A nosa ref: Asunto: Resolución para a creación dunha listaxe de persoal necesario para o vehículo motobomba e brigada prevención e extinción de incendios forestais durante as campañas contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural e do Medio Ambiente. Expediente:2015/E001/000002 Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 1 de 7. RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PATRIMONIO E CONTRATACIÓN Visto o informe da Unidade de réxime Interior, para a creación dunha listaxe de persoal necesario para o vehículo motobomba e brigada prevención e extinción de incendios forestais durante as campañas contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural e do Medio Ambiente. Consonte co establecido nos artigos 21.1h) da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, 24.d) do Texto refundido de réxime local, e 41 do Regulamento de organización e funcionamento do réxime xurídico das entidades locais. En uso das atribucións que me foron conferidas polo Sr. alcalde segundo a Resolución núm. 999, de data 17 de xuño de 2011, RESOLVO: PRIMEIRO.- Aprobar as Bases e Convocatoria de concurso-oposición para a creación dunha listaxe de persoal necesario para o vehículo motobomba e brigada prevención e extinción de incendios forestais durante as campañas contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural e do Medio Ambiente, segundo a continuación se indica: “BASES DA CONVOCATORIA DE CONCURSO/OPOSICIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE PERSOAL PARA COLABORAR COA ACTUACIÓN DUNHA MOTOBOMBA E BRIGADA DE EXTINCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS Primeira: obxecto da Convocatoria. Convócanse probas selectivas para a constitución dunha listaxe de espera co obxecto de atender as necesidades de persoal non permanente mediante provisión temporal de postos de traballo vacantes, de funcionario interino, para a realización de tarefas de extinción de incendios forestais en colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar, segundo o seguinte cadro de persoal. Posto Xefe de brigada. Condutores. Escala Administración Especial. Idem. Subescala Servizos especiais Idem. Clase Técnicos medios Grupo “B” Persoal de oficios Agrupacións profesionais Peón de brigada. Idem. Idem. Idem. Idem. Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 2 de 7. Segundo o disposto nas seguintes normas: Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local. Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro , de racionalización e sostibilidade da Administración Local. Real Decreto 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais en materia de réxime local. Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da Administración Local. Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991 e supletoriamente o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado. Orde, APU/1461/2002, de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino. Segunda.- Requisitos dos aspirantes. Para ser admitidos no proceso selectivo, os aspirantes terán que reunir os seguintes requisitos: 2.1.- Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou ser nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, ou doutros Estados cando sexan cónxuxes de españois ou de nacionais de Estados membros da Unión Europea ou sexan seus descendentes, de conformidade co establecido no artigo 57 de Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público. Así mesmo, o acceso ao emprego público estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, así como os estranxeiros con residencia legal en España. 2.2.- Capacidade legal: Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas. 2.3.- Capacidade profesional: Para ser admitido ás probas será necesario: Segundo o posto a que opten: POSTO TITULACIÓN ACADÉMICA Xefe de brigada. OUTROS REQUISITOS Ciclo formativo de Grado Superior, en Permiso traballos forestais e conservación do clase B. medio natural, en xestión e de conducción Condutores. Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 3 de 7. Peón de brigada. organización de recursos naturais e paisaxísticos ou titulación equivalente. Certificado de Estudios Primarios, Permiso Certificado de profesionalidade familia clase C. seguridade e medio ambiente ou titulación equivalente. Certificado de Estudios Primarios, Certificado de profesionalidade familia seguridade e medio ambiente ou titulación equivalente. de conducción 2.4.- Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións 2.5.- Habilitación: Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. E non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente. Todos os requisitos establecidos anteriormente deberán cumprirse o día de remate do prazo de presentación de instancias, manterse durante todo o proceso de selección e acredita e acreditarse no momento da contratación. Terceira.- Solicitudes As solicitudes, previo pagamento de 40/10 euros (corenta/dez euros) segundo sexa para Xefe de brigada e o resto de postos por dereitos de exame (50% de bonificación para os que figuren como demandantes de emprego durante un prazo, polo menos, de 6 meses anteriores á data da convocatoria) presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria, nun xornal, no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web “www.cambre.org”. Á solicitude achegarán os documentos que acrediten os méritos alegados, orixinais ou fotocopias compulsadas (se as compulsas se realizan no Concello de Cambre tamén se farán as fotocopias para a súa compulsa). Non se terán en conta os méritos que non se acheguen e acrediten debidamente no prazo de presentación de solicitudes. Rematado o prazo de presentación de instancias ditarase resolución pola que se aprobará a lista provisional de presentados que será publicada no taboleiro de anuncios deste Concello, concedendo o prazo de dous días para reclamacións. Se non hai reclamacións, a anterior será considerada definitiva. Cuarta.-Sistema de selección. Será o de concurso-oposición Fase de concurso: Consistirá na valoración dos méritos alegados e xustificados polos/polas aspirantes de acordo co seguinte baremo: Valoraranse os seguintes méritos: a) Experiencia profesional: - Por servizos prestados na categoría que se solicita participar: 0,25 puntos por mes de traballo ata un máximo de 5 puntos. Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 4 de 7. Para efectos da valoración da experiencia profesional, unicamente se valorarán os meses nos que se xustifique un mínimo de 35 horas semanais, en calquera das distintas categorías, acompañando en todo caso: contratos, certificacións de empresa ou Administración Pública onde figuren as funcións e os períodos realizados e avaladas sempre polo informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. b) Cursos, seminarios ou xornadas relacionados co posto de traballo no que solicita participar, impartidos polas Administracións públicas ou por organismos dependentes delas: --Por cursos de ata 10 horas de duración: 0, 10 puntos. --Por cursos de 11 a 30 horas de duración: 0,30 puntos. --Por cursos de máis de 31 horas: 0,50 puntos. A puntuación máxima de cursos: 2 puntos. c) Coñecemento do galego: -Certificado de Celga 1: 0,25 puntos. -Certificado de Celga 2: 0,50 puntos -Certificado de Celga 3: 1,00 puntos -Certificado de Celga 4: 2,00 puntos A puntuación máxima por coñecementos do galego será de 2 puntos, valorándose soamente o de maior puntuación. d) Superación de probas de acceso: Pola superación de exercicios en probas selectivas de acceso como funcionario de carreira ou persoal laboral fixo a corpos ou escalas do mesmo ou superior grupo de titulación e igual ámbito funcional que o posto a cubrir con esta convocatoria nos dous anos anteriores á publicación desta convocatoria: 1 punto por cada exercicio aprobado. A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos Non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de solicitudes. A valoración dos méritos soamente será realizada a aqueles aspirantes que superen a fase de oposición que a continuación se trata. Fase de oposición: Consistirá na realización de dous exercicios. Primeiro exercicio obrigatorio e eliminatorio, tipo test de 15 preguntas sobre o contido dos temas que figuran no anexo, determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba. Segundo exercicio obrigatorio e eliminatorio consistirá en subir e baixar un banco de 40 cm. de altura para os homes e 33 cm. para as mulleres, a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces por minuto) durante un período de 5 minutos, sendo necesario para ser considerado como apto obter como mínimo os parámetros de capacidade aeróbica, pola aplicación dos resultados da idade, peso e pulsacións segundo táboas propias desta proba de 38 puntos: O primeiro exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalos. O segundo exercicio será cualificado como apto/non apto Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 5 de 7. Quinta: Cualificación do concurso-oposición. Rematada a cualificación dos aspirantes na fase de oposición se procederá a valorar os méritos alegados e xustificados de aqueles que houbesen superado esta fase. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e a na fase de oposición. Sexta: Tribunal cualificador. Terá a seguinte composición: -Presidente: Don Óscar Souto Muíño Suplente : Don Miguel Angel Ces Pérez -Secretario: Dona María Luísa de la Red Ampudia Suplente : Dona Verónica María Otero López -Vogais: Dona Elena Bartolomé Delanoë. Don José Luís Martínez Názara Don Francisco Javier Ulloa Arias Suplentes : Don Juan Antonio Santiso Cañas. Don Miguel Gamallo Ponte. Dona Ana María Dans Martínez. Os membros do Tribunal están suxeitos aos motivos de abstención recollidos no artigo 28.2 da Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións públicas de do procedemento administrativo común, e percibirán as asignacións por asistencia, que lles corresponda , de conformidade co Real decreto 462/2002. Sétima.- Lista de reserva. Ó remata-lo proceso selectivo confeccionarase unha relación cos aspirantes aprobados e coa puntuación acadada, en orde descendente para poderen ser utilizada, como listaxe de reserva (sempre respectando a orde da lista), para cubrir interinamente os postos seleccionados na datas de inicio da colaboración do convenio que resulte de aplicación coa Xunta de Galicia e por situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, maternidade ou calquera outra circunstancia que se puidera producir ou para novos nomeamentos interinos dos postos obxecto desta convocatoria que se puideran xustificadamente necesitar. Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ao rematar o período de prestación de servizos recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado para un novo nomeamento ou contratación. Esta listaxe terá unha duración máxima de 2 anos contado a partir da publicación da listaxe coa puntuación acadada por cada un dos aspirantes. Oitava.- presentación de documentos. Os aspirantes seleccionados presentarán a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base segunda no prazo de tres días a contar desde o chamamento que realice o Concello de Cambre. Se dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non acaden os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na súa solicitude para participar no proceso selectivo. Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 6 de 7. Cumpridos os anteriores requisitos, o Presidente da Corporación procederá ao seu nomeamento. Novena.- incidencias. O Tribunal cualificador queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do Concurso-oposición en todo o non previsto nestas Bases. Décima.- os interesados poderán impugna-la presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma, nos casos e na forma establecida na Lei de procedemento administrativo. ANEXO 1.- O Concello de Cambre. 2.- O Concello organización e funcionamento. 3.- Dereitos e deberes dos funcionarios. 4.- Prevención de riscos laborais. 5.- A loita contra os incendios forestais. 6.- Organización de equipos de intervención rápida. 7.- Estabilización, subministro de aire e técnicas de extracción.” SEGUNDO.- Convocar o referido concurso-oposición e publicar a convocatoria nun xornal, no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina “web”, segundo o indicado no artigo 6.1 da Orde APU/1461/2002, de 6 de xuño, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino (BOE nº 143, do 15/06/2002). Resolución Num.:458/2015 18-03-2015 Documento firmado digitalmente. CVD: QiBDxO5y/ZXRbD8o2CJ/ CN=NOMBRE ANDREU BARALLOBRE FELIPE - NIF 46917037G, OU=703013227, OU=fnmt clase 2 ca, O=FNMT, C=es El documento consta de un total de:7 página/s. Página 7 de 7. O concelleiro delegado Felipe Andreu Barallobre