Percorrido histórico polo termo literatura Introdución concesión fermoso

Anuncio
• Percorrido histórico polo termo literatura
• Introdución
O termo literatura ten a súa orixe nas verbas gregas ðððððððð e ðððð ( letra). A tradución ao latín destas dúas
verbas sería litteratura e litera ( letra). Mais debemos destacar que en latín diferenciábase entre litteratura e
scriptura, xa que o primeiro concepto alude aos saberes e ciencias profanas consagrados mediante letra
escrita ( definición de Quintiliano) e o segundo aos textos sagrados.
• Na Época Clásica o termo literatura abarcaba, en xeral, os escritos de todos os saberes ( agás a
excepción da scriptura en Roma).
• Nos séculos XV e XVI, durante o Humanismo, aparecen unha serie de regras para a retórica:
concesión, precisión e fermosura, de xeito que en Italia xa non é considerado literatura, por
exemplo, un tratado de matemáticas. Polo que se entende por literatura nesta época aquel escrito
fermoso e sen erros. En castelán e galego−portugués aparece a voz patrimonial letradura.
• Na primeira metade do século XVIII o termo vaise restrinxindo máis atinxindo só á comunicación
artística bela e sen finalidade didáctica. Durante a Ilustración aparece, da man de Kant, a
Estética, que sería creada como disciplina por Baum Garrem. Neste momento só se consideran
literatura os textos con finalidade estética.
• Na segunda metade do século XVIII e comezos do XIX os medios de comunicación comezan a
masificarse, así coma o número de persoas alfabetizadas e, polo tanto, de lectores habituais dos
mesmos. Deste xeito dáse un auxe da prosa e o termo poesía restrínxese a escritos con
configuración rítmica e formal, cando antes se aplicaba este termo tamén para o que hoxe
coñecemos como prosa. A poesía fai referencia ao natural ou verdadeiro, mentres que a literatura
ao artificial.
• Implicacións etimolóxicas: literatura e oralidade
• Primeiras manifestacións na Grecia Clásica: as primeiras manifestacións literarias foron de
carácter oral o cal é, en principio, unha contradición xa que o termo literatura provén de letra. Así, a
Odisea e a Ilíada foron cantos épicos orais que Homero recompilou. Destes cantos orais sabemos
que eran cantados polos rapsodos, que adaptaban as historias ao tipo de público, mais
descoñecemos ritmos, musicalidade...
• Primeiras manifestacións protoliterarias están ligadas aos ritos comunitarios ( nacementos, mortes,
vodas...) que na Grecia Clásica deron lugar a diferentes xéneros: laios, odas, cantos, himnos
conmemorativos, epitalamios...
• Textos compostos para o pobo:
♦ Literatura popular: literatura creada polo pobo e para o pobo ( refráns: literatura
parabiolóxica estudada pola Parabioloxía).
♦ Literatura masiva: literatura creada polas clases altas para o pobo ( quizais para
manipulalo).
Debemos diferenciar tamén entre:
• Transmisión oral: obras cuxo soporte orixinal era o escrito pero que chegan a nós oralmente (A
Rianxeira).
• Tradición oral: obras sen autor ou autores ( cando os autores son moitos falamos de autor lexión)
que van mudando por mor da incomprensión ou pola adaptación.
• Paso do soporte oral ao escrito: o primeiro gran paso neste sentido prodúcese na última época do
Imperio Romano e isto crea unha serie de problemas e cambios:
♦ Ampliación das temáticas, pois a literatura oral xa non se centra só nos ritos coma a oral.
1
♦ Eliminación da comunicación non verbal ( xestos, música...)
♦ Perde importancia a improvisación, a imaxe do emisor e a súa voz.
♦ As obras non van dirixidas a un auditorio concreto, senón que a uns lectores múltiples,
descoñecidos e non simultáneos.
♦ Hai menos repeticións e trócase a estrutura lineal pola espiral.
Até o Romanticismo a literatura máis valorada e a da elite intelectual, mentres que a partir desta época
comeza un grande interese polo popular e polo clásico, antes desprezado.
• Diferenzas entre escritura e oralidade:
♦ Na escrita a existencia de autor implica a invariabilidade.
♦ Na oralidade prodúcese unha grande variabilidade, pois danse cambios segundo o público,
simplificacións, existen diferentes versións...
• Cara unha caracterización da literatura. Concepto de literatura ( Artigo de Fernando Lázaro Carreter)
Fernando Lázaro Carreter aplica o sistema de emisor mensaxe receptor creado por Jakobson e
desenvolto por Bühler:
• Emisor = autor:
♦ Emisor cualificado e con prestixio que, polo tanto, merece máis atención.
♦ Emisor distante co que os receptores raras veces establecen comunicación, xa que os papeis
de autor e lector non son intercambiábeis.
♦ Dedica moito tempo a pensar en cómo será o posíbel receptor e concibe o texto para unha
mestura de lectores, con trazos sintácticos e morfolóxicos que nos permiten reconstruír o
autor.
♦ Impón os prazos de emisión ( cando e en que ritmo).
♦ Non quere que a mensaxe sexa modificada.
♦ Rompe o silencio dun xeito estraño, pois non coñece os receptores e emite a mensaxe só,
sen necesidade comunicativa e sen agardar resposta, mais si acollida. Este acto
comunicativo iniciado polo autor é pluridireccional ( calquera lugar ou época).
• Receptor = lector:
♦ Le por pracer ou por desexo de saber máis, non por obriga ( necesidade de arte defendida
polos antropólogos).
♦ Non pode prolongar o acto comunicativo.
♦ Pode asentir ou disentir esteticamente ou co contido, dando lugar á Crítica Literaria. O
autor pode mudar a súa escrita por mor das críticas recibidas.
• Mensaxe = obra literaria:
♦ Deseñada e revisada moitas veces.
♦ Utópica e ucrónica, mesmo as baseadas en feitos con data concreta poden seguir sendo
válidas despois de moito tempo.
♦ Non pode ser modificada polo receptor, agás a literatura na rede en formato hipertextual
na que o lector elixe o que le. Cómpre falarmos do concepto de copyleft ou copiceibe, que se
contrapón ao copyright permitindo a difusión da obra sempre que non se modifique e
indicando a súa procedencia.
♦ Non ten finalidade práctica.
• Código:
♦ Maior complexidade: pois nesta comunicación in absentia desaparecen elementos
proxémicos ( posición, movemento) e quinésicos ( xestos, expresión facial) e, para
compensar isto, o código é máis elaborado. Ademais a linguaxe verbal compleméntase con
outro tipo de códigos coma o métrico, o rítmico, o código de época ( amor cortés) que
2
establecen unha serie de regras para a codificación e descodificación dos textos literarios.
Así, no código literario empréganse recursos coma as sinestesias, metáforas... pódense
inventar novas palabras ( Cevantes, Cunqueiro) ou mesmo novos idiomas ( Cortázar).
♦ Tipos de códigos:
◊ Restritivos, coma o do amor cortés.
◊ Amplos, coma o da novela.
♦ Actitude dos autores perante os códigos:
◊ Epigonal ou de adhesión total.
◊ Ruptura mesmo até a parodia, para o que é preciso coñecer ben o código que se está
a parodiar.
◊ Termo medio entre a tradición e a innovación, a postura máis frecuente.
♦ Desautomatización: consiste en volver a mensaxe sorprendente e escura de xeito que o
lector teña que prestarlle forzosamente máis atención ( conto de Cortázar: por escrito gallina
una).
• Canle: adoita ser física e visual e está condicionada pola época ( papiro, papel, coiro, pantalla), agás
no teatro que é un soporte acústico. A canle é o obxecto de estudo da Crítica Textual, que se encarga
de revisar o texto e corrixir as erratas.
• Contexto: as circunstancias que rodean unha obra son históricas e sociais. Para a comunicación
precisamos un contexto compartido que é creado pola obra, de feito, cada obra crea o seu propio
contexto. O lector, pola súa banda, enche os ocos da obra creando imaxes mentais que dan lugar a
diferentes interpretacións, xa que a obra cala moito máis do que di.
~ Peculiaridades da comunicación literaria
• Comunicación disxuntiva:
♦ É afastada, pois o emisor e o receptor non comparten o mesmo contexto.
♦ É diferida, pois non é instantánea.
♦ É unha comunicación in absentia, ao contrario cá comunicación oral que é in praesentia, xa
que o emisor e o receptor non están xuntos.
• É intransitiva, xa que é unidireccional porque o receptor non interactúa co autor aínda que pode
influír nel ( aplausos no teatro, crítica literaria). De feito, Cesare Segre afirma que na comunicación
literaria se dan dous procesos comunicativos:
Jakobson
Cesare Segre
emisor mensaxe
emisor mensaxe receptor
mensaxe receptor
O emisor e o receptor non comparten contexto
temporal nin espacial.
• As mensaxes posúen un maior interese xa que é unha mensaxe elaborada na que todo ten un
significado polo que se agarda unha actitude de análise por parte do lector, de cooperación, coma en
tódalas artes en xeral.
• A literatura coma acto comunicativo
• Concepcións esencialistas da literatura
Moitos autores intentaron buscar a esencia do literario nun denominador común de tódolos textos
literarios, é a denominada concepción esencialista ou obxectivista. Son moitos os criterios empregados
polos esencialistas, mais destacan tres: a literatura como ficción, a literatura coma linguaxe específica e o
3
criterio xenolóxico ou poético.
• A literatura como ficción
Este criterio remóntase a Aristóteles que xa na súa Poética, o primeiro manual de Teoría da Literatura que
coñecemos, apuntaba que a literatura ou poesía ( termos sinónimos entón) se baseaba na mímese, isto é, na
imitación. Isto diferénciaa doutras expresións escritas coma a filosofía ( abstracción), a hitoriografía (
realidade) ou a ciencia ( teoría probada). Polo que a literatura, segundo este pensador grego, non reproduce
fielmente a realidade, senón que a imita creando historias cribles, coherentes e convincentes ou, o que é o
mesmo, verosímiles. Polo que se rexe polas leis da coherencia e non da correspondencia.
Seguindo estritamente este criterio toda a literatura sería ficción, pois a verdade literaria non se
corresponde coa real.
PAUL RICOEUR, pola súa banda, defende que a mímese non é copia, senón representación, é dicir, a
creación, selección e ordenación estruturada de accións ou, o que é o mesmo, a creación de mundos posíbeis,
polo que coincide coa ficción ou ficcionalidade.
Para conseguir a verosimilitude a ficción debe reflectir aquilo que é habitual e convencional. Mais isto leva
consigo unha serie de problemas:
• Reduce o concepto de literatura á narrativa e ao teatro, sen ter en conta a lírica e o ensaio.
• Parte dunha noción descontextualizada e ahistórica para captar a esencia da literatura, pois as ideas
de realidade, verdade e verosimilitude non son as mesmas en tódolos momentos nin en tódolos
lugares. Así por exemplo, a que denominamos literatura realista foi considerada na súa época unha
fiel reprodución da realidade, mais isto non é así. Detalla o menos importante empregando técnicas
grotescas e obvia o máis esencial, é un simple artificio que intenta que os signos lingüísticos,
artificiais por definición, parezan naturais. Polo que a literatura realista non o é máis cá
surrealista. Esta postura é a defendida polos FORMALISTAS RUSOS, entre os que destaca
BORIS EIKHMBAUM.
• Outros estudosos, coma S. SCHMIST, defenden que na comunicación literaria tódolos elementos
están fictivizados ( a mensaxe, o suxeito que emite a mensaxe e o ti ao que se dirixe, o que está máis
claro en teatro e narrativa ca no ensaio), polo que non podemos xulgar a obra literaria dende criterios
de verdade ou falsidade. Para Schmist a ficcionalidade é un conxunto de regras pragmáticas
dependentes da época e o espazo que preescriben como relacionar o mundo ficticio do texto co
mundo real. Un bo exemplo é a estrutura de A Esmorga:
• A literatura como linguaxe específica
• Criterio xenolóxico ou poético
Prólogo: enunciatario intermedio ( nin Cibrán nin Eduardo Blanco Amor)
Mentres na linguaxe cotiá hai un compromiso entre o emisor e o que di, o principio de sinceridade, segundo
o cal o que di correspóndese coa verdade. O mesmo pasa no caso do receptor, que admite a veracidade do
que oe, é o chamado principio de confianza. Sen embargo, na linguaxe literaria existen unha serie de
convencións:
• A significatividade, pois na linguaxe literaria todos os datos son moi significativos para a mensaxe.
• O soliloquio do teatro, é a forma na que os espectadores podemos coñecer os personaxes.
• A exposición, na que se lle dá a coñecer ao espectador ou lector unha información que descoñecía.
A ficción é unha cuestión moi complexa e está aceptada dende o século XX. HAYDEN WHITE publicou
4
unha serie de volumes nos que afirma que:
• Mesmo a escrita historiográfica é unha invención, pois non se pode constatar toda a información.
Ademais até o século XIX os historiadores só empregaban unha perspectiva, polo que non eran
obxectivos.
• Nos tratados das ciencias experimentais pode existir subxectividade, xa que poden conter
elementos da narrativa ficcional.
• A literatura como linguaxe específica
O uso dos tropos ou figuras literarias é un dos principais argumentos deste criterio, que leva vixente
vintecinco séculos e, en xeral, é pouco considerado.
Segundo QUINTILIANO, baseándose nos PITAGÓRICOS, existen dúas modalidades da fala:
• Modalidade de expresión núa: Ars recte dicendi ( gramática)
• Modalidade con sabio uso dos tropos: Ars bene dicendi ( retórica)
Segundo a retórica clásica existían máis tropos na linguaxe literaria ca na linguaxe cotiá, mais nunca
identificou a linguaxe poética con linguaxe figurada porque, malia existir figuras, non as identificaban
como tales. DU MARSAIS explica isto aludindo a figuras que na actualidade, debido a un uso prolongado, xa
non son consideradas como tales ( pata da mesa, cola de cabalo...) Algo era ou non literario nesta época
atendendo á súa finalidade estética.
Os FORMALISTAS RUSOS ( anos 20−30 do século XX) dicían que a literariedade se organizaba a partir da
perceptividade da forma, é dicir, a orixinalidade da mensaxe. SLOVSKI denominou isto
desautomatización ou estrañamento ( función poética). Noutras palabras, o que se pretende é facer que a
mensaxe resulte estraña e escura expondo, por exemplo, elementos cotiáns dende unha perspectiva orixinal.
Deste xeito conséguese que o lector se sorprenda e non acepte a información mecanicamente.
Cómpre diferenciar entre desautomatización e desviación da norma:
Desautomatización
É máis complexa, pois actúa respecto a tres tipos de
normas:
Desvío da norma
É máis sinxelo
• normas da linguaxe estándar
• normas da tradición literaria
• normas culturais vixentes no momento
Non leva consigo unha rixidez extrema, xa que se
Evítanse os trazos da norma da que nos
busca o estrañamento non o afastamento de ningunha
desviamos de xeito riguroso.
norma.
O principal problema deste criterio é que hai numerosas obras literarias que non empregan a
desautomatización, polo que é un criterio insatisfactorio.
• Criterio xenolóxico ou poético
É un criterio recente na súa definición, acuñado polo búlgaro Tzvetan Todorov que, ao examinar os dous
criterios anteriores, chegou á conclusión de que non servían para achar a esencia de toda a literatura, só
dalgúns xéneros. Así, o criterio da ficción sería aplicábel á novela e o da linguaxe específica á poesía.
Ademais cómpre ter en conta que hai xéneros que poden parecerse máis a outros non literarios, como é o caso
5
da novela epistolar ( máis semellante a un conxunto de cartas ca a unha traxedia grega).
Malia todo, os primeiros estudos sobre os xéneros xa os atopamos na Poética de Aristóteles, que clasificaba a
literatura en traxedia, comedia e epopea, considerando extraliterario todo o que non entrase nos esquemas
das mesmas. Aristóteles adaptou os criterios aos xéneros da súa época, mais este segue vixente malia
mudaren os xéneros. Por exemplo, no Renacemento italiano ( Dante, Petrarca) dáselle moito valor á poesía
lírica e moi pouco á comedia, xa que esta só serve para facer rir. Na actualidade contamos con catro
xéneros: a narrativa, a poesía, o teatro e o ensaio, sendo o máis recente o ensaio que xorde no sécullo
XVIII e consolídase no XIX. Por iso a introdución do ensaio como xénero sempre é xustificada en tódolos
manuais, non así a dos demais xéneros porque xa se obvia.
O que sacamos como conclusión é que a literatura como tal non existe, senón que é unha globalidade e o
que realmente existe son os xéneros e, fóra deles, non habería literatura.
Este criterio é moi empregado na actualidade por razóns de organización en manuais, coleccións, premios
literarios...
O maior problema que presenta é que debido á grande diversidade actual non sempre podemos encaixar
unha obra literaria dentro dun xénero concreto.
• Concepcións antiesencialistas da literatura
Se para os esencialistas a literatura é un fenómeno autónomo, para os antiesencialistas é unha institución
independente dos textos, en certa medida, na que inflúen outros factores condicionados polas circunstancias
( cultura, sociedade, momento histórico...). É dicir, está sometida a variábeis extrínsecas porque hai unha
parte tanxíbel ( os textos) e outra non visíbel ( as circunstancias) que cómpre ter en conta.
Enuciatario2: Enunciatario2:
Cibrán Xuíz
Enunciatario1:
Eduardo
Blanco Amor
Receptor
6
Descargar