A esmorga de Eduardo Blanco Amor Eduardo Blanco Amor

Anuncio
A esmorga de Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897− Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX.
Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas. Emigrou
a Arxentina no 1919 e viviu moitos anos en América.
Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: Romances galegos (1928),
Poema en catro tempos (1931) e Cancioneiro (1956).
Como narrador, Blanco Amor foi máis tardío. Publicou tres libros en galego: A esmorga (1959), Os
biosbardos (1962) e Xente ao lonxe (1972).
A esmorga é a novela máis popular e lida de Blanco− Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos
Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista a permitir que circulase libremente esta historia
traxicómica. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco− Amor como escritor.
Pero Blanco Amor tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou
exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica. Os temas son
variados: o amor, as reflexións sobre a condición humana, a idea de Deus na sociedade actual,... Escribiu:
Farsas para títeres e Teatro pra xente.
Resume do argumento
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia
del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e
convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos
baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca
xente ollou. Métense por un buraco do xardín e ollanna dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas
comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu,
quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan
de alí.
Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres
dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira
daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería
o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen,
1
agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá.
Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller,
que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha
prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e
o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O
Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata.
O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a
navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da
obra informanos que non se soubo claramente como morreu.
Estructura
A novela está estructurada nunha primeira parte chamada Documentación e cinco capítulos.
A Documentación é un curto relato a modo de introducción no que o autor informa sobre como recolleu a
información para escribir a narración.
Os cinco capítulos están divididos segundo os diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:
− No primeiro capítulo, que correspóndese co primeiro día da declaración, Cibrán declara ante o xuíz unha
presentación dos feitos, como comezou a historia.
− No segundo capítulo, o segundo día da declaración, Cibrán revela no final que eles prendéronlle lume ao
pazo nun descuido.
− No terceiro capítulo ou no terceiro día, Cibrán continúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse
descubrindo novos feitos.
− No cuarto capítulo, conta o que fixeron no pazo dos Andrada.
− O quinto capítulo é o desenlace.
Tempo no que transcurre
A narración comeza dicindo na Documentación: Cando eu era aínda moi rapaz,... e logo di Dempois, candoía
pra mozo e dei nesta teima de escribir... polo que a historia é contada cando o autor é adulto, e a información
recolleuna cando era neno e cando mozo.
Tamén fai alusións ó tempo cando fala do seu tío: Un meu tío, que fora `ministro´do Xuzgado −no seu tempo
chamábaselle co iste magoante nome ós aguaciles− (...) era, sen dúbida, o que máis sabía dil entre os
sobrevivintes. Este parágrafo lévanos ó tempo no que transcorre a acción, tempo que viviu o tío cando
traballaba no Xuzgado. No seguinte parágrafo pon: Niste tempo, meu tío era xa home vedraño e marráballe a
memoria, ademais tatexaba de vellez,.... Sabemos, entón, que cando o autor recolleu a información para
escribir a novela, o tío era vello, e cando sucedeu o que narra, o tío aínda traballaba.
Maís adiante di: ...púxenme agora a escribir esta crónica, a coasi corenta anos de tere recollida tan lene
2
documentación e a noventa dos sucesos mesmos.. Blanco−Amor recolleu a información de mozo, e casi
corenta anos despois escribiuna, polo que ó escribirla tería sobre sesenta anos (naceu no 1897, e a obra
publicouse no 1959, polo que os cálculos parecen acertados). Sabemos que a acción sucedeu uns noventa anos
antes de que Blanco− Amor escribira a obra, polo que aproximadamente sucedeu entre o 1865 e o 1869.
Cibrán comeza a súa narración cunha breve alusión ó que fixo o sábado e o domingo, pero o realmente
importante ten lugar o luns (¡Cousas de San Luns!) e fundamentalmente a noite do luns ao martes. Remata
contando o do martes á mañá.
Paralelamente a esta historia, Cibrán fala doutras historias que lle contaron os seus compañeiros e que
desenrólanse noutro tempo. É, por exemplo, o caso da historia de Don Fernando Andrada e a súa muller, que
remóntase varios anos atrás; cando o Milhomes e outro personaxe, o Argadelos, van ó xardín dos Andradas,
hai algún tempo; cando o domingo o Milhomes e o Bocas estiveran na taberna do Chaguazoso; e a historia de
Socorrito, que aperescera fai uns anos.
Esta declaración de Cibrán ante o xuíz ten lugar uns días despois do luns: a declaración dura cinco días (que
se corresponden cós cinco capítulos).
Tempo físico
Cibrán comeza a narración dos feitos no sábado e o domingo, e do tempo físico destes días di: Como facía
tanto frío....
Fala de que o luns ...me atopei coa friaxe da mañá (...) Toda a noite estivera xeando... polo que a tempo é
bastante malo e vai moito frío.
Máis adiante, fai unha excelente descrición do tempo físico: ...o tempo atepedouse, coasi de súpeto, cun
neboeiro que se viña erguendo do sul, pro máis de levar que aquela friaxe de coitelos que me deu no rostro
da cara ó saír da casa da miña amiga. Polos altos do ceio, que arestora estaban a crarexar a modiño, coma
con preguiza, víñanse erguendo unhas nubes empardecidas e víase que ía cambiar o tempo pra tronada..
Fai numerosas alusións ó tempo físico ao longo do primeiro capítulo: ... o lonxe vin, polo entremedio do
neboeiro,..., O día viña tapouco e lixado pola nubazón..., ...o día, nefeuto, viña avolto polo ceio e xa
escomenzara a orballar mesmo coma pra chovere forte, porque eiquí cando emprincipia..., ...afora chovía a
Deus dala., ... daquil bullón de auga que non daba folgos,..., o ceio viña baixo, apelexado e mouro, e chovía a
escachar con rachas de vento frío., A cibdade somellaba asolagada por aquil baleirarse do ceio, sin
trégolas,..., unha hora dempois seguía chovendo arreo e o día empardecera aínda máis, coma si fora a vir a
noite., Como eiquí chove sete meses ó ano..., As pingotadas da grosa chuvia de tronada.... Tamén fala varias
veces da lama, e nomea os cristaes embazados. Todo isto que aparece no primeiro capítulo danos unha amplia
visión do tempo físico: o día comeza xa con mal tempo, e durante todo o rato chove, pois en todo o relato
repítese a mesma idea da chuvia, e cando no seguinte capítulo retoma a narración di: Pois como ía dicindo...,
seguía chovendo a Deus dala....
O tempo físico no que transcurre a acción da novela parece ser moi relevante, non só porque aparece
contínuamente, senón tamén segundo o di Cibrán: Pro eu dígolle que a chuvia tivo moita culpa... Si en
troques daquel froallo apegadizo que topei ó saír de estar coa Raxada, e daquela chuvia mesta e sen trégolas
que dempois se botou sobor do mundo, que era coma andar por un pesadelo sen podere saír por ningures,
moitas cousas que socederon non terían socedido, poruqe eu houbérame ido pra o meu traballo sen facer
caso a ninguén..
E neste segundo capítulo seguen alusións ó tempo físico, fundamentalmente hai abundantes sobre a chuvia:
Conque seguía a caír aquela chuvia acoriscada..., ...a auga viña máis fera..., ...mollándome..., a terra (...)
3
estaba enchoupada..., ...asolagados..., ...mollados..., ...chuvia..., A chuvia seguía a Deus dala..., O tempo
seguía con aer de tronada..., ...bruaba o vento....
Ó final do segundo capítulo por fin para de chover: Parara supetamnete de chover e viña un vento do norde
que varría con todo. Con esto o tempo físico volve influir nos feitos, xa que propiciou que o lume prendido no
pazo estendérase rápidamente.
Cando vai chegando a noite, segundo narra no terceiro capítulo, non chove pero o tempo é frío: O tempo
cambiara outra vegada pra frío., ...os refachos do vento arremuiñado do norde, que viña como pra tempo de
neve,....
Segundo avanza a narración fala menos do tempo físico: no cuarto capítulo non fala sobre el, e no quinto
somentes di que facía frío (Facía un frío de todos os demoros), e o ceio estaba limpo e caía a rabiar a xiada.
Lugar
O autor comeza a novela cun parágrafo que nos infórma sobre o lugar onde ten lugar o que vai narrar:
...seguíase a falar do caso entre as boas xentes de Auria, cibdá onde nascín e onde as cousas ocurriran. Tras
ler esto queda claro que os feitos contáronllos e sucederon en Auria, cidade literaria coa que Blanco Amor
reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal.
Excepto Os nonnatos (1927) toda a súa narrativa está centrada no mesmo ambiente de Auria. Intenta revivir
co recordo a cidade na que se criou e que abandonou de mozo, aínda que non son obras bibiográficas, senón
recreacións literarias do ambiente.
Un dos lugares nos que Blanco−Amor recolle información sobre a historia é ...no faiado do Casino de
Caballeros....
No primeiro capítulo non fala do lugar onde Cibrán está a declarar, pero parece que é un xulgado. Antes de ir
ao xulgado estivo nun cuartelillo da Garda Civil (Se me devolven ó coartelillo,...).
Cibrán empeza a historia cando a Raxada vai o seu traballo ...fora Raxada a buscarme as obras..., e o sábado
e domingo está na casa da Raxada. Uns parágrafos despois di sobre a casa da Raxada que Está máis aló de
Meriñamansa..., e as obras onde traballa están en Ervedelo. Tamén fala da casa da nai de Cibrán.
Ó saír da casa da Raxada e vai por unha carreteira cara o seu traballo, pero A pouco de andar, e cando ía
chegando polo mesón que lle din da Cristalina,..., onde se atopa co Bocas e o Milhomes.
Van a taberna da tía Esquilacha: Ó chegar perto do Posío entramos na taberna da tía Esquilacha,.... O saír
van por entre unhas hortas cara á Ponte dos Pelamios, e di que seguen pola beira do Barbaña até chegar ós
arrabaldos da Burga, onde nos acollimos baixo da ponte. Dende a ponte van ó xardín dos Andradas: ...saímos
dembaixo da ponte e dempois de cruzar á carreteira un descampado que alí hai, metímonos polo calexón que
forma por un dos costados o muro do xardín dos Andradas.
Despois van ó caño grande da Burga, que segundo unha aclaración do autor son as fontes e lavadoiros
termaes púbricos de Auria. De alí van cara a bodega dun pazo: o grande pazo dos señores do Castelo.
O saír do pazo: ...botamos a alandillar pola encosta do monte e non paramos até o souto dos castiñeiros (...)
até darmos na carreteira nova (...) fumos parar ós arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga..
O chegar a noite pasan pola Porta de Aire, van ó barrio da Ferreiría, á casa da Monfortina e á casa da Nonó,
pasando polo calexón da Pena Vixía. Da casa da Nonó saen pola Praza da Santisma Trinidade, a praza do
4
Correxidor, van pola rúa dos Fornos e atopan a churrería da Parroquía. Collen pola rúa do Tecelán, a rúa do
Instituto, e chegan á eirexa de Santa Eufemia.
Logo van a Fonte do Rei e o mesón do Roxo. Di que voltan a cidade pola carreteira de Trives, pola Travesía, a
Praza Maor, a Lameda, o calexón da Burga e voltan a casa dos Andrada, pero esta vez entran dentro da casa.
O último lugar é o Campo das Bestas (o lugar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá).
Ó longo do relato aparecen nomeados outros lugares que parecen atoparse polos arredores de Auria, como: as
Hermanitas do Hespicio, a taberna do Narizán, o café Medenúnez, a taberna do Chaguazoso, as terras de
Santa Cruz de Arrabaldo, o Saltodocán, Santiago de Caldas, Santa Ana, Rairo, a taberna da Xenerosa, a rúa
da Cerbacús, a rúa da Estrela, a taberna do Sacristán, a Estación, a finca do Abade das Vellas, o monte da
Santa Ladaíña, a Montalegre. E tamén outras cidades: Tui, Ferrol, Monforte, Asturias e Cádiz, e algúns
alcumes que aluden cidades, como a Viguesa.
Tema
O tema queda parcialmente recollido no título da obra: A esmorga. Este tema podería ser o tráxico final duns
individuos marxinados pola sociedade tras unha bebedela.
Valoración persoal crítica
Paréceme asombrosa a potencia lingüística deste relato. A lingua desta novela, que intenta explorar un
ambiente descoñecido na literatura galega, ten un forte sabor popular.
Aparecen numerosísimas incorrección lingüísticas, xa que Blanco− Amor escribiu esta obra cando o galego
aínda non fora normativizado, como por exemplo:
− hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: púbricos (públicos), caraiteres (caracteres), zoa (zona), persoaxe
(personaxe), etc.
− vulgarismos: pra (para), igoal (igual), probe (pobre), probriña (pobriña), etc.
− arcaísmos: cibdade ou cibdá (cidade), nascín (nacín), outo (alto), coor (cor), door (dor), etc.
− lusismos: até (ata), somente (soamente), veia (vea), meio (medio), etc.
− castelanismos: calexón (ruela, viela), etc.
− dialectalismos: marraus (marráns), narís (nariz), razós (razóns), pantalós (pantalóns), etc.
Na técnica, fala un só personaxe, Cibrán, con outra persona cuias respostas descoñecemos; e dado que o
protagonista está morto aparecen unhas aclaraciones do propio autor.
Blanco− Amor trata de metaforizar o mundo nesta narración, dando unha visión pesimista da estructura e
funcionamiento da sociedade e da condición humana. A sociedade crea individuos marxinais pero non os
asimila. A través desta obra ofrécelle ao lector un testemuño cruel e deliberadamente sombrizo dunha zona
sórdida da existencia.
A novela dibuxa un mundo de picaresca e o parrandeo das vilas e cidades galegas. Os suburbios da cidade
acercannos aos aspectos fortes e tremendos da vida. Pese ao humor, esta sórdida traxedia ten un ton triste e
sombrío, que procede da condición dos personaxes e da humildade da fala do picapedreiro, toda baixo a
5
constante caída da chuvia.
Cibrán defende durante toda a declaración a súa inocencia ...que ben se ve que non tiven culpa de ren, e
semella un personaxe bastante simple e iluso ó pensar que o xuíz cree na súa inocencia.
Un dos feitos da novela que reflexa un aspecto sórdido da vida é o feito de que os tres esmorgantes decidan
írmonos de putas, con licencia. No capítulo que fala sobre esta experiencia amósasenos o mundo das casas de
alterne, que semellan frías, desagradables.
Tamén queda reflexado na obra outro feito denigrante e deprimente da sociedade, que aínda hoxe,
desgraciadamente, está de actualidade: os malos tratos e abusos as mulleres, que semella personificarse nesta
obra, principalmente, no Bocas. O Milhomes ergueuse dun chimpo e pillouna polos cabelos namentres o
Bocas lle escachaba un hostión no meio da cara que a fixo caír tan longa como era (á Costilleta, unha
protituta da casa da Nonó), O Bocas (...) pegou nela pillándoa con bruteza pola añuca, como si lle fose a
bater... (na casa dos Andrada) e o que lle fai a Socorrito, son exemplos da bruteza deste home sen cultura que
non respeta a ningunha muller.
Galicia é un pobo profundamente relixioso, sentimento herdado dos seus devanceiros e afincado na tradición
de santos repartidos pola nosa terra, e nas casas non faltan as imaxes dos santos (como exemplo podemos
tomar o que di Cibrán sobre un dormitorio da casa dos Andrada: ...somellaba cousa da eirexa, con grandes
panos descolgados, cadros de santos e até santos de pau, que aínda había un Santo Cristo grande...).
Abundan pola xeografía galega as igrexas, e a xente, fundamentalmente do rural, acude a miúdo a igrexa a
rezar. Un exemplo que aparece na narración que proba isto, é este parágrafo que di Cibrán sobre o que viron
na igrexa de Santa Eufemia: ...dúas uo tres ducias de cabaleiros (...) todos axoenllados, e ouvíase o besbellar
dos rezos...Istes son os que lle din da Adoración Nocturna, que rezan somentes de noite.
Este sentimento de fervenza relixiosa, extendido por toda Galicia, queda patente nalgunhas expresións de
Cibrán: ...eu non llo preguntaría a ningún critiao destas terras... (no primeiro capítulo ao xuíz), ...vimos que o
lado penduraba un brazo de cristiao(na casa dos Andrada), ...non sei como hai cristiaos (...) porse a bater nos
outros homes que ren lles fixeron e que non se poden valer... (falando do cuartelillo), dáballe por rosmar polo
baixo esas cantigas que botan as mulleres nas procesiós...(cando o Milhomes quedábase adormentado) e
Sinto a morte que levaron, porque eran cristiaos coma min.
Parece algo contradictorio que despois de roubar (por exemplo, o Milhomes rouba un par de botellas de
augardente na churrería da Parroquia, e na casa dos Andrade rouban o Milhomes e o Bocas unhas alfaias),
matar, pelexar, rifar incluso con mulleres, ir a casas de alterne, mentir, e un sinfín máis de cousas que non
semellan nada boas califíquense de cristiáns.
Un xogo de cartas bastante extendido pola Galicia rural é as sete e media, xogo de diñeiro causante de moitos
disgustos. Os protagonistas da narración, como moitos galegos, perderon os cartos nunha partida: Perdemos
todos os cartos nunha partida de sete e media.
Na obra refléxase non só esta clase baixa da sociedade, xente marxinal, senón que tamén nos deixa entrever a
clase alta, cando fala da casa dos Andrade ou do pazo do Castelo. Dende moi antiguo, Galicia tivo un señorío
formado por poderosas Casas, e dos estratos sociais, o primeiro foi o señor. Os señores seguiron vivindo nos
pazos, que chegan ata os nosos días como chegou o seu poder e a xente que dependía deles.
Un comentario do autor da obra na Documentación, lévanos tamén a unha das características da poboación e
da sociedade galega que podemos comentar: ...os meus pais tiñan mentes de me encamiñar ó honrado gremio
dos ebanistas. Os oficios estiveron agrupados en gremios, dunha importancia enorme, que se organizaron nos
principais núcleos urbáns de Galicia. Os gremios eran moitos e contribuían a que os oficios transmitiranse de
6
pais a fillos.
7
Descargar