A banda sen futuro; Marilar Aleixandre

Anuncio
A BANDA SEN FUTURO
Marilar Aleixandre
Silvia Padín Blanco 3ºC
Título: A banda sen futuro
Autor: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
Colección: Fora de xogo
Personaxes:
Carlota: A protagonista. É unha moza de dezaseis anos en primeiro de
bacharelato, debido a un tratamento para curar un eccema ten que levar
a cabeza rapada durante uns meses e, se iso non fora dabondo,
empeza nunha nova escola.
Paulina: Vai na clase de Carlota. É unha moreniña de gafas que
enseguida faise amiga da protagonista. Acaba saíndo con Miguel, sen
saber que lle gustaba a Carlota.
Miguel: Tamén vai na clase de Carlota. É un mozo alto con coleta do
que se enamora a protagonista.
Avoa: A nai da nai da protagonista. Sempre aconsella a Carlota, que a
veces sinte que é a única que lle comprende
Moncho: É un mozo guapo que consegue a todas as mozas. Ten o
pelo rapado prácticamente ao cero. Acaba namorandose de Carlota,
tamén vai na súa clase.
Lidia: Unha moza fermosa con longos cabelos loiros. Ao principio
búrlase de Carlota. Sempre anda tonteando cos mozos.
Ana: A prima de Carlota. É un pouco gordiña, ás veces vai con ela ao
cine.
Nai: É profesora. Cando se mudaron tivo que pedir o traslado, pero
como é unha zoa con poucas escolas tocoulle traballar moi lexos.
Pai: pai de Carlota
Inés: Irmá pequena de Carlota. Debe ter entre seis e nove anos.
Resumo:
A protagonista, Carlota Couceiro é unha moza que empeza o bacharelato nunha
nova cidade. Mudouse porque ascenderon ao seu pai. Vive cos seus pais, a súa
irmá pequena Inés e a súa avoa. Ten un irmán maior que lle leva once anos,
pero non vive con eles. Está moi triste e píntese desgraciada por ter que
mudarse.
Carlota está en tratamento debido a un eccema na cabeza, e non pode ter pelo
polo que leva un pano o un gorro para taparse.
Cando chega ao instituto todo o mundo pregúntalle polo gorro, pero dalle
vergoña e non sabe que contestar. Ao seu profesor de inglés, que tamén é o
tutor, apódano “Mister Bean”, e manda levar un anaco dunha canción a cada un
para traducir na clase. Uns compañeiros fan un chiste sobre a calvicie de
Carlota, e Miguel, un compañeiro a defende.
Carlota vai ao médico para seguir co tratamento e ese día non vai a clase. No
hospital danlle largas co día en que terminará. Ela soña con que algún día irá á
discoteca abaneando os seus longos cabelos ao son da música.
O tutor manda levar unha foto de carnet, e leva unha de cando tiña pelo,
evidentemente, pero na clase hai curiosos que tentaron vela. Agora a xente
comeza a chamala Cocoliso, e Carlota fai como se non se enterara. Vai darlle as
grazas a Miguel por defendela, tomao como un superheroe persoal. Ao día
seguinte sacan unha foto de toda a clase e apartan a Carlota a un lao para que
non se lle vexa tanto, isto moéstalle aínda que noutra situación agradaríalle…
Carlota, Inés e o pai saen a xogar coa neve, non hai moita, pero suficiente para
facer unhas bolas. Ao ver a tres curas con sotana Carlota pide o desexo de que
lle pase algo malo a Lidia, unha compañeira de clase, a odia cos seus longos
cabelos, sempre burlánose dela e tonteando con todos os mozos. Van á
pastelería a comprar pastelitos de nata, pero non quedan e compran de crema.
Ao día seguinte, unha profesora dilles que hai unha intoxicación na cidade, cren
que por pastelitos de nata, e que Lidia e outra compañera están ingresadas,
ademais o irmán da compañeira morreu. Carlota cóntalle todo á súa avoa, a que
a veces parece a única en comprenderlle, cóntalle tamén todas as cousas que
lle pasaron na escola e séntese mellor. Un compañeiro que foi ver a Lidia ao
hospital cóntalle que cortáronlle o pelo.
Carlota vai, como cada luns cada dúas semanas ao hospital, e dínlle que ten
que continuar co tratamento como mínimo dúas semanas máis e enfádase. Bota
de menos a súa casa, dende a fiestra do seu cuarto podíase ver e ulir o mar e as
flores, e na de agora so se ve o edificio gris que ten delante, nesa cidade todo
asemella ser desa cor. A Carlota amólalle que os seus pais finxan que non ter
pelo non importa e sempre discute con eles por iso.
Carlota vai falar con tutor para explicarlle que que Miguel insultara a Toño foi
culpa súa, para defendela. Vai contarlle o que falou a Miguel, pero el dille que o
deixe tranquilo e Carlota márchase enfadada. Nacho dille que se deu conta de
que é boa persoa e que a partir dese momento vai defendela.
Carlota vai con Paulina, unha compañeira de clase, ao cine a ver unha película
de amor, isto faille recorda a Lina, a súa mellor amiga antes de mudarse.
Sempre a saíndo con mozos, normalmente máis maiores ca ela, que tamén
parecía maior. Sempre lle contaba os seus amores. Naquela época a Carlota
gustáballe o irmán maior de Nati, que escribía poemas que ela copiaba a
escondidas.
A profesora de debuxo ponlles un exame o sábado, porque vai ser longo, pero
os alumnos chegan ao acordo de pedirlle facelo o martes pola tarde.
O profesor de galego explica o significado erótico do cabelo na literatura, sobre
todo nas cantigas medievais, pero a Carlota non lle fai falla que llo diga o
profesor, xa sabe que ningún mozo se vai interesar por ela sen ter pelo.
Roberto, o profesor de lengua española propón interpretar unha obra de teatro e
asigna os papeis. Carlota fai de Dencho, que leva a cabeza tapada.
Ese día volve Lida á escola e tamén lle dan un papel importante na obra, leva o
pelo curto e está máis delgada, asemella estar aínda máis fermosa ca antes. Na
obra Miguel debe namorar a Lida, cousa que non lle fai moita graza a Carlota.
Aora xa non desexa quedarse en casa, non soportaría non ver a Miguel.
Ao día seguinte Miguel vai xunto a Carlota no recreo a desculparse por falarlle
mal o outro día, regálalle unha cinta de U2 grabada por el e dalle un bico na
meixela, o que fai que Carlota cada día este amáis namorada del.
Carlota vai ao hospital, só quedan duas semanas de tratamento! A súa nai
ofrécelle ir coa súa a voa a pasar uns días á aldea pero non soportaría estar
tanto tempo sen ver a Miguel e esa mesma noite soña con el.
Carlota ía a falar con Miguel coa escusa de darlle as grazas pola cinta, pero
encóntrase con Moncho que lle fai algunhas propostas para o traxe da obra, e
ao parecer a el tamén lle gustan os cómics. Enséñalle uns debuxos do posíbel
disfraz, semilla parecer Catwoman, ten unhas mallas apertadas, xa está
deseando que Miguel a vexa así vestida.
No consello escolar a profe de plástica quéixase sobre que os alumnos quixeran
cambiar a data do exame, tómao como un desafío á súa autoridade. Mister Bean
defende aos seus alumnos e ao final a de plástica acepta.
Durante toda a semana Carlota non consegue falar con Miguel, sente que o seu
amor non é correspondido e está triste, tampouco falou con Paulina, pero á
saída de clase dille que ten algo importante que contarlle e quedan en chamarse
para quedar.
Moncho a acompaña a casa para ensinarlle as súas ideas para a obra polo
camino. Ao día seguinte Carlota chamou a Paulina para ir ao cine, pero non
estaba, e vai coa súa prima Ana. Ao chegar a casa os seus pais dinlle que
cando volveron de recoller á avoa de vir da aldea viron a Paulina da man con un
mozo moi alto con coleta, era Miguel, e a Carlota aseméllalle caer o mundo
enriba.
Carlota tenta non ver nin a Paulina nin a Miguel. Moncho ensínalle un novo
vestuario para o seu persoaxe, cun traxe aínda máis pegado, pero ela non pode
parar de pensar en Miguel.
O exame de plástica é moi difícil e ela o paga discutindo con miguel cando
acaba. Os compañeiros falan e deciden pedirlle á de debuxo repetir a exame.
Pola tarde é o ensaio xeral da obra e despois ela e Miguel falan e arreglan as
cousas.
A nai de Carlota vai coa avoa ao hospital a facer unhas análises.
Nacho vai falar con ela e invítalle a ir con el, Carlos, Lidia e Martiño e algúns
máis a tomar algo despois do ensaio do mércores.
Carlota pregúntalle á súa nai polas análises da avoa, e ao parecer a avoa está
vella e é normal que estea enferma, e vai seguir un tratamento. Ao día seguinte
vai falar con ela e cóntalle que te un cancro, pero que no a van operar, ou sexa
que debe de estar estendido… No ensaio, antes de entrar a escea,
Carlota ve a Paulina e miguel bicándose e xira a cabeza para evitar velos, alí
esta Nacho, ao que lle di que se encontra mal para saír despois. El dille que se
coide, ulltimamente todo o mundo está a ser moi amábel con ela…
Cando está desmaquillándose no baño entra Moncho para darlle máis ideas
sobre o traxe, pero precisa vela sen gorro. Carlota ponse nerviosa e négase por
completo. Nacho acércase e confésalle que lle gusto moitísimo e que dalle igual
que teña pelo ou que non, que el a quere ver tal como é, sen roupa no medio.
Case sen darse de conta están bicándose. Mírase no espello e non ve a
ningunha moza fea
A noticia espándese rapidamente, Carlota non sabe se realmente quere a
Moncho, pero está segura de que olvidou a Miguel. Moncho quere que actúe coa
cabeza ao descuberto, ademais o día do estreno xa terá pelo dabondo, xa lle
contou o do tratamento e iso… Carlota empézase a dar de conta de que
realmente lle gusta. O fin de semana a avoa ensínalle a facer doce de marmelos
e Carlota cóntalle o de Moncho.
As análises están ben e xa pode deixar medrar o pelo. O seu con Moncho via
para diante, E menos polo da avoa, Carlota non pode estar máis feliz.
Valoración persoal:
Persoalmente gustoume o libro, pero a historia dunha moza ou mozo
adolescente cos seus problemas persoais e namoramentos que, finalmente que
acaban ben, creo que xa está moi vista, sobre todo en novelas xuveniles. Aparte
diso a historia está ben, pero moita parte do libro son clases, que na historia en
xeral non teñen moita importancia.
Creo que a historia comprende unah certa moralexa sobre o aspecto, porque
Carlota ao principio non quería ir á escola ata que volvera a ter pelo. Alí
namorase dun mozo, que non lle corresponde, pero ao final outro que
namorouse dela confésalle os seus sentimentos e acaban saíndo. Os seus
compañeiros de clase tamén acaban por coñecela mellor obviando a súa
calvicie. Isto demostra que o aspecto non ten por que importar tanto como a
televisión ou os medios en xeral adoitan a inculcarnos.
Creo que é un libro adecuado para adolescentes, que, están nunha idade na que
o aspecto físico parece o máis importante, lendo o libro pode que se den conta
de que non é así. Aparte poden sentirse identificados con algún dos personaxes
e así meterse máis na historia.
Na sociedade na que vivimos actualmente que parece que o aspecto físico é o
máis importante, non só en adolescentes, senón en tódalas idades, historias
como estas recórdannos que realmente é máis importante sentirse ben cun
mesmo, e non buscar tanto gustarlle aos demais.
Este libro tamén narra amores e desamores que poden servirnos como modelo
para saber actuar nun futuro ou mesmo, recordar os tempos mozos. Por iso
mesmo, aínda que estea nunha colección recomendada para xóvenes é un libro
que pódese ler tranquilamente con calquera idade.
Tamén abrangue o tema do cambio de cidade, escola, etc. e o medo ao olvido
que isto supón.
Que a historia empece coa morte de Poch, un dos cantantes preferidos da
protagonista e que faga as súas confesións ante un poster seu durante todo o
libro creo que é un bo recurso da autora para evitar repetirse cos pensamentos
de Carlota todo o rato.
Cando empecéis a ler o libro dudaba se a persoa de Poch existira realmente ao
non coñecelo, pero ao parecer, todo o que din del é certo. Paréceme moi ben o
de incluilo na historia, porque como din no libro, unha persoa non morre ata que
se lle olvida, e mentras a xente siga lendo este libro non se lle vai olvidar.
En resúmen gustoume o libro e foi doado de ler porque non era moi longo.
Descargar