz alta o xuramento: Pongo por testigo a Cristo Señor, o cal me xulgará,
que dou o meu voto aquen, en presencia de Deus, creo que debe ser elegido. Entón deposita a papeleta no
plato e con este introdúceo na urna, inclínase ante o altar e regresa ó seu sitio
2
O post−escrutinio: Lévano acabo os tres cardenais escrutadores, contabilizando, diante de tódolos electores
os votos recollidos. Se o número de votos é distinto ó número de votantes quéimanse as papeletas e repítese a
votación. Os nomes dos votantes vanse apuntando nunha lista, mentres os votos contabilizados vanse cosendo
con agulla e hilo para mantelos unidos.
A continuación os revisores supervisan as notas dos escrutadores e revisan os votos para asegurarse que éstes
cumpliron ben o seu cometido
Se ningún dos candidatos obtén a maioría de dous tercios, concluída cada sesión (dúas votacións) quéimanse
nunha estufa os votos e as notas dos escrutadores e añádense substancias químicas ó lume para que o fume
sexa negro e indique que foi unha votación sen éxito. Se un dos candidatos obtén a maioría de dous tercios
quéimanse tamén as papeletas e as notas dos escrutadores, pero sen engadirlle ningunha substancia para que o
fume sexa branco.
Conseguida a maioría necesaria, o elixido debe expresar de inmediato a súa aceptación ou rechazo do cargo.
O último dos cardenais Diáconos convoca á Capilla Sextina ó Secretario do colexio Cardenalicio é a o Mestre
de Celebración Litúrgicas Pontificias. Entón o Cardenal Decano pregúntalle ó escollido: Acceptasne
electionem de te canonice factam in Summum Pontificem? (¿Aceptas a túa elección canónica como Sumo
Pontífice?). Se responde afirmativamente pregúntaselle: Quo nomine vis vocari? (¿Con qué nome queres
chamarte? E o xa Papa responde: Vocabor... (Chamareime)
5. inauguración do pontificado
Tras aceptar a elección o novo Papa é conducido polo Camarlengo e polo Mestre de Celebracións Pontificias
á sacristía da Capilla Sixtina. Alí hai tres maniquís cunha sotana branca cada un, unha de talla grande, unha
pequena e outra mediana. Tamén hai un barbeiro por si necesita ser afeitado antes de presentarse ante o
público.
Trala manifestación do respeto dos cardenais cántase Te Deum (oración de solemne acción de gracias a
Deus), inmediatamente o cardenal diácono primeiro, dirixese ó balcón principal da Basílica de San Pedro,
onde fai público o anuncio da elección con frases rituales.
Instantes despois o Papa, precedido pola cruz procesional e polos primeiros cardenais entre as órdenes dos
Bispos, Presbíteros e Diáconos, sae ó balcón e sauda ó pobo. Seguidamente imparte a bendición apostólica
Urbi et Orbi (para a cidade e para o mundo).
O pontificado inaugúrase de modo oficial nunha misa solemne que se celebra ós poucos días de ser concluído
o cónclave, normalmente na explanada da Basílica de San Pedro. Nesa celebración o novo Papa é investido
dos seus novos símbolos: a súa Mitra, a súa Tiara, o seu Palio e o seu Anel do Pescador.
3
Descargar