concellos - Deputación de Lugo

Anuncio
SÁBADO, 25 DE JUNIO DE 2016
Nº 145
CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 8 de xuño de 2016 prestouse aprobación ao Padrón do
prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de maio de 2016, e exponse
ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida
ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber
que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da
Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 16 de xuño de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández
R. 1882
GUNTÍN
Anuncio
Por Decreto da Alcaldía de 15 de xuño de 2016, prestouse aprobación inicial ao Padrón da taxa polo
abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga correspondente ao quinto bimestre do
ano 2015.
Exponse ao público polo prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio
no BOP de Lugo.
Recurso: Contra o Decreto de aprobación do padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, poderá
interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado desde o día seguinte ao da finalización do periodo de
exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre. Alcalde-Presidente do Concello de Guntín.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá
interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei
Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano
económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes desde que se entende
producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como
período de cobro voluntario o prazo de dous meses, desde o 15 de xuño de 2016 ata o 14 de agosto de 2016.
Finalizado o exercicio pasarase ao seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da
Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de
Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola
vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de
cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral
Tributaria.
2
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Guntin, 15 de xuño de 2016.- O Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro.
R. 1856
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio
Aprobación definitiva de modificación de Ordenanza municipal reguladora da denominación e rotulación
de vías públicas e da numeración de edificios
Aprobada definitivamente a MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA
DENOMINACIÓN E ROTULACIÓN DE VÍAS PÚBLICAS E DA NUMERACIÓN DE EDIFICIOS, por aplicación do
art.49 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, a non se ter presentado, no prazo de información
pública, ningunha reclamación ou suxestión respecto á aprobación inicial polo Pleno municipal en sesión do 25
de abril de 2016, procédese á súa publicación no B.O.P., segundo o disposto no art.70.2 da Lei citada.
O texto íntegro da Ordenanza foi publicado no Boletín Oficial de Provincia nº 143 do 24 de xuño de 2011.
A modificación afecta ao artigo 6º da Ordenanza, para incluír nun novo apartado 9 de dito artigo o criterio de
xénero como preferente na denominación das vías. Queda redactado así dito artigo 6º:
“Artigo 6º - RÉXIME DE DENOMINACIÓN DE VÍAS
O nome das Vías do Municipio debe adaptarse ás seguintes normas:
1. Toda vía deste termo municipal será designada por un nome aprobado polo Pleno do Concello ou polo
órgano en quen este delegue esa función.
2. O nome non poderá ir en contra da Lei nin dos bos costumes.
3. Con carácter xeral, deberá respectarse a denominación orixinaria, histórica e/ou tradicional da
nomenclatura das vías públicas.
4. Procurarase que os nomes das vías deberán ter un carácter homoxéneo, é dicir, as vías dunha mesma zona
deberán ter nomes similares.
5. Os nomes poden ser persoais. Así, pódese dedicar o nome dunha rúa a persoas en vida, aínda que se
considerará unha excepción á regra xeral, que consiste en dedicar os nomes das rúas a persoas falecidas.
6. Dentro dun Municipio non pode haber dúas vías urbanas co mesmo nome, salvo que se distingan polo tipo
de vía.
7. A aplicación de excepción mencionada no apartado anterior, xustificárase exclusivamente por criterios de
carácter histórico e/ou tradicional e deberá de evitarse nas futuras denominacións.
8. Non se poderán fraccionar vías que pola súa morfoloxía, deban ser de denominación única. En
consecuencia, procurarase que cada vía teña un só nome, podendo xustificarse a asignación de nomes distintos
cando:
a) Varíe o seu trazado en ángulo recto.
b) Estea atravesada por un accidente físico (río, terraplén, etc.).
c) Estea cortada por unha rúa máis ancha.
d) Estea cortadapor unha praza ou rotonda.
e) Non presente unha continuidade física e/ou lóxica.
9. Cando os nomes sexan persoais, procurarase que haxa paridade entre o xénero feminino e masculino.
Salvo excepcións debidamente xustificadas que valorará o Pleno, o criterio de xénero como elemento preferente
será de orde feminino a masculino.”
Monforte de Lemos, 15 de xuño de 2016.- O Alcalde, José Tomé Roca
R. 1857
3
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
OUROL
Anuncio
Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións e así dispoñelo o acordo plenario de data vinte e
tres de abril de dous mil dezaseis, de aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal, nº 7,
reguladora da taxa por subministración e distribución de auga, incluidos os dereitos de enganche, colocación e
utilización de contadores, cuxo texto íntegro faise público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do
disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publícase o
texto íntegro da devandita Ordenanza;
“ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE AUGA,
INCLUIDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES, COLOCACIÓN E
UTILIZACIÓN DE REGULADORES DE PRESIÓN.
Artigo 1º.- FUNDAMENTACIÓN E RÉXIME.
Este Concello, conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do
Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.t) do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o
Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece a taxa por distribución de auga, incluídos os
dereitos de enganche de liñas, colocación e utilización de contadores, que se regulará pola presente ordenanza,
redactada conforme ao disposto no artigo 16 do citado RDL 2/2004.
Artigo 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación polo Concello dos seguintes servizos:
.- Subministración de auga potable
.- Enganches á rede xeral de abastecemento de auga
.- Mantemento e reposición de contadores
Artigo 3º.- DEVENGO.
1.- A obriga de contribuir nace desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa solicitude
ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa autorización.
2.- O período impositivo será trimestral.
Artigo 4º.- SUXEITOS PASIVOS
1º.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as
entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos
servizos a que se refire esta ordenanza.
2º.- Terán a consideración de sustitutos do contribuínte os propietarios dos inmbles, que poderán repercutir,
no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
3º.- Estarán exentos do pagamento da taxa por subministración e distribución de auga, incluidos os dereitos
de enganche, colocación, utilización e pagamento de contadores, colocación e utilización de reguladores de
presión, os preceptores de pensións non contributivas, sempre que as mesmas constitúan o único ingreso da
unidade familiar.
Así mesmo estarán exentos os preceptores da renda de integración social de Galicia.
O dereito a esta exención requirirá a previa solicitude e a debida acreditación por parte do solicitante así
como a súa autorización polo órgano municipal competente.
Artigo 5º.- BASE IMPOÑIBLE.
A base impoñible do presente tributo estará constituída por:
Na subministración ou distribución de auga: Os metros cúbicos de auga consumida no inmoble donde estea
instalado o servizo.
Nas acometidas á rede xeral: O feito de conexión á rede xeral por cada inmoble individual.
Artigo 6º.- COTA TRIBUTARIA
A contía da taxa regulada nesta ordenanza, será a fixada nas seguintes tarifas:
A.- SUBMINISTRACIÓN DE AUGA
TARIFA SUBMINISTRACIÓN AUGA
IMPORTE TRIMESTRAL
Cota de mantemento
4
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
0,50 €
Consumo ata 40 m3
10,50 €
Consumo de 40 m3 ata 80 m3
0,30 €/m3
Consumo de 80 m3 en adiante
0,60 m3
A estas tarifas aplicaraselles a porcentaxe de IVE legalmente establecida.
A conta de mantemento será fixada para cada trimestre.
B.- ACOMETIDAS Á REDE XERAL DE AUGA.
Independentemente do tipo de clase de solo de que se trate, establécese unha cota por acometida á rede
xeral de abastecemento de auga potable de corenta e oito euros, (48,00 €), IVE incluido.
C.- CONTADORES E REGULADORES DE PRESIÓN.
Os solicitantes están obrigados ao pagamento do contador que se liquidará no momento de autorizar o
enganche á rede.
Os solicitantes están obrigados ao pagamento do regulador de presión que que se liquidará no momento de
autorizar o enganche á rede.
As avarías e reposicións serán por conta do usuario.
A solicitude para o enganche á rede deberá presentarse no rexistro municipal de entrada do concello de
Ourol.
Artigo 7º.- NORMAS DE XESTIÓN
1.- A débeda tributaria derivada da taxa polo subministro de auga liquidarase por padrón. A inclusión no
padrón. A inclusión no padrón realizarase de oficio, xa sexa como consecuencia da tramitación dunha solicitude
de alta ou actividade de inspección municipal.
2.- O período de liquidación, (trimestral), coincidirá con impositivo sinalado no artigo 3.2 desta ordenanza,
tendo as tarifas que se perciban durante o mesmo carácter irreductible.
3.- A recadación da taxa realizarase mediante recibo, o período voluntario de cobro fixarase en tres meses
desde a aprobación do correspondente padrón trimestral.
4.- O ingreso das cotas practicarase mediante domiciliación bancaria.
5.- O impago en periodo voluntario dos recibos orixinará automaticamente o inicio do período executivo.
6.- Nos casos en que por erro ou calquera outra causa o Concello facturara cantidades inferiores ou
superiores ás debidas poderá compensar a diferencia ben de xeito escalonado nos sucesivos recibos ou ben de
xeito único no recibo do trimestre seguinte ao que se detectou o erro.
Artigo 8º.- RESPONSABLES
Aos efectos de recoñecer aos responsables solidarios e subsidiarios da obriga tributaria, estarase ao disposto
no establecido na sección 3ª do Capítulo II do Título II da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 9º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas
correspondan en cada caso, estarase ao disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.
En todo caso, considerase defraudación a utilización do servizo sen a previa formalización da correspondente
autorización municipal ,a utilización da auga para fins distintos dos autorizados así como a manipulación polos
usuarios da rede municipal de auga.
A sanción que se fixa nestes supostos ascende a trescentos euros, (300,00 €).
DISPOSICIÓN FINAL
Esta modificación entrará en vigor o día un de xaneiro de dous mil dezaseis.”
Contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do
contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o
día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidad eco artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo,
da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
5
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Ourol, quince de xuño de dous mil dezaseis.- O alcalde, José Luis Pajón Camba
R. 1853
Anuncio
Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións e así dispoñelo o acordo plenario de data vinte e tres
de abril de dous mil dezaseis, de aprobación provisional da Ordenanza Xeral de subvencións, cuxo texto íntegro
faise público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985,
do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local;
ORDENANZA XERAL DE SUBVENCIÓNS
“TÍTULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS.
ARTIGO 1º.- OBXECTO.
A presente Ordenanza ditase ao abeiro da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Real
Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei 38/2003; da
Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro polo que se aproba o
Regulamento da Lei 9/2007.
Ten por obxecto regular o réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polo concello de Ourol, así
como o procedemento a seguir para a súa solicitude, concesión, xustificación e pagamento.
ARTIGO 2º.- CONCEPTO DE SUBVENCIÓN.
Enténdese por subvención, para os efectos desta Ordenanza, toda disposición diñeraria realizada polo
concello a favor de persoas públicas ou privadas que teñan a consideración de beneficiarios nos termos
establecidos nesta Ordenanza e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei 38/2003 e o artigo
2.1 da Lei 9/2007.
Deberá cumprir os seguintes requisitos:
Que responda a unha finalidade concreta ou a unha utilidade pública ou interese social.
Que as entregas se realicen sen contraprestación directa por parte dos beneficiarios.
Que exista obriga por parte do beneficiario de cumprir os requisitos que se tivesen establecido e, en
caso de incumprimento, de proceder ao seu reintegro.
ARTIGO 3º.- RÉXIME XURÍDICO DAS SUBVENCIÓNS.
O procedemento de concesión de subvencións para as actividades que se indican na presente Ordenanza,
deberá axustarse a esta norma, e no non previsto nela, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, á Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demáis normativa legal aplicable.
ARTIGO 4º.- PRINCIPIOS XERAIS.
a) O outorgamento das subvencións terá carácter voluntario e eventual, non será invocable como precedente
e non será esixible aumento ou revisión da subvención.
b) A concesión e xestión das subvencións suxeitarase aos principios de concorrencia, obxectividade,
igualdade, publicidade, e transparencia, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Corporación e
eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
c) Non se concederán subvencións para finalidades que o Concello poida cumprir por si mesmo con igual
eficacia e sen maior gasto que o representado pola subvención.
d) En ningun caso poderán outorgarse subvencións por contia superior á determinada na convocatoria e ao
crédito orzamentario existente.
e) As subvencións nominativas que figuren no orzamento municipal non supoñen que o beneficiario teña
dereito á súa percepción, unicamente vincula para os efectos do importe máximo da subvención que podería
outorgar o concello, previo acordo onde se especifiquen as condicións e contía da achega así como a súa
xustificación.
f) Con carácter excepcional, poderán concederse de forma directa as subvencións en que se acrediten razóns
de interese público, social, económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa
convocatoria pública. Estas subvencións terán executividade inmediata, dándose conta á Xunta de Goberno Local
na primeira sesión que se celebre.
6
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
ARTIGO 5º.SUBVENCIÓNS.
ÓRGANO
COMPETENTE
PARA
A
ORDENACIÓN,
B.O.P de Lugo
INSTRUCIÓN
E
CONCESIÓN
DE
Corresponderá ao alcalde-presidente a instrución e ordenación do procedemento de concesión de
subvencións.
A Xunta de Goberno Local é o órgano competente para a concesión de subvencións nos termos estabelecidos
nos acordos de delegación de competencias.
ARTIGO 6º.- BENEFICIARIOS.
Terán a consideración de beneficiarios todas aquelas persoas que realicen actividades dirixidas á satisfacción
dun interese xeral ou sectorial de carácter social, económico, cultural ou humanitario ou outros debidamentes
xustificados, que non se atopen incursos nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 13.2 e 3 da Lei
Xeral de subvencións e no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Poderán aceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou
privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen
animo de lucro que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades
que motivan a concesión da subvención.
ARTIGO 7º.- PUBLICIDADE DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS.
A publicidade das subvencións concedidas polo concello de Ourol realizarase no taboleiro de anuncios do
concello nos termos do artigo 18 da Lei Xeral de subvencións.
ARTIGO 8º.- CONTÍA DA SUBVENCIÓN.
O importe da subvención concedida poderá alcanzar o 100% do custo da actividade subvencionada, a contía
final estará en función do que se determine para cada convocatoria e do crédito orzamentario habilitado para a
satisfacción do interese xeral que se persegue coa súa concesión, procedéndose se fora necesario, a minorar
proporcionalmente os importes das subvencións ata axustarse ao crédito dispoñible.
O disfrute das subvencións que poida conceder o concello de Ourol é compatible con calquera outra
subvención, axuda, ingreso ou recurso que poida recibirse de calquera outra entidade pública ou privada,
sempre que a súa contía non supere o orzamento do proxecto ou actividade para o que se solicita.
TÍTULO II. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN E XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
ARTIGO 9º.- CONVOCATORIA.
A concesión das subvencións farase con carácter ordinario en réxime de concorrencia competitiva, e a súa
xestión axustarase ao establecido nos artigos seguintes.
A aprobación da convocatoria de concesión determinará a aprobación do gasto nos termos do R.D. lexislativo
2/2004, de 5 de marzo.
No anuncio da convocatoria que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da
Provincia, indicarase:
Obxecto e finalidade da subvención
Requisitos específicos que deben reunir os beneficiarios
Aplicación orzamentaria
Prazo de presentación de solicitudes
Modelo normalizado de solicitude
BOP de publicación da Ordenanza Xeral de subvencións do concello
ARTIGO 10º.- SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do concello dirixidas ao alcalde-presidente do concello
debendo utilizarse o modelo normalizado que se determine na convocatoria, puidendo presentarse en calquera
dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Xunto coas solicitudes, acompañarase a documentación seguinte:
DNI/CIF, do solicitante e, no seu caso, do seu representante.
Memoria xustificativa da necesidade da subvención.
Proxecto concreto para o que se solicita a subvención, que incluirá unha memoria descritiva e un
orzamento desagregrado de gastos e de ingresos para a súa execución.
Declaración responsable das subvencións solicitadas e recibidas de calquera entidade pública ou privada
para a mesma finalidade.
7
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións establecidas no art. 13.2 e 3 da Lei
38/2003, de 17 de novembro, e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, para obter a condición de
beneficiario que deberá ser outorgada ante o alcalde-presidente do Concello.
Certificación de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade
Social, así como a certificación de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración Pública da Comunidade Autónoma, Provincial nin Municipal. Estas certificacións non
poderán ter unha antigüidade superior a tres meses a contar desde a data da súa expedición. Esta
certificación poderá substituirse por unha declaración responsable outorgada ante o alcalde-presidente
do Concello, requirindose, neste caso, polo órgano instrutor a súa presentación con anterioridade á
proposta de resolución de concesión, no prazo de quince días.
Certificación dunha entidade bancaria dun número de conta no que se procederá ao ingreso da
subvención.
O procedemento de tramitación das solicitudes de concesión da subvención axustarase ó establecido na
Lei 30/1992, de 26 de novembro (LRXPAC).
ARTIGO 11. PRAZO.
O prazo para a presentación de solicitudes será o que se sinale en cada convocatoria, que non poderá ser en
ningún caso inferior a quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do anuncio de
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
ARTIGO 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN.
Para a resolución de concesión da subvención e determinación da súa contía teranse en conta os criterios
obxectivos seguintes, relacionados por orde de importancia:
Interexe xeral para o concello
Déficit de actividades análogas no concello
Porcentaxe de aportación propia do solicitante.
Axudas que reciben doutras entidades públicas ou privadas.
Beneficiarios que recibiron axudas no exercicio anterior con óptimo rendemento, estimado segundo o
seu grao de cumprimento e de xustificación.
ARTIGO 13. COMISIÓN DE VALORACIÓN.
A valoración das solicitudes presentadas, unha vez revisados os expedientes e formalmente completos,
realizarase por unha Comisión de Valoración, cuxa composición e funcións detallaranse nas normas específicas
de cada convocatoria.
Estará integrada como mínimo polo Sr. Alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue, un concelleiro e o
persoal municipal competente por razón da materia, actuando como secretario o da Corporación, que levantará
acta do actuado, onde recollerá o resultado da valoración efectuada e a proposta de concesión para os efectos
de elevala ao órgano competente para o seu outorgamento.
ARTIGO 14. PROPOSTA DE RESOLUCIÓN.
O órgano competente para resolver á vista do actuado e da proposta de concesión da Comisión de
Valoración formulará proposta de resolución provisional co límite fixado dentro do crédito dispoñible.
Cando a proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase
instar do beneficiario, a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención
outorgable.
A proposta de resolución provisional non creará dereito algún a favor do beneficiario fronte ao Concello,
mentres non se lle notifique a resolución de concesión.
ARTIGO 15. PRAZO DE RESOLUCIÓN, NOTIFICACIÓN E ACEPTACIÓN.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, o
cómputo realizarase a partir do día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de solicitudes de
concesión
da
subvención.
O vencemento do prazo máximo sen terse notificado a resolución lexítima aos interesados para entender
desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.
O beneficiario da subvención ven obrigado a comunicar a aceptación da subvención e das obrigas impostas
na resolución de concesión, no prazo de quince días a contar desde o seguinte ao da súa notificación.
Transcorrido este prazo sen que se comunique a aceptación, e de non xustificarse suficientemente a
concorrencia de circunstancias excepcionais que impediran facelo, ditarase resolución deixando sen efecto a
subvención concedida.
8
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
ARTIGO 16. MODIFICACIÓN.
A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a percepción de
calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso en concorrencia coa concedida polo Concello de Ourol que
supere o orzamento da actividade para o que foi outorgada, dará lugar á modificación da resolución de
concesión.
ARTIGO 17. XUSTIFICACIÓN
A xustificación da subvención realizarase no prazo de tres meses dende a data de finalización da actividade,
e en todo caso, antes do 15 de decembro do exercicio orzamentario correspondente.
Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación seguinte:
Memoria descriptiva da actividade realizada.
Conta xustificativa do gasto realizado, con desglose de cada un dos gastos realizados.
Facturas orixinais ou copia compulsada dos gastos realizados, o seu contido axustarase ao establecido
no R.D. 2401/1985, de 18 de decembro, así como orixinais ou copia compulsada de calquera outro
documento con validez xurídica no tráfico mercantil ou con eficacia administrativa que permita acreditar
o cumprimento da subvención concedida, que estarán datados no exercicio económico para o que se
concedeu a subvención.
As facturas e recibos de pagamento deberán reunir os seguintes requisitos:
.- Ser orixinais ou fotocopias debidamente compulsadas
.- O beneficiario deberá figurar obrigatoriamente como destinatario da factura
.- Ter referencia aos gastos xerados pola actividade obxecto da subvención
.- Deberán expresar con detalle a actividade, os bens ou servizos adquiridos
.- Cumprir cos requisitos esixidos polas leis e regulamentos que regulen as características da factura e o seu
contido. Numeración da empresa que emite a factura, nome ou denominación social, datos do expendedor e do
destinatario, NIF, descrición da operación e contratprestación total. Cando a operación estea suxeita e non
exenta de IVE, deberán consignarse na factura todos os datos necesarios para a determinación da base
impoñible, así como o tipo tributario e a cota tributaria repercutida. Cando a cota do IVE se repercuta dentro do
prezo, indicarase o tipo tributario aplicado, ou ben a expresión “ IVE incluido”, día de emisión, etc
.- Tickets de caixa rexistradora e nos que consten polo menos os seguintes datos: número, número de
identificación fiscal do expedidor, tipo impositivo aplicado ou a expresión IVE incluido, contraprestación total...
Declaración responsable do cumprimento da finalidade para a que se otorgou a subvención e aplicación
dos fondos á actividade subvencionada.
Declaración responsable das subvencións recibidas de calquera entidade pública ou privada para a
mesma finalidade.
Certificación de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade
Social, que non poderá ter unha antigüedade superior a tres meses a contar desde a data da súa
expedición. Tamén deberá acreditarse fidedignamente que non se teñen débedas coa Administración
autonómica, provincial ou local.
ARTIGO 18. PAGAMENTO
O pagamento da subvención realizarase previa xustificación polo beneficiario da realización da actividade,
proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento para o que se concedeu nos termos establecidos no acordo
de concesión da subvención.
Poderán realizarse pagos anticipados con carácter previo á xustificación da subvención, ata o 75% do seu
importe total, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á súa concesión,
que responderán ao ritmo de execución da acción subvencionada. O acordo de anticipo deberá adoptarse polo
mesmo órgano que outorgue a subvención, previa acreditación no expediente, de que non ten subvencións
concedidas nos exercicios anteriores pendentes de xustificar e que está ao corrente das obrigas tributarias co
concello.
ARTIGO 19. INCUMPRIMENTOS
O beneficiario ven obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas con carácter xeral no art. 14 da Lei
38/2003, de 17 de novembro (LXS) e artigo 11 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e as
que con carácter particular poidan impoñerse no acordo de concesión da subvención.
O incumprimento total ou parcial de estas obrigas constituirá causa que dará lugar á perda da subvención,
que levará consigo a obriga de devolver, no seu caso, as cantidades percibidas.
9
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
ARTIGO 20. REINTEGROS
Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora correspondente no caso
de incumprimento, así como nos supostos establecidos no art. 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro (LXS) e o
artigo 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seus concordantes desta ordenanza.
ARTIGO 21. CONTROL.
O beneficiario someterase ás actuacións de control que efectúe o Concello para o seguimento da subvención
aprobada, co fin de garantir o cumprimento das condicións impostas na resolución de concesión. Neste sentido
os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Concello no exercicio
das súas funcións de fiscalización e control do destino da subvención.
ARTIGO 22. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto no Título IV da Lei 38/2.003, de 17 de novembro
(LXS) e ao disposto no Título IV da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA:
A Xunta de Goberno Local en relación con cada convocatoria específica de subvención procederá a
desenvolver e concretar no marco do establecido nesta ordenanza os contidos seguintes: o importe global
máximo da subvención, porcentaxe a subvencionar, crédito orzamentario ao que se imputa a subvención,
requisitos específicos dos beneficiarios e forma de acreditación, prazo de presentación de solicitudes, así como
os concretos criterios de valoración.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA:
Quedan exceptuadas do procedemento de concorrencia as subvencións nominativas previstas no Orzamento
Municipal, e excepcionalmente, as que se conceden ás Comisións de festas para colaborar nos gastos de festas
dos núcleos e parroquias do concello, sen prexuízo dos condicionantes que se establezan na súa concesión.
Estas axudas outorgaranse directamente pola Xunta de Goberno Local, non sendo aboadas ata a aprobación por
este órgano dos documentos xustificativos dos gastos que se remitirán ao concello no prazo non superior a un
mes dende ditas celebracións.
DISPOSICIÓN FINAL: Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e
transcurrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
Ourol, dezanove de abril de dous mil dezaseis
O alcalde-presidente”
Contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do
contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o
día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidad eco artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo,
da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Ourol, quince de xuño de dous mil dezaseis.- O alcalde, José Luis Pajón Camba
R. 1854
PORTOMARÍN
Anuncio
Por un erro involuntario o periodo de contratación referente á selección de persoal laboral para ocupar con
carácter temporal, de unha (1) praza de Informador/a turístico para a atención e información ao peregrino no
Camiño Francés ao seu paso por Portomarín, en lugar de ser seis meses será de tres meses e quince días.
O Alcalde, Juan Carlos Serrano López
R. 1858
RIBADEO
Anuncio
Faise público que transcurrido o prazo de información pública de 30 días hábiles relativo a aprobación inicial
mediante acordo do Pleno do Concello en sesión ordinaria celebrada o 29 de marzo de 2016 da modificacion da
Ordenanza municipal medioambiental do Concello de Ribadeo e resoltas, por acordo plenario de data 30 de
maio de 2016 as alegacións formuladas, quedou aprobada a modificación de xeito definitivo, quedando
redatado, en consecuencia o texto do artigo 21 da referida Ordenanza do seguinte xeito:
10
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Artigo 21.
1.-Queda expresamente prohibido a entrada de cans en locais ou recintos de espectáculos públicos,
deportivos e culturais.
2.-Igualmente queda prohibída a circulación ou permanencia de cans nas praias de utilización xeral e
naquelas outras nas que adoite bañarse o público en épocas de Semana Santa e temporada de verán (de 15 de
maio a 15 de setembro), na piscina municipal, nos parques infantís, nos parques públicos e zonas de
esparexemento en xeral.
Respecto á utilización na Praia de As Catedrais estarase ao que se dispoña no Plan Especial de Protección da
praia de As Catedrais.
3.- Queda permitida a creación de espazos exclusivos de esparexemento, lecer e baño dos cans, nos lugares
que polas súas condicións e características o concello autorice a tal efecto, precisando para elo entre outros
requisitos que garantan o cumprimento das normativas e protocolos hixiénicos-sanitarias vixentes, e que pola
sua ubicación non sexan unha molestia ou perigo para os cidadáns do concello.
4.- Nos espazos habilitados polo concello como zonas exclusivas de esparexemento, lecer ou baño de cans
sinalizaranse axeitadamente ademáis de informar sobre as normas de funcionamento que rexirán nos mesmos
para garantir a seguridade e hixiene dos usuarios.
5.- Non se poderá alimentar aos animais na vía pública.
A presente modificación desta Ordenanza reguladora, conforme ao disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985,
entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP e unha vez transcurrido o prazo de quince días
a que fai referencia o artigo 65. 2 da mesma Lei.
O que se fai público para xeral coñecemento facendose constar igualmente que o presente acto pon fín á vía
administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de
xullo reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa poderá interpoñerse recurso ContenciosoAdministrativo ante a Sala do T.S.X.G. no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación.
Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente.
Ribadeo, 8 de xuño de 2016O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA
R. 1855
SARRIA
Anuncio
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO SLECTIVO PARA CUBRIR, CON CARÁCTER INTERINO,
UNHA PRAZA DE TECNICO DE XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN XERAL.
Por Decreto da Alcaldía de data 16 de xuño de 2016, prestouse aprobación ás bases e a convocatoria para
cubrir, con carácter interino, unha praza de Técnico de Xestión de Administración Xeral. O prazo de presentación
de instancias será de dez días hábiles, a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín
Oficial da Provincia de Lugo.
BASES ESPECÍFICAS
REGULADORAS DO ACCESO A UNHA PRAZA DE TECNICO DE XESTION DE
ADMINISTRACIÓN XERAL COMO FUNCIONARIO INTERINO, PARA LEVAR A CABO O PROGRAMA DE
CARACTER TEMPORAL DE “MELLORA NA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS” (art. 10.1.c) R.D.L. 5/2015), A
CUBRIR MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN
1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.O obxecto das presentes bases é a cobertura baixo o réxime de interinidade, en base o establecido no artígo
10.1.c) do Estatuto Básico do Empregado Público,
dunha praza de Técnico de Xestión da escala de
Administración Xeral, baseada a súa cobertura en razóns de urxencia e necesidade motivadas pola execución
dun programa de carácter temporal de “MELLORA NA XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS”, que se vai a levar a
cabo no Concello e no OOAA Residencia de Maiores “Nosa Sra. Do Carme”.
Este programa é un programa de carácter temporal que ten como obxectivo mellorar a eficiencia dos recursos
humanos do Concello de Sarria e para que o mesmo se adapte ó novo escenario lexislativo que permite ós
cidadáns relacionarse electrónicamente coas administracións públicas, así como unha mellor distribución dos
medios humanos existentes, e poñer en marcha unha relación de postos de traballo e os sistemas transversais
de relación entre os traballadores desta corporación e o propio Concello para cuxa execución o concello de
Sarria non dispón no seu cadro de persoal con efectivos para levalo a cabo, polo que se fai necesario, urxente e
inaprazable cubrir, de forma interina, a devandita praza. Praza ata agora non existente e polo tanto non é
estrutural.
11
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
2.-CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
Grupo. Grupo A, Subgrupo A2.
Clasificación:Escala de Administración Xeral, Subescala Xestion.
Adscripción: Secretaría Xeral.
Número de Prazas: Unha
3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO.
A persoa seleccionada estará adscrita a Secretaría Xeral, e exercerá as funcións propias da subescala para
levar a cabo a execución do programa de “Mellora na Xestións dos Recursos Humanos”, estando entre as súas
funcións o apoio a Secretaría Xeral nas seguintes tarefas:
- Posta en marcha e implantación dun plan de novas tecnoloxías na administración municipal,
especialmente no referente á relación dos traballadores deste Concello coa a súa administración.
- Posta en marcha na elaboración dun programa sobre a relación de Postos de Traballo básica.
- Implantación dun novo sistema de distribución dos complementos de produtividade e específico.
- Elaboración de procesos de integración do persoal da Residencia de Maiores ás novas tecnoloxías.
- Posta en marcha dun sistema de preparación e elaboración das nóminas baixo as novas esixencias da lei
39/2015 en colaboración cos servizos informáticos do Concello.
- Preparación e elaboración dun novo plan para os procesos relativos a seguros sociais: altas, baixas,
cotizacións.
As características que configuran o posto son as siguientes:
a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 22
b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE anual de 8.000,02 €
4. SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición .
5. RELACIÓN XURÍDICA.
O/a aspirante seleccionado/a vincularase ó Concello de Sarria como funcionario interino segundo o
establecido no artígo 10.1.c) do EBEP para a execución do programa temporal denominado “MELLORA NA
XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS”, cunha duración da interinidade de tres anos a contar dende a data de
toma de posesión, que poderá ser ampliada a doce meses máis de o xustificar a duración do programa.
6.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a)Xerais:Os establecidos con carácter xeral no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado
Público (Lei 5/2015, de 30 de outubro).
b) Específicos. Titulación académica: Titulo universitario de grao. Diplomado/a ou ter superados tres cursos
completos dunha licenciatura.
Todos os requisitos esixidos deben posuílos os/as aspirantes o día que remate o prazo para presentar as
solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario interino, no seu caso.
Para poder participar no proceso selectivo os aspirantes deberán ingresar na Tesourería do Concello ou na
conta bancacia ES4320800143363110000018 de Abanca a cantidade de 30,00 euros en concepto de taxa por
participar no proceso selectivo.
7.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
As persoas aspirantes presentarán solicitude no modelo recollido no anexo II destas bases, no que farán
constar que reúnen as condicións esixidas, dirixíndose a Alcaldía-Presidencia do Concello de Sarria.
As solicitudes presentaranse no Rexistro de Entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que
regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación do
anuncio da convocatoria e das propias bases no BOP, consonte ao sistema de selección de funcionarios
interinos previsto no artigo 10.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o
texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Estas bases, así como a correspondente convocatoria, publicaranse no BOP e na páxina web do Concello de
Sarria. O prazo de presentación de solicitudes, contarase desde a publicación das bases e do anuncio da
convocatoria no BOP. A propia publicación das bases ten efectos de anuncio da convocatoria.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a).- Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
12
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
b).- Fotocopia da documentación acreditativa da titulación esixida.
c).- Xustificante de ingreso da taxa por participar no proceso selectivo
d) Fotocopia, no seu caso, do documento xustificativo de estar en posisión do Celga 4, curso de
perfeccionamento de galego ou equivalente, homologado polo órgano compentente en materia de política
lingüística da Xunta de Galicia.
e) Documentos xutificativos dos méritos que se valoran na fase de concurso. A falta de acreditación dos
méritos determinará a imposibilidade de valoración dos mesmos.
Os/as aspirantes con minusvalías deberán facelo constar na solicitude, co fin de facer as adaptacións de
tempo e medios necesarios, para garantir a igualdade de oportunidades co resto dos aspirantes.
8.- ADMISION DE ASPIRANTES.
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de sete días
hábiles, que se publicará na páxina web do Concello de Sarria e no taboleiro de edictos, na que se determinará:
a) Declarar aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos; neste último caso precisaranse as causas
da exclusión.
b).- Sinar un prazo de cindo días hábiles para a emenda ou corrección das causas de exclusión, de existiren,
por parte dos solicitantes afectados.
c) Determina o día, hora e lugar en que se constituirá o tribunal cualificador e dará comezo as probas
selectivas.
d).- Efectuar nomeamento das persoas que integren o tribunal cualificador. O prazo para efectuar recusacións
dos membros do tribunal será de cinco días hábiles.
As alegacións presentadas en relacións coas causas de exclusión ou de recusación dalgún integrante do
tribunal, serán resoltas pola Alcaldía no prazo máximo de cinco días hábiles desde a finalización do prazo para
presentación das sinaladas alegacións ou trámite de recusación.
Transcurrido o devandito prazo sen que se dite resolución algunha, as alegacións entenderanse
desestimadas.
A resolución que se dite publicarase no taboleiro de edictos e na páxina web. Entre a publicación desta
resolución e o comezo do proceso selectivo deberá discorrer, como mínimo, tres días hábiles.
9.- REXIME DE INCOMPATIBILIDADES
A persoa que resulte nomeada estará sometida ao réxime de incompatibilidades que establece a Lei 53/1984,
do 26 de decembro, e outras incompatibilidades previstas na lexislación vixente.
10.-TRIBUNAL CUALIFICADOR
O Tribunal Cualificador estará constituído por:
Presidente, un funcionario da Administración Local.
Secretario, o da Corporación.
3 Vogais, que teñan a condición de funcionarios de calquera administración
Por cada membro do Tribunal nomearase un suplente. O nomeamento tanto de titulares como suiplentes
corrresponde á Alcaldía-Presidencia.
Os membros do tribunal deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal
se requira unha titulación de nivel igual ou superior á asixido para participar neste proceso selectivo.
Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de
imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.
O Secretario do tribunal so terá voz; o resto dos integrantes voz e voto.
O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden
oír a opinión de técnicos especialistas, así como de colaboradores en terefas de vixiancia e control de
desenvolvemento das diferentes probas.
En canto á abstención e recusación dos membros do tribunal aplicarase o réxime previsto nos artigos 28 e 29
da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
11.- SISTEMA DE SELECCIÓN
O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso
unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .
13
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
O proceso selectivo constará das seguintes fases e probas:
11.1.- FASE DE CONCURSO
A fase de concurso, que será previa á de oposición e non terá carácter eliminatorio. En ningún caso a
puntuación da fase de concurso poderá aplicarse para superar as probas da fase de oposición.
Os méritos dos aspirantes, valoraranse de acordo co baremo establecido no apartado seguinte.
A puntuación máxima que se poderá obter nesta fase de concurso será de 10 puntos.
- Baremo de méritos.A).- Experiencia profesional.Por cada mes completo de servicios efectivamente prestados en calquera Administración Pública en prazas
pertencentes ó grupo A, subgrupos A1 ou A2, da Escala de Administración Xeral, 0,10 puntos, o que equivale a
1,20 puntos por ano completo, e sen que o total poida exceder, en todo caso, de 5,00 puntos.
B).- Cursos.
Pola realización de cursos de formación impartidos en centros públicos oficiais, escolas administrativas
públicas ou universidades públicas, que se consideren relevantes para a praza que se opta ou que posúan
relación coas funcións a desenvolver, ata un máximo de 5,00 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:
a) Ata 14 horas de duración 0,10 puntos.
b)
De 15 a 24 horas de duración 0,20 puntos.
c)
De 25 a 39 horas de duración 0,40 puntos.
d)
De 40 a 59 horas de duración 0,60 puntos.
e)
De 60 a 79 horas de duración 0,80 puntos.
f)
De 80 a 100 horas de duración 1 punto.
g)
De 101 ou máis horas de duración 1,10 puntos.
- Acreditación dos méritos.Os méritos a que se fai referencia neste Baremo, deberanse posuír na data en que remate o prazo de
presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata dita data, sendo valorados só os que se
aleguen e xustifiquen documentalmente coa presentación da instancia.
A acreditación dos méritos por parte dos interesados no caso do apartado A).-Experiencia profesional,
realizarase exclusivamente mediante fotocopia do contrato laboral de traballo ou certificación da administración
correspondente, aportántose, ademáis, Informe de Vida Laboral.
A acreditacións dos cursos realizarase mediante fotocopia do título ou certificado de realización.
- Prazo de valoración e publicidade.A valoración dos méritos deberá rematar polo menos corenta e oito horas antes do primeiro exercicio da
oposición. A lista que conteña a valoración dos méritos da fase de concurso farase pública no Taboleiro de
Edictos da Casa do Concello, antes da realización do primeiro exercicio.
Tendo en conta que á fase de concurso lle corresponde unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total,
para ponderar equitativamente os méritos tomarase como referencia este máximo de puntos que os aspirantes
poidan acadar, ao cal se lle outorgarán tres puntos. Proporcionalmente se lle asignará a puntuación a cada
aspirante, aplicando a regra de tres simple e cun máximo de tres decimais sen redondeo.
11.2.- FASE DE OPOSICIÓN.
Consistirá na realización de catro probas de capacidade e aptitude, obrigatorias e eliminatorias; a cuarta
proba de galego, contén determinacións específicas.
Os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos aqueles que non comparezan, salvo
causa de forza maior debidamente e libremente apreciada polo tribunal.
Os aspirantes deberán acudir provistos do documento que acredite a súa personalidade.
Desde o remate dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un
máximo de 40 días. Non obstante por razóns de celeridade o tribunal poderá propoñer aos aspirantes que se
celebren nunha mesma xornada máis dunha proba.
A puntuación de cada unha delas farase calculando a media aritmética das puntuacións outorgadas por cada
un dos membros do tribunal.
As probas do proceso selectivos serán as seguintes:
14
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
PRIMEIRA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, dous temas elixidos ó chou
polo tribunal correspondente á Parte Primeira do ANEXO I. O tribunal, se o considera oportuno, poderá requerir
os opositores para que procedan a lectura dos temas desenvolvidos
SEGUNDA PROBA: De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Para determinar a orde de actuación dos aspirantes nesta proba, realizarase un sorteo antes do seu inicio.
Consistirá en contestar oralmente, nun período máximo de sesenta minutos, catro de seis temas extraídos o
chou polo opositor, correspondentes á Parte Segunda do ANEXO I
Rematada a exposición da totalidade dos temas, o tribunal poderá formular cantas preguntas considere
oportunas ós aspirantes sobre as materias obxecto da exposición e pedirlle calquera outra explicación
complementaria.
TERCEIRA PROBA: Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na resolución por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, de varios supostos teórico-practicos,
consistentes na redacción de varios informes e/ou supostos prácticos, elexidos por sorteo de entre os
propostos polo tribunal inmediatamente antes do comezo da proba, tendentes a acreditar os coñecementos dos
aspirantes en relación coas funcios propias da subescala de Técnico de Xestión.
Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán facer uso dos textos legáis dos que acudan
provistos á proba, que en ningún caso poderán estar comentados nin conter formularios, e poderán ser
revisados polos membros do tribunal.
O tribunal, no caso de que unha vez iniciada a proba, constatase que algún aspirante fai uso de textos legáis
comentados ou formularios, poderá excluílo do proceso selectivo.
CUARTA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en demostra-lo coñecemento do idioma galego. Comprenderá as probas que o tribunal determine,
podendo ser escritura, tradución directa ou inversa e conversación. O tempo máximo para a realización da
proba será dunha (1) hora.
Estarán exentos da realización desta proba os aspirantes que presenten xunto coa instancia para poder
participar no proceso selectivo, a acreditación de ter superado o Celga 4. A
mesma
validez terá a
presentación da certificación do curso de perfeccionamento de galego ou equivalente.
Cualificación das probas:
As tres primeiras probas puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña
cando menos 5 puntos en cada unha delas. A cuarta proba puntuarase coa cualificación de apto ou non apto,
quedando eliminado o aspirante que non a supere
Para ponderar a puntuación da fase de oposición en relación ao 70% da nota final que corresponda a esta
fase, aplicarase a regra de tres simple, tendo en conta que á nota máxima que se podería acadar na oposición,
que sería un dez, se lle outorgará sete puntos para a nota ponderada coa fase de concurso, de xeito que ambas
as puntuacións ponderadas, a do concurso e a da oposición, sumarán como máximo dez puntos,
correspondendo nesa puntuación unha porcentaxe máxima do 30% ao concurso e do 70% a da oposición.
12.- RELACIÓN DE APROBADOS
Rematadas as dúas fases anteriores, o tribunal publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello
de Sarria a relación de aprobados e formulará proposta de nomeamento a favor da persoa aspirante que obteña
a maior puntuación dos que superaran as catro probas da fase de oposición.
O tribunal elevará proposta, ademáis da acta da derradeira sesión, á Alcaldía-Presidencia para que proceda á
resolución do expediente de selección e o nomeamento como persoal funcionario interino.
O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de
aspirantes ao da praza convocada.
Os aspirantes que superasen algunha das probas e non consigan a praza, pasarán a formar parte dunha bolsa
de traballo, de tal maneira que, se o Concello precisa dun funcionario Técnico de Xestión de Administración
Xeral para substituir a persoa que desempeñe este posto, acudirá a dita bolsa seleccionando o primeiro (o que
houbera superado máis probas e dentro destes o que mellor puntuación obtivera en conxunto) deles e soamente
poderá seleccionar ao seguinte cando aquel rexeitara o posto, o que suporá pasar ó final da lista, salvo que se
dea a circunstancia de estar de baixa por incapacidade laboral, o que deberá xustificarse aportando a
documentación necesaria.
13.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
O/a aspirante proposto/a achegará ante a Administración, dentro do prazo de tres días hábiles, desde que se
publique a lista de aprobados, os seguintes documentos:
15
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
- Fotocopia compulsada do documento acreditativo da súa personalidade.
- Fotocopia compulsada do título académico esixido para o ingreso.
-Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que o/a inhabilite
para o desenvolvemento das funcións propias da praza.
- Fotocopia compulsada dos documentos xustificativos dos méritos aportados para a fase de concurso
- Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo das
administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade
determinadas na lexislación vixente.
Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non se presentase a documentación ou da
mesma fose deducido que carece dalgún dos requisitos esixidos, non ponderá ser nomeado funcionario interino,
quedando sen efecto todas as súas actuacións, sen prexuizo das responsabilidades en que puidese incorrer por
falsedade na súa solicitude de participación.
A Alcaldía-Presidencia nomeará funcionario/a interino/a á persoa proposta no prazo de tres días hábiles, a
contar desde a presentación da documentación esixida polo aspirante proposto.
Unha vez nomeado/a funcionario/ interirno/a, deberá tomar posesión no prazo de tres días hábiles.
14.- INCIDENCIAS
As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992,
de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo
Común.
Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer
potestativamente polos interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, ou ben
directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xultado do ContenciosoAdministrativo.
En ambos casos, os prazos computaranse a partir do día seguinte ao de publicación do auncio de
convocatoria e bases no Boletín Oficial da provincia.
No que non se atope previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases
de Réxime Local, a Lei 2/2015, de 19 de abril, do emprego público de Galicia, o Real Decreto Lexislativo
5/2015, de 30 de outubro , polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado
Púbico, Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Real Decreto 898/1991, de 7 de xuño,
polo que se establecen as regras báseis e os programas mínimos a que debe axustar o procedemento de
selección dos funcionarios de Administración Local, e demáis disposición que lle sexan de aplicación.
ANEXO I
TEMARIO.
Parte Primeira.
TEMA 1.- A Constitución española de 1978. Estrutura. Características xerais. Principios que informan a
Constitución española de 1978. O Título preliminar da Constitución. Os dereitos fundamentais e as liberdades
públicas.
TEMA 2.- Os principios reitores da política social e económica. A economía e a facenda na Constitución. O
tribunal de contas.
TEMA 3.- As fontes do dereito administrativo. Os tratados internacionais como norma de dereito interno. As
relacións entre o ordenamiento estatal e o autonómico.
TEMA 4.-A Lei. Elaboración e aprobación das leis. Tipos de leis na Constitución. Disposicións do goberno con
forza de Lei. O regulamento. A potestade regulamentaria. Distinción de figuras afíns. As relacións entre a Lei e o
Regulamento. Inderrogabilidade singular dos Regulamentos.
TEMA 5.- A administración local na Constitución de 1978. Especial análise do principio da autonomía local.
Fontes do ordenamiento xurídico local. Lexislación estatal e autonomica sobre réxime local. A potestade
regulamentaria das entidades locais. Órganos titulares. As ordenanzas e regulamentos. Elaboración e aprobación
das ordenanzas e reglamentos. A publicación das normas locais. Os bandos.
TEMA 6.- O Municipio. Concepto e elementos. A poboación municipal. O empadroamento: o padrón municipal
de habitantes. Os dereitos dos veciños. Os dereitos dos estranxeiros. A participación veciñal.
TEMA 7.- O térmo municipal. Creación e supresión de municipios. Alteración de térmos municipais.
TEMA 8.- A organización municipal. Principios fundamentais. Municipios de gran poboación e municipios de
réxime común. Municipios de gran poboación: O alcalde. Competencias. Forma de elección e cese. Os tenentes
16
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
de alcalde. A xunta de goberno local: composicion e atribuciones. O Concello pleno. Composición e
competencias.
TEMA 9.- As comisións Informativas.Os grupos políticos municipais. A participacion veciñal na xestión
municipal. Outros rexímenes especiais.
TEMA 10.- Estruturas supramunicipais. A comarca. As mancomunidades. As áreas metropolitanas. Os
consorcios locais.
TEMA 11.- Réxime de sesións e acordos das corporacións locais. Normas reguladoras. As sesións; as súas
clases; requisitos e procedementos de constitución e celebración. Os acordos das corporacións locais.
TEMA 12.- Sistema de votación e computo de maiorías actas e certificacións. Informes do secretario e do
interventor. As resolucións do presidente da corporación. Moción de censura e cuestión de confianza.
TEMA 13.-A Unión Europea. A comisión. O consello. A asemblea ou parlamento europeo. O tribunal de
xustiza.
TEMA14.- As fontes do dereito comunitario.
TEMA 15.- A política rexional da Unión Europea. Os fondos estructurais. A cohesión económica e social.
TEMA 16.- A administración do Estado. A estrutura. Órganos consultivos. A administración periférica.
Relacións entre a administración central, autonómica e local.
TEMA 17.- A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. Os Estatutos de
Autonomía. Réxime de competencias. Relación entre o Estado e as comunidades autónomas.
TEMA 18.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. A Xunta de Galicia.
TEMA 19.- O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos. Requisitos: motivación e forma. Eficacia dos
actos administrativos. Executividade.
TEMA 20.-A notificación dos actos. A publicación de disposicións xerais e actos administrativos. Demora e
retroactividade da eficacia.
TEMA 21.- A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade e anulabilidade. O principio de
conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia administración: supostos. A
revogación dos actos. A rectificación dos erros materiais ou de feito.
TEMA22.-O procedemento administrativo. Concepto, fins e clases. Disposiciones xerais sobre os
procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Clases de interesados no
procedemento. Dereitos dos cidadáns.
TEMA 23.- Inicio do procedemento administrativo: clases, emenda e mellora das solicitudes. Presentación de
solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Términos e prazos: cómputo, ampliación e
tramitación de urxencia.
TEMA24,-O Procedemento administrativo. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, probas e
informe.
TEMA 25.- Finalización do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principio de
congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa:
o réxime do silencio administrativo. O desistimiento e a renuncia. A caducidade.
TEMA 26. Os recursos administrativos. Principios xerais. Actos susceptibles de recursos administrativos.
Clases de recursos administrativos. Tramitación. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos:
conciliación, mediación e arbitraxe. A suspensión da execución do acto recorrido. As reclamacións previas ao
exercicio das accións civís e laborais.
TEMA 27.- A potestade sancionadora: concepto e significado. O dereito sancionador. Principios do exercicio
da potestade sancionadora. As sancións administrativas: concepto, natureza e clases. O procedemento
sancionador.
TEMA 28.- A xurisdicción contencioso-administrativa. A súa natureza, extensión e límites. Órganos e
competencias na orde xurisdiccional contenciosa-administrativa.
Parte Segunda
TEMA 29. Texto Refuncido da Lei de contratos do sector público: Título preliminar: Disposicións xerais.
Obxecto e ámbito de aplicación da lei.
TEMA30,-Contratos do sector público.Delimitación dos tipos contractuais. Negocios e contratos excluídos.
TEMA 31.- Configuración xeral da contratación do sector público e elementos estructurais dos contratos.
Disposicións xerais sobre a contratación do sector público. Partes no contrato. Órgano de contratación.
Capacidade e solvencia do empresario. Acreditación da aptitude para contratar.
17
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
TEMA 32.- Obxecto, prezo e contía do contrato. Normas xerais. Revisión de prezos nos contratos das
administracións públicas. Garantías esixibles na contratación do sector público.
TEMA 33,-Preparación dos contratos: Preparación de contratos polas administracións públicas. Expedientes
de contratación. Prego de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas.
TEMA 34.-Normas especiais para a preparación de determinados contratos. Actuacións preparatorias do
contrato de obras. Actuacións preparatorias do contrato de xestión de servizos públicos.
TEMA 35.-Tipos de contratos do sector público: Normas especiais para contratos de obras, concesión de obra
pública, xestión de servizos públicos, subministracións, servizos e de colaboración entre o sector público e o
sector privado.
TEMA 36.- A responsabilidade da administración pública. Orzamentos. Efectividade da reparación. Os
procedementos de responsabilidade patrimonial. A concesión e a reserva demanial. O patrimonio privado das
administraciones públicas.
TEMA 37.- A Lei xeral presupuestaria. Estrutura e principios xerais. Dereitos e obrigas da facenda pública.
TEMA 38.- A Lei 58/2003 de 17 de decembro, xeral tributaria. Disposicións xerais do ordenamento tributario.
Os tributos. A aplicación dos tributos: xestión de tributos. Actuación e procedemento de inspección. Actuación e
procedemento de recadación. A potestade sancionadora. Revisión en vía administrativa.
TEMA 39.-. Os recursos contra os actos das entidades locais. A revogación e a revisión de oficio. As
reclamaciones previas á vida xudicial ordinaria. A revisión dos actos administrativos pola xurisdicción
contencioso-administrativa.
TEMA 40.- A función pública local. Normativa básica estatal e lexislación autonómica. O acceso á función
pública: principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de funcionario público.
O réxime de provisión de postos de traballo. A carreira administrativa.
TEMA 41.- Os instrumentos de organización do persoal: a oferta de emprego, os plans de emprego, o rexistro
de persoal, a plantilla, o catálogo e a relación de postos de traballo.
TEMA 42,- Dereitos e deberes dos funcionarios locais. O código de conduta dos empregados públicos. O
réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario dos funcionarios locais: responsabilidade civil, penal e
patrimonial do persoal ao servizo da administración local. As situaciones administrativas dos funcionarios locais.
TEMA 43.- Réxime aplicable ó Corpo da policía local. Ingreso, promoción interna, mobilidade e formación da
policía local de Galicia. Segunda actividade. Réxime disciplinario dos membros da policía local
TEMA 44.- A lexislación laboral. O Contrato de traballo. Concepto, clases e modalidades, modificación,
suspensión e extinción da relación laboral. Dereitos e deberes de traballadores e empregados.
TEMA 45.- Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito.
Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e
servizos comúns.
TEMA 46.- A acción protectora. As continxencias
protexidas:
cadro
xeral. Prestacións.
TEMA 47.- Bases de contización: Concepto e composición. Determinación das bases de cotización.
TEMA 48.- Documentos de cotización. Compensacións e deduccións. Reintegros de prestacións indebidas.
TEMA 49.- Nóminas: Estructura e normas de confección. Altas e baixas. Percepcións non salariais. Retencións
e ingresos a conta do IRPF. Cálculo da porcentaxe de retención. Regularización do tipo de retención.
TEMA 50.- Situacións de incapacidade para o traballo: Incapacidade temporal. Maternidade e paternidade.
Riscos durante o embarazo e a lactancia. Coidado de menores. Incapacidade permanente.
TEMA 51.-Dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional. O dereito de folga. Os
convenios colectivos. A adopción de medidas de conflicto colectivo.
TEMA 52.- Marco normativo específico de prevención de riscos laborais. A Lei de prevención de riscos
laborais: ambito de aplicación. Dereitos e obrigacións. Órganos de representación en materia preventiva:
Delegados de prevención e comité de seguridad e saúde.
TEMA 53.- Competencias urbanísticas do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais. Réxime
urbanístico do chan. Clasificación e réxime das distintas clases de chan. Dereitos e deberes dos propietarios.
TEMA 54.- Planeamento urbanístico. Clases de instrumentos de ordenación. Disposicións Xerais. O plan xeral
municipal. Obxecto, determinacións e documentación.
TEMA 55- A Lei de subvencións de Galiza.Obxecto e ámbito de aplicación. Principios Xerais.Requisitos para o
outorgamento de subvencións. Os beneficiarios.
TEMA 56.- As facendas Locais: Principios constitucionais. Lexislación aplicable. Imposición e ordenación de
tributos locais. As ordenanzas fiscais: contido e procedimento de elaboración.
18
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
TEMA 57.- Recursos das facendas locais. Taxas. Prezos públicos. As contribucións especiais. Réxime xurídico.
TEMA 58.-O Imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre actividades económicas. Evolución e situación
actual.O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
TEMA 59.-O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento do valor dos
terreos de natureza urbana.
TEMA 60.- O orzamento das entidades locais. Estrutura. Principios orzamentarios. Formación e aprobación do
orzamento. As bases de execución. Prórroga do orzamento.
19
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
ANEXO II
MODELO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR, CON CARÁCTER
INTERINO, UNHA PRAZA DE TECNICO DE XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN XERAL, MEDIANTE O SISTEMA DE
CONCURSO-OPOSICIÓN.
I.- DATOS DA PRAZA:
DENOMINACIÓN:
DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP:
II.- DATOS PERSOAIS
PRIMEIRO APELIDO
SEGUNDO APELIDO
NOME
DNI
TELÉFONO PARTICULAR
TELÉFONO MÓBIL
MUNICIPIO E PROVINCIA
CÓDIGO POSTAL
DOMICILIO
ÓS
NOTIFICACIÓNS
EFECTOS
DE
EXPOÑO:
1º.- Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria.
2º.- En cumprimento do establecido na Base 7 aporta a seguite documentación:
a).- Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
b).- Fotocopia da documentación acreditativa da titulación esixida.
c).- Xustificante de ingreso da taxa por participar no proceso selectivo
d) Fotocopia, no seu caso, do documento xustificativo de estar en posisión do Celga 4, curso de
perfeccionamento de galego ou equivalente, homologado polo órgano compentente en materia de política
lingüística da Xunta de Galicia.
e) Documentos xutificativos dos méritos que se valoran na fase de concurso.
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
2º.- Que me comprometo no caso de obter a praza, e dentro do prazo sinalado nas bases da convocatoria, a
presentar os documentos relacionados nas mesmas e a tomar posesión da praza, previo xuramento ou promesa
nos termos legalmente establecidos, así como cumprir os demais requisitos esixidos nas bases da convocatoria,
en particular os que sinala a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das
Administracións Públicas.
SOLICITO:
Ser admitido á convocatoria citada, a fin de participar nas probas de selección correspondentes.
Sarria, a ..… de ………………… de …………
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE SARRIA
20
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Sarria, 16 de xuño de 2016.- A Alcaldesa,
R. 1859
O SAVIÑAO
Anuncio
Aprobado inicialmente o expediente de cesión gratuíta da parcela con referencia catastral
1712001PH11111S0001SI a favor dá Consellería de Sanidade, por Acordo do Pleno con data 16 de xuño de
2016, de conformidade cos artigos artigo 110.1.f) do Real Decreto 1372/1986, de 26 de novembro, do
Regulamento de Bens das Entidades Locais, e do artigo 86 da lei 30/1992, de 26 de novembro, sométese a
información pública polo prazo de vinte ( 20) días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente
anuncio neste Boletín Oficial da Provincia.
Durante dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se
formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
En O Saviñao, a 17 de xuño de 2016.- O Alcalde, Joaquín González Glez.
R. 1860
SOBER
Anuncio
Por Resolución de Alcaldía de data de 14/06/2016, acordouse abrir un novo prazo para a presentación de
solicitudes, de axudas para obras de rehabilitación de vivendas, ata o 15 de xullo do presente ano 2016, e de
acordo coas bases publicadas no BOP da provincia de Lugo nº 35, de data de 17 de febreiro de 2016, de
concesión de subvencións da área de rehabilitación integral (ARI), municipio rural de Sober (Lugo), 2ª Fase.
En Sober, a 14 de xuño de 2016.- O ALCALDE, Luis Fernández Guitián
R. 1861
VILALBA
Anuncio
Polo que se publican as BASES PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A
ENTIDADES PÚBLICAS OU PRIVADAS PARA FOMENTAR UNHA ACTIVIDADE OU INTERESE MUNICIPAL, ANO
2016, aprobadas na Xunta de Goberno Local de 14 xuño de 2016.
Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o
Concello de Vilalba, convócanse as presentes axudas para o período comprendido entre o 1 de xaneiro ó 31 de
decembro de 2016.
1. Disposicións xerais.
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións
municipais do Concello de Vilalba, para a prestación de servizos ou a realización de actividades que
complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ó fomento dos
intereses peculiares do municipio.
Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento de subvención son os seguintes:
publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia, eficiencia,
voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.
A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia
competitiva, tal e como se define no Título III “Subvencións municipais” das bases de Execución do Orzamento
Xeral do Concello de Vilalba para o ano 2016.
2. Finalidade e obxecto.
O Concello de Vilalba quere dar apoio ás entidades sen ánimo de lucro e contribuír para que acaden os
obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación,
promovendo desde xeito a democratización da sociedade.
21
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Por este motivo, o Concello de Vilalba publica esta convocatoria pública de subvencións destinadas a
entidades asociativas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións deste concello.
O gasto derivado das subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado imputarase ás
Partidas 2310-48911, 2312-48911, 320-48911, 327-48911, 334-48911 e 341-48911 do orzamento Xeral do
Concello de Vilalba para o ano 2016, e quedará limitado polo crédito existente no nivel de vinculación xurídica.
O crédito orzamentario destinado a subvencionar actividades reguladas nestas bases ascende a un total de
35.400 €.
3. Réxime xurídico.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Real D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas
locais.
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo
que se aproba o seu regulamento.
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que
se aproba o seu regulamento.
4. Requisitos das entidades solicitantes.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nas presentes bases as entidades que cumpran os
seguintes requisitos:
Estar legalmente constituídas e carecer de fins de lucro.
Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Vilalba.
Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Vilalba, salvo que se lle
concedese excepcionalmente prórroga ou ben tivese desistido de forma motivada e por escrito.
Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias co Concello de Vilalba, coa Administración Estatal, coa
Administración Autonómica e coa Seguridade Social.
Non estar incursa en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas
artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
no
5. Procedemento de solicitude.
5.1 Documentación.
A documentación que se deberá presentar é a seguinte:
Solicitude, segundo o modelo normalizado que se facilitará no Concello de Vilalba, asinado polo/a
presidente/a da entidade ou por quen teña conferida a delegación (ANEXO 1).
Memoria descritiva dun Plan de Actividades debendo realizar, cando menos, unha delas (ANEXO 2).
Este plan presentará os seguintes puntos:
Descrición das actividades incluídas no Plan.
Obxectivos a acadar en cada unha das actividades.
Antigüidade de cada unha das actividades (no caso de que algunha se leve realizando dende tempo
atrás).
Lugar e data de realización de cada actividade.
Número de persoas participantes en cada actividade.
Equipamento necesario para a realización das actividades.
Persoal que se require para levar a cabo cada actividade.
Orzamento de ingresos e gastos de cada actividade (financiación con fondos propios ou doutros
organismos públicos ou privados).
Certificación do/a Secretario/a da entidade en relación á actuación do/a representante legal, segundo
modelo que figura como ANEXO 3.
22
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Declaración responsable de cumprir os requisitos específicos da presente convocatoria, segundo modelo
que figura como ANEXO 3.
Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas que determina o artigo 13.2 da
Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións autorizando expresamente ó Concello de Vilalba para a
comprobación da situación da entidade solicitante respecto das obrigas tributarias e coa Seguridade Social
segundo modelo que figura como ANEXO 3.
Certificación dos datos bancarios da entidade solicitante, segundo modelo que figura como ANEXO 4.
Declaración de se lles foi concedida algunha outra subvención para a mesma actividade, procedente de
calquera administración ou ente público ou privado, obrigándose a comunicar aquelas concedidas con data
posterior á presentación da solicitude, segundo modelo que figura como ANEXO 5.
Só poderá presentarse unha solicitude de subvención por entidade e no caso de que fosen apreciados
defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días
hábiles, arquivándose o expediente sen máis trámites de non efectuarse a mesma.
5.2 Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
As solicitudes presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba, en horario de 9:00 horas a 14:00
horas de luns a venres.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación das
presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
6. Obrigas das entidades beneficiarias.
As entidades beneficiarias das subvencións terán que aterse ás seguintes obrigas:
a) Cumprir o obxectivo, realizando cando menos, unha das actividades recollidas no Plan de Actividades
presentado na solicitude ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda de acordo coa
memoria presentada. A subvención deberá ser destinada exclusivamente ós fins para os que foi concedida,
quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.
b) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control
competentes, aportando, para iso, canta información lles sexa requirida.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da
execución da actividade. Para iso, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar de forma visible un
cartel informativo no cal apareza o anagrama do Concello de Vilalba acompañado da expresión: “Colaborou o
Excmo. Concello de Vilalba”. Dito anagrama e expresión tamén deberán figurar en toda a documentación
(impresa e/ou dixital) que anuncie a actividade subvencionada.
d)
Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada.
e)
Xustificar o gasto realizado de acordo co previsto nas presentes bases.
f)
As entidades informarán, con suficiente antelación, ó servizo municipal correspondente sobre as
actividades que vaian a levar a cabo, sempre que utilicen instalacións municipais (ANEXO 6).
7. Resolución das subvencións.
7.1 Comisión de Valoración.
A Comisión de Valoración estará composta polos seguintes membros:
a)
Presidente: Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
b)
Vogais: dous/dúas concelleiros/as e tres traballadores/as municipais nomeados polo Alcalde.
c)
Actuará como secretario/a, sen voto, a secretaria da corporación ou persoa en quen delegue.
A Comisión de Valoración poderá solicitar a axuda que estime oportuna dos servizos municipais para a
valoración das peticións de subvencións.
7.2 Criterios de valoración.
Cada entidade solicitante poderá obter ata 100 puntos como máximo que serán outorgados pola Comisión
de Valoración ponderando os seguintes criterios:
7.2.1 Asociacións culturais:
a) Adecuación do Plan de Actividades ó interese municipal e participación e colaboración en
actividades/eventos organizados polo Concello de Vilalba (festas patronais, festas de Nadal, Feira do Queixo de
San Simón, Feira do Capón, Entroido...). Ata 40 puntos.
b)
Actividades realizadas na zona rural. Ata 15 puntos.
23
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
c)
Actividades de fomento da cultura galega. Ata 15 puntos.
d)
Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.2 Asociacións educativas:
a) Adecuación do Plan de Actividades á realización de actividades extraescolares de carácter
educativo/cultural que faciliten a conciliación. Ata 30 puntos.
b) Actividades realizadas na zona rural. Ata 15 puntos.
c) Actividades de fomento da convivencia e a igualdade de xénero. Ata 25 puntos.
d) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.3 Asociacións ou clubs deportivos:
a)
Adecuación do Plan de Actividades ó interese municipal e participación e colaboración en
actividades/eventos deportivos organizados polo Concello de Vilalba (festas patronais, festas de
Nadal...). Ata 40 puntos.
b)
Ámbito xeográfico no que se levarán a cabo as competicións subvencionadas. Ata 10 puntos.
Local (5 puntos)
Comarcal (2 puntos)
Provincial (1 punto)
Autonómico (1 punto)
Nacional (1 punto)
c) Volume total de participación en dito evento (rexistro de inscricións). Ata 20 puntos.
d) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.4 Asociacións de mulleres:
a) Adecuación do Plan de Actividades ó interese municipal e participación e colaboración en
actividades/eventos organizados polo Concello de Vilalba (conmemoración do Día Internacional da
Muller e do Día Internacional contra a violencia de xénero, etc). Ata 40 puntos.
b) Actividades que contribúan á visibilización e resolución no ámbito municipal das problemáticas
existentes no eido da muller. Ata 15 puntos.
c) Actividades realizadas na zona rural. Ata 15 puntos.
d) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.5 Asociacións veciñais:
a) Adecuación do Plan de Actividades ao impulso de actividades veciñais (cursos, xuntanzas,
celebracións...). Ata 40 puntos.
b) Número de persoas beneficiarias participantes nas actividades. Ata 30 puntos.
c) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.6 Asociacións que traballen con colectivos específicos:
a) Adecuación do Plan de Actividades ós programas de servizos sociais municipais. Ata 40 puntos.
b) Fomento da integración de persoas con discapacidade e atención a persoas en risco de exclusión social.
Ata 15 puntos.
c) Actividades dirixidas a menores de idade. Ata 15 puntos.
d) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
7.2.7 Outras Asociacións:
a) Adecuación do Plan de Actividades ó interese municipal e participación e colaboración en
actividades/eventos organizados polo Concello de Vilalba (festas patronais, festas de Nadal, Feira do
Queixo de San Simón, Feira do Capón, Entroido...). Ata 40 puntos.
b) Actividades realizadas na zona rural. Ata 15 puntos.
c) Número de persoas beneficiarias participantes nas actividades. Ata 15 puntos.
d) Esforzo económico da asociación e/ou usuarios/as para a realización das actividades. Ata 30 puntos.
24
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
7.3 Proposta e concesión de subvencións.
A Comisión de Valoración procederá á proposta de concesión de subvencións, segundo os criterios previstos
nas presentes bases. Para iso, a comisión establecerá, para cada unha das categorías de subvención e de acordo
coa puntuación obtida por cada solicitante, unha orde de puntuación. Deste xeito, a citada proposta terá
carácter proporcional coa puntuación obtida nas mesmas, de modo que, a maior puntuación maior será a contía
da subvención. Dita contía non superará os 600 € por entidade.
A proposta de concesión de subvencións deberá conter a relación de entidades solicitantes para as que se
propón a subvención, a súa contía e os criterios de valoración que dean lugar á mesma. Posteriormente, dita
proposta pasará á Intervención Municipal para que realice a fiscalización desta.
A partir da proposta da Comisión de Valoración informada pola Intervención Municipal, a Xunta de Goberno
Local concederá as subvencións mediante acordo no que se especifique a relación de entidades solicitantes ás
que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes. O prazo máximo para resolver será
de tres meses contado a partir da finalización do prazo de solicitude das subvencións.
7.4 Notificación e publicidade da concesión.
O outorgamento das subvencións notificarase ás entidades interesadas de forma fidedigna e de acordo co
establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992. A resolución da concesión farase pública mediante exposición
no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo dun mes e a inclusión no Boletín Oficial da Provincia de
Lugo.
Contra o rexeitamento expreso ou presunto das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que
procedan.
7.5 Reformulación de solicitudes.
Unha vez notificada a resolución de concesión, a reformulación de solicitudes a que se refire o artigo 27 da
Lei Xeral de Subvencións e o artigo 61 do seu regulamento de desenvolvemento, será automática, de tal modo
que se o importe da subvención outorgada é inferior ó solicitado polo beneficiario, o presuposto subvencionado
que debe ser obxecto de xustificación posterior reducirase proporcionalmente.
8. Xustificación e pagamento.
8.1 Pagamento.
A xustificación da subvención será do importe concedido, baixo a responsabilidade da persoa declarante.
Deste xeito, as subvencións aboaranse do seguinte xeito: o 80% no momento da concesión e o 20% restante logo
da xustificación dos gastos. (Con reserva de garantía)
Para o cobro da subvención as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais co Concello de
Vilalba, situación que este determinará de oficio a través do Servizo Municipal de Recadación. Así mesmo, as
entidades deberán acreditar que están ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. As
certificacións acreditativas desta situación poderán ser solicitadas polo Concello de Vilalba no caso de ter
autorización outorgada pola entidade.
8.2 Prazo de xustificación.
O prazo para a presentación da documentación xustificativa da subvención finaliza o 16 de xaneiro de 2017.
8.3 Consideracións xerais.
a) Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos aprobados no presuposto inicial e, con carácter
xeral, non se admitirán como xustificantes facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto
considerado lesivo para a saúde.
b) No caso de ter outras subvencións ou ingresos propios para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa
subvención do Concello de Vilalba, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o
presuposto subvencionado a xustificar será a suma das subvencións e ingresos.
c) Considerase gasto realizado aquel que foi efectivamente pagado con anterioridade ó remate do período
de xustificación determinado pola normativa reguladora da subvención.
d) O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia
con subvencións ou axudas doutras Administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da
actividade que desenvolverá a entidade beneficiaria.
e) Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a
obtención concorrente de subvencións doutras administración públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar
á modificación da resolución da concesión.
f)
As entidades beneficiarias da subvención deben utilizar, formas de pago a terceiros que poidan ser
acreditadas mediante documento expedido por unha entidade financeira (transferencia bancaria, tarxetas de
débito ou crédito cheque ou talón nominativo, etc.) no que quede identificado o beneficiario. Excepcionalmente
25
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
poderase realizar o pagamento en metálico para gastos de ata 300€ nos que non resulte posible a utilización
dun dos medios anteriormente indicados.
g) O beneficiario deberá someterse ós procedementos de control ou auditoría que se realicen pola
Intervención Municipal e os Servizos Municipais correspondentes polos seus propios medios ou a través de
empresas colaboradoras, e tamén, na condición de contratante, ó procedementos de control que poida realizar o
Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo,
nacional ou europeo. E como resultado dos ditos procedementos, poderá esixirse responsabilidade
administrativa, consonte ó previsto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e, de ser o caso, responsabilidade
penal de conformidade co Código Penal.
h) Non poden ser obxecto de subvención aquelas actividades suxeitas a un Convenio de Colaboración do
Concello de Vilalba, nin as que recibisen outro tipo de aportación municipal.
8.4 Gastos subvencionables.
Considéranse gastos subvencionables:
a)
Aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen
no prazo establecido pola convocatoria. En ningún caso o seu custo poderá ser superior ó valor de
mercado.
b)
Os gastos derivados da organización e realización das actividades subvencionadas; o material funxible
non inventariable relacionado directamente coas actividades subvencionadas.
c)
Os gastos de infraestruturas e equipamento derivados da organización e realización das actividades
subvencionadas (só serán subvencionadas ata un máximo dun 25% da subvención concedida).
d)
Seguros da responsabilidade civil e accidentes, cos pertinentes certificados e facturas.
e)
Retribucións a persoal técnico e dos monitores que teñan relación laboral ou de arrendamento de
servizos coa entidade que se acreditarán mediante facturas ou nóminas. Só se admitirá minuta cando
reflicta a correspondente retención do IRPF e a repercusión do IVE.
f)
Os gastos correspondentes a voluntarios ou monitores que colaboren coa entidade ou asociación
impartindo algunha actividade, curso, etc. poderán xustificarse presentando un recibo ou minuta que
contará cos seguintes datos:
Nome, CIF e enderezo da entidade.
Nome e apelidos do monitor, ou seu NIF e enderezo.
A cantidade que recibe e correspondente retención de IRPF.
O concepto polo que se paga (actividade, curso, etc).
Datas nas que se impartiu a actividade, curso...
Lugar e data da emisión do recibo.
Sinatura do monitor/a ou voluntario/a.
Xunto con esta documentación acompañarase:
Certificado do secretario/a da entidade declarando que o preceptor/a é persoa allea á mesma.
Declaración xurada do perceptor/a conforme a cantidade recibida é en concepto de gratificación pola
súa colaboración.
g)
Premios en metálico, que terán a correspondente retención de IRPF cando superen os 300€. Os
xustificante do pago do premio contará cos seguintes datos:
Bases ou cartel no que consten os premios en metálico a outorgar.
Nome, CIF en enderezo da entidade.
Nome e apelidos do premiado, o seu NIF e enderezo.
A cantidade que recibe en concepto de premio e a correspondente retención de IRPF, se é necesario.
O concepto polo que se recibe o premio (competición, etc).
Datas na que se desenvolveu o concurso.
Lugar e data da emisión do premio.
Sinatura da persoa premiada.
h)
Axudas de custo por desprazamento relacionada coa actividade subvencionada. No caso de xustificar
con axudas de custo, deberá achegarse tícket xustificativo do gasto efectuado en caso de
26
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
desprazamento por autoestrada e factura a nome do/a perceptor/a da indemnización no caso de
manutención. En todo caso estarase ó disposto no artigo 9 do Real Decreto 439/2007, do 27 de marzo,
polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas en canto ás contías
máximas excluídas de gravame. O concello facilitará un modelo de axudas de custo para que sexa
cuberto e entregado coa conta xustificativa.
8.5 Documentación xustificativa.
Para a xustificación da subvención presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba a seguinte
documentación:
a)
Unha memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con
indicación das actividades realizadas, dos beneficiarios e dos resultados obtidos, así como orzamento
final de ingresos e gastos (ANEXO 7).
b)
Certificación do/a secretario/a da entidade, co visto bo do/a presidente/a no que se indiquen as
subvencións obtidas doutras Administracións públicas ou entidades privadas para a mesma finalidade,
con indicación do seu importe ou procedencia, ou, pola contra, declaración de non ter outras
subvencións públicas ou privadas para a mesma finalidade (ANEXO 8).
c)
No caso de concorrencia de subvencións públicas que se atopen xustificadas, poderá achegarse
certificación da Administración concedente, na que se detallen os conceptos subvencionados e os
importes xustificados e período ó que se refiren os gastos.
d)
Relación numerada e correlativa de todos e cada un dos documentos xustificativos que se aporten, con
especificación de, cando menos, a súa data, provedor, obxecto facturado, importe total do documento,
data e forma de pago, contía do gasto subvencionado e porcentaxe imputado á xustificación da
subvención (ANEXO 9).
e)
Documentación acreditativa da realización do pago por un importe mínimo da subvención concedida
consistente en:
No caso de prestacións persoais de servizo, acreditación mediante nómina, factura ou calquera outro
medio admitido en dereito.
No caso de gastos de material, subministracións, etc. orixinal ou fotocopia cotexada das facturas (ou
documentos acreditativos do gasto substitutivos da factura contemplados no artigo 4 do RD 1496/2003)
representativas dos gastos realizados. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes
requisitos:
i.
Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.
ii.
Desglose do IVE ou imposto correspondente, no caso de exención, deberá facerse constar expresamente
na factura.
iii. Nome, enderezo e NIF ou CIF da entidade beneficiaria da subvención, debendo estar estendidos ó nome
da entidade.
iv. Descrición, polo miúdo, do servizo prestado.
v.
Número, data e lugar de emisión e denominación de “factura”.
f)
Acreditación gráfica do cumprimento da obriga de facer constar a colaboración do Excmo, Concello de
Vilalba en toda a información (impresa e/ou dixital) que se teña feito das actividades ou investimentos
subvencionados ocupando un espazo visible en toda a información.
8.6 Reintegro da subvención.
Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes do Servizo de Fiscalización, o
órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionadas e se a documentación é correcta,
procederase ó pagamento da subvención mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.
Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención e pagamento dela, terase en conta o
seguinte:
a)
No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da
subvención.
b)
No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100% e, polo menos do 50% do orzamento subvencionado,
aboarase a parte proporcional da subvención.
c)
No caso de que se xustifique gasto inferior ó 50% do orzamento subvencionado, non se considerará
cumprida a finalidade básica da subvención, polo que non se aboará cantidade algunha, sen prexuízo da
aplicación do réxime sancionador correspondente.
No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días
para a súa corrección. No caso de que non se presente a xustificación da subvención dentro do prazo, será
27
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
requirida á entidade beneficiaria para a súa presentación (artigo 70 do Regulamento de Subvencións). A falta de
presentación no prazo de 15 días dende o requirimento dará lugar a que, por resolución da Alcaldía, se inicie
expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final notificaráselle á entidade e á
Intervención Municipal para o seu reflexo contable.
O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades
ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de
xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias
constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos
créditos obtidos.
Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, dará lugar á
cancelación da subvención e á obriga do reintegro das cantidades recibidas.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para
a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
9. Réxime sancionador.
Será de aplicación o réxime sancionador previsto no Título IV da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de
subvencións coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta.
Disposición adicional primeira.
Para o non previsto nesta convocatoria, en especial todo aquelo que fai referencia á posibilidade de levar a
cabo un control financeiro no ano seguinte das subvencións xustificadas e pagadas, serán de aplicación as
normas incluídas nas Bases de Execución do Orzamento Xeral do Concello de Vilalba para o exercicio de 2016 e
na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no seu regulamento.
En ningún caso a presente convocatoria xerará dereito ningún a favor dos solicitantes mentres tanto non se
dean as condicións orzamentarias, procedimentais e xurídicas de aplicación.
Disposición adicional segunda.
Os datos da subvención concedida quedarán incorporados ó rexistro público de subvencións, tendo dereito
as persoas interesadas á protección dos datos de carácter persoal, nos termos previstos na Lei Orgánica
15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Vilalba,16 de xuño de 2016.- O Alcade, Gerardo Criado Guizán
R. 1862
Anuncio
Aprobouse provisionalmente pola Xunta de Goberno Local, na súa sesión de 12/04/2016, o “padrón pola
ocupación da vía pública con caixeiros e/ou outros”, correspondente ó exercicio 2015, e exponse ó público
durante o prazo de 8 días, contados dende ó seguinte ó da súa publicación no BOP, para os efectos de
reclamacións, quedando definitivamente aprobado se estas non se presentaran.
O ingreso da taxa, en período voluntario, farase na tesourería do Concello, en horario de atención ó
público, entre os días 1 e 30 de xullo do 2016, ambos os dous incluidos, e unha vez transcorrido este, as taxas
non abonadas enviaranse, para o seu cobro, á vía executiva de apremio.
Vilalba,16 de xuño do 2016.- O alcalde, Gerardo Criado Guizán
R. 1863
Anuncio
Aprobouse provisionalmente pola Xunta de Goberno Local, na súa sesión de 12/04/2016, o “padrón pola
ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade
lucrativa” (TERRAZAS) correspondente ó exercicio 2015, e exponse ó público durante o prazo de 8 días,
contados dende ó seguinte ó da súa publicación no BOP, para os efectos de reclamacións, quedando
definitivamente aprobado se estas non se presentaran.
O ingreso da taxa, en período voluntario, farase na tesourería do Concello, en horario de atención ó
público, entre os días 1 e 30 de xullo do 2016, ambos os dous incluidos, e unha vez transcorrido este, as taxas
non abonadas enviaranse, para o seu cobro, á vía executiva de apremio.
28
Núm. 145 – Sábado, 25 de Junio de 2016
B.O.P de Lugo
Vilalba, 16 de xuño do 2016.- O alcalde, Gerardo Criado Guizán
R. 1864
MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) – CERVO
Anuncio
Extracto del Decreto de Alcaldía por el que se aprueban las Bases reguladoras para la convocatoria de
subvencións a entidades deportivas sin ánimo de lucro para el año 2016, por el procedimiento de concurrencia
competitiva.
BDNS(Identif.):309810
De acuerdo con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, General de Subvenciones, se
publica el extracto de la covocatoria cuyo texto completo se pode consultar en la Base de Datos Nacional de
Subvenciones.
Primero. Beneficiarios.
Asociaciones deportivas y clubes deportivos privados sin ánimo de lucro, legalmente constituídos, que
tengan su domicilio en el Concello de Cervo y realicen actividades de interés municipal.
Segundo. Objeto.
Ayudas económicas para la financiación de gastos corrientes derivados de la realización de las actividades de
promoción deportiva o particìpación en campeonatos deportivos federados y gastos generales de
funcionamiento, conservación, manteniemiento o reparación menores de la entidad, que no tengan carácter de
inversión.
Tercero. Cuantía de la ayuda.
Crédito toal 42.500,00 €, máximo 16.000,00 € por cada ayuda.
Cuarto. Plazo de presentación de solicitudes.
Cinco días a contar desde el día siguiente al de publicación del presente extracto en el Boletín Oficial de la
Provincia de Lugo.
Cervo, 2 de junio de 2016.- El alcalde, Alfonso Villares Bermúdez
R. 1891
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 25.06.2016 08:00:00 CEST
Razón:
Localización: España
Descargar