Mulleres na literatura

Anuncio
A muller sempre estivo presente na literatura galega ao longo de toda a vida. Dela escribiron tanto homes
coma mulleres. Xa na Idade Media, falabase da muller coma santa ou soldadeira. O mesmo Afonso X nas
cantigas do loor á Santa Virxe trátaa coma a súa gran namorada, ó xeito das cantigas de amor:
Rosa das rosas e fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Rosa de beldad'e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer
E logo, nunha cantiga de escarnio, utiliza el−Rei un refrán insultante para a muller: Non quer'eu donzela fea /
que ant'a mia pea; reducíndoa ó nivel dos animais: negra come carbon () velosa come can. Noutra cantiga cae
Don Afonso na pornografía:
Fui eu poer a mâo noutro di−
−a a ûa soldadeira no conon,
A promoción da muller na literatura do século XIII ten un límite social, afecta máis á muller fidalga que á
muller campesiña; pero ten tamén un límite cultural non menos evidente: coexiste, en determinados contextos,
con actitudes antifemininas moi desprezativas e ferintes.
No medio cortesán é onde observamos máis claramente o paradoxo dunha canción de amor gabando á muller
e dunha canción de escarnio satirizándoa. Na Corte de Afonso X, foi onde se fixeron a meirande parte das
cantigas de escarnio e mal dicir contra as chamadas soldadeiras, coa participación do Rei Sabio. As
soldadeiras eran mulleres adscritas á corte, que tiñan como oficio tocar as castañetas ou o pandeiro, cantar,
bailar e facer o acompañamento ó xograr. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aí vén o nome de
soldadeira. Pero en ningunha das cantigas se fai referencia á función de soldadeira de acompañante musical,
cantante ou danzarina, senón que se fala da súa vida licenciosa, próxima en ocasións á prostitución. Os datos
aportados por Menéndez Pidal, a principios do século XIV, sobre os pagamentos a xograis e soldadeiras
deixan claro a degradación do estatuto da muller interprete na cultura cortesá trobadoresca. A máis famosa
soldadeira galega foi María Pérez a Balteira. É a protagonista de quince cantigas de escarnio escritas por dez
trobadores distintos, entre eles Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da
Ponte e mesmo de Afonso X, O Sabio. Se facemos caso do que se di nas cantigas, María reunía tódolos vicios:
1
xogaba ós dados, aproveitábase da xente, mantiña relacións sexuais de todo tipo con cregos, escolares,
xograres, etc. e tamén burláronse da súa vellez. Estes versos de Joan de Baveca proban isto:
Por Deus, amigos, gran torto tomei:
Ca porque dixe dunha vella mal,
Deostou−m'ora María Balteira.
Rosalía de Castro
Rosalía supuxo un precedente claro dos movementos feministas de hoxe. As personaxes femininas de Rosalía
constitúen unha verdadeira galería e son caracterizadas fundamentalmente a través das súas relacións co
protagonista. O rexistro é amplo e implacábel coas representacións da clase media e da aristocracia. O tema
feminino, por todo o que implicou para ela impoñerse como escritora naquela sociedade, é esencial na
narrativa da autora. No prólogo a La hija del mar, a primeira das súas novelas, sinala:
(Menciona a Mme. Roland, Jorge Sand, Santa Teresa, Safo, entre outras) y tantas otras cuyos nombres la
historia no mucho más imparcial que los hombres, registra en sus páginas, protestaron eternamente contra la
vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas, y que, aquella que obedeciendo tal vez a
una fuerza irresistible, se aparta de esa vida pacífica y se lanza a las revueltas ondas de los tumultos del
mundo, es una mujer digna de la execración general.
No quiero decir que no, porque, quizás la que esto escribe es de la misma opinión.
()
Todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben,.
Na festa final de El caballero de las botas azules é tamén abordado este tema e o Duque de la Gloria advirte
que la mujer, así en Oriente como en Occidente, así en la civilizada Europa, como en los países salvajes, sólo
podrá vencer, sabiendo resistir.
A situación das mulleres das novelas dannos tamén as claves para intuír e interpretar o modo no que os
distintos comportamentos afectan ás relacións sociais nun mundo dominado por unha ideoloxía patriarcal na
que o papel da muller se centra, especialmente, no de nai e esposa, roles tradicionalmente considerados como
definidores das características femininas, xunto coa dozura e o sentimentalismo. Nas novelas rosalianas hai
mulleres loitadoras, que buscan a independencia e a igualdade entre os sexos. Tamén tratan a desigualdade
2
entre homes e mulleres en tódolos terreos e as terribles consecuencias que para unha muller ten adoptar
actitudes tradicionalmente consideradas masculinas. Rosalía de Castro pon de manifesto a dobre moral da
sociedade e denuncia as inxustizas de toda índole que se cometen contra o colectivo feminino. Un mundo
dominado polos homes no que á muller se lle nega o dereito a opinar e a actuar pola súa conta e, así, o castigo
da rebelión feminina é o desprezo dos máis e o premio da submisión é aínda peor, é a escravitude, a loucura
e/ou a morte, como se nos mostra a través das diferentes personaxes femininas das súas novelas.
No artigo que titulou Las literatas (carta a Eduarda) Rosalía di:
Tu no sabes lo que es ser escritora () ¡Qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y los
hombres no cesan de decirte siempre que puede que una mujer de talento es una calamidad () sobre todo los
que escriben y se tienen por graciosos no dejan de pasar nunca la ocación de decirte que las mujeres deben
dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos, si los tienen y si no aunque sean los del criado
En Cantares Gallegos no poema San Antonio bendito a copla popular di:
San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole.
A pretendida debilidade feminina que levaría á muller a querer un home a calquera prezo convértese ao final
nunha ironía na que o que predomina é unha visión pragmática da existencia.
No Conto gallego, publicado de forma póstuma en 1923, nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un
deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra ao seu marido. De forma
irónica o relato móstranos a concepción maniquea que estes dous homes teñen da muller: esposa e nai
modélica ou muller frívola e libertina.
Eduardo Pondal, outro dos autores do Rexurdimente, respecto á muller, ten unha visión romántica, de
idealización, ás veces, e outras a considera como presa do home. No seu poema Necias fillas da Héllade, pon
en boca de Safo unha diatriba contra as súas gregas coetáneas preocupadas só pola beleza do seu corpo,
mentres ela, alporizada pola musa, tendo na man a lira belamente curvada, entoaba unha rapsodia ardente na
que triunfaba a beleza do arte que lle daría eterna fama:
Ciertamente, os juro
que tan oscura infamia
con un duro suplicio pagaréis
[]
Mas aquella que en vida despreciasteis
Cual de mérito falta,
Porque del sol de la Hélade
3
Había nacido levemente quemada,
Vivirá celebrada eternamente
En mil diversas hablas;
Después que la bella luz abandonéis
Y fueseis sepultadas,
No quedará de vuestra pomba
La más oscura y leve recordanza.
Tamén Castelao en Cousas trata a problemática da muller. Dende a muller fidalga que só ten como función
social reproducir a súa clase e que, frustrada a súa maternidade, é un ser inútil, ata a muller popular que,
solteira e cunha filla, nos deixa ver que o matrimonio non é necesario para a felicidade.
Castelao escribía: vexo os homes no traballo e as mulleres no fogar.
Unha persoa que defendeu os dereitos das mulleres foi Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa cunha
personalidade aberta e profundamente inclinada á curiosidade intelectual. Ademais da narrativa, Emilia Pardo
Bazán cumpre un importantísimo papel como crítica literaria, sobre todo no derradeiro tercio do século XIX e
comezos do XX. A gran cantidade de análises redactados pola escritora foron publicados nas mellores revistas
españolas e nos fascículos do Nuevo Teatro Crítico. Temas coma a educación: Desgraciadamente en España,
la disposición que autoriza a la mujer para recibir igual enseñanza que el varón es letra muerta en las
costumbres Las que permiten a la mujer estudiar una carrera y no ejercerla son leyes inicuas. Este sistema
educativo limita a la mujer, la estrecha y reduce, haciéndola más pequeña aún que el tamaño natural, y
manteniéndola en perpetua infancia.
Deste xeito, Emilia Pardo Bazán expresábase nunha das tantas publicacións do século XIX, que a tiñan de
colaboradora, con relación á muller galega, á campesiña do cal horizonte de vida e de futuro non se estendía
moito máis alá dos límites da sús pequena aldea Non desminte a muller galega as tradicións daquelas épocas
afastadas en que estando dedicádo−los varóns da tribo ós riscos da guerra ou ás fatigas da caza, recaía
sobre as femias o peso total, non só das faenas domésticas senón da labor e cultivo do campo Pobre muller,
4
que de todos é criada e escrava, do avó refungón e despótico, do pai mullereiro e amigo de andar de taberna
en taberna, do home brutal quizais, do rapaz enfermizo que se aferra as súas faldras choromicando, Mentres
a galega permanece en estado de solteira, aínda é tolerable a non escasa ración de traballo que lle toca;
pero o casar empeora a súa situación.
Os dicires populares a través das eternas disputas home−muller, tamén se reflicten na poesía:
Viva a boa, a boa
morra a mala, a mala
o home é o que vale
a muller non vale nada.
E déixame subir
o cuarto da criada
e déixame subir
que non lle fago nada.
Morreu miña sogra
pariume unha vaca
quedámolos mesmos
que eramos na casa.
Si a muller é cousa mala
eche algo por discutire
pois agora ou máis tarde
vos a nos habedes vire.
Toda a miña vida andiven
tras dunha muller mediana
agora teño un cangallo
que non me colle na cama.
Os homes cando son vellos
non se poñen a pensare
que si faltan as mulleres
5
non teñen para onde marchare.
Poemas que reflicten os traballos que, sobre todo no rural, eran atribuídos á muller dende cativa, e que ata moi
pouco a valoraban de cara ó matrimonio:
Barrendo coa basoiriña,
xogando a facer limpeza,
¡era a nena prata fina!
Lavándose a camisiña,
xogando a ser lavandeira,
¡era a nena prata fina!
Remendando a súa roupiña,
xogando a ser costureira,
¡era a nena prata fina!
Cociñando o seu xantar,
xogando a ser cociñeira,
¡era a nena prata fina!
Xogando coa súa boneca,
facendo de mamaciña,
era a nena pura prata
¡era a nena prata fina!
En Galicia, coma no resto de España, a muller estivo e está presente na literatura. Unhas veces para loála,
outras para aldraxala. É preciso potencia−la formación da muller promovendo contidos non sexistas e
divulgando actividades dirixidas á igualdade de oportunidades, para o que sería necesario propoñerse como
obxectivo a eliminación de estereotipos na educación e na cultura.
Difundir e impulsar unha imaxe non discriminatoria da muller é outra prioridade para o que é necesario
fomentar nos medios de comunicación en xeral e na publicidade en particular, unha imaxe non estereotipada
da muller.
Hai que potencia−las canles de expresión da súa creatividade difundindo asimesmo o papel da muller galega
na cultura, valorando as aportacións das mulleres galegas no campo da cultura en xeral: literatura, pintura,
música, etc.
E para finalizar, un fragmento do poema de Rosalía de Castro Eva:
6
Más hay en su mirada una tristeza
de inefable amantísimo delirio,
que aumenta el resplandor de su belleza
la llama santa de un feliz martirio.
¡Oh pura fuente de inmortal limpieza
sobre las ondas desmayado lirio!
¡Oh cuán amada por tus penas eres
mujer en quien esperan las mujeres.
7
Descargar