Betanzos

Anuncio
O
Concello de Betanzos atópase entre dous ríos o Mendo e o Mandeo. O Mandeo vén desde a Serra da Cova da
Serpe, no limite coa provincia de Lugo, entra no termino de Betanzos por Os Caneiros e forma un val moi
pintoresco en uve. Non e menos pintoresco o último tramo do Mendo cando chega por Bravio e A Roibeira. Ó
fondo esta a ría de Betanzos. As alturas que rodean estes vales son de 157 metros no Coto Da Cha que separa
ambos ríos; 166 no Coto de Mondoi o sur do Mendo, e 132 no monte da Croa o norte do Mandeo. O terreo é
moi fértil e productivo. Abonda a gandeiría, as adegas,cun viño lixeiro e afrutadode poucos graos, e
industrias madereiras. A cidade é un destacado centro comercial e de servicios. Son importantes as feiras e
mercados que se celebran tódo−los días 1 e 16 de cada mes.
O Clima
A situación xeográfica é responsable do microclima con temperaturas máis suaves e menos precipitacións de
Galicia. O clima podes ser encadrado como de tipo mediterráneo marítimo condicionado pola proximidade do
mar. Van dende os 8,2º grados os 16,7º , carece de invernos frios e de veráns calurosos. As xeadas son
excepcionais.
As precipitacións alcanzan un total anual de 876 mm. Diciembre, noviembre e marzo son os meses mais
chuviosos y xullo, agosto e xuño os mais secos, nunha distribución estacional típicamente atlántica.. Non hai
diferancias climáticas no municipio ainda que abondan as néboas e hai mais humidade na proximidade da ría
e na proximidade do embalse de Cecebre. .
Comunicacións
A sua principal vía de comunicación e a N−VI, que en Betanzos divídese en dous ramales: Ferrol e A Coruña,
sendo 39 e 24 os Kilómetros, que respectivamente que a separan destas duas cidades. Outras tres comarcais
arrincan en Betanzos. A C−640, de Betanzos a Viveiro; A C−540, que vai cara o sur por Sobrado e divide−se
hacia Arzúa e Melide, entrando na provincia de Pontevedra por A Golada, e a C−542, que vai a Santiago polo
Mesón do Bento, 57 kilómetros separan de Santiago por esta ruta.
Historia
O nome de Betanzos podería vir do Brigantium citado polos xeógrafos grecorrománs, tamén se identifica a
Betanzos co Brigantium Flavium. A historia sitúa−a entre as poboacións máis antigas de Galicia atribuindo a
sua fundación a Breogán caudillo Celta. No municipio atopamos seis poblados castreños: Castro
doMonte(Illobre), Castro de Xan Rozo(Graña), Castro de Graña(Requian), Castro de Untia(Betanzos), Castro
de Obre(Paderne).
Actual poboación asentouse neste lugar no 1219 donde levantaba−se o Castro Celta de Untia. Antes estaba
situada en Tiobre. O traslado fíxose a petición dos vecinos de Tiobre e por concesión do rey galego Alfonso
IX.
O rey Enrique IV concedeulle a categoría de cidade en recompensa pola fidelidade real que mantivo a vila
durante os desordenes provocadas pola nobreza durante o século XIV.
Na división provincial ordenada polos Reis Católicos , que visitaron Betanzos en 1487, foi designada capital
da provincia co seu nome que abarcaba todo o norte da actual A Coruña, e asi foi hasta a discutida división
actúal. Jerónimo de Hoyos, no seu informe da visita que fixo no1609, que lle deu unha poboación de 50.000
habitantes. Foi efectivamente durante os séculos XV y XVI cando alcanzou o seu máximo esplendor, de tal
1
forma que as principias familias galegas preciábanse de ter casa en Betanzos, o que motivou a denominación
de Cidade dos Cabaleiros.
Os incendios do ano 1596 e unha serie de desdichas, a finales do século XVI produxeron un decaimiento
secular, que só se viu aliviado cando se fixo en 1739 o arsenal de Ferrol, porto pertencente a provincia de
Betanzos.
Lugares Turísticos
O principal interés turístico e a mesma cidade de Betanzos, declarada conxunto histórico artístico en 1970
polos seus monumentos, murallas, casas y barrios antigos.
Portas e Murallas
Apenas e posible na actualidade descubriros restos das murallas que circundaban a cidade ata o século XVIII.
Consérvanse algunhas portas. Pola antiga Rúa da Cerca, donde se encontran as casas mais antigas de
Betanzos, pode verse a porta do Cristo da Ribeira, pola que sale a este barrio na ribeira, hoxe urbanizada.
Os Cruceiros
Os cruceiros que adornan Betanzos e a súa comarca son especialmente interesantes pola súa antiguedade. Na
famosa costa das Angustias, frente a fachada de este chamado santuario, pódese ver un exemplo do estilo e
idade que se comenta. Ainda que foi derribado por un accidente de circulación e as súas pedras estiveron
tiradas no adrio moito tempo, expostas a novos danos e expolios, foi restaurado últimamente e agora luce a
sua imaxe xunto a carretera N−VI..É unha obra tradicional, coas características dos exemplares mais
enxebres, sen floituras escultóricas pero co encanto do natural e rústico. O millor situado é o da foto situado
no adrio da igrexa de Santa Mª de Azougue.
O Pasatempo
O famoso parque do Pasatempo foi construído no ano 1893 por Xoán García Naveira e o seu irmán Xesús.
Estes xardins constituen un gran legado arquitectónico dos irmáns García Naviera, dous comerciantes,
liberales e progresistas que fixeron unha fortuna enArxentina e despoís volcáronse na súa terra natal. Dous
leons de mármol de Carrara, gardan a entrada, e repártense por todo−lo parque os bustos dos 256 Papas, 12
emperadores ou literarios universais.
O Campo
O centro vial de Betanzos e a Plaza García Hermanos, popularmente coñecida coma O Campo, por ser durante
séculos o campo da feira. Un monumento instalado recentemente recorda os irmans García Naviera.
Tamén adorna O Campo, dende 1866 unha bonita fonte fundida nos talleres Sucel et Fils de Paris, a imitación
da famosa Fonte de Diana de Versales. Outros edificios que enmarcan a plaza son o convento do Santo
Domingo, construido entre os séculos XVI e XVIII, frente o que soltan o xingantesco globo de papel a noite
de San Roque.
Santa María e San Francisco
Outro conxunto monumental e o que forman a igrexa de Santa María e a de San Francisco. Santa María do
Azougue, nome do antigo mercado que se celebraba no seu atrio , é unha construcción de finales do século
XIV .
2
No seu interior consérvanse 14 tallas flamencas de excepcional valor artístico, importadas de Lovaina a
comenzos do século XV.
O mosteiro de San Francisco foi fundado no 1292 e reedificado por Pérez de Andrade no 1387. Estableceu−e
nel un importante centro de estudios teolóxicos e humanísticos. Do mosteiro apenas quedan restos.
O Centro Antigo
O centro antigo da cidade sitúase na praza da Constitución. A Casa Consistorial é un edificio neoclásico do
século XVIII. A torre municipal, alzada no século XVI, está adosada os ábsides da igrexa de Santiago.
O seu lado está o palacio de Bendaña, con elementos góticos do siglo XV e remodelación barroca do XVIII,
destinado a alberagar o museo do Traxe Galego.
O Templo contiguo é un fermoso exmplar de estilo románico ojival galego do século XV, mandado construir
por Fernán Pérez de Andrade o Bó.
Festas e Romerías
A principal festa, non só de Betanzos, senón de toda a comarca das Mariñas, é o lanzamento do globo, a noite
de San Roque, con debuxos alusivos a historia local. A primeira vez que que se soltou foi o 29 de maio do
1814 con motivo da festa onomástica de Fernando VII no Campo da Feira. O xigantesco globo de papel
alcanzoú grandes dimensións cando se encargaron de confecciona−lo Claudino Pita e os seús fillos. A súa
altura ronda os 25 metros.
A mais famosa e multitudinaria romería da comarca celébrase en Betanzos. Chámase xiras−fluvial de Os
Caneiros. Esta singular festa escomenzouse polo 1880, despois da festa de San Roque, mozos e mozas iban en
barcas polo Mandeo arriba ate o lugar da Barcala ou Os Caneiros, para merendar co que sobrara da festa
anterior. Hoxe as merendas fánse dentro da mesma embarcación, engalanada e acomodada para elo. Suben e
baixan polo río cun increíble ambiente festeiro.
3
Descargar