boletin asociación n13.FH11

Anuncio
infopolígono
Boletín de actualidade preventiva
Outubro de 2012
Sumario:
Editorial ............................................02
Noticias .............................................03
Entrevista .........................................05
Actividades da asociación ...............07
Lexislación ........................................10
Difusión de servizos ........................11
Editorial
Cada mes de outubro, na semana 43 do calendario, celébrase a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde
no Traballo, na que se levan a cabo centenares de iniciativas de sensibilización organizadas en toda a UE e fóra
dela. Esta semana aglutina a celebración de actos como conferencias e exposicións, sesións de formación e
actividades nas que colaboran entidades grandes e pequenas. É tamén importante a achega de moitas iniciativas
locais e rexionais de sindicatos, empresas, ONG’s e a Administración.
Este ano a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo puxo en marcha a campaña Traballos
Saudables 2012-2013 ‘Traballando xuntos para a prevención de riscos' que ten como obxectivo alentar a directivos,
traballadores e outras partes interesadas a unir forzas para a mellora da seguridade e a saúde.
A campaña céntrase na prevención de riscos, na xestión, no fomento da participación activa dos directivos na
súa redución e no estímulo aos traballadores e os seus representantes e outras partes interesadas para colaborar
cos directivos na atenuación dos mesmos.
Por todo isto, o Gabinete de prevención de riscos da Asociación quere esforzarse máis no fomento da cultura
preventiva nas empresas, e quere sumarse á iniciativa europea programando as súas propias actividades de
prevención para as empresas do polígono San Cibrao e así celebrar a Semana da Seguridade e Saúde no Taballo,
achegando novas iniciativas como a campaña de sensibilización ‘A túa seguridade non é un xogo’ e o premio
‘cero accidentes, cero incidentes’ sen esquecer as presentes.
02
Noticias
Novo premio a nivel nacional para a Asociación
de Empresarios
É a segunda vez que obtén un galardón da prestixiosa
revista Formación de Seguridad Laboral
A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao acaba de ser
distinguida pola revista Formación de Seguridad Laboral pola súa
acción destacada en materia preventiva. O xurado valorou
expresamente o labor desenvolvido na mellora das condicións de
traballo, dirixidas a elevar a protección da seguridade e saúde dos
traballadores, e a capacidade de estender ao mundo do traballo
a cultura da prevención.
Os premios de Seguridade e Saúde Laboral 2012, foron entregados
o día 1 de marzo en Madrid, en seis categorías: Innovación tecnolóxica
en EPI e produtos, Investigación, Formación, Xestión de seguridade
laboral, Organismo, entidade ou institución destacada na prevención
de riscos laborais e Premio extraordinario do xurado.
A revista pertence á Editorial Borrmart, especializada en publicacións
técnicas de difusión nacional e internacional que tratan diferentes
sectores como talleres, automoción, seguridade e limpeza, nas que
se informa das novidades e se difunden as inquietudes profesionais.
José Manuel González Tizón, responsable da
Comisión de Prevención da Asociación de
Empresarios, recolleu o premio en Madrid
da man do presidente da editorial Borrmart,
Javier Borredá
A actividade premiada pola revista
A revista valorou en primeiro lugar a creación no ano 2000 do Servizo de Primeira Intervención,
ante a inseguridade e falta de equipamentos para facer fronte a un incendio. Este servizo conta
con nove profesionais na extinción de incendios, que atenden ao colectivo industrial coa rapidez
e o material necesarios, en horario ininterrompido as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Neste ámbito, o Servizo de Primeira Intervención desenvolve unha campaña informativa e de
promoción de simulacros de urxencia nas empresas, totalmente gratuíta para os asociados e co
dobre obxectivo de formar a todo o persoal nas rutinas de acción, para afrontar unha situación
de perigo e cumprir coa normativa básica de autoprotección.
O labor deste servizo é coordinada por un Gabinete de Prevención, creado pola Asociación para sensibilizar e formar
en materia de seguridade e saúde laboral ao tecido empresarial do polígono.
No terreo formativo, o Gabinete conciencia aos alumnos dos riscos existentes nos postos de traballo, e oriéntaos sobre
as medidas que deben levar a cabo para previlos. Accións coma o uso de extintores, o desenvolvemento práctico de
plans de urxencia nas empresas, primeiros auxilios etc, foron algúns dos cursos impartidos e nos que se viron superadas
as expectativas de implicación empresarial.
A Asociación de Empresarios consolídase así novamente como un referente a nivel nacional, ao ser capaz de combinar
a mellora permanente da eficiencia empresarial coas técnicas de seguridade e saúde laboral; poñendo todos os medios
para reducir os accidentes e creando un ambiente propicio para a implantación de sistemas produtivos seguros.
03
Noticias
Intervencion psicosocial desde o coaching
Unha nova forma de mirar a prevención de riscos psicosociais
“O mellor que podes facer polos demais non é ensinarlles as
túas riquezas senón facerlles ver as súas propias”. (Goethe)
Unha organización competitiva, un directivo feliz e un traballador
aportando todo o seu potencial no seu traballo non é unha ficción.
É posible. E é posible porque poden ser adestrados para transformar
o traballo nunha actividade de fluxo. Pero non basta con recoñecer
a situación na que un se atopa, fai falta “querer cambiar” as crenzas
e hábitos que dificultan ser máis efectivos e eficaces. En definitiva,
asumir a responsabilidade para ser o que se quere ser e facer o que
se quere facer.
E este adestramento é o coaching, que se constitúe en vehículo para
transportar ás organizacións e ás persoas a unha realidade óptima. A
partir do “aquí e agora” da situación, sen pretender emitir xuízos,
simplemente describíndoa para pasar a ser o que en potencia son.
Guía Intervención Psicosocial desde el Coaching,
reeditada por la CEO
Para levar a cabo este proceso é preciso saber que a organización, o directivo e o traballador deben penetrarse nun
territorio sempre desconcertante e incerto: “aprender a aprender e a desaprender” para ser sistemas organizacionales e
individuais sans. A saúde de cada un destes sistemas, o equilibrio e a harmonía de cada un deles, é o que constitúe o reto
para pensar, sentir e actuar xerando emocións positivas ou sinergias motivadoras.
Coa intervención psicosocial desde o coaching preténdese mostrar que é posible trazar un horizonte de expectativas
de desenvolvemento das persoas e das organizacións a través de obxectivos concretos e medibles. Conseguir o equilibrio
entre o que cada persoa é potencialmente e o que as organizacións representan, desde a aprendizaxe tanto duns como
doutros, conforma unha necesidade básica máis que un reto a alcanzar. Pois máis que nunca estamos necesitados de
persoas e organizacións saudables ou, o que é o mesmo, en equilibrio.
Desaprender hábitos, xa sexan individuais ou colectivos, sitúanos nun terreo pouco coñecido e esixe ter a capacidade
de arriscarse a novas formas de establecer as relacións laborais máis aló do que serviu ata agora. O ser humano caracterízase
pola gran capacidade de adaptación ao medio. A crise actual móstranos que algo non funciona, que o medio está
evolucionando cara a novas formas de interrelación acodes-mundo laboral- mundo persoal.
Trátase dun enfoque, que non sendo rigurosamente novo, pois xa foi tratado con anterioridad, proporciona amplitud e
integración aos intereses das organizacións, os directivos e os traballadores desde unha visión positiva.
Unha especialista na materia, Dª Blanca Bermejo Osés, Xefe de proxectos de Prevención de Riscos laborais do Grupo
Quando (Prevalia), abordará este tema o próximo 25 de outubro na Confederación empresarial de Ourense con ocasión da
conmemoración da Semana Europea da prevención. Nese mesmo acto será presentada a Guía A Intervención Psicosocial
desde o Coaching, reeditada pola CEO co financiamento da Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales.
04
Información facilitada polo Gabinete de asesoramiento e asistencia
técnica en prevención de riscos laborais para empresas de ata
49 traballadores da Confederación empresarial de Ourense.
[email protected]
Entrevista
Rocío de Frutos Madrazo
Inspectora de Trabajo y Seguridad Social
Licenciada en Derecho, esta vallisoletana afincada en Ourense, pertenece
al Cuerpo de Inspectores de Trabajo y Seguridad Social desde hace
casi dos décadas, siendo jefa de equipo desde 1997. Tras su paso
durante 4 años por la Secretaría General de la Subdelegación del
Gobierno de Ourense, retoma su actividad en la Inspección de Trabajo
en el año 2008
¿Qué debe hacer una empresa para estar al día en prevención de riesgos laborales? ¿Considera que esto
supone un coste añadido para el empresario?
Lo primero que debe hacer la empresa es asumir que en toda actividad empresarial existen riesgos y que la
obligación básica del empresario es garantizar la seguridad y salud de sus trabajadores; a partir de aquí, la clave
está en integrar la prevención dentro de la actividad productiva e intentar que descienda a todos los niveles
jerárquicos de la empresa. No se puede concebir la prevención como un coste añadido y no va a ser así desde
el momento en que se asume que es una actividad propia y esencial de la empresa; la concepción de la prevención
como un coste tiene en parte su origen en esa falta de concienciación que ha llevado a externalizar la prevención,
a cumplir formalmente determinadas obligaciones preventivas que tienen como objeto esa integración. Tomar
atajos en esta materia intentando “reducir” los costes económicos directos que puede suponer la actividad
preventiva, va a implicar al final tener costes realmente inasumibles, tanto desde el punto de vista humano como
económico, e incluso organizativo no sólo como ocurre en el supuesto de un accidente sino en aquellas muchas
ocasiones en que ocurren incidentes por la falta de planificación y de adopción de medidas correctoras.
El sector industrial atraviesa una situación complicada. ¿De qué manera están detectando esta circunstancia
desde su departamento a la hora de las inspecciones en cuanto a seguridad?
En nuestro trabajo diario, no sólo actualmente sino desde siempre, por parte de las empresas se ha acudido a
la excusa de la situación económica (particular y actualmente general) para intentar justificar incumplimientos
de obligaciones preventivas y la escasa actividad preventiva desarrollada por las mismas. Entiendo que no ha
existido un descenso de medidas preventivas vinculadas a la crisis económica (partiendo de la premisa de que
el nivel de cumplimiento por parte de muchas empresas ha sido siempre muy mejorable), lo que sí se está
produciendo son determinadas situaciones en el seno de las empresas, que hacen que el clima laboral no sea el
más adecuado para desarrollar un trabajo en condiciones de seguridad. También sería destacable en este punto
el hecho de que esta situación de crisis ha llevado a muchas empresas (que sí entienden la prevención como
un coste) a buscar conciertos “más baratos”, con la imposibilidad a veces de los servicios de prevención de dar
una respuesta adecuada.
A la hora de integrar las medidas preventivas en la empresa, ¿pesa más la iniciativa individual del empresario
o el miedo a las sanciones?
Me gustaría pensar que lo que prima es la iniciativa individual, que la concienciación del empresario es lo relevante
a la hora de desarrollar en la empresa cualquier actividad preventiva, no olvidemos que de lo que estamos
hablando es de la protección del derecho a la seguridad y a la salud de los trabajadores, no obstante creo que
lo que más pesa a la hora de gestionar la prevención es saber que existe una normativa (y muy extensa) que
impone una serie de obligaciones de evaluación planificación, condiciones materiales, formativas, emergencia,
documentales… y que su no cumplimiento puede llevar a exigir a la empresa no sólo responsabilidad administrativa
sino civil e incluso penal.
05
Entrevista
Es preciso desterrar la idea, aún arraigada en muchos empresarios, de fundamentar la prevención en la
documentación, o como “algo” orientado a demostrar el cumplimiento de la Ley ante la Inspección de Trabajo
y la Seguridad Social, pues de esta forma los instrumentos básicos de gestión de la prevención se convierten en
un documento para guardar en el cajón. La prevención debe ir unida a la del cumplimiento real de las obligaciones,
teniendo en cuenta los riesgos inherentes a los procesos productivos y las actividades desarrolladas en el centro
de trabajo y no a la acción de la Inspección de Trabajo como órgano de control del cumplimiento de la normativa.
No obstante que las empresas en general han avanzado en el cumplimiento de sus obligaciones en materia
de prevención de riesgos laborales y la seguridad y la salud de los trabajadores, su garantía ha adquirido, en los
últimos tiempos, una gran relevancia y preocupación por parte de los empresarios.
¿Cree que las actividades realizadas en materia de prevención por esta asociación cubren las necesidades de
las empresas en cuanto a formación e información? ¿Considera que se podrían complementar con otro tipo de
acciones?
Conozco las líneas fundamentales del Plan que la asociación tiene previsto realizar en los próximos cinco años,
en este sentido ésta y cualquier otra actividad dirigida a fomentar la formación empresarial, y en consecuencia
esa iniciativa individual y concienciación en materia preventiva de las empresas a las que ya nos hemos referido,
debe ser apoyada y reconocida, más aún cuando es desarrollada por asociaciones y entidades cuyas competencias
no son estrictamente las referidas a esta materia. No obstante, la empresa debe tener presente que cualquier
actividad preventiva que se desarrolle, incluida la formación, debe realizarse de forma suficiente y adecuada y
en el marco preventivo que la legislación le marca. Si bien, como he señalado, estimo que aunque son muy
importantes estas iniciativas de nada sirven si a la hora de actuar la empresa con respecto a los trabajadores en
aspectos como formación, información, planes de emergencia, estas acciones se llevan a cabo en numerosas
ocasiones vaciadas de contenido y en muchos casos se reducen a documentos y papeles.
¿Qué actuaciones tiene previstas la Inspección de Trabajo en nuestra provincia en materia de prevención de
riesgos laborales?
Junto a las actuaciones ya conocidas de la Inspección de Trabajo relativas a la vigilancia del cumplimiento de las
condiciones materiales de seguridad y de la gestión de la prevención por parte de las empresas, así como la
investigación de los accidentes, destacaría la campaña que estamos desarrollando en materia de riesgos psicosociales
en tres sectores básicos de actividad que son empresas de transporte, Call Center y residencias de ancianos.
¿Qué mensaje enviaría a los empresarios de este polígono?
Que no se excusen con la idea de que la crisis económica dificulta realizar actividad preventiva ya que, como
en todos los ámbitos de la vida, mientras pensamos que no podemos hacer dejamos de hacer. Que se impliquen
en la gestión de la prevención y abandonen la idea de que la prevención se hace en y por los Servicios de
Prevención, que impliquen a sus directivos y también que aprendan a exigir tanto a los trabajadores, que en la
empresa tienen obligaciones preventivas, como al servicio de prevención con quien tienen concertada la actividad
preventiva. Por último, que sean conscientes de dos cuestiones, la primera es que como empresario es garante
de la seguridad y salud de los trabajadores (aunque en esta labor no están solos y como he señalado deberían
empezar a exigir) y el quebranto de esta salud puede conllevar unos costes personales y materiales inasumibles
tanto para la empresa como para las personas físicas que la representan, más allá de la sanción de la Inspección
de Trabajo; y la segunda, que la actividad preventiva debe ser una parte más de la actividad productiva, con la
misma importancia que el resto de las actividades de interés para la empresa, y esto es, en definitiva, integrar la
prevención, no siendo ya viable entender ésta tan sólo como una obligación legal que conlleva un coste añadido.
06
Actividades da asociación
Aplicación para IPAD do mapa de riscos
O Gabinete de prevención de riscos laborais da Asociación pon en marcha unha nova aplicación
do mapa de riscos para dispositivos Ipad
Abrirse cara ás novas tecnoloxías supón, para a nosa entidade
un avance que nos fai cumprir co noso obxectivo de
desenvolver proxectos e ferramentas que estean ligados aos
canais de consulta actuais.
Dentro deste contexto o gabinete presenta unha aplicación
do mapa de riscos para dispositivos Ipad, ferramenta que
suporá facilitar o acceso ao Servizo de Primeira Intervención
de San Cibrao para un coñecemento exacto da situación
das empresas da zona industrial, a visualización rápida e eficaz
dos elementos de risco das empresas, e a rápida elaboración
de informes e incidencias.
Visualización da aplicación do mapa de riscos para Ipad
Ademais, esta aplicación permitirá un coñecemento rápido e eficaz ante calquera perigo ou incidente aos servizos
de emerxencia de fóra da nosa zona, como os bombeiros de Ourense e o 112.
A través dunha interface sinxela e moi intuitiva a nivel visual, poderanse cumprimentar os correspondentes
formularios cos datos necesarios para a elaboración posterior dos informes de riscos das diferentes empresas,
e obter toda a información necesaria en canto á situación dos riscos e emerxencias nas industrias de San Cibrao.
Blog de prevención
O gabinete de prevención de riscos laborais da Asociación estrea un blog especializado en materia preventiva
Outra ferramenta adaptada ás novas tecnoloxías é a creación dun blog especializado, que ten por obxecto a
difusión e comunicación de diferentes aspectos da prevención: normativa vixente, actividades do gabinete da
Asociación e aqueles aspectos que sexan relevantes en canto a seguridade e saúde laboral, entre os traballadores
das empresas que forman parte da Asociación de Empresarios, fomentando a cultura da prevención e as
comunicacións entre profesionais, empresarios e empregados.
Este blog está pensado para que non sexa pechado, é
dicir, terá a súa parte privada restrinxida só a aqueles
usuarios que se identifiquen como membros da Asociación,
e terá outra pública que permitirá a participación doutras
empresas alleas á nosa entidade que queiran aportar
información ou a súa opinión en canto a seguridade.
http://blogriscos.poligonosancibrao.com
O obxectivo final deste proxecto é garantir a interactividade
dos traballadores das empresas da asociación en materia
preventiva, xa que desta maneira poderán consultar as
súas dúbidas en temas de seguridade de xeito inmediato,
e coñecer as novidades e as urxencias que existan en
canto as medidas de seguridade a adoptar.
07
Actividades da asociación
Participación en PREVISEL 2012
Un ano máis a cidade de Ourense contou cun salón dedicado á prevención de riscos laborais
Ourense foi testemuña do salón da prevención e seguridade laboral, o pasado mes de abril no recinto feiral de
Expourense, durante dúas intensas xornadas nas que se levaron a cabo máis dunha trintena de actividades,
encamiñadas a favorecer e implantar a cultura preventiva entre as empresas, traballadores e administración
públicas.
A Asociación de Empresarios contou cunha especial referencia neste encontro preventivo, a través do seu stand,
no que amosou ós asistentes as actividades desenvoltas polo gabinete nos últimos anos, ademais do material e
vehículos de extinción do Servizo de Primeira Intervención. Ademais, realizáronse encontros prácticos: a presentación
do novo premio de seguridade e saúde laboral, e dous obradoiros impartidos polo Servizo de Primeira Intervención
sobre o manexo correcto dos extintores.
Stand no recinto feiral de Expourense
da Asociación de Empresarios e o
Servizo de Primeira Intervención
08
O martes 17 de abril tivo lugar, logo do inicio oficial da feira, unha presentación do Proxecto de prevención do
Polígono de San Cibrao, ademais do premio de seguridade e saúde laboral recibido pola entidade o pasado mes
de marzo. A exposición foi realizada por José Manuel González Tizón, membro da xunta directiva da Asociación
de Empresarios, e responsable da comisión de prevención da mesma.
Actividades da asociación
Durante a intervención de González Tizón, fíxose especial relevancia á traxectoria do gabinete de prevención
durante os últimos anos, á posta en marcha do Servizo de Primeira Intervención ou á realización de campañas
informativas e formativas para traballadores e empresarios do Polígono San Cibrao. Ademais, destacou a
presentación do recente estudo realizado pola Federación de Parques Empresariais de Galicia, a través do que
se analizaron máis dunha vintena de parques empresariais de toda a comunidade galega, e do que se desprende
que o Polígono de San Cibrao xunto co Parque Tecnolóxico de Galicia, son as zonas industriais mellor preparadas
en canto a infraestruturas, accesos e instalacións ante emerxencias.
En canto ao Servizo de Primeira Intervención, leváronse a cabo dous
obradoiros teórico-prácticos de extinción de incendios, mediante os
que os alumnos puideron coñecer as características dun extintor e cómo
deberá empregarse en caso de emerxencia.
Obradoiro teórico –
práctico de extinción
de incendios impartido
polo Servizo de
Primeira Intervención
Presentación dos proxectos de prevención da
Asociación de Empresarios ante o público
asistente á feira, e personalidades das diferentes
administracións públicas
Apertura da asociación de empresarios ás
redes sociais
O desenvolvemento do mundo da tecnoloxía nos últimos anos
está supoñendo notables cambios na estrutura económica e social
actual. As empresas, e a industria en xeral, converteron nunha
realidade o intercambio de coñecemento e información actualizada
a tempo real, sen demoras nin custos engadidos.
Neste entorno tan cambiante, a Asociación de Empresarios quere
abrir as súas fronteiras e ofrecer aos seus asociados e á poboación
en xeral, información e asesoramento actualizado minuto a
minuto, a través das diferentes redes sociais, porque hoxe en día,
falar de redes sociais é falar de intercambios, avance e mellora.
Asociación de
Empresarios Polígono
San Cibrao
Asociación de
Empresarios Polígono
San Cibrao
Asoc Pol S. Cibrao
09
Lexislación
PLANS DE AUTOPROTECCIÓN:
ELABORACIÓN, IMPLANTACIÓN E REXISTRO. DATA LÍMITE OUTUBRO 2012
Rexistro Electrónico para os Plans de Autoprotección de Galicia
Coa publicación da Orde do 27 de febreiro de 2012 créase o
Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección na Comunidade
Autónoma de Galicia e regúlase o seu procedemento, que
dependerá da dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias
en materia de protección civil.
O rexistro ten como finalidade o establecemento dunha base
de datos sobre o contido dos plans de autoprotección, á que
poderán acceder os servizos de emerxencias da comunidade
autónoma de Galicia, aos efectos de ampliar a información sobre
os centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias
que facilite e optimice as súas posibles intervencións en caso de
sinistro.
A inscrición neste rexistro é obrigatoria para tódolos centros, establecementos e instalacións dedicados a actividades que
se determinan no catálogo de actividades, recollido no anexo I do Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de
autoprotección en Galicia. As non incluídas no devandito catálogo poderán, así mesmo, inscribirse no rexistro con carácter
voluntario.
Prazos
As empresas dedicadas a actividades industriais e almacenamento, a actividades sanitarias, infraestruturas enerxéticas e
de transporte, centros de día, edificios que alberguen actividades comerciais, administrativas ou de prestación de servizo,
entre outros, están obrigadas a contar cun Plan de autoprotección e a inscribilo no Rexistro Galego de Plans
de Emerxencia (REGAPE) antes do 22 de outubro deste ano.
Contidos
Tanto o catálogo de actividades, como o contido mínimo do plan de
autoprotección, o certificado da implantación do plan e o contido mínimo
do rexistro de datos dos centros, lugares ou establecementos onde
sexa habitual a concentración de persoas, recóllense no Decreto 171/2010,
de 1 de outubro, sen prexuízo de que se poida requirir a presentación
doutra documentación que se considere oportuna.
Inscrición
Os titulares de centros, establecementos e instalacións deberán solicitar
a inscrición no rexistro diste plan con carácter previo ao inicio da súa
actividade ou a modificación do exercicio da xa autorizada, e deberán
utilizar a aplicación electrónica habilitada na páxina web da Xunta de
Galicia, mediante sinatura electrónica, na dirección https://sede.xunta.es/
10
Información facilitada polo Gabinete de asesoramiento e asistencia
técnica en prevención de riscos laborais para empresas de ata
49 traballadores da Confederación empresarial de Ourense.
[email protected]
Difusión de servizos
Campaña cero accidentes, cero incidentes
Dende a Asociación de Empresarios queremos seguir coa nosa labor preventiva, ampliando a asistencia prestada
coa incorporación dun servizo de prevención de riscos coordinado para a elaboración de estudos e
actividades de información e formación de traballadores e empresarios, que permitirá conectar medios e esforzos
para loitar por un fin común: a redución da sinistralidade laboral.
1. REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS NAS EMPRESAS DO POLÍGONO SAN CIBRAO
O primeiro paso será coñecer a situación na que se atopan as empresas para valorar posteriormente as necesidades
e carencias co obxectivo de establecer as accións correctoras e boas prácticas a desenvolver.
Un equipo técnico encargarase de realizar visitas personalizadas na empresa, consistentes nunha minuciosa labor
de campo na que se analizarán todos os aspectos laborais e industriais.
Unha vez avaliada a situación na que se atopa o Polígono, estimaranse as accións correctoras para realizar, e
levarase a cabo as campañas pertinentes de formación e información..
2. SEMANA DA PREVENCIÓN NO POLÍGONO SAN CIBRAO
Dentro desta campaña e con motivo da semana da prevención de riscos laborais que se celebra no mes de
outubro (22 ao 26) dende a Asociación levaranse a cabo diferentes simulacros de emerxencias nas empresas
do Polígono San Cibrao e accións formativas en materia de incendios, primeiros auxilios, riscos psicosociais, etc.
11
Difusión de servizos
3. REALIZACIÓN DE CAMPAÑAS INFORMATIVAS
Unha vez analizada a situación na que se atopan as empresas, realizarase unha campaña de longa duración, nun
período de 5 anos, co obxectivo de reducir a sinistralidade do Polígono San Cibrao.
Fomentar o uso de boas prácticas para a diminución dos accidentes laborais, facilitando ao empresario toda a
formación e información que precise segundo as carencias detectadas con anterioridade, será o eixe central desta
campaña.
En definitiva o que se pretende é promover os usos preventivos no polígono San Cibrao favorecendo así a
redución dos accidentes.
4. PREMIO “CERO ACCIDENTES, CERO INFRACCIÓNS”
Dende a Asociación queremos premiar e alimentar as boas prácticas preventivas que se leven a cabo no colectivo
empresarial. Para iso, dentro da campaña ‘Cero accidentes, cero incidentes’ imos poñer en marcha unha entrega
de premios, motivando así o cumprimento da normativa vixente en prevención de riscos laborais e animar ao
empresariado de San Cibrao das Viñas a introducir a cultura preventiva na súa actividade diaria, favorecendo
deste xeito a redución da sinistralidade.
Para inscribirse ao premio, as empresas tan só deberán certificar o número de accidentes ocorridos no último
ano e un xurado da valorará as diferentes propostas, elixindo a mellor candidata para o premio.
A empresa gañadora será premiada cun recoñecemento durante o acto da Asemblea Xeral Ordinaria anual, e
ademais será recoñecido o traballador que mellor xestionara a prevención na mesma, porque os empregados
son quen fan posible que a sinistralidade laboral se reduza no polígono.
Descargar