manifesta - Xunta PAS - Universidade de Vigo

Anuncio
A Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos, na xuntanza
celebrada o día 28 de maio de 2009, recibida a notificación pola que se
anuncia a incoación dun expediente disciplinario ó compañeiro Horacio Vilhar
Suárez, delegado sindical da CNT e membro do Claustro da Universidade,
MANIFESTA:
1.
Que este órgano unitario de representación do persoal de administración
e servizos rexeita rotundamente a apertura dese expediente disciplinario
ó citado traballador pola súa intervención na sesión do Claustro
Universitario da data 26 de febreiro de 2009. Consideramos que a
incoación dese expediente a un membro do Claustro constitúe un
acontecemento de natureza extremadamente grave, que non conta con
precedentes na actuación desta administración universitaria, e que
vulnera os dereitos recoñecidos ós traballadores e ós cidadáns nas Leis
e nos Regulamentos: Constitución española; Lei Orgánica 11/1985, de 2
agosto, de Libertade Sindical; Lei 9/1987, de 12 xuño, de
Representación, Condicións de Traballo e Participación do Persoal da
Administración; Lei 7/2007, de 12 abril, Estatuto Básico do Empregado
Público; Estatutos da Universidade de Vigo; Regulamento de réxime
interno do Claustro Universitario.
2.
Vulnérase a Constitución española, a cal recoñece e protexe os dereitos
que lle asisten ás persoas para expresar e difundir libremente os
pensamentos, ideas e opinión mediante a palabra, o escrito e calquera
outro medio de reprodución. Nomeadamente, establécese que o
exercizo destes dereitos non se pode restrinxir mediante ningún tipo de
censura previa.
3.
O Tribunal Constitucional (sala primeira) na sentenza núm. 77/2009 de
23 marzo 2009 sinala que o libre exercizo dese dereito non exclúe a
crítica da conducta de outro, aínda cando esta sexa desabrida e poida
molestar, inquedar ou disgustar a quen se dirixe. É mais, o Alto Tribunal
destaca que os límites á liberdade de expresión se debilitan se quen
reciben as críticas exercen funcións públicas ou resultan implicados en
asuntos de relevancia pública :
Fundamento 4: Este Tribunal ha destacado que el libre ejercicio del derecho a la libertad de expresión, al igual
que el de información, garantiza un interés constitucional relevante como es la formación y existencia de una
opinión pública libre, que es una condición previa y necesaria para el ejercicio de otros derechos inherentes al
funcionamiento de un sistema democrático, que encuentra un límite, constitucionalmente reconocido, en el
derecho al honor de las personas, lo que no excluye la crítica de la conducta de otro, aun cuando la misma sea
desabrida y pueda molestar, inquietar o disgustar a quien se dirige, pues así lo requieren el pluralismo, la
1
tolerancia y el espíritu de apertura, sin los cuales no existe sociedad democrática. Igualmente, se han señalado
como circunstancias a tener en cuenta a la hora de apreciar los límites de la libertad de expresión, el juicio
sobre la relevancia pública del asunto, el tipo de intervención y, por encima de todo, el dato de si, en efecto,
contribuyen o no a la formación de la opinión pública, incidiéndose en que este límite se debilita o pierde peso
en la ponderación a efectuar cuando los titulares del honor ejercen funciones públicas o resultan implicados en
asuntos de relevancia pública, siendo en estos casos más amplios los límites de la crítica permisible, pues estas
personas están expuestas a un más riguroso control de sus actividades y manifestaciones que si se tratase de
simples particulares sin proyección pública alguna.
4.
Vulnérase a Lei Orgánica 11/1985, de 2 agosto, de Liberdade Sindical,
que no seu artigo 2.1 d) establece que a liberdade sindical comprende o
“dereito á actividade sindical”, e tamén se vulnera o establecido no seu
título V que fai referencia á tutela da liberdade sindical e represión das
conductas antisindicais.
5.
Vulnérase a Lei 7/2007, de 12 abril, Estatuto Básico del Empleado
Público, que no seu artigo 41.1 e) establece que os representantes
sindicais terán a garantía de “No ser trasladados ni sancionados por
causas relacionadas con el ejercicio de su mandato representativo, ni
durante la vigencia del mismo, ni en el año siguiente a su extinción,
exceptuando la extinción que tenga lugar por revocación o dimisión”.
6.
Vulnéranse os Estatutos de la Universidad de Vigo, nomeadamente o
Título V, que fala das garantías xurídicas dos representantes.
7.
Vulnérase o Regulamento de réxime interno do Claustro Universitario,
que no seu artigo 16.5 d) sinala que “en calquera momento do debate un
membro do Claustro poderá pedir á Presidencia a observancia do
Regulamento, citando expresamente o artigo ou artigos para os que
reclame a súa aplicación”.
ACORDA:
Expresar a súa mostra de solidariedade e apoio ó compañeiro Horacio Vilhar
e poñerse á súa disposición para a defensa dos dereitos que lle
corresponden no exercicio e na esfera da súa actividade representativa do
PAS.
2
Descargar