Historia de Galicia

Anuncio
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
1. A apoloxía dos homes da terra
1.1.
Interpretación histórica de Galiza até o século XVIII
Até o século XVIII a Historia é unha das bases principais para a
lexitimación do prestixio dunha terra e dunhas xentes. É un instrumentum honoris, a
antigüidade dun pobo é a mellor fundamentación do seu presente, non se concibe a
idea de cambio e progreso, a sociedade é ríxida e sempre foi así. Isto non cambiará
até o século XVIII coa chegada da Ilustración, que concibe o progreso coma algo
inevitábel.
Tendo en conta isto, a reconstrución do pasado galego ten unha grande
carga apoloxética que busca a defensa das elites centrándose en:
a) A antigüidade do poboamento, xa que isto dá maior importancia sobre
outras nacións.
b) Orixe apostólica da Igrexa galega: a chegada do Apóstolo Santiago a
Compostela é anterior cá chegada de San Pedro a Roma, polo que a Igrexa
galega antecedería á de Roma.
c) Antigüidade da aristocracia galega, que nunca foi contaminada pola
invasión árabe. Deste xeito, a nobreza castelá e portuguesa derivarían da
galega.
Esta carga apoloxética é normal na Historia do momento. No século
XVI a Historia estaba moi vencellada á política (Maquiavelo), tiña unha grande
importancia e estaba nos programas educativos das elites xa que funcionaba como
aparello de propaganda. Nesta época non se aplicaba o método científico á Historia,
senón que adoitaba basearse nos mitos fundacionais, caracterizados por:
a) apoiárense nunha interpretación parcial do pasado (realidade+ficción).
b) son máis asimilábeis
c) seguen o seguinte esquema:
 paraíso primitivo previo (os celtas),
 caída dese paraíso (chegada dos romanos),
 redención: xeralmente situada nos tempos do historiador ou achegados a el
e o pobo é consciente da identidade propia (principios do século XIX,
Rexurdimento literario).
Os mitos fundacionais supoñen un discurso tópico dependente do discurso católico e
que se dá en moitos contidos de nación.
1.2.
A Historia como carta de presentación perante a Corte
A partir do século XVI o Reino de Galiza intégrase na Coroa Castelá,
que leva a cabo un importante proceso centralizador. Galiza era entón a periferia do
estado que se estaba a conformar e, ademais, a nobreza galega non apoiara a Isabel
durante a guerra pola sucesión, polo que estaba moi mal vista polos Reis Católicos.
Deste xeito, desde o século XVI a nobreza galega vai intentar achegarse á Corte e,
para facer ver o seu prestixio vai usar:
a) Non vai perder o control sobre os territorios galegos, malia estar fisicamente
na Corte (Toledo ou Madrid) van depender do poder político e económico que
teñen en Galiza.
b) Usan a Historia e o pasado como carta de presentación, como elemento
ideolóxico diantre da corte.
1
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
Esta centralización afecta tamén á Igrexa, así se o Reino de Galiza pasa
a depender de Zamora, a Igrexa galega terá o seu centro en Valladolid:
a) A capacidade de decisión ficará fóra de Galiza.
b) Reorganizarase a Igrexa. Os mosteiros galegos son os máis ricos e, ao ter o
seu centro en Valladolid, repartirán con outros as súas posesións. Malia isto,
será o poder económico máis importante até o século XI. Ademais a súa
oposición ao cambio será clave no desenvolvemento da identidade galega.
1.3.
Obras historiográficas que teñen Galiza como obxecto (séculos XVI,
XVII e XVIII)
As publicacións editoriais desde o século XVI van axudar ao proceso
centralizador político:
a) Os Reis Católicos, malia o proceso centralizador, non crean o Estado
Español, só unha Administración estatal “das Españas”. Pero aínda así
comezan un proceso de homoxeneización do pasado.
b) Despois da guerra de independencia, no século XIX, dáse un proceso de
nacionalización de España e, con el, a homoxeneización do pasado e a
creación do estado – nación (até entón a bandeira de España non penduraba
dos edificios institucionais).
Neste proceso de homoxeneización do pasado as elites usan fontes falsas
denominadas CRONICONES, consideradas normais na época e usadas como tarxeta
de presentación. Isto non suporá un problema até o século XIX, cando estes
cronicóns son considerados fontes auténticas.
Imos ver algunhas obras historiográficas que teñen a Galiza como obxecto
principal:

Nobiliario de Vasco de Aponte (comezos do XVI), é a primeira obra histórica de
Galiza que aparece cos primeiros pasos da monarquía española. Trátase da
descrición da liñaxe de 14 familias nobres.

Descripción do Reyno de Galicia (1550), do LICENCIADO MALAGUEÑO
BARTOLOMÉ SAGRARIO DE MOLINA. Pretende dar a coñecer a cultura e
a natureza de Galiza, non ser unha obra histórica. É unha guía de Galiza que, sen
embargo, inclúe moitos datos do pasado do país. Defende a nobreza e a Igrexa
galegas (a Igrexa ten máis reliquias, polo que é máis lexítima). Tivo moito éxito,
pero foi difundida dentro da obra El buen repúblico.

El buho gallego (1620), atribuído ao CONDE DE LEMOS PEDRO
FERNÁNDEZ DE CASTRO. É un diálogo entre diferentes aves que
representan os pobos de España, sendo o moucho o representante de Galiza. É
unha xunta presidida pola aguia real na que se decide botar fóra da Coroa a
Galiza e expóñense argumentos para demostrar que o galego é o español máis
lexítimo:

É o máis antigo dos españois.

Non está contaminado polos árabes (ten influencia até a actualidade).
Esta obra é produto da necesidade da nobreza de achegarse á Coroa.
Ademais provoca a aparición doutras obras co mesmo esquema en diferentes
nacións do estado.

Historia de Galicia (comezos do século XVIII), DOS IRMÁNS FERNÁNDEZ
BOÁN. É a primeira obra que leva este título e, ademais, supón un cambio
respecto das anteriores por non introducir esa carga de apoloxía das elites (estas
xa estaban instaladas na Corte). Intenta ser máis rigorosa e o seu aspecto máis
2
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
singular é que sinala que a orixe da poboación galega é diferente e máis antiga
da de España, usando para isto recursos da Biblia.
Armas i triunfos (1662) El cisne de occidente (1672), de FRAY FELIPE DE
LA GÁNDARA Y ULLOA, primeiro cronista oficial do Reino de Galiza,
pagado pola Xunta do Antigo Reino de Galiza. Este cronista resalta os valores da
fidalguía e da burguesía. Instrumentaliza a historia por intereses políticos,
describindo un pasado esplendoroso pero sen mencionar as orixes do país.
Destaca que en El cisne de occidente estableza certa relación entre o nacemento
de Galiza e a cultura grega (os gregos terían fundado cidades marítimas e
fluviais coma Ourense, Pontevedra, Tui ou Padrón).
Anales del Reyno de Galicia, dous tomos (1733/1736), obra do xuíz eclesiástico
do Arcebispado de Santiago, DE LA HUERTA Y VEGA. É a última obra de
carácter apoloxético, que busca defender os intereses da Igrexa galega (a nobreza
xa está instalada na Corte). Hai unha defensa esaxerada e desproporcionada da
importancia de Santiago de Compostela e do sepulcro. Ademais introdúcese a
idea de que os galegos colonizaron (cabotaxe) Inglaterra, Escocia, Irlanda,
Asturias e Castela, o que sería importante para o celtismo, que aparecería como
tese aproximadamente un século despois. Todo isto insírese como explicación
histórica, non coma un mito.


1.4.
A Ilustración. O concepto de progreso. O celtismo como heimat
A mediados do século XVIII chega un movemento filosófico rompedor, a
Ilustración, caracterizada por:
a) O progreso como elemento referencial, de xeito que a construción do futuro
se asente nas indagacións sobre o pasado.
b) A razón como base para adquirir coñecemento, de aí o uso do método
científico.
Estes principios vanse aplicar á Historia, de xeito que:





Usará o método científico, é dicir, atenderá a fontes verdadeiras e cotexadas.
Muda o seu obxectivo que, se antes era a lexitimación dos pobos, agora será a
rigorosidade das súas investigacións (Historia pola Historia).
As obras serán de carácter local porque se considera que canto maior sexa o
achegamento ao obxecto de estudo as fontes serán máis fiábeis.
Redución temática, é dicir, estudos concretos e sen ambigüidades.
A Historia é sempre un recurso importante independentemente do obxecto de
estudo, pola importancia das referencias ao pasado.
En Galiza non existen nesta etapa historiadores que elaboren unha
Historia de Galiza, xa que todo o construído até entón se baseaba en fontes falsas.
Persoeiros importantes na Galiza da Ilustración son:
a) JOSÉ CORNIDE, quen realiza estudos de filoloxía latina e romana.
b) LUCAS LABRADA.
c) PADRE SARMIENTO.
A tese do CELTISMO vaise introducindo a finais da Ilustración
(primeiro terzo do século XIX). Paralelamente aparece outra interpretación do
concepto de identidade, o HEIMAT (pequena patria), un sentimento
3
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
protonacionalista que se podía apreciar, por exemplo, no Padre Sarmiento. O Heimat
non implica a pretensión de que ese sentimento se reflicta nas institucións políticas, é
dicir, non pretende que unha pequena patria sexa un estado.
2. A historiografía galega ata Murguía (século XIX)
2.1.
O Celtismo
É un elemento referencial para os historiadores, tanto para os que
defenden esta tese coma para os que non, aínda que so Vicetto e Murguía o
defenden con claridade. O celtismo:

Achega un compoñente étnico, racial, para entender a realidade galega (Galiza
= raza celta), feito estendido por toda Europa no século XIX.

Desde a perspectiva do momento é un elemento lóxico e racional, explicado
cientificamente.

É un exemplo de invención e construción dun mito racional porque a súa
creación e desenvolvemento son lóxicos nese momento e nese espazo.

Comeza a facerse presente desde a segunda metade do século XVIII en obras
de Rodríguez Mohedano ou Masdeu. Os ilustrados cítana, pero non a adoptan
de cheo no seu discurso. Sería no primeiro terzo do século XIX cando tomaría
forza.
A tese do celtismo seguida na Península Ibérica difire da tese clásica:
a) A tese clásica, do francés Pezron, defende que os celtas teñen a súa orixe no
Mar Negro. Desde alí diríxense a Francia, que será o núcleo desde o que se
espallen por Europa (Gran Bretaña, Península Ibérica, Italia).
b) Na tese seguida pola Historiografía española, defendida por Masdeu, o
núcleo de espallamento será Catalunya.
2.2.
Metodoloxía: diversidade de historiadores no século XIX
No primeiro terzo do século XIX é cando a tese do celtismo comeza a
ter forza, os historiadores referiranse a ela, estando a favor ou en contra1:
a) VEREA E AGUIAR: defende o celtismo como base das reivindicacións
apoloxéticas de Galiza, aínda que segue a liña do XVIII non a asume
totalmente. É o primeiro en defender a tese da unidade nacional galega,
aplicando para iso a tese do celtismo, que será instrumentalizada por outros
coma Antolín Faraldo.
b) MARTÍNEZ PADÍN: considera que o celtismo é constatábel
historicamente, mais con certa posibilidade de erro.
c) B. VICETTO: autor de Historia de Galicia (1865 – 1873), sete tomos
publicados en Ferrol, é o autor con máis éxito do século XIX, e quizais o que
máis éxito tivo dos historiadores galegos. Esta obra caracterízase por:

É publicada nun momento singular, o Sexenio Democrático, un
período de modernización no que, nalgúns momentos, chega a haber
en España dous estados paralelos: o democrático e o carlista. Isto
reflíctese na obra.

É contraditoria e pouco rigorosa, xa que busca agradar ao lector, ten
obxectivos editoriais, non científicos. Para conseguir este éxito
1
Esta ausencia de unanimidade débese á diversidade de obxectivos dos historiadores, á
instrumentalización da Historia no momento.
Historia de Galiza
4
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
sintoniza cos formatos máis tópicos da Historia galega (Monte
Medulio...)

Argumenta de dúas maneiras contraditorias:
- Por unha banda, considera que a Historia é un proceso de
organización da providencia, superior ás persoas en cuxo
plan Galiza sería a xeradora e colonizadora de boa parte
dos pobos europeos, amais de ser a exportadora da
confesión católica, a máis importante de Europa.
- Por outra, fronte á providencia, inflúen na Historia
persoeiros importantes.

Non existe no discurso de Vicetto instrumentalización política, só
editorial, polo que non emprega os seus argumentos para defender un
posto no mundo para Galiza, só reclama que se respecten os seus
dereitos. Polo que, seguindo co seu espírito de contradición, aínda
que se achega ao galeguismo, o celtismo ten tamén na súa obra unha
forte carga apoloxética.
d) ANTOLÍN FARALDO: dálle unha funcionalidade política, instrumentaliza
a tese para aplicala en favor do provincialismo.
e) M. MURGUÍA: tamén lle dá unha funcionalidade política, pero neste caso a
prol do rexionalismo.
Así vemos que os historiadores teñen diferentes intereses á hora de
presentar a Historia de Galiza.
Intereses políticos
Antolín Faraldo
Murguía
Intereses editoriais
Vicetto
Non hai unha liña clara de defensa de Galiza, pero si que se destacan as
súas virtudes por outros motivos: en xeral, os historiadores estaban vencellados ao
liberalismo, pero non estaban a favor da estrutura territorial do estado liberal,
unha estrutura centralizada. Polo que a reivindicación de Galiza e das súas virtudes
non é máis có tema de presentación para criticar a estrutura territorial do estado2.
Así xurde o síndrome de aldraxe, considérase que o estado liberal ofende a
identidade galega e a sociedade quere que se recoñeza esta identidade, de aí o éxito
da obra de Vicetto.
3. De Murguía a Risco (séculos XIX – XX)
3.1.
Murguía como pivote referencial da historiografía galega
Murguía é un persoeiro de referencia na historiografía galega até a
publicación, en 1952, da Historia de Galicia de Risco. Durante 100 anos repítese o
mesmo discurso de Murguía, quen:

Instrumentaliza politicamente a Historia, igual ca A. Faraldo.

É un erudito que se achega á modernidade da historiografía europea.
2
A partir da segunda metade do século XIX pérdese a unidade de Galiza, só existen as sete antigas
provincias que lle dan unha certa unidade. O estado liberal establece catro provincias en Galiza, sen
existir esta como entidade superior a elas.
Historia de Galiza
5
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega



3.2.
É o autor con máis capacidade de influencia na cultura galega de finais do
século XIX e comezos do XX.
É un referente institucional, xa que en 1906 sería nomeado presidente da Real
Academia Galega.
Ten unha actividade perdurábel, xa que morre con case cen anos.
Os cinco elementos constituíntes da nación: raza, lingua, carácter, conciencia
de singularidade e Historia
Para Murguía estes son os cinco elementos constituíntes da nación
galega:
a) Raza: argumento socio-político que dota de singularidade o país, unha raza
puramente celta, da familia aria (razas consideradas superiores). Considera
que en Galiza se acha a reserva de raza celta máis pura.
b) Lingua, elemento fundamental no que se apoia a raza.
c) Carácter: Murguía afirma categoricamente a existencia dun volkgeisd
(espírito do pobo), un ente que existe independentemente das persoas pero que
posúe calquera persoa que naza na nación. Supón un avance fronte ao heimat,
xa que o volkgeisd non se pode alterar e é predeterminado.
d) Conciencia de singularidade.
e) Historia (básica na argumentación política).
3.3.
Recoñecemento de Galiza nos seus valores de permanencia: a identidade rural
Para Murguía supón un elemento determinante que Galiza sexa unha
sociedade basicamente rural, no pasado, no presente e no futuro. As esencias da
patria están no rural, polo que non entendería unha identidade galega urbana, de aí
que se opoña ao desenvolvemento do centralismo liberal español.
urbano vs. rural
=
liberalismo vs. tradición3
É curioso, dada a súa condición de liberal, que defenda que Galiza só pode ser
rural, postura que chega case até os nosos días e que ten consecuencias:

Por unha banda, a modernización non chega ou chega tarde.

Por outra, froito do anterior, aparece un vitimismo asociado a Galiza.
3.4.
Estrutura do discurso de Murguía
Para Murguía existe unha Galiza única, unha nación que rexurde non
polo conflito con outras (como acontece na lóxica europea), senón porque se sinte
infravalorada. Unha identidade que destaca polos seus aspectos positivos no
pasado.
Desde a Real Academia Galega Murguía fará oficial o discurso do
celtismo, que se manterá coma o único discurso historiográfico respecto de Galiza até
1952. Este discurso estrutúrase do seguinte xeito:

Parte da raza celta, unha raza superior que crea unha comunidade ou nación
con Administración e cultura propias.
3
Cómpre matizar que, malia que neste momento a tradición estaría representada polo carlismo,
Murguía non é carlista.
Historia de Galiza
6
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega






Esta comunidade integra influencias exteriores (gregos, fenicios,
cartaxineses...) porque é forte dabondo para poder integralas e non
desaparecer.
Este paraíso idílico rómpese coa chegada dos romanos (modernización,
civilización urbana), malia a resistencia simbólica do Monte Medulio4 (na que
participan pobos non galegos, coma os asturianos ou leoneses).
As invasións bárbaras dan lugar á chegada dos suevos a Galiza, que forman
parte da raza celta e posúen unha cultura rural. Deste xeito rexurde e
reafírmase a identidade galega, recuperándose así o Reino de Galiza.
A invasión árabe case non afecta a Galiza, polo que durante os sete séculos
que dura a Reconquista, reafírmase a identidade galega. Ademais, Afonso VII
(fillo de dona Urraca) escinde o Reino de Galiza do de Castela. A nobreza
galega levantarase contra a monarquía castelán-leonesa, até o axustizamento
en 1483 do Mariscal Pardo de Cela, feitos que veñen dados polas loitas
feudais, non por un contido nacional, pero que se considera simbólico.
Coa chegada ao poder dos Reis Católicos, Galiza fica nunha situación de
inferioridade, prodúcese a doma e castración e comeza a centralización do
estado. Así, Galiza estaría constituída por sete provincias e, coa chegada do
estado liberal, por catro, e non se recoñecería a existencia de Galiza como
entidade superior a elas.
O elemento final de rexurdimento personifícase para Murguía en:

A Guerra de Independencia: ante o baleiro de poder e a constitución de
xuntas locais (tanto de vilas coma a Xunta Superior do Reino de Galiza),
xorden os conceptos de nación dos pobos peninsulares e de España. A
Constitución de Cádiz5 é un exemplo da vontade de crear un concepto
nacional español.

O Levantamento de 1846: pon de manifesto que aínda permanece o
espírito nacional galego. A Xeración do 46 supón un compoñente de
protesta contra a minusvaloración que sofre Galiza, que é tratada coma
unha colonia pola Corte. Malia todo, non hai nela un compoñente
nacional, xa que é unha xeración que se define polo provincialismo.

O Rexurdimento cultural: as figuras de Rosalía, Curros e Pondal mostran
que o espírito galego segue presente, malia non manifestarse nas
institucións.
Debido a autoridade intelectual e institucional (RAG) de Murguía, este discurso é
amplamente aceptado ata os anos setenta do século XX.
3.5.


4
O discurso historiográfico e as institucións
En 1922 créase, tardiamente, a Facultade de Filosofía e Letras.
En 1923 créase o Seminario de Estudos Galegos:

Xorde coa vocación de estar ao servizo de Galiza a través da investigación
e do poder, xa que pretende formar as elites do país.

Destaca a sección de Arqueoloxía, Prehistoria e Etnografía (Cuevillas,
Bouza Brey, Risco, Figueira Valverde...). Neste senso catalóganse castros,
Non está situado xeograficamente, pero si se narra nas crónicas romanas a forte resistencia no sur de
Galiza.
5
Sería tomada como exemplo por Marx para explicar a construción do concepto de nación, amais de
ser un símbolo do liberalismo europeo.
Historia de Galiza
7
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega



3.6.
realízanse escavacións e publícanse en revistas de investigación os
resultados.
Está formado por persoeiros, case ningún conservador, con conciencia
galeguista.
Usa o método científico, plenamente moderno, pero non se desvencella
do discurso histórico de Murguía.
Considérase a interpretación do pasado como clave para a identidade
galega, polo que se mantén a tese do celtismo pola súa potencia ideolóxica.
O corte xeracional provocado pola Guerra Civil
A Guerra Civil provoca un forte corte xeracional na historiografía do
país, prodúcese unha depuración do profesorado e un grande control ideolóxico
tralo fin da contenda. Ademais fréase o avance metodolóxico que levara a cabo o
Seminario de Estudos Galegos.
3.7.
Renovación historiográfica dos anos setenta
Case até os anos oitenta do século XX a Universidade galega era unha
universidade de tránsito, no Franquismo estudábase dous anos nunha universidade e
despois íase a Madrid. Por isto, non se realizaban traballos de investigación en
Galiza.
A partir dos anos noventa do século XX a historiografía galega
intégrase dentro das europeas porque a universidade galega xa non é unha
universidade de tránsito e xa non se sigue o discurso de Risco e Murguía.
4. O recoñecemento da identidade
4.1.
Proceso de identificación
O proceso de identificación é un proceso bidireccional:
a) Defínenos interiormente (individuo → sociedade), é dicir, o individuo ten
conciencia da singularidade da súa colectividade.
b) Tamén nos define exteriormente (sociedade → individuo), o que se refire á
imaxe que se observa desde un contexto externo.
Respecto a isto último, a imaxe exterior adoita ser tópica por unha cuestión de
acomodación do pensamento. É dicir, é máis doado coller a parte polo todo, canto
máis concreto, máis entendíbel. Isto adoita desvirtuar a imaxe exterior. Pero a
identidade tamén ten unha función instrumental: dotar de medios posíbeis para
facer máis comprensíbel a realidade. Polo que, entón, a identidade é unha imaxe que
se proxecta en dúas direccións.
4.2.
Os marcos de referencia nas relacións sociais galegas: as parroquias e
as comarcas
A identidade galega non é unha identidade de nación – estado, senón
que é unha identidade de nación – cultura da que existen unha morea de estudos a
nivel local por dúas razóns:
a) o predominio da cultura rural,
b) a ausencia de grandes urbes.
8
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
Dada a ausencia de estado, os marcos referenciais nas relacións sociais
galegas son a parroquia e a comarca, dúas unidades alleas ao proceso de
centralización español do século XIX.
a) Parroquia: son unidades básicas dunha confesión relixiosa que
transcenden do ámbito relixioso por mor do forte poder da Igrexa no
proceso histórico galego, pasando a ser un marco referencial na vida social
galega e con certa proxección na Administración.
b) Comarca: se a miramos coma unha unidade convivencial, unha comarca é o
nivel superior á parroquia. Comprende varias parroquias e adoita ter un
centro: a vila, unha entidade única no estado que comprende a actividade
comercial, xudicial, eclesiástica etc. e está a medio camiño entre o rural e o
urbano.
Co estado liberal colócanse outras dúas unidades administrativas por
enriba da parroquia e da comarca: a provincia e o concello. Ningunha delas ten
tradición en Galiza e deixan as parroquias, teoricamente, coma meras unidades
eclesiásticas, e as comarcas coma unidades de convivencia. Provincia e concello son
unidades de convivencia procedentes de Castela, pero en Galiza non encaixan coas
unidades convencionais, provocando un desaxuste entre ambos modelos que
provoca:
a) Procura por parte das entidades de poboación pequenas de referentes máis
achegados, as vilas, aínda que estean noutro concello, porque segue a
funcionar o marco de convivencia tradicional. As vilas actuarán como
intermediarias ante a provincia, o que dá lugar á aparición do caciquismo.
b) A sociedade distánciase da política e vea como allea, xa que os marcos de
convivencia non son oficiais e refórzanse os intermediarios.
Galiza desde a aparición do estado liberal deixa de existir oficialmente,
só son catro provincias. Só perdura a través dun referente cultural, pero Galiza é
diferente do resto do estado:

Oposición costa vs. interior.

Oposición norte vs. sur.

Oposición urbano vs. rural: o sistema urbano galego é peculiar:

Non existe un único referente centralizado, senón que son sete: Lugo,
Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e
Vigo6. Posúen redes de comunicación e expansión individualizadas.

Ademais, até mediados do século XX a realidade galega é
maioritariamente rural.
6
-
A Coruña caracterízase polas súas relacións coa Administración estatal, será o cordón umbilical que una
Galiza e Madrid até os anos 80 (xa no Antigo Réxime), non é a capital de Galiza, pero si no senso
administrativo (Audiencia).
Vigo é, até mediados do século XIX, só un porto, pero a partir de entón volverase a capital industrial de
Galiza.
Ferrol está condicionada por ser un porto e un departamento marítimo. A súa sociedade está dividida:
unha parte conservadora vencellada ao sector militar e ao Estado, e outra obreira (estaleiros), pero
ámbalas dúas dependen dos encargos do Estado.
Santiago é até os anos 80 do século XX a Sé arcebispal e a capital cultural (única universidade), pero a
partir dos 80 – 90 convértese na capital de Galiza, o que dá lugar a que se estableza nela o aparello
administrativo e á aparición do funcionariado.
Lugo e Ourense están no centro das provincias e correspóndense máis co marco convivencial
tradicional. O feito de que só haxa un centro en cada provincia fai máis fluídas as relacións co estado.
Cada centro ten a súa área de influencia, aínda que a de Santiago é máis difuminada.
9
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Introdución: a memoria dun país. Historiografía galega
4.3.
O peso do sector agrario
O forte peso da Galiza tradicional fronte á moderna só se rompe na
década nos 90 do século XX. Até entón:
a) Non hai un mercado interior regular.
b) Hai malas comunicacións.
c) Galiza componse de identidades illadas.
d) O peso da Igrexa frea a entrada do capitalismo:

Finais do século XVII: os mosteiros cistercienses espállanse polo
interior galego e con eles unha ideoloxía de oposición ao entorno
urbano.

Ata principios do XIX: as campás das igrexas (parroquia) e os
escudos (fidalguía) son os símbolos da forza do rural, que se debe a:
 A nobreza laica non reside no territorio rural.
 Pouca poboación urbana.
 Mantense o poder da Igrexa (foros e subforos).
O poder económico da Igrexa minguará coas desamortizacións do
século XIX. Até entón a fidalguía será a intermediaria entre os campesiños e a
Igrexa, unha fidalguía conservadora que non se adaptará ao capitalismo e que non
está relacionada cunha identidade nacional.
O campesiñado, pola súa banda, defenderá sempre os seus dereitos sobre
a terra e será forte como comunidade, pero non será até a primeira metade do
século XX cando acceda masivamente á propiedade da terra (desaparición do foro
en 1926).
4.4.
A emigración
A figura do emigrante retornado pode:
a) Conxugar tradición e modernidade.
b) Traer consigo un novo rico, fachendoso, que non inviste na terra.
4.5.
O idioma
É un dos elementos identitarios de maior importancia que, para os
nacionalismos do século XIX, tiña o seu prestixio na literatura.
4.6.
Historia política e conciencia nacional
A historia política non evoluciona paralelamente á conciencia
nacional, que existe só desde o século XIX, coincidindo coa española, porque:
a) Galiza non ten unha institución de autogoberno.
b) Heteroxeneidade étnica da burguesía.
c) Etnicidade ambivalente.
10
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Documentos relacionados
Descargar