277_Crmh comision expertos ruas Toubes e Arcadio Vilela

Anuncio
COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA
MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
RÚAS DE XORNALISTAS FRANQUISTAS
Sinala o historiador Luís Lamela que “Todos los coruñeses que sufrieron la represión
en sus distintos aspectos y facetas, quizás no merezcan el olvido en el que fueron
enterrados por la larga etapa del franquismo, y por una transición democrática
insensible a tanto sufrimiento al considerar la reconciliación –impuesta ciertamente a
los represaliados como eternos perdedores- como continuación de su derrota. El olvido
ha sido una gran injusticia y la memoria debería ser la defensa de la democracia por la
que ellos sufrieron la represión”. Esquecer a represión franquista sería, xa que logo,
unha gran inxustiza; por outra parte, recuperando a memoria histórica estamos a
defender a democracia.
As rúas recoñecen o mérito de alguén, exaltan principios ou valores. Persoas, como
Arcadio Vilela e José Toubes, que participaron na represión que seguiu á sublevación
militar de 1936 e que ocasionou máis de 800 asasinatos de demócratas e republicanos
na comarca da Coruña, non merecen ningunha rúa na Coruña. Persoas como o
xornalista cubano Pepín Rivero, fervente propagandista do franquismo, tampouco
merecen unha rúa na Coruña.
A petición da Comisión pola Recuperación da Memoria da Coruña para que sexan
retirados os nomes destas rúas está plenamente xustificada e, entendemos, apoiada por
unha sociedade democrática e tamén pola inmensa maioría dos xornalistas deste País.
Non entramos a valorar aspectos relacionados coa súa actividade profesional ou
familiar, nin imos falar das súas afeccións.
A defensa de manter estas rúas franquistas desde un suposto espírito corporativo ou
profesional, sería un caso insólito na España democrática e un auténtico despropósito,
que en nada beneficiaría a imaxe dun xornalismo comprometido coa defensa da
democracia e a recuperación da memoria histórica.
As biografías e datos que presentamos son un primeiro informe.
ARCADIO VILELA GÁRATE
Aparte dalgunha biografía, que fala de Arcadio Vilela como “caballero, deportista,
amante de la música, que no pertenecía a ningún partido político”, hai outra memoria
histórica, que estamos a recuperar y que, tal e como xa recollen os libros de historia, o
sinalan como destacado dirixente fascista e participante na represión franquista.
Veremos a continuación que levaba pistola, cousa que non é moi normal nun xornalista
de deportes.
No libro A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, de Luís Lamela,
Arcadio Vilela aparece sinalado como “destacado falanxista”, que estaba xa afiliado a
esta organización fascista en 1936. Efectivamente, Arcadio Vilela era un “caballero”,
pois pertencía á milicia civil armada Caballeros de La Coruña, que se destacou pola súa
1
participación na represión. Esta organización paramilitar, xuntamente con membros das
forzas da orde –especialmente Guarda Civil-, activos falanxistas e as Juventudes de
Acción Popular (JAP,s) constituían as chamadas “brigadas del amanecer” ou “señores
de la noche”, que “funcionaron como auténticos inquisidores y grupos de ejecuciones
masivas por medio del paseo”.
Arcadio Vilela era directo colaborador de Carlos Colmeiro Laforet, Xefe Provincial
de Falanxe da Coruña desde 1933; tiña estreita relación con Jesús Babío Calleja,
dirixente de Caballeros de La Coruña; foi mentor e protector dos irmáns Casteleiro.
O citado libro recolle documentación sobre a represión protagonizada por esas
Milicias Armadas, como os informes sobre a masonería coruñesesa. Arcadio Vilela non
era un máis, senón un falanxista moi significado, que destacou na represión e nos
paseos, e por iso aparece nunha fotografía do citado libro con uniforme falanxista e
cargado de medallas, lendo un discurso nun acto, en presenza dos militares golpistas.
Arcadio Vilela levaba pistola, cousa que non é moi normal para un simple xornalista
deportivo. No seu libro Galicia Mártir, Hernán Quijano recolle no capítulo El terror en
la provincia de La Coruña, os acontecementos do 20 de xullo de 1936 na cidade da
Coruña:
“Eran aproximadamente las once de la mañana. Las masas se echaron otra vez a la
calle, pero las falsas alarmas anteriores dieron ocasión a que se produjese cierta
confusión y a que cada cual interpretase el llamamiento a su capricho. Las calles
céntricas se poblaron de una muchedumbre inmensa, pero desconcertada, sin saber
adónde acudir y sin armas. Nadie sabía a ciencia cierta lo que sucedía. Alrededor del
gobierno civil se estacionaron millares de hombres, pero en cambio, otros barrios
quedaron desiertos.
Se advirtió entonces que algunos elementos, caracterizadamente fascistas, estaban
discretamente al acecho de lo que pasaba, merodeando por las calles céntricas,
principalmente las de Castelar y Real. Uno de estos espías fue descubierto y al
registrársele se le encontró encima un arma automática. Era un fascista notorio llamado
Arcadio Vilela. El pueblo satisfizo su furor desarmándole y dándole varios golpes que
le produjeron contusiones en la cabeza; protegido por los mismos directivos de la masa
trabajadora fué arrancado de las garras del pueblo y conducido a lugar seguro. Este
hombre había de ser luego uno de los más feroces verdugos de quienes le salvaron la
vida en aquel trance”
Cando Lamela fala da guerrilla antifascista, lembra: “En una lucha muy desigual,
tendrían enfrentamientos a muerte con la Guardia Civil, provocarían atentados a líneas
de conducción eléctrica, a vías de ferrocarril y a las instalaciones de Radio Nacional,
impondrían sanciones económicas a los más adheridos al movimiento o ejecutarían
atentados contra personajes que se habían destacado durante la represión y los paseos,
convirtiéndose en moneda corriente durante aquellos trájicos años. Así caerían los
falangistas Arcadio Vilela, de A Coruña, Quiroga Cornes, de Iñás, y Manuel Doval, de
Cambre, entre outros”.
Mais a represión continuou rematada a Guerra en 1939: “En la década de los cuarenta
sería reactivado el Servicio de Información de la Falange con personal que incluía un
2
secretario y varios agentes por cada distrito urbano, especializándose en el control y la
cruel represión de los derrotados en la contienda civil”.
Outro historiador, Carlos Fernández, no seu libro El alzamiento de 1936 en Galicia,
dá algúns datos sobre a participación de Arcadio Vilela nos primeiros momentos do
Golpe de Estado: “Teóricamente, fue el primer Caballero de La Coruña que vertió su
sangre por España al ser herido por ´los de la lejía´ al comienzo del alzamiento de 1936.
Era redactor de El Ideal Gallego, hombre de ideas muy conservadoras y aficionado al
deporte, sección que llevó en dicho periódico. Fue acusado por el maquis de intervenir
en numerosos actos de la depuración posterior al golpe militar , y murió asesinado por
los guerrilleros Manuel Bello y José Da Silva el 19 de mayo de 1946 cuando entraba a
trabajar al periódico”. “Los de la lejía”, eran uns irmáns, cuxa familia tiña unha fábrica
de lexía; estaban afiliados ás Xuventudes Socialistas Unificadas da Coruña e tres deles
foron asesinados polos fascistas.
Sinala tamén Carlos Fernández: “Los paseos, cual si se tratase de una actividad
industrial, acabaron siendo programados. La ´oficina técnica´, o macabra, se había
instalado en el hoy desaparecido café Unión, de la plaza de Pontevedra –aprovechando
las largas tertulias de la sobremesa española- y la sucursal, aparte el cuartel general de
Falange en la calle Juana de Vega, en una céntrica peluquería del Cantón Grande. Así,
entre tazas de café y buenos afeitados fue incubándose la tragedia”.
Sobre a amplitude da represión, o historiador dá detalles: “Al principio, fueron
intelectuales y politicos de ideología más o menos izquierdista. Luego abarcaron a todo
ser humano sin discriminación de sexo, raza o clase social. Respecto a ello, baste un
botón como muestra: un cónsul, afincado en La Coruña, relata a un paseador, en el ya
mencionado café, que cuando visitó un barco del pasís que representaba para efectuar
unos trámites oficiales, un carabinero le requisó a la salida un cartón de tabaco rubio.
Ante tamaño ´delito´, el paseador, íntimo amigo del cónsul, le pidió el nombre del
carabinero para pasearle.
Otros paseadores tenían profesiones que eran coartadas perfectas par su misión. Había
uno, conocido carnicero, que llegaba, muchas veces, a altas horas de la madrugada a su
casa co nel vestido manchado de sangre. Cuando algún vecino se lo hacía notas,
respondía impertérrito: Es que hoy he tenido matanza y no me ha dado tiempo de
cambiarme”.
Os lugares de reunión dos paseadores e os seus nomes aparecen sinalados en
numerosos libros de historia e testemuñas orais, como veremos tamén no caso do crego
José Toubes Pego.
JOSÉ TOUBES PEGO
Era crego da parroquia coruñesa de San Pedro de Mezonzo. Aparece sinalado en
diversas publicacións como participante ou asesor de significados falanxistas que
“pasearon” a numerosos demócratas e republicanos da Coruña e comarca..
Como é sabido, a xerarquía católica española apoiou a sublevación de xullo de 1936
contra a República, que foi bautizada polo bispos como Cruzada santa y justa por la
3
Religión, avalando a cruel represión contra o pobo. O arzobispo de Toledo e Primado de
España, cardenal Gomá, animaba ao uso das armas: “No es posible otra pacificación
que por las armas, es conveniente extirpar toda la podredumbre de la legislación laica”.
As igrexas estaban cheas de inscricións que lembraban aos “Caídos por Dios e por
España”, e moitos cregos participaron directamente na represión dos demócratas e
republicanos porque era unha “causa santa e xusta”, como foi o caso do crego Toubes
na Coruña.
Aprobada a Constitución, as institucións democráticas denunciaron esa participación
da Igrexa católica na represión. Así, o Pleno do Parlamento de Navarra de 10 de marzo
de 2003, presidido polo socialista José Luis Castejón Garúes, aprobaba unha lembranza,
recoñecemento e reparación moral das persoas fusiladas e represaliadas (máis de 3.000
en Navarra) pola súa afinidade coa República ou, simplemente, polas súa ideas. Esta
solemne declaración del Parlamento navarro lembraba que “Estos actos criminales se
llevaron a cabo no sólo con el beneplácito de la jerarquía eclesiástica de la Iglesia
Católica, manifestada públicamente a favor del llamado ´Alzamiento´, sino en algunos
casos con su participación directa”.
Algúns destes cregos ían armados, como recolle a crónica do 20 de xullo de 1936 de
Hernán Quijano no libro Galicia Mártir:
“En la calle Castelar se descubrió también a un sacerdote que llevaba una pistola. La
multitud quiso lincharle, pero fué igualmente protegido por los directivos, que se lo
llevaron detenido para salvarle la vida. Este incidente dió ocasión a un gran revuelo,
pues el sacerdote, al verse descubierto, intentó huir y buscó refugio en el Palace Hotel,
que fué invadido por la multitud y registrado hasta que se encontró al fugitivo”.
Sinala Luís Lamela que na revista Nova Galicia “aparecen como paseadores Os
Casteleiros, sastres de la calle Real, y como capitanes de banda el cura de Maceda,
Eugenio Barreiro, el cura de Monelos, y Toubes –José Toubes Pego-, director del Ideal
Gallego”.
No libro Memoria de Ferro, de Antón Patiño Regueira, hai varias referencias ao crego
Toubes, sempre relacionadas coa represión e os paseos:
“Quen protexeu as pistolas que usaron máis de tres anos o covarde Martín Viéitez e o
Mosquera de Arteixo? Quen forneceu de balas os irmáns Mariño e o panadeiro da
Falperra Porfirio Díez Hernández? Eles eran os axudantes privilexiados do cura
paseador Toubes.
Mariño, o carniceiro, vivía na rúa Independencia, perto do corralón do tren do barrio
de San Roque de Adentro. Tiña despacho no mercado de Santo Agustín e foi un
despiadado lugartenente do crego Toubes. O outro irmán Mariño vivía en Santa Lucía
con oficia tamén carniceiro. O viaxante Casteleiro, irmán doutros tres, era socio do
Náutico e cliente do barbeiro Vitoriano no Cantón Grande. Xusto o lugar onde os
falanxistas, en medio de emplastos quentes para se facer doadamente a barba, amañaban
a barbarie. Entre navallas e panos de mollo acordaban os nomes de quen na madrugada
darían paseo. O Casteleiro fora aquel que gañara concursos de natación na República.
Logo, os señoritos do Náutico déronlle a prebenda de exercer de botóns no seu club.
4
Despois da guerra foi viaxante con representacións que lle facilitara Pedro Barrié, o
banqueiro de Franco. Outro que tamén se arranxaba na Barbería de Vitoriano.
Martín Viéitez Martín, de Barreiro en Meicende, caída a tarde tomaba camiño de San
Xosé polo Carballo, A Moura e Santa Margarida. Na Torre agardaba por Casteleiro, o
Porfirio e máis os Mariños. Todos ían lixeiros para o Café Unión da praza de
Pontevedra. Alí sumábase o médico Rumbao. Aquel que lle dera unha malleira mortal a
un veciño de Mazaído, perto de Bens, só por tropezar co seu can de señorito.
De palique facían correr o tempo até as doce da noite. Esa hora recollida era a que
agardaban para achegárense ao cuartel da garda civil onde recibían da benemérita os
esposados e marcados para esa noite. Outras veces dirixían os seus pasos macabros á
checa falanxista de Juana de Vega, aberta ao lado da igrexa dos Capuchinos. Tamén os
conmilitóns de Juan Canalejo ofrecíanlle aos seus detidos aturdidos e debilitados pola
toma de aceite de ricino e bencina, feita tragar á forza. Os elixidos polos matachíns eran
empurrados até o coche do carniceiro Mariño.
Nesas noite de crime non lle gustaba fallar a Porfirio Díaz Hernández. Panadeiro e
líder da patronal, xa no 36 tiña máis de doce fillos e mantiña abertas tafonas nas rúas de
Fontán, Sinforinao e na Travesía de Vera que administraba desde a central da Falperra.
Ao seu teléfono co número 78 era onde o chamaba o cura Toubes para saber certo como
lles for a noite de saca.
Cando informaba o crego xa por Santa Lucía, a praza da Leña ou o Muro as xentes de
ben coñecían onde deixaron os mortos os seus asasinos”.
Remata así Antón Patiño Regueira o último capítulo do seu libro, titulado Aos meus
amigos de cárcere e liberdade: “Por cada un dos meus amigos interesouse o malnacido
Torero de Cristo. Aquel abade infame de apelido Toubes que na corte dos cabalos da
garda civil buscaba quen entregar á súa cuadrilla de paseadores. Misaba na capela de
Santa Lucía e decidía sobre a vida de quen odiaba. Como a don Alberto, o director do
noso cárcere, que acabou sendo tamén preso e mesmo quixeron matar. Fallaron e liscou
ben lonxe...Para todos flores. E se puidera ser, daquelas que había no xardín dos Boedo.
Na casa leda do pai e a nai do cantor Pucho Boedo. Roseiras, xeranios vermellos, alelís
brancos, begonias e margaridas sempre na súa memoria”.
PEPÍN RIVERO (JOSÉ IGNACIO RIVERO ALONSO)
Era un xornalista cubano. Naceu en La Habana en 1895 e foi director do
ultraconservador Diario de la Marina. Portavoz da oligarquía comercial e industrial
cuabana. En 1936 atravesou a fronteira francesa para unirse ao exército sublevado de
Franco ao comezo da Guerra, facendo unha grande campaña a prol do Ditador Franco.
Morreu en 1944. Por iniciativa do periodista español Víctor de la Serna --redactor xefe
de Informaciones e de El Álcázar-- en outubro de 1954 ergueuse no Parque da Moncloa,
en Madrid, un monumento a súa memoria.
5
Descargar