expoño. - SPJ

Anuncio
D/Dª.
, con D.N.I. Nº
Funcionario/a ao servizo da Administración de Xustiza, pertencente ao corpo de
e destino actual
EXPOÑO.
1º.- Que actualmente, todos os acordos de prolongación de xornada dítanse coa esixencia de cumprir
un horario de corenta horas semanais, independentemente do horario xeral de traballo en vigor (verán
e inverno).
A xornada xeral de traballo en Galicia é de 37,5 horas semanais, polo que se esa Dirección xeral
esixe 40 horas en prolongación de xornada, é obvio que a prolongación de xornada consiste, por pura
matemática, en media hora diaria de traballo a maiores. No caso do horario de verán, a xornada é de
32,5 horas semanais, polo que, o lóxico, e que os funcionarios/as en prolongación de xornada,
cumprindo coa media hora diaria de traballo a maiores, tiveramos que acreditar unha xornada de 35
horas semanais.
En vez diso, esíxesenos que acreditemos as mesmas 40 horas semanais, polo que, a xornada de
traballo a maiores, pasa de 1/2 hora diaria a hora e media. E dicir, que en horario de verán, temos que
triplicar o tempo a maiores da xornada para cobrar o mesmo.
2º.- A situación descrita resulta profundamente discriminatoria, xa que ademais de supoñer o triplo de
aumento da xornada diaria para cobrar a mesma cantidade pola prolongación, súmase o feito de que
en horario de verán, dispoñemos de unha hora e media menos de marxe horaria para cumprir coa
xornada aumentada.
Hai que ter en conta, tamén, que a maioría de acordos de prolongación distribúense de xeito
rotatorio entre todos ou a meirande parte dos funcionarios destinados no órgano xudicial, polo que,
por sinalar un exemplo, se daría a paradoxa de que un funcionario que prolongue xornada no mes de
maio, teña que aumentar a súa xornada media hora, mentres que o seu compañeiro que lle
corresponda a prolongación no mes de xullo, tería que aumentar o seu horario diario hora e media (con
menos marxe) para cobrar o mesmo.
3º.-. Que os acordos de prolongación de xornada ditados, establecen como disposicións aplicables as
seguintes:
“Artículo 11 RD 1909/00.- Por la realización de funciones ajenas a las del propio destino
El Ministerio de Justicia y las Comunidades Autónomas, a propuesta del Consejo General del Poder Judicial,
podrán remunerar los cometidos adicionales que presten los funcionarios de los Cuerpos de Oficiales, Auxiliares y
Agentes sin relevación de las funciones propias, determinando su cuantía y el período de percepción en atención a la
naturaleza y duración del servicio, dentro de los créditos asignados por este concepto.
Estos cometidos, que serán ajenos a los del puesto en el que se encuentren destinados, implicarán la
realización de una mayor jornada a la establecida con carácter general en la medida en que se determine en la
resolución administrativa por la que se establezcan.
-
Art. 500.5 LOPJ:
“Cuando las peculiaridades de algunos servicios u órganos jurisdiccionales así lo aconsejen, podrán
establecerse horarios especiales, que figurarán en las relaciones de puestos de trabajo y serán objeto del
complemento retributivo que se determine.”
Como se pode comprobar, a lexislación na que se basean os acordos de prolongación, non
obriga, en ningún caso, a que a xornada esixida teña que ser de corenta horas semanais sempre,
deixando liberdade para que a resolución administrativa estableza a medida da xornada a realizar, polo
que entendemos que non hai motivo legal nin de outra clase para perpetuar a situación actual de
discriminación entre os funcionarios que prolongan xornada en inverno e os que o fan en horario de
verán.
4º.- Que para acabar coa citada discriminación, e manter a proporcionalidade debida entre o horario
esixido como prolongación de xornada en inverno e verán, compre modificar a esixencia de xornada, de
xeito que en horario de verán, os acordos recollan a obrigatoriedade de acreditar un mínimo de 35
horas semanais para cumprir coa prolongación.
Por todo o exposto:
SOLICITO
Que nos acordos de prolongacións de xornada ditados durante a vixencia da xornada de verán,
se recolla como horario esixido unha xornada semanal de 35 horas .
En
a
de
Fdo:
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA
Rúa Madrid 2-2º, Fontiñas
SANTIAGO DE COMPOSTELA
dezaseis.
Descargar