Biblioteca CEIP San Francisco Xabier Outubro 2008 EL CANTO DE LAS BALLENAS Un marabilloso álbum tanto polas ilustracións como pola historia. Un libro cheo de poesía que nos conta como a pequena Lili aprende grazas a súa avoa a comunicarse coas baleas. Mi abuela Mariana, tiene una cana, cana canariera. Mi abuela Mariana, me cuenta los cuentos siempre a su manera. Yo la quiero mucho, yo la quiero tanto ... Me ducha, me peina y me lleva al campo. Me enseña canciones, me ayuda a estudiar, dice poesías, solemos jugar. Luego por la noche mi abuela me vela, un cuento me cuenta y cuando me duermo, me apaga la vela, Mariana mi abuela. Mi abuela Mariana, de paja el sombrero, el traje de pana, mi abuela Mariana no parece abuela, me parece un hada. Gloria Fuertes LOS VIAJES DEL ABUELO Cada noite o avó abre o pequeno cofre no que garda os seu recordos; recordos do seus tempos de mariñeiro. E cada noite vai poñendo diante dos abraiados ollos do neto as experiencias do mundo que deixou detrás. Sombras que sólo yo veo, me escoltan mis dos abuelos Nicolás Guillén MI ABUELO SIMÓN LO SABE “Nadie puede decir que tiene el mejor abuelo del mundo, porque ese es el mío”. Así comeza este relato. Non importa que o avó confunda os números e as cores; non importa que se despiste de cando en vez co paso do tempo. O que verdadeiramente importa é o cariño, a dozura, a serenidade e unha morea de cousas máis que o convirten no mellor dos amigos. Volumen 1, nº 1 Páxina 2 OUTROS TÍTULOS AVÓS O avó e a avoa van ao baile . Que importan as enrugas, o pelo branco…? Son tan feitiños coma a lúa. VAMOS CONTIGO, ABUELA Lito vai co seu osiño á casa da súa avoa. Lito está feliz, pero o osiño séntese estraño, nun lugar descoñecido e ten medo. LA PEQUEÑA CAPERUCITA AFRICANA Unha carapuchiña distinta. A avoa de Salma pídelle que vaia ao mercado e non se pare con ninguén, pero a nena desobedécea e acabe meténdose en problemas. No lugar do lobo, aparece un can. LA HISTORIA DE EMMA Emma é unha nena adoptada. Cando mira as fotos familiares ve que ela é a única que ten o pelo e os ollos escuros, que non se asemella a ninguén. A súa avoa cóntalle unha e outra vez como foi o día que chegou á familia, e a nena non se cansa de escoitala: “En una familia, no importa a quién nos parezcamos, lo que cuenta es que nos queremos”, dille a avoa a Emma. TODO SOBRE LAS ABUELAS Este libro fala das avoas das avoas. Conto rimado e cunha boa dose humorística. EL ÁNGEL DEL ABUELO Ao avó gustáballe contar anécdotas da súa vida. Todas elas ocorridas preto da estatua dun anxo que actúa sen que el se dea conta. MI ABUELO ERA UN CEREZO CAMILA Y EL ABUELO PASTELERO A familia de Camila muda de casa e a nena ten que deixar atrás colexio e amigos. Cociñando co seu avó comprenderá que todo na vida ten un fin. O avó de Toño coida unha cerdeira que prantou ao nacer a súa filla. Cando o concello quere expropiarlle as terras e talar a súa árbore, négase e decide salvala. TÍTULOS COMENTADOS NOUTROS BOLETÍNS De novo con Roald Dahl LA MARAVILLOSA MEDICINA DE JORGE En moitos libros de Roald Dahl aparece a avoa, o avó como personaxes fundamentais: Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas… Sempre como figuras amables, protectoras anque teñan algún que outro rasgo inquedante; pero a avoa deste libro é diferente, a avoa deste libro é unha verdadeira bruxa á que cómpre vencer. A AVOÍÑA DA MACEIRA Sentimentos, humor e moita fantasía neste libro de Mira Lobe. A ilusión de Andi é ter unha avoíña coma os demais rapaces que coñece. Ao final logrará conseguir os seus soños. CANDO A MEMORIA NOS ABANDONA ... ESTÁS NA LÚA Historia situada nos campamentos de refuxiados saharauís. A avoa de Baraka comeza cos primeiros síntomas de Alzheimer e os seus recordos van desaparecendo. Xa non é quen de contarlle a súa neta como son as casas, o mar e o país que lles quitaron hai xa tantos anos. Unha metáfora do esquecemento que sofre o pobo saharaui. "La sabiduría, después de todo, no es otra cosa que la experiencia" Con este primeiro boletín , queremos dar a benvida ao curso e agradecer desde a biblioteca o labor de todas as avoas e avós que enchen de historias, seguridade e afecto a vida de nenos e nenas. A AVOA E MAIS EU O descubrimento da enfermidade da avoa enche a Jutta de medo a terse que enfrontar á súa desaparición. UN LIBRO PARA OS MAIORES, MAIORES : LA BALADA DEL ABUELO PALANCAS “Mi abuelo, que disfrutaba entregándonos sus recuerdos, sabiendo que con ellos nos otorgaba lo mejor de su herencia; sin ignorar que esos bienes no los desgasta el despilfarro ni los disminuye el reparto”. Félix Grande