Anxos en tempos de chuvia; Miguel Vázquez Freire

Anuncio
1. AUTOR:
Miguel Vázquez Freire (Corcubión, 1951) é profesor de Filosofía no IES
Eduardo Pondal de Santiago, colaborando como crítico de literatura
infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil
“Golfiño” e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia.
Co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008)
como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo. Promotor de
«Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como narrador publicou o libro
de relatos «Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos» (Xerais 1993),
ademais das novelas dirixidas ao público xuvenil e adolescente,
traducidas na súa maior parte ás linguas peninsulares: «Proxecto pomba
dourada» (1987, Xerais 2000); «A malvada María Xosé» (Xerais 1989); e
«Anxos en tempos de chuvia» (Xerais 1997), Lista de Honra do IBBY 1999.
Para o público infantil publicou: «As aventuras do Gato Bógar» (Xerais
1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto
incluído no volume «Contos da campaña 3» (1992); «A cor do elefante»
(1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, «A princesiña
Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos» (Xerais 1995), «A
primeira máquina de fotos» (1998), «O neno que tiña medo dos robots. O
robot que tiña medo dos nenos» (1998) e «Contos de Reis e de Nadal»
(Xerais 2007).Como especialista en didáctica da filosofía ten publicado:
«Nietzsche» (Xerais 1990); «Iniciación á Estética» (Xerais 1993); «Política
e Sociedade» (Xerais 1993); «Mandar, obedecer, rebelarse» (Xerais 1996),
ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes «O
discurso do método» (Xerais 2000).
1
2. TEMA:
O tema de esta obra é que non todo o mundo é como parece que é e
tamén trata sobre a morte, que debe ser asumida de forma natural.
2
3. ARGUMENTO:
A historia narra o que lle acontece a Moncho cando a súa irmá Anxos
morre nun accidente de tráfico.
Ó principio Moncho pensa que o accidente foi provocado porque a súa
irmá perfecta xamais subiríase nun coche con xente bébeda, e logo un
extrano sono que tivo induciuno a comezar unha investigación sobre
Nando, o noivo de Anxos.
Nun principio comeza a leer o diario de Anxos, pero chegada a certa
páxina vai á casa de Nando para preguntarlle a súa familia sobre o tema
das drogas. Alí encóntrase con Sandra, a irmá de Nando, que tiña unha
forma de pensar diferente á de Moncho, porque ela opina que el so quere
buscar unha explicación na que a súa irmá perfecta morrera nun
accidente de bébedos.
Sandra acepta axudar a Moncho e comezan a buscar pistas indo a falar co
irmán maior de Nando e Sandra, Alberte, quen estivo involucrado en
temas de drogas e colleu a sida pinchandose.
Alber dilles que busquen nas cousas de Xurxo que sempre andaba cunha
videocámara na man gravándoo todo, e poderian atopar pistas.
Nas gravacións só atopan discusións de política e de temas sobre a
relixión, que impresionan moito a Moncho.
Un día, Moncho e Sandra van mirar ó almacen onde o grupo de Nando
“Capitán Garfo” ensaiaba, e alí Sandra enfádase con Moncho porque non
terminara de ler o diario da súa irmá e empezou a investigar sen nen
sequera mirar as cousas de Anxos. Moncho discúlpase con Sandra e
vaise para casa a rematar de ler o diario de Anxos. Mentres o lee
descubre o cambio radical que tivo a súa irmá cando empezou a salir con
Nando, como cambiou a súa forma de ser, de pensar e de sentir, e
descubriu que si sería capaz de meterse nun coche con xente bébeda.
Moncho ensinoulle o diario a Sandra e van buscar pistas na casa de
Xurxo, alí, o pai de Xurxo pídelles a Sandra e Moncho que lles conte todo
3
o que atoparon na súa investigación, e despois de iso escribiu unha
crónica.
4. OS/AS PERSONAXES
PROTAGONISTA/S:
Anxos: A protagonista principal da historia, ó principio ten unha
mentalidade moi moralista pero vai cambiando a súa forma de pensar a
medida que pasa máis tempo con Nando e os seus amigos. Anxos é unha
rapaza atractiva según Nando e Dani, ten dezaoito anos e é moi relixiosa.
Nando: Outro dos protagonistas principais, autodefínese como un radical
do galego, ten un grupo de rock chamado “Capitán Garfo” cuxas letras
falan sobre todo da contaminación, da política, etc. A súa personalidade
non cambia ó longo da historia, para el todo é política. Físicamente é
descrito por Anxos no seu diario como pouco atractivo respecto ó físico.
Moncho: O irmán de Anxos e o que fai todas as investigacións sobre o
accidente e a posible relación de Nando coas drogas coa axuda de
Sandra. Evoluciona moito a súa forma de pensar, porque ó principio
pensa que a súa irmá é perfecta e ó ir lendo o seu diario e procurando
probas con Sandra dase conta de que ela cambiou moito.
Sandra: É a irmá de Nando e nun principio axuda a Moncho a buscar
probas respecto ó accidente, aunque non moi convencida. A súa forma de
pensar cambia bastante porque ó principio axuda a Moncho coa procura
da relación de Nando coas drogas e ó final acaba buscando datos sobre a
personalidade do seu irmán falecido. Non lle gusta que lle falen sobre o
seu físico e por eso na obra non fan moita mención do mesmo.
SECUNDARIOS:
Xurxo: Un amigo de Anxos e Nando que faleceu con eles no accidente de
coche. Sempre o gravaba todo cunha cámara de vídeo e a súa familia non
4
o coñece moi ben, descrito por Alber coma un “neno de papá”. No libro
fan pouca mención a este personaxe.
Dani: Amigo de Anxos e Nando falecido no accidente de tráfico que
tiveron unha noite de festa. Descrito por moitos personaxes coma un
muxeriego que só lle importa acostarse coas súas amigas e coñecidas,
Anxos fai unha mención importante de el no seu diario.
5. ESPAZO E TEMPO:
En canto ó espazo atopámonos unha distinción entre espazos externos e
internos, tanto na historia de Moncho e Sandra coma no relato de Anxos
no seu diario.
Dentro dos espazos externos temos a rúa que é o sitio onde teñen lugar
máis conversacións entre Moncho e Sandra.
Tamén temos a praia onde van Anxos, Nando, Xurxo, Dani e os demáis
amigos de estos porque hai moitas escenas nesa praia.
Os espazos internos son os que máis abundan, tanto na historia de
Moncho como no diario de Anxos.
Entre eles podemos atopar as discotecas onde ían os rapaces a ver
concertos ou a actuar co grupo de Nando, tamén están os interiores das
casas e do hospital onde van Moncho e Sandra a investigar e, por último,
o garaxe onde o grupo de Nando ensaiaba.
Pasando a falar do tempo, é unha historia que ten dúas partes, unha que é
máis o menos lineal e a outra ten moitos saltos temporais, pero as dúas
historias transcurren na actualidade.
5
6. VALORACIÓN PERSOAL
O libro pareceume interesante na forma en que está escrito, porque é
narrado en segunda persoa case na totalidade do libro, pero nos soños,
por exemplo, está redactado sin comas, nin puntos, nin mayúsculas, o
que lle da maior liberdade de interpretación ó lector. A última cousa que
me pareceu interesante é que no derradeiro capítulo, o narrador está en
primeira persona, para simbolizar que o pai de Dani está reflexionando
sobre os seus pensamentos e o que lle acababan de contar Moncho e
Sandra, e así explica porque escribiu ese libro ó que el lle chama crónica.
O que non me gustou do libro foi o argumento, o cal me parece pobre e
sinxelo, posto que na actualidade existe moita literatura centrada nos
temas dos que fala a historia. Outro dos aspectos que menos me
gustaron foi o vocabulario sinxelo e fácil de entender, con moi poucas
palabras extranas, e as que hai dedúcese fácilmente o significado polo
contexto.
Concluíndo, eu lle recomendaría o libro a un amigo máis que nada pola
forma na que está redactado e non tanto polo argumento, que é repetitivo.
6
7. VOCABULARIO:
Evocar: Traer á memoria.
Retrucar: Responder cun argumento en contra a unha pregunta, a un
comentario, a unha crítica, etc.
Limiar: Parte que introduce unha obra escrita, onde se tratan cousas
sobre a obra mesma ou sobre o autor.
Difamar: Quita-la boa sona ou creto a alguén, de forma oral ou escrita.
Parolar: Falar moito e polo xeral de cousas sen importancia.
Labazada: Golpe dado na cara coa man aberta.
Saloucar: Chorar facendo certos ruídos coa gorxa e o nariz, cortando
momentaneamente o choro, ou suspirando.
Ostentoso: Mostrar ou deixar ver con claridade algo abstracto.
7
Descargar