Tránsito dos gramáticos; Marilar Alexandre

Anuncio
O tránsito dos
gramáticos.
Marilar Aleixandre.
Este libro relátanos historias moi diversas. Unha situada na Idade Media e
outra moito máis actual, pero con algo en común, e é que, a que está basada
nuns anos mais próximos a nós, ten un insitente interese sobre a lírica
medieval. Na historia que se centra máis na Idade Media é onde se aprecia
a sociedade, a cultura, a política, a relixíon… da época.
Contexto histórico:
Sociedade: Nesta obra a sociedade era claramente feudal, nos que podemos
distinguir claramente os tres estamentos: a nobreza, o clero e o
campesiñado. Nesta sociedade, o rei dispoñía moito poder, (era o cumio da
pirámide).
No capítulo 3, a partir da páxina 40 en adiante, é onde percibimos ese
primer contacto coa sociedade feudal, falándonos dun rei, da nobreza e do
pobo.
En moitos momentos faise referencia tamén a
relación señor-vasalo, nesta época unha relación
fundamental.
Na teoría: O señor cédialle un feudo a un vasalo e
ofrecíalle protección militar, e podía ser, á vez,
vasalo doutra persona de rango superior. E o vasalo
era un home libre que se convertía ens ervidor ou
vasalo do señor a partir do momento en que recibía o feudo. Traballaba a
terra, pagáballe unha parte dos seus ingresos ao señor e, ademáis, debía
acudir na súa axuda cando este llo solicitaba.
A esta relación faise moi boa referencia na páxina 66 nun diálogo no que se
di: “Non teño eu por baixo servir a dona, antes ben non quero outro señor
neste mundo”. Pero a pesar disto, na páxina 88 podemos observar como se
crea unha revolucion entre os Señores e a Irmandade.
“Neste lances pasaron toda a noite, e outras que seguiron, e de tal forma
non asombraba que Francisco desexase ás veces que as revoltas contra os
Señores durasen tantos anos como din que levaron as guerras de Francia.
E daquela parecíaque os conxurados nas Irmandades tiñan a Deus e á
Fortuna do seu lado, porque conquistaron as fortalezas dos Señores en gran
número, e levaron á picota a tantos financieiros que inzaban os cambios do
Reino de Galicia. Así puido escribi-lo cronista que tomaron os ladróns tan
grande medo das Irmandades, que un camiñante cargado de diñeiro ben
podía marchar descoidado polas máis solitarias sendas.
Pero a Fortuna é mudable, e os Señores preparaban a súa vinganza.
Advertido por un mensaxeiro, Mestre Francisco dispoñíase a tornar onde a
súa presencia podía ser máis necesaria, pero non quixo emprende-la viaxe
sen antes advertir os monxes de Moraime da súa partida”
As Irmandades eran asociacións de campesiños autorizadas pola coroa e
destinadas á defesa de intereses comúns.
Na páxina 90 fai referencia a esa guerra dicindo: “sei que os Señores
gañarán a guerra, e tomarán vinganza como xa sucedeu hai trinta anos”, e
na páxina 91 di que “a gran guerra irmandiña estendíase por todo o Reino
de Galicia”
Ao fin e ao cabo, na páxina 135 fala tamén sobre esta relación e os
impostos que os Vasalos lle tiñan que pagar ao Señor.
Tamén afectou á sociedade a Peste Negra, na que se fai referencia na
páxina 60: “Era de mil e CCCC e LXVI anos, vinte días andados do mes de
decembro, abateuse a Morte Negra sobre o Reino de Galicia e durou un ano
continuo”. Esto afecta a sociedada pola cantidade de xente que morreu a
causa dela e porque moita xente, como tamén se fai referencia na páxina
61, comezou a irse de Santiago, Pontevedra, Toi e Betanzos.
O seu punto máximo foi entre 1347 e 1353, e provocou a morte de 25
millóns de personas (apróximadamente, un tercio da poboación de Europa
naquel entón)
Con respecto ao ámbito político, no libro non se fai a penas referencia,
aínda que sí podemos dicir que era unha sociedade na que a Igrexa influía
constantemente e tiña moito poder
Sabemos que esta era unha época de monarquía absoluta, e dicir, no había
división de poderes.
Noméase tamén a política exterior do gobernó de América na historia de
Helena e Anxo que é a que realmente lle dá o título ao libro. Isto ocorre nas
páxinas 142 e 143 e compáraas coa xente que vive alí, que nada ten que ver
unha cousa coa a outra e que poden ser mentalidades totalmente diferentes.
A economía era básicamente agrícola. Os labregos estaban obrigados a
pagarles tributos ao señor (indicado xa anteriormente), xa fose da nobreza
ou do clero: unha parte da colleita, días de traballo, diñeiro…
Na economía tamén influiu a Peste Negra, e é necesario mencionar a crisis
como consecuencia. Faise referencia a isto na páxina 110, mencionando o
mal que o estaban a pasar e a falta de alimento: “Para as xentes da cidade
cada día deses anos durou meses, e cada mes durou anos, e non houbo
desgracia que nese tempo no se abatese sobre Compostelam nin peste, nin
fame negra, nin lume de pez e alcatrán. E escaseando o centeo para facer
pan, disque cocían un que amasaban raendo codias das árbores, e tamén
comían raíces e herbas do campo que, mesmo sendo aamrgas e ásperas,
engañaban a fame, sequera por unas horas.” “Cada día que pasa escasea
máis a comida, e non falemos de galiñas ou porcos, que ninguén- fóra
algún coengo- lembra xa o sabor da súa carne”
Isto propiciou a subida de precios dun día para o outro como tamén se
comenta na páxina 111.
Con respecto á cultura, no libro estase a falar constantemente sobre o
Camiño de Santiago e o sepulcro do Apóstolo. Fala sobre a peregrinaxe xa
desde o principio do libro. Nas páxinas 42 e 43 fala da Confraría, que se
fundou para defender aos peregrinos xa que todos eran atacados durante o
camiño.
Na páxina 62 fai referencia aos peregrinos tamén diciendo que había xente
que facía o camiño como sentenza dos seus delitos cometidos: “Non
tódolos peregrinos que percorren o camiño entre Compostela e a vella
Igrexa de Santa María de Iria van en dirección a esta última. Moitos
peregrinos, ós que en confesión ou mesmo a xustiza civil ompuxeron como
pena polos seus delitos a viaxe ó sepulcro do Apóstolo…”
Tamén di que, se pasaban por Francia, moitas veces atopábanse coa Guerra
dos 100 Anos.
A lingüística é un aspecto bastante importante neste libro, pois vese como
ás veces utilízase un galego máis antigo. Tamén a min recordáronme as
páxinas 86 e 87 a unha mestura de cantiga de amor e pastorela pero en
prosa, pois é un diálogo entre os dous e él estalle demostrando o seu amor,
e ao final é correspondido. Utiliza a palabra dona e a voz poética é un
home. Ademáis cumple moitos dos campos sémicos principais das cantigas
de amor.
Opinión persoal:
Pareceume un libro complicado e un pouco pesado, pero á vez interesante,
pois danos moita información a cerca de como era a Idade Media e nas
condicións nas que vivían.
Con respecto a historia de Helena, pareceume a parte máis entretida do
libro, pois considero que tiña máis movemento e emoción, e a vez un pouco
de intriga. Gustoume moito a personalidade de Helena, a súa forma de
actuar nun momento como o que ela vivía e, sobre todo, a súa madurez e
actitude fronte a Anxo pois, a pesar de que entre eles dous houbese algo
nun pasado, ela tiña claro a vida que lle correspondía a cada un.
Impactoume tamén a súa forza de loitar polo que ela quería, que era facer
algo co Xogo, unha folga polos cambios que querían facer, e ela estaba moi
entregada a facelo polo accidente que ocurrira, e no que falecera a persoa a
que quería e coa que tiña pensado vivir nun futuro non moi lonxano.
Tamén me chamou a atención a concepto de amor que Anxo nomea ao
principio do libro na páxina: “Namorarse é cousa doutros tempos. Agora
non diría ninguén <<Amosádema, Deus, ou se non dádeme a morte>> . Él
dicía eso porque, a pesar de ter a súa familia completamente formada, él
estaba namorado de Helena.
Hai unha parte do libro que me pareceu verdadeiramente bonito o que
dicía, e era unha das cartas que Helena atopara no piso do seu falecido
amante que dicía o seguinte:
“Dixeches <<non é tan fermosa coma ti”. Eu vexo o meu reflexo, no
espello e nos ollos dos outros. Xa sei que son fermosa, divina, din. De que
me val, podes decirme? De que o meu cabelo rubio se ti prefires enterrarte
nun castaño? De que a pel de nata e seda se ti non vés tanxela? Por que non
pode discorre-la nosa relación como ó principio? Dicías que a amabas, pero
que era un amor distinto do noso; que era como querer á nai, á noiva, á
filla, sen que un lle quitase ó outro. Eu sabía –pensaba que sabía, aínda me
resisto a crer que non é así- que no podias prescindir do meu amor, do meu
corpo. Para a miña desgracia teño a certeza de que eu non podo prescindir
de ti. Como podería? Ti fuches sempre o meu refuxio fronte ós outros,
fronte ó outro, como eu fun o teu.
Desde que te lembro souben que eras fermoso, e que eras meu. Ti menos; ti
víasme cos ollos dos outros, e se viñeches aquela primeira noite dos meus
quince anos -sei que non a podes esquecer, igual que non a esquezo eu- foi
porque Alexandre estaba alí; porque Alexandre dixera (escoiteino) "nunca
vin nada igual". Despois viñeches e bicáche-lo meu cabelo e o meu colo, e
era igual que as outras veces, pero era distinto. Colliche-las miñas mans
entre as túas e preguntaches, mirándome ós ollos: sabes acariciarte? Non,
dixen. E, como ía saber? As miñas amigas tampouco sabían, ninguén me
podía ensinar. Ensinareiche eu, dixeches, pero non porque queira que sexas
miña, senón porque primeiro quero que sexas túa. E fun miña, son túa.
Dis que todo acabou, que todo ten que ser distinto. Propós ideas que me
parecen tolice -pero todo o que non sexa estar contigo é tolice para min-.
Que non nos vexamos nin falemos por un tempo, como é posible? Dis que
así esquecerei, verei as cousas doutra forma. Eu dígoche nunca, nunca,
nunca”
En conclusión, pensó que, a pesar da dificulade do libro, merece a pena lelo
para ver e contrastar a vida da Idade Media coa de agora en todos os
aspectos.
Bibliografía:
Libro de texto.
es.wikipedia.org
Índice:
Páxinas 1 e 2: Sociedade.
Páxina 3: Politica, economía e cultura.
Páxina 4: Cultura e lingüística.
Páxinas 5 e 6: Opinión persoal.
Páxina 7: Bibliografía.
Descargar