Biografías de importantes personajes relacionados con la eduación

Anuncio
Jean−Jacques Rousseau
Vida
Nace en Xinebra (Suíza) en 1712 no seo dunha familia hugonote emigrada. Queda orfo de nai e seu pai confía
a súa educación ó pastor Lambercier.
En 1728, Rousseau é recollido pola señora de Warrens en Annency e é bautizado, iniciándose así ó
catolicismo.
Nos anos seguintes, Rousseau terá unha vida nómada e exercerá de oficios relacionados coas letras e a
música, forxando o seu carácter de paseante solitario recorrendo a zona dos alpes a pé.
En 1741 viaxa a París e establecerase alí anos máis tarde definitivamente. Sobresae en campos como a
filosofía, a música, a literatura e a educación. Convertiuse no centro dos salóns, contando co apoio de parte da
nobreza.
En 1750 é premiado pola Academia de Dijon grazas ó seu Discurso sobre as Ciencias e as Artes.
A punto de ser encarcerado, volve a Suíza, e en 1767 volve a Francia, onde contrae matrimonio con Thérèse
Levasseur, con quen tivo cinco fillos.
Morre o 2 de xullo de 1778 en Ermenonville (Francia).
A súa obra
Entre as súas numerosas obras, destacan:
• Discurso sobre as Ciencias e as Artes
• Discurso sobre a orixe da desigualdade
• Carta d'Alembert sobre os espectáculos
• A nova Eloísa
• O contrato social
Pero entre todas estas obras, destaca O Emilio, a súa obra culminante.
A ideoloxía de Rousseau
• Para Rousseau, o home é bo por natureza, é a sociedade a que o corrompe. Esta concepción está
ligada ó Individualismo (o home é valorado por riba da sociedade) e ó Naturalismo (o home valora a
natureza humana).
• A súa concepción educativa parte da súa concepción antropolóxica:
♦ Se o home é bo por natureza e é a sociedade a que o corrompe, o neno ten que ser apartado da
sociedadee porque esta os corrompe.
♦ Hai que respetar a natureza humana e a educación debe adaptarse ás etapas do
desenvolvemento do educando (paidocentrismo).
♦ A diferencia entre o neno e o adulto non é só cuantitativa, tal e como o concebía a educación
tradicional, senón que tamén hai diferencias cualitativas. Rousseau é o descubridor da
infancia.
1
♦ Defende unha Educación Negativa: o profesor non debe influír sobre o educando, só debe
poñelo en situación de que observe (teoría da non intervención).
♦ Defende a liberdade do educando e tamén que o neno aprenda a través da súa actividade.
Célestin Freinet
Vida
Nace en Gars (Francia) en 1896.
En 1913 supera o exame de ingreso na Escola de Niza, obtendo o título de mestre de primeira ensinanza en
1915, a pesar de non ter rematado as prácticas de ensinanza. É nomeado mestre en Bar−Sur−Loup (Alpes
marítimos) en 1920 e casa con Élise, tamén mestra, en 1926.
En outubro de 1927, constitúese a Cooperativa de Ensinanza Laica (CEL) en Cannes, apróbanse os seus
estatutos e créase o seu boletín mensual A imprenta na escola
En 1928 trasládase á escola Saint Paul de Vence, onde consegue construír unha escola en 1934.
En 1939 é detido durante a II Guerra Mundial por comunista perigoso, e a CEL é clausurada en 1944.
En 1943 participa no Comité de Liberación de Gap.
En 1945 reorganízase a CEL, vólvese a editar a revista e reábrese a escola de Vence en 1947.
En 1951 crea o Instituto Cooperativo da Escola Moderna (ICEM) e en 1957, a Federación Internacional de
Movementos da Escola Moderna (FIMEM).
Morre no ano 1966 en Vence e é enterrado en Gars, o seu pobo natal.
A súa obra
• A imprenta na escola
• A educación polo traballo
• Ensaio de pedagoxía sensible
O tanteo experimental
• Considera que as aprendizaxes se realizan a partir das propias experiencias, da manipulación da
realidade que realizan os nenos, da organización dun contezto no que os alumnos poidan expresar as
súas vivencias.
• Isto nos leva ó principio da Escola Nova: actuar cos nenos a partir do que son. Isto implica que a
organización curricular se subordine ás súas capacidades de aprendizaxe.
• A partir do neno se teñen que crear institucións nas cales o traballo escolar teña unha utilidade, un
sentidu, unha función.
• Para Freinet, todas as súas técnicas están ó servicio da capacidade de expresión dos nenos, para a
solución das súas necesidades inmediatas.
A ideoloxía de Freinet
• Freinet está influído principalmente polas correntes obreiristas e socialistas, xunto coa súa viaxe á
URSS e a súa visita á escola libertaria de Hamburgo, e tamén pola Escola Nova.
2
• A súa interpretación do paidocentrismo é que a expresión libre dos nenos é a base mesma do modelo
de ensinanza.
• Estipula como base do seu modelo educativo a idea dop tanteo experimental
• Unha das súas principais aportacións é o principio de cooperación, algo que quedou patente ó
contituírse a Cooperativa de Ensinanza Laica (CEL).
• O principio de cooperación esixe a creación dun ambiente na aula no cal os alumnos participen da
creción dos seus propios coñecementos. A construcción práctica dese ambiente se realiza por medio
de institucións internas, aceptadas tanto polo mestre como polos alumnos para levar a cabo un
proxecto compartido.
John Dewey
Vida
Naceu en 1859 en Burlington (Vermont).
Ós 16 anos entrou na universidade. Tres anos máis tarde, graduouse e comezou a súa vida laboral como
mestre, traballando tres anos como profesor de secundaria.
En 1884 obtivo o doutorado en filosofía e convertiuse en profesor na Universidade de ichigan.
Con 27 anos casou con Alice Chipran, con quen tivo tres fillos.
En 1894 convírtese en profesor dos departamentos de filosofía, psicoloxía e pedagoxía da universidade de
Chicago.
En 1896 abre a Escola Laboratorio da Universidade de Chicago.
En 1902 foi nomeado director da Escola de Educación da Universidade de Chicago, mais dimite en 1904 e
traballa como profesor da universidade de Columbia ata o seu retiro.
En 1905 é nomeado presidente da American Philosophical Society. Participa nas loitas sociais polo avance en
dereitos da xente de cor, pola igualdade da muller e polo sufraxio feminino en 1906.
En 1927 morre a súa muller, polo que comeza unha nova etapa de compromiso político en 1929 formando
parte da Liga para a acción Política Independente e preside o People Loby.
En 1946, con 87 anos, se casa con Roberta L. Grant e é nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de
Oslo.
Morre en 1952.
A súa obra
As súas dúas obras clave son:
• Lóxica
• Experiencia e Educación
A ideoloxía de Dewey
• Segundo Dewey, a educación debía de ser científica, e a escola, convertirse nun laboratorio social e
3
desenvolver no neno a competencia necesaria para resolver problemas e comprobar os plans de acción
futura de acordo cun método experimental.
• A vida busca a súa razón de ser, que o home se procura mediante a sociedade organizada. A
educación permite que o individuo manteña a súa propia continuidade adquirindo técnicas de
supervivencia e de desenvolvemento a partir da experiencia acumulada polo seu grupo. A educación
transfórmase nalgo formal e dirixido a lograr que o neno acabe aceptando a moralidade da sociedade.
• O neno debe sumerxirse no ambiente e aprender da experiencia, o que conleva unha disposición de
reaccionar sempre ás novas situacións con interese, flexibilidade e curiosidade.
• A experiencia colectiva dunha sociedade democrática debía de verse como unha fonte para a
resolución de problemas futuros.
• A actividade é a característica humana dominante.
• A educación debe de ser un proceso democrático de actividade conxunta, guiada pola forma de
resolución de problemas.
• Dewey creía que a investigación científica e todo o que contribúe á solución de problemas é
potencialmente liberador, polo que se as actividades nas escolas basean as súas actividades na
investigación científica, desaparecen boa cantidade de obrigación e as prácticas de motivación se
tornarían innecesarias.
• A función do mestre é axudar ó neno a aprender os valores da participación democrática inquirindo
situacións problemáticas. Na sociedade democrática, a educación debe estar controlada polo Estado e
todos deberían acudir á escola.
Francisco Giner de los Ríos
Vida
Nace en Ronda (Málaga) en 1839.
Gradúase como bacharelato en Filosofía en 1852 e comeza a estudiar Dereito en Barcelona para logo
continuar en Granada.
En 1863 establécese en Madrid, onde frecuenta o Ateneo e o Círculo filosófico Krausista.
En 1865, consegue o doutorado de Dereito.
Renuncia á súa cátedra en 1868 por solidaridade con Sanz del Río, Fernando Castro e Salmerón, destituidos
dos seus cargos por problemas políticos e relixiosos. Debido a ests conflitos chega a ser confinado en Cádiz
en 1875.
En 1876 funda o Instituto de Libre Ensinanza (ILE).
En 1881 reponse na súa cátedra, e alterna o seu traballo de catedrático coa súa obra ó frente da ILE.
Nos últimos anos da súa vida viaxa a Inglaterra, Francia, Bélxica, etc., familiraizándose con outros
planteamentos pedagóxios e paticipando en congresos.
Morre en Madrid en 1915.
A súa obra
A obra de Giner de los Ríos abarca as materias de Dereito, Filosofía, Socioloxía e Pedagoxía:
• Boletín da universidade de Madrid: artigos sobre a futura Lei de Instrucción Pública.
4
• Boletín da ILE
• Filosofía e Socioloxía
• Pedagoxía Universitaria
A ideoloxía de Giner de los Ríos
• É antiintelectualista e moralista.
• Considera ó alumno o centro do proceso pedagóxico, pero o mestre segue tendo un papel importante.
• Giner de los Ríos busca formar individuos útiles, prácticos e activos que dean exemplo a través da súa
vida social e profesional.
• Defende a liberdade na educación (extendido á liberdade de cátedra, do alumno e da súa participación
no proceso educativo, á autonomía de xestión e goberno dos centros excolares...).
• Opina que a escola debe de ser neutra con respecto á educación relixiosa e moral, e considera que a
educación é o único capaz de conseguir unha base social para transformar a sociedade.
• Consideraba que se lle debía dar máis importancia á ensinanza primariae que o bacharelato non debía
ser unha preparación para a universidade, senón unha continuación da educación primaria.
Consideraba que a institución escolar debía de realizar unha educación integral, non só atender á
intelixencia.
• Considera que a educación física desempeña un papel importante dentro da educación global do ser
humano.
• É partidario da escola activa.
• Considera a intuición o método de ensinanza por excelencia e o combina con outros métodos de
ensinanza como a ensinanza simultánea, a ensinanza individual, a ensinanza mutua, a ensinanza
mixta; c método expositivo, coa narración, a descripción, co razoamento, con exercicios escritos e con
deberes ou traballos para casa (isto último de forma moderada).
• Dalle moita importancia ó espacio exterior e ás actividades ó aire libre, como, por exemplo, a
ximnasia, a práctica do debuxo, o cultivo do canto, os exercicios manuaise ás excursións.
• O mestre ten que saber responder en todo momento á demanda de actividade para encauzala cara uns
obxectivos educativos determinados. Con respecto a isto, a ILE traballaba en dous sentidos: a curto
prazo (impulsa a extensión do método Froebel, organiza conferencias e congresos pedagóxicos,
asembleas de mestres...) e a longo prazo (propón que Maxisterio se conciba como estudos de carácter
universitario).
Influencias
Giner de los Ríos recibe unha forte influencia de Julián Sanz del Río e do Krausismo. Tamén recibe
influencias da filosofía alemana, de Rousseau, da análise psicolóxica de Wundt, da Socioloxía, do
Positivismo, de Pestalozzi e Froebel e da educación británica.
Makarenko
Vida
Nace en Ucrania en 1888, sendo fillo dun obreiro ferroviario.
En 1905, con 17 anos, comeza a traballar como mestre na mesma fábrica que seu pai, tendo rematados os
estudos secundarios. Durante a I Guerra Mundial rematará a súa formación con medalla de ouro nun Instituto
de Maxisterio. En 1920 se lle encomenda a creación e dirección dun cento para menores sen fogar debido ós
anos de revolución e guerra, ó que denominou como Colonia Gorki.
En 1927 se lle encarga a dirección da Comuna dzerzhinski, co mesmo modelo de ensinanza cá Colonia Gorki.
5
A partir de 1935, adícase a divulgar a súa pedagoxía mediante conferencias, artigos xornalísticos e programas
radiofónicos.
Fina en 1939 dun ataque cardíaco nun ferrocarril camiño de Moscú.
A súa obra
• A marcha do ano 30
• Poema pedagóxico
• O honor
• Bandeiras nas torres
• O libro dos pais
A ideoloxía de Makarenko
• A influencia comunista é determinante na obra de Makarenko, xa que desenvolverá unha educación
comunista baseada nos principios do marxismo. Propón un modelo educativo que vincula a vida do
traballo coa escolar, co obxectivo de eliminar a división entre o traballo intelectual e o manual.
Oponse ó paidocentrismo e ó principio de individualización a favor do de socialización, considerando
a escola como unha comunidade.
• Para Makarenko, o papel da educación consiste en educar a natureza do home (os mestres son
servidores desa natureza), en espontaneidade e en disciplina consciente.
• Mediante a educación pretende lograr honestidade, dilixencia, eficiencia, puntualidade, capacidade de
orientación, subordinación e capacidade de mando nos nenos.
• A súa pedagoxía é unha pedagoxía comunista na que os coñecementos están nun segundo plano.
• O sentido da educación activa é fixarse unha meta e poñer os medios para conseguila. Polo tanto, o
obxectivo principal da educación é facer dos nenos constructores activos e conscientes do
comunismo, manifestándose claramente na personalidade do neno os ideais comunitas: o sentido do
deber, a non sumisión, combatir ós inimigos, a colaboración, a personalidade disciplinada e a non
explotación.
• As colonias de Makarenko son colonias nas que se educa para o traballo e que se deben manter a sí
mesmas, sendo entón o traballo unha actividade que producise a riqueza necesaria para a colonia, non
unha táctica educativa. Na escola de Makarenko tamén se transmitían a cultura e a política.
• O traballo debe de someterse á disciplina social
• Os nenos deben habituarse a buscar no traballo a súa utilidade e necesidade social.
• Makarenko separaba o traballo do estudio pois son dúas facetas incompatibles, polo que os seus
colonos adicaban 4 horas ó traballo e 5 ó estudo. A pesar disto, Makarenko non nega o valor
educativo do traballo e defendía que tanto o traballo como o estudio tiñan un obxectivo: a formación
do traballador social
Francesc Ferrer i Guardia
Vida
Nace en Alella en 1859. Fillo dunha familia de campesiños acomodada, relixiosa e monárquica, emigrou a
Barcelona con 14 anos. Adherido ó republicanismo e á masonería, tras o fracaso do alzamento do xeneral
Villacampa, vese obrigado a exiliarse a Francia en 1886.
Regresa a España en 1901 e funda en Barcelona a Escola Moderna, á que se asociaron diversos
librepensadores e anarquistas. Entre 1901 e 1906 publica o Boletín da Escola Modernapatrocina e dirixe La
huelga General(xornal anarquista) e publica libros de ciencias naturais e de divulgación científica e de
formación de militantes obreiros e sindicalistas.
6
Tras o atentado de 1906 contra Afonso XIII, foi detido e xulgado por complicidade, e se pecha a Escola
Moderna. Ó ano sguinte foi declarado inocente e se trasladou sucesivamente a Francia e a Bélxica, onde
fundou a Liga Internacional para a Educación Racional da Infancia.
De volta en España en 1909, convertiuse na víctima propiciatoria dos sucesos da Semana Tráxica e foi
acusado de conspiración. Tras un axitado proceso, foi condenado a morte e fusilado nos fosos do castelo de
Montjuic. A súa execución desencadeou unha oleada de protestas en toda Europa e provocou a caída de
Maura e o seu goberno.
A súa obra
• A Escola Moderna (dubídase que sexa o autor único)
A ideoloxía de Ferrer i Guardia
• Plasma na Escola Moderna as ideas educativas básicas do pensamento librepensador e libertario de
principios do século XX.
• Aposta por unha ensinanza científica e racional baseada na coeducación de clases e sexos para formar
seres libres, responsables, solidarios e activos.
• Pedagoxía anarquista.
• Educación activa e integral
• Metodoloxía racionalista.
• Valor decisivo da coeducación de sexos (a muller e o home completan o ser humano)
• A educación tomará como guía a ciencia positiva.
• Defende unha escola laica, obrigatoria e universal.
• Pensa que a educación axuda ó home nunha soñada sociedade libre e solidaria.
• Considera a educación popular como un problema político crucial.
• Dá gran importancia ó xogo, a través do cal se transmite a expresión creativa.
• Internacionalismo e ideal de lingua única.
• O seu réxime escolar está caracterizado por un bo ritmo das actividades extraescolares.
• Clima escolar de confianza e amistade; relacións mestre−alumno individualizadas.
• Ausencia de verdadeiros exames.
• Rechazo do paidocentrismo. Acepta o resto dos postulados da Escola Nova.
• Nin premios nin castigos (forman clases diferentes e son contrarios á cooperación).
Paulo Freire
Vida
Paulo Reglus Neves Freire nace en 1921 en Recife (pernambuco, Brasil), unha das rexións máis pobres do
país.
Ata 1964 recibe a súa formación e experimenta as súas primeiras experiencias socioeducativas no lugar onde
naceu. Realizará os seus estudos de secundaria e de universidade na Facultade de Dereito.
En 1944 contrae matrimonio con Elza María Cosa de Oliveira, mestra de ensinanza primaria. Será ela quen o
introduza no mundo da cultura e da educación, o que influiu na decisión de Paulo de deixar Dereito para
adicarse á pedagoxía.
En 1959 doutórase en Filosofía e Historia da Educación coa tese educación e actualidade brasileira, tese na
que se sentan as bases do seu método, segundo o cal todo proceso educativo debe de partir da realidade que
rodea a cada individuo.
7
A partir de 1950, pertenceu ó primeiro Consello Estatal de Pernambuco.
En 1963 é invitado a desenvolver un programa de alfabetización de adultos a escala nacional e a traballar no
Movemento para a Educación Básica.
Despois de exiliarse en Chile entre 1964 e 1969, trasládase a Xinebra en 1970 como consultor do Gabinete de
Educación do Cponsello Municipal das Igrexas, para volver en 1980 a Brasil e incorporarse á universidade
Católica de Sao Paulo e á de Campinas.
En 1986 morre a súa esposa, e en 1988 casa de novo con Nita Araújo, amiga da infancia e tamén viúva.
En 1989, o Partido dos Traballadores (PT), do que Freire fora fundador, gaña as eleccións municipais en Saou
Paulo, e é nomeadosecretario municipal de Educación.ocupará este cargo ata 1991, prestando especial
atención á xestión democrática das escolas, a reforma do currículo e a alfabetización de xoves e adultos.
En 1992 regresa á Universidade, o que lle permite adicarse a escribir as súas últimas obras e, ó mesmo tempo,
impartir numerosas conferencias. Durante estes anos é nomeado Doctor Honoris Causa por diferentes
universidades.
Fallece o 2 de maio de 1997 en Sao Paulo.
A súa obra
• Educación e actualidade brasileira
• Educación como práctica da liberdade
• Pedagoxía do oprimido
• Extensión ou comunicación
• Acción cultural para a liberdade e outros escritos
• Cartas a Guinea−Bissau
• A importancia do acto de ler
• Sobre educación
• Cultura popular, educación popular
• Aprendendo cunha propia historia
• Educación na cidade
• Pedagoxía da esperanza
• Política e educación
• Cartas a Cristina
• A sombra desta mangueira
• Pedagoxía da autonomía − Saberes necesarios para a práctica educativa
• Pedagoxía da indignación: cartas pedagóxicas e outros escritos
A ideoloxía de Freire
♦ Ninguén é inculto ou analfabeto por elección persoal
♦ Os homes teñen un dereito fundamental e básico a dicir a súa palabra
♦ A verdadeira educación é diálogo
♦ Non debe existir distinción entre educador e educando, e o educando non debe de ser o
narrador dos coñecementos adquiridos a rtavés do educador.
♦ Débese desenvolver a conciencia crítica,estimular o poder creativo e espoñer a realidade de
forma auténtica.
♦ Integración do individuo á súa realidade nacional.
♦ Concibe a educación como praxis do home sobre o mundo para transformalo
8
(reflexión−acción−reflexión) .
♦ O método de alfabetización de adultos pretende lograr a liberación de toda a realidade
opresiva e das inxustizas a través da educación.
♦ A escola para Freire é un clima de traballo, unha postura, un modo de ser. Considera que debe
de ser unha comunidade na que se tome conciencia social e se desenvolva unha educación
crítica.
♦ Os obxectivos de Freire son ampliar o acceso e a permanencia de sectores populares na
escola, a democratización do poder pedagóxico e a calidade da educación
♦ O obxectivo da educación é axudar ós homes a insertarse na sociedade.
♦ O seu modelo educativo baséase nun método activo, dialogal, crítico e participante, que
utiliza técnicas de reducción e codificación
María Montessori
Vida
Nace en 1870 en Chiavaralli (Italia). Pertence a unha familia burguesa, sendo filla dun pai militar moi estricto.
Ós 14 anos estudia enxeñería, e máis tarde, bioloxía, trasladándose con 16 anos a Roma para estudiar
medicina. Máis tarde estudia antropoloxía e obtén un doutorado en filosofía. É contemporánea de Freud e
desenvolve tamén a súa clasificación de enfermidades mentais.
En 1898 presenta un modelo pedagóxico en Turín, e entr 1899 e 1900 expón as súas teorías pedagóxicas en
diversas conferencias e dirixe a Escuela Magistrale Ortofrénica.
En 1901 funda a escola de ensinanza especial e conclúe as súas teorías en 1902. en 1907 fundará a Case dei
Bambini en Milán, e publicará as súas novas teorías nun libro en 1909.
En 1912 se realiza o Curso Internacional Montessori. É invitada a América e abren a primeira Casa dos nenos
en EEUU; as escolas en EEUU se multiplican e se forma a American Montessori Association.
En 1915 se fai unha Conferencia Internacional en Roma; acude moita xente impresionada pola idade á que os
nenos da Case dei Bambini aprenden a lectoescritura. En 1917 funda en California unha obra para os nenos
mutilados na guerra.
En 1926 fúndase a Real Escola do Método Montessori co aopio de Mussolini e as escolas e os centros de
entrenamento se multiplican en Italia e tamén en países como Alemania. Ela renunciará á axuda de Mussolini
xa que el quería adoctrinr ós nenos para os seus fins bélicos, o que era incompatible coa liberdade, tan
fundamental na filosofía de María Montessori.Mussolini e Hitler pechan tódalas escolas en Italia e Alemania.
En 1934 ela abandoa Italia e viaxa a Barcelona, onde ten que empezar desde o principio.
En 1929 funda a AMI e en 1933 celébrase o XVII Curso Internacional Montessori. En 1935, en Barcelona,
desenvolverá métodos para a catequese, pero en 1936 estalla a Guerra Civil española e se instala en Holanda,
onde volve a comezar de cero.
En 1939 se abren máis escolas Montessorie se inicia o movemento a nivel mundial. Recibe a Lexión de Honor
en Francia, a condecoración Honoris Causa da Universidade de Ámsterdam e é proposta tres veces para o
Nobel da Paz.
En 1940 funda unha escola de formación de profesorado na India e é arrestada. En 1946 crea unha escola de
mestres cerca de Ámsterdam.
9
Morre en 1952 en Noordwijk, Holanda.
A súa Obra
♦ O método Montessori
♦ A autoeducación na Escola Primaria
♦ Antropoloxía pedagóxica
♦ Método avanzado Montessori
♦ O neno na Igrexa
♦ A Misa explicda ós nenos
♦ Paz e Educación
♦ O neno, o segredo da Infancia.
A ideoloxía de Montessori
♦ Recibe influencia do Individualismo de Rousseau, da educación sensorial de Petalozzi, da
educación das facultades de Herbart, da autoactividade de Froebel e de diversos científicos
(Cesare Lambroso, Achille de Giovanni e Giusseppe Sergi).
♦ Os seus principios básicos son a psicoloxía positivista e asociacionista, a autoactividade, o
liberalismo, o individualismo, o naturalismo e a súa filosofía vitalista.
Alexander Sutherland Neill
Vida
Nace en Kingsmuir, Escocia, en 1883. o seu pai é mestre dunha escola rural e a súa nai adicou toda a súa vida
ós seus trece fillos, nove dos cales sobreviviron. Os seus pais eran moi autoritarios e relixiosos.
Tivo unha adolescencia marcada polos seus fracasos laborais e escolares. Ós quince anos entrou de axudante
na escola de seu pai e entrou na facultade á idade de 25 anos.
En 1916 e 1917, publicará os seus dous primeiros libros: Diario dun profesor rural e Un profesor acomodado.
Mantivo contactocon educadores da época como Homer Lane, John Rusell, etc.
En 1920 foi elexido co−director da revista Educación para unha Nova Era. Neste período rechazará as ideas
de Montessori.
En 1921 funda a escola Summerhill, en Leinston, a 160km de Londres. En 1957 fundaríase a Asociación de
pais de alumnos Sociedade Summerhill.
As súas ideas foron moi difundidas e en 1961 se funda un Summerhill en EEUU.
Morre o 22 de setembro de 1973.
A súa obra
♦ Diario dun profesor rural
♦ Un profesor acomodado
♦ O neno problemático
♦ O pai problema
♦ Summerhill
10
A ideoloxía de Neill
♦ É un socialista utópico, moi crítico co sistema educativo da época.
♦ As súas ideas son anarquistas e defende as teorías permisivas.
♦ Considera que o neno é bo por natureza.
♦ É defensor da coeducación (educación mixta).
♦ Dá a liberdade para elexir o traballo que máis apeteza.
♦ Permite a creatividade na escola (teatro, música, danza...)
♦ Destaca como un dos valores primordiais a liberdade.
♦ Destaca o papel decisivo dos pais nos primeiros estadios do neno.
♦ O amor saca a parte positiva das persoas, e a falta de amor produce odio, e u odio xera medo.
♦ O espírito de destrucción é inconsciente e natural.
♦ O neno minte por imitación ou por medo ós pais.
♦ A obediencia e a disciplina emana do amor e da unión familiar.
♦ Da represión sexual surxen tódalas actitudes negativas. Propugna unha actitude liberal ante o
sexo.
♦ Non contempla a relixión no seu sistema educativo.
Lawrence Stenhouse
Vida
Nace en Manchester en 1926.
En 1956 obtén o título de Mestría en Educación.
Deixou a ensinanza escolar para convertirse en profesor de educación secundaria da Durham University e,
máis tarde, en profesor titular de Jordanhill College of Education, de Glasgow.
En 1966 viaxa a EEUU, onde coñecerá a Joslyn Owen.
En 1967 faise cargo do Humanities Curriculo Project (HCP).
Cara o final do proxecto, Stenhouse e varios dos seus colegas se trasladan á University of East Anglia para
crear o Centre for Applied Research in Education (CARE), que se labrou unha importante reputación nacional
e internacional polas súas investigacións adicadas ós problemas da práctica e polo seu compromiso coa idea
do docente como investigador.
Falece en 1982.
A súa obra
♦ Cultura e Educación
♦ Autoridade, Educación e Emancipación. Unha colección de Papeles por Lawrence Stenhouse.
♦ A investigación como base da ensinanza
A ideoloxía de Stenhouse.
♦ Considera o proceso educativo como intercambio vital e cultural.
♦ Define a ensinanza como investigación.
♦ Defende que a aprendizaxe debe de ser colectiva e activa.
♦ Deseña o Modelo de Proceso do currículo e da pedagoxía. É un modelo contraposto ó Modelo
11
de Obxectivos da súa época, que reforzaba a ensinanza de autoridade. Nos modelos de
proceso existen dous tipos de docentes: O Experto (o saber está dotado de autoridade propia.
O saber é malinterpretado e deformado) e o Aprendiz (xunto cos seus alumnos. A ensinanza
realízase mediante métodos de descubrimento ou investigación. É o tipo de docente defendido
por Stenhouse).
12
Descargar