Subido por Hector Fernandez Garcia

Atmosferas de Inmersión lingüística - Fernandez García Héctor

Anuncio
Atmosferas de Inmersión lingüística
A lei pídenos que garantísemos que, cando conclúa a secundaria, o alumnado teña
competencias reais avanzadas nas dúas linguas oficiais e, na medida do posíbel, nunha
estranxeira.
A tarefa consiste en evidenciarmos as nosas ferramentas (a competencia real nas tres linguas e
a variedade xeográfica que podo achegar alén do estándar) e deseñar atmosferas de inmersión
que propicien a adquisición dos idiomas fóra das sesións dedicadas ás linguas.
Castelán
L1 (lingua materna)
Hector Fernández García
Galego
Celga 4
Inglés
B1
Propostas de inmersión lingüística:





Representacións teatrais en galego de escenas de series ou películas que os alumnos
elixan. Tendo deste xeito que traducir e memorizar os diálogos, ademais de empregar
atrezo axeitado.
Propostas de xogos tradicionais durante os recreos, nos que en todos eles, a primeira
norma e excluínte, sexa o emprego do galego entre os participantes, ademais de as
regras propias do xogo.
Glosario nos corredores. Cada un dos alumnos debe por nunha cartolina ao longo dos
corredores do centro, polo menos unha palabra propia e pouco empregada no uso
común da lingua galega (Exemplo: Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso) así como
un breve descrición do seu significado ou uso. Esta actividade debe formar parte do
proceso de avaliación da propia sinatura de galego, ademais de establecer un concurso
por medio dunha votación elixindo a mais orixinal, chistosa, etc...
Parellas de Galegos. A proposta de actividade e a seguinte. Dentro do grupo clase
estableceranse parellas (aleatoriamente ou por afinidade) de xeito que durante o
seguinte mes, trimestre ou curso sempre que estas persoas se relacionen no centro
deben empregar exclusivamente o galego. Para tratar de comprobar o grado de
execución a cada parella o profesor asignaralles un “inspector” que debe de presentar
un informe a inspección (o propio mestre) sobre o grao de emprego do galego deste
rapaces/as no período marcado. Esta actividade poderíase considerar na avaliación
final.
Elaboración dun canle de TV no Youtube ou similares, onde os alumno fagan simulacros
de noticieiros, programas de cociña, videotutoriais de emprego de TICs, etc.
Héctor Fernández García
Descargar