As viaxes do píncipe azul; Darío Xohán Cabana

Anuncio
TÍTULO: As viaxes do píncipe azul.
AUTOR: Darío Xohán Cabana
EDITORIAL: Galaxia
RESUMO:
Había unha vez un rei e unha raiña que querían ter un fillo pero non o daban feito. Xa levaban sete anos
intentándoo pero non conseguían nada. Un día unha vella meiga chegou ó castelo dicindo que ela sabía de
cómo podian conseguilo, e as maxestades a escoitaron. Ela só pedía a cambio que lle deixasen elexir o nome
do príncipe e que liberasen ó seu neto das mazmorras reais.
As maxestades fixeron o que ela lles dixo e despois de nove meses tiveron un fillo, non era moi guapo pero a
eles lle parecía a cousa máis bonita do mundo. Así pois, as maxestades liberaron ó neto da meiga e lle
permitiron se−la madriña do príncipe Cerúleo. No bautizo deste ela lle concedeu uns dons non moi útiles para
un príncipe pero os reis permitíronllo.
Cando o príncipe tivo idade foi a escola e aprobaba moi xustiño, a el gustáballe máis pasar as tardes na
biblioteca a ler que a estudiar. Iso ós seus pais non lle facía moita gracia xa que tiña que aprobar para poder
se−lo seu herdeiro. Cando xa pasaran uns anos e o príncipe xa era maiorciño dixéronlle que tiña que irse en
busca de aventuras típicas de un príncipe e el marchou.
Ó chegar a un pobo dixéronlle que tiña que ir matar un dragón que vivía nunha cova na montaña. El, ainda
que non lle facía moita gracia, foi. Ó entrar na cova oiu que alguén lle falaba, era o dragón. Este contoulle que
era catalán e que non lle quería facer mal a ninguén pero non entendía porque querían matalo. O príncipe
díxolle que el non quería matalo pero que o tiña que facer, pois fora lle estaba esperando un montón de xente.
O drágon recordoulle que os da súa especie pasaban sete anos despertos e cen a durmir e se mal non recordaba
a mañá seguinte se cumprirían os sete anos desde que despertara. Podían pasar a noite conversando e pola el
durmiríase e o príncipe podería dicir que o matara. E así o fixeron. Despois de matar o dragón decidiu tomar
unhas vacacións sen facer nada pero estas víronse interrumpidas o cabo dun tempo por unha carta dos seus
pais dicindolle que volvera cabalgar.
O príncipe marchou no seu cabalo e chegou a un castelo, o castelo da fada Lupina. A fada fíxolle unhas
preguntas e o príncipe contestoulle con sinceridade. Cando lle preguntou se a súa doncela era máis fermosa ca
ela el díxolle que si e entón a fada enfadouse e o levou as mazmorras.
Pasaron tres anos e por fin Lupina díxolle que si facía as tres cousas que ella lle pedira o deixaría en libertad,
pero senon lle cortaría a cabeza. Cerúleo aceptou.
Con moitas dificultades, pois o que lle mandou a fada non era moi facil, conseguiu gañar a sua liberdade. Para
descansar decidiu ir a un balneario. Xa levaba uns anos no balneario cando recibiu unha carta dos seus pais
comunicándolle que tiña que buscar unha princesa para casar con ela e poder ser rei. Así que colleu o seu
cabalo e foi en busca da princesa.
Isto costoulle moito pois en todos los castelos que visitaba poñíanlle algunha queixa. Ata que por fin chegou a
un no que os reis lle dixeron que tiñan unha filla da súa idade pero o problema foi que resultou ser moi
caprichosa. A princesa pediulle que lle comprara unhas cousas e el comproullas. Cando xa tiña princesa,
Cerúleo, non se sentía contento pois a princesa non lle caía ben así que decidiu marchar sen avisar a ninguén.
1
Xa volvia cara casa cando tivo que parar nun pobo para descansar. Chamou a unha casa para pedir que lle
deixasen quedar alí unha noite. Xusto foi parar a casa da súa madriña que lle dixo que pasase que o seu neto
estaba a punto de chegar. O neto de meiga era un revolucionario que lle dixo que se non volvia o seu castelo
poderian conseguir que se proclamara a república e así non tería que ser rei. Ó príncipe encantoulle a idea e
escondeuse nun sitio no que ninguen o atopara. Despois duns anos o neto da súa madriña ó foi buscar e
díxolle que xa proclamaran a república e que xa podía sair.
Encantado de non ter que ser rei, Cerúleo, púxese a traballar nunha biblioteca, facendo así realidade o seu
soño.
2
Documentos relacionados
Descargar