A EDUCACIÓN EN GALICIA.
SÉCULO XIX E PRIMEIRO TERCIO DO XX
(DOSSIER DOCUMENTAL 1)
• Segundo a Lei Moyano ¿Qué factor determina o número e a clase da escolas públicas?
Segundo a Lei Moyano, o número e a clase de escolas públicas que poseían un pobo, dependía da cantidade
de habitantes cos que contaba o mesmo.
Os pobos menores de cincocentos habitantes agrupábanse con outros para establecer unha escola elemental
completa.
Os pobos con cincocentos habitantes deben dispoñer dunha escola elemental completa de nenos e outra de
nenas.
Pola súa banda, as poboacións maiores debían de ter catro escolas iguais cas anteriormente citadas, ademáis
dunha escola elemental completa de nenos e outra de nenas por cada incremento de 2000 habitantes.
Finalmente nos núcleos que superasen os dez mil habitantes e nas capitais de provincia, unha das escolas
públicas tiña que ser superior.
• Peculiaridades da realidade galega que condionan ou dificultan a aplicación da Lei Moyano.
A Lei Moyano, dictada para o conxunto do Estado, manifestouse enseguida ineficaz en Galicia. Dous anos
despois da aprobación de dita Lei, publicouse unha Real orden ca cal se pretendía coordinar a lexislación coas
características xeográficas galegas.
Os artígos da Real Orden son unha reproducción literal das Disposiciones cas circunstancias de Galicia
exixen. Ditas disposicións fundaméntanse nun informe realizado polos veciños do concello da Golada sobre a
reducción das escolas completas do seu distrito a incompletas.
Tanto o Informe como a Real Orden, recoñecían que a necesidad de adoptar medidas especiais para Galicia
viña determinada polas características xeográficas e a súa situación económica.
As circunstancias xeográficas facían que fose necesario multiplicar o número de escolas xa que tódolos
núcleos de población encontrábanse moi distantes e había moitas deficiencias nas vías de comunicación.
• Solución alternativa ou suplementaria que se adopta para Galicia ante a aplicación da Lei Moyano,
debido á súa inadaptación á realidade galega.
Debido á contrariedade existente entre factores xeográficos e económicos, a única solución sería que o Estado
axudara económicamente ós municipios con menos recursos para financiar as escolas.
Como consecuencia do pouco realista que era esa solución, o reitor da Universidade de Santiago pretendía
decidir o número, clase, soldo e ubicación das escolas que poderían ser asumidas polos municipios, e por
outra parte adoptar medidas para albergar algunhas en locais con suficientes condicións de habitabilidade,
hixiene e pedagoxía.
1
Así, todo municipio independentemente da poboación que tivera, debería ter como mínimo, unha escola
elemental de nenos. Para os pobos que superasen os catro mil habitantes e para os comprendidos entre os
cincocentos e os dous mil habitantes respectábase a Lei Moyano.
• En que período se implanta realmente a rede escolar pública en Galicia.
Implantouse na década dos 50, xa que entre os anos 1850 e 1860 creáronse en Galicia máis de 1000 escolas, o
que supuña unha triplicación destas ó final do periodo.
Os 40 anos seguintes a rematar o século, poranse en funcionamento pouco máis de 600 escolas.
• Razóns que permiten explicar o incremento das dotacións escolares entre 1850 e 1860.
O incremento das dotacións escolares entre 1850−1870 ven determinada por dous factores principias: a reltiva
prosperidade e a Lei Moyano.
• Cal é o fenómeno máis destacado na área educativa durante o Sexenio Revolucionario.
A oposición por parte dos municipios para a creación de novas escolas. Débese salientar tamén a supresión
dalgunhas escolas xa existentes. Así, en Galicia perdéronse 43 escolas, perda que afectará a tódalas provincias
excepto Ourense; destaca Lugo como cidade máis perxudicada.
• Función que cumple o ensino privado respecto do ensino público.
A ensinanza privada convertiuse en toda a provincia de Lugo, nun dos obstáculos máis importantes para o
desenrolo da pública.
• Orde das provincias máis avantaxadas en razón do número de escolas por habitantes.
O mayor crecemento absoluto produciuse en Ourense no primeiro lugar, en Pontevedra no segundo, A Coruña
no terceiro e Lugo no cuarto.
• Factores que condicionan o censo ou rexistro dos centros de ensino privado.
Os factores que condicionan o censo ou o rexistro dos centros de ensino privado son: a heteroxeneidade dos
centros de ensinanza privada, a diversidade e a inestabilidade. É un labor complicado elaborar un censo das
escolas privadas xa que éstas se atopan camufladas.
• Características xerais das escolas privadas en Galicia.
As características xerais das escolas privadas en Galicia son: o seu funcionamiento autónomo, a diversidade, a
inestabilidade e as características pecualiares das escolas de ferrado é a marxinalidade (fóra do sistema, son
escolas clandestinas á marxe da Lei).
• Dinámica das escolas privadas respecto das públicas.
É unha dinámica contracosta. Xa que se sube a oferta da escola privada, baixa a oferta da escola pública e
viceversa. Este é o caso da provincia de Lugo onde hai un aumento de escolas privadas.
• Causas da paulatina desaparacion das escolas privadas.
As causas da paulatina desaparción das escolas privadas son:
2
Un incremento da creación de escolas públicas (1850−1860 é a década na que unhas escolas créanse
coincidindo ca aparición da Ley Moyano en 1857).
Restricción ós problemas legais.
Reconversión das escolas privadas en escolas públicas.
A EDUCACIÓN E SOCIEDADE EN GALICIA.
EXPERIENCIAS EDUCATIVAS INNOVADORAS NA GALICIA DO PRIMEIRO SÉCULO XX
(DOSSIER DOCUMENTAL 2)
1. Variantes da intervención escolar dos emigrantes galegos.
Dúas foron as variantes que adoptou esta intervención na súa dilatada singradura, de acordo coa maneira de
proceder dos seus axentes promotores.
A primeira é precursora de carácter individual e a segunda é de carácter colectivo. A primeira abrangue máis
de trescentos anos repartidos en catro séculos(XVII−XX),en cambio a outra é de menor duración tan so, tres
décadas.
Mentres as actuacións individuais materializáronse nas denominadas Fundacións Docentes e remesas
escolares dos indianos, as colectivas; centráronse nas Escolas de Americanos nun panel de contribucións
heteroxéneo e diversificado.
2. Que proceso precede e sustenta a intervención escolar colectiva dos emigrantes galegos.
O proceso que a precede e do que depende a variante colectiva é o da organización comunitaria dos galegos
en América.
3. Cronoloxía da intervención escolar colectiva dos emigrantes galegos.
Os tres centros precursores tomaron corpo case de maneira simultánea ó longo do ano 1879 en Bos Aires,
Montevideo e A Habana,destinos predilectos da emigración, procedente do noroeste peninsular.
Nos derradeiros anos do século XIX produciuse un achegamento colectivo a escala local, tanto na illa de Cuba
como na República Arxentina. Ata 1904 as iniciativas de integración comunitaria estable, a este nivel, para
intervir no eido escolar na Galicia interior ,non prosperan. Pero o 20 de marzo deste ano, na cidade da
Habana, levántase a acta de Constitución da Xunta Permanente da ``Alianza Aresana´´, primeira Sociedade
Galega de Instrucción de ámbito microterritorial creada en América.
4. Aspectos salientables na traxectoria do plantel ``Concepción Arenal´´ do Centro Galego .
O centro que máis sobresaíu con respecto a actividade educativa, foi o centro da Habana, a través do seu
renomeado plantel escolar ``Concepción Arenal´´, no cal desde 1880 ata 1909 recibiron ensinanza preto de
29.000 alumnos, que anos despois se incrementarían debido o crecemento da matrícula no conxunto das
especialidades e materias impartidas, con respecto os anos 1913−14.
5. Distribución territorial pola xeografía galega das Sociedades Galegas de Instrucción constituidas en
América.
3
No interior de Galicia as zonas que rexistran mayor densidade societaria corresponden ás comarcas situadas
nos extremos nororiental e sudoccidental da provincia da Coruña,con Ortigueira e Teo á cabeza; a metade
norte de Lugo ,con Vilalba e os demais concellos da Terra Chá como núcleos hexemónicos ,e os tercios norte
e sur de Pontevedra, A Estrada e algúns municipios do Baixo Miño e Vigo. O grado de cobertura potencial
destas entidades abrangueu aproximadamente ó 75% dos concellos de Galicia.
6. Principal problema derivado da proliferación das Sociedades Galegas de Instrucción e Solucións
prácticas adoptadas.
As minúculas, pequenas e medianas Sociedades optaron por decorrer no tempo nun desmesurado
esmigrallamento institucional. Optaron pola vía federativa.
7. Aspectos estructurais do proxecto educativo das Sociedades Galegas de Instrucción.
A febleza e a inconsistencia do movemento federativo quedou patente na súa propia incapacidade de deseñar
un programa de acción unificado e compartido por tódalas asociacións para intervir de forma conxunta ou
coordenada no eido escolar. Cada corporación procedeu de maneira autónoma sen acomodarse ás directrices
dun plan unitario, producto do consenso entre todas ou sequera a maioría das institucións.A carencia dun
programa de converxencia e unidade intersocietario.
Nunha primeira aproximación ás declaracións programáticas feitas públicas por estas entidades constatamos
que,polo regular, asumen como tarefa preferente, cando non exclusiva, a de fomentar propaga− lo ensino na
zona á que cada unha representa , implantando e sostendo a tal efecto centros gratuítos de instrucción
primaria, elemental ou superior, para xeneraliza−la escolarización da infancia , alí onde a oferta pública non
satisfacía as necesidades educativas da poboación.
8.Tipo de escola que propugnan para Galicia as Sociedades de Instrucción.
Propugnan unha nova escola para Galicia Rural, dirixida cara ó futuro, xa que a antiga orientase cara ó
pasado, tamén unha escola capaz de formar e preparar novas mentalidades, as que repercutirán na creación da
sociedade do futuro. As características que debe ter son as seguintes: Que subministre unha ensinanza realista,
práctica, para que se desenvolva, que contribúa a transformación e rexeneración da sociedade, xa que está
estancada (abrirse á sociedade e influír nela). Tamén ha de estar en harmonía coas correspondentes correntes
modernas pedagóxicas e outorgar e formar destrezas integramente á persoa.
9.Recepción do proxecto educativo das Sociedades de Instrucción por parte da sociedade galega.
A maioría da poboación aceptou de bo grado as propostas dos emigrantes, sen embargo tamén houbo
oposicionamentos, os que basicamente proviñan da igrexa, chegando ata o punto da clausura dos centros
docentes, tamén escolas galeguistas opoñíanse, xa que opinaban que os emigrantes fomentaban a
desgaleguización.
10.Que supón a modernización educativa que preconizan as Sociedades de Instrucción.
Retomar a escola nos seus aspectos internos e externos, o que implica poñer en práctica a idea do
paidocentrismo, desenvolvendo o conxunto das facultades do alumno. En segundo lugar, considerar a escola
como unha axencia educativa e non instructiva. Remodelar internamente os centros de ensinanza nos seus
aspectos organizativos, de tipo gradual, silmutánea, ensinanza obxectiva, racional, fundamentada na razón,
práctica, e na que se combine unha metodoloxía activa. Dotar as escolas de novas infraestructuras, con
profesorado competente e aplicado. Escola tolerante, na que estean ausentes os dogmas e allea a calquer tipo
de sectarismo nin discriminación.
4
11. Principais realizacións escolares das Sociedades Galegas de instrucción.
As escolas de Americanos, os que financiaban 235 ou máis colexios, 326 aulas e en conxunto 177edificios de
nova planta (nova construcción). As escolas dos Americanos vanse centrar no ensino elemental, xa que era
onde se rexistraba o maior número de carencias.
12. Variantes da implantación das Escolas de Americanos.
Pódense distinguir tres variantes na intervención dos Americanos:
• Os emigrantes asumían integramente as tarefas de profesorado, financiación, dotación de material,
adquirindo a categoría de colexios privados.
• Os emigrantes asumían o custo das infraestructuras dos edificios e a completa construcción deles,
sendo competencia do Estado o nomeamento e a remuneración dos mestres, de tal xeito que as escolas
pasaban a se converter en públicas.
• A terceira variante constituiría a contribuír cunha partida económica variable no funcionamento dun
colexio (equipando unha biblioteca).
13. As Sociedades Galegas de Instrucción e o espacio físico da escola : os edificios escolares.
Déronlle unha prioridade inicial á construcción de edificios para escolas, porque existía unha carencia de
edificios a propósito para albergar escolas (deficiencia). Os emigrantes buscan unha alternativa, costear a
construcción e así dignificaban a actividade académica. Optaron por cinco modelos alternativos, moitos foron
concedidos como espacios polivalentes ou espacios múltiples, dándolle sede a agrupacións de veciños,
reunións etc.
14. Curriculum ou programa académico das Escolas de Americanos.
Non dispuxeron de un plan de estudio, pero pódese dicir que hai moitas coincidencias co plan de estudio
predeterminado. Impartíanse materias que se repetían en tódolos centros (troncais) e moitas escolas de
emigrantes ademais contaban con outras materias de ampliación ou complementarias. Un terceiro grupo que
resultan novidosas e non están presentes en tódalas escolas de emigrantes (mecánica, xeografía e Historia de
Arxentina), tan so presentes nalgunhas institucións, polo tanto escasas.
15. Actividades e institucións complemetarias das escolas dos emigrantes.
Enriqueceron actividades académicas e implantaron unha serie de actividades, como poden ser paseos e
excursións escolares con fines instructivos, festas artísticas, campos de experimentación agrícola, xardinería e
que se celebrara con frecuencia conferencias, veladas teatrais, representacións teatrais, proxeccións, prensa
escolar (os nenos facían os seus propios periódicos escolares) e nalgúns colexios posuían transporte escolar,
pero fracasou. Tamén crearon caixas de aforros, cooperativas, cantinas escolares levando un pouco de comida
cada un da súa casa, ropeiros, para darlle roupa os máis necesitados, nalgúns centros chegáronse a implantar
obradoiros, talleres de carpintería e tamén pequenas granxas para coidar dos animais.
16. Perfís do profesorado das escolas de Americanos.
Primeiro se lles esixía competencia e cualificación, realizando a elección destes mediante un concurso público
ou oposición, cando non era designado directamente pola Xuntade Goberno.
Esperábase dos mestres ademais de cumpriren cos seus correspondentes obrigacións inherentes, que exerceran
como asesores pedagóxicos das respectivas entidades.
5
.
17. A escolarización diferencial por sexos nas Escolas de Americanos.
Escolarizaban antes os nenos, porque eran os que tiñan que desenvolverse no mundo e buscar traballo,
mentres as nenas estaban vinculadas as tarefas de casa. A medida que transcorre o tempo esta situación vai
cambiar.
18. Aspectos novidosos que se aprecian nas propostas programáticas das Sociedades Galegas de Instrucción.
Perseguen crear unha nova escola para Galicia rural, co propósito de democratizar o ensino básico e
elemental, para xeneralizar a escolarización e o mesmo tempo estender o ensino os adultos. Percíbese que hai
unha proposta de implantar uns novos idearios, unha nova pedagoxía, implantar unha escola na que non só se
limite a educación intelectual, senón tamén social, cun ideario político e preferencia imparcial.
19. Propósitos que animaban os fundadores das Escolas do Insiño Galego.
O principal propósito das Escolas do Insiño Galego consistía na necesidade de fundar e soster escolas que
redimisen ó pobo galego da ignorancia na que estaba sumido, ó mesmo tempo ,que servise para inculcar nas
xeracións futuras a verdadeira conciencia galega.
20. Presencia do idioma propio de Galicia nas escolas do Insiño Galego.
Como primeiro idioma empregaríase o castelán, o galego empregase en cuestións relacionadas con Galicia.
No caso da práctica combinábanse os dous idiomas, aínda que existía maior destreza nun que noutro.
As materias de ciencias , por exemplo, explicábanse maioritariamente en castelán e no caso de materias de
máis tradición galega; o galego.
21. Aspectos salientables das Bases das Escolas do Insiño Galego.
− Coopresenza dos dous idiomas: galego e castelán.
− Existían intelectuais que defendían o galego.
− Piden axuda ás institucións galeguistas e os emigrantes.
− Van a promulgar a gravación do ensino e van a promulgar tamén a preescolarización , así a escola que van a
implantar acollerá a nenos de 4 a 7 anos.
22. Prioridades de escolarización nas Escolas do Insiño Galego.
As escolas estaban pensadas para párvulos; pero en realidade os nenos acudían a estas escolas a partir dos 5
anos. Outra característica que cabe destacar, era que a ensinanza era moito máis individualizada.
23. Programa académico e actividades das Escolas do Insiño Galego.
A sesión era de maña e tarde, cursando as materias principais. Con respecto as actividades complementarias,
facíanse excursións e saídas, paseos, todos eles con fins didácticos.
• Problemas centrais na historia educativa da España contemporánea arredor dos cales se polarizan os
6
debates e as controversias.
Os problemas centrais na historia educativa da España contemporánea arredor dos cales se polarizan os
debates e as controversias son as vicisitudes sufridas pola liberdade do ensino, o problema da financiación
educativa, o laicismo escolar, a dualidade dun ensino público frente a un provado, etc
• Indicadores da situación discriminatoria que padece Galicia respecto do Estado español en materia
escolar no século XIX.
No século XIX, Galicia aparece cunha gran deficiencia na súa estructura educativa con respecto á española.
En 1900, a taxa de analfabetismo entre os adultos elevábase a un 58% en España fronte a un 68% en Galicia.
• Fitos destacados en materia de política educativa que teñen lugar nos primeiros anos do século XX.
Entre 1900 e 1938 ao estala crise do 98, o sistema educativo comeza a sufrir unha serie de modificacións a
través dun consenso entre liberais e conservadores. Entre elas destacan a creación dun Ministerio de
instrucción pública e Belas Artes con carácter autónomo, a aprobación dun Real decreto polo que se incluirán
no presuposto de Estado o pago dos mestres e a regulamentación dos exames (tanto do ensino oficial como do
privado).
Ata a Dictadura de Primo de Rivera, salienta a organización da Inspección Primaria e das Seccións
administrativas provinciais de Ensino Primario e Belas Artes, órganos centrais da Administración Central,
creación da Dirección Xeral de Ensino Primario, creación das Seccións administrativas de Primeira Ensinanza
e a promulgación dun Real Decreto sobre a creación da Oficina Técnica de Construcción de Escolas.
• Causas da taxa diferencial de analfabetismo que presenta Galicia respecto do Estado español.
As causas dunha porcentaxe de analfabetismo tan alta que presentaba Galicia respecto do Estado español
debíanse á diseminación da población rural, ó baixo número de escolas, indiferencia e abandono do país,
escasa matrícula escolar, irregularidade na asistencia ás clases, etc
• Principio que inspiran e informan a Reforma educativa española de 1970.
O libro blanco incide nas seguintes causas da implantación dunha educación básica, gratuíta e obligatoria, ata
os catorce anos, unificándose para toda a población escolar o primeiro nivel educativo; superación das
desigualdades da educación existentes entre o campo e a cidade; implantación dun só bacharelato de
formación polivalente; consideración da formación profesional como unha modalidade educativa vencellada
ao mundo laboral; autonomía universitaria
• Estructura do sistema educativo español segundo a Lei Xeral de Educación.
Os niveis educativos que regulará a Lei Xeral de Educación atende a catro ámbitos: Educación Preescolar,
Educación Xeral Básica, Bacharelato e Educación Universitaria.
A Formación Profesional que non é considerada inicialmente coma un nivel do sistema educativo, aparece na
Lei como cumio laboral dos outros niveis mencionados.
• Consideración que recibe na Lei Xeral de Educación a Formación Profesional e consecuencias que
desa consideración se derivan.
A consideración da Formación Profesional na Lei Xeral de Educación é que non constitúe un nivel do sistema
senón unha peza sustancial do mesmo. É un subsistema relacionado co conxunto do sistema educativo.
7
• Centros onde se poden cursar os estudios universitarios segundo a Lei Xeral de Educación.
Os centros onde se cursan os estudios universitarios son: as Facultades, as Escolas Técnicas Superiores e as
Escolas Universitarias, tamén nos Centros Universitarios. A Universidade Nacional de Educación a Distancia
(UNED) impartirá ensinanzas universitarias a distancia en Centros Asociados que se estenden por todo o
territorio estatal dependendo académicamente da Sede Central en Madrid.
• ¿Qué é o Plan Galicia de Educación?
O Plan foi elaborado polo Ministerio de Educación e Ciencia, e ocúpase na súa primeira parte da situación
sociológica, do perfil económico e dos recursos humanos existentes en Galicia a finais dos anos sesenta. O
Plan tamén se ocupa dos distintos niveis educativos da Lei Xxeral de Educación en Galicia: Educación
Preescolar, Educación Xeral Básica, Bacharelato Unificado e Polivalente, Educación Superior, Formación
Profesional e Educación Permanente. Neste Plan realizáronse previsións sobre a población a escolarizar,
creación de postos escolares, concentración de centros escolares, necesidades de formación docente e custos
do capital.
O Plan conclúe con dous anexos, o primeiro reflexa unha posible configuración comarcalizada de Galicia a
partir da consideración de distintos indicadores sociais municipais. O segundo fala das cantidades destinadas a
finanaciar un programa de construccións docentes en Galicia con cargo a un préstamo negociado polo
goberno español co Banco Mundial.
10. ¿Qué pon de relevo a política de concentracións escolares proposta no Plan Galicia?
A política de concentracións escolares seguida vai poñer pronto de relevo o seu desaxuste con respecto á
realidade coa que conta Galicia: sen cuestionarse a necesidade de proceder a unha reordenación dos centros
escolares, resultou evidente que o proceso de concentración implantado xa claramente disfuncional e
insatisfactorio; era precisa outra política de concentración, eran precisas máis concentracións con menor
número de unidades, mantendo a evidencia da súa necesidade social. Á marxe doutras consideracións, esta
política vai engadir ao sistema educativo Institucional dous feitos novidosos: o transporte e os comedores
escolares. Ambos representan desde a súa implantación masiva en Galicia, fundamentalmente no medio rural,
focos de xeración constante de problemas.
11. ¿ Que supón desde o punto de vista oficial o Plan Galicia?
O Plan Galicia constitúe unha manisfestación explícita, por parte dos responsable políticos e administrativos
do Ministerio de Educación e Ciencia, de penosa situación na que se atopa o sistema educativo galego a finais
dos anos sesenta. E, en consecuencia, de que a esquina verde necesitaba urxentemente e sen dilacións unha
atención preferencial.
12. Consecuencias fundamentais que se derivan de non consecución dos obxectivos fixados no Plan
Galicia en canto á educación preescolar e a que obedece esa non consecución.
A educación preescolar nin tan sequera reflicte, no período de desenvolvemento concedido polo propio
Ministerio de Educación e Ciencia para o seu impulso en Galicia, un nivel mínimo de realizacións acorde con
esixencias tamén mínimas no logro dunha efectiva igualdade de oportunidades educativas. Ben ao contrario,
deste fracaso derivaranse consecuencias trascendentais de cara á discriminación e á selectividade escolar dun
importante número de rapaces e xoves das xeracións afectadas, fundamentalmente nas zonas de depresión
socio−cultural e económica.
13. Tendencia xeral que se observa nos índices de crecemento de centros, unidades escolares e postos
escolares en Galicia respecto de España de 1970 a 1986.
8
Tanto en España como en Galicia merece o calificativo de apreciable: de 819314 alumnos preescolarizados en
España (curso 1970−71) pasarase a 1.127.348 (curso 1985−86); en Galicia de 32.525 chegarase a 72.210. Un
incremento debido a un rápido crecemento do sector público a finais dos setenta: o sector privado, polo
contrario, non só permanecerá estancado senón que incluso perderá alumnado. Este panorama xeral oculta,
sen embargo, dúas graves deficiencias: a baixa calidade das Instalacións, provisionais en moitos casos, e as
fortísimas desigualdades territoriais, con 22 provincias situadas por debaixo da taxa media nacional: tres
destas corresponden a Galicia. Das súas particularidades, en temas de alumnos, unidades e centros escolares,
profesores...
14. Obxectivos do Plan Galicia en canto ó Ensino Xeral Básico para o ano 1975.
En Galicia, sobre a base do chamado Plan Galicia de Educación acada en 1975 os seguintes obxectivos:
• Escolarización total do grupo de alumnos en período de escolaridade obrigatoria (6 a 13 anos).
• Creación de concentracións escolares a fin de, por unha parte, mellorar a calidade do ensino mediante a
graduación de niveis, e, por outra, reducir os custos de funcionamento dos centros creados a expensas da
asimilación das escolas unitarias e mixtas que estaban infrautilizadas.
15. Consecuencias que trae aparelladas a creación de concentracións escolares.
A creación de centros escolares, como obxectivo previsto no Plan Galicia, a expensas do peche das Escolas
Unitarias e Mixtas, terá o seu reflexo na reducción cuantitativa do número total de centros estatais, que se
produce ao longo do período analizado comprendido entre os cursos académicos de 1970−71 e 1985−86: dun
total de 6.778 centros iniciais, pásase a 3.728 no curso 1974−75, e a 1.236 no curso 1985−86. A nivel
provincial, Ourense rexistrará o descenso máis acusado.
16. ¿Cal é a principal eiva que rexistra o proceso escolarizador en Galicia respecto das previsións do
Plan Galicia?
Estadisticamente as previsións que o Plan Galicia de 1970 establecía para E.X.B., serán acadados na data
sinalada, coincidindo ese curso coa definitiva estructuración do E.X.B. nas dúas etapas configuradas pola Lei
Xeral de Educación.
Debemos ter en conta que os datos numéricos pouco teñen que ver cunha mellora cualitativa deste concepto:
Nos quince anos que aborda o informe, a curva representativa do número de alumnos matriculados, que se
inicia con 301.246, amosa un ascenso ata o curso 1983−84; desde este intre escomenza un descenso
progresivo de aproximadamente 1000 alumnos por curso académico rematando no 1985−86 con 382.302
alumnos matriculados en E.X.B.
En consecuencia, a excedencia de postos escolares verase estadisticamente favorecida, sendo escasamente
coincidente cunha axeitada relación demanda/oferta educativa, tanto desde a desigual distribución xeográfica
das necesidades como dos postos disponibles, desautorizando xa que logo o concepto de ratio
(alumnos/profesor).
Outro indicador, por sí só evidente da baixa calidade desta 2total escolarización do grupo 6−13 en Galicia,
alude á porcentaxe representativa do número de alumnos que no curso 1985−86 saíron do E.X.B. sen o título
de Graduado Escolar: 25,45%.
No que respecta ás Concentracións Escolares, dos 6.778 Centros Públicos existentes en Galicia no curso
1970−71, pasarase a 1.223 no de 1985−86, incrementándose sen embargo o número de unidades de 8.916 a
10.006. Estes datos reflexan con claridade o masivo peche das escolas unitarias e graduadas producido en
9
Galicia de cara á creación de concentracións escolares.
17. ¿Como aparece considerada a educación no Estatuto de Autonomía de Galicia?
A educación enténdese como un dos dereitos fundamentais e básicos contemplados pola Constitución, a
mesma prevé que se ordene por parte das Cortes Xerais do Estado xunto ao tratamento dos demais dereitos e
liberdades, cun alcance igual para todos cidadáns e cidadás do Estado Español, derivando pois de aquí a
implicación da Administración Central do Estado.
18.Preceptos constitucionais que regulan a educación e afectan á política educativa autonómica.
Diferentes artigos:
−art.3, referido ó deber de tódolos españois de coñece−lo castelán e o dereito de usa− lo.
−art.27.10, recoñece a autonomía univesitaria, que permite a cada Universidade das súas regras de goberno.
−art.148.1.17, as Comunidades Autónomas poderán asumir competencias en materia de fomento da cultura,
da investigación, e no caso de ensino da lengua propia da Comunidade.
−art.149.1. 1.º , que establece como competencia exclusiva do Estado, a regulación das condicións básicas que
garantan a igualdade de tódolos españois.
−art.149.1.13º, relativo á competencia exclusiva da Administración Central do Estado en materia de ``bases e
coordinación xeral da actividade económica``.
19.Competencias xerais da Administración central en materia educativa.
Entre as competencias estatais sinalamos:
−a ordenación xeral do sistema educativo.
−a programación xeral.
−a fixación dos ensinos mínimos.
−a regulación dos titulos válidos en todo o territorio español.
−o sinalamento dos requisitos mínimos dos centros docentes.
−o sinalamento das condicións mínimas de impartición de ensinos en niveis non obrigatorios.
−a posta en marcha do Consello Escolar do Estado.
−o establecemento de normas básicas dos concertos educativos.
−validez de coñecer o castelán.
−validez dos libros de texto e escolariedade.
−protectorado das funcións docentes.
10
−extranxeiros en España.
−estadística con fins estatais.
−colaboración internacional en tareas educativas.
−inspección do Estado no sistema educativo.
20.Competencias traspasadas á Comunidade Autónoma galega pola Administración central en materia
educativa.
Traspásanse ás Comunidades Autónomas con competencias plenas en educación as seguintes competencias,
función e servicios:
−Aquelas ejercidas con anterioridade polas Direccións ou Delegacións Provincias do MEC.
−O servicio de Inspección Técnica de Educación.
−Os servicios de atención complementaria ó alumnado.
−A dependencia, titulariedade administrativa,e, no seu caso, a propiedade e demais dereitos reais obstentados
polo Estado.
−As competencias referidas á creación, posta en funcionamento, modificación, extinción e réxime xurídico
dos mesmos.
−As competencias relativas á autorización, funcionamento, modificación, cesamento de actividades e réxime
xurídico dos centros docentes privados.
−Os actos de administración de persoal que se deriven da relación entre os funcionarios transferidos e
respectiva comunidade autónoma.
−A regulación dos niveis de ensino.
−O establecemento do currículo dos distintos niveis do sistema educativo.
−A tramitación e a proposta dos programas experimentais para as novas ensinanzas de formación profesional.
−A elaboración e o desenvolvemento de planos e proxectos de experimentación e innovación educativa.
−A edición de libros de escolariedade.
−A elaboración , a aprobación e a execución dos programas de investimentos en construccións, instalacións.
−A tramitación e a resolución dos expedientes de concesión de subvencións ou acceso ó réxime de concertos
educativos e propostas de declaración de interese social.
−As relativas a transporte e a comedores escolares.
−O protectorado sobre as fundacións docentes.
−A xestión de bolsas e axuda ó estudio.
11
−A inscrición dos centros docentes no seu correspondente Rexistro.
−A regulación da participación social educativa.
21.Competencias das Administracións locais en materia educativa.
A LODE na súa Disposición Adicional Segunda establece a cooperación das corporacións locais coas
administracións educativas correspondentes en canto á creación,construcción mantemento dos centros
públicos e vixilancia do cumprimento da escolariedade obligatoria.Mesmo se indica que os Consellos
Escolares dos centros públicos integrarán un representante municipal en cada caso.
A Lei de Bases de Réxime Local de 1985 explica que debése de participar na programación xeral do ensino e
cooperar coa administración educativa na creación ,construcción e sostemento dos centros docentes públicos
,intervir nos seus órganos de xestión e participar na vigilancia do cumprimento de escolariedade obligatoria.
22.Instancias a través das cales se vehicula a participación social na programación xeral do ensino.
A LODE dedica o seu Título II á participación institucional dos sectores afectados na programación xeral do
ensino, prevéndose alí a súa articulación a través de instancias como:
−O Consello Escolar do Estado.
−Os Consellos Escolas das CCAA.
−Os Consellos Escolares doutros ámbitos territoriais.
23.Competencias educativas doutras Consellerías da Xunta de Galicia que non corresponden á
Consellería de Educación.
7. Capacitación de agricultores(Consellería de Agricultura).
8. Conservación da naturaza(Consellería de Agricultura).
9. Fomento da cultura e promoción sociocultural( Consellería de Cultura).
10. Deporte(Consellería de Presidencia).
11. Protección de Menores(Consellería de Traballo).
12. Protección e Promoción da Saúde (Consellería de Sanidade).
13. Formación Ocupacional(Cosellería de Traballo).
14. Outros Servicios Sociais(Consellería de Traballo e Servicios Sociais).
24.Áreas nas que se detectan as principias lagoas normativas no ámbito educativo entre 1982 e 1987.
Constátase a precariedade normativa en campos como:a formación en servicio e permanente do profesorado; a
renovación, reforma e experimentación curricular, a integración da educación especial; a educación
compensatoria; a escola rural; a normalización lingüística no ensino,a integración das novas tecnologías,a
inserción no medio, a educación permanente dos adultos,a formación profesional e os programas de transición
entre o sistema educativo e o mundo do traballo.
12
25.Que servicios e funcións no eido universitario se lle transfiren a Galicia en virtude do R. D.
1754/1987 de 18 de decembro.
Pola súa parte, o Real Decreto de transferencias universitarias a Galicia, xa citado, establece:
1.Traspásase á Comunidade Autónoma de Galicia Universidade de Santiago de Compostela.
2.Correspóndelle á Comunidade Autónoma as funcións derivadas do seu Estatuto de Autonomía e mailas
recoñecidas pola Lei de Reforma Universitaria ás Comunidades Autónomas.
26. Aspectos negativos e positivos das concentracións escolares.
Gracias as concentracións escolares, a dotación e o equipamento do centro é máis digno ca unitaria, mellor
calidade de ensinanza, aparición dos transportes públicos e con respecto ó comedor escolar, este beneficia ós
nenos cunha dieta equilibrada.
Sen embargo, estas concentracións tamén acarrean aspectos negativos, como as horas perdidas que pasan os
rapaces no transporte escolar e a sepacación do neno respecto a súa familia, aínda que esto tamén conleva a
que o neno aprenda a solidarizarse cos demais rapaces.
Nas zonas máis deprimidas o eliminar as distintas parroquias, inciden na precabidade de medios,
concentrando máis a oferta e privando as ruralizadas.
27. Cal é a tendencia que se detecta en Galicia entre 1983 e 1993 en canto o numero de postos escolares
e a ocupación real dos mesmos.
Aparece unha tendencia ó aumento no sector público de 348.188 pasa a 387.480, sendo Pontevedra e A
Coruña as que presentan un aumento maior no número de escolares neste sector.
28. Para cando está prevista a definitiva implantación do novo modelo de sistema educativo.
A LOGSE estaba prevista para o ano 2000 e faise un acordo no 2002.
29. Cómo é concebido o docente no proxecto de reforma educativa.
É dodado constatar que os novos requirimentos dirixidos ó profesorado en relación co Proxecto Curricular de
centro non son univocamente asumidos nin están tampouco exento de confusións. Neste sentido o Consello
escolar de Galicia considera que, con idependencia da necesaria acción asesora por parte dos CEFOCOPS,
debería insistirse máis no labor de formación do profesorado con vistas ós novos requirimentos, de xeito que
se conxure o risco de que estes non sexan interpretados cono simple esixencia burocrática.
30. Cómo se entenden , segundo a Loxse, os servicios de orientación educativa nos centros.
Que as administracións educativas garantirán a orientación académica, psicopedagóxica e profesional dos
alumnos, especialmente no que se refire ás distintas oposicións educativas, e á transición do sistema educativo
ó mundo laboral, prestando singular atención á superación de hábitos sociais discriminatorios que condicionan
o acceso ós diferentes estudios e profesións. A coordinación das actividades de orientación serán realizadas
por profesionais coa debida preparación. Así mesmo as Administracións educativas garatirán a relación entre
estas actividades e as que desenvolvan as Administracións locais neste campo.
31. Enumerar os equipos de apoio externos e describir brevemente as súas funcións.
13
1.Gabinete Psicopedagóxico: Ten como obxectivo asesorar, colaborar, prestar apoio e avaliar dentro do
campo psicopedagóxico, cumprindo co programa de proxectos de orientación educativa, integración de
alumnos con minusvalías, investigación e innovación educativa, Educación para a saúde, elaboración de
material de apoyo.
2. Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa: Ten como obxectivo a elaboración dos deseños
curriculares e a elaboración de exemplificacións didácticas.
32. Que implica como innovación a introducción da área de tecnoloxía na E.S.O.
Implica que a través desta área preténdese introducir unha formación profesional de base, co obxectivo de
dotar a esta etapa dun dobre carácter, académico e pre− profesional. O que conleva a dotación dunha
infraestructura adecuada de talleres pre− profesionais en tódolos centros.
33. Finalidades básicas da FP. Segundo a Loxse e diferencias coa antiga F.P.
A finalidade é a preparación dos xoves para a actividade nun campo profesional, capacitándoos para o
desempeño cualificado das distintas profesións, atendendo ás demandas de cualificación do sistema educativo.
Con respecto á vella formación , dúas son as diferencias, a primeira, o caracter de formación polivalente que
se atribúe os novos estudios. Preténdese así dar resposta á gran variabilidade que caracteriza ó actual mercado
laboral. E isto nun dobre sentido: por unha parte, en canto é difícil, senón imposible, planificar ó longo prazo
as demandas profesionais específicas dun sistema productivo caracterizado por constantes innovacións
tecnolóxicas; por outra, relacionado co anterior, porque no futuro previsiblemente a maioría dos profesionais
deberán adaptarse, ó longo da súa vida laboral, ó exercicio de diversos cometidos profesionais.
A segunda nota diferenciadora da nova formación profesional é o absoluto predominio dunha orientación cara
á adquisición de competencias profesionais, tratando de eludir un dos efectos máis xeralmente atribuídos á
antiga formación profesional, isto é, o excesivo academicismo. O concepto de competencia profesional
entendido como conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes adquiridos a través de procesos
formativos e, no seu caso, experiencia laboral, é unha das contribucións da nova formación profesional.
34. Contidos transversais que figuran no Deseño Curricular Básico.
Salientanse xeralmente seis contados, respecto dos cales presuponse unha particular sensibilidade social nos
ultimos anos, e que en consecuencia deberian impregnar a actividade educativa no seu conxunto. Por esta
razon estos contados non constituen areas propias, senon que deberan ser contemplados en todalas areas, en
tanto obxectivos da ensinanza−aprendizaxe, e en tanto obxecto de avaliacion.
Estes contados, que por adoptar este carácter, son demonizados transversais, son:
• Educación para a saude e a calidade de vida.
• Educación ambiental.
• Educación para a paz.
• Educación para a igualdade entre os sexos.
• Educación para o consumidor.
• Educación para o mecer.
• Rasgos xerais das denominadas civilizacions campesiñas.
• Forte vinculacion á terra e á paisaxe. Nalgunhas zonas, a porcentaxe de ocupación na agricultura
galega chega a situarse ó redor do 75%, fundamentalmente no interior que delimitan as provincias de
14
Lugo e Ourense.
• Distribución da poboacion en núcleos dispersos (caserios, aldeas, etc.) nos que se constata un
progresivo envellecemento dos pobladores, o despoboamento, o descenso da natalidade, ou o
desequilibrio inter−rexional.
• Estrucuturas productivas vinculadas a un sector primario no que ainda destaca o papel da explotacion
agrícola familiar, con déficits de infraestructura material e de forza de traballo cada vez mais visibles;
e, en boa medida, referidos ó forte peso do consumo na economia.
• Mentalidade tradicional.
• Perda de sinais de entidade, precariedade socio−economica e de benestar social cunha cultura
escasamente vertebrada nos marcos mais amplos que deciden a sua estructura social e os seus posibles
proxectos de futuro.
• Deprivacion ou lonxania dos servizos socio−profesionais, e dos equipamentos colectivos basicos en
materia de sanidade, cultura, información, mecer, etc agravada tanto pola distancia xeografica como
pola psicoloxia, respecto doutros medios inmersos en procesos de desenvolvemento,
fundamentalmente as cidades e o mundo urbano.
• Expoñentes dos contrastes e das disfuncionalidades que se producen entre a escola, o seu proxecto
educativo e o medio rural.
• desigualdade cualitativa na distribución da rede educativa: irrelevante presencia do ensino
dependendo da iniciativa privada, escaseza de centros de ensino medios, desequilibrio na sua
localizacion territorial, etc como determinantes da conformacion dun sistema educativo para o medio
rural.
• Equipamentos escolares insuficientes e deficientes e, en moitos casos, deficientes tanto a nivel
estructural como funcional. Asi ainda que estean cubertas a mayoría das necesidades de
dispoñibilidade de aulas, constatase a situación de inadecuación que as afecta en abundantes centros,
debemos engadir tamen a carencia de espacios polivalentes ou especificos, xunto coa tamen escasa ou
impropia dispoñibilidade de materiais didacticos.
• Disfuncionalidade nas conexions escola−comunidade, que repercute na imaxe institucional xerada
polas escolas e a percepción das suas limitacions por parte da poboacion. E a escola galega mantivose
afastada dos problemas socio−economicos do seu propio ambito ecoloxico, constituindo un elemento
alleo ás suas realidades, suscitando conductas e situacions discriminatorias e aculturadoras, e en
poucas ocasions as de carácter alterador e liberador.
• A disfuncionalidade aludida asociase a politica de territorialización educativa promovida pola
administración educativa nos anos 70. as suas consecuencias mais notorias quedaran ejemplificadas
nun proceso de reconversión escolar baseado na supresión de centros de unidades e centros educativos
sustituindoas por colexios comarcais de grandes dimensions. As dominadas concentracions escolares,
xeralmente distantes do domicilio familiar dos alumnos, requeriran a dotacion de servicios
complementarios de comedor e transporte, detraendo un capitulo importante do presuposto
economico.
• Carencia de propostas institucionais, organizativas e curriculares especificas para o medio rural
galego, coincidente coa ausencia dunha politica educativa orientada ó logro dunha escola congruente
coas realidades economicas, sociais e culturais desa sociedade. Unha situación de orde estructural e
normativa que incidira en cuestions que afectaran o profesorado, o alumnado e os pais.
• Aspectos positivos que presentan os Colexios Publicos Rurais Agrupados.
O obxetivo fundamental consiste en elevar a calidade do ensino das comunidades rurais asi como contribuir a
revitalizacion socio−economica e cultural por medio da elaboración e aplicación coordinada de proxectos
pedagoxico−didácticos que permitan a integración das aprendizajes nos medios respectivos. Na procura deste
obxectivo sinalanse distintos elementos:
15
• integración dos recursos humanos e materiais das unidades agrupadas en ditos centros, agas as
instalacions docentes e deportivas situadas en diferentes localidades.
• Estructuracion do cadro persoal de profesorado equivalente o numero de unidades que se constituan e
con posibilidades de dotarse de profesorado de apoyo itinerante.
• A actividade deste profesorado pode desenvolverse tanto na localidade do seu centro de destino como
noutras en relacion a composición do colexio rural agrupado e o proxecto educativo elaborado.
• Os Centros de Recursos existentes na zona, prestaran os seus servizos a estes colexios de forma
preferente.
A creación e o desenvolvemento destes centros supon para as familias e nenos, sobre todo para os mais
cativos, a posibilidade dunha formación inscrita no seu propio territorio, evitando desprazamentos e
separacions afectivas e cognitivas respecto do seu medio; asemade, os propios pais teñen, de partida, mayores
facilidades, para implicarse na dinamica escolar.
• factores e circunstancias que favorecen a recuperacion social do idioma galego.
Pode deducirse o galego unha das lenguas minoritarias de Europa, posue unha boa situación de partida para
poder conseguir progreso no desenvolvemento da promocion lingüística tendente á recuperacion da presencia
do idioma nas aulas.
No referente ó coñecemento do idioma, a competencia lingüística individual caracterizase pola capacidade de
entender e falar as duas lenguas que conviven en Galicia.
En canto o uso escrito pasivo e activo hai variacions: un 47% consideranse capaces de leelo e so un 33% de
escribilo. Estes datos podense considerar en certo modo normais, e a vez significativos, pois ata hai
prácticamente 14 anos toda poboacion recibiu unica e exclusivamente ensinanza de e en castelan.
Tradicionalmente sostivose que a utilización do galego centrabase fundamentalmente no ambito rural e nas
vilas, atribuindolles ás cidades, especialmente as mais grandes, un masivo abandono do galego e
consecuentemente, o seu paso o castelan.
• Presencia e uso do idioma galego na ensinanza. Comparacions intercentros (públicos, privados,
concertados) e co ambito familiar.
Preescolar e Ciclo inicial: ensino en galego ou en castelán segundo a lingua materna predominante no
grupo−clase.
Ciclo Medio e Segunda etapa: En canto o mínimo legal: ensino en galego, polo menos, na área de Ciencias
Sociais. En canto o teito legal: uso equilibrado do galego e do castelán como linguas vehiculares.
BUP−COU e FP: En canto o mínimo legal: ensino en galego, polo menos, en dúas materias a elixir en cada
curso, de entre as catro oficialmente establecidas. En canto o teito legal é o meso que no Ciclo Medio.
A destacar tamén os centros que teñen un entorno galego−parlantes son centros que marioritariamente usan o
castelán.
• Panoramica dos servizos complementarios do sistema escolar:
No que atinxe os servicios de comedor e transporte, se constatamos a existencia de comedor en algo máis do
60% dos centros da mostra, e de transporte do alumnado nun 75% dos centros. En canto o funcionamento dos
servicios complementarios de transporte e comedor escolar; o 78% do profesorado manifesta traballar en
centros que dispoñen do servicio de transporte, mentres que o 22% restante carece del. Os primeiros fan unha
16
valoración positiva do mesmo, como demostra que o 48,1% deles definan o seu funcionamento como bo e o
10% mudan a su consideración pla de moi bo. Finalmente, o transporte escolar é un servicio destinado ós
escolares dos niveis obligatorios que teñen o seu domicilio a máis de dous quilómetros de distancia do centro
ó que deben asistir, mentres que os comedores escolares son para aqueles alumnos que tendo o seu domicilio a
esta distancia, non dispoñen de transporte escolar ó mediodía, ou mesmo que non teñen tempo suficiente para
ir comer ós seus fogares e voltare ás actividades educativas programadas para a tarde.
• Avaliacion xeral da educación primaria na Comunidade Autonoma de Galicia na fin do s. XX:
avances, problematicas e novos desafios.
Cabe destacar o uso do galego nos centros públicos de primaria en contraposición os centros privados onde
destaca como lingua o castelán.Tamén debemos falar do papel do profesorado de primaria ten que que mostrar
os alumnos unha grande motivación no ensino.Outro punto a destacar é a integración de alumnos especiais
que se van unido o sistema educativo de maneira progresiva .Por estos e outros motivos prodúcese unha
mellora considerable na educación en correspondencia a anos anteriores.
17
Descargar

A educación en Galicia

EscolaLei Xeral de EducaciónIdioma galego# PedagogíaPolítica educativa
A Idade Moderna

A Idade Moderna

ArteEspaña en la Edad ModernaGalicia en la Edad ModernaÉpoca de CambiosDescubrimentos GeográficosColonizaciónEconomía

1.− O SIGNO LINGÜÍSTICO. EXPLICA OS DOUS PLANOS DO SIGNO... QUE HAI ENTE ELES.

1.− O SIGNO LINGÜÍSTICO. EXPLICA OS DOUS PLANOS DO SIGNO... QUE HAI ENTE ELES.

Sistema consonántico galegoLengua gallega # Signo lingüísticoFalaLinguaArticulación

Lengua y literatura gallega

Lengua y literatura gallega

Articulación fonéticaSeseoVariedades geográficas # CunqueiroLengua estándarFestas MinervaisFonemasHistoria de la lengua

A enerxia eléctrica

A enerxia eléctrica

ReceptoresEnerxias renovablesBiomasaCircuito eléctricoMagnetismoMotoresTurbinaXeneradorConductores

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Biografía del autorTemaNarrativa del siglo XXEscritores de la Xeración NósLiteratura española contemporáneaContexto histórico y literarioAdrián SolovioPersonajesDon BernaldoArgumentoNovela gallegaEspacio y tiempoVocabulario

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Narrativa cuentística gallegaTeatro gallegoBiografía # Escritores galegosGaleguismoLiteratura española contemporánea

Alhambra de Granada

Alhambra de Granada

Palacio de ComaresPalacio de los LeonesSalón del Trono

Estudo histórico e filológico do Portugues

Estudo histórico e filológico do Portugues

Lingua románicaPortuguésDivergencias fonéticas, morfo-sintácticas, léxico-semánticas, pragmáticasGalegoCaracterísticas

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Vida y obraEscritorGaliciaPolíticoPintorNacionalismo gallegoObra narrativaCousasDibujante

Dados

Dados

JuegosTabaAstrágalosAzarProbabilidad