Extracto da Orde do 6 de xullo de 2016

Anuncio
DOG Núm. 140
Martes, 26 de xullo de 2016
Páx. 32575
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
EXTRACTO da Orde do 6 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases
reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das
universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de
mobilidade con países extracomunitarios no curso 2016/17.
BDNS (Identif:) 312779
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo
se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.
es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2016/17 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa
Erasmus.
Segundo. Obxecto
CVE-DOG: jqkhgp80-r9f5-ppp1-f196-seumyl2bkok8
Convocar en réxime de concorrencia competitiva 140 bolsas destinadas ao alumnado
das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2016/17 en
programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus, relacionados cos estudos que está a cursar.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 210.000 €.
Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.500 €.
ISSN1130-9229
Depósito legal C.494-1998
http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 140
Martes, 26 de xullo de 2016
Páx. 32576
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo
ordinal do día da publicación.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016
CVE-DOG: jqkhgp80-r9f5-ppp1-f196-seumyl2bkok8
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ISSN1130-9229
Depósito legal C.494-1998
http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
Descargar