convocatoria

Anuncio
Os Departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Plástica, o
Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca do IES Terra
de Soneira convocan:
CONCURSO DIA DO LIBRO
Dirixido ao alumnado da ESO
Bases do concurso:
Os /as alumnos/as deberán tomar como punto de partida os textos
literarios en galego e castelán que se presentan e tomalos como
inspiración para elaborar un debuxo (en formato A4) ou unha
composición fotográfica.
O Prazo de presentación será ata o 21 de abril e cada debuxo ou
foto concursante deberá ir acompañada do nome completo e curso
do seu autor / a, así como da indicación do texto literario que se
tomou como punto de partida. As obras presentadas serán
expostas na Biblioteca a partir dese día, coincidindo coa
festividade do Día do Libro, e o fallo do xurado farase público o
24 de abril.
Categorías e premios
Haberá dúas categorías, primeiro e segundo ciclo da ESO, e dous
premios por cada categoría, un para o mellor debuxo e outro para
a mellor composición fotográfica.
Os /as gañadoras recibirán un premio consistente nun lapis de
memoria, un libro e un DVD.
TEXTOS EN LINGUA CASTELÁ
Texto a)
Sol, sol, Gigi, A, B, C,
enamoradico vengo
de la sol fa mi re. (Anónimo)
Texto b)
La media luna es una cuna,
¿y quién la mece?
y el niño de la media luna,
¿para quién crece?
(Unamuno)
Texto c)
Tener un balón, Dios mío.
Qué planeta de fortuna.
Vamos a los Arenales:
cinco hectáreas de desierto,
cuadro y recuadro del puerto.
(Gerardo Diego)
Texto d)
Salen los niños alegres
de la escuela,
poniendo en el aire tibio
de abril canciones tiernas.
(García Lorca)
Texto e)
LOS NADADORES
Al agua nadadores,
nadadores al agua,
alto a guardar la ropa
que en eso está la gala.
(Quevedo)
Texto f) El Quijote
Mira Sancho Panza, allí hay treinta o más desaforados gigantes, con quienes pienso
entablar batalla hasta quitarles la vida.
- ¿Qué gigantes? -dijo Sancho Panza.
- Aquellos que allí ves de los brazos largos- respondió su amo -. Hay gigantes que
los tienen de hasta dos leguas.
- Mire vuestra merced –respondió Sancho- que no son gigantes, sino molinos de
viento, y lo que parecen brazos son las aspas.
- Bien se ve –dijo don Quijote- que no sabes nada de aventuras porque salta a la
vista que son gigantes. Y si tienes miedo, quítate de ahí, y ponte en oración, que
voy a entrar con ellos en fiera y desigual batalla.[…].
Justo entonces se levantó un poco de viento y las grandes aspas comenzaron a
moverse. Al advertirlo, don Quijote dijo:
- Pues aunque mováis los brazos hasta hartaros, me lo habéis de pagar. Se
encomendó de todo corazón a su señora Dulcinea para que lo ayudase en tal
trance, se cubrió con el escudo y embistió lanza en ristre al primer molino,
dándole una lanzada. Pero el viento le hacía dar vueltas con tanta furia, que
rompió la lanza en pedazos y se llevó detrás al caballo y al caballero, que fue
rodando muy maltrecho por el campo.
TEXTOS EN LINGUA GALEGA
Texto a) As gaivotas revoan sobre os álamos.
O noso amor é un andar pola praia.
Indecisos, teimosos, afondándonos.
Camiñamos. (Miguel González Garcés)
Texto b) A noite é o pranto do día,
lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía.
O ventiño da mañá
límpallo os ollos á aurora
roxa de tanto chorar. (Aquilino Iglesia Alvariño)
Texto c) O meu pai nunca dicía nada,
pero levábanlle os demos cando volvía
co pelo longo como unha muller.
Eu saudaba, ola papá,
e el movía a perna dereita
coma quen busca o firme nun prado de lirios. (Manuel Rivas)
Texto d) O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso lles recomendamos aos lectores
que usen casco. (Colectivo poético Ronseltz)
Texto e) De nena
asexaba mareas dende a fiestra.
Hoxe
plantaron eucaliptos. (Antía Otero)
Texto f) Unha rúa nun porto afastado do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e
botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Un mariñeiro que fala francés tropeza cun
mariñeiro que fala inglés. os dous fanse promesas de gran amizade, cada un no seu falar. E sen
entenderse camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntais. O mariñeiro
que fala francés e máis o mariñeiro que fala inglés entran nunha taberna servida por un home
gordo, e cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo comeza a cantar:
Lanchiña que vas en vela.
levas panos e refaixos
para a Miña Manuela…
O mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ao compañeiro e comeza tamén a
cantar:
Lanchiña que vas en vela.
levas panos e refaixos
para a Miña Manuela…
Os dous mariñeiros eran galegos. O taberneiro veu saír aos dous mariñeiros da taberna e pola
súa faciana vermella escorregaron as bagoas. E despois dixo para si nun laído saudoso:
¡Lanchiña que vas en vela! Tamén o taberneiro era galego. (Alfonso D. Rodríguez Castelao)
Descargar