Pintura de Diego de Velázquez

Anuncio
Nombre – curso.
INTRODUCCIÓN
Diego Velázquez foi un pintor español que naceu no ano 1599, en Sevilla, e morreu en Madrid no ano 1660 aos seus 61 anos de idade. O seu nome completo era Diego Rodríguez de la Silva Velázquez, aínda que non era moi utilizado.
CIRCUNSTANCIAS
HISTÓRICAS DA SÚA
VIDA
Pódese dicir que Velázquez viviu unha parte do século XVII,e dicir, na idade moderna, xa que naceu en 1599 (dous anos antes do novo século) e morreu en 1660 (nese mesmo século). ESPAÑA NO SÉCULO XVII:
Coincidindo cun século convulso no territorio europeo, España vive un século marcado pola crise (social, económica e política) e a decadencia (pérdida da hexemonía en Europa).
Algúns aspectos a destacar serían:
Os reis deste século, que normalmente chamamos Áustrias Menores (Felipe III, Felipe IV e Carlos II), delegan o poder real nunha nova figura, os validos, entre os que sobresae o conde­duque de Olivares, favorito de Felipe IV.
•
A Guerra dos Trinta Anos (1618­1648) tivo como resultado a substitución de España como potencia hexemónica en Europa. Francia dominaría a partir de entonces o escenario continental.
•
En 1640, coincidindo no tempo co conflito europeo, pero sen relación con el, estala en España unha crise de fondas raíces e enormes consecuencias. Cataluña e Portugal levántanse ao tempo contra a monarquía, resultando a independencia de Portugal e que Cataluña sexa sometida, aínda que paralizando a aplicación do proxecto que desencadeara a rebelión (Unión de Armas).
•
En 1700, Carlos II, o último monarca da dinastía dos Áustrias, morría sen descendencia. Iniciábase entón unha guerra (Guerra de Sucesión) que daría paso a unha nova dinastía no trono español, os borbóns (este suceso foi despois da morte do pintor).
•
O MUNDO NO SÉCULO XVII:
1601: A batalla de Kinsale, unha das batallas máis importantes da historia irlandesa.
 1602: Fúndase a Compañía Holandesa das Indias Orientais. O seu éxito contribuíu ó Século de Ouro holandés.
 1603: Morre Isabel I de Inglaterra e é sucedida polo seu primo, o rei Jacobo VI de Escocia, unindo as coroas de Escocia e de Inglaterra.
 1603: Tokugawa Ieyasu toma o control de Xapón. Shogunato Tokugawa goberna o país ata 1868.
 1603­23: Despois da modernización do seu exército, Abbas I expande o Imperio Safávida capturando territorio dos Otomanos e Portugueses.
 1605: A Conspiración da Pólvora falla en Inglaterra. Publícase a primeira parte do “Quixote”.
 1606: A larga guerra entre o Imperio Otomano e Austria acaba ca Paz de Zsitvatorok.
 1606: O capitán Willem Janszoon e a súa tripulación, a bordo da nave Duyfken da Compañía Holandesa das Indias Orientais, convírtense nos primeiros europeos que avistan e desembarcan en Australia.
 1607: Fúndase Jamestown, Virginia, que se convirte na primeira colonia inglesa permanente en Norteamérica.
 1608: Fúndase a cidade de Quebec, por Samuel de Champlain, en Nova Francia (actual Canadá).
 1609: Os Países Baixos e España, aceptan a Tregua dos Doce Anos na Guerra dos Oitenta Anos.
 1609: Pedro de Peralta, o máis tarde gobernador de Novo México, establece o asentamento de Santa Fé.
 1609: Maximiliano I, duque e elector de Baviera, establece a liga católica.
 1613: O tempo de problemas en Rusia acaba coa creación da Casa dos Románov, que estivo en vixencia ata 1917.
 1615: Publícase a segunda parte do “Quixote”.
 1616: Os últimos moriscos son expulsados de España.
 1618: A rebelión bohemia precipita a Guerra dos Trinta Anos, que devasta Europa entre 1618 e 1648.
 1618: Os manchúes comezan a invadir China. A súa conquista acabará derribando á Dinastía Ming.

1620: O Emperador Fernando II de Habsburgo derrota ós bohemios rebeldes na batalla da Montaña Branca.
 1620: Os peregrinos puritanos chegan a Plymouth Rock, Nova Inglaterra.
 1624­42: En calidade do primeiro ministro, o Cardeal Richelieu centraliza o poder en Francia.
 1625: Nova Ámsterdam é fundada pola Compañía Holandesa das Indias Occidentais en Norteamérica.
 1626: Acábase a Basílica de San Pedro no Vaticano.
 1627: O Cardeal Richelieu establece o asedio a La Rochelle protestante que finalmente se rende.
 1629: O Cardeal Richelieu alíase cas forzas protestantes suecas na Guerra dos Trinta Anos para contrarrestar a expansión de Fernando II de Habsburgo.
 1632: A batalla de Lützen. Morte do rei de Suecia, Gustavo II Adolfo.
 1633: Galileo Galilei chega a Roma para o seu xuízo ante a Inquisición.
 1634: Batalla de Nördlingen con vitoria católica como resultado.
 1635: Empeza a Guerra franco­española.
 1639­55: Guerras dos Tres Reinos, guerras civís en toda Escocia, Irlanda e Inglaterra.
 1640: O rei Carlos I de Inglaterra vese obrigado a convocar ao Parlamento, debido á revolta dos escoceses.
 1640­68: A guerra de Restauración portuguesa leva ó fin do goberno de Portugal baixo a Casa de Austria.
 1640: A tortura queda prohibida en Inglaterra.
 1641: Os estranxeiros son expulsados de Xapón, e ninguén está autorizado a entrar ou saír.
 1641: A rebelión irlandesa.
 1642: O explorador holandés Abel Janszoon Tasman fai o primeiro avistamento europeo rexistrado de Nova Celandia.
 1642­49: Guerra Civil Inglesa; Carlos I é decapitado por Cromwell .
 1644: A conquista manchú de China pon fin á Dinastía Ming. A posterior Dinastía Qing rexiría ata 1912.
 1644­74: Comeza a guerra de Char Bouba.
 1648: A Paz de Westfalia pon fin á Guerra dos Trinta Anos e á Guerra dos Oitenta Anos, que marca o fin de España e o Sacro Imperio Romano como as maiores potencias europeas.
 1648­53: Fronda, guerra civil en Francia.

1648­67: A guerra El Diluvio deixa a Polonia en ruínas.
 1648­69: Os otomanos capturan Creta.
 1648: Despois de Shah Jahan, o Taj Mahal é completado polo seu fillo Aurangzeb como gobernante do Imperio mongol.
 1649: A gran praga de Sevilla.
 1649­53: A conquista de Irlanda por Cromwell.
 1652: A cidade do Cabo é fundada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais en Sudáfrica.
 1652: Comezan as Guerras anglo­holandesas.
 1655­61: As Guerras do Norte únense ao ascenso de Suecia como unha gran potencia.
 1660: A Commonwealth de Inglaterra acaba e a monarquía regresa durante a Restauración inglesa.
 1660: Fúndase a Real Sociedade de Londres para a mellora do coñecemento natural.

ACONTECEMENTOS DA
SÚA VIDA:
Naceu en Sevilla en 1599 como Diego Rodríguez de Silva y Velázquez. Por parte paterna de orixe portuguesa e é posible que puidesen ter algún remoto vínculo hebreo, e por parte materna (os Velázquez) son de orixe sevillana. Os seus antepasados foron ao mellor fidalgos, pero sen especial significación nin económica nin social.
O xoven Velázquez, ben dotado dende a infancia para a pintura, inicia a súa formación polo 1609, pasando algúns meses no taller de Herrera el Viejo, pintor prestixioso na cidade e coñecido polo seu mal carácter. Ao parecer o xoven non puido soportalo e en 1610 formaliza contrato de aprendizaxe co pintor sevillano Francisco Pacheco. Un ano máis tarde, á idade de 19 anos casase coa filla do seu mestre Pacheco. Nestes anos o xoven Velazquez, como outros pintores da súa xeneración, recibiu encargos de temas relixiosos.
Nesta etapa inicial procura e c onsigue con gran mestría, dominar o natural, lograr a representación do relieve e das calidades lográndoo e servíndose do tenebrismo, da forte luz que dirixida acentúa os relieves e singulariza maxicamente as cousas máis vulgares ao colocalas nun primeiro plano de luz e significación.
En 1623, logra o seu sogro Pacheco por mediación dun capelán real ­don Juan de Fonseca­,que o Conde­duque de Olivares lle faia vir a Madrid a realizar un retrato ecuestre do rei, o cal é celebrado pola corte e dende este momento iniciase o proceso de transformación humana e artística do pintor sevillano.
Na corte, rapidamente se granxea o afecto do rei, o que o conduce á obtención de altos postos na vida palatina e a obtención do título de Cabaleiro de Santiago, que se reservaba solo aos máis altos graos de nobreza de sangue, con iso, logra disipar toda duda sobre os seus posibles antepasados xudeus.
Xa establecido na corte, instálase en Madrid, trae consigo á súa muller, Juana Pacheco, coa súa filla Ignacia, nacida en 1621. Houbera tido en 1619 outra filla, Francisca, que morreu aos poucos días do nacemento. O matrimonio toma casa na rúa de Concepción Jerónima, no mesmo centro da capital.
Dos seus bens de Sevilla, que parecen non ser curtos, principalmente casas, encargarase de administralos ben o seu excelente sogro. Velázquez totalmente entregado á súa arte, non se preocupa de semellantes minucias, o que realmente lle interesa é afianzarse na súa nova situación, xa boa, en Palacio e no mundo artístico, onde debeu ter numerosos inimigos, segundo se deduce de fontes contemporáneas.
Os seus inimigos, ante a súa grande mestría, facían correr o bulo de que toda a súa habilidade consistía en saber pintar unha cabeza. De forma moi persoal afronta o asunto de forma directa, elemental e case ruda, e ofrécenos unha reunión de pobres xentes, soldados dos Tercios, que na adoración de Baco­Dionisos (un xoven vulgar) encontran consuelo ás súas desgracias e desventuradas vidas, a alegría e consuelo do viño comunicase con gran vivacidade e realismo. A súa técnica esta máis perfeccionada e nótase a experiencia da pintura veneciana.
En agosto de 1628 aparece en Madrid, Rubens, con cartas para a archiduquesa Isabel Clara Eugenia e oito grandes cadros para o rei. Rubens, é un home que xa trae unha gran fama internacional, un gran bagaxe artístico e político e é 22 anos maior ca Velázquez. Causa unha gran impresión ao noso pintor e xuntos fan un viaxe ao Escorial e capta toda a sabedoría do gran pintor do barroco. Rubens transmitiulla nesta estancia que se prolonga ata o 29 de Abril de 1629, e pénsase que tamén foi quen lle indicou a conveniencia de facer un viaxe a Italia, viaxe que planea e obt én licenza do rei o 28 de xuño de 1629.
O 10 de agosto de 1629, sae do Porto de Barcelona, tendo de compañeiro de viaxe nada menos que ao famoso xeneral Ambrosio de Spinola, parou en Venecia, na casa do embaixador de España, que lle fixo grandes honras, pasou á cidade de Ferrara, onde lle fixo as mesmas honras o cardeal Sachetti, logo marchou a Cento e de alí a Roma, sendo moi favorecido nesta cidade polo cardeal Barberini, sobriño do Pontífice, deixándolle vivir alí e permitíndolle recorrer as súas estancias e facer copias das súas pinturas.
Pero a temperamento tan independente non o contentou tal hospedaxe, o Vaticano, pedindo licenza para trasladarse á vila Medicis, alí permaneceu dous meses, ata que enfermou de terciarias e marchou a vivir á casa de Monterrey, quen lle axudou ao paciente e correu cos gastos que se ocasionaron pola súa enfermidade. Ao curar marchou a Nápoles, onde realizou un retrato de dona María de Austria, raíña de Hungría, que trouxo a España e entregou a seu irmán.
Volveu a Madrid despois dun ano e medio, sendo moi ben recibido polo rei e polo conde­duque. De Roma conservamos “La Fragua de Vulcano”, hoxe no Museo do Prado e a “Túnica de José de el Escorial”. Sabemos que copiou atentamente obras de Miguel Angel e Leonardo. A súa educación foi a máis completa que ningún artista español puido recibir e a súa sensibilidade recatada e secreta. Capta ricas experiencias e a súa técnica alcanza xa o punto de severa perfección.
Ao regresar Velázquez a Madrid, en xaneiro de 1631, retoma de novo as súas actividades de palacio e recibe o recoñecemento e afecto de Felipe IV, que veu nel as súas extraordinarias condicións e vai ser xa para sempre o seu pintor. Nesta década a súa actividade no palacio vai ser moi intenso.
Velázquez vai realizar unha serie de soberbios retratos ecuestres dos reis Felipe III, Felipe IV, das súas respectivas esposas e de príncipe herdeiro, para decorar, e tamén se pintan cadros de batallas mostrando os triunfos da monarquía. O noso pintor sevillano contribúe coa Rendición de Breda ou o cadro das Lanzas.
Para a Torre de Parada, pintou tamén, certas figuras de carácter mitolóxico ou literario, como o Marte, Mesipo e Esopo.
Desta época tamén é “El Cristo Crucificado”, realizado por encargo real e destinado ao convento de San Plácido. Este cadro é apreciado polo público en xeral como a representación do Cristo por excelencia.
Tamén pintou para o oratorio da raíña “La coronación de la Virgen” e para unha das ermitas dun xardín, o gran lenzo de “San Antonio Abad y San Pablo ermitaño”. Entre os anos trinta e os corenta, tamén corresponden unha serie de retratos de ananos e bufóns da corte, personaxes singulares que pululaban en torno ao rei, ao que divertían e advertían da realidade, con un grado de sinceridade e familiaridade sorprendente.
No seu segundo viaxe a Italia, parte a Italia co duque de Maqueda e Najera, que ía a Trento para acompañar e recoller a dona Marina de Austria, archiduquesa de Austria e prometida de Felipe IV . Saíu da comitiva de Madrid en outubro de 1648, dirixiuse a Málaga, onde embarcou en xaneiro de 1649. Velázquez era un home de 50 anos, xa maduro, tiña o encargo do monarca de adquirir obras de arte para a colección real e contratar decoradores ao fresco.
En Roma permaneceu todo o ano de 1650, ábrenselle as portas do Vaticano, dada a súa condición de pintor real, e encárgaselle o retrato do Pontífice Inocencio X. O lenzo sorprendeu aos romanos e ábrenselle as portas da Academia de San Lucas. Nesta obra, reflexa a personalidade cruel, recelosa e vulgar, do papa, e impón a súa gran técnica cun acorde de vermellos deslumbrantes e novedosos na súa época. Desta obra débese dicir que xunto con “Las Meninas”, é a súa obra mestra e quizás de toda a historia da pintura.
Antes de pintar ao Papa, en Roma, fixo un retrato do seu criado­
escravo, Juan de Pareja, que o acompañaba no viaxe. Posteriormente concédelle a absoluta liberdade. Non obstante permaneceu con Velázquez como axudante e fiel servidor ata a súa defunción.
Os dous cadros da Vila Medicis, do Prado, parece ser que tamén foron pintados neste segundo viaxe, aínda que algúns estudosos de Velázquez, estiman que foron realizados no seu primeiro viaxe italiano.
O novo, é a técnica dos mesmos e o seu enfoque visual. Hai noticias doutros cadros pintados en Roma por Velázquez, pero so se conservaron con seguridade o do cardeal Camillo Astalli.
Crese con gran fundamento que de Roma se trouxese pintada unha peza excepcional, “La Venus del Espejo”. É o único desnudo do século XVII, sobre o que se plantean varios enigmas, como en todas as obras de Velazquez. Un deles é a data na que o pintou; o lugar, din que o realizou en España mentres outros sosteñen que o fixo en Italia, impregnado por clima a liberdade que había naquel país, moi diferente á que se respiraba no inquisitorial territorio español. Sábese que foi un encargo do marqués de Heliche, sobriño do conde­duque de Olivares, e nese momento, favorito de Felipe IV.
Velázquez demorou a súa volta a España, porque mantivo unha aventura da cal tivo un fillo, Antonio, ao que de volta a Madrid enviou diñeiro. O rei ordenoulle regresar e incluso cando solicita permiso máis tarde para facer un terceiro viaxe, seralle denegado. Este viaxe, coma pasou co primeiro, fixo evolucionar a súa pintura, dando as características que marcan a súa terceira etapa madrileña.
Xa en España, as pinturas e esculturas que xa trouxera de Italia, compracen extraordinaria_ mente ao rei, quen o nomea aposentador maior do palacio. Este cargo é de máxima responsabilidade de palacio, e insértalle aínda máis na vida cortesá, debe ocuparse a modo de mordomo ou intendente de toda a vida de palacio, dos desprazamentos do rei, da decoración de cerimonias… Encoméndaselle a decoración do Alcázar e para iso pinta catro lenzos mitolóxicos, dos que solo hoxe se conserva Mercurio e Ergos.
Formando parte, quizás, das súas obrigacións de palacio encárgaselle en 1656 a instalación no Escorial dalgúns dos cadros traídos de Italia e dos comprados a Cromwell, que pertenceran ao decapitado rei Carlos I de Inglaterra. Ademáis da decoración, parece ser que redactou unha coidadosa memoria descritiva, por desgraza hoxe perdida.
Nestes anos, retrata aos membros da familia real, pero quizás os máis retratados sexan a Infanta Margarita, a infanta María Teresa e o infante Felipe, ao que lle realiza un magnifico retrato vestido de azul, acompañado do seu can ás Meninas ou A Familia , como se lle chamou na súa época.
Nas Meninas hai un misterio respecto á composición. Si se atende so ao pintor que pinta e ó espello que hai no fondo, pódese pensar que o seu pensamento inicial era o de retratar tan so aos reis.
Nun primeiro termo pinta á infanta Margarita, rodeada dos seus bufóns e meninas­damas xóvenes da nobreza que a atenden. No fondo, nunha porta esta a silueta a contraluz dun cabaleiro, don José Nieto, e o pintor de fronte ao espectador cos seus pinceis na mán.
“Las Hilanderas” ou “Fábula de A ragne”, pertence tamén a este período, sendo tamén unha das poucas grandes obras mestras da historia da pintura. Nun primeiro plano obsérvase a unhas traballadoras bonitas e cunha extraordinaria composición de actitudes e movementos especialmente a que fai xirar a roda do torno e con iso adiántase sensiblemente aos problemas da pintura do seu tempo.
No fondo, tratado cunha técnica que hoxe en día non puido ser igualada, apreciase a unhas damas, posibles clientes da casa, ante as que se exhibe un fermoso tapiz.
Como aposentador maior, encoméndaselle unha tarefa de gran altura social, a participación na entrega da filla maior do rei, a infanta María Teresa, ao seu prometido, o rei Luís XIV de Francia, na illa de “Los Faisanes”, cerimonia que pasou á historia como a xornada de Fuenterrabia. Toda a decoración da cerimonia, foi realizada por Velázquez, e quizás polo excesivo esforzo realizado en tal alta tarefa, chegou a Madrid enfermo e os médicos dixeron en principio que sufría de terciana sincopal. Sufriu grandes fatigas no estómago e no corazón. Morreu rapidamente o día 6 de agosto de 1660. Foi enterrado na Igrexa de San Juan Bautista, lugar que foi arrasado na Guerra da Independencia, e ninguén se preocupou de salvar os restos de Velázquez. En 1961, no lugar que ocupaba a antiga igrexa, alzouse unha modesta columna que sinala a morada eterna do ilustre pintor, hoxe praza Ramales. Sete días despois morreu a súa esposa, a filla de Pacheco, que tan silenciosamente o acompañou toda a súa vida.
A súa personalidade:
Non hai unha fonte exacta que nos diga a personalidade deste pintor, polo que vou opinar eu mesma. Creo que era unha persoa artística, xa que lle gustaba a arte e pintar cadros.
Tamén creo que era aventureiro e innovador, e dicir, gustáballe facer cousas novas: probar novas técnicas de pintura, viaxar a outros países… aínda que tamén puidera ser que o fixera por orde dun rei ou dalgunha outra persoa importante. Facía ben as cousas e dábaselle ben pintar, por iso o nomearon nalgún cargo bastante importante.
Morreu con algo máis de 60 anos, polo que era bastante forte, porque aínda que fóra aínda novo, era unha idade á que morría moita xente.
OPINIÓN PERSOAL:
A verdade é que este traballo non foi o que máis me gustou dos que fixen, xa que me gusta máis a xeografía que a historia. Pero aínda así, non estivo mal facelo. Chamáronme á atención algún aspectos da súa vida, como que estivera casado coa filla do seu “mestre”, pero algunhas xa as sabía como que traballara para algún rei ou que pintara cadros como “As Meninas”.
En canto á época na que viviu pareceume bastante normal, quizás porque máis ou menos xa oíra falar dela, pero custoume bastante facer esa parte do traballo.
O que máis me gustou foi que aprendín máis sobre el e agora comprenderei mellor todo, cando estudemos esa época na clase. O que non me gustou foi ter que buscar a información sobre este pintor.
BIBLIOGRAFÍA:
­Www.wikipedia.com
­Www.biografiasyvidas.com
Descargar