Alameda 05 - Sociedade Liceo de Noia

Anuncio
Presentación
º
5
EDITA:
COORDINADOR:
Cándido M. Prego Rajo
CONSELLO DE REDACCIÓN:
Xosé Agrelo Hermo
Ramón Carredano Cobas
Mª Antonia Castro Patiño
Pedro García Vidal
A. Ventura González Arufe
Aurora Marco López
Xosé Moas Pazos
GRAVADO DE CAPA:
Segundo Oviedo
DESEÑO DE CAPA:
Alfonso Costa
DESEÑO GRÁFICO:
Xosé L. Ces Laiño
Telf.: 981 59 89 28
E-mail: [email protected]
IMPRESIÓN:
Gráficas Sementeira, S. A.
Telf.: 981 82 38 55
Fax: 981 82 05 35
E-mail: [email protected]
DEPÓSITO LEGAL:
C-888-2000
on algúns defectos e non poucos acertos, a revista
“Alameda” segue con férrea vontade o seu camiño.
As colaboracións agradan ou suscitan polémica,
mais non deixan indiferente a case ninguén.
Din que, cando se desexa coñecer algo, logo ao ter coñecimento do mesmo, soe defraudar. Non acontece isto coa nosa revista na
súa recente mais intensa andadura. Agardo e desexo que isto sexa
unha constante no longo camiñar tan arelado por todos os socios e
socias.
Neste trimestre a Sociedade Liceo foi noticia no mundo empresarial, ao acoller na súa sede a entrega dos premios “Dolmen de
Ouro”, evento que a Federación de Empresarios do Barbanza celebra cada ano nun concello diferente.
A F.E.B. de Muros, Noia e Sar, funciona como asesora e impulsora dos empresarios destas comarcas. Ao pedimento realizado
polo seu Presidente, Manuel Tomé Arca, á directiva do Liceo, esta
prestoulle o seu apoio como caso excepcional, máxime tendo en
conta que moitos dos nosos socios e socias pertencen ao mundo
empresarial. Pareceunos unha colaboración positiva porque permitiu ao Liceo disfrutar das conferencias e exposicións que precederon á entrega de galardóns.
Os “Dolmen de Ouro” foron creados co obxectivo fundamental
de dar a coñecer a empresas e empresarios/as que apostan por crear
riqueza. A gala é un referente para a Galicia interior e exterior. Este
ano deulle unha importante proxección á vila de Noia.
Confío que este novo número da nosa revista sexa do agrado
dos socios e socias e gostaria poder seguir contando co seu inestimábel apoio.
Xosé Moas Pazos
Presidente da Sociedade Liceo
1
Sociedade Liceo
Alameda s/n
15200 Noia - A Coruña
Tef./fax: 981 82 05 35
Sumario
Axenda . . . . . . . . . . . . . . . . .
Axenda
2
Cándido M. Prego Rajo
Historia do Liceo . . . . . . . . . 15
Ramón Carredano Cobas
Cándido M. Prego Rajo
Personaxes . . . . . . . . . . . . . 18
Aurora Marco
O ensino en Noia . . . . . . . . . 21
ACTIVIDADES
Xosé Agrelo Hermo
Xa están en marcha as actividades do curso 2001-2002.
Xeografía . . . . . . . . . . . . . . 24
Pedro García Vidal
Ferreiro en Outes . . . . . . . . . 29
Xoán Mariño
Historia . . . . . . . . . . . . . . . . . 35
Xerardo Agrafoxo
Sobre Alvaro das Casas . . . . . 39
Uxio-Breogán Diéguez
Unha viaxe ó pasado . . . . . . . . 43
Héctor Agrafoxo
En defensa do Patrimonio . . 48
O vello palco da música . . . . 51
O taekwondista desta Sociedade, José Antonio Roo Pérez,
conseguiu formar parte da Selección Nacional de Taekwondo
Tradicional e participar no Campionato Europeo e Mundial do
citado deporte na presente tempada, motivo polo que foi felicitado persoalmente polo Presidente da Sociedade Liceo, felicitación que repetimos en “Alameda”.
FESTIVAIS
Como estaba previsto, o dia 7 de xullo, celebrouse o intercambio de Folklore Tradicional, no que participou o Grupo de
Danzas “Virgen del Campo” de Cabezón de la Sal (Cantabria),
como devolución da visita que o noso Grupo de Baile Tradicional fixera a aquela localidade montañesa no ano 2000.
Do 19 ó 28 de Agosto celebramos as Festas Patronais '01,
conforme ó programa que se incluiu no último número desta
revista.
Pedro G. Vidal
EXPOSICIÓNS
Cancións de Noia . . . . . . . . . 53
Prudencio Romo
Visións de Noia . . . . . . . . . . 55
Fermín Bouza-Brey
Pinceladas sanitarias . . . . . . 58
Víctor Vez Vilar
Cousas de Noia . . . . . . . . . . 60
Gomari
2
Os nosos libros . . . . . . . . . . 64
No mes de Agosto fixéronse as exposicións dos traballos dos
alumnos e alumnas do Curso de Gravado e do Curso de Dibuxo
e Pintura.
Tamén se expuxeron obras realizadas polos Santeiros de
Chave (Lousame) do 22 de agosto ó 2 de setembro.
VARIOS
Do 17 ó 22 de setembro celebrouse nos locais desta
Sociedade a Semana Empresarial “Dolmen 2001”, organizada
pola Federación de Empresarios de Barbanza, con seminarios,
conferencias, exposicións, Gran Gala da XIII Edición Dolmen de
Ouro e un Baile amenizado pola Orquestra “Fin de Siglo”.
O día 1 de Setembro a Escola de Teatro da Sociedade Liceo
de Noia, formada por socias e socios aficionados, puxo en escena as obras “O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes
e “Comisaría Especial de Mulleres”, de Alberto
Miralles (ambas as duas traducidas ó galego), con
grande éxito e afluencia de público. Felicitamos e
animamos desde aquí a todos os que participaron
dalgún xeito na súa posta en escena, a continuar con
esta actividade, para a que contan co apoio da Xunta de Governo.
Invitado por esta Sociedade, o Taller de Teatro
“Liceo Rubia Barcia” de Ferrol puxo en escena no
salón de actos, o día 15 de setembro, a obra de
Gonzalo Torrente Ballester “Una Gloria Nacional”.
Á representación acudiu moita xente.
3
Arriba, actuación do Grupo de Danzas “Virgen del Campo”, Cabezón de la Sal (Cantabria), no Salón do Liceo
Abaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.
4
Arriba, confraternidade co Grupo “Virgen del Campo” nos terreos de Ceilán.
Abaixo, integrantes do Grupo de Baile do Liceo recibindo un premio.
Á dereita: Exposición das obras realizadas polos
Santeiros de Chave (Lousame)
5
Abaixo:Exposición das obras realizadas polos
alumnos e alumnas de Debuxo e Pintura
Á dereita: Exposición das obras
realizadas polo
alumnado de Debuxo e Pintura
6
Abaixo:Exposición das obras
realizadas polo
alumnado do Curso de Gravado
7
Distintos momentos da representación da obra
“O Retablo das Marabillas” de Miguel de Cervantes..
8
Esquerda arriba: Un momento da representación da obra “O Retablo das Marabillas”
de Miguel de Cervantes.
Esquerda, centro e abaixo, e dereita arriba: Distintos momentos da representación de
“Comisaría Especial para Mulleres”, de Alberto Miralles
9
Ambas as dúas obras foron dirixidas por Manolo Sabín
Dereita: Cartel anunciador de “Una Gloria Nacional”, obra de Gonzalo Torrente Ballester,
posta en escena no salón de actos do Liceo o día 15 de setembro polo Taller de Teatro
“Liceo Rubia Barcia” de Ferrol.
10
Á esquerda arriba: Cartel anunciador dos
actos do Dolmen ’01. Ao lado, aspecto que
ofrecía o salón de actos do Liceo o día da
entrega dos Dolmen de Ouro
Á esquerda abaixo: Na entrada do Liceo, o
Presidente da FEB, Manuel Tomé Arca, o
Presidente da As. de Empresarios de Noia,
Saturnino Balderrábano, e o Presidentedo
Liceo, Xosé Moas Pazos
Nesta páxina, arriba: O Conselleiro da
Presidencia da Xunta de Galicia, Xaime
Pita, asinando no Libro de Honra da FEB.
11
Abaixo: O Fiscal Xeral de Galicia, Ramón
García-Malvar Mariño, asinando no Libro
de Honra da FEB.
12
13
Esquerda, arriba: O Presidente da Deputación da Coruña, Xosé Luis Torres Colomer, asinando no Libro de Honra da FEB.
Esquerda, abaixo: Intervención do Presidente da FEB, Manuel Tomé Arca.
Nesta páxina, arriba: O Presidente da Asociación de Empresarios de Noia, Saturnino Balderrábano, nun momento da súa intervención.
Abaixo: O Presidente do Liceo, Xosé Moas, entregándolle o Dolmen de Ouro á representante da Cooperativa Confecciones O Viso
14
Directivos do Liceo no acto de entrega dos Dolmem de Ouro
Historia do
Liceo (VI)a
ras dar conta ó Excmo. Sr. Gobernador Civil do resultado da última xunta xeral, en relación coa elección da
nova directiva, esta toma o acordo de facerlle dous
uniformes ó botóns da Sociedade, un de diario e outro de gala,
así como sacar a concurso o aluguer dos servicios do ambigú,
tendo en conta que o actual adxudicatario debe cesar o día 31 do
mes en curso, segundo o contrato establecido, poñéndose como
data tope para a presentación de pregos o próximo día quince,
data na que, unha vez abertos os citados pregos, se refrexa o
seguinte resultado:
D. José Martinez Carro, ofrece
305 pesetas mensuais
D. Ignacio Arufe Abeijón,
510
“
“
D. Ricardo Mariño
200
“
“
D. José Somoza
330
“
“
D. Manuel Martínez Carro
250
“
“
D. Antonio Cruz Romero
275
“
“
D. Carlos Sabater Paya
450
“
“
D. Manuel Rodríguez Martínez
300
“
“
Visto o prego presentado polo actual arrendatario do ambigú,
manifesta no mesmo que en virtude das disposicións vixentes
sobre arrendamentos e prohibición de deshaucios, considérase
asistido do dereito de prórroga do contrato acordado coa
Sociedade, non ofrecendo neste prego cantidade algunha para
optar ó novo arrendamento.
A Xunta, previa deliberación e discusión, acorda non tomar
en consideración o escrito do Sr. Gómez Arufe, e adxudicar o
aluguer dos servicios do ambigú a D. Ignacio Arufe Abeijón
como mellor postor.
Non obstante, D. Manuel Gómez Arufe, a quen lle correspondía cesar nos seus servicios no ambigú o día 31 de Xaneiro
último, négase a abandonar o local e a desaloxalo dos utensilios
da súa propiedade, polo que a Xunta acorda requerir ó citado Sr.
Gómez Arufe, con asistencia dun notario, a que, en vista do contrato establecido, proceda a abandonar e deixar libre dos utensilios da súa propiedade, o local-ambigú.
O día tres de febreiro, o Presidente D.
Manuel Penalta, en unión do Secretario D.
Ramón Carredano, requiren ó Notario D.
Santos Fernández-Crespo y Riego para
persoarse no ambigú da Sociedade coa
finalidade de inventariar os efectos existentes no local e requerir ó Sr. Gómez
Arufe para que o desaloxe.
Persoados no local-ambigú o Presidente e o Secretario ,en compañía do Sr.
Notario, foi requerido D. Manuel Gómez
Arufe para efectuar inventario e desaloxar
o local, negándose a ambos requirimentos, de todo o cal, levantouse a oportuna
acta notarial.
Seguidamente, o Presidente prohibe, a
partir desta data, a entrada na Sociedade a
D. Manuel Gómez Arufe, quen, a pesar de
todo, continúa entrando no local destinado
a ambigú. A Xunta acorda polo tanto
autorizar ó Sr. Presidente para tomar as
medidas propias do caso, co fin de manter
a autoridade da Directiva e os dereitos e
intereses da Sociedade, incluso pasando o
tanto de culpa ó Xulgado pola rebeldía e
coacción do citado D. Manuel Gómez
Arufe.
O día 10 de Febreiro, ás catro da tarde, o
Presidente, en presencia dos socios señores
D. Angel Cascallar Seoane, D. Alfonso Díez
Gutiérrez, D. Rodrigo Romero Rodríguez, D.
José González Agrelo, D. José Gómez Villar
e D. Ramón Fiuza Sánchez, requeriu por
escrito e de palabra a D. Manuel Gómez
Arufe, solicitándolle que abandonara o localambigú, deixando a porta aberta, ou ben
entregando a chave na conserxería.
15
Ramón Carredano Cobas
Mais tarde, e en vista de que o Sr. Gómez Arufe se ausentou
do local-ambigú, deixando este pechado e levndo a chave, o Sr.
Presidente, en presencia dos socios D. Eduardo Mariño Mirazo,
D. Angel Cascallar Seoane, D. Manuel Mayán Seijas, D. José
Gómez Villar e D. Ramón Fiuza Sánchez, estando tamén presente o conserxe D. José Vázquez Rey, deu a orde de que, coas
ferramentas necesarias para o caso, e por un carpinteiro, se procedese á apertura da porta, o que se fixo en presencia das testemuñas citadas, sen entrar no local ata a chegada do Notario, D.
Cesáreo Vázquez Ulloa, con quen se entrou, procedendo
seguidamente a levantar acta de todo o existente no local-ambigú
e da propiedade do Sr. Gómez Arufe.
Na acta do 19 de abril, o Sr. Presidente expón a proposición
que fai o Sr. Gómez Arufe de chegar a un acordo en relación co
interdito presentado no Xulgado de Primeira Instancia e
Instrucción desta vila polo citado señor, consistente en que a
Sociedade o indemnice coa cantidade de catro mil pesetas, co
que se consideraría conforme, renunciando a calquera reclamación.
A Xunta, unanimemente, rexeita a proposición, facendo constar
que se suxeita esstrictamente ó fallo que poida recaer por parte do
Xulgado citado, estimando interpretar así o sentir do tódolos socios.
Con data 18 de Maio, o Vicepresidente, en funcións de
Presidente, ó ter pedido este dous meses de licencia por asuntos
“Facúltase ó Sr. Director da citada rondalla para que presente un orzamento do
importe dos traxes para, se o encontra da súa
conformidade esta Directiva, facer un anticipo para o pago dos mesmos,...”
16
persoais, dá conta de ter entregados ó Sr. Gómez Arufe, tódolos
utensilios da súa propiedade que deixara no local social ó cesar
os seus servicios como adxudicatario do ambigú, apreciándose ó
efectuar a entrega, a falta de dúas botellas cheas, nove culleriñas,
e unha cadeira. A Xunta acorda indemnizar ó Sr. Gómez Arufe a
falta destes enseres.
En espera da decisión xudicial, a Sociedade continúa a súa
vida habitual, comenzando por condonar o importe do aluguer
dos servicios do ambigú dos meses de Xaneiro e Febreiro, tendo
en conta os graves perxuizos económicos ocasionados ó novo
adxudicatario por mor dos incidentes ocorridos co saínte.
Adquírense os mobles necesarios para o salón onde está
instalada a radio, e repárase o piano. Acórdase decorar os dous
salóns principais e o pasillo do primeiro piso, de acordo co orzamento presentado por D. Jesús Rabina, e que ascende a Pts. 880.-
Asemade, pídese orzamento para
reformar a instalación eléctrica do salón
dianteiro do primeiro piso, sendo adxudicada a obra a D. Juan Pereira, por un
importe de Pts. 257,50.
Tampouco faltan as habituais sancións:
18-5-45: Acórdase impoñer sancións
ós socios Don V.S. e Don A.M.V., suspendéndoos durante quince días dos seus
dereitos de socios, pola má conducta
observada na Sociedade.
25-5-45: Acórdase sancionar ós socios
Don. S.P:P. e Don A.S. con dous meses e
quince días respectivamente, de tódolos
dereitos de socios pola liorta entre ambos
socios no local social, o que deu lugar por
parte de Don S.P.P. a proferir blasfemias e
adoptar acenos inconvenientes.
28-12-45: Acórdase a expulsión total
do socio Don J. R. R.F. polo seu indesexable proceder no local social.
9-1-46: Acordouse por unanimidade
suspender dos seu dereitos de socio polo
prazo de tres meses a Don S.C.R. pola
reprochable conducta observada no último festival celebrado na Sociedade.
Previa solicitude de permiso ó Sr.
Gobernador Civil, celébranse no parque
da Sociedade, as tradicionais verbenas de
San Xoan e de San Bartolomé.
O 17 de Decembro, celébrase Xunta
Xeral Ordinaria, previa autorización da
Superior Autoridade, procedéndose na
mesma á elección de nova directiva, por
presentar a dimisión a directiva actual,
sendo elexidos tras votación os seguintes
socios: Presidente: Don Eduardo Ronquete Viñas; Vicepresidente: D. Ramón
Patiño Ronquete; Secretario: D. Angel
Baltar Abella; Depositario: D. Ramón
Moreira Martínez; Contador: Don José
Salanova Rodríguez; Bibliotecario: Don
Francisco Pérez Loroño; Vocal 1º Don
Manuel Louro Gómez; Vocal 2º Don
Alfonso Elías Costa Rodríguez.
Seguidamente, o Sr. Presidente dá lectura a un escrito presentado por varios
socios no que solicitan se organice,
patrocinada pola Sociedade, unha rondalla musical. A Xunta Xeral, previa deliberación e discusión do asunto, acorda se
faga constar en acta a simpatía e o agrado
con que verían a organización da citada
rondalla, deixando a súa organización a
cargo da Xunta Directiva.
Pero todos os socios elexidos na última Xunta Xeral celebrada para formar a
nova Xunta Directiva, non aceptaron os
cargos, polo que se acorda convocar nova
Xunta Xeral para o día 31 de Xaneiro.
Nesta Xunta, e tras o oportuno escrutinio, son elexidos os seguintes socios: Presidente: D. Eduardo Ces Iglesias; Vicepresidente: Don Luís Lamas Seijas;
Secretario: D. Silvestre Fernández Vilas;
Depositario: Don Manuel Iglesias Siso;
Contador: D. Manuel Rivas Rego; Bibliotecario: D. Salustiano Agra Aseguinolaza;
Vocal 1º : D. Antonio Romero Aneiros; e
Vocal 2º D. Manuel Seijas Louro.
Finalmente, acórdase aumentar nunha
peseta a cuota mensual de socios.
Acórdase tamén facer as xestións oportunas para que os
bailes que se celebren os días tres e cinco de Marzo (Antroidos),
teñan lugar no salón do teatro Coliseo Noela, xa que o gran
número de socios, e o reducido do local social, case impediría a
súa celebración. O asalto do día seis, celebrarase no local social.
Para a comisión de orden destos festivais, son nomeados os
señores socios Don Ramón Carredano, Don Manuel Louro, Don
José Moas, Don Ramón Lira, Don Manuel Barreiro, Don
Maximino Pérez, Don Ramón Taboada e Don José Salanova.
Acordándose que a Agrupación Musical recorra as rúas da
vila, pasarase invitación a tódalas autoridades comunicándolles a
súa visita, así como ós demais señores desta localidade que se
acorde.
Desexando que os señores socios dos primeiros días do ano
1946, disfruten do Antroido no salón do Coliseo Noela e coa súa
nova rondalla, emplázoos para a próxima edición da revista
“ALAMEDA”.
17
Entre as primeiras actuacións da nova
Directiva, está a de prestar á rondalla o
máximo apoio por entender os señores
que conforman esta Xunta, que é un dos fins que deron motivo
para a creación e fundación desta Sociedade, así como tamén se
acorda incrementar a devandita rondalla e crear un cadro de
declamación. Facúltase ó Sr. Director da citada rondalla para que
presente un orzamento do importe dos traxes para, se o encontra
da súa conformidade esta Directiva, facer un anticipo para o pago
dos mesmos, esperando reintegrarse do seu importe co que se
recaude nas saídas e concertos que se celebren. Tamén se acorda
que unha vez suspendidas as visitas ou concertos, os traxes
deberán ser entregados na Sociedade para a súa custodia.
Alameda de Noia, ao fondo á dereita ubícase a actual sede da sociedade
Personaxes
Aurora Marco
Eduardo Núñez Martínez
“D’Arxellas”
18
esta galeria de personaxes nacidas en
Noia, lembramos neste número a Eduardo Núñez Martínez, que asinou co seudónimo “D´Arxellas”, escritor cuxa vida e obra son moi
pouco coñecidas, debido talvez à auséncia da terra,
por seguir, coma tantos outros galegos e galegas, o
camiño da emigración. “Poeta, heraldista e carpinteiro de trencha fina”, en palabras de Neira Vilas, na
sua estimábel produción literária, a vila de Noia está
moi presente, en lembranza, como o poeta di, “de
lonxanos días, daquel outro tempo que pasei ditoso,
lumínico e fermoso por ruas e prazas, recovecos, de
que se compón a miña vila, o meu pobo, que ainda
levo latente en ensoño novo…”
VIDA E OBRA
Son escasos os dados biográficos que
posuimos de Eduardo Núñez. Fillo do
tamén escritor, mestre e xornalista Eduardo
Núñez Sarmiento (1865-1906), natural de
Rois1, o noso biografado naceu en Noia o
4 de marzo de 1888. Sendo moi novo emigrou a Cuba –posibelmente esta data haxa
que situá-la en 1894, cando partiu o seu pai
para a illa– e ali morou até a sua morte,
acontecida en 1971, con viaxes esporádicas
à sua terra, como se desprende da leitura de
Caulículos, un dos seus poemários: en
1904, por exemplo, está datada en Noia, a
canción “Tú”, que figura ali recopilada. En
1953 foi-lle concedida a Medalla de Honra
da vila, posteriormente entregada… Destas
viaxes hai constáncia. Máis nada. Tampouco podemos aportar case nengun dado
biográfico da sua vida en Cuba. Só un
breve apontamento de Neira Vilas, que se
refere a el como “o poeta, heraldista e
carpinteiro de trencha fina Eduardo Núñez
Martínez”, no seu libro A prensa galega en
Cuba, do que parece deducir-se a profisión
a que se dedicou. A consulta da correspondéncia cruzada co seu pai, que se conserva no Arquivo de Manuel Fabeiro,
segundo informa a Gran Enciclopedia
Galega, talvez deitaria luz sobre diferentes
aspectos biográficos de ambos os escritores, pai e fillo, que nesta altura descoñecemos.
Alén da sua obra de criación reunida
en libro, colaborou na revista Tapal, en
todos os números: “Fragmentos de historia noyesa” (1950), “La Historia y la Heráldica” (1951), “Semblanzas de Noya”
(1952), “Mariño de Noya” (poema, 1953),
“Nin exilios nin noxos” (poema en
galego, 1954), “Un explorador gallego”
(1955). Hai constancia da sua colaboración na revista Vivero en Cuba, que iniciou a sua andadura en 1911, dirixida por
Jesús Peynó até 1932 e posteriormente
por Francisco Docal. Posibelmente, a sua
asinatura figura en outras revistas ou xornais da colectividade galega en América,
pois debeu dedicar à escrita boa parte do
seu tempo. Mais este pormenor biográfico, como outros, precisa ser recuperado e
completado.
Por esa dedicación, unida ao feito de
ser un divulgador das lendas da vila de
Noia –a quen dedicou sentidos poemas,
alguns en galego–, o Concello de Noia
outorgou-lle en 1953 a Medalla de
Bronce, con Pergameo honorífico, galardón que lle foi entregado polo tamén
poeta, residente na Habana, o Pai José
Rubinos, en solene acto celebrado en
1954, segundo informa a revista Tapal.
Eduardo Núñez Martínez recebeu asimesmo o prémio “Bachiller y Morales”, concedido polo Ministério de Educación
cubano.
Non podemos emitir xuízos valorativos da totalidade da sua
obra por resultar de difícil, e mesmo imposíbel, aceso. Sí
puidemos ler as colaboracións de Tapal e o libro Caulículos.
Tradicións noyesas, publicado en 1953. Libro misceláneo, con
poemas en galego e castellano, de diversa feitura e temática: un
bo monllo de sonetos, a maior parte dos cuais é de temática
cubana, como os seis recollidos sob o título “Visiones de la
Habana”, evocacións da “vella, boa e noble Habana” (“Por eso,
a aquesta Habana…/ la quiero y la requiero por tránsito obituario/ a recorrer, tan pronto me falle el corazón”). Outros sonetos
están inspirados en figuras históricas, con protagonismo na vila
de Noia , “Ad memoriam” e “Adorade”, ou teñen por motivo a
concesión da medalla outorgada pola Corporación Municipal
(“Medalla de Noya”, “Nobleza obliga”). Referidas a Noia hai
outra série de composicións, algunhas en galego, evocacións,
lembranzas da vila, das suas ruas, de homes e mulleres que
deixaron a sua pegada nostálxica en D´Arxellas: Consueliño a
“Policia”, Doloriñas do “Marchenas”, Pilariña a da Portela,
Maripepa a de Sueiro, dona Eulalia Míguez… ou o vello Colás,
o “Churrapas”, o “Cosito”, o Rachou, o vello Magariños, o ferreiro Anxelo, Agrelo o zapateiro, o “Demiño”, o Sampedro. A
Rasa, o Obre, o Chan de Maroñas, o fiadeiro da Ponte, a
Alameda, os muíños de Xei, o Campo de Noia, a ponte de
Argalo… están presentes nestas composicións, que semellan
enchidas de saudade.
O libro se completa cun longuísimo poema en tres partes e
diferentes estáncias ou capítulos: “Blanca Lis de Bergondo”, que
o autor dedica ao concello por motivo da concesión a que aludimos, e que asina o derradeiro dia de xuño de 1953, con esta estrofa final: Esta leyenda, lector” / de muchachito la oía / de Noya en
su alrededor… / Yo, la escribí como autor / sabiendo que no era
mía. / Tan sólo la narración; / por lo demás mentiría.”
Eduardo Núñez Martínez morreu na Habana o 15 de setembro de 1971. Toda a sua obra literária doou-na ao Concello de
Noia. Non estaria de máis, para ampliar o coñecimento –polo de
agora escaso– sobre “D´Arxellas”, escolmar o máis interesante
da sua produción lírica e dá-lo a coñecer; e completar a sua
biografia coa exumación da correspondéncia, ou parte dela. Mais
isto, claro é, depende da sensibilidade das persoas que teñen na
sua mao levar a cabo o que aquí se formula como un desexo.
Para finalizar estas breves notas bibliográficas, reproducimos
alguns fragmentos de Caulículos:
Ría de mi Noya
hasta el mar del Son;
playas las de Boa,
Portosín y Nebra,
isla de la Creba
milagro y canción.
…………………..
19
Algo máis podemos dicer da sua obra
de criación, relativamente extensa, en
prosa e verso, reunida nos seguintes
libros: En mis tedios del exilio (A Habana,
1920), en verso; Himnos del bien (A
Habana, 1951), prosa e verso; Metopas.
Tradiciones noyesas (A Habana, 1952), en
verso; Mi cruz de refugio, libro que non
aparece referenciado na brevísima biobibliografia da Gran Enciclopedia Galega,
mais ao que alude Andrés Rodríguez
Millares en Tapal (nº correspondente a
1952); Caulículos. Tradiciones noyesas
(A Habana, 1953), en verso; Minucias (A
Habana, 1954), verso e prosa; Fragmentos, verso e prosa (sen poder precisar data
de publicación).
Ría de mi Noya,
verso y madrigal
que termina en Muros…
mar de los salseiros
que adorna la ría
que empieza en Testal.
(De “Rumores”)
No idioma da nai Galicia
teño de falar falar,
hasta que a morte me eschuche
das fontes do paladar.
(De “Volveretas”)
Cando lonxe, no eixilio, fora da España
a morte deixe a ialma no alén de min,
heime de ir, (en)col do ánxel que me acompaña,
a voar ao paradiso onde eu nacín.
Entre os ledos rumores de entre os pinares,
dentes as altivas cumes que percavín
de neno en cen olladas, cantando os mares
volverei sentir canto en vida sentín.
¡Ou! Do vivir nunha bágoa de orballo
que se esguma e de nada volve a xurdir,
fecundando no coco que dá o carballo
mosca que dura un día e vólvese a dir.
20
Sendo esprito mais nunca da miña terra
o meu corpo de patria verei despir:
“Nin eixilios, nin noxos” a patria berra
para non ter dignidades que empercudir.
(Publicado en Tapal, nº de 1954)
1
Núñez Sarmiento desenvolveu
unha intensa actividade en Cuba:
exerceu como profesor no plantel
“Concepción Arenal” do Centro
Galego da Habana; colaborou en
numerosas publicacións galegas,
ou vinculadas a Galiza; fundou e
dirixiu Galicia en América, La
Región, El Quijote, El Eco
español; publicou tres poemários; foi membro honorário de
moitas colectividades e obtivo
diversos prémios e condecoracións. Entre os seus numerosos
traballos non literários, cumpre
destacar un dedicado à vila de
Noia, “Antiguedades de Noya”,
publicado na revista Galicia
Diplomática.
BIBLIOGRAFIA:
NEIRA VILAS, X., A prensa galega de Cuba, Ediciós do Castro,
Sada, A Coruña, 1985.
GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, sub voce “D´Arxellas”,
Silverio Cañada editor, Vitoria,
1974, tomo 8, páx. 227.
Revista Tapal, Noia (1950-1955).
O ensino en Noia
(VI)
Xosé Agrelo Hermo
Século XX
Reformas da Lei Moyano
O que máis lle interesaba á burguesía
da Restauración a principios de século era
organizar os estudios para a formación
dos seus fillos como futuros cadros de
elite nunha sociedade caciquil, na que traballadores e labregos (e
máis aínda se eran mulleres) tiñan un acceso moi restrinxido ás
escolas primarias de pago que seguían as pautas e os programas
do século XIX. Pola contra, hai varios intentos de adecuar os
estudios secundarios a uns tempos máis modernos e así xa en
1900 aparece o Plano de Bacharelato do ministro conservador
García Alix con dúas novidades moi interesantes e que permanecerían bastante tempo: o ingreso aos dez anos e a duración
dos estudios fixada en seis cursos. Pero é a reforma de
Romanones en 1901 a que confirma o Plano de García Alix e
reorganiza os estudios secundarios en Institutos Xerais e
Técnicos para o grao de bacharel, e os estudios elementais de
Agricultura, Industria, Comercio, Belas Artes e Nocturnos.
Pola trascendencia que terá no futuro cómpre deterse un
pouco para observar as asignaturas que aparecían no programa
de cada curso de estudios secundarios (1901):
1º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética e Xeometría,
Relixión, Debuxo, Ximnasia e Caligrafía.
2º- Lingua Castelá, Xeografía, Aritmética, Relixión, Debuxo,
Ximnasia e Caligrafía.
3º- Lingua Latina, Historia de España, Xeometría, Francés,
Xeografía, Relixión, Debuxo e Ximnasia.
4º- Lingua Latina, Historia Universal, Xeometría, Francés,
Debuxo, Ximnasia e Cosmografía.
5º- Psicoloxía e Lóxica, Historia da Literatura, Física,
Química, Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia.
6º- Ética e Rudimentos de Dereito, Historia Natural,
Fisioloxía e Hixiene, Agricultura, Técnica Industrial,
Inglés ou Alemán, Debuxo e Ximnasia.
O Ensino Privado en Noia
No ensino primario a formación dos alumnos e alumnas está
en mans de relixiosos ou de persoas non cualificadas específicamente, como bachareles fracasados ou ex seminaristas, que lle
cobraban aos usuarios por impartir as clases xa que os mestres
oficiais, que dependían das Deputacións, non pasaron ao
Ministerio de Instrucción Pública ata 1911 cobrando un salario
anual de 1.000 pesetas. Mesmo o Concello tiña problemas para
alugar os locais destinados a escolas como pasou en 1906 cando
se trasladou a escola de Boa a Taramancos e, ante a solicitude de
21
níciase o século XX coa volta dos
poucos soldados que quedaron
vivos na guerra de Cuba, desfeitos
física e moralmente, nun ambiente
de fracaso e pesimismo polo remate definitivo do aínda chamado pomposamente
“Imperio Español”. A Rexencia de María
Cristina e a alternancia no poder político
de conservadores e liberais, xunto co sistema electoral censitario propio da
Restauración alfonsina, consolidaban un
caciquismo que en Galicia mostraba a súa
faciana más dura, causante de revoltas e
protestas populares, que só na vida de
Noia causaron dous mortos en 1910, e en
Nebra a de cinco labregos en 1916. A
represión foi aumentando cada vez máis
ata que en setembro de 1923 instáurase co
apoio do Rei Alfonso XIII a dictadura do
xeneral Miguel Primo de Rivera e o seu
Directorio Militar que aboliu a Constitución e as poucas liberdades que aínda
quedaban, intentando suprir a ausencia de
liberdade por grandes obras públicas,
propias de todos os dictadores, e co
remate da guerra de Marrocos. O malestar
popular, as protestas sindicais e a recesión
económica levaron á demisión de Primo
de Rivera en xaneiro de 1930 e despois
dun ano de “dictabranda” do xeneral
Berenguer, a monarquía borbónica é derrocada nas eleccións municipais do 12 de
abril de 1931. Ía comezar a curta pero
apaixoante historia da Segunda República
Española.
casas para impartir as clases, non se presentou máis que un
veciño que pedía polo aluguer 120 pesetas ao ano. Poucas veces
as Escolas Públicas ubicadas no flamante edificio onde hoxe está
o Instituto “Virxe do Mar” son noticia por algunha actividade
extraescolar. Así o 28 de agosto de 1903, e como remate das festas patronais, faise entrega de premios a diversos alumnos cun
discurso pronunciado por Manuel Otero Fontán, profesor superior de Ensino Primario e baixo a presidencia do Rector da
Universidade de Santiago de Compostela Francisco Romero
Blanco, o anatómico lousamiano tan vinculado a Noia.
A Escola de Debuxo fundada en 1879 polo alcalde Luis
Cadarso Allarza, con Ramón Lira Castro de Boán na dirección,
segue o seu exitoso camiño, como cando en 1905, co gallo do terceiro centenario da publicación de El Quijote, convocou un concurso de Debuxo que gañou o alumno de terceiro ano Avelino
Ageitos. Foi esta Escola un auténtico viveiro de artistas noieses
–insigne precedente do ansiado bacharelato de artes tan reivindicado actualmente pola comunidade educativa e por todo o pobo
de Noia– ata o punto de que en 1927 a Xunta Directiva da
Sociedade Comarcal e Industrial da Vila acorda solicitar a
creación dunha Escola de Aprendizaxe Obreira en base á memoria da que fora dirixida polo profesor Ramón Lira e premiada
polo Ministerio de Fomento. Xa máis tarde, o 17 de outubro de
1930, créase a Escola de Artes e Oficios dirixida por Ramón
Creo Vilas.
Creación do Instituto
Sen dúbida, neste primeiro tercio de século
o feito máis trascendente no mundo da educación en Noia foi a creación en 1928 do
Instituto Elemental de Bacharelato.
Daquela só as principais cidades galegas
contaban con centros oficiais de ensino
medio: Lugo, Santiago, Pontevedra, Ourense, A Coruña, Vigo e Ferrol. A demanda
educativa da comarca e a influencia dun
noiés de prestixio como profesor
22
No eido dos estudios secundarios segue o seu labor o colexio
“San Vicente de Paul”, do que xa temos falado, que fora fundado en 1866 por Atanasio López e dirixido máis tarde por
Marcelino Rodríguez Castro ata 1916 ano en que se fixo cargo da
dirección César Carreño. (Por certo, este coñecido profesor
aparece en 1903 formando parte como
vocal do Comité Republicano presidido
por Miguel Cacheiro Carou). No ano 1915
o Claustro do Colexio San Vicente de Paul
estaba constituido polos seguintes profesores, todos moi coñecidos na Vila, non so
pola súa dedicación á docencia senon
tamén polo seu labor público e profesional: Marcelino Rodríguez Castro, director; José Vázquez Millares, sacerdote;
Angel Pérez Morales, avogado; José
María Cairo Hermo, médico; Arturo
García Rudiño, avogado; Benito Víctor
Fraga, avogado; José Pena Luhía, pintor;
Pedro Leiciaga Sieira, responsábel do
ensino primario. Nese momento tiña 30
alumnos internos procedentes de Ribeira,
Pobra, O Son, Serra de Outes e Ferrol.
Edificio do Instituto Virxe do Mar
na que o caciquismo máis cerril
pechaba noutros lugares o acceso á
cultura das clases populares.
Máis que anecdótico é sintomático
que nese ano 1928, cando a dictadura “Primoriverista” estaba a
dar os últimos latexos, aparecesen
tres proxectos tan dispares e complementarios na sociedade noiesa,
como foron o Instituto de Bacharelato, a Sociedade Liceo e o
Clube de Fútbol federado, dos que
en 2003 se celebrará –coido que
con moito pulo– o seu 75º aniversario. Máis unha vez ten Noia aí
outra oportunidade para demostrar
que os nosos devanceiros non traballaron en balde.
Fe de erros:
Na entrevista do número V da
nosa revista apareceron trastocados os apelidos de Franco
Cobas González polo que
solicitamos disculpas do interesado e dos nosos lectores que
facilmente comprenderían a
equivocación pois o noso entrevistado, aínda que afincado en
Vigo, é moi apreciado e coñecido na nosa vila”.
23
Alexandre Rodríguez Cadarso, fillo
predilecto da vila desde 1925 e
futuro Rector da Universidade
compostelá, fixeron que Noia contase –ao mesmo tempo que
Ribadeo– cun centro educativo que
ía ser o facho que alumease a vila
cultural de toda a súa zona de influencia, sobre todo nos anos da
Segunda República. Esta institución educativa, que tivo a súa
primeira sede no actual edificio dos
Xulgados da praza da Constitución, marcaría para sempre o
nivel cultural e o estilo de vida dos
habitantes de Noia, poñendo ao
alcance das clases menos favorecidas a posibilidade de melloramento
intelectual e formativo nunha época
Ángeles Romero Iglesias
Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia
Xeografía
Pedro García Vidal
Sobre a paisaxe construída
do casco histórico noiés
CLAVES PARA A INTERPRETACIÓN DUNHA PAISAXE URBANA SINGULAR
(e IV) O século XX. Os derradeiros instantes da muralla noiesa
pesares dunha continuada e cada vez máis intensa agresión levada a cabo nos anos finais do século XIX, a principios do século XX a muralla noiesa presentaba aínda lenzos perfectamente visibles
nas partes que miraban ó mar e ó río. Algunha das fotografías dese tempo así o poñen de manifesto.
Pouco ía durar esta medieval imaxe da vila de Noia.
O proceso que vai conducir á progresiva desaparición da cerca pétrea, vai ter como vimos casuística múltiple.
Trátase dun proceso dilatado no tempo, no que o desinterés das autoridades, xunto cos intentos de apropiación
por parte dos viciños, son factores que colaboran na súa degradación. Pero a desaparición de partes significativas da muralla non ocorre por igual en todas as partes da mesma. Son os lenzos que dan á terra os que
primeiro van caer, ó contrario do que sucede cos que miran ós bordos marítimo e fluvial. Neste caso, a función
dos muros como dique de contención das augas fai que estes se manteñan en pé ata máis tarde.
Os primeiros anos do século XX van ser testemuñas dos derradeiros días de vida da muralla nas súas frontes
marítima e fluvial. O proceso que vai rematar coa súa case completa desaparición vai correr parello á aparición dun novo elemento fundamental para o futuro da vila, como vai ser a construcción dos Malecóns.
24
A construcción dos Malécóns de Cadarso e Gasset e Os novos tempos, cos modernos medios de transporte,
a desaparición da muralla nas súas frontes maríti- precisan de novas vías de tránsito. Por este motivo, é
preciso superar o impedimento que supón o ter que
ma e fluvial
cruzar a vila polo seu centro con rúas estreitas e sinuoO capítulo final da historia da muralla vai escribirse
sas pouco aptas para a circulación rodada. A solución
agora, cando se decide levar a cabo a obra de alonxar,
virá coa construcción de novas vías que, paralelas
mediante recheos, a liña de costa do linde amurallado.
exteriormente á muralla, permitan circunvalar o
Plano da vila de Noia realizado por D. Ramón Lira Castro. Neste plano da vila, realizado no ano 1907 polo profesor de debuxo D.
Ramón Lira Castro, figuran xa perfectamente sinaladas as novas aliñacións dos recentemente finalizados Malecóns de Cadarso e Gasset
que, xunto coas rúas da Carreiriña do escultor Ferreiro, Porta da Vila e Ferrador, permiten agora circunvalar o recinto histórico sen
necesidade de atravesalo.
Malecón de Cadarso. O recheo e posterior trazado dos Malecóns, coa construcción de muros de contención
pétreos, así como a cesión e venta das
parcelas sobrantes da nova aliñación
dos bordos ribeireños, vai poñer o
punto final á historia das murallas.
O Malecón de Cadarso
No ano 1879 escomeza o
recheo do Malecón que posteriormente se denominará de Cadarso.
O proceso iníciase a partires do
Hospital do Sancti Spíritus, ou
Hospital de Afora, no arrabalde
mariñeiro do Espíritu Santo. Ó
longo dos anos oitenta vai procederse desde este lugar a un progresivo recheo con materiais procedente de escombros das obras
públicas e particulares. A edición
dun Bando de Policía urbana vai
animar a realizar esta tarefa,
sinalándose xa no mesmo a nova
denominación do lugar: “..que los
escombros que resulten de las
obras públicas y particulares se
depositen en el punto llamado hoy
del Malecón”.
Asemade, para o sostemento
duns materiais que axiña escomezan a ser abundantes, e de
cara a “terraplenar los escombros
y para evitar el derrumbamiento
de los mismos”, vese a necesidade
da construcción dun dique de con-
tención. Este muro de pedra, en contacto directo coas augas do Traba, iníciase desde o Hospital de Afora e van realizarse nunha primeira fase vinte
metros do mesmo. Posteriormente, no ano 1884, en vista do avanzado dos
recheos, e por estar estes en contacto directo coas augas do río, de novo
se solicita a construcción dun contedor pétreo que “impida sean llevados
por la corriente del río Traba que desemboca en el mar por este punto,
de modo que ocasiona perjuicios a la baía, pues de no evitar su caída llegaría a obstruírse la ría, motivo por el que debe continuar la muralla de
sostenimiento que parte del Hospicio”. Por esta razón, acórdase construír
un novo tramo de vinte metros continuación dos xa realizados, con vistas
a evitar o arrastre dos escombros polas augas. Igualmente, un mes máis
tarde, apróbase continuar o muro vinte metros máis, pois con frecuencia
os escombros ocasionaban “perjuicios de consideración al río de la
Pedrachán y Bandiña que obstruían el paso para el tránsito de las
pequeñas embarcaciones que por allí circulan”.
Unha decisión importante, e que vai ter notables consecuencias no
futuro da muralla, vai tomarse en sesión do 7 de abril de 1884. Acórdase,
con vistas a acelerar o proceso de construcción do Malecón de Cadarso,
proceder, canto antes, á aliñación desta fronte fluvial para así “enajenar
los sobrantes que resultasen e invertir su valor en aquellos”.
Dado que a apertura e aliñación de rúas é de competencia exclusiva
das corporacións municipais, segundo a regulamentación do artigo 72 da
Lei Municipal en vigor nese momento, o Concello de Noia decide
realizar a aliñación da rúa do Malecón de Cadarso, que unha vez exposto ó público por un período de vinte días sen que se presente reclamación
algunha, é finalmente aprobado. Unha vez cumprida a formación do
expediente de aliñación, a Corporación, en virtude do artigo 85 da mencionada Lei Municipal que faculta ós concellos para vender os sobrantes
da vía pública ingresando o seu producto nas arcas municipais, decide:
“proceder a la enajenación de los terrenos sobrantes de la vía pública,
anunciándose en la forma más conveniente para que los interesados
puedan solicitar la adquisición de los terrenos limítrofes”. Para dita
adquisición, ós viciños lindantes cos devanditos terreos desígnaselles no
plano aprobado a porción de terreo ó que teñen dereito e fíxase un precio
para as parcelas.
En principio, o precio de venda dos sobrantes ía ser de dúas pesetas o
metro cadrado, pero dadas as diferentes condicións dos terreos, que fan
que o seu valor non sexa idéntico, é polo que se decide que o precio do
25
núcleo urbano sen necesidade de
penetrar no seu interior. O recheo e
posterior trazado dos futuros malecóns, coa construcción de muros
de contención pétreos, así como a
cesión e venda das parcelas
sobrantes da nova aliñación dos
bordos ribeireños, vai poñer o
punto final á historia das murallas.
As edificacións reemprazan á muralla na rúa da
Carreiriña do escultor Ferreiro. A realización das
rúas da Carreiriña e Ferrador que dan saída ós novos
Malecóns cara a Santiago e
Muros, puxo en valor estes
bordos do casco histórico e
as edificacións miran as
novas rúas erguéndose sobre os restos da primitiva
muralla.
metro sexa convencional: “atendiendo el Ayuntamiento a las
condiciones y demás circunstancias que respectivamente
reunan”.
Un aspecto ó que as autoridades da vila prestan tamén atención, ó mesmo tempo que se realizan as obras dos Malecóns, é a
reforma das rúas limítrofes dos mesmos con vistas ó embelecemento xeral do conxunto. Por este motivo, en sesión do 21 de
xullo de 1894, e referíndose ó Malecón de Cadarso, sinálase que:
“las calles limítrofes – paralelas a este –, que llegará a ser un
magnífico paseo, cuando terminen las obras, necesitan que las
edificaciones que en ellas se realicen, se sujeten a una alineación fija, y al mismo tiempo, hacer una calle de avenida al expresado Malecón, en atención a que las que hoy existen son sumamente estrechas, cuya calle se proyectará en el centro del largo
Malecón, a fin de comunicarlo con la población; creyendo por
consiguiente necesario que se nombre persona perita que se
encargue del proyecto de alineación”. A Corporación vai nomear
ó profesor de debuxo D. Ramón Lira Castro para que se encargue do proxecto de aliñación das rúas da Praza de Lamas,
Pescadería e Canliña por ser as que máis preto se atopan do
Malecón.
26
O Malecón de Gasset
O espaldarazo definitivo para a construcción dos Malecóns tivo
lugar o ano 1897. O Deputado en Cortes por este distrito, Rafael
Gasset Chinchilla, en escrito remitido ó Concello, informa que con
data 13 de abril deste ano, o ministro de Fomento aprobara o proxecto de “construcción del Puente de esta Villa, así como la travesía que ha de enlazar las carreteras del estado de Padrón a
Noya, Boimorto a Muros y Angeles a Noya”. En agradecemento ás
xestións realizadas polo mencionado Rafael Gasset, o Concello, en
sesión que se celebra o 24 de abril de 1897 “rindiendo justo tributo de agradecimiento al interés demostrado por el celoso Diputado,
debía significárselo en la forma que estimase oportuno, acordándose por unanimidad dar el nombre de Gasset a la calle que ha de
formar el nuevo Malecón desde el puente hasta el punto de enlace
en que se han de unir las carreteras de Padrón a Noya, Angeles a
Noya y Boimorto a Muros, acordando también dar un voto de gracias al Señor País
Lapido y dirigir un telegrama al Excmo. Sr.
Ministro de Fomento, dándole gracias por
la aprobación del proyecto de la Travesía y
Puente”. A importancia das obras a
realizar para o futuro da vila son consideradas tales por parte das autoridades
municipais, –“inmensos beneficios para
los intereses locales que han de reportar”–,
que non parecéndolle suficiente proba de
gratitude o anteriormente acordado, deciden, en sesión de 2 de outubro de 1897,
nomear ó mencionado Gasset como fillo
adoptivo da vila.
No ano 1901, o día 3 de novembro,
remátanse as obras da ponte de Noia, producíndose nese momento a súa reapertura.
Ó mesmo tempo, o Malecón de Gasset vai
ver como se levan a cabo ós últimos retoques do mesmo, mentres que o de Cadarso
vai estar por estas datas practicamente
rematado. Como remate dos mesmos
solicítase no ano 1902 a realización dun
pretil en pedra en todo o seu bordo
O derrubo das portas e muralla no
nacente Malecón de Gasset
As primeiras partes en caer da muralla
van ser as portas que aínda se mantiñan en
pé. O 8 de xaneiro de 1902 apróbase o
derribo das portas que daban ó Malecón
de Gasset en construcción:
“Por el Sr. Calvo se propone que la
Ilma Corporación acuerde el derribo de
las dos puertas de la antigua muralla que
cerraba el pueblo y que dicen a las calles
de la Plazuela y subida al Tapal, comprendiendo el tal derribo la parte de la
muralla que cierra las expresadas calles a
fin de que estas desemboquen con todo su
ancho en el malecón en construcción”.
Pouco máis tarde, o 26 de xullo de
1902, a Corporación autoriza o derrubo da
porta que se abría na rúa da Axuda:
“El Sr. D. Benito Fraga hace la manifestación de que está autorizado para consentir el derribo de la antigua puerta de la muralla parte que dice a la calle de la Ayuda. La
Corporación quedó enterada y acuerda que se
proceda a dicho derribo por medio de empleados que nombre el Ayuntamiento y que esto se
tenga en cuenta para en su día, cuando se
haga la cesión de parcelas, por lo que respecta al propietario de la puerta que se trate”.
A puntilla final para os restos da
muralla que aínda subsisten no que será o
futuro Malecón de Gasset vai producirse
cando a Corporación decida proceder á
nova aliñación que vai trazarse neste lugar
con vistas á futura edificación. En caso de
quedar algún sobrante da vía pública, este
debe concederse gratuitamente como
compensación a aqueles propietarios que
se viron na obriga de tirar partes da muralla. Así se fai constar en sesión do 6 de
agosto de 1904:
“..se propone que el Ilmo. Ayuntamiento se sirva acordar que
si al conceder línea en el Malecón de la Travesía y Puente
quedase algún sobrante de la vía pública frente a las fincas que
allí tienen los herederos de D. José Andrés Curiel y Dña. Angela
Fernández, se conceda gratuitamente a los mismos como compensación, una extensión de terreno igual a la que ocupe cada
uno de los trozos de muralla que habrá de derribarse con las
antiguas puertas de piedra que obstruyen la comunicación de las
calles de la Ayuda, Condesa y Tapal”.
Do anteriormente sinalado dedúcese facilmente, que todo o
proceso de construcción dos Malecóns vai en paralelo coa venda
a particulares dos terreos sobrantes da nova aliñación. Este proceso simultáneo traerá acompañado igualmente a práctica total
desaparición dos lenzos da antiga muralla que aínda estaban en
pé nesta fronte marítimo-fluvial. Os viciños adquiren os terreos,
e no seu lugar escomenzan a levantar edificacións que miran ó
mar e ó río. O resultado será unha transformación profunda dos
bordos acuáticos do recinto histórico.
As transformacións futuras estarán en relación co firme dos
Malecóns ou o alzado das edificacións que os delimitan. O asfalto sustituirá, en épocas recentes, o primitivo adoquín, e os
desproporcionados edificios en altura e volume destruirán a
imaxe agradable que ofrecía a vila na distancia, –o sky line do
recinto histórico noiés– un conxunto de pequenas vivendas apretadas en escalonada ascensión hacia a plataforma do Tapal na que
se erguía poderosa a figura pétrea de San Martiño.
O debate político
Mediante a lectura das discusións e deliberacións extraídas
das actas dos plenos municipais, reconstrúese un debate bastante
27
Parte da muralla no Malecón de Gasset. A muralla, un elemento tan fundamental na historia da vila de Noia, un fito tan destacado
na súa paisaxe, unha obra diferenciadora dunha realidade urbana á que proporcionaba categoría de cidade, unha arquitectura en fin,
presente sempre nas imaxes do pasado da vila, sen embargo non ocupa o lugar destacado que merece na memoria urbana dos seus habitantes.
A muralla logo da
muralla. O proceso que conduce á vila de Noia ó desmantelamento das antigas
murallas xustifícase en base á
utilidade, a novos valores
urbanos, e o primeiro deles é
a circulación. Así, a aparición simultánea á desaparición dos muros de vías de circulación que rodean igualmente a cidade antiga, vai
dar lugar ó nacemento dunhas novas murallas simbólicas. Ó igual que o muro
pétreo, as vías circunvalatorias, hoxe cun tráfico notable,
van ser tamén fronteiras difíciles de traspasar, a veces
causantes de verdadeiros
tapóns circulatorios para
todos aqueles que pretenden
saír da cidade antiga.
prolongado no tempo, no que están implicadas diferentes administracións civís, sobre a demolición das murallas. As razóns dos
primeiros ataques á muralla teñen pouco que ver con problemas
de orde urbanístico, relacionándose máis ben con necesidades de
carácter social. Posteriormente, entra en xogo o tema do saneamento daquelas zonas máis degradadas nas proximidades da
muralla. O discurso da utilidade pública toma en consideración
tamén o problema, e tampouco faltan discusións de orde arquitectónico provocadas pola destrucción das portas.
A intención especulativa estaba clara en moitos casos e faise
referencia específica a ela nas actas das comisións. Do debate
extráese a impresión de que o interés económico prima sobre as
outras consideracións, sobre un punto que semella ser aceptado
pola grande maioría: a eliminación dun elemento que xa non se
considera útil.
No momento en que a vila medra e se desenvolve, a muralla
vai converterse no símbolo do impedimento que dificulta saír á
cidade fóra dun límite tan reducido. Por ese motivo, vai facerse
ver a necesidade de suprimila co fin de que o desenvolvemento
económico e demográfico poidan realizarse axeitadamente.
28
O pobo en xeral está máis inclinado cara ós aspectos negativos que poden representar as murallas, principalmente en aqueles solares urbanos moi preto da muralla, onde as condicións de
degradación e insalubridade presentes fanse patentes dunha
maneira máis clara e extendida.
As preferencias da administración e propietarios de solares
en contacto coa muralla a favor de intereses económicos vai
facer posible o binomio destrucción–construcción nos seus
muros. O interés económico nestes casos, que considera o espacio só en función do valor do solo, vai ver as murallas como
unha fonte de beneficios máis que como unha necesidade histórica ou un ben colectivo.
Incluso unha obra pública non vai garantir o interés colectivo
da muralla. A construcción de vías de circulación que circunvalan a muralla vai traer consigo a operación de venda de solares
sobrantes da aliñación, en moitos casos
adquirido con oportunidade e a moi baixo
prezo, con clara intención especulativa.
A muralla hoxe
No proceso de xeral degradación do
recinto histórico noiés, na perda ou despersoalización dunha notabilísima arquitectura patrimonial, no desinterés por
conseguir un recinto histórico cada vez
máis fermoso e agradable, estamos todos
implicados e poucos son de verdade os
que poden proclamar sen rubor a súa
inocencia.
Hoxe, recén inaugurado un novo
século, cando vestixios dun pasado de
tanto esplendor saen á luz baixo os
solares edificables dos bordos do casco
histórico, cando teóricamente unha
maior e mellor información conforma a
base social, corresponde ás/ós cidadáns
noieses decidir que solución dar a esas
testemuñas dunha historia de séculos.
Unha sociedade con futuro é aquela que
sabe recoñecer e gardar con celo o seu
pasado; construír un futuro próspero
sobre os poderosos alicerces dun pasado
se merecen ser conservados. Preservar a
memoria, en definitiva.
As esculturas de Ferreiro en Outes
Xoán X. Mariño
escultor noiés Xosé Ferreiro é
un dos máis grandes artistas
da nosa Terra e introductor do
estilo neoclásico en Galicia. Traballou
case toda a súa vida en Santiago (onde
fixo o Santiago Matamouros que coroa o
Pazo Raxoi e outras grandiosas obras en
pedra e madeira para franciscanos, benedictinos ou a Universidade). En Outes está
constatado o seu traballo para S. Ourente
e atribúenselle algunhas outras obras en
Roo e Sabardes.
1. Os retábulos de Ferreiro en San
Ourente
No ano 1796, D. Simón Díaz de
Rábago, Penitenciario da catedral de
Santiago e apoderado do cardeal Celada,
promotor das obras de engrandecemento
de S. Ourente (por se-la sé do seu arcedianado de Sta. Tasia) que incluíron a construcción da nova igrexa da parroquia, que
sustituiu á do Rial como parroquial, con-
tratou con Xosé Ferreiro, un dos máis importantes escultores
galegos e o mellor daquela época, a realización de cinco retábulos coas súas correspondentes imaxes para o actual templo, xunto
co cruceiro do cemiterio, a urna de S. Campio e algunhas outras
pezas.1
O primeiro levado a
cabo foi o retábulo maior,
que costou 18.000 reás,
pero que a fins do s. XIX
ou comenzos do XX foi
sustituído por outro máis
moderno e menor interese
no que aínda se conserva a
imaxe do Santo titular,
realizada polo noso artista
(foto 1), figura de gran
tamaño –2.3 m. de alto–
vestido de bispo coa súa
túnica, roquete cunha ampla faixa pintada pola parte
inferior imitando puntillas,
capa pluvial vermella e
mitra sobre a súa cabeza de
perfil clásico, cuio rostro, a
2. Retábolo de San Francisco Xavier
pesar do desafortunado repinte a que foi sometido hai algúns anos, destaca pola súa
placidez, aire de dozura e tratamento lumínico de barbas e cabelos. Coa man esquerda sostén un báculo, mentras bendice coa
dereita; a roupaxe, de plegues achaflanados, imitando a talla do
mármore, revela a estructura interna da figura baixo a vestimenta, de maneira que podemos recoñecer como unha perna está
máis retrasada que a outra, facendo balancearse ó corpo.
1. San Ourente
O retábulo de S. Francisco Xabier (foto 2), no brazo sur do
cruceiro, de 7 m. de alto por 3.25 de ancho e liñas neoclásicas,
caracterizadas pola maior pureza na utilización dos ordes grecorromanos, así como na maior sobriedade decorativa respecto do
barroco, levántase sobre un sinxelo banco sen ornamentación,
seguido da predela na que vai un pequeno sagrario flanqueado
29
No mesmo ano de 1796 Ferreiro realizou os retábulos de
S. Francisco Xabier e o Rosario, que valeron en conxunto
16.000 reás, situados a ambos lados do cruceiro, pegados á
parede oriental.
por pequenas pilastras, sobre as que vai a única rúa do primeiro
corpo, cunha fornela cuberta por unha pequena bóveda acasetoada que acobilla á imaxe de S. Francisco Xabier xunto a un
pequeno S. Roque procesional. Pilastras pareadas, a ambos
lados, de fuste liso e capiteis compostos, precedidas de columnas
do mesmo tipo, sosteñen o entablamento liso, máis adiantado na
parte central sobre o que pousan dous xarróns nas esquinas e o
3. Virxe do Rosario
30
segundo corpo, formado por pequenas pilastras que sosteñen un
entablamento que se curva na parte central, enmarcando as letras
IHS e cruz enriba, rodeadas dunha mandorla de nubes e feixes de
raios. A imaxe de S. Francisco Xabier, de 1.6 m. de alto, que
ocupa a fornela central, viste o hábito negro dos xesuítas, cinguido cun lazo á cintura e ornamentado con finos motivos vexetais
dourados na parte inferior que se repiten na esclavina que leva
sobre os ombreiros. A postura, cunha perna flexionada e outra
tensa, ademais de provoca-la acumulación de plegues na zona da
entreperna como é característico en Ferreiro–, fai balancea-las
4. Dolorosa
cadeiras, dándolle movento e vida á escultura, efecto reforzado polo seu rostro clasicista de barba curta e sens deprimidas
que mira ó espectador con expresión de
anhelante misticismo. Co brazo dereito
sostén un bordón e na man esquerda porta
un crucifixo, no que se observan tódalas
características coas que o artista distingue
ós seus crucificados: Cristo en expiración
xirando a cabeza cara ó lado dereito, cun
pano anoado tamén deste lado e un plegue
central dobrado para fóra, tibias e costelaxe moi marcadas, dedos gordos dos pés
separados, anatomía de gran elegancia,
peiteado cara atrás, deixando ver o lóbulo
da orella esquerda e rostro de expresión
serea.
O retábulo do Rosario, é xemelgo do
anterior e, polo tanto, ademais das mesmas dimensións presenta idéntica concepción de estilo e organización: sobriedade
clasicista no banco e predela lisos, fornela
central acasetoada que acobilla a imaxe da
Virxe do Rosario xunto á cal se acha un
pequeno S. Ourente, que non pertence ó
retábulo, como tampouco San Antonio,
pousado sobre o banco que fai de altar,
flanqueados por pilastras e columnas
pareadas de fuste liso e capitel composto
que sosteñen o entablamento denticulado
que separa este corpo do seguinte no que
pilastras lisas e entablamento curvo
enmarcan nesta ocasión un releve composto polas letras A e M superpostas
cunha coroa enriba, rodeadas de nubes e
raios dourados, con xarróns tamén nas
esquinas. A Virxe do Rosario (foto 3), un
pouco máis grande có S. Francisco Xabier
–1.75 m de alto– é outra talla de fantástico preciosismo saída das mans de Ferreiro, figura de increíble beleza que
sostén ó Neno no seu brazo esquerdo e
extende o dereito cun xesto gracioso e
elgante, remarcado por uns dedos exquisitamente finos e delicados, para amosa-lo
colar de contas que acompaña ós recitados
de devotos e devotas. O rostro repite,
segundo tradición recollida por Murguía,
o da súa propia muller: boca pequena,
queixo resaltado, fazulas carnosas, colo
alongado, pelo partido ó medio, recollido
por enriba das orellas e cuberto por unha
pañoleta que lle enmarca a fermosa e sensual faciana de óvalo perfecto, indudablemente idealizada, porque para esta época,
a súa dona tiña xa máis de 50 anos e aquí,
a Virxe presenta unhas faccións bastante
xuvenís, dacordo cos ideais de beleza clasicistas que Ferreiro persegue e difunde
por toda Galicia. Outro pano anóase sobre
o peito; a túnica que se lle cingue á cintura permite trasluci-la rotundidade das súas
cadeiras, así como a posición das pernas
(unha tesa outra relaxada) que fai oscilalo corpo; sobre ela, o manto azul, cuios
amplos plegues se arremuíñan artisticamente baixo o brazo, incrementa, se cabe,
a perfección da imaxe.
Tres anos máis tarde, é dicir, en 1799,
fixo Ferreiro os tamén neoclásicos retábulos da Dolorosa e do Cristo para as dúas
paredes do fondo do cruceiro.
5. Anxo adorador
6. Cristo
acasetoado, sobre cuia cornixa dous anxos adoradores con senllas cruces nas mans e sobre nubes, se dispoñen a ambos lados
dun releve central que representa ó Año Pascual sobre o Libro
dos Sete Selos da visión apocalíptica, rodeado de nubes e raios
dourados, rematando o conxunto. A Dolorosa (foto 5) que preside o retábulo, de 1.6 m. de alto, elegantes proporcións e talla de
inigualable maestría, viste túnica morada de aristados plegues
decorada con orla e cenefa douradas que se repiten no ampuloso
manto azul anoado na cintura e que lle cobre a cabeza, tocada
tamén cun veo, e levantada coa mirada cara ó ceo cun rostro de
intensa tristura, ó tempo que pousa a man esquerda sobre o peito,
no que está cravado un puñal, mentras extende a man dereita para
intensifica-lo dramatismo da representación.
Os anxos adoradores que se atopan sobre o frontón do
retábulo (foto 6) miden 1 m. de alto cada un e están afrontados
e axeonllados sobre grupiños de nubes en actitude orante cara ó
año que pousado sobre o libro dos Sete Selos remata o altar, portando senllas cruces que apretan contra o seu peito, vestindo
túnica azulada con floriñas douradas pintadas, mostrando un rostro de fazulas regordiñas e sonrosadas e unhas mans de suave
morosidade e finura de talla.
Facendo xogo co anterior, ó outro lado do cruceiro, dispúxose o retábulo do Cristo, que tamén tén as mesmas dimensións,
claridade de liñas e distribución e poucos cambios nos seus elementos: banco, predela, columnas e pilastras, dosel, cortinaxe,
entablamento e frontón son iguais; unicamente unha coroa de
espiñas con tres cravos sobre o Santo Sudario sustitúe ó pano da
Verónica no banco, como tamén o Cristo crucificado (foto 6)
ocupa o lugar da Dolorosa, os anxos do remate carecen de nubes,
cambian as cruces por varas con follas e o releve central
sustitúese pola columna do martirio sobre nubes, con lanzas en
aspa, unha delas coa esponxa mollada en fel, coroando o conxunto. O Cristo mide un pouco menos cá Dolorosa –1.5 m. de
alto–, pero mantén as mesmas harmónicas proporcións e factura
maxistral no tratamento da anatomía, dos cabelos e da expresión
serea do rostro, que se inclina cara á dereita en expiración, ó
31
O retábulo da Dolorosa (foto 4), de
case 6 m. de alto e 4.2 de ancho atópase
no lado do evanxeo e levántase sobre un
banco coa súa parte central máis avanzada
e unha pintura no medio que representa o
Pano da Verónica co rostro de Cristo,
sobre unha cruz e unha escaleira en aspa.
A predela é lisa e vai sobresaíndo a medida que se aproxima ós extremos, por
servir de base a pilastras na parte máis
interior, columnas exentas no medio e
columnas dobradas na parte exterior que
flanquean unha Dolorosa, trala cal unha
gran cruz se continúa polo segundo corpo,
onde unha ampla cortinaxe embelecida
con múltiples flores de lis, saíndo dun
dosel central, cae a ambos lados da Virxe,
sen ser interrumpida polo entablamento,
que se corta na parte central. O segundo
corpo péchase cun dobre frontón curvo e
mesmo lado onde vai o nó do pano de pureza de plegues tamén
aristados. Os anxos adoradores que flanquean a columna do altar
do Cristo están sentados sobre o frontón directamente, sen nubes,
pero coa mesma calidade cós anteriores, na talla das túnicas, do
rostro de sonrosadas puchinchas e da branda carnosidade das
mans que agora soteñen un martelo e unha vara con follas
respectivamente.
Entre esa data de 1799 e a de 1801, na que cobrou o último
pago do que se lle adeudaba, realizou o pequeno –90 cm.– S.
Roque procesional (foto 8) que se atopa pousado no altar de s.
Francisco Xabier. Viste túnica azul cunha estreita orla dourada na
parte inferior e un artístico lazo tamén dourado cinguíndoa na
cintura. Leva un manto vermello que colga do brazo esquerdo e
desprendido do ombro dereito enrédaselle no brazo. O manto
loce unha esclavina con dúas cunchas de vieira, alusión á súa
peregrinaxe a Santiago, polo que leva na man esquerda tamén o
bordón de peregrino e na cabeza o sombreiro característico no
que figuran dúas chaves cruzadas, recordo da súa viaxe a Roma,
onde adquiriu sona de curar ós apestados, pola que foi santificado, logo de contraer el mesmo a enfermidade, cuias chagas nos
amosa e que un anxo lle sandou milagreiramente, aquí representado ó seu carón cun tarro de ungüentos na man e acompañado
do can que entramentras curaba lle traía comida ó refuxo.
No mesmo recibo datado en 1801 no que di cobrar “700 reás
a conta dun cruceiro e outras obras”, que non se detallan, debíase
incluir tamén a Virxe do Carme (foto 9) de pouco máis de 1 m.
de alto que está colocada no pequeno altar que fai esquina entre
o presbiterio e o brazo sur do cruceiro2; levántase sobre un trono
de nubes e anxos, viste o hábito carmelita (túnica e escapulario
marróns e manto branco) e leva ó Fillo no brazo esquerdo, mentras amostra, ó igual có Neno un pequeno escapulario. A cabeza,
de rostro ovalado, boca pequena, queixo destacado e mirada
saudosa, vai cinxida cunha coroa de prata.
e hoxe na parte posterior do mesmo, visible desde un pasillo habilitado por detrás
do retábulo. Tén forma trapezoidal, mide
2 m. de lon-go e leva no marco decoración
de tipo vexetal dourada, pero antigamente
tamén tiña na parte superior un grupo de
nenos, estandartes, nubes, palmas e
emblemas militares de gusto neoclásico,
eliminados brutalmente a fins do s. XIX
ou principios do XX para empotra-la
caixa na súa ubicación actual.
Pecha a actividade do gran artista o cruceiro (foto 11) que se menciona no documento antes citado e preside o cemiterio.
Mide case 6 m. de altura, pero a parte máis
interesante é cruz, que leva por diante un
Cristo duns 60 cm. de alto que repite en pedra
as características descritas no crucificado do
interior da igrexa e polo reverso unha
Dolorosa sedente sobre un trono de nubes e
anxos, coas mans xuntas, mirada cara ó alto e
un puñal de ferro chantado no peito.
32
Tamén fixo Ferreiro a urna de S. Campio (foto 10), para
garda-los restos do mártir traídos uns anos antes de Roma e que,
recubertos de cera, orixinalmente exhi-bíanse ó pé do altar maior
8. Virxe do Carme
7. San Roque
9. Urna de San Campio
Unha obra en Roo
En S. Xoán de Roo, súa é tamén con
toda seguridade a figura de S. Xoán
Bautista, de armonioso e clasicista perfil
que se pode admirar no lateral esquerdo
do retábulo do Carme3 que hai pegado ó
muro nororiental do cruceiro do templo
parroquial, pero aínda que este retábulo
foi realizado cara a 1820, a figura do
Bautista é moi anterior, a xulgar pola
única referencia documental coñecida e
que atopou Carmen Bermejo nas contas
de 17824, nas que ademais se cita o seu
coste: 761 reás.
A imaxe (foto 12) de gran elegancia,
harmonioso perfil e talla exquisita, posúe
tódolos rasgos estilísticos que identifican
as obras do artista noiés: a serenidade na
expresión, o canon alongado, o tratamento lumínico de cabelos e pelexo de camelo que viste, o rostro ovalado de finas cellas e boca pequena, o balanzo de cadeiras
provocado polo retrasamento dunha
perna, coa que tamén busca a profundidade pola superposición de planos, de
forma idéntica á utilizada noutras figuras
deste tipo realizadas para S. Mamede de
Carnota e S. Fructuoso de Santiago.
10. Cruceiro
As esculturas do Freixo
12. San Bernaldo
33
En S. Xoán de Sabardes, probablemente as elegantes imaxes de S. Bernaldo
e S.Basilio, situadas no retábulo maior da
igrexa parroquial, do que só sabemos que
foi pintado en 17905, saísen tamén do seu
obradoiro, porque a maneira en que o
canon se alonga e os panos se aristan son
características do artista noiés; se a esto
engadimos que as espesas barbas do
primeiro (foto 13) repiten as dos apóstolos
de Loureda ou de S. Pablo de Carnota e a
composición do seu S. Bieito da fachada
do mosteiro de Samos (libro na man
esquerda ó que dirixe a mirada, báculo na
dereita, perna adiantada flexionada e
mitra ó seu pé), mentres que a composición do segundo recorda enormemente á
do S. Pedro de Mezonzo que Ferreiro fixera en 1779 para S. Martiño Pinario de
Santiago (do que dependía o mosteiro do
Freixo ó que pertencía esta igrexa), co
mesmo ba-lanzo de cadeiras provocado
pola flexión da perna adiantada que, á súa
vez, fai acumula-los panos do hábito
13. San Ourente
–agora negro– na entreperna, báculo na
man esquerda e mirada ó alto, repetindo,
asemade, o aristamento dos panos, o
alongamento do canon e a espiritualidade
do rostro, coa introducción de pequenas
variantes como son a mitra na cabeza, en
lugar de ir pousada ó pé, pluma na man,
en vez do libro e barbas máis recortadas,
pero semellantes ás do S. Francisco
Xabier de S. Ourente, resulta que
podemos estar certos de que nos atopamos
diante de dúas novas esculturas descoñecidas do noso artista embelecendo os
templos da nosa comarca.
Notas:
1 MARIÑO REINO, XOÁN X. O escultor
Ferreiro. Noia, 1991. Páxs. 101 a 106.
2 MARIÑO REINO, XOÁN X. Patrimonio
34
Histórico-Artístico de Outes. Volume II. Ed.
Tórculo. Santiago, 1999.
3 MARIÑO REINO, XOÁN X. Unha escultura de
Ferreiro en Roo. Revista Século XXI, nº 9.
Noia, setembro-outubro 1997.
4 BERMEJO DÍAZ DE RÁBAGO, CARMEN.
Una escultura de Ferreiro en Roo. Revista
Composte-llanum, Vol. XXII. 1982.
5 MARIÑO REINO, XOÁN X. Patrimonio
Histórico-Artístico de Outes. Volume II. Páxs.
127 e 128.
11. San Xoán de Roo
Historia
Xerardo Agrafoxo
150 apelidos de Noia
Cando algunhas capas da poboación amosan un acusado receo á chegada de inmigrantes, tampouco está
demais recordar a orixe de moitas familias do concello instaladas dende hai anos nesta banda da ría. A través dos censos
de habitantes, os textos históricos, as inscripcións nos sartegos de Santa María a Nova e a mesma guía telefónica, nalgúns casos a fonte máis apropiada, sorprende o peso
demográfico de veciños cunhas raíces fóra de Galicia.
En primeiro lugar, destaca a presencia dun elevado
número de apelidos de delatadora procedencia vasco-navarra.
Amais de Celaya, Bazarra, Zabala, Arzuaga, Mendieta,
Ilundaín, Beitia, Ciaurriz, Iníguez, Zúñiga,Vaquero, Oiza,
Echevarría, Elu, Herraiz, Segurola, Arrugaeta, Leiceaga e
Iturralde, está documentada a procedencia dos Juanatey, de
orixe no Val de Baztán en Navarra e instalados como curtidores no lugar de Sameiro (Santa Cristina de Barro). O
apelido Larrondo, de recente chegada á vila, xurde do lugar
do mesmo nome preto de Sondica (Biscaia). Loroño ten un
dos seus berces en Larrabezúa, tamén en Biscaia. Chegou a
Noia a través do Enciso (A Rioxa) e nalgún caso emparentou
con outro de Euskadi como Viazcoechea ou Beascoechea
(“Casa grande da esquina”). Son proviñentes da Rioxa os
Sáez (Ortigosa de los Cameros) e os Llaría Fontecha (Brieva de los Cameros).
En tempos da controvertida Segunda República (19311936) chegou á vila o matrimonio formado polo Axudante de
Marina Germán Olariaga Derteano e Coro Basterra
Aramburu, que deixaron os seus apelidos de AmorebietaEtxano (Biscaia) en varias xeracións de noieses. Curiosamente, a través dun documento aportado a esta sinxela
investigación polo poeta noiés Maxi
Olariaga (tamén de Eivissa ), podemos
apreciar como este apelido de inconfundible raigame vasca xa tivera presencia na vila dende o século XVI:
En 1.589, Pedro Ochoa DELORIAGA,
es Rector de la parroquial de San Juan
de Lousame, perteneciente a la
Jurisdicción de Noia. Procedía de
Vasconia y en su traslado a Galicia, le
acompañaron algunos parientes.
En 1.606, su sobrino MARTÍN DE
OLARIAGA, ostentaba el cargo de
Alguacil Mayor de la Villa de Noia.
El clérigo Francisco Ochoa de LORRIAGA, es testigo de un concilio otorgado por Doña Mayor de Figueroa, de
la nobleza noiesa, (12 de Octubre de
1632) en el cual mandó hacer una
ermita dedicada a las Santas Susana y
Rufina, en el monte Barbanza.
29 de Mayo de 1.639, Juan Varela de
Quirós, hijo de Bartolomé Méndez de
Rivera y María Álvarez de Quirós, contrajo matrimonio con Constanza Ochoa
de OLARIAGA y Constanza García,
siendo testigos el Capitán Vasco de Puga
Quiñónez y don Rosendo Sotelo.
La Doña Constanza Ochoa de
OLARIAGA, vivía en Noya al siguiente año de su matrimonio.
A cuestión que xurde trala lectura
do interesante e preciso documento
resulta obvia. ¿ Terían algo que ver estes
Olariagas de Vergara cos actuais, asentados na vila dende hai setenta anos?
¿Sabería o Axudante de Marina, orixinario de Amorebieta, desta anterga pres-
35
ando a política de inmigración dun país está construida sobre a represión e o medo, non está demais
lembrar estes importantes datos. Segundo a División
da Poboación das Nacións Unidas, España pasará
no ano 2050 dos 40 millóns de habitantes actuais a 31 millóns, dos cales o 44% terá máis de 60 anos. Segundo os
informes elaborados pola Unión Europea, España precisa da
chegada anual de 240.000 inmigrantes para manter o seu
actual nivel económico e o das súas prestacións sociais.
encia de posibles antepasados en Noia? Da mesma procedencia vasco-navarra é a parella Echeandía- Azkona que, a pesar
da súa curta estancia na vila, deixaría unha pegada imborrable.
Cun Rh galegovasco son varias rapazas e mozos de Noia, pero
residentes en Bilbao, cos apelidos Urbieta e Gallastegui,
repectivamente.
Outro dos apelidos de renome na vila é o de Cadarso.
Segundo as fontes consultadas procede de Viana (Navarra). O
primeiro desta rama en chegar a Noia foi Luis Cadarso
Ayarza que acompañou ata San Xoan de Lousame a seu tío o
presbítero Alejandro Ayarza. Casado con Manuela Rei
Andrade, filla do procurador noiés Xacobe Rei, tería cinco fillos: Alexandre, Manuel, Luis (heroe do Cavite), Luisa e Carmen. Daquí partiría toda a saga dos Cadarso en Noia.
36
De Asturias proveñen os noieses Manjón e Buylla. Da
veciña rexión tamén están afincadas en Noia varia familias con
apelidos frecuentes noutras comunidades: Arias, Arobes
Calzadilla, Méndez e Menéndez. De clara orixe na ampla
meseta configurada por Castela-León, Madrid e Castela-A
Mancha existen na vila varias familias. Entre elas podemos citar
ás que levan o apelido Otero (Zamora), Melcón (Burgos),
Belén Freire Barreiro
Escola de Gravado
“Alfonso Costa”.
Liceo de Noia
Matilla (Pinilla de Toro, Zamora), Torija
(Noez, Toledo), Gutierrez de Velasco
(Utrilla, Soria), Muñoz e Opacio
(Madrid), Bejarano (Candelario, Béjar,
Salamanca), Galdino (Aldea Nueva de
Guadalaxara), Morata de La Cruz
(Cuenca), Digón (León), Duque (Madrid), Martín (Peñaranda de Bracamonte ,
Salamanca), Cabezón (Zamora), Salas
(León), Romo (de berce castelán e chegado a Noia dende Villanueva del Segura,
Murcia), Lope (Medina del Campo, Valladolid), Blázquez e Orcajo (Burgos) e
Manzanedo (San Martín de Valdeteja,
León) e Carrasco. Tamén son desta última
provincia os Vega, Pol, Marbán, Gundín
e Gavela. De recente chegada ó concello
son os apelidos: Tudanca (Burgos), Uzquiano e Serrano de Toledo, Valdezate,
Bombín e Arranz de la Horra (Valladolid) e Valdecantos (Yaguas, Soria, vía
Portomarín).
ANDRÉS PETISCO
1917 PORTOSÍN
AICINENA,
Mis abuelos paternos eran de
Hinojosa del Duero (Salamanca).
Él, carabinero de fronteras, fue destinado a Santa Engracia- Huesca.
Donde nació mi padre; Éste, carabinero como su padre, fue destinado
al valle del Baztan, Elizondo
(Navarra), en la frontera francesa.
Allí , se casó con mi madre, Francisca
Aicinena Maia, 1901. En 1907 vino destinado a Galicia, donde nacimos mis hermanos y yo.
En reciente viaje por Navarra y
Euskadi pude comprobar que mi
segundo apellido es Ainzinena en
lugar de Aicinena, pues así me lo
han hecho saber mis parientes.
A instalación de numerosas fábricas de salgazón de pescado en determinados puntos da ría nos séculos XVIII e
XIX trouxo consigo a chegada de
industriais cataláns que, procedentes
dun rosario de peiraos da Costa Brava
(Blanes, Canet de Mar, Arenys de Mar,
Calella, Sant Pol, Tossa, Lloret, etc.. ),
deixaron a pegada dos seus apelidos en
Noia. Romaní, Roig , Ferrer e Roura,
teñen a súa orixe nestes fomentadores
chegados ao mesmo tempo que outros
instalados noutras rías (Colomer,
Portals, Batista, Vieta, Pla, Goday
Domenech, Martorell, Massó, etc.). A
mesma raigame catalana teñen os apelidos Valls (Tarragona), Treus (Sitges,
Barcelona), Salanova (catalano-aragonés) e Canitrot. De marcado orixe
altoaragonés é o apelido Allut, chegado
á vila, a través de Salamanca, a mediados do século XIX. Desta rexión tamén
é o apelido Olave.
Do arco mediterráneo tamén
proceden os apelidos Guasch Suñer
(ibicenco), Calafat (Valencia), Fornas
(Viver, Castellón) e Palau (mallorquín). Das terras de Extremadura son os
noieses Pedrero (Cáceres) e Hidalgo. Unha rama deste
apelido é o pertencente a Teodomiro Hidalgo Iglesias (Don
Teo) con raíces en Torre de Santa María (Cáceres), pero nado
na Coruña. Son de orixe andaluza algunhas familias de Noia
cos apelidos Hita (Almería), Del Pozo (Sevilla), Narváez
(Cádiz), Tobajas (Málaga) e Baena (Córdoba). De Murcia
viñeron os que levan o apelido Florit.
Das limítrofes terras portuguesas proceden os noieses con
nomes como Olveira, Da Silva, Barbosa, Dos Anxos,
Gonçalves, Silvalde, Nascimento e Gomes. A presencia de
apelidos estranxeiros nas terras de Noia obedecen a diversos
motivos e exténdense dende a Idade Media ata os nosos días.
De orixe polaca é Lutensky e, quizais, Delphenich. De Italia
son os apelidos Agrasso, Paccini, Gregori (siciliano emigrado a
Valencia) e Ronquete (derivado de Ronchetti). Proceden de
Alemania os Erst, Jankhe e Da Bonna. Posiblemente Ons teña
a súa orixe en soldados holandeses instalados en Galicia en tempos da retirada dos Tercios do Duque de Alba dos Países Baixos.
A famila Russu ten a súa orixe na calorosa e mediterránea illa
grega de Siros.
Da illa verde de Gran Bretaña son orixinarios os
“noieses” Robertson, Sutclife, Bonner e Munro (este
último escocés). Da chuviosa e céltica Irlanda é orixinario o apelido Burke. Os Van Itterbeck proceden de
Bélxica e os Grafas de Suiza.
O apelido Paulo procede de Angola e os sonoros
Saada Hassasi, Sadek Asan e Suelma Abbid son de
Exipto. Deeb é sirio, Bishara Rantisi xordano, Ben Amar
marroquí e Nske Boquesa é de Guinea Ecuatorial. Da vila
do Aaiún, na República Arabe Saharaui, existe en Noia a
familia irmán dos Aabid. De raíces en Hispanoamérica
existen na vila varios apelidos: Matías (República Dominicana), Pardomo (nicaragüense); Brarda, Marco e Stumpf
son arxentinos.
Por último, no veciño do norte teñen a súa orixe os
noieses Jaudénes (Normandía), Cluet Comte, Rechou, Pestonit, Balirach, Especht ou Speck (alsaciano) e o que levan
con humilde fachendía os catro irmáns Roget (Madalena,
Victorio, Pura e Jaime), descendentes dun toneleiro francés
(Rouget) fuxido a principios do século XIX dende departamento meridional de La Arriege (bispado de Touluse) ata as terras do
val de Miñortos.
A sorpresa final da investigación é reconfortante. Un
mosaico de culturas comeza a divisarse a principios do
século XXI en Noia. Benvidos todos a esta pequena aldea
global. Gracias aos numerosos informantes, pola súa inestimable aportación a este breve estudio das raíces de
moitos noieses, e permítaseme unha última e necesaria
lembranza. Tal como di o oportuno lema antirracista:
“Todos somos diferentes. Todos somos iguais”. É dicir:
“Todos somos emigrantes”.
37
Circunstancias do destino e da
emigración posibilitaron a presencia na vila de persoas con apelidos
vascos e casteláns. Tal é o caso do
exposto aquí abaixo con amable
precisión para este traballo:
38
Andrea Martínez Cambeiro
Escola de Gravado “Alfonso Costa”. Liceo de Noia
umpre-se este ano o centenário do nascimento do catedrático de Instituto, escritor, historiador e xeógrafo
Álvaro Maria das Casas Blanco (Ourense, 1901Barcelona, 1950). Mais este ano cumpre-se tamén o
centenário do nascimento do Álvaro das Casas político. Digo isto
porque parez ficar no esquecimento, à luz das poucas reseñas que
este ano teñen saido da imprensa sobre Das Casas, a importáncia
que na traxectória vital deste home tivo a res política, cando, ao
meu ver, se algo o acompañou ao longo da sua vida foi precisamente a sua actividade neste eido.1
Nesta liña, o presente artigo tenta suplementar as achegas até
o momento aparecidas sobre Álvaro das Casas, aportando alguns
dados en relación á sua actividade política na Galiza republicana.
Esta colaboración remata no ano 1933 deixando para unha próxima achega o período que vai desde este ano ao 1936.
Álvaro Das Casas en Tempo republicano
No 1931 puña-se fin a ese tan breve como incerto espazo
temporal que comezara coa queda da dictadura primorriverista
(1923-29). Encetaba-se a II República o 14 de abril e Catalunya,
Euskadi e Galiza pensaban máis cercano o recoñecimento das
suas respectivas realidades nacionais. Enmarcado neste contexto
achamos a Álvaro das Casas, que nunha carta dirixida a un colega2 portugués asinala perante a proclamación da República o
seguinte: “Por mi parte yo estoy dedicado con alma y vida a una
actuación política que no me deja punto de reposo. Concentro
todas mis fuerzas en batallar por mi tierra gallega que esta por
encima de todo. Creo que ha llegado el año de su liberación y en
estos meses espero hacer algo definitivo por libertarla”3.
Con efeito, desde que no 1930 Álvaro Maria das Casas
Blanco se instala no país, logo da sua andaina por España,
achamo-lo en canto acto político de corte nacionalista de relevo se desenvolve. Residirá concretamente en Noia onde
exercerá como profesor de Xeografia e História no Instituto da
vila. Parello à toma de posesión da devandita praza4 aparez xá
como asinante5 do manifesto fundacional da ‘Irmandade
Galeguista’ da localidade. Neste manifesto asevera-se que se
está a “(...) entrever unha Galiza nova, que ven fortalecida de
recordos e cobizosa de espranzas (...)” acrescentando os seus
asinantes que traballarán “(...) sin acougos (...)” para “(...)
ollar a nosa bandeira azul e branca latendo en todol-os ven-
tos, dend-a vila a ffreiguesía6 mais lonxana”.
En abril do 1931, diante da proclamación da República, atopamos que Das
Casas formará parte da ‘Xunta provincial
republicana’ que se constitui en Noia7,
sob a presidéncia de Germán Vidal
Barreiro, en convocatória do ‘Delegado
do Comité revolucionário de Santiago’
José Ramallo Gómez.
Dous meses despois xunto a Lois
Tobío, Basilio Fernández, Xosé Eiroa,
Antonio Fraguas e Carvalho Calero, entre
outros, Álvaro Das Casas asina o manifesto profundamente republicano e nacionalista ‘Ezquerda galeguista falalle o
pais’8. Neste manifesto da Ezquerda
galeguista os asinantes dan conta das
problemáticas políticas, lingüísticas e
infra-estruturais do noso país, marcando
que se comprometen a “(...) labourar solo
pra Galiza, [e] ... a non aceitar nomeamentos polítecos do goberno de Madrí
(...)”, afirmando que se desligan de “(...)
todol-os partidos hastra hoxe eisistentes,
si ben non abandonamos a posibilidade
de xuntar nosos esforzos aos que teñan un
39
Uxio-Breogán Diéguez Cequiel
Álvaro das Casas e o seu
compromiso político
na Galiza republicana (I)
Álvaro das Casas
nos anos trinta
Álvaro das Casas visto por Seoane
40
contido manifestamente ezquerdista, no
caso en que o ben de Galiza esí o
requira”.
Actuando en consecuéncia, os asinantes deste manifesto xunto aos formantes de todos eses comités, irmandades
e pequenos partidos9 que se crian polo
país adiante trás a proclamación da II
República, constituen en Pontevedra entre
o 5 e 6 de Decembro do 1931, diante da
celebración da VII Asembleia Nacionalista, o Partido Galeguista (PG). Neste
acto elexirá-se o primeiro ‘consello executivo’ da organización do que Álvaro das
Casas10 formará parte11.
Entanto, o profesor do Instituto de
Noia irá tendo gradualmente unha maior
presenza pública, quer a través dos distintos cabezallos de dentro e fóra da Galiza
quer por meio das conferéncias que dará
polo país.
A comezos do 1932 será cando o noso
protagonista inície a criazón da organización pola que máis se lle ten coñecido,
a agrupación nacionalista de xovens
Ultreya. Esta organización, segundo o próprio Das Casas, concebeu-na pensando “(...) no éisito que un tempo alcanzaron no
noso país os eisproradores (...) e na posibilidade de ispirar unha
organización que, recollendo o esprito xuvenil daquelas tropas,
se mantivese ao marxen de patrioteirías pueriles e de malsanas
parodias castrenses”12. Asi foi que o dez de fevreiro,“(...) perfeitamente perfilada miña visión sobre o que tiñamos de facer,
pedín colaboración aos meus alumnos do Liceo de Noia, e con
eles lancei un chamamento â mocedade galega (...)”13. A organización nascia coa idea de aglutinar ao maior número de mozos
posíveis, axuntados nun convivio da máisima galeguidade pra
labourar, na posibilidades das suas forzas, pol-o engrandecimento da Terra.14 Só un mes despois de se ter lanzado desde
Noia ese chamamento que dixera Das Casas, Ultreya tiña arredor
de si oitocentos rapaces de entre doce a dezaoito anos localizados maioitariamente en Ourense, Pontevedra, Vilagarciá, Vigo,
Compostela e Noia. Este número tan elevado de mozos foi resultado da visita que ao longo dunha semana organiza Ultreya à
Misión Biolóxica da Galiza na Granxa de Salcedo en Pontevedra.
Cunha clara finalidade proselitista asinala o profesor de
Xeografia e História de Noia que habia que organizar “(...) rapidamente unha xeira de unha semán, na que poidesen convivir
perto de min rapaces de difrentes vilas e cidades aos que teria de
eispricar amplamente o meu pensamento (...)”seria “(...) unha
xuntanza na que se ia á xogar o noso porvir (...)”15.
Mais Ultreya parez que foi en parte o motivo polo que Álvaro
das Casas se deu de baixa do PG esgrimindo ‘discrepáncias tácticas’16. Os tira-puxas que mantiña coa dirección do Partido
dunha banda xunto a aparente conciéncia independentista que ía
tomando doutra, foron quen de facer que ese militante que tan
louvado fora por destacados dirixentes do nacionalismo da
altura, fuxa a finais de 1932 da disciplina partidária do PG.
Que Das Casas se dea de baixa do PG non significa que abandoe o traballo en Ultreya nen, de contado, a política. Con efeito,
segue a traballar politicamente e tenta criar unha organización à
sua medida, independentista e que fuxa das claudicacións das
que acusaba ao PG. Esta nova organización será Vanguarda
Nacionalista Galega (VNG). O Dia da Pátria de 1933 esta formación apresenta-se à sociedade galega tirando às ruas unha
volantina intitulada Mais!, na que ao carón de Das Casas escreve
Álvaro das Casas con Ultreias. Figueirido, 1932.
(O quinto da segunda fila)
Cadarso, naquela altura reitor da
Universidade de Santiago, abre o devandito
expediente a instáncias de vintetrés catedráticos universitários que me denunciaron
ao señor Reitor en termos de violencia
improcedente23. O asunto tivo unha grande
sona, até tal ponto que fóra da Galiza vanse dar probas de apoio ao catedrático noiés,
nomeadamente entre a emigración galega.
Sociedades galegas como a Unión P.
Ourensana, a Unión Estradense, a Unión
Quiroguesa, Fillos do A. de Maside,
Residentes de Teo, Asociación de Chantada, entre outras, van a se solidarizar, a
instáncias da Sociedade Nazonalista
Pondal24, con Álvaro Das Casas polo que
consideran un irregular proceso académico25. Contodo, o certo é que tais probas de
solidariedade de alén e aquén mar non
serviron para nada; con efeito, Álvaro das
Casas seria encarcerado un ano despois da
apertura do expediente académico durante
dezanove dias en Santiago. O motivo do
seu ingreso no cárcere foi, nen máis nen
menos, que por dar a sua persoal opinión
sobre o que era e o que cria devia ser a
Universidade na Galiza.
Desde o ano do pronunciamento da
conferéncia Verbas aos mozos galegos. O
momento universitario até a sublevación
militar de xullo do ´36 Álvaro das Casas,
por moito que for tomado prisioneiro
durante dezanove dias na cárcere de
Santiago, seguiu a desenvolver unha forte
actividade política na Galiza, mais isto, se
callar, será o tema do que nos ocuparemos
noutra colaboración nesta revista.
41
Francisco F. Del Riego, Manuel Beiras e Ramón Cabanillas,
todos eles, segun din, galegos axuntados para “(...) luchar sin
tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego
(...)17”. Mais por moito que a verba deste manifesto da VNG for
tan enérxica, o certo é que este novo proxecto político non terá
máis transcendéncia que a própria dos seus formantes.
Neste senso, Álvaro das Casas segue a dar conferéncias e é de
destacar que, mália as suas controvérsias coa liña oficial do PG,
a plana maior do Partido está presente diante da conferéncia que
Das Casas pronúncia no Instituto de Ponte-Vedra o 16 de fevreiro
de 1933 sob o título de “Terra, raza e lingoa”18.
Ora, se falamos das conferéncias pronunciadas por Álvaro
das Casas temos de ter presente que a de máis releváncia foi, ao
meu ver, a que desenvolve no Paraninfo da Universidade de
Santiago o 9 de marzo de 1933. Aceitando o convite da FUE o
leeder separatista19 desenvolve a conferéncia intitulada Verbas
aos mozos galegos. O momento universitario. A releváncia desta
conferéncia ven dada polas consecuéncias que tivo o seu pronunciamento, isto é, a apertura dun expediente académico. O
problema estribaba no conteúdo da conferéncia do director do
Instituto de Noia20, ainda que nesta, en palavras do próprio Das
Casas, só se dixo que “(...) a nosa Universidade, en troques de
ser o eixo da vida galega, fica de costas á ela sin importarse dos
seus probremas (...) saben todos que (...) na bibrioteca da faculdade de Letras onde se gastaron milleiros de pesetas, onde teñen
volumes como a edición castelán de Sin Novedad en el Frente,
non teñen un libro de Vicente Risco, nin de Taibo, nin de Marcelo
Macías, nin de Noriega, nin de Villar Ponte (...) libros fundamentais para o estudo da nosa Historia e o conocimento da nosa
Literatura (...) que os nosos alumnos de Dereito rematan sin
debruzarse n-un probrema económico ou xurídico da Terra e os
de Meiciña sin visitar nin por curiosidade centros de estudo
como Conxo (...) e sin acometer probremas como o da lepra que
son unha anguria e unha vergonza pra o noso país”21.
Ainda asi, as verbas de Das Casas foron acollidas pola ierarquia
universitária como un atentado contra a Universidade e un modo de
incitar à violéncia ao estudantado22, polo que o noiés Rodríguez
Ao pé da foto, Álvaro das Casa con Ultreias. Salcedo, 1932
NOTAS:
1 Ainda que non destacase coeréncia política.
Isto é, se ben sobranceia a face política de
Álvaro das Casas, o certo é que hai, grosso
modo, tres etapas claramente diferenciadas
na sua vida política. É monárquico até finais
dos anos vinte. Diante da proclamación da
República é, para alén de republicano,
nacionalista. Trás o alzamento militarfascista do 18 de xullo do 1936, parez que
lonxe da Galiza, concretamente na Alemaña,
Álvaro das Casas enceta a sua andaina pro-
fascista.
2 O colega e íntimo amigo ao que Das Casas
lle escreve esta carta é o portugués Júlio de
Lemos.
3 O subliñado é meu. Quero resaltar aqui tres
ideias: dunha banda pór a atención no facto
de que Álvaro das Casas parez estar convencido de que todo o que fai durante a II
República, fai-no a prol da Galiza e a sua
liberación nacional, doutra, sinalar que o traballo que coma o del se desenvolve está
enmarcado nunha espécie de guerra. Isto
último, ainda que unha hipótese miña na que
vou seguir traballando, coido é acertado se
temos en conta a forte componente militarista que ao longo da sua vida nos amosa
Das Casas. Por último a conxugación do
verbo en singular e o ton empregado no último subliñado que fixemos, somado a artigos
e cartas deste autor coas que traballamos,
aponta cara un Álvaro das Casas acentuadamente personalista, que entendia tiña o
futuro do país nas suas maos.
4 Tomará posesión da sua praza de profesor o
primeiro de outubro do 1930.
5 Xunto a José Mª Vázquez Ulloa, Luis
Vilanova, José López, Blas Agra Cadarso,
Abelardo López e o crego de Fruime, entre
outros.
6 O duplo ‘f’ pertence à redacción do orixinal.
7 Con data 15 de abril de 1931.
8 O manifesto asina-se o 14 de xuño do 1931
en Compostela.
9 Beramendi González, J. e Núñez Seixas,
42
X.M., O Nacionalismo Galego, Vigo, eds. A
Nosa Terra, 1995 p.142
10 Das Casas está presente na VII Asembleia
Nacionalista como representante da Irmandade Nacionalista de Noia.
11 Isto indica às claras a forte importáncia e implantación que tiña Das
Casas no movimento nacionalista da altura. Pensemos que este
primeiro ‘consello executivo’ do PG fica formado, para alén de
Álvaro Das Casas, por Banet Fontenla, Alexandre Bóveda, Núñez
Bua, Tobio Fernández, Carballo Calero, Alonso Rios, Plácido Castro,
Vicente Risco, Lugris Freire, Ramón Martínez e Paz Andrade. Se ben
hai que lembrar que os deputados Daniel R. Castelao, R. Suárez
Picallo e Ramón O. Pedrayo, non están non Consello, mália seren
pesos pesados do movimento, pola incompatibilidade existente,
segundo os estatutos do PG, entre formar parte dun órgao colexiado
do Partido e ser un cárrego político-institucional, tal e como era o
caso.
12 Das Casas, Álvaro Limiar, Ultreya 1ª Xeira. Misión Biolóxica de
Galiza, Santiago, 1932.
13 Ibidem
14 Tirado dun anónimo enviado desde Noia a distintos xornais con o
título Da Galiza Moza. A autoria do escrito parez corresponder-lle a
Álvaro das Casas.
15 Ibidem
16 Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana,
Deputación Provincial de Ourense, vol.II, p.755
17 Non podemos deixar de chamar a atención no facto de se utilizar o
español como idioma de redacción do manifesto Mais! da VNG.
18 Capelán Rey, Antón, Contra a casa da Troia, eds Laiovento, Compostela, 1996. p.70
19 Fernández del Riego, Francisco, Pol-a Universidade Nacional, A
Fouce, órgao de expresión da Sociedade Nazonalista Pondal-SNP,
Buenos Aires, 1933.
20 Álvaro das Casas é director do Instituto de Noia entre o 1 de maio de
1932 e o 28 de outubro de 1933. Cremos que non é un casual que Das
Casas cese no seu posto de director do centro de ensino noiés tan só
sete meses despois de ter pronunciado a conferéncia “Verbas aos
mozos galegos. O momento universitario”.
21 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos incorrectos procederes dos que lle incoaron o vergoñoso e ilegal proceso académico,
carta asinada en Noia a 20 de maio do 1933.
22 Diéguez Cequiel, Uxio-Breogán, Introducción à imprensa nacionalista. Alento, un caso singular. Actas do IX Congreso de Xovens
Historiadores da Asociación Galega de Historiadores-AGH,
Universidade de Santiago, 2001(en impresión).
23 Das Casas, Álvaro, Alvaro das Casas, fala dos...
24 A Sociedade Nazonalista Pondal agrupaba desde os anos vinte à militáncia independentista galega alén mar, nomeadamente en Buenos
Aires. Temos prova da relación de Álvaro das Casas con esta
sociedade desde mediados de 1930.
25 A protesta das Sociedades galegas pol-o atropello de que se quer
facer victima a Álvaro das Casas, A Fouce-SNP, Outono 1933.
Héctor Agrafoxo Blanco
Unha viaxe ó pasado por
Marrocos
“Ahora (...) no dejo de preguntarme por el extraño poder de seducción del desierto, esa
omnipresente e inseparable mezcla de pavor y de fascinación”.
Pep Subirós, La rosa del desierto.
O reino do caos.
Chego a Tánxer despois de cruzar o Estreito en ferri. Os
trámites que teño que realizar na aduana do porto son interminables, e en seguida me dou conta de que nos próximos días
vou ter que tomar a viaxe con moita calma. “As présas matan”,
como me din os marroquís. Por algún motivo que descoñezo os
funcionarios que traballan na fronteira non conseguen tomar nota
dos meus datos con rapidez e tardan en deixarme marchar co
coche. Resulta extraño que os policías se retrasen tanto cos meus
documentos, cando dous dos seus colegas xa mos revisaran dentro do ferri, tranquilamente sentados nunha das mesas da
cafetería do barco. En fin, este é o meu primeiro contacto coa
realidade deste país, que vive a vida moi lentamente.
Os trámites na fronteira quítanme as ganas de determe en
Tánxer, así que pospoño a visita ata a volta e diríxome ó sur
atravesando os montes do Rif. Os meus nervios póñense a proba
A vila fortificada de Ait Benhaddu, esenario
de grandes películas.
43
lgúns países exercen unha influencia tan profunda sobre o visitante que acaban por seducilo. É
o caso de Italia, que ofrece unha
dose desbordante de arte e beleza, ou do
Reino Unido, que fai recordar o seu pasado épico cos seus espléndidos castelos.
Marrocos, pola súa banda, invita a viaxar
cara atrás no tempo e a disfrutar dunhas
paisaxes que case semellan oníricas. Nas
súas casbahs (prazas fortificadas) pódese
asistir ó espectáculo de observar escenas
cotiás que permanecen inalterables desde
a Idade Media. No seu deserto o tempo e o
espacio parecen desaparecer. Esta é unha
breve crónica da realidade deste país tal
como a percibín no verán do 2001.
As ruínas da cidade romana de Volubilis. Ó fondo distínguese a vila de Mulay Idris
nestas primeiras estradas que percorro cando me vexo adiantado
en liña continua constantemente por conductores que son dignos
de ser seleccionados como especialistas para películas de acción
de Hollywood. Eu prefiro continuar alleo a esta voraxe de velocidade e adrenalina.
cubriron en moitas das súas casas. Máis
tarde os bereberes pasaron a habitala, ata
que a abandonaron no século IX. Xa no
século XVIII un terremoto acabou por
destruíla.
A medida que vou coñecendo as vilas deste reino do caos
quedo fascinado polo extraordinario ambiente que se vive
nos seus zocos (mercados). Teño que conducir con moito
coidado cada vez que chego a un deles, porque sempre están
ateigados de xente. Aquí, os comerciantes, os motoristas, os
camellos e os turistas forman un grupo do máis heteroxéneo.
O cheiro que desprenden os excrementos dos animais e a
carne que se cociña nas rúas comezan a transportarme a un
mundo distinto, descoñecido. Paradoxalmente, a pesar desta
aparente desorde todo semella seguir unha lóxica, todos os
nativos parecen colaborar entre si con enorme harmonía para
levar a cabo as súas actividades diarias. Tamén resulta sorprendente que este mundo estea tan preto xeograficamente e
ó mesmo tempo quede tan distante.
O que máis chama a atención desta
cidade son os mosaicos que adornan o
chan dalgunhas construccións. Neles
vense figuras mitolóxicas como Hércules
ou Baco, decorados xeométricos, grecas,
medallóns e cores diversas combinadas
con mestría. Por momentos, estes mosaicos parecen grandes tapices.
44
Restos dun imperio glorioso
Ós pés dun bosque de oliveiras atopo, solitarias, as ruínas da
cidade romana de Volubilis, probas da enorme expansión do imperio que se orixinou na Cidade Eterna e que, igualmente, deixou para
a posteridade admirables monumentos en lugares tan dispares
como Caerleon (Gales), Arles (Francia) ou El Yem (Tunicia). Aínda
que fai unha calor abafante, todos os que coincidimos alí ese día
nos paramos a contemplar con atención as pedras desta cidade, tal
como veñen facendo moitas persoas nos últimos anos.
Desde o século I a. C. Volubilis formou parte do Imperio
Romano. Chegou a ser unha das cidades máis importantes de
Mauritania e nos séculos II e III d. C. baseaba a súa economía no
comercio de aceite, tal como o demostran as prensas que se des-
A visita prolóngase debido ó excepcional tamaño das rúas e das casas polas
que me vou introducindo. Como en
todas as ruínas romanas, hai como unha
forza magnética que me retén alí, e iso
que xa fai tempo que me caen gotas de
suor pola faciana. Préstolle especial
atención á basílica, da que só quedan
unhas columnas, e ó arco do triunfo, o
monumento que mellor resiste o paso
dos anos. Finalmente despídome de
Volubilis intentando imaxinarme o
aspecto que tería esta cidade na súa
época de esplendor.
Máis ó norte descubro os restos doutra
cidade romana, Lixus, que tamén esconde
uns mosaicos interesantes. O guía, gran
coñecedor da historia desta cidade, continúa a tradición do seu pai de explicarlles
ós visitantes onde se encontraban as ter-
Unha viaxe ó pasado
Tras uns días de aclimatación ó país,
chego á cidade de Fez. A súa medina
(parte vella) é a máis grande do Magreb e
foi declarada Patrimonio da Humanidade
pola Unesco. Ó igual que as grandes
cidades medievais europeas, este casco
histórico está amurallado e accédese a el a
través de diferentes portas. Desde o hotel,
que está na parte nova da cidade, diríxome
ó palacio de Dar El-Majzen e de alí ó mellah (barrio xudeo), coas súas casas de balcóns ornamentados. A continuación atraveso a muralla e entro na medina polo
arrabalde de Fez El-Yedid. Inmediatamente teño a sensación de retroceder centos de anos no tempo: moita xente usa a
vestimenta tradicional de chilabas e babuchas, e os asnos ocupan as rúas cargados coas mercadorías dos seus amos
comerciantes.
Un guía ofréceme a súa axuda para
conducirme por este labirinto. Tén unha
tenda de tecidos na medina e fala castelán
con soltura. Non o aprendeu en ningunha escola; é un autodidacta. Tanto os moitos guías que se me ofrecen para levarme por Fez
como os vendedores das tendas que vou encontrando esfórzanse
por atraer a miña atención. Árabes e bereberes tratan de ser hospitalarios e pronuncian unha frase que se pode escoitar ata a
saciedade neste país: “Soyez le bienvenu”. Os guías vanse turnando pola medina e todos intentan sacar tantos cartos como
poden. Lévanme a ver tendas de alfombras, de especias, de teas
e de babuchas e véxome máis desbordado que en calquera centro
comercial de Londres. As rúas son estreitísimas e están abarrotadas, o caos é total e a calor sofocante. Para rematar a visita vou
ó barrio dos curtidores, onde presencio escenas bíblicas de traballadores mergullados en cubas cheas de líquidos de cores coas
que se tinxen as peles antes de ter forma de bolsos ou maletíns.
Os coiros están a secar nas terrazas deste arrabalde e o cheiro é
fortísimo. Pero a experiencia é gratificante.
Hai outros lugares que ofrecen espectáculos semellantes en
Marrocos. Xauen, unha vila do norte, caracterízase polas súas
vivendas escarbadas nas rochas e pola cor azul pastel coa que
están pintadas. Vilas como Mulay Idris ou Skura viven ancoradas
no atraso e na miseria. E tamén Maadid, unha pequena vila situada no medio da nada, permite asistir á triste realidade do país. O
guía que me ensina Maadid é o responsable da casbah. Vai vestido cunha túnica de cor índigo e unhas sandalias gastadísimas, e
tén cincuenta e poucos anos, aínda que aparenta moitos máis.
Neste lugar as casas están feitas de adobe e están todas gretadas.
A pobreza que se ve na xente é total. O guía invítame a ir á súa
casa e acepto de boa gana. Tén unha muller e dous fillos
pequenos. Dormen na terraza enriba dunhas alfombras, ó lado
dun cuberto para as súas cabras e dun pequeno cubículo con palla
que serve de retrete. A sala principal e a cociña están sucias e a
súa imaxe é desoladora. Extraen auga dun pozo que está no centro da sala, xa que, por suposto, no hai auga corrente. Os únicos
45
mas, o teatro e as vivendas neste lugar fai
séculos. Fala un castelán fluído, entre outras linguas, e é moi cortés. Viste con
roupa de abrigo e leva un gorro de la,
como en inverno. Ó final da visita recibe
a xusta remuneración pola súa profesionalidade.
Vista de Skura
En Rabat, a capital, atópase a importante Torre de Hassan
obxectos que me recordan que estou no ano 2001 son un radiocassette, un televisor e unha parabólica, todos en mal estado.
Marcho de Maadid aturdido e prométome que, a partir de agora,
valorarei máis as comodidades que teño na miña casa.
Orson Welles en Marrocos
Tradicionalmente Marrocos foi fonte de inspiración para
moitas figuras do mundo cultural. Por aquí pasaron pintores
como Henri Matisse ou Eugène Delacroix, que representaron nas
súas teas escenas da vida diaria marroquí. Ata aquí chegou tamén
o compositor estadounidense Paul Bowles coa intención de estudiar a música do país. A atracción que sentiu por esta cultura levouno a establecer en Tánxer a súa residencia e a escribir unha
extensa colección de obras ambientadas no norte de África, como
O ceo protector. Bowles, como tantos outros, foi moi sensible ó
encanto do deserto, que provoca sentimentos de benestar e
relaxación, pero tamén de sobrecollemento e incluso medo.
46
O cine tamén sacou partido das paisaxes de Marrocos.
Recentemente rodáronse escenas da película Gladiator na vila
fortificada de Ait Benhaddu, unha espectacular cidadela con torres almeadas rodeada de murallas que foi declarada Patrimonio
da Humanidade pola Unesco. Anteriormente David Lean utilizara o marco de Ait Benhaddu e de Uarzazat, unha cidade situada nunha meseta desértica, para rodar escenas de Lawrence de
Arabia. A visita a estes lugares tan áridos e tan apartados faime
revivir secuencias destas películas.
A seguinte etapa da miña viaxe lévame á costa atlántica,
concretamente á cidade de Essauira. No porto todo o mundo está
en plena actividade. Algúns mariñeiros traen raias frescas do
mar, outros esfórzanse por reparar os seus barcos. O motivo que
me leva a vir ó peirao é descubrir a súa fortaleza, pois neste
mesmo lugar estivo Orson Welles en 1949 rodando os exteriores
de Otelo, adaptación dunha das obras mestras do xenio de
Stratford William Shakespeare. Aínda se conservan en bo estado
as torres e os cañóns das murallas. Para recordar ó cineasta, no
hotel onde me aloxo hai unha cafetería que leva o seu nome.
O esplendor do Islam
As terras conquistadas polo Islam tras
a morte de Mahoma están cheas de monumentos conmemorativos. En Marraquech
detéñome a ver a Kutubia, a mezquita
máis emblemática da cidade. Sen embargo, o espectáculo está alí ó lado, na praza
de Yamaa El-Fna, onde se reúnen
cociñeiros, adiviños, encantadores de serpes, augadores, taxistas e moita máis
xente para darlle animación á praza. É o
caos en estado puro.
Meknès é unha cidade que tamén val a
pena visitar polo seu conxunto de murallas, capaces de deter a calquera exército.
Unha das portas máis enormes das murallas é a de Bab Mansur. Colócome alí para
facer unha foto e aparéceme un augador,
que tamén quere saír retratado. Como
propina por facer de modelo improvisado
recibe 10 dirhams, e como cre que son
moitos cartos devólveme unha moeda de
cen pesetas. Marrocos é un país imprevisible.
En Casablanca visito un dos monumentos máis modernos do país, a Grande
Mezquita de Hassan II, que co seu colosal minarete foi concebida para ser o principal templo do extremo oeste do mundo
musulmán.
Finalmente, vou á capital, Rabat, para
ver a Torre de Hassan, un enorme
minarete inacabado dunha mezquita que
se iniciou no século XII e que estaba
chamada a ser unha das maiores construccións da súa época. O encanto desta torre
O barrio dos curtidores de Fez, un espectáculo digno de ver
Vendo transcorrer a vida
Na medina de Tánxer dou os últimos
paseos desta viaxe e tomo uns doces
árabes para que me quede un bo sabor de
boca desta visita. Ó día seguinte marcho
de Marrocos recordando con claridade a
sensación de tranquilidade que vivín nas
vilas que visitei e nas terrazas nas que me
parei a tomar un refresco. A pesar das precarias condicións de vida nas que está
sumido este país, a xente consegue recibir
ó visitante facendo gala dunha grande
hospitalidade. Nunha ocasión un bereber invitoume a tomar un té
na súa casa. A súa irmá estaba tecendo unha alfombra empregando instrumentos moi rudimentarios. A casa era moi austera. O
bereber, que tiña a dentadura negra e levaba posto un turbante
xigantesco, contábame que pasaba seis meses ó ano na montaña
coidando as súas cabras e outros seis naquela vila adicándose ós
seus negocios. Ós seus fillos non os mandaba á escola senón que
lles ensinaba o que el consideraba máis importante na vida (as
tradicións do seu pobo, etc.), tal como viñan facendo os seus
antepasados. Os índices de analfabetismo e de paro en Marrocos
son alarmantes. Sen embargo, os nativos son reacios a comentarlle ó estranxeiro os problemas políticos que arrastra o país por
medo á represión. Mentres tanto, seguen vivindo na súa pobreza,
sentados diariamente á sombra dalgunha árbore esperando a que
pase a vida.
47
reside precisamente en que está inconclusa, así como o atractivo especial da
Torre de Pisa é que está inclinada.
En defensa do Patrimonio
O escrito que figura de seguido en defensa do Patrimonio cultural noiés, asinado por un grupo de
cincuenta persoas relacionadas coa cultura, foi enviado en días pasados ó rexidor Municipal, ó
responsable de cultura da Diputación Provincial e ó director Xeral de Patrimonio, solicitando unha
maior protección para o conxunto patrimonial da localidade noiesa. A equipa de redacción da revista
Alameda, consciente da importancia do patrimonio como alicerce da nosa memoria histórica, constituíndo unha das súas preocupacións principais o dalo a coñecer, quere manifestar o seu apoio pleno
ó referido escrito e facilita a través das páxinas da revista Alameda a súa difusión de cara ó seu xeral
coñecemento.
A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NON PODE DEPENDER
DOS FADOS DO DESTINO
acontecido en Noia co cruceiro de Eiroa –un desencravo en granito dos máis importantes e coñecidos de Galicia, esnaquizado por mor dun accidente
de tráfico– non é máis que a exemplificación práctica dun
feito que se repite a cotío: o Patrimonio está en mans da
providencia, da fatalidade, dos fados do destino.
48
Nun lugar onde os accidentes se suceden a cotío coa
caída das primeiras pingas de auga –máis de 50 nos últimos
anos–, con constantes chamadas da vicindade a correxir
curva tan perigosa, onde os coches accidentados se estrelan
sempre nas proximidades do lugar onde se asentaba o cruceiro –algunha vez tocando xa a base do mesmo– era claramente previsible que algún dos sinistros tivese fatais consecuencias para o monumento. E o día fatal chegou. A consecuencia: o esnaquizamento dun elemento patrimonial de
primeira orde, que coa súa presencia enchía de valor engadido cultural o lugar onde se emprazaba.
Pero, desgraciadamente, este caso non é máis que o
reflexo dunha situación de abandono xeral que percorre o
conxunto Patrimonial que garda a nosa memoria histórica.
Todo un variado tipo de bens que constitúen o legado deixado polas xeracións pasadas, e que entendemos como
Patrimonio Histórico Cultural, está seriamente ameazado,
ó albur dos fados do destino, dependendo a súa salvación
ou ruína somentes da fatalidade.Un breve percorrido pola
xeografía próxima serve para confirmar a veracidade
desta afirmación: mámoas e dólmenes, como o dolmen da
Cova da Moura, nun estado lamentable; castros como o de
San Lois convertidos nun bosque de antenas; cruceiros e
petos de ánimas en completo esquecemento só en pé polo
mimo dos viciños; lavadoiros, fontes, muíños, pombais,
pontes, hórreos, aldeas, .... todo un conxunto de realizacións representativas de variados movementos culturais, de formas de vida anteriores que, superando
tódolos avatares do tempo chegaron ata os nosos días,
están na actualidade baixo a ameaza da destrucción
irremediable, a perderse nun total abandono, a morrer pola
desidia de quen debe mirar polo seu mantemento e coidados, ou a parar a algunha finca dun chalet lonxano, sen
ninguén que os bote en falta, ante a
ausencia dunha catalogación exhaustiva que, cando menos, os tivese rexistrados.
Unha clara mostra da dimensión e
gravidade do tema, ofrécenola o estado de penuria en que se atopan tres
dos monumentos máis notables do
noso entorno máis inmediato, coñecidos por todos, e publicitados na totalidade de guías e folletos turísticos da
bisbarra: ¿Cantas invernías poderá
resistir Pontenafonso, a mítica Ponte
das Pías nos documentos medievais,
voando sobre as augas do Tambre?,
¿ quen dubida que o seu sostén en pé
ante próximas riadas, nunha lamentable situación de penuria froito do
abandono máis absoluto por parte
das autoridades “competentes”, vai
depender da fatalidade ou dos fados
do destino?,
¿cantos avisos dos viciños denunciando unha danada estructura son
necesarios?, ¿cantas promesas incumpridas?, ¿a que se espera para
actuar? Asemade, ¿alguén ignora que
a medieval Ponte de Traba, sobre o
río do mesmo nome, espera exhausta
a chegada dunha nova invernada?,
¿que, de non axudala reforzando os
seus piares e defensas ante as
augas, o seu derrube só depende da
capacidade de resistencia dunhas
forzas de por si moi debilitadas? O
mesmo
acontece coa románica
capela de Santa Cristina, alí soa no
interior do que foi o seu camposanto,
totalmente esquecida e abandonada,
E que dicir do Casco Histórico da
vila de Noia. A aprobación dun Plan
Especial de Protección do mesmo
escomézase a incumplir de xeito sistemático ós poucos días de aprobarse: Peches de seguridade, rótulos,
cores de fachadas, fóra de normativa;
derrubo de edificios protexidos; tratamento irregular de ocos de fachada
nos baixos; ... a ilegalidade consentida é a norma.
A nosa sociedade civil está acostumada á desidia dos nosos representantes políticos que, lonxe de defender e conservar o patrimonio, actúan
en moitos casos con claros signos de
ignorancia. As súas actuacións son,
ás veces, froito da improvisación, de
arroutadas do político de turno que
considera a súa idea como única e
xenial e lévaa a cabo sen unha planificación axeitada e global. Como
mostra disto temos a actuación do
Concello na suposta peonización do
Casco Histórico de Noia, actuación
que se limitou a restrinxir o paso de
vehículos por un par de rúas. Curiosamente, todo o contorno de San
Martiño segue sendo un aparcadeiro
inverosímil nunha vila que di protexer
os seus monumentos. O grave neste
tipo de actuacións é que non existen,
hoxe por hoxe, mecanismos sociais
que obriguen ás autoridades a
cumprir a lei –que existe, non hai
dúbida diso– que protexe e conserva
a nosa memoria histórica, sexa patrimonial ou paisaxística.
A impunidade que preside as
nefastas actuacións dos nosos
responsables políticos leva moitas
veces a pensar que teñen durante o
seu mandato carta branca para facer
o que se lles antolle. Con seguridade,
nos países desenvolvidos, onde se
considera o patrimonio como un ben
rendible que se debe preservar
mesmo tamén por intereses económicos, as actuacións indignas dos
responsables políticos terán consecuencias mesmo xudiciais. Aquí, por
desgracia, só nos queda agardar a
que consoman o tempo do seu mandato e non perder a
esperanza de que veñan outros mellores.
Debemos empezar a considerar que os poderes públicos teñen a obriga de cumprir as leis e de que ese cumprimento é un dereito que os cidadáns temos e non unha gracia magnanimamente outorgada polos que gobernan. Hai
leis que protexen o noso patrimonio. Esixamos que se
cumpran.
Os poderes públicos actúan con frecuencia no tema do
Patrimonio, como unha medida de propaganda motivada
polo éxito fácil e momentáneo que reporta a fotografía de
inauguración. Publicítase a intervención puntual en pro da
protección do Patrimonio mediante folletos e guías turísticas ou a través dos medios de comunicación, e ó mesmo
tempo estase a permitir con pasividade e desidia o progresivo deterioro ou destrucción do conxunto do mesmo.
Son coñecedores que o monumento histórico pode presentarse como unha “imaxe de marca” do conxunto da
urbe ou do concello, e por conseguinte, van facer unha utilización propagandista de determinados aspectos do
Patrimonio cultural, esquecendo aquilo que non se presta
ós seus intereses meramente electoralistas. Cegados pola
adulación instantánea, vense como salvadores do monumento, sen decatarse de que iso non é suficiente, e
obviando os aspectos fundamentais que si farían verdadeiramente exitoso un programa rehabilitador.
CONCLUÍMOS:
Somentes desde unha visión global poderá abarcarse a
rehabilitación integral da paisaxe construída. Só tendo en
conta o Patrimonio no seu conxunto, harmonicamente
integrado na paisaxe, no convencemento da importancia
da súa conservación como elemento identitario, e do que
supón de responsabilidade a súa conservación de cara ás
xeracións futuras, pode concebirse o levar a cabo un proceso de rehabilitación integral do mesmo. A planificación a
longo prazo dunha actuación sobre o territorio construído,
solidaria e comprometida, significa coñecer as necesidades reais, ter vontade de buscar solucións, e obter os
recursos ó efecto. Iso significa crer, en definitiva, na historia propia e nas súas potencialidades.
DEMANDAMOS:
– Identificar, catalogar e inventariar o conxunto patrimonial.
– Evitar a degradación e perda das construccións en maior
perigo mediante unha actuación urxente: Pontenafonso,
ponte de Traba, capela de Santa Cristina ...
– Favorecer a restauración e rehabilitación dos bens
culturais facendo uso de materiais axeitados.
– Conservar de xeito integral o patrimonio construído e o
medio, vendo a paisaxe natural e construída como un todo.
– Preservar e revitalizar os bens culturais como un patrimonio a conservar para legalo ás xeracións futuras e
como un activo económico.
49
colonizada por hedras e outra vexetación, que van comendo as súas
entrañas, ¿canto resistirá en pé ante
o ataque dos elementos?
RELACIÓN DE ASINANTES
XOAN X. MARIÑO REINO
Ensinante e investigador.
Mª DOLORES ARXÓNS ÁLVAREZ
Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática”
PEDRO GARCÍA VIDAL
Ensinante e investigador.
XERARDO AGRAFOXO PÉREZ
Ensinante e investigador.
NACHO COSTA BEIRO
Pintor.
PÍO COSTA BEIRO
Pintor.
CONCHA SABUCEDO ÁLVAREZ
Ensinante e Coord. de “Casa da Gramática”.
MIGUEL FERNÁNDEZ NOGUEIRA
Director do I. E. S. “Virxe do Mar”.
PILAR MELCÓN NÚÑEZ
Vicedirectora do I. E. S. “Virxe do Mar”.
XAVIER CASTRO RODRÍGUEZ
Xefe de Estudios do I.E.S. “Virxe do Mar”.
ANA Mª BLANCO GÓMEZ
Patronato Rosalía de Castro.
XABIER A. OLARIAGA
Ensinante e escritor.
RICARDO DE BARREIRO
Pintor.
ALFONSO COSTA
Pintor.
JULIO M. CAAMAÑO PÉREZ
Director do I.E.S. “Campo de San Alberto”.
Mª MANUELA DOSIL VIEITES
Ensinante.
ELENA NOGUEIRA RIVADULLA
Vicedirectora do I.E.S. “Campo de San Alberto”.
MATÍAS BARREIRO BLANCO
Xefe de Estudios do I.E.S. “Campo de San Alberto”.
JUAN M. RODRÍGUEZ CAMPOS
Secretario do I.E.S. “Campo de San Alberto”.
Mª ANTONIA CASTRO P.
Ensinante e gravadora.
ANA CAMBEIRO
Gravadora.
Mª JOSÉ ESPAÑA GONZÁLEZ
Ensinante.
RAMÓN CARREDANO COBAS
Membro da Xunta Directiva da Sociedade Liceo.
JOSÉ LUÍS VEIRAS MANTEIGA
Pintor.
50
Mª TERESA GONZÁLEZ CES
Artesá.
XOSÉ AGRELO HERMO
Director do I.E.S. de Muros, Dir. de Toxosoutos, Escritor.
BERTA NIETO VILLAR
Ensinante.
DOMINGOS CAMPOS ALBORÉS
Ensinante.
DOLORES MARTÍNEZ PROL
Ensinante.
LUÍS AVILÉS BAQUERO
Audiovisual.
RODRIGO ROMANÍ BLANCO
Compositor e músico.
J. ISAAC RODRÍGUEZ JUANATE
Membro da Xunta Directiva do Casino.
JESÚS MARTÍNEZ MOLEDO, “SUSO XOGAINA”
Fotógrafo.
IGNACIO SUÁREZ CARNOTA
Colectivo Literario Sacou.
MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ
Colectivo Literario Sacou.
MANUEL MARIÑO REINO
Músico e pintor.
MANUEL CAAMAÑO MARIÑO
Encargado Casa da Cultura de Noia.
FRANCISCA CASTRO BLANCO
Ensinante.
JESÚS GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ
Bobliotecario.
ANDRÉS CASTRO CAAMAÑO
Investigador.
MARÍA ESPERANZA PONTE CASTRO
Ensinante.
JOSÉ MANUEL BARREIRO INSUA
Ensinante.
AVELINA NEIRO CUENCIO
Ensinante.
IRIA LAGO GARCÍA
Colectivo Literario Sacou.
RAMÓN BLANCO FERNÁNDEZ
Colectivo Literario Sacou.
MANUELA PÉREZ MATO
Arqueóloga.
ROSA MARTÍNEZ FERREIRO
Ensinante.
XEPE TORRES REINO
Ensinante e investigador.
AURORA MARCO LÓPEZ
Ensinante e investigadora.
XOÁN GARCÍA FERNÁNDEZ
Colectivo Literario Sacou.
LOLA GIL AGRA
Arqueóloga.
O VELLO PALCO DA MÚSICA MUTILADO.
A falta de agarimo polo patrimonio propio
coqueto palco en pedra que
preside a alameda de Noia,
obra construída por encargo do
alcalde Pedro Sáez Pichel e inaugurada en 1950 sendo rexidor Manuel
Blanco Ons, alza aínda hoxe a súa singular figura poliédrica no bordo norte
deste espacio de lecer. Trátase dunha
obra sinxela pero fermosa. Con base
en ben traballados sillares de granito e
baranda en ferro forxado, da que se
prolongan columnas no mesmo material a soster un tellado en forma de
paraugas protector, o coñecido como
palco da música, constitúe un elemento patrimonial destacado dentro do
conxunto axardiñado-verde que é a
admirada alameda noiesa.
O paso dos anos escomeza a afectarlle en forma de
crecente re-xeite por parte dunhas orquestras cada vez
máis necesitadas de espacio. O palco quedábase
pequeno, pero aínda resistíu uns anos, tempo no que os
grupos musicais sonaron con potencias de racionalidade.
Os novos tempos de culto ós watios, sen embargo, personificados en forma de mastodónticas torres de amplificación, fixeron que o vello palco fora arrinconado, e en
sinal de desprecio convertido nun lugar accesorio para colgar no seu lateral un mamotreto de cables e enchufes co
que suministrar enerxía ós novos e agresivos palcos que
se colocaban ó seu carón. O seu acolledor piso de
madeira quedaba somentes para dar cabida ás tradicionais bandas de música, sempre auténticas por carecer
de todo artificio co que sacar as notas ó ar para deleite dos
oídos sen necesidade de artificiais amplificacións.
Os poderes públicos, mentres tanto, acordaban do antigo palco para ordear aplicar sobre o abandono unhas
capas de pintura enmascaradora dunha realidade molesta, ou acometer urxentes reparacións, sempre en vísperas
51
A octogonal silueta do palco en
granito, testemuña dunha ben gañada
fama de bo facer en pedra duns canteiros que chegaron a acadar xusta
sona, foi converténdose co paso do
tempo en depositaria, xunto con ban-
cos e baranda corrida, dunha imaxe de autenticidade
nunha alameda cada vez máis desnaturalizada de palmeras e azulexos. Bandas de música e orquestras sentían
fachenda por tocar nel. Era todo un luxo para a época.
Inauguración do palco da música o 31 de decembro do ano 1950.
Imaxe aparecida na revista Tapal no número de febreiro do 1951
festivas. Máis recentemente, a vaidade e soberbia do
poder quedará asinada en forma de placa metálica que,
atornillada perforando o corpo pétreo do monumento, certifica igualmente o impúdico desprecio sobre tan singular
ben patrimonial.
Pedro García Vidal
52
Tiña que ser un macroconcerto –non podía ser doutro
xeito– o que puxera finalmente ó diminuto palco no seu
lugar. ¿Como ía consentirse que aquela antigalla
insignificante supuxera o máis mínimo impedimento para
unha actuación de tal calibre?, ¿que representaba aquela miniatura obsoleta para poder obstaculizar a colocación dun escenario tan monumental nunca antes visto
na alameda noiesa?, ¿por que había que perder un só
instante de tempo en pensar nunha solución menos
traumática?, que máis daba que se tratase dun elemento patrimonial catalogado e protexido, incluído dentro
dos lindes do casco histórico. Había que definirse. Sería
de provincianos pensar en priorizar quen tiña que
perder. Solución: amputar, cortar polo san. Deste xeito,
algún universalista defensor do progreso redentor, autoriza mutilar o
entrañable palco da música. Na claridade da solución non pensa
sequera que a súa actuación pode
ser considerada como falta grave
contra o patrimonio e, polo tanto,
sancionable por lei. O pasado patrimonial non debe obstaculizar o novo
tempo, berran estes vendedores de
fume, mentres publicitan hipócrita e
cinicamente defender o patrimonio.
Aí radica a clave da situación de
penuria en que actualmente se
atopa o patrimonio cultural noiés e
galego, e o desprecio a que se ve
sometido a cotío. ¡Que tristura! .
25 de agosto de 2001. Un empregado municipal, serra en man, procede á mutilación do vello palco da música, un monumento catalogado e protexido por Lei, co fin de facilitar a montaxe do macroesceario preparado para a actuación da cantante Mª del Monte.
Cancións de Noia
Prudencio Romo
Canto a Noia
resento neste número unha
composición que un compañeiro estreou no ano 1956
naquel vello Liceo, que foi un
pouco o símbolo da nosa vila.
Aquel Liceo, referencia de estilo e
diversión para os forasteiros, que
inventaban historias para poder
asistir ás verbenas na súa famosa
pista.
Cantaron esta peza acarón do
vello hórreo dous compañeiros que
xa non están entre nós: Constantino Pego (O Xitano) e Maceiras.
Estou a falar de Os Beiros.
O autor que presento nesta
colaboración é Eugenio Lestón
(Genucho) que, ademais de “Canto
a Noia”, é autor de moitas das cancións que interpretaban Os Beiros,
e tamén de composicións para
banda e coros.
O que isto vos conta, estaba á
outra banda do camiño, pois era
rival artístico de OS BEIROS,
53
Os Beiros tiveron un papel moi
importante na música que soaba
nas nosas festas, ao lado de outras
orquestras, todas elas da nosa
comarca. Lembro agora a Orquestra Creo-Brasil, a París, Horizontes
del JAZZ, Veracruz e outras que
deixo para falarvos delas no sucesivo.
mais admiraba e respeitaba o traballo de Eugenio Lestón
porque, coma min, traballaba por elevar o nivel artístico e persoal dos músicos, infravalorado naqueles tempos.
Agora, despois de moitos anos de loita e de peregrinaxe,
volvemos atoparnos no camiño tranquilo que deixan as
pegadas dos anos, e rememoramos os vellos tempos, medrando, no noso interior, unha profunda e sinceira amizade.
54
Como homenaxe a Eugenio Lestón Alcaina, o día 17 de
novembro do ano en curso, o cantante noiés José M. Túñez,
acompañado da Orquestra Key, interpretará no Salón de Actos
da Sociedade Liceo a canción “Canto a Noia”.
Eugenio Lestón Alcaina
Visións de Noia
Fermín Bouza-Brey
Unha hora na paz do
cimiterio de Noia
Este ano en que se celebra o centenário do nacimento de Permin Bouza-Brey, a revista “Alameda”quer render-lle a sua particular homenaxe lembrando brevemente a sua figura e incorporando a esta sección a saudosa
evocación que fixo sobre o cemitério de Santa Maria a Nova.
Como escritor, destaca a sua faceta
lírica: foi o iniciador da escola neotrovadoresca co seu primeiro poemário, Nao
senlleira (1933), onde recolle e adapta a
técnica e o espírito da lírica medieval e,
máis concretamente, das cantigas de
amigo (paralelismo, leixapren e refrán).
Embora a sua produción poética non sexa
extensa –só publicou un segundo poemário, Seitura (1955)–, a sua obra, absolutamente persoal e cun selo inconfundíbel, foi unha das máis xenuinas realizacións da poesia contemporanea.
Bouza fixo tamén unha pequena incursión
na narrativa: en 1925 publicou Cabalgadas en Salnés, subtitulada “lembranzas
dun fidalgo”, ambientada na Galiza decimonónica. Como
ensaista salientan os seus traballos sobre a biografia de Rosalia
de castro, publicadas en diferentes revistas e reeditados en 1992
co título de Artigos rosalianos. En 1963 fixo unha edición crítica de Cantares Gallegos, comemorativa do centenário do nacimento da grande cantora do Sar.
Mais se como criador literário ten un posto de seu na história
da literatura galega, a sua produción máis relevante acha-se no
campo científico. Foi un auténtico polígrafo e os seus traballos
abranxen diversas ciéncias do saber humanístico: Prehistória e
Arqueoloxia (xunto con López Cuevillas, foi un dos sistematizadores da Prehistória galega), Epigrafia e Numismática,
História (centrou-se, sobreto, nos estudos relativos aos períodos
xermánico e suevo), Arte, Etnografia… O seu esforzo investigador materializou-se en perto dun millar de publicacións, que o
converteron nun dos máximos eruditos da bibliografia galega
contemporánea, con grande prestíxio na comunidade científica
internacional.
Fermin Bouza-Brey morreu en Santiago de Compostela, onde
viveu na derradeira etapa da sua vida o 11 de xuño de 1973.
En Vieiros, revista do “Padroado da Cultura Galega no
México”, dirixida por Luis Soto Fernández, Carlos Velo e
Florencio Delgado Gurriarán, no número 1 (1959), publicou
Bouza-Brey a evocación a que fixemos alusión e que aquí reproducimos:
Hai nas Rías Altas da Galiza, unha vila evocadora e misteriosa que é doce pervagar do brazo de algunha venturosa
lembranza: a Vila de Noia.
Perdeuse no tempo como fror prensada nas follas de un libro
esquecido, e que algún día foi o resto amado de unha pasión
saudosa. Lonxe das vías do tráfego interurbán, buscada
polas ondas leves do río Traba e do sonoroso Tambre, tráelle
55
ermín Bouza-Brey naceu en
Ponteareas o 31 de marzo de
1901. Cursou estudos de Filosofia
e Letras e Direito na Universidade de
Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial e exerceu de maxistrado en
diferentes cidades. Vinculado desde moi
novo à cultura galega, en 1923, xunto a
outros estudantes, foi un dos artífices da
fundación do Seminário de Estudos
Galegos, institución vital no desenvolvimento cultural, que tiña como obxectivo
principal a formación de investigadores e
o estudo científico de Galiza en todos os
seus aspectos. Bouza-Brey realizou un
intenso labor no SEG e, máis adiante, no
Instituto Padre Sarmiento, continuador
daquel.
o mar Atlántico lonxanos efluvios de perdidos minutos de
poderío e melancolía. As casas do burgo medieval viven
aínda baixo a melancolía apuntada como unha espiña das
oxivas. Hai unha tristura de claustro en algúns anacos da
rúa, que animan os batifondos dos mercados e das feiras.
Nos peiraos do porto, as barcas de pesca remansan, como
agardando por unha inspiración. Pradilla, que a visitou,
deixounos apuntes do seu vivir plácido, nos derradeiros anos
do século XIX. ¡Todo o que teña alma de artista debe visitar
a vila de Noia!
Atravesando os séculos, por riba dos progresos urbanísticos,
aboia nas caladas horas nouturnas a saudade da cántiga,
que o pobo atribui ao autor da vella ponte noiesa, un rapaz
pedreiro que alí consumiu a súa vida. É un laio rachador, un
adeus doente de morte sin remedio:
¡Adeus, ti, Ponte Nafonso!
Non sei quen te acabará.
Trinta anos me levache,
Fror da miña mocedá.
56
Iste peso dos vellos historiadores que lle chamaron Noela,
das antigas crónicas que a nomearon “chave de Galiza”, das
depredacións normandas e das loitas señoriaes co Arcebispo
de Compostela, recai como nun pano sagro no cimiterio de
Santa María. É unha quintana, unha antiga quintana herbosa e fresca, onde noutros tempos –en medio dos túmulos–
se axuntaban para facer estrados ou xusticias os alcaldes da
vila. É un adro, que ten no seu centro a eirexa que “edificou
e sagrou” –asegún reza o epígrafe dun tímpano– o Arcebispo
Berenguel de Landore no século XIV;
aquil discutidísimo prelado que, nado
en Francia, tanto interviu nas loitas
políticas galegas do tempo. É un panteón onde dorme boa parte da nobreza
galega, da burguesía noiesa e dos
individos dos gremios ds antiga vila.
Un panteón tranquío, como un agro
ou como un prado, onde se durmeu o
vento que non move as frores silandeiras, nadas á ventura acó e aló. A
fidalguía dos Guisamondes e dos
Caamaños, dos Romeiros e dos
Mariños, afaise á beira dos xastres e
dos carpinteiros, dos zapateiros e dos
curtidores.
Alí os brasós máis requintados da
heráldica galega, emparexan cos símbolos gremiaes –as tesoiras, os
machados, as anclas– na mesma
pedra de fino grau salgado dos cons
da ribeira.
Eiquí temos a Pedro Carneiro, de
quen reza o seu epitafio que era
“veciño da porta da Corredoira”.
Acolá anda Xoán de Estibadas, un
taberneiro de moita conta que deixou
bos diñeiros para a Cofradía dos
Cregos en 1397. Parez como si de
sempre nos coñecéramos: que saen ao
noso encontro e que nos invitan a descansar tamén, naquel curruncho senlleiro do cimiterio de Noia.
alcipreste isolado, unha oliveira acaracochada, unha roseira
brava tal vez… As xeneraciós sucédense baixo da mesma
pedra labrada co sinal da cruz ás penas.
¿Qué nos quer decir aquela lousa?
Antre as letras e os símbolos grabados, ten un liquen mouro, tristento,
que fala ao esprito algunha cousa
fonda que non percibimos ben.
Soletreamos: “Aquí xaz Lope Urcete
Mateu, Mercador de Bilbau”. Por
baixo das letras unhas tesoiras e unha
vara de medir. Si a imaxinación
suplise á historia, a cousa era doada.
Un mercader de panos de Bilbau veu a
Noia a mercar lenzo galego, para
traficar na súa terra; e aquí quedouse
á soma de Santa María, por imperio
da morte.
¡Camposantos da miña terra! ¡Cimiterio de Iria onde xaceu
o corpo de Rosalía, responsada polas belas oliverias que ela
mesma cantou! ¡Romántico cimiterio de Ribadavia custodiado de mirtos e de alciprestes! ¡Cimiterio de Castrelo de Miño
empoleirado hastra o ceo, onde achou paz unha raíña!
¡Cimiterio compostelán de Santo Domingo, musgoso de mirtos e de loureiros, onde repousan os graves e doctos universitarios de outrora!
Veleiquí están o Xoán Moas, aquil
vello notario, o señor Antonio Alvez o
tendeiro; e o rector de Santa María de
Argalo, Álvaro de Ben. Dentro da
eirexa, en solene arcosolio, un banqueiro dos Arcebispos de Santiago:
Pedro Carneiro; e no chan, homildoso, o crego Xan de Sabugueiro.
¡Pénsase que tivemos que coñecer a
istes que levaron taes nomes, tan
axeitados aos destinos de cada un
como si a fonética se adaptase aos
cárregos e aos oficios!
¡Cimiterio de Noia, en fin, onde un grande fillo da Galiza
renacente topou un xacigo modesto –falo do insigne Don
Eladio Oviedo e Arce–, que os tempos che conserven ise aire
misterioso de agachado recanto, onde se agarda o xuicio de
El Señor!
¡Camposantos da miña terra! Veñen á ideia os versos de
Rosalía…
Cimiterios de Galicia,
frescos como os nosos campos,
en cal dormirá algún día,
este, meu corpo cansado.
E cobexando a todas as sepulturas, o
palio de pedra de baldaquino con
baixoreleves da caza, simbólica da
vida quezais. Un baldaquino solene e
grave, como unha pirámide tumular,
acolle un cruceiro aldeán, patético e
sinxelo. Polo camposanto adiante,
outras cruces de pedra erguen o seu
varal ouricelado.
A súa vista, veñen á lembranza aquiles
outros cimiterios galegos, sin mármores nin estatuas, nin latinorios presuntuosos nos epígrafes, sin cultivadas frores antre os cinerarios… Un
57
¡Quen será o que vaia a Noia, cos
ollos do esprito abertos, que non faga
estación de camiñante emocioado no
cimiterio de Santa María!
Pinceladas
sanitarias
Víctor Vez Vilar
O COLESTEROL
alábamos no anterior artigo da
inxustificada crenza que atribúe ó
colesterol o papel de “inimigo da
saúde”.
Vexamos como realmente non só non
é así, senon máis ben todo o contrario.
Ó mesmo tempo, analizaremos o seu
verdadeiro papel e como debemos comportarnos ó respecto.
¿Qué é?
O colesterol é unha graxa presente no
organismo humano e mesmo en moitos
animais.
Non poderíamos vivir sin colesterol xa
que forma parte da membrana das células
e serve, asemade, para a formación das
hormonas, Vitamina D e sales biliares
(que permiten dixerir as graxas).
O bó e o malo
58
Nen o colesterol nen ningún tipo de
graxa podería circular polo sangue como
tal. Precisa dun “medio de transporte”: as
lipoproteínas, que veñen sendo unha combinación de proteinas e graxas e que se
clasifican pola súa densidade, denominándose científicamente dacordo coas siglas
da nomenclatura inglesa: Lipoproteínas
de moi baixa densidade: VLDL. De baixa
densidade: LDL e de alta densidade
HDL.
Segundo sexa o “medio de transporte”,
así será o comportamento no organismo: as
VLDL e as LDL levan as graxas (e polo
tanto o colesterol) do figado (que é onde o
“fabrica” o organismo) ós tecidos para
almacenalas; mentras que as LDL levan as
graxas dos tecidos ó fígado para queimalas.
Cando falamos de “tecidos”, pensemos nas paredes das arterias, xa que o acúmulo de placas de colesterol (Placa de “ateroma”) e o endurecemento das mesmas arterias por mor do colesterol son un dos principais responsables (pero non o único) dos
problemas cardiovasculares, tales como arterioesclerose, infarto,
etc. etc.
Vemos pois que a función das lipoproteinas LDL é perxudicial para a saúde e esa é a razón pola que se lle adxudica o apelativo de colesterol malo, mentras que a función beneficiosa das
lipoproteinas HDL fan que o colesterol que trasportan sexa coñecido como colesterol bo.
¿De onde ven o colesterol?
Xa ficou dito que o fígado “fabrica” colesterol. A palabra
correcta sería sintetiza.
Vexamos: o 30% do colesterol presente no noso organismo
procede directamente dos alimentos que inxerimos. E o 70%
restante sintetízao o fígado a partir dos alimentos.
Vemos pois a importancia que ten a clase de alimentos que
consumamos, xa que segundo sexa a nosa dieta, así será o tipo de
lipoproteina. Ou dito doutro xeito: segundo o tipo de graxa que
comamos, así teremos máis ou menos colesterol “bo” ou “mau”.
Colesterol e dieta
En principio, compre suliñar que, en teoría, co colesterol que
sintetiza o fígado sería suficiente para cubrir as necesidades do
organismo.
Digamos que as graxas que se denominan saturadas son as
responsables do aumento do LDL (ou “colesterol mau”).
Manteiga, nata, embutidos, carnes graxas, pastelería, etc.
serían os alimentos que nos proporcionarían LDL.
As graxas insaturadas pola sua parte, nos proporcionarían
HDL (ou colesterol bo).
Peixes (peixe azul), aceites vexetais, olivas, noces, améndoas, avelás, etc, son os alimentos ricos en HDL.
Non obstante, no referente a aceites vexetais teñamos en
conta que non todos eles nos proporcionarían “colesterol HDL”
xa que hai aceites (coco, palma, palmito) que teñen unha estruc-
Se a isto engadimos que son máis baratos que os aceites de
oliva ou sementes, entenderemos por que adoitan estar presentes
nos procesos de fabricación da meirande parte dos productos de
bollería industrial, pois como pode comprenderse, sen incumplir
a lexislación, a súa utilización abarata custos. Esta é a causa pola
que moitos médicos (pediatras, cardiologos, etc.) alertan sobre o
consumo excesivo destes productos.
Consellos:
a/ Alimentarios
Para mellorar a taxa de colesterol no sangue, recoméndase
seguir unha alimentación rica en productos vexetais: comer máis
legumes, froitas, cereais.
Reducir o consumo de graxas animais, escollendo carnes
magras.
Consumir preferentemente productos lácteos desnatados.
Utilizar aceites (oliva, sementes) para cociñar en vez de manteiga
Comer peixe, cando menos dúas ou tres veces á semana.
Reducir o consumo de bombóns, pastelería e bollería.
Moderación no consumo de bebidas alcoholicas e de sal.
b/ Hixiene de vida
Xa se apontou que o colesterol (ou se se prefire a alimentación) non é o único responsable das enfermidades cardiovasculares.
O tabaco, ademais doutros efectos perxudiciais (sobre todo
no aparato respiratorio), favorece a aparición de placas de ateroma nas paredes das arterias, e ó mesmo tempo parece ser que
favorece a disminuición de colesterol HDL.
O estrés é, segundo algúns investigadores, responsable do aumento da taxa
de colesterol.
O exercicio físico, exerce unha influencia moi positiva no aumento da taxa de
colesterol bo (HDL).
A hipertensión ten un efecto negativo
sobre os vasos sanguíneos, volvéndoos
fráxiles e favorecendo os depósitos de
colesterol LDL
Non podemos esquecer que o sobrepeso é asemade un factor de risco máis.
Concluindo:
Vemos que o colesterol non é en sí
ningún inimigo da saúde, sempre, claro
está, que se manteña dentro das cifras
consideradas “normais” (menos de 220 de
colesterol total).
Pero máis importante, se cabe, que
manter a “raia” a cifra de colesterol total,
é que a proporción entre HDL e LDL sexa
a adecuada (así, pois, o que realmente
deberemos manter a “raia” é o chamado
colesterol “mau”)
Para iso non temos máis que seguir os
consellos xa indicados: Control da alimentación, exercicio regular, control do
sobrepeso e moderación (ou supresión) de
tabaco e alcohol.
E a vivir moitos anos con boa saúde ...
59
tura química semellante ás graxas animais polo que favoreceren
a aparición de colesterol “malo”.
Cousas de Noia
Gomari
60
Xunta Rectora do NOIA
F.C. organiza un campionato para os conxuntos
modestos e os equipos xorden por
doquier, moi ben organizados, por
certo, e algúns coas correspondentes directivas e co seu adestrador e masaxista. O que demostraba que os equipos tiñan desexo
de quedar ben diante da afección
no recinto de San Alberto. O ter na
vila de Noia un equipo arbitral
magnífico e numeroso, dirixido
por José Salanova Rodríguez; o ter
na directiva do NOIA F.C. xente
cualificada e preparada, e o ter
unha afección que sempre respondeu ante os diversos eventos que
se lle ofrecían, animou aos dirixentes a embarcarse nunha grande
aventura. E dicimos “aventura”
porque a directiva organizadora
non contaba cun problema ao que
se ía enfrontar o barco dirixente e
a súa tripulación: o “handicap”
non era outro que ningún equipo
estaba disposto a perder con esta
mentalidade dos equipos, con estas
miradas de tanta estreitura tiñan
que cubrir moi pouco terreo.
A competición finalizou como
o rosario da aurora, mais, con
todo, o torneo tivo unha organización perfecta, foi unha competición moi ben organizada. Víronse
bos partidos, algúns de moita clase
e perfeccionada técnica, e os afeccionados saían compracidos do
vetusto campo de San Alberto.
E como remate final, no escaparate do negocio de D. José Fernández Vilas (Pepino o Ceboleiro),
Temporada 1.948-1.949 (e III)
aparecían cada luns os resultados da xornada, e no bisemanario META,
publicabáse un comentario de cada partido.Ou sexa que nada ficaba no
tinteiro.
Os equipos participantes nesta Copa da Ría eran os seguintes:
BARCIA C.F. de Noia
BOA C.F. de Boa (Noia)
CAMARON C.F. da Chainza (Noia)
FONFORRON C.F. da Vila de Porto do Son
INVERNAL C.F. de Portosín
LANDIN C. F. de Noia
MUROS C.F. de Muros de San pedro
RAPETA C.F. do Obre (Noia)
O NAVALES BARCIA C.F. era un equipo que se fundou no Malecón
de Cadarso, e na súa directiva aparece como presidente José Sabín Nieto
e como segundo de abordo José Baltar Abella. Pouco a pouco, foise
escorando cara o centro da vila e xa aparecía como “euipiers” xogadores
de verdadeira clase, algúns deles chegaron a xogar no equipo local da
serie A rexional e outros emigraron a outros lares, chegando a xogar torneos internacionais.
Neste equipo do Navales BARCIA C.F. destacaban o bon porteiro
Juanatey, o magnífico extremo Basilio Rodríguez Castro, que se desenvolvía moi ben pola banda dereita, o centro dianteiro Juan Reino, o interior esquerdo Paco Sarmiento, un xogador dunha clase extraordinaria,
que para si quixeran os que hoxe son considerados cotizables. O outro
interior era Moncho Costa Sánchez, o chamado interior de enlace; o sacrificado do equipo na banda deste lado, o extremo Milucho Seijas. Era
un equipo de luxo que o 25 de abril de 1949 se enfrentou ao conxunto
local do LANDIN C.F. e, como premio ao seu traballo e bon facer ante
o equipo rival, recibiron a prima de 24 pts.
Outro partido para a lembranza é o Muros C.F.- N. Barcia que finalizou coa victoria do conxunto naval por 3-1. Este partido foi arbitrado por
D. Jesús “O cebolo”. Antes de dar comezo o encontro o xogador do Barcia,
Andrés “O galego”, dirixiuse ao árbitro decindo: este balón parece unha
vexiga e, a seguir, o “trencilla” sinaloulle o camiño dos vestuarios.
Foto 1.- Na foto que reproducimos aparece o primeiro conxunto do
Navales Barcia C.F., formado polos seguintes xogadores: Balolo,
Lelucho, Milucho, Vicente, Gonzalo, Portugués, Sarmiento, Peldebé,
Luis, Segundo, Andrés e Hermida.
Foto 2.- A foto foi tomada o 25 de abril de 1949, antes de dar comezo o choque local Barcia-Landín, e está tomada na portería que lindaba
Foto 1
coas leiras de Santolo. Nela aparecen de esquerda a dereita e arriba: Andrés (o Galego), Manuel Hermida, Balolo, Gonzalo
Salanova e Benito Juanatey (porteiro), e vestía de xersei amarelo. Agachados: Moncho Costa, Emilio Seijas, Juan Reino,
Basilio Rodríguez Castro e Paco Sarmiento Rodríguez.
Todo un equipo que hoxe traería de cabeza a moitos equipos
de rexional preferente e a outros tantos de 3ª división.
Moitos afeccionados –asiduos a San Alberto– lembraban con
nostalxia a algúns dos componentes, e a directiva do Barcia, ao
disolverse o torneo, ofreceulles un pequeno “ágape” no Bar do
Cine Galicia, rexentado naquela altura por Sabín, O Moreno, e
M. Germán Mayán.
O Landín C.F. era outro equipo noiés, que viña ser unha
sucursal do Clube Area, que recibiu este nome porque un
armador deste apelido estaba construindo un barco nos asteleiros
próximos a Noia, pensando que sería un bon patrocinador.
Un conxunto de grande poder ofensivo,
cun bon porteiro en Santiago Allut, un
grande medio centro en Marcial Breñilla e
unha dianteira que saía a goleada por partido.
Foto 4.- A foto que aparece corresponde ao equipo da Vila de Porto do Son,
representada polo FONFORRON C.F.,
coa súa alma mater, Rufino Maneiro
Dávila, ao tempo xogador do equipo
albinegro en compañía do seu irmán, o
porteiro Zamorita.
A foto foi tomada o 12 de xuño de
1949 antes de dar comezo o encontro
61
Presidía o equipo D. José González Vázquez (Pepe Culebras), sendo adestrador D. Alfonso Louro (Torpedero) e utilleiro José Gómez Ulloa.
Foto 3.- Na foto aparecen de esquerda
a dereita: Pepe Culebras, Santiago Allut,
Rafael González, Antonio Cao (O chato)
Marcial Breñilla, Martín Hermo, Pepe
Pestonit, Chemanel, Joaquín Fernández,
Alberto o Bravo, Alberto Pérez, o Torpedero e co botiquín Joseito o Bravo.
Foto 2
FONFORRON-INVERNAL, con moita xente na vella grada de
madeira, no antigo campo do Bosque, máis tarde baptizado co
nome de San Alberto. Nela aparecen: de pe e de esquerda a dereita Fidel Bello (porteiro), Lisardo Sampedro, Miluco, Moraña,
José Avilés, José Luis Colomer e José Sampedro.
Agachados- Alejandro Pazos, José Bouzas (o paparrulo),
Galitero, Pepe Sampedro e Bernardo.
Para o partido contra o Invernal, confíaselle o cargo de adestrador ao Sr. Picher, que era Delegado de Abastos no concello de
Ribeira. Este díxolle a Fino que non o ía aliñar naquel partido, e
o seu irmán, Zamorita, fixo causa común e tampouco xogou. O
partido finalizou coa victoria do Invernal C.F. (3-2), o que deu
lugar á retirada do equipo do Son, por dirixir o partido dos árbitros (Salanova e Rubiche). Un mal perder de xente que presumía
de deportista e que deixou coxa á competición.
O RAPETA C.F. do Obre representaba ao anexo de Santa
Mariña na parroquia de San Martiño. Por estas calendas, o Obre era
unha saída con moi poucos veciños e escasos medios económicos.
O entusiasmo dun reducido grupo de afeccionados, capitaneados
por Manuel Rodríguez Martínez (o Roncho) –máis tarde Manolo
do Liceo- enfrascáronse no torneo e tiñan un conxunto máis que
aceptable. Antes de enfrentarse ao equipo do Fonforron C.F. foi
captada esta imaxe na que aparecen os sguintes xogadores: de pe,e
de esquerda a dereita: Jaime Mariño (porteiro), Celestino do Coto,
José Cabezón, Jesús Nimo Abeijón e Nocho.
Agachados: Benigno de Paco (o Pardelo), Adelino Rios
Filgueira, Andrés Melchor, Felitos, Manuel Rios Filgueira
(Nolo) e Manolo Canabal (o Rubico).
O equipo retirouse do torneo por unha decisión arbitral que
lesionou os intereses do equipo de Santa Mariña, e con esta
decisión moi pouco deportiva, corrobora o que dicía ao principio:
todos os equipos querían ser “cabalo ganador”.
O INVERNAL C.F. de PORTOSIN tiña un grande conxunto
con xogadores como Rechou, o Negro, o extremo esquerdo
62
Foto 3
Limés, o bon porteiro Toñín e tantos outros que se perderon na lembranza. É
mágoa que non se conserve unha
fotografía daquel equipo e iso que se buscou por todo Portosín mais non hai forma
de encontrala.
O mesmo podemos decir do MUROS
C.F., capitaneado por Carcamán e outros
bos xogadores que o facían no Campo de
Lariño, onde hoxe está ubicado o terreo de
xogo do Ancoradoiro.
O BOA C.F. con directiva presidida
por D. Jesús Rios Silvaera, un grande
dirixente e un bon deportista. Reunira un
excelente plantel de xogadores, capitaneados por José Luis Bandín e fixeron unha
competición discreta.
O CAMARON C.F. da Chainza (Noia)
era un equipo formado por xente do lugar
con incrustacións do Campo das Rodas.
Era o colista do torneo e tiña máis moral
que o Alcoiano. Non creou problemas á
organización e xa ten o su mérito.
RETAZOS DO CAMPEONATO. Crónica
en EL IDEAL GALLEGO
Del encuentro INVERNAL-FONFORRON, es falsa, absolutamente falsa,
la noticia circulada ayer en cierto periódico vigués, haciendo constar que el
Invernal F.C. de Santiago, resultó claro
vencedor del Club Fonforrón de Puerto
del Son, en el partido celebrado en Noya
el pasado día 12 del actual, pues aunque
el equipo san-tiagués saltó al campo animado de las mejores esperanzas por ha-
Foto 4
El colegiado Sr. Salanova dirigió el encuentro durante el
primer tiempo siendo sustituido en el segundo por su colega Sr.
Rubiche, relevando este al primero del compromiso adquirido y
sentenciando un 3 – 2 a favor del Invernal, pues el Sr. Salanova
se encerró en sus casillas sin comprometerse a salir en la segunda parte. Por ello, la directiva del Fonforrón, considerando injusto el resultado del encuentro y haciendo uso de un perfecto derecho reglamentario pidió la anulación de este partido y propuso la
celebración de un nuevo encuentro presidido por un Delegado
federativo encargado de controlar el arbitraje...y siguen las explicaciones del Fonforron en una larga crónica.
Así se respiraba en los dos equipos
participantes y como nadie quería perder,
terminó todo, suspendiéndose el torneo
con el perjuicio para los equipos que no
participaban de estas rencillas.
EPILOGO.- Unha competición organizada
coa máxima seriedade, cun grande entusiasmo e con moita ilusión, acabou moi
mal, ante a intransixencia do Fonforrón
C.F. e do Rapeta do Obre. As estreiteces de
miras e que todos os equipos quixeran ser
vencedores, finalizou desta maneira.
Quizás o fallo do comité fose non
esixir un depósito económico aos equipos,
porque desta maneira a afección non contemplaría estes desplantes.
Por último, o perxuízo que causaron
aos equipos do Navales Barcia, Landín,
Invernal e Muros. En deporte o máis
importante –segundo o Barón Pierre de
Coubertín– é participar.
63
llarse reforzado con tres elementos de una aldea del Son, llamada Portosín, no consiguió vencer al Fonforrón a pesar de las
noticias circuladas en tal sentido, ya que el marcador señalaba
un empate a dos tantos en el momento que el equipo agredido
y no vencido, decidió retirarse a sus posiciones, siendo marcado el tanto del desempate en plena ausencia del Fonforrón y
aunque la superioridad de este equipo fue claramente reflejada
durante su actuación, optó por desistir de la continuación del
encuentro creyendo que más vale una retirada a tiempo que
una victoria injusta.
Foto 5
Os nosos libros
XERARDO AGRAFOXO PÉREZ
A Guerra Civil en Lousame e Noia
Edita: Concello de Lousame
14 x 21 cm. 702 páx.
Este libro constitúe o derradeiro dunha triloxía que o profesor Xerardo Agrafoxo adica ós tráxicos días da Guerra
Civil nas terras de Lousame e Noia. A través das súas
páxinas o investigador saca á luz, devolve a voz, a unhas
persoas esquecidas, que nen sequera sabiamos que existiran. O libro pon ó descuberto que a historia tén tamén
as súas miserias, os seus axentes anónimos que igualmente a protagonizan. Combinando atinadamente os
documentos orixinais dos procesos co relato do propio
autor, logra que os acontecementos se fagan asequibles e
cheguen a todo o mundo, e non só se dirixan a expertos
e estudiosos do tema. Cunha palabra clara e precisa, o
autor narra os días e as horas que anteceden á traxedia.
Ante o que alí se relata o lector non permanece impasible, a concencia remóvese no máis fondo. Seres
humildes, obreiros, escasos de todo o posuidores de
nada, perdedores, en fin, recuperan a voz por medio da
palabra escrita de Xerardo e reivindican o seu lugar na
historia.
FRANCISCO ABEIJÓN NÚÑEZ
64
Álvaro das Casas
Edita: Toxosoutos, Noia, 2001
11 x 16, 5 cm. 85 páx.
Na colección “Fasquía” saíu recentemente o número 6,
dedicado a Álvaro das Casas Blanco. Oportuna publicación porque este ano se cumpre o centenário do seu
nacimento. O nome deste ourensán resulta familiar en
Noia porque no instituto de segundo ensino desta vila
exerceu como profesor de Xeografia e História de 1930 a
1936, e estivo a cargo da dirección (1932-1933). Aqui
desenvolveu un grande labor educativo e puxo en funcionamento as agrupacións ULTREYA. Álvaro das Casas
cultivou vários xéneros: poesia, narrativa, ensaio, teatro.
Este último parece ser o veículo de expresión en que mellor se achaba o escritor (Pancho de Rábade, A morte de
Lord Staüler, O outro, Mítin, O tolo de Lastra, A gavilla,
Dente de ouro). De todos estes pormenores nos informa
o libro de Abeijón: vida, obra, o político, Ultreya, As
xeiras... O libro se completa cunha biobibliografia e con
textos escolmados da sua abundante produción.
O escritor ourensán, que morreu o 8 de marzo de 1950,
publicou moitos libros, en galego e castellano, os derradeiros en América, de exaltación españolista. Unha
viraxe sorprendente, por certo, a xulgar pola sua actividade política anterior à guerra.
Descargar