El Correo Gallego 25 Abril 2014

Anuncio
El Concello de Cabanas niega que
proyecte un “pelotazo urbanístico”
PXOM El Concello de Cabanas rechaza las acusaciones vecinales y de la
oposición sobre el PXOM
recientemente aprobado.
El Gobierno local del PP
niega que el plan contemple un “pelotazo urbanístico, as posibilidades de
crecemento son a longo
prazo e non estamos ante
un proxecto construtivo”.
Según el equipo dirigido
por el alcalde Germán Castrillón, “serán posterior-
mente os propietarios os
que decidan se levan a cabo as obras, nunca un Concello que se limita a ordear
o territorio”.
Los vecinos habían denunciado en un comunicado la existencia de seis
convenios con promotores
urbanísticos, para la construcción de viviendas y
zonas comerciales. Según
el Gobierno local, “resulta
tamén falsa a acusación de
querer construír un cen-
VIERNES
25 DE ABRIL DE 2014
tro comercial en Cabanas”.
Admite que “dentro das
previsións de construción,
unha parte sería para locais de uso comercial pero
non pensamos nun centro
comercial... que non tería
sentido nun concello do
tamaño de Cabanas”. Y recalca que el Plan Xeral de
Ordenación Municipal sí
que contempla, en cambio,
la previsión de construir
viviendas sociales en el término municipal. p. h.
Celso Delgado anuncia que se prioriza la conservación de vías
COMISIÓN DE FOMENTO Su presidente el diputado Celso Delgado dijo ayer en Vigo que
en los presupuestos de 2015, que incrementarán su cuantía, son prioridad conservar
las carreteras, relanzar los proyectos de autovías Ourense-Ponferrada, Lugo-Santiago y Vilaboa-A Hermida, y licitar el acceso a Ourense de alta velocidad ferroviaria.M.A.
GALICIA 11
EL CORREO GALLEGO
A USC escolle hoxe un novo reitor, pero este terá que facer fronte a ‘vellos’
problemas cruciais // Varios son asuntos propios, como a débeda. Outros,
preocupacións compartidas, pero vividas con maior intensidade texto Iolanda Casal
Os deberes do futuro
inquilino de San Xerome
Juan Casares Long será un dos
primeiros membros da comunidade universitaria en participar hoxe na xornada electoral na
que a Universidade de Santiago
de Compostela (USC) escollerá
o seu sucesor. O aínda reitor votará ás 10.30 horas, nada máis
abrir as mesas electorais. O sentido do seu voto é unha incógnita que non quere despexar, pero
gañe quen gañe, Antonio López
ou Juan Viaño, asegura que prestará ao novo reitor toda a colaboración que lle demande. Sexa
cal sexa a relación entre o reitor
saínte e o entrante, quen tome o
relevo en San Xerome terá si ou
si enriba da mesa unha serie de
asuntos pendentes cruciais para
o futuro da universidade. Os que
seguen son algúns dos máis relevantes.
COMBATER O PROBLEMA ECONÓMICO. Cando Juan Casares
Long asumiu as rendas da USC,
a débeda da institución superaba os 70 millóns de euros. Hoxe é
duns 52 millóns de euros, pero pesa máis ca nunca. En 2010 e 2011
tocou aboar uns 6,9 millóns cada ano e en 2012, uns 7,2. Dende
2013 e ata 2016, a cantidade a devolver polos anticipos reembolsables concedidos polo Estado para
Entre 2014 e 2018, a
institución debe devolver
uns 40 millóns de euros.
En 2016 haberá novo plan
de financiamento galego
Oito dos 15 graos do
campus de Lugo non
acadan o número mínimo
de novos alumnos
que esixe a Xunta
O pazo de San Xerome, sede do reitorado, espera xa o novo equipo de goberno da USC
a construción de infraestruturas
e polos préstamos bancarios sobe ata os 8,6 millóns de euros cada ano. En 2017 tocaría devolver
outros 7,4 e en 2018, uns 7,2. En
total, nos catro anos de mandato
habería que desembolsar neste
concepto uns 40 millóns. O candidato Antonio López aposta por
refinanciar a débeda porque estima que o contrario afogaría ata
extremos inaturables a actividade normal da USC. Juan Viaño
considera que esa fórmula podería incrementar aínda máis a débeda e basea a súa estratexia en
incrementar ingresos por investigación, convenios con empresas e
captación de alumnado estranxeiro ou formación permanente; reducir custos en subministro de
enerxía acudindo a poxas e axilizar cobros pendentes.
Xunto ás medidas internas, será clave a negociación do novo
plan de financiamento do Sistema Universitario de Galicia, que
entrará en vigor en 2016. A aplicación do actual, coinciden Casares e os dous reitorables, é lesiva
para a USC.
AS CARREIRAS CON BAIXA DEMANDA. A Xunta quere ter lista
para 2015 unha reforma do mapa
de carreiras de Galicia que palíe
a baixa demanda que sofren uns
30 graos das tres universidades.
O campus de Lugo é o máis afectado: 8 dos seus 15 graos non chegan aos 45 novos alumnos por
curso que se lles esixe aos campus periféricos. En Santiago hai
outras 4 que non acadan os 50
esixidos aos campus centrais. A
última proposta da Xunta, bosquexada a finais de 2013, fixo saltar as alarmas, ao suxerir que as
tres universidades compartan os
graos con pouca demanda ou duplicados. A tensión rebaixouse
en vésperas do Nadal ao acordar
Educación e reitores un volver
empezar, pero o propósito de fonda reforma segue aí. Ao novo reitor tocaralle mergullarse de cheo
neste asunto nada máis tomar posesión. Os dous aspirantes teñen
claro que o número de alumnos
non pode ser o único criterio que
determine o futuro dun grao.
REVITALIZAR O CAMPUS DE
LUGO. O éxito na reforma do
mapa de titulacións será esencial para revitalizar o campus de
Lugo, pero non a única solución.
O equipo de Juan Casares deixa
perfilado un proxecto estratéxico, o Campus Terra. Quen lle tome o relevo deberá afondar no
seu deseño e poñelo en práctica
canto antes: Lugo é o campus galego que máis alumnado perdeu
na última década, o 50%.
MEDICINA. O conflito da docencia clínica de Medicina nos hospitais da Coruña e Vigo foi unha das
patacas máis quentes que herdou
Casares en 2010. Conseguiu enfriala, pero catro anos despois,
aínda que con menos ruído, volve subir de temperatura. As universidades de Vigo e A Coruña
reclaman a vinculación dos médicos que asuman esta docencia,
un paso que a USC asume como
o primeiro para acabar coa exclusividade desta carreira. O novo reitor deberá demostrar neste
asunto boas doses de diplomacia
e moita cintura política.
DESBLOQUEAR A RETENCIÓN
E PROMOCIÓN DO PERSOAL. O
Goberno central só autoriza nas
universidades a reposición do 10%
das xubilacións de persoal docente e investigador con prazas de
funcionarios e a Xunta só permite
cubrir prazas laborais en réxime
de interinidade para necesidades
docentes urxentes. Entre os reitores é unánime a reclamación da
fin destas restricións canto antes,
pero a USC, a universidade galega máis envellecida, xógase o relevo xeracional en maior medida.
O novo inquilino de San Xerome
terá que ser o máis belixerante de
Galicia neste asunto.
Descargar